Que perseguen os medios cando falan da mobilidade en Santiago?

Cando falamos da mobilidade en Santiago e tomamos como núcleo do discurso o “Pacto Local pola Mobilidade” decatámonos do trato pouco exhaustivo, case anecdótico e de escasa periodicidade co que se informou del. Con apenas mencións dende 2015, o Pacto só comezou a acadar certa presenza a partir de decembro de 2016 coincidindo co preámbulo da súa aprobación, pero a súa visión estaba enfocada máis nas distensións internas que nas súas razóns e antecedentes. Non é ata xaneiro cando as publicacións acadan o carácter central desta análise, dende medios impresos como audiovisuais.

Dende certa perspectiva, estes artigos manifestan unha clara visión parcial dun acontecemento local, en tanto que de xeito consciente ou inconsciente exclúen e mesmo infravaloran o labor e os méritos dos distintos colectivos partícipes do Pacto, sendo farto evidente por unha parte concluír que canto se está a ofrecer ó público non é máis que a intromisión insidiosa nos aspectos máis cotiáns e de maior interese pola súa proximidade xeográfica. Esta é unha práctica que nos medios tendía a ser máis proclive á hora de tratar asuntos de materia internacional e, deste xeito, máis afastados tanto física como emocionalmente para o público, polo que neste caso asistimos a un cambio na tendencia ou simplemente a súa aplicación paralela a un espazo máis reducido pero con impacto similar (Zebadúa, 2005).

Quen son para os medios os artífices do Pacto?

En todo momento vemos como persiste unha dualidade entre os personaxes dos textos: en primeiro lugar, temos ós claros “protagonistas”, que virían ser o executivo municipal e os grupos da oposición, polo que o cadro do Concello estaría cuberto; en segundo caso (e tamén nun segundo plano) atopamos referidos ós colectivos negociadores (asociacións, grupos, plataformas, etc.) que pasan a ser un complemento, unha ferramenta que no mellor dos casos alenta e xustifica as motivacións do Pacto pero sen facer ningunha outra indagación ó respecto e prestándolle o mínimo de atención. A finalidade resultante da adopción destes roles ben delimitados é a creación dun “outro”, unha entidade social diferenciada que interfire no normal, espontáneo e positivo avance do devir (Zebadúa, 2005, cit. Perceval, 1995).

Deste xeito, é inevitable pensar no sobreentendemento que o propio medio xera respecto a estes grupos. Réstalle importancia ó seu traballo, son omitidos, tratados superficialmente… e todo isto nun marco que debería apostar pola inclusión. Segundo Mata (2006), os medios eríxense como os “espacios de saber y colectivización, como lugares insustituibles para la vida común y la producción de la política” (p.10), o cal reflexa neste caso o deixamento no traballo fundamental destes medios. Por outra banda, é salientable o feito de que ó non ocupar os medios este oco baleiro da representatividade cidadá é inmediatamente enchido polo outro axente protagonista das noticias: o Concello de Santiago e, en especial, o executivo local.

É innegable que o goberno local é a máxima instancia de representatividade municipal e que os seus actos procuran (na teoría) reflexar a vontade popular e salientar as súas demandas na medida do posible. Sen embargo, cando os demandantes están sumamente organizados, é dicir, un paso por diante da configuración social predeterminada, e se converten en entes colectivos e negociadores fronte ós seus representantes a dinámica de poder torna a un plano no que a deliberación e as cesións por parte de ámbolos dous axentes vólvense cruciais. Os medios que abordaron o asunto do Pacto Local desentendéronse deste proceso por case todo o ano que duraron as negociacións. Pero entón, que papel foi o que desempeñaron nese tempo?

Cales son as motivacións deste trato tan escuálido?

O feito de que moitos dos medios que adicaron os seus artigos e noticias ó Pacto mantiveran á marxe a colectivos tan determinantes nel manifesta o papel contrahexemónico que deles se percibe e que poden practicar. Unha das posibles explicacións que podemos propor neste caso é que estes medios actuaron como salvoconduto dos axentes posuidores da legalidade e da lexitimidade (Mata, 2006), poñendo ás organizacións nunha situación de vulnerabilidade e indefensión para e fronte ó público. Sen embargo, que ían querer estes representantes lexítimos (o Concello) cando con toda seguridade non ían gañar nada en absoluto ó apropiarse de todo o mérito do Pacto? É por iso que debemos declinar esta opción por unha segunda proposta.

Tal proposta sostense na intencionalidade dos medios por xerar conflito e discordia cara o Concello. Cando os medios deron esta cobertura tan superficial, cando lle restaron importancia ó labor das asociacións negociadoras e evitaron afondar na materia que lles concernía dándolle amais todo o valor ó Concello, deron a entender unha escasa ou mesmo nula presenza da cidadanía nos procesos deliberativos que se levaron a cabo, ou o que é o mesmo: o Concello de Santiago toma decisións á marxe do pobo. Polo tanto, inducen a esta idea de maneira subliminal convertindo ó seu público nunha arma, unha ferramenta crítica contra o Concello e, en especial, o seu executivo de Compostela Aberta.

Bibliografía complementaria:

Advertisements

7 comentarios en “Que perseguen os medios cando falan da mobilidade en Santiago?

  1. O Pacto non tivo a importancia que require, non só polas diversas axudas para a mobilidade das persoas, senon que tamén todos os beneficios que aportan para loitar contra a contaminación. Nun sitio tan emblemático e turístico como Santiago de Compostela é imprescindible un acordo coma este. É por iso, que a labor dos medios de comunicación é a propagación do Pacto, ben para explicar as razóns polas que se programou ou ben polas consecuencias que este aporta á cidadanía.
    Este é un claro exemplo de como os medios de comunicación fan máis énfase á hora de elaborar unha noticia naqueles grupos con poder, como é neste caso o Concello de Santiago, e réstaselle protagonismo a aquelas asociacións ou grupos máis cativos que desempeñan un gran papel. Por isto, en ocasións nos medios dase a entender que a cidadanía non se une ou organiza para coneguir un ben, cando a realidade é outra. Quizais é porque os medios non amosan a verdadeira cara da cidadanía, a cara participativa e activa dela.

    Liked by 1 person

    1. Grazas polo comentario Branca. Efectivamente, semella que por parte dos medios, no que se refire ó Pacto, non se amosou interese por vincular ós distintos colectivos partícipes neste coa toma final por parte do Concello o que dá a entender erroneamente que a súa colaboración ó moito foi anecdótica e que non existiu ningún encontro nin relacións anteriores que sustentaran este Pacto.

      Liked by 1 person

      1. En relación ao teu artigo paréceme necesario resaltar os cambios que se están a idear sobre o transporte urbano na cidade de Santiago de Compostela. Jorge Duarte, o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito a Vivenda e Mobilidade propón unha nova reorganización sobre o transporte. Aquí unha pequena explicación do que se pretende facer:
        http://www.carrilbus.com/noticias/539_3_congreso_carril_bus_en_santiago_el_ayuntamiento_reclama_un_ente_supramunicipal_para_reorganizar_el_transporte.php#sthash.SMbh8KPq.dpbs
        Pode ser interesante para o voso tema, ademais considero que o transporte urbano é fundamental nesta cidade, e por iso incluír máis liñas, novos recorridos ou aumentar os horarios son claves par un maior funcionamento en Santiago.

        Liked by 1 person

  2. Compañeiro, fai vostede unha rigorosa análise do tratamento da situación da mobilidade na cidade de Compostela. Fala dos dous bandos que protagonizan os textos e que son clave na aprobación do denominado Plan de Mobilidade. Como di, os negociadores (as asociacións de veciños, por exemplo) atópanse nun segundo plano. Vencellando o tema da mobilidade co asunto que tratamos dende o grupo que levamos o modelo de cidade, vexo pertinente denunciar a invisibilización do comportamento veciñal neste conflito. As asociacións móvense continuamente para ver cumpridos os intereses da veciñanza, mentres, dende as institucións, dáse unha mínima (ou nula) atención ou preocupación polos mesmos.

    Os medios deberían ter en conta o labor dos veciños como persoas, como cidadáns de Compostela en movementos sociais organizados. Como poderiamos mellorar a comunicación sociedade-institución? Non é certo que os segundos velan polo cumprimento dos intereses dos primeiros? Nunha cidade, é importante que os veciños se sintan escoitados polos seus representantes. Parece que na nosa non chegan as respostas.

    Deixo un par de enlaces que mostran os efectos das reivindicacións destas asociacións, neste caso da AAVV Compostela Vella.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2016/09/30/compostela-vella-ve-investigacion-trato-favor-bares-prueba-impunidad-goza-sector/0003_201609S30C1994.htm
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/02/22/compostela-vella-pide-dejar-efecto-acuerdos-mesa-hosteleria/0003_201702S22C2992.htm

    Liked by 1 person

    1. Grazas polo comentario Xiana. Respecto á túa pregunto sobre como se podería mellorar a comunicación sociedade-institución, nas nosas reunións co Círculo moitas veces chegamos á conclusión de que existía certa mala praxe por parte do Concello por non saber publicitar e divulgar con propiedade os seus proxectos de participación cidadá. Neste sentido, o máis proveitoso para o Concello de cara ós seus concidadáns sería vitalizar as súas campañas de información e tendo en conta ós distintos colectivos como axentes difusores.

      Liked by 1 person

      1. Concordo coas vosas conclusións. Agardo que o Concello saiba tamén o que sería máis proveitoso. e que tomen medidas para mellorar a comunicación que manteñen coa cidadanía. Quizais, entón, poderemos analizar se houbo melloras (ou non) e se podemos chegar a un diálogo efectivo entre a institución e a sociedade.

        Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s