As enfermidades mentais: unha problemática social

Susana Martínez Olazábal

As enfermidades mentais abarcan gran cantidade de ámbitos e problemas. Estas constitúen a segunda causa de discapacidade en Galicia despois das enfermidades de carácter físico. Do mesmo xeito, 250.000 persoas padecen algún tipo de patoloxía psicolóxica grave en España.

O termo trastorno psiquiátrico implica unha conducta de mala adaptación derivada da interacción de moitos factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais. Estes inflúen no desenvolvemento da personalidade do individuo e, sobre todo, na súa reacción ao estrés actual da vida.  É pouco habitual ou indesexable, tanto dende o punto de vista da persoa que o padece coma dende a dos demais.

Porén, este tipo de enfermidades continúan a ser socialmente pouco coñecidas. Seguen sendo demasiadas as persoas que cren que estas patoloxías son froito de decisións propias da persoa que as padece, case como afirmando que é culpa delas, da súa flaqueza persoal ou debido ao carácter. Deste xeito, iníciase unha criminalización cara elas, sen ter en conta o que realmente acontece: son suxeitos enfermos. A compresión que a sociedade ten sobre enfermidades de tipo físico dista asombrosamente da que ten sobre as mentais.

A realidade dun paciente

Existen diferentes casos de discriminación ás persoas doentes. Estas atópanse illadas en certa maneira por parte da sociedade, o que impide que leven unha vida normal e autónoma, e consecuentemente, que se complique a súa integración no mercado laboral. O tipo de tratamento social, porén, muda en función da clase de trastorno, así como da idade e da súa posición socieconómica. Os nenos e adolescentes adoitan sufrir acoso escolar nos centros de estudo, o que pode levar incluso a dexenerar en trastornos relacionados coa depresión. Do mesmo xeito, os adultos da clase obreira teñen moitas máis dificultades para estabilizar económica e socialmente a súa vida. Hai que ter en conta que non teñen os suficientes recursos para tratarse axeitadamente.

Outros derivados desta situación de estigmatización e discriminación, ademais do illamento social, podemos atopar tamén un proceso de illamento propio por parte do enfermo en consecuencia da creación dun autoestigma. Os prexuízos que existen na sociedade, en relación ás enfermidades mentais, poden chegar a calar na mente do individuo doente chegando a sentir odio hacia á súa persoa por mor do padecemento da enfermidade.

Estes prexuízos, produto da desinformación á que estamos sometidos, xenera confusións en relación aos trastornos, de xeito que un suxeito pode ser considerado violento ou perigoso polo simple feito de estar enfermo.

A diferenza do que en moitas ocasións nos mostran a literatura ou o cine, a maioría das persoas que padecen este tipo de trastornos poden levar unha vida normal, sempre e cando conten co tratamento médico e o soporte social axeitados. Segundo a Confederación Española de Agrupaciones de Familiares y Enfermos Mentales, unha de cada dúas persoas sufrirá ao longo da súa vida algún tipo de enfermidade desta índole, polo que precisará axuda médica.

A pesar disto, as familias e os pacientes seguen a sufrir unha estigmatización social, o que dificulta en moitos casos diagnosticar adecuadamente a patoloxía. Asemade, tamén se limita que as persoas afectadas poidan disfrutar dunhas políticas sanitarias equiparables ás do resto de cidadáns. Está moi á vista de todos a necesidade de loitar pola normalización deste tipo de casos. As discapacidades psíquicas teñen que deixar de ser tabú.

O papel das institucións especializadas

Nesta liña, atopamos a axuda das organizacións de carácter social, que procuran presionar aos medios de comunicación para dotar de visibilidade a esta problemática. O seu rol vén adquirindo nos últimos tempos unha maior importancia, posto que ademais de ofrecer apoio persoal a cada paciente, buscan trascender no conxunto da cidadanía. O descoñecemento da sociedade segue sendo importante; porén, os avances alcanzados grazas ás institucións especializadas amosan unha luz ao final do túnel que engrandece co paso do tempo.

Un dos pasos básicos para a integración das persoas con discapacidade psíquica, que poñen en práctica principalmente estas asociacións, é a de ofrecer unha información de calidade á poboación. É imprencindible a explicación  dos tipos de enfermedidades mentais máis comúns, pois deste xeito poderemos manter á sociedade ao tanto de que non todos os pacientes son iguais. Isto é necesario para unha convivencia saudable entre cidadadáns, o que provocaría á súa vez un tratamento social máis axeitado. Dende o discapacidade intelectual, a psicosis, a neurosis, os trastornos de personalidade ou de conduta —tanto en nenos coma en adolescentes—, atopamos tamén outras enfermidades máis comúns, como poden ser as dependencias, os trastornos alimentarios ou a depresión.

Deste xeito en Galicia, pódese contar coa axuda profesional de centros especializados, como pode ser FEAFES Galicia ou Andaina Pro Salud Mental, a cal conta coa colaboración de enfermos, familias de afectados e profesionais do ámbito. Estas organizacións abren as súas portas a todos os afectados, proporcionando información e consellos, así como unha axuda máis individualizada e personal segundo o tipo de patoloxía.

Enmarcado neste lugar, cómpre incluír a información que ofrecen sobre estas discapacidades os medios de conunicación. Sen necesidade dunha ánalise concienciuda, observamos que non se mostra a realidade acorde co problema e co impacto que pode ter en todos os ámbitos da vida cotiá dun individuo san ou enfermo. Precísase unha investigación profunda que se afaste do individualismo, e que procure afondar nas raíces biolóxicas e sociais dos problemas mentais, así como na posible repercusión das mesmas. E isto para nós, como xornalistas, non é unha necesidade; é un deber.

Advertisements

19 comentarios en “As enfermidades mentais: unha problemática social

  1. Unha análise moi interesante, Susana. É importante resaltar o punto da criminalización que sofren os enfermos mentais. Os prexuicios que se contemplan na sociedade cara esta parte da cidadanía, como por exemplo “as persoas con trastorno mental son perigosas, agresivas e irracionais”, “deben estar ingresadas nun centro hospitalario” ou “consumen moitas drogas”, non fan máis que reforzar o estigma cara este grupo social en desvantaxe, o que tamén da pé ao autoestigma. Ademais, nunha entrevista interesante sobre o tema https://www.redaccionmedica.com/secciones/psiquiatria/-el-halo-del-estigma-tine-a-todas-las-enfermedades-mentales–6993 tamén se resalta que “la mayoría de las veces que se difunden noticias sobre estas enfermedades se correlacionan con una connotación negativa”, polo que o problema é cíclico.

    Por outra banda, é interesante analizar a situación dende o punto de vista que algúns defenden, acerca de que as enfermidades mentais dentro da sociedade poden supoñer un perigro para o establecemento do poder e da súa consecuente estrutura social, e chegados estes casos tómanse medidas que poden violar os dereitos das persoas para preservar a “protección social”. A concepción do “normal” e “patolóxico” é o que pode causar estas situacións de desigualdade. Esta lectura http://www.eepsys.com/es/salud-mental-exclusion-social-reflexiones/ pode resultar apropiada para abarcar novas perspectivas, como di o título, dende a estratexia política da sanción cara a transformación institucional do enfoque comunitario.

    Gústame

    1. A sociedade actual ten un concepto de saúde mental moi diferente ao da realidade, pois pensan que un enfermo mental é so aquel que está loco, cando, como ben aclaras na túa análise, non é asi. Isto prodúcese pola falta de información existente, pois apenas saen noticias nos medios que expliquen que é realmente a saúde mental ou como se pode axudar a unha persoa que a padeza, en lugar diso, so saen noticias nas que os enfermos mentais quedan como persoas perigosas ou agresivas polo seu comportamento. Por iso é importante destacar o punto no que falas das institucións especializadas no tema porque elas son realmente as que se preocupan polos enfermos mentais como ven indica esta noticia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/02/04/feafes-apoya-1165-personas-calcula-75000-sufren-galicia-problemas-salud-mental/0003_201702G4P29993.htm

      Por outra banda, gustaríame que me deses a túa opinión ao respecto desta noticia da Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/extravozok/2017/03/05/tomamos-demasiadas-pastillas/0003_201703SO5P6991.htm

      Gústame

      1. Totalmente de acordo co que sinalas. Pódese ver na miña resposta á compañeira Paula González. No tocante á noticia que sinalas, hai que ter en conta que a maioría de enfermidades máis comúns como a depresión, que non a tristeza, e a ansiedade son, na súa gran maioría, produtos sociais. É así, como as realcións sociais que rodean a un individuo, tanto económicas, coma de calquera outra índole, afectan á realidade anímica deste. Non entanto, non se pode recurrir á vía fácil dos fármacos, posto que estes poden chegar a anular en moitos ámbitos da vida á persoa que os emprega como cura para as súas doenzas.
        Os médicos de familia deberían tratar estes casos a través de especialistas no tema como forma previa á administración sin límite de medicamentos. Así, o primeiro paso debería ser a terapia e o estudo das causas que levan a xenerar a depresión ou a ansiedade, e a partires diso, se son casos que abarcan unha maior gravidade, intentar combinar terapia con medicación suxeita a un seguimento profesional.
        Se nos adentramos xa en enfermidades menos comúns como pode ser a esquizofrenia ou a bipolaridade, que ademáis teñen compoñentes hereditarios, o necesario para a estabilización do individuo é a medicación axeitada para dita patoloxía.
        Porén, é preciso unha limitación no emprego de fármacos para curar certas enfermidades, posto que se non se vai á raíz do problema a través dun especialista na materia, a enfermidade pode derivar en crónica, sendo a médicación un mero parche temporal.

        Liked by 1 person

    2. Moi interesante a noticia que plantexas, Paula. É certo, como se di no post, que moitas veces o aspecto da estigmatización das enfermidades metais pode supoñer un plus de dificultade á hora do tratamento das patoloxías. Do mesmo xeito, dependendo do tipo de doenza a actuación da sociedade cara o enfermo é moi distinta. Podemos porén partir da compasión polo individuo enfermo en cuestión ou incluso sentir medo cara el, sen partir en ningún caso dunha relación de igualdade, sexa cal sexa a súa doenza.
      Ademais disto, unha das claves que se propoñen na estrevista, así coma no teu comentario, é a reinserción social e a rehabilitación, non entanto, aínda que estes aspectos son camiños indispensables para chegar a unha situación de igualdade, o papel dos medios de comunicación como medios de movilización de masas é clave nesta problemática social.
      Facendo fincapé na reinserción dos individuos enfermos, atopamos a Ley Xeral de Sanidade de 1986 que partía de: “Sobre la base de la total equiparación de la persona con enfermedad mental a las demás personas que requieren servicios sanitarios y sociales, se desarrollarán, en el ámbito comunitario, los servicios de rehabilitación y reinserción social necesarios para su adecuada atención integral”.
      A pesares dunha covertura xurídica en temas de saúde mental, esta non sempre pode interferir na realidade social e reconvertir a súas bases. É por iso que o traballo social de organizacións especializadas no ámbito, da mesma forma que a incidencia na sociedade desta problemática a través medios de comunicación son as que poden escudarse na legalidade xurídica para facer realidade o escrito, e que non quede en papel mollado.

      Gústame

      1. Grazas pola resposta. A partir disto, pensas que o correcto tratamento da situación nos medios de comunicación é o primeiro paso que se debe dar para comezar a derrubar o estigma sobre as enfermidades mentais? Sería suficiente ou non calaría o suficiente na sociedade para deixar de sentir “medo” ou “mágoa” cara este colectivo?

        Gústame

      2. É un proceso lento no que os medios poder protagonizar un papel decisivo. Aínda así, esta non é a única vía, senon que se precisa a acción concxunta de toda a sociedade, a través dun respaldo xurídico favorable, así como a actividade das organización que están funcionando para poder acadar unha situación de igualdade social.

        Gústame

  2. Gústame moito como explicas a situación que viven as persoas con enfermidades mentais, xa que moita xente pensa que non poden valerse por elas mesmas e isto non é así. Ademais, considero que os medios de comunicación non lle dan tanta importancia a este colectivo, é dicir, que son poucas as noticias que se dan sobre eles. Por iso a xente está mal informada sobre este tipo de persoas, e por iso considero que hai tanta exclusión social.
    A día de hoxe son moitas as persoas que teñen enfermidades como ansiedade e depresión e é certo que nos nenos cada vez estas enfermidades están máis en auxe, ben porque se senten máis saturados pola escola ou ben por problemas familiares. Ademais, moitos sofren acoso por ser diferentes pola enfermidade que padecen, pero aquí sería onde a educación debería actuar.
    Por sorte, hai famosos que apoian a causa das persoas con estas patoloxías como é o caso do legado do falecido actor Robin Williams:
    http://elpais.com/elpais/2017/03/21/gente/1490111648_531846.html
    Por certo, con respecto ao que dis de que as persoas con enfermidades mentais non elixen que lle ocorra isto déixoche este artigo de La Razón: http://www.larazon.es/atusalud/salud/ni-la-adiccion-es-un-vicio-ni-la-enfermedad-mental-se-elige-LC14704816

    Gústame

    1. Concordo totalmente coa túa opinión, Susana. Os médicos de familia en lugar de ir pola vía fácil e recetar fármacos ás persoas que teñen depresión ou que sofren esquizofrenia deberían delegar esas responsabilidades no especialistas sobre o tema, porque ao mellor cando eles poden intervir, o problema xa é demasiado grave.
      Por outra banda, tamén é certo que a Administración debería regular o número de medicamentos que se recetan para así asegurarmos de que cada pacente poida recibir o tratamento axeitado para cada doenza.

      Gústame

    2. Estou moi de acordo co teu post. De feito, a sociedade é, na marioría dos casos, a culpable de que estas enfermidades crezan e se reproduzan a cada vez máis individuos. Porén é preciso que a colectividade imprima forza nesta situación.
      Tanto as enfermidades mentais, xa sexan con carga hereditaria ou non, así como a ludopatía ou a drogadicción están relacionadas coa realidade social.
      Este vídeo explica,moi ben dende o meu punto de vista, o que ocorre con estas adiccións que son enfermidades. Gustaríame saber a túa opinión sobre el: https://www.youtube.com/watch?v=ao8L-0nSYzg

      Gústame

  3. Desde mi punto de vista, la depresión es uno de los trastornos mentales que más afectan a nuestra sociedad. Es una enfermedad que no entiende ni de edad, género o clase social. Pienso que uno de los aspectos que pueden ayudar a apaliarla de una forma más efectiva es su temprano diagnóstico. Cuando una persona cercana a nuestro círculo tiene unos cambios de comportamiento, trastornos alimenticios, de humor o del sueño o se muestra apática, es probable que lo notemos o no le demos mayor importancia, acuñando la frase comodín de “es una etapa”. Esa etiqueta de etapa, cuento o fase solo aíslan más a las personas que sufren una enfermedad grave y es nuestro deber escucharlas e invitarlas para que tomen las medidas pertinentes. El rechazo social a mostrar abiertamente la depresión, a hablar del tema o a tratarla como una enfermedad propiamente dicha (que lo es) solo agrava los duros síntomas que esta conlleva. Adjunto un par de enlaces de un blog de psicología (La Mente es Maravillosa), más como curiosidad o formación complementaria que como noticia propiamente dicha.

    Este primero, habla de los sintomas de este trastorno, lo que puede ayudarnos a interceptarlos mejor ya sea en compañeros, familiares o incluso en nosotros mismos.
    https://lamenteesmaravillosa.com/definiendo-la-depresion-y-sus-sintomas/

    El siguiente expone, redactado de una manera “divertida” unos “tips” que se recomienda tener en cuenta cuando se padece de forma crónica este tipo de enfermedades.
    https://lamenteesmaravillosa.com/10-cosas-que-la-depresion-no-quiere-que-sepas/

    Liked by 1 person

    1. Resúltanme moi interesantes as noticias, de feito, están estreitamente relacionadas coa automedicación e co autodiágnostico. É preciso que as persoas comprendan que estar nunha situación de tristeza non implica depresión, e porén non deben tomar fármacos de vontade propia.Deste xeito é como poden chegar a xurdir problemas máis graves.
      Do mesmo xeito, o círculo social que rodea ao individuo triste ten que ver certos factores que apunten ao desenvolvemento dunha enfermidade: o illamento, a falta de apetito e de comunicación, son elementos inherentes á depresión. Non entanto, esta enfermidade caracterízase por una tristeza e apatía continuada no tempo. Así, é necesario consultar con especialistas en terapia para poder realizar un diagnóstico axeitado, e tomar as medida pertinentes. O apoio da familia e do cículo de amigos é indispensable para un desenvolvemento fructífero do individio.

      Liked by 1 person

      1. Por supuesto que la ayuda médica es indispensable y funamental, un autodiagnóstico puede llevar a una autosuficiencia peligrosa que aleje al paciente de una posible cura más efectiva.
        Aporto aquí un enlace de un test online para identificar la depresión que a mi modo de parecer puede despistar a mucha gente. Es necesario mantenerse informados para evitar caer en peligrosos artículos escritos por prestidigitadores que podrían llevarnos a actuar de una manera equivocada o precipitada.http://netdoctor.elespanol.com/tests/test-depresion-goldberg

        Gústame

      2. Totalmente de acordo contigo Víctor. Unha enfermidade deste calibre, que pode anular completamente á persoa que a padece non debería poder diagnosticarse a través dun test online. É preciso un diagnóstico diferencial sempre realizado por un profesional da materia. Nunca un autodiagnóstico, por moi formado que se crea estar no tema.
        Se queres atopar máis información sobre a depresión e os tipos existentes desta deixote o titulo de varios libros especializados: Conducta antisocial de Alan E. Kazdin y Gualberto Buela-Casal, El manual Merck de Merck Sharp o Principios de psicología de José Luís Pinillos.

        Liked by 1 person

  4. Un post excepcional Susana, explicas de un xeito moi claro a situación que viven moitas persoas, e como ben falan nos comentarios de outros compañeiros, a depresión é algo máis grave do que a nosa sociedade considera.
    Asi ben, eu quero entrar a debatir algo que levo pensando xa un tempo. Hai non moito vin un documental chamado The High Culture, onde fala o Doctor Gabor Maté, especialista en adiccións e transtornos durante a infancia. Relaciona directamente situacións de alto estres emocional (pérdidas de familiares, divorcios dos pais, pais con adiccións ou enfermidades graves…) ca adicción, indiferentemente de cal sexa (fumar, xogar, o sexo, beber, as compras…) facendo unha reflexión acerca de como a propia persona crea a súa adicción para compensar a angustia existencial que o sobrepasa, deixando claro que a adicción é unha solución a un problema máis grave, un transtorno mental.

    Eu quería preguntarche que che pareze o punto de vista de este Doctor e si podríamos chegar a considerar a adicción como enfermidade mental ou ben como consecuencia de esta.

    Compre deixar claro que me refiro a adicción como unha actividade que non che deixa desempeñar unhas plenas funcións e relacións sociais.
    Deixoche aquí o enlace a unha entrevista del no Huffington Post, é unha mágoa que sólo este en inglés.

    http://www.huffingtonpost.com/entry/gabor-mate-addiction_us_569fd18ae4b0fca5ba76415c?s284obt9

    Gústame

    1. Moi interesante o que comentas Bruno. Non me parara a pensar na posibilidade que ofertas.
      As adiccións poder aparecer por infinidade de factores que non sempre veñen aparexados por unha infancia de abusos, abandono, etc. Non entanto, unha infancia sen cariño, e sen estabilidade, si que pode causar moitos trastornos no individuo, dende adiccións ata sociopatías ou psicopatías. Nesto interveñen factores socioeconómicos, familiares, educativos, así como o sufrimento de traumas que poden desestabilizar a saúde mental do individuo, máis se temos en conta que esto ten lugar durante o período de desenvolvemento dunha persoa, que é a infancia.
      Aínda así, e a pesar de que esta etapa de desenvolvemento xoga un papel predominante no futuro social dunha persoa, non todos os problemas de adicción veñen dados neste período de tempo.
      Existen moitos casos de persoas cunha infancia completa, pero que nalgún momento da súa vida tivo lugar unha ruptura da súa estabilidade social (xa sexa perda de familiares, rupturas sentimentais, problemas laborais, etc) que fan que cambie a súa perspectiva e non atopen un camiño de volta.
      É así como comezan a maioría das adiccións, tendo en conta tamén os problemas na infancia.
      Respecto ao debate que propoñes entre se a adicción é unha enfermidade ou unha consecuencia dun trastorno mental, hai opinións contradictorias. Dende o meu punto de vista, poden ser ambas cousas. Pode existir unha enfermidade mental previa, que unida á criminalización da mesma e ao illamento do individuo derive nunha adicción. Do mesmo xeito, pode exisitir unha adicción previa por problemas variados, e que esta remate nun trastorno mental diagnosticado á marxe desta adicción.
      Gustaríame saber a túa opinión sobre esto. Crees que pode existir unha adicción levando unha vida plena en todos os ámbitos da mesma?

      Gústame

      1. Boas Susana perdoa pola tardanza en respostar.
        Na miña opinión, sí pode existir unha relación entre adicción e vida plena. Eu creo que o caso máis común que podemos ver hoxe é o café. Hai xente totalmente adicta a esta bebida a cal consumen varias veces ao longo do día, todos os días. De feito, os máis adictos hasta que non toman un café non parecen eles. A cafeína como é unha sustancia estimulante do noso sistema nervioso (o mismo que moitas drogas) e é considerada unha sustancia psicoactiva e letal se o seu consumo se volve totalmente abusivo (consumir máis de dez gramos de cafeína é letal). Fora dese extremo pode acarrear moitos problemas na saúde.

        Unha persoa que consuma café de forma responsable e na medida que eso o alivia e lle “facilita a vida” facendoo estar máis desperto ou máis sociable non ten porque considerarse dañina.

        Ahora ben, hai outras sustancias como o alcohol ou distintos tipos de drogas que o seu consumo de forma abusiva sí impíde o completo desarrollo social e intelectual dunha persoa e condiciona a súa vida por completo. E o revés, hai xente que consume alcohol / drogas e continúan levando unha vida plena. Non é o mesmo que ti te emborraches todos os días hasta non das falado que tomes duas cañas cos teus amigos e collas un puntiño. No primeiro caso estás destrozando as túas relacións e a túa saúde, mentres que no segundo estás fortalezendo as túas relacións.

        Eu creo que cada persoa é diferente e o que para un é moito para outro é pouco, e así funciona con todo. Ti podes tomar dous cafés e estar normal, un pouco máis activa quizáis e eu se me tomo dous cafés xa esotu totalmente nervioso e co ritmo cardíaco alterado.

        Gústame

      2. Todas as substancias que alteran o organismo e crean algún tipo de adicción son consideradas drogas.
        Esta é a definción que aparece se se incorpora a palabra droga na barra de Google, segunda acepción: “Sustancia que se utiliza con la intención de actuar sobre el sistema nervioso con el fin de potenciar el desarrollo físico o intelectual, de alterar el estado de ánimo o de experimentar nuevas sensaciones, y cuyo consumo reiterado puede crear dependencia o puede tener efectos secundarios indeseados”
        O exemplo do café por tanto, é unha substancia natural, e que moitas persoas o toman polo seu sabor, porque lle gusta e non por necesidade. É ahi onde radica o problema da drogadicción, a dependencia e a necesidade dunha substancia para poder socializar, estar esperto, concentrarse, etc.
        Pódense fortalecer exactamente igual as relacións sociais sen alcohol, o problema como veño dicindo é cando precisas o alcohol para manter amistades.
        Non se pode manter unha vida plena é dicir, non depender de ningunha substancia perxudicial para a saúde, se poñemos a nosa felicidade nas mans do alcohol e das drogas.

        Gústame

  5. Eu comparto a túa opinión Susana, nin o alcohol nin as drogas son a solución para os problemas persoais por moi duros que sexan. Mais tamén creo que hai moitas persoas que non son tan fortes coma nos e por circunstancias da vida caen na dependencia nesas sustancias, e non por elo as debemos martirizar nin demonizar. Debemos axudalas e ser comprensivos, pois as circunstancias que o levaron na vida a axudarse delas para “solucionar” ese problema anterior do que falamos.

    Os gregos non diferenciaban entre droga e mediciña, eran todo fármacos (φάρμακα/phármaka). A diferenciación veu ca medicina moderna, pero aínda así moitos dos medicamentos que hoxe consumimos son máis perigosos e daniños que moitas sustancias consideradas drogas (como por exemplo, o cannabis). Eu non defendo nin o uso, nin a legalización de ningunha sustancia que altere o comportamento humano porque creo que podería ser perigoso para a nosa sociedade, pero tampouco creo que se deban recetar medicamentos coma se gominolas fosen.

    Aquí deixoche o enlace a Facebook do viaxe dun pai e dun neno logo de que os medicamentos tradicionais lle destrozaron a vida (ao rapaz) mentres que unha “droga” lle devolveu a esperanza. https://www.facebook.com/jasonandjaydensjourney

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s