O descoñecemento da realidade dos ríos galegos

Lara Cives Romar

A contaminación e a nefasta situación que sofren os ríos galegos non é unha cuestión recente, senón que está presente dende hai máis de trinta anos. En todo este tempo os veciños dos arredores dos ríos Sar, Limia e Tambre viron como as súas augas se converteron en auténticos vertedoiros cheos de residuos.

Cal é a cobertura real que ofrece esta problemática?

Pese á crítica realidade e ás posibles consecuencias que pode ter isto na vida e saúde da cidadanía, o caso está completamente ignorado pola opinión pública, polo que a toma de conciencia e a actuación cidadá é moi limitada. A única solución posible a este problema podería vir por parte dos medios de comunicación, quen mediante a súa labor social teñen a obriga de informar e a coñecer o estado actual dos ríos galegos.

Porén, resulta moi complicado encontrar unha análise concreta e eficaz nos medios que informe do malestar e a deficiencia do ecosistema acuático. Malia os máis que evidentes riscos e perigos, a maior parte da cobertura mediática sobre esta contaminación medioambiental achégana pequenas noticias esporádicas ou blogues persoais como Unidos por el Sar ou Defensa do Sar. Ademais para atopar estas páxinas é necesario unha busca minuciosa e esmerada que permita coñecer a magnitude real do problema.

periodico1
El Correo Gallego (28/05/2006)
periodico3.PNG
La Región (04/02/2013)

 

periodico2
La Voz de Galicia (27/11/2016)

 

A loita emprendida pola Plataforma pola Recuperación do Sar

O río Sar non consegue desprenderse da categoría A3 de contaminación, o peor calificativo que poden ter as augas segundo a Unión Europea. Os ríos repletos de sustancias contaminantes como medicamentos ou produtos químicos fan que os seus caudais estean cheos dunha espuma branca e as súas especies non consigan sobrevivir.

pescados
Plataforma pola Recuperación do Sar Blog

Para mellorar esta situación xurdiu a Plataforma pola Recuperación do Sar, un colectivo de veciños de Santiago, Ames, Rois, Teo, Brión, Dodro e Padrón que traballan pola recuperación do lamentable estado no que se atopa o río Sar. Os vertidos continuos e os efectos dos embalses son o principal problema que denuncian dende hai uns anos. Esta plataforma leva moito tempo alertando do deficiente funcionamento da depuradora de Santiago. A escasa difusión por parte dos medios dificulta que esta loita chegue ás institucións públicas, os únicos que poden mellorar a situación lixeiramente.

“O Sar en grande parte do seu percorrido está declarado como Rede Natura. É unha burla á propia lexislación ambiental a situación de contaminación, que se prolonga ano tras ano sen que as nosas autoridades se tomen en serio a súa regularización”, denunciaron os veciños.

Esta plataforma denuncia o estado dos ríos e esixe unha inmediata limpeza, xa que como evidencian as imaxes tomadas, estes están convertidos en auténticos sumidoiros que atentan contra a saúde da cidadanía, sendo un problema real pero completamente descoñecido pola meirande parte da sociedade galega, pese a algún reportaxe como o feito por Informe V “Adiós Ríos” resulta moi complexo coñecer a situación actual destas augas e as testemuñas dos afectados tanto directos como indirectos.

«Cando pesco no Sar, o medo que teño é que a auga me toque», afirma un veciño.

Unha das noticias máis recentes, datada de novembro de 2016 amosa que pese aos estudos continuos que se fan das súas augas non se está paliando a situación. O río segue ante unha situación de non retorno, isto significa que nunca se poderá desfrutar do seu patrimonio natural no seu estado orixinal. Á vista disto, mentres os medios non sexan quen de transmitir e de facer chegar esta realidade ás persoas, non se lle dará a importancia que realmente merece a natureza.

Advertisements

12 comentarios en “O descoñecemento da realidade dos ríos galegos

  1. Só importan as noticias que contan con algunha clase de interese económico, ou polo menos é o que asemella. Os medios están a tapar un problema, que ademáis de afectar a todos, terminará acabando co que ata agora coñecíamos como a ”terra da cor verde, da auga e das paisaxes”. Non existe unha comunicación comprometida socialmente, a salvación do río Sar parece non merecer unha portada ou un gran titular nos xornais galegos. Hai poucos rasguños informativos sobre o tema: como neste exemplo de La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/02/21/detectan-altas-dosis-ibuprofeno-sustancias-aguas-sar/0003_201602S21C1992.htm)
    Por outra banda é moi destacable a labor de asociacións e blogues como: Plataforma pola Recuparación(http://defensadosar.blogspot.com.es/), Unidos por el Sar(http://www.cotodepezca.com/unidos-por-el-sar-uno-de-los-rios-mas-contaminados-de-europa/) ou Defensa del Sar ; que nos ofrecen unha achega do dilema ecolóxico do río.

    Liked by 1 person

    1. Totalmente Patricia, os intereses particulares e principalmente económicos duns poucos son os que priman sobre o resto. Pero nesta cuestión xa non só estamos falando de falta de ética, senón que esta problemática pon en risco a vida e a sanidade da xente que consome auga destes ríos, e dicir todos os que vivimos en Santiago e nos seus arredores, estamos sendo partícipes dunha situación que aumenta a aparición de patoloxías no noso organismo. A única vía posible de denuncia coa que poderían contar estes colectivos, ante a pasividade das institucións, serían os medios de comunicación e lamentablemente isto non se produce, as noticias que existen sobre esta problemática, como puideches ver, son limitadas. Sen embargo existen excepcións, consulta e visualiza este programa de V Televisión (http://defensadosar.blogspot.com.es/2014/03/ver-informe-v-adios-rios-en-vtelevision.html#links) para que visualmente coñezas un pouco máis a triste situación que sofre o Río Sar, do que todos somos consumidores.

      Gústame

      1. Ola Lara! Despois de ver o vídeo é triste saber como ata os propios ”habitantes” do Sar sinten asco de tocar as súas augas.
        A pesca e toda actividade procedente do río estanse volvendo imposible, xa por propios motivos de seguridad : evitar enfermidades etc
        Non podemos seguir permitindo acabar cun dos rasgos fundamentais de Galicia, a auga. Destruir o patrimonio natural galego non é unha opción.
        Os medios néganse a comunicalo pero agora que nós coñecemos esta traxedia, temos que darlle voz, polos afectados e por todos , que somos víctimas da contaminación .

        Liked by 1 person

      2. Estou de acordo contigo Patricia, espero que nos próximos anos se vexan realmente cambios respecto a esta temática e que volva a ser unha das prioridades da xente. Como apuntaba un membro do noso círculo que máis bonito sería que “o recibísemos ben e o deixaremos mellor” Por iso unha vía posible para mellorar esta situación e a educación, tanto a pequenos como a maiores, é necesario que todos tomemos conciencia e aprendamos a querer o mundo no que vivimos. Ante a inactividade das institucións, a cidadanía a través do traballo de difusión dos medios debe aprender a respectar o medio e denunciar todas esas situacións que o converten nun auténtico vertedoiro. Déixoche o enlace ao vídeo a nosa acción: https://www.youtube.com/watch?v=cJyB49WCvJE nel pretendemos precisamente iso, amosar a grandeza e o esplendor da natureza, un vídeo que ten como principal obxectivo chegar a xente e sobre todo aprender a querer e valorar o medio e o mundo no que vivimos.

        Gústame

    2. Totalmente de acordo Patricia, é necesario que os medios de comunicación denunciemos toda esta contaminación que sofre o noso río, pero grazas as reunións co círculo aprendemos que hai moito máis. É dicir os medios tendemos a sacar todas aquelas noticias onde saen as augas contaminadas con lixo, vertidos… pero a contaminación dos leitos non é tan só iso, as plantas invasoras estanse convertendo nun grave problema que pasa desapercibido para moitos http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/guerra-plantas-exoticas-invasoras-galicia/idEdicion-2017-04-03/idNoticia-1048968/ é necesario que comecemos a ver a natureza como un ecosistema cheo de vida que como tal precisa dun gran coidado.

      Gústame

      1. Boas Lara, creo e espero que sexa cuestión de pouco tempo que sexamos capaces de darnos conta. Pode que o problema non poda enmendarse totalmente, pero a situación si que pode cambiar de forma moi favorable en respecto ao que temos actualmente.
        Debe ser un propósito colectivo por e para o noso ben ao fin e ao cabo.

        Gústame

  2. Realmente é penoso que isto pase no noso propio país, á nosa beira, e non nos demos nin conta. Coincido contigo e con Patricia en que este tema unicamente sería “noticiable” se houbese algún tipo de interés político ou económico. E xa non só iso, nós mesmos parecemos interesarnos só cando nos inflúe directamente. Estamos fartos de ler titulares como este todos os veráns: “Prohíben el baño en Tapia por detectarse enterococos intestinales en el agua del Tambre” http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2016/06/01/prohiben-bano-detectarse-enterococos-intestinales-agua-rio-tambre-caseta-pescadoresalerta-sanitariaaparcamientomerenderopiscinacoto-pescaprohibido-bano/0003_201606S1C2991.htm
    Como pretendedes que plataformas como Unidos por el Sar ou Defensa del Sar, consigan o espazo que merecen nos medios?

    Liked by 1 person

    1. Esta problemática urxe unha solución decontado, xa non só estamos ante un problema de civismo senón ante un atentado contra a propia saúde pública. Non somos conscientes dos riscos que implica consumir estas augas residuais. Hoxe, 22 de Marzo celebrase o día mundial da auga e como tal denunciase a contaminación e os vertidos disoltos nas augas de ríos e mares: http://www.lavanguardia.com/natural/20170322/421076006092/dia-mundial-agua-depuracion-recuperacion.html. As consecuencias da contaminación da auga son moi elevadas e persistentes, como se pode ver na noticia achegada arriba, as cifras que manexamos son moi elevadas e os riscos que estamos creando a longo prazo son incalculables: http://contaminacion-agua.org/consecuencias/

      É necesario un proceso de concienciación, por iso a nosa labor xornalística pretende dar voz a Plataforma pola Recuperación do Sar, para que así a cidadanía coñeza o traballo desta organización. Na pasada reunión do día 8 de Marzo decidimos que unha posible acción que puidese aumentar a súa visibilidade nos medios e un aumento na implicación cidadá. Esta consistiría en facer un vídeo que amosase o estado actual do río Sar, un curtametraxe que denunciase a súa situación e os posibles riscos do seu empeoramento. Algo visual que conciencie e implique a xente. Que opinas sobre a idea debatida Eva?

      Gústame

      1. Paréceme unha moi boa idea Lara! Unha curta pode ser unha boa opción para gañar visibilidade, especialmente entre o público máis novo, máis enganchado a este tipo de produtos. Na miña opinión, sería interesante que conseguísedes publicalo nalgún medio ou plataforma online, ademais deste blog. Tedes algunha idea? Ocórreseme Vimeo, por exemplo https://vimeo.com/

        Liked by 1 person

  3. Probablemente esta sexa a acción pola que obtemos xa que é un proxecto visual é o que máis representa a tráxica situación que sofre o río Sar. Porén, na reunión que tivemos onte día 21 de Marzo optamos por enfocala dende outra perspectiva, visualizar a situación que sofre o ecosistema en completo en non só o río. Denunciar que o río non só é unha canle de auga senón que é unha auténtica fonte de vida, como apunta o post da miña compañeira Paula González: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/22/a-auga-coma-fonte-de-vida/
    En canto a difusión do vídeo, inicialmente nos tiñamos pensado difundilo polas redes sociais e incluso nalgún xornal. A plataforma que me adxuntas no enlace anterior descoñecía a súa existencia, pero podería ser interesante, ti publicaches algunha vez e cal e o alcance que esta pode acadar?

    Gústame

  4. Boas Lara. Paréceme moi interesante ese enfoque que comentas. A xente debería ter en conta que os ríos forman parte da nosa vida, literalmente. Repercuten no noso entorno (ecoloxicamente falando), na biosfera, e directamente nas nosas vidas (alimentación, hixiene, ocio, etc). Felicitar desde aquí a Paula tamén, moi bo traballo.
    Respecto a túa pregunta, nunca publiquei nesa plataforma, a verdade. Pero penso que ten unha gran presenza nas redes sociais (teño visto moitos videos desta plataforma), así que podería ser unha boa opción.

    Gústame

  5. Moitas grazas Eva, esa foi principalmente a nosa labor ao longo destes meses, dar un enfoque diferente a todo o relacionado con esta temática: amosar que a contaminación nos ríos non se reduce a lixo e vertidos, senón que hai contaminación igual de perigosa a esa a cal non se trata nos medios porque non tería a mesma repercusión. Amosar que os xornalistas temos a necesidade de denunciar a situación que sofren as augas e máis que necesario, xa que como vimos ate que os intereses dos empresarios e da administración non se topen coa contaminación, estes non cambiarán os seus hábitos e costumes. As organizacións coas que traballamos ao longo destes meses amósanse moi esperanzados coas novas xeracións xornalísticas, xa que semellan estar cada vez máis concienciados con esta realidade polo que lle dan a voz que lles pertencen. Por outra banda a maiores é necesario aumentar a educación neste campo, maiores e pequenos deben aprender a coidar e querer o mundo no que viven, xa que como apuntas no comentario anterior as nosas vidas dependen directamente dilo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s