Somos o mundo que contamos

Alfonso Alonso Salgueiro

Na sociedade actual moita xente ve ás persoas discapacitadas dende unha perspectiva que busca nelas un motivo de loita, coma se este fose un requisito sine qua non para acadar a felicidade. Este punto de vista afonda as súas raíces nos medios de comunicación. Entre as numerosas obrigas dos xornalistas atopamos a formación dunha opinión pública de calidade, algo que neste eido non acontece. ¿Por que? Porque falta concienciación.

Comezando polos datos

O mundo que nos arrodea é un claro reflexo das informacións que se verten nos medios, posto que estas se plasman directamente no noso día a día. De feito, namentres o ex-presidente Xosé Luis Rodríguez Zapatero reclama unha integración laboral real no marco institucional, aínda lembramos os resultados dun estudo recente do INE, onde a taxa de paro do colectivo se situou, no ano do 2015, nove puntos por debaixo da cifra relativa ás persoas sen discapacidade. Ademais, para elas o salario foi un 17% menor que para o resto dos traballadores/as no ano 2014. Isto é altamente preocupante, constitúe unha das principais causas polas cales a consideración social da diversidade funcional non é a axeitada. Os medios deben exteriorizar esta situación e facela visible, afastarse da morbosidade e da dramatización dos contidos, e propiciar unha imaxe enfocada á integración social do conxunto afectado.

DisJob, unha empresa de recrutamento e selección de persoas con diversidade funcional, afirma que o 81,1% das empresas non cumpre coa Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade. Esta lei establece, entre outras medidas, que as empresas que dispoñan dun cadro de persoal de 50 ou máis traballadores/as deben contratar, cando menos, un dous por cento de persoas con capacidades múltiples. Pola súa parte, a Confederación Gallega de Personas con Discapacidad (COGAMI), unha das entidades máis representativas de Galicia, insiste nos beneficios económicos que derivan da contratación deste tipo de persoas, pero desafortunadamente, a incertidume, o medo ou incluso a desconfianza, priman entre os contratantes.

Non son persoas minusválidas, son persoas con mobilidade reducida

A falta de importancia que se lle outorga ao caso deriva, moitas veces, no emprego dunha terminoloxía incorrecta. Quebrántase con frecuencia o sentido común. Non estamos a falar nin de xordos/as, nin de xordomudos/as. Falamos de persoas xordas e persoas xordomudas. O vocabulario co que se transmiten as informacións conforma un elemento clave á hora de modificar a realidade na que nos encontramos. Precisamos dunha linguaxe inclusiva, que non estigmatice nin marxine e que, por outra banda, proceda dun mesmo punto de partida. Os medios de comunicación crean tendencias e modas inadecuadas no terreo social, e isto si que é un grande problema que convén arranxar coa maior inmediatez posible. O cambio necesario pasa por unha reflexión global, isto é, pola busca incesante dun xornalismo máis inclusivo que, ante todo, recoñeza as persoas con discapacidade como parte da cidadanía, como suxeitos provistos de todo tipo de dereitos.

Trátase de visibilización, non de marxinación

A discapacidade non debe aparecer separada do resto das informacións, coma se tivese reservada para ela mesma un espazo no propio medio de comunicación, debe encadrarse nos diversos ámbitos informativos: economía, política, nacional, internacional e sociedade.  A discapacidade ten que entenderse como un fenómeno máis normalizado, non pode desviarse do tema principal. Un exemplo atopámolo no diario La Voz de Galicia, xa no propio titular dunha noticia:  “Detectan a un discapacitado circulando a 206 km/ hora por la autovía cuando tenía una limitación máxima de cien”. Esa matización non é necesaria, posto que o feito de que sexa unha persoa con discapacidade non inflúe no feito noticioso principal. Por outra banda, o corpo da noticia inclúe o verbo “padecer” para referirse á discapacidade do protagonista e establécese así un elemento de distinción totalmente prescindible, que non fai máis que aumentar as barreiras existentes.

Cómpre non esquecer que o xornalismo conforma un servizo público e, como tal, debe manter un compromiso real co pobo, coa xente de a pé. Por conseguinte, tamén coas persoas con diversidade funcional, que forman parte dela e, aínda que non todos posuamos as mesmas capacidades, si podemos desfrutar das mesmas metas. Así, a esixencia do tratamento da discapacidade como un caso totalmente visibilizado e extendido, non como un caso aínda descoñecido, faise urxente. A denuncia é o piar básico da rutina xornalística pero, ás veces, as informacións publicadas, aínda que denuncien, veñen acompañadas de certo cariz que as reviste de asistencialismo, paternalismo, pena, mágoa ou tristeza.

Chegamos ata tal punto no que as noticias vencelladas ao mundo do golf son máis numerosas que aquelas nas que se trata a discapacidade. Este ámbito non é tan frecuente nos medios de tirada nacional. Porén, nos medios de tirada rexional, a presenza destas informacións é moito maior, mais hai que ter en conta que o alcance deste tipo de prensa é máis reducida. Bótase tamén en falta unha dose importante de empatía e de comprensión. Hai que evitar a toda costa os prexuízos cara aos colectivos vulnerables. Os comunicadores son os primeiros que deberían tomar cartas sobre este asunto. Somos o mundo que contamos.

