Denuncian os medios a precariedade laboral no xornalismo?

Adrián Lede Balado

Os medios de comunicación son parte esencial nunha sociedade democrática. Son os encargados de amosar ao público a realidade. Por isto, teñen que ser sempre veraces, obxectivos e nunca esconder os feitos. Pero, ¿Cumpren os medios estes requisitos cando os protagonistas da historia son eles mesmos e non saen beneficiados?

As asociacións de prensa: Fonte principal de información

Cando nos somerxemos na rede en busca de información sobre a precariedade laboral no xornalismo, podemos esperar atopar moitas noticias nos medios habituais, pero isto non é así. Os medios enchen as súas paxinas falando da precariedade laboral que sofren dende os médicos ata os actores, pero resulta curioso que non é sinxelo atopar información relacionada coa situación laboral da profesión xornalística. As noticias que atopamos relacionadas co gremio soen facer referencia a informes de asociacións xornalísticas profesionalizadas  Destaca especialmente a Federación de Asociación da Prensa de España (FAPE), unha asociación que agrupa todas as asociacións xornalísticas de España. Na súa páxina web pon a disposición de quen o desexe información referente os problemas que sofre a profesión, pero por falta de medios esta non chega ó público xeneralista de maneira elaborada, so a través de pequenas pinceladas que recollen de vez en cando os medios de maior tirada. Dáselle máis importancia cando se fala de melloría na profesión como nesta noticia de El Mundo. Curiosamente, mentres neste xornal se falaba do final da crise, noutros medios se recollía que o grupo ó que pertence, Unidade Editorial, propuxo unha serie de ERES.

Os ERES nos medios de comunicación: Só informamos dos demais

Un ERE é un procedemento mediante o cal unha empresa con problemas económicos busca autorización laboral para despedir ou suspender a unha parte dos seus traballadores. No caso que comentamos nas liñas anteriores, o xornal El Mundo non fixo ningún tipo de referencia nas súas páxinas, foron outros medios os que se fixeron eco de isto. Outro caso similar con sona é o acontecido nas redaccións do xornal El País, onde aconteceu o mesmo. Resulta un tanto hipócrita ver a El Mundo e a El País dando unha completa información sobre os problemas do seu competidor, pero ocultando os seus. Pódese entender que traten a noticia da forma máis amable posible, pero ocultala infrinxe os valores que debe ter esta profesión. De novo, se queremos unha boa información temos que fuxir dos medios habituais. O xornalista Victorino Ruiz de Azúa creou unha web onde denuncia o caso dos Eres en El País, do que foi despedido tras trinta anos no grupo PRISA. Na web da revista cultural Jot Down podemos atopar unha entrevista moi interesante con el.

A situación en Galicia: Un reflexo da situación española

En Galicia moitos medios sufriron numerosos problemas. Diarios locais como El Diario de Arousa o El Diario de Ferrol, entre outros moitos, sufriron múltiples despedimentos, pero é difícil atopar información sobre o tema fora das asociacións de prensa. La Voz de Galicia non deu case información dos problemas que sofre o seu medio, e de novo temos que irnos a outra publicación que á súa vez faise eco da opinión do Colexio de Periodistas . O que si podemos atopar en La Voz de Galicia é información sobre os problemas que sofre un dos seus competidores, El Correo Gallego. Isto recórdanos ó que ocorre a nivel nacional entre El País e El Mundo e, así, lévanos a preguntarnos se o obxetivo é informar ou atacar a competencia. O problema é que ó final o que sae prexudicado de todo este tema é o lector, que non pode ter a información necesaria para poder coñecer realmente todos os problemas que sofre o sector.

Advertisements

17 comentarios en “Denuncian os medios a precariedade laboral no xornalismo?

  1. Está claro que na actualidade os medios, tanto a nivel nacional como a nivel local, traballan para acadar o seu propio beneficio sen ter en conta nin ao lector nin aos códigos deontolóxicos do xornalismo. Así intentan ocultar os seus problemas e atacan aos seus competidores para desbancalos nun mercado dominado polos máis fortes. Isto provoca que os medios máis poderosos sexan os que se tomen polos máis veraces e de referencia na sociedade, pero o problema, como ben sinalas, é a terxiversación e manipulación da información en base a mellorar a súa propia imaxe. Ningún medio fala mal de si mesmo, pero si ataca ao seu competidor para lograr máis lectores.
    Vivimos nunha sociedade onde os só uns poucos teñen acceso a esos grandes medios de masas, mentres que os medios comunitarios e demais, son relegados e aplastados polos demais.
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2017/01/13/correo-gallego-perdio-sede-preguntoiro-poder-pagar-deuda/0003_201701S13C5991.htm
    Neste enlace temos un claro exemplo, no que La Voz de Galicia critica e fala das deudas do diario El Correo Gallego.

