O tratamento da ludopatía nos medios de comunicación

Os medios de comunicación informan e entreteñen á sociedade, pero tamén inflúen nesta dun xeito considerable, e por iso xeran diversas opinións públicas. Á hora de tratar o tema da ludopatía os medios non fan unha labor que sexa útil para a sociedade, é dicir, céntranse en aspectos máis estatísticos que en desempeñar un papel que conciencie e axude as persoas.

Os medios non levan a cabo campañas de prevención contra a ludopatía, quizais porque na nosa sociedade este problema está demasiado asimilado. Moita xente que fai apostas e perde diñeiro non cre que isto supoña un problema para as súas vidas. Os medios  non aportan solucións para a adicción ao xogo, nin tampouco un coñecemento previo do que supón este problema. Ademais, a ludopatía xa non consiste só en apostar en máquinas recreativas, senón que pode aparecer con só pulsar un botón no noso móvil e xogar a un videoxogo. Con Internet este trastorno está ao alcance de todos e moitos xogadores non recoñecen que teñen un problema, debido a unha ausencia de información sobre un tema onde os medios deberían actuar. Debemos ter en conta que non fai falta tomar unha sustancia ilegal para ser adicto a algo. Unha partida de cartas, un xogo no móvil ou incluso apostar polo teu equipo de fútbol favorito xa pode ser unha adicción.

Algúns exemplos de cómo aparece reflexada a ludopatía nos medios de comunicación

Os medios de comunicación aportan sobre todo datos arredor do  número de afectados. Por exemplo, se este aumenta ou descende. No caso de ABC atopamos unha noticia que explica que o número de ludópatas  aumentou en España no último ano. Ademais, respecto ao trimestre anterior, o número de usuarios rexistrados en xogos en línea ascendeu un 11,73%. Afírmase tamén, que o número de xogadores de póquer, casino, apostas, bingo e consursos aumentaron. Pero non amosa unha descrición previa de cómo unha persoa se converte en ludópata ou que debería facer esta para acabar co seu problema, tan só se centran nos datos do último ano.

En relación coa adicción ao xogo, un tema con moita presencia nos medios de comunicación é a ludopatía na mocidade co auxe das novas tecnoloxías e coa chegada de Internet. Un exemplo é unha noticia do xornal Galiciaé. Nela confírmase que grazas ao xogo en línea hai cada vez máis xuventude con este problema. Con isto podemos comprobar como a adicción ao xogo está actualmente en calquera parte, pois co noso ordenador ou móvil podemos viciarnos e apostar. Pero o interesante  da noticia é o relato dun ludópata chamado Rafa, que afirma que agora hai cada vez máis campañas de anuncios na televisión ou na prensa para acceder a xogos e apostar. Isto é verdade, pois constantemente vemos diversas campañas publicitarias de diferentes establecementos recreativos, anuncios na rede de xogos ou páxinas webs que permiten xogar de xeito rápido. Ademais, Rafa afirma que a ludopatía está ben vista pola sociedade, pois apostar algo non é tan grave como tomar bebidas alcohólicas. Nesta noticia, tamén aparece un pequeno estudo realizado pola Universidade de Santiago de Compostela que amosa que o 36% da xuventude galega xoga en línea e que uns 5.000 menores de idade realizan apostas.

No programa Hoy por hoy, de Cadena Ser, entrevistouse ao secretario da Asociación Gallega de Ludópatas Rehabilitados (AGALURE), Gerardo Rodríguez. Este afirma que a maioría da mocidade xoga para conseguir un prestixio social, por exemplo, nun xogo de rol conseguir o maior número de aldeas posibles, para así ser máis poderoso. Gerardo Rodríguez apoiou que para previr a ludopatía na xuventude, fai falta que os pais leven a cabo un control. Ademais, neste programa radiofónico fíxose unha crítica acerca de que existe demasiada publicidade sobre xogos e apostas e que tampouco existen barreiras para os menores de idade.

Estes son tan só tres exemplos de como tratan os medios de comunicación a ludopatía. Para a maioría o importante son os datos de persoas adictas ao xogo ou o actual auxe da xuventude ludópata. Poucos medios explican as prevencións para poder combater este trastorno, se describen as diferenzas entre un xogador ocasional e un habitual ou se dan claves para poder solucionar este problema.

Advertisements

12 comentarios en “O tratamento da ludopatía nos medios de comunicación

  1. Os medios de comunicación sempre van querer normalizar unha situación crítica, presentalo algo que non é realmente grave, senón que se trata de actos de libre elección, un estilo alternativo de vida, etc. Cos xogos e apostas é exactamente o mesmo. Antes que admitir que se trata dunha adicción con terribles consecuencias para un mesmo e o seu entorno máis achegado, os medios prefiren publicitala (sobre todo ó xogo online) porque sempre van recibir a súa contraparte. Pero como xa dixen, non só a publicitan, tamén axudan a normalizala e niso precisan dunha certa acepatación social xa existente para acrecentala. Nese sentido, gustaríame saber ata que punto existe esa “relaxacion” cara o xogo na sociedade.

    Liked by 1 person

    1. Os medios de comunicación en canto á ludopatía, céntranse máis en aspectos morbosos como poden ser noticias da cantidade que gasta una persoa nunha aposta ou que algúen roubou para apostar, e non en aspectos que realmente poden axudar a este colectivo. Tamén é verdade a gran publicidade que os medios proporcionan sobre xogos ou páxinas para gañar diñeiro fácil e rápido. Por iso, quizais este tema esté tan normalizado na nosa sociedade e non se lle preste tanta atención a este gran problema.

      Liked by 1 person

      1. Juan este é un bo exemplo do que acontece hoxe no día a día, xa que a xuventude soña con parecerse a Cristiano Ronaldo ou Rafa Nadal por exemplo, e moitos pensarán: “Se eles xogan, por que eu non?” Con isto estase a normalizar o xogo e aumentando a ludopatía. Ademáis hai que resaltar como aparece neste artigo, que o anuncio de PokerStars aparece en diversas ocasión ao longo do día e o máis importante, en horario infantil. Así demóstrase que non se está poñendo ningún tipo de barreira ante este problema. Supoño que moita xente seguirá pensando que a ludopatía só afecta a persoa que xoga no bar da esquina na máquina, pero agora mesmo os afectados poden ser moitos, pois a adicción ao xogo está cada ve máis preto co auxe do xogo en liña.

        Gústame

  2. Os medios de comunicación, como empresas que son, sempre buscan obter beneficios e para iso intentan sacar feitos que chamen moito a atención como pode ser a adición ao xogo. Pero este tipo de feitos tenden a normalizalos se teñen que ver con algún dos seus patrocinadores como pode ser unha casa de apostas, para que a sociedade pense que a ludopatía é un feito corrente e que non ten consecuencias graves, e así sigan apostando nos casinos, nas casas de aposta ou nos xogos onlines. Ademais de publicitala, para percibir a súa parte económica, tamén axudan a normalización deste problema e provoca que a sociedade non o vexa como tal e non tome as medidas oportunas para intentar erradicalo. Pero non so os medios de comunicación deben intentar arranxar este problema, tamén o teñen que facer os personaxes públicos que a cidadanía seguen e toman como modelos, pois eles tamén exercen unha influencia moi grande na poboación. O que deberían facer os medios e os personaxes públicos sería difundir noticias como esta: http://www.laopiniondemurcia.es/comunidad/2017/02/19/las-tragaperras-se-blindan-los/807018.html para que así a xente coñeza que as medidas que se están tomando para a redución da ludopatía e comecen a ser conscientes do grave problema que constitúe.

    Liked by 1 person

    1. Esta é unha das moitas solucións que se poden aplicar para comezar a regular este problema. A día de hoxe moitos menores de idade xogan a este tipo de máquinas sen ningún tipo de control. Pero tamén me preocupa o xogo en liña que está en auxe e sobre todo entre a xuventude. Como ti mesmo explicas, son moitos os personaxes públicos que patrocinan o xogo, e moitos tómannos como referencia. Por iso, a medida que implantará Murcia paréceme correcta, pero aínda queda moito camiño por facer. Como che dicía o xogo en liña non está regulado, moitos menores menten á hora de poñer a súa idade para poder xogar, e xa non digamos como outros conseguen gastar unha cantidade de diñeiro considerable sen ningunha barreira que os protexa.Como é o casto desta noticia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/12/27/nino-11-anos-gasto-4000-euros-juegos-traves-telefono-movil/0003_201612G27P26993.htm
      Quizais aquí a parte dunha regulación legal, deberían intervir os pais na educación do seu fillo. Vótalle unha ollada a ver que pensas.

      Liked by 1 person

      1. É certo que os xogos en liña non se poden controlar debido á enorme cantidade de xente que emprega Internet e que é moi difícil que se consiga poñer algunha restrición, pero eso tipo de páxinas deberían buscar algunha maneira de poñer algún requisito como pode ser indicar o seu número de conta bancaria. No caso do neno que mencionas, creo que parte de culpa e dos pais, pois deben estar máis atentos ao que fai o seu fillo. Unha posible medida que poderían tomar todos os pais é que non se lles regale un móvil cando son tan pequenos porque iso pode chegar a crear unha adición que aumenta día a día, como reflicte esta noticia de Antena 3: http://www.antena3.com/noticias/sociedad/aumenta-el-numero-de-ninos-adictos-a-los-moviles-y-tabletas_201702065898df2b0cf207e0963f936a.html

        Liked by 1 person

  3. É certo Iago que a gran culpa é dos pais nestos casos, pois como ben dixo Carlos, un membro da asociación AGAJA na nosa reunión, “non é cuestión de previr, é cuestión de educar”, polo que considero que a xuventude debería estar educada para non caer na ludopatía. O problema é que co auxe das tecnoloxías e que os pais xa lles deixan os seus móbiles dende pequenos, a ludopatía aumenta, ou o que é peor, normalízase.

    Liked by 1 person

    1. Temos que lograr evitar que o problema se normalice e concienciar á sociedade de que temos que vixiar máis aos nenos e controlar o uso que fan do móbil para que non se acabe convertendo nunha adicción. O que temos que facer é o que dice exactamente o membro da asociación AGAJA pero para iso, tamén teñen que entrar en xogo os medios de comunicación y concienciar á xente con novas coma esta http://www.eldiario.es/canariasahora/canariasopina/Prevenir-ciberadicciones-ludopatias_6_624047598.html

      Liked by 1 person

  4. La publicidad de los juegos de azar reza, casi religiosamente, gane hasta nosecuantos miles de euros, pero nunca te dice cuanto puedes perder. Debería haber una figura jurídica que obligue a publicar datos reales de gente que pierde casas, coches e incluso empresas. Por eso es importante esta ley (1) que se promueve en argentina para crear un registro de auto exclusión, que además de no permitirle a la persona jugar más de cierta cantidad o sacar dinero desde los casinos; permita obtener datos reales y precisos sobre el juego, ya que por ahora solo se saben vaguedades, como se menciona en el artículo: “hay más de 200 casos de personas que dejan a sus hijos en los autos, hasta casos de nenes que murieron encerrados en los automóviles porque los padres se fueron a los casinos.”

    Esta figura jurídica, para publicar datos reales de las pérdidas que produce el juego, no la planteo con la aspiración de que ayude a resolver, ni a prevenir el problema de la ludopatía, es tan solo una medida que se podría tomar para hacer un mínimo honor a la verdad, y que también podría representar un paso a favor del reconocimiento de las pérdidas humanas y materiales; y del terrible daño que le hacen a la sociedad la adicción a esta forma de alienación del sistema capitalista.

    (1) http://www.jujuyaldia.com.ar/2017/03/19/diputados-buscan-lograr-una-ley-para-prevencion-de-la-ludopatia/

    Liked by 1 person

    1. Opino o mesmo, debería haber unha institución xurídica que regulase as perdas que sofren os ludópatas cando apostan, igual así a xente estaba máis concienciada. Nos anuncios só se amosa o que unha persoa pode gañar se xoga, pero non o que é capaz de perder. A lei de Arxentina é moi interesante, xa que o feito de que unha persoa sexa “castigada” e non se lle permita apostar máis dunha determinada cantidade. Pero a día de hoxe paréceme unha utopía que isto se poda levar a cabo en España. Aquí xa non temos unha regulación firme, para máis unha barreira que impida apostar máis dunha cantidade, como mostras no artigo. A pesar disto, o problema da ludopatía é un problema mundial, polo que o que un país poda aportar pode ser un exemplo para que outros leven iso acabo.

      Gústame

      1. Eu entendo que se vexa un pouco utópico o feito de regular e incluso de prohibir os xogos de azar. Eu sinto moito ser insistente coo tópico, pero en Cuba ao momento da Revolución os xogos de azar eran prácticamente o que mantiña á illa. Abolíuse e ninguén morreu.
        Saudos.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s