Advertisements

10 comentarios en “Somos o mundo que contamos

  1. Discapacidade ou discapacitado son dúas palabras que se deben emplear con cautela. Por desgraza moita xente en pleno sigo XXI segue asociando a palabra minusválido con unha persoa que é menos válida ca outra, pero nada máis lonxe da realidade. Que unha persoa padeza unha disminución física ou psíquica non a fai inferior a outra, pode realizar un traballo coa mesma eficacia, do mesmo ou de distinto xeito que unha persoa que non teña ningún tipo de discapacidade.

    En canto á situación laboral do colectivo é realmente preocupante. O ano pasado unha de cada catro persoas con dicapacidade en idade de traballar en España tiña empleo, pero o 12,86% deles atópase en risco de pobreza e exclusión social, tal e como podemos ver na seguinte noticia: http://www.elmundo.es/sociedad/2016/04/29/5723459646163f32658b4602.html

    Así mesmo, os medios deberían tratar este colectivo dende un punto de vista máis obxectivo e social, deixando morbosidades e prexuízos a parte, mostrando a parte de reivindicación da sociedade por un tratamento máis xusto e equilibrado.

    Gústame

    1. Totalmente de acordo. A sociedade, entendida como un conxunto de cidadadáns diversos que, á súa vez, gozan dos mesmos dereitos, deberían respectar as diferencias entre uns e outros. As diferencias enriquecen a nosa “calidade” como persoas, non é?

      As persoas con discapacidade son completamente válidas para incluírense no mundo laboral e contribuír ao desenvolvemento da economía. A mudanza desta situación ten que vir dada por un compromiso social que fomente un inminente cambio de perspectiva e mentalidade.

      Sen ir máis lonxe, faise totalmente urxente a consolidación de acordos efectivos que fomenten a inserción laboral nas persoas con diversidade funcional. Un exemplo é a recente renovación do convenio acadado entre FCC e a coñecida fundación ONCE do ano 2009, como se amosa na seguinte noticia da axencia EFE: http://www.efeempresas.com/noticia/fcc-renueva-el-compromiso-con-fundacion-para-contratar-personas-con-discapacidad/
      Con este acordo, agárdase a inclusión laboral de 125 persoas, que opinas?

      Gústame

      1. Paréceme moi ben a iniciativa do grupo FCC, sobretodo co obxectivo que sirva de exemplo a outros grupos ou colectivos sociais dos que se espera unha actitude similar a esta. Por outra banda, non deberían facer falla este tipo de accións, posto que deberían ser contratados coa mesma facilidade que unha persoa que non sofra ningún tipo de discapacidade que imposibilite un traballo concreto.
        Paréceme fundamental que este colectivo teña acceso a ofertas laborais e se son adaptadas ás súas capacidades, todavía mellor. Un bo exemplo é o da seguinte páxina web:
        http://www.trabajosparadiscapacitados.com/

        Liked by 1 person

      2. Si. É moi interesante que existan ese tipo de alternativas. As persoas con discapacidade non teñen porqué levar unha etiqueta determinada que os encasille xa, a priori, dentro dunha categoría. As páxinas como as que ti propós son boas ferramentas para combater a desgualdade palpable no eido social. En troques, hai voces críticas que esixen “algo máis”, é dicir, a creación de novos recursos que posibiliten e garanten unha mellor inclusión laboral. Podes botarlle unha ollada aos diversos códigos éticos dalgunhas das iniciativas que avogan polo cambio desta situación. Aquí tes o código ético de COGAMI http://www.cogami.es/imagenes/files/Documentaci%C3%B3n/c%C3%B3digo%20%C3%A9tico%20espa%C3%B1ol.pdf

        Gústame

    2. En efecto, Alfonso. O gran problema da nosa sociedade e a pouca aceptación cara quen, por calquera motivo, é diferente. E é que se entende “ser diferente” con ser menos, con ser peor ou ser defectuoso. Isto ven de vello, e por sorte nas últimas décadas pódese notar o cambio. Pero non é un cambio suficiente. A situación da xente con discapacidades é precraria comparada coa de alguén que non teña. Por isto, é necesario chamar a atención sobre o tema, normalizalo e quitarlle o estigma ao que está sometido.
      Sobre todo é función dos medios de comunicación, que teñen (e probablemente sexan os únicos) a capacidade de chegar a case todo o mundo, crear conciencia ao redor do tema. E non só con noticias sobre a mellora de infraestructuras e das axudas, senón amosando a realidade da xente, dos protagonistas e non da lexilación ao respecto. É importante aportar voz aos olvidados. Por exemplo, o caso das persoas vítimas da guerra que debido aos ataques e bombardeos teñen algún tipo de discapacidade. Nesta noticia de Europa Press “Los discapacitados por la guerra en Siria, necesitados de una ayuda que no siempre llega” (http://www.europapress.es/internacional/noticia-discapacitados-guerra-siria-necesitados-ayuda-no-siempre-llega-20170318084445.html) outorgaselles visibilidade aos que non a teñen. Un tema quedebería ser máis recurrente nos medios, pero non o é, por desgracia.
      Aos meus ollos, o gran problema da normalización das persoas con discapacidades, así como as que padecen enfermidades ou trastornos mentais ou intelectuais, é que non se intenta normalizar ás persoas, senón a súa condición.

      Liked by 1 person

      1. Si. Non te falta razón ningunha. Os medios de comunicación son modificadores directos da nosa realidade. Incluso, podemos chegar a dicir que do mundo en xeral, xa que teñen que facernos chegar aqueles acontecementos aos que non temos acceso. Cómpre ter tino coas informacións, posto que éstas inflúen de forma directa no pensamento das xentes. Ás veces, son eles mesmos quen estigmatizan certos sectores sociais e crean diferencias “virtuais” que non se corresponden coa realidade. As persoas con discapacidade sofren as neglixencias máis crudentas dos profesionais da comunicación e teñen que esforzarse por loitar contra unha imaxe artificial creada polos mass media. Como crees podemos solventar esta situación? Nós cremos que é sumamente importante identificar o problema: empezamos dando voz aos afectados e, posteriormente, ao resto de persoas, vítimas das informaciones incorrectas. Que te parece? Podes botarlle unha ollada á nosa acción e participar nela. Estaríamos encantados.

        Gústame

      2. Creo que é moi interesante o que dis. Boteille unha ollada á vosa acción, moi interesante. Comparto a túa visión, hai certos círculos sociais que necesitan máis axudas porque é a mesma sociedade quen non lles permite avanzar e superarse por si mesmos. Creo que é imprescindible darlles voz para que así, poidan decir a realidade, poidan comunicarse e explicar como son en realidade as cousas. É por iso que as súas testemuñas son necesarias, para abrirlle os ollos á sociedade que en sabelo está cerrando un cñirculo sobre eles, alimentando un estigma que está mal e o único que fai e facerlles a vida máis difícil.
        http://laverdadnoticias.com/desprecian-a-discapacitados/

        Gústame

  2. Fon, paréceme moi interesante o código da cultura COGAMI, sobretodo porque recoñeza toda a labor que fan as máis de 50 asociacións que dan representación ás persoas con discapacidade en Galicia, que non son poucas.
    Unha asociación que me chamou a atención e me parece interesante é a de ASEM, asociación galega contra as enfermidades neuromusculares: http://asemgalicia.com/quienessomos/quienessomos.html

    Gústame

  3. Boas Patricia, grazas pola asociación. Esta ben ampliar a nosa perspectiva. Se coñeces algunha máis, convídoche a que ma comuniques, xa que enriquece o noso traballo e, tamén, as nosas futuras publicacións.

    A presenza das asociaciones é moi importante para loitar contra este problema. COGAMI colaborou con nós e contribuíu a desenvolver esta labor dende o primeiro momento. Algunhas persoas do noso círculo teñen ou tiveron contacto con esta asociación. Ademais, COGAMI fai todo o posible para pór fin a este problema. Un exemplo disto son os cursos que moitas veces levan a cabo http://www.cocemfe.es/comunicacion_portal/?p=16615

    Gústame

  4. Hola Fon
    Resultoume moi interesante o teu post, e sobre todo os comentarios. Non podo deixar de estar de acordo con Noela, moitas veces tendemos a normalizar unha situación e non unha persoa, e na miña opinión, o que debemos buscar é a inclusión das persoas na sociedade, sexan as súas capacidades cales sexan. Hai 50 anos, moitos discapacitados vivían da beneficencia ou eran tema tabú, polo que vivían encerrados toda a súa vida. Afortunadamente, isto hoxe non é así, pero a sociedade en moitos casos coma ben comentas segue mantendo esa imaxe paternalista das persoas discapacitadas.
    Coma ben dis, os medios deberían de tratar a inclusión das persoas e non das discapacidades, incluso non poñer un apartado específico para elas, senón incluílas nos bloques xa existentes.
    En canto ao vocabulario, sí que é certo que debemos buscar unha terminoloxía axeitada e non pexorativa, pero en moitos casos estamos xa rizando o rizo, en latinoamérica están comenzando a empregar o termo normovidente para referirse as persoas que teñen un nivel de vista óptimo, pero sen embargo, ábrese un debate interesante, evidentmente a posesión de visión é a normalidade, pero certos colectivos de persoas sen visión senten discriminación. Penso que é moi complicado acadar unha linguaxe inclusiva. Déixoche un enlace a unha web onde defínese brevemente o termo:
    http://www.once.es/new/servicios-especializados-en-discapacidad-visual/discapacidad-visual-aspectos-generales/documentos/N%20terminos.doc

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s