    Liked by 1 person

    1. Eu non creo que os medios máis poderosos sexan considerados os máis veraces. Quizás fai uns anos si, pero hoxe en día xornais como El País perderon bastante prestixio. En referencia o enlace, como xa comentaba no artículo é unha vergoña que La Voz fale de El Correo, mentras V Televisión atravesa grandes problemas.

      Gústame

      1. Pode que non por ti, pero pola maioría da sociedade pode que si. Estamos acostumados a creernos todo o que se contan nos telexornais e xornais a pesar de que, como dis, haxan perdido moito prestixo con respecto a anos atrás.
        Sucede iso por conveniencia e para empeorar a imaxe do rival, pero como este hai moitos máis exemplos e de moitos outros medios.

        Gústame

  2. Ninguén quere nunca desfavorecerse a si mesmo, queda claro que tampouco os medios de comunicación o fan. Todos intentan tapar as súas problemáticas interiores, e verdadeiramente non considero que sexa nada destacable dado que toda empresa ou negocio fai o mesmo. Na miña opinión o problema chega no momento no que te aventuras a desprestixiar ao teu competidor con algo que estas sufrindo, como ben indicas que ocorreo cos medios El Pais e El Mundo, e tamén La Voz de Galicia e El Correro Gallego.

    Pero ademais disto, a precariedade laboral no ámbito xornalístico esta todavía menos reflectida se cabe. Atopar un digno traballo de xornalista é cada día máis complicado, moitos profesionais traballan sen descanso e non cobran nin o salario mínimo; outros vense obrigados a realizar varias tarefas, unha soa persoa ten que facer a miúdo de corresponsal, cámar, realizador, etc http://www.analitica.com/actualidad/actualidad-nacional/periodistas-se-pronuncian-ante-sus-precarias-condiciones-laborales/

    Por último, existen múltiples problemáticas sobre a muller no xornalismo, está esta máis discriminada todavía? Atópase nunha situación de precariedade maior? Neste artigo de kaosenlared mostrase una chamamento a loita pola igualdade da muller no ámbito de traballo xornalístico: http://kaosenlared.net/la-federacion-de-sindicato-de-periodistas-llama-a-secundar-el-paro-y-acciones-convocadas-el-8-de-marzo/

    Liked by 1 person

    1. Sen dúbida é realmente hipócrita atacar os competidores cun problema que estás a sufrir. Non me imaxino que pensará o xornalista que teña que escribir esa noticia, sabendo que o seu posto de traballo corre peligro ou que algún compañeiro incluso xa o perdera.

      En canto o da polivalencia dos xornalistas e o traballo digno, é tamén algo incrible. Moitos becarios teñen que facer traballos de redactores sen ter experiencia, e ademáis sen cobrar, así logo encontramos multitude de noticias con erros. Tamén tes que facer traballos para os que non estás preparado, e que che quitan tempo para afondar no tema xornalístico.

      Por último no referido ó tema da muller recoméndote o artigo da miña compañeira Sandra https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/09/a-muller-traballadora-nos-medios-de-comunicacion/ que recolle ademáis as experiencias e opinións de dúas xornalistas coas que tuvimos a oportunidade de falar. É unha vergoña que hoxe en día siga habendo diferenzas polo simple feito de ser home ou muller.

      Gústame

      1. O que mencionas sobre que pensará o xornalista que se vexa obrigado a escribir ese artigos paréceme outra importante cuestión a analizar. Pois hoxe en día un alarmante número de xornalistas vense forzados a realizar tarefas totalmente en contra dos seus principios, e se non o fan perden o seu posto de traballo. Penso que é unha realidade terrible sobre esta profesión é que sería necesario resolvela con urxencia. A este respecto considero moi interesante este artigo do xornal El Mundo no cal entrevistan a Fernando Sánchez Dragó sobre o xornalismo na actualidade: http://www.elmundo.es/blogs/elmundo/dragolandia/2017/02/24/sobre-el-periodismo-y-casi-todo-lo-demas.html

        En canto ao artigo da túa compañeira Sandra “A muller traballadora nos medios de comunicación” paréceme deleznable que esa situación de machismo siga existindo dunha forma tan explícita nun medio de traballo. Como ben di Casal, unha das xornalistas coas que tivestes a oportunidade de traballar, fan falta máis reivindicacións pola nosa parte, e pola de todos.

        Gústame

    2. Creo que as palabras do señor Sanchez Dragó son interesantes, é analiza ben o tema en cuestión. Agora ben, non o vexo tampouco unha voz autorizada para falar sobre a situación do xornalismo, cando foi un deses xornalistas con soldo de estrela, que se beneficiou dos amiguismos dunha cadea autonómica de dudosa calidade como é Telemadrid http://www.20minutos.es/noticia/2675229/0/denuncian-despilfarro-telemadrid-sueldos-drago-tertsch/ Creo cun dos problemas do xornalismo é a diferencia de soldos, entre algúns xornalistas que cobran ó nivel de futbolistas, mentras que o resto de traballadores con sorte son mileuristas. Por exemplo nun dos fichaxes máis soados da temporada, o de Jose Ramón de la Morena por Onda Cero, chegouse a unha cifra que é unha auténtica locura http://www.vozpopuli.com/medios/Jose_Ramon_de_la_Morena-Onda_Cero-Cadena_Ser-El_Larguero-Atresmedia-Cadena_SER_0_915808469.html

      Gústame

      1. Non podería estar máis de acordo contigo sobre que a diferencia salarial é un gran problema. Esta claro, como no caso que me adxuntas, que hai xornalistas que cobran cantidades verdadeiramente impresionantes mentres que outros chegan a verse na obrigración de marchar a outras cidades ou inlcuso paises pola incapacidade de atopar un traballo digno. Isto leváme a pensar cal a razón de que isto teña lugar, o prestixio acadado polo xornalista, unha fama social, ou quizais simple sorte. Gustaríame saber que pensas ao respecto.

        Gústame

    3. Eu creo que o xornalismo ó final é un espectaculo, e nos espectaculos ó final o que leva a maior cantidade de cartos é a cara visible. É, salvando as distancias, coma nunha película, hai miles de traballadores, pero o que se leva a maior parte é o protagonista ou o director. A diferencia é que o cine é un arte e un entretemento, o xornalismo nalgúns casos ten que entreter, noutros debería cumplir unha serie de requisitos que sendo un espectáculo é difícil que cumpra.

      Gústame

  3. Sen dúbida o maior problema dos medios españois é a fiabilidade. Este artigo de Periodistas-es (http://periodistas-es.com/eurobarometro-desconfianza-hacia-los-medios-comunicacion-78902) recolle os resultados dunha enquisa realizada a finais do ano pasado sobre o nivel de confianza que xeran os medios na poboación informada. No noso país só o 41% confían nos medios, moi lonxe do 53% de media en Europa. Isto é debido a que a poboación considera que os medios están supeditados a algunha ideoloxía ou algún interese. O único obxectivo é vender máis que o resto, sen contrastar moitas veces a información e o resultado vese reflectido na opinión da xente. A falta de autocrítica é unha cuestión moi determinante.

    Liked by 1 person

    1. Estou totalmente de acordo. En España é difícil atopar un medio que conte co prestixio e o respeto por parte do público. O periodista Miguel Angel Aguilar que foi despedido de El País por facer unha crítica a este medio, http://www.infolibre.es/noticias/medios/2015/11/10/pais_despide_miguel_angel_aguilar_40643_1027.html dicía que antes o soño de calqueira xornalista era traballar neste xornal, e agora todos fuxen de alí. Algo similar ó que dixera Tomás Alonso na charla que deu na Facultade de Xornalismo. Se ese é o prestixio de El País, imaxinémonos como será os dos demáis medios. Cando un pensa nun xornal, nunha cadea o nunha emisora, pensa automáticamente na ideoloxía a que vai ligada, e xa sabe o que se vai atopar. Os medios españois deben mellorar, deixar o sensacionalismo e a ideoloxía a un lado, e facer un xornalismo de calidade, se queren recuperar o favor do público.

      Gústame

      1. O nivel dos medios está en horas baixas, o escaso prestixio destes é unha situación preocupante, pois quere dicir que a ollos da cidadanía (xuíz por excelencia) non se están facendo as cousas ben. Con todo resulta esperanzador que isto non parece repercutir no nivel de información da cidadanía, que optou por explorar novas opcións desenvoltas grazas ás novas tecnoloxías.
        Achego un artigo de Contexto y Acción moi interesante sobre este tema. Nel debátese o motivo da escasa fiabilidade dos medios, recollendo declaracións moi impactantes como que “os españois desconfían dos seus xornalistas case tanto como dos seus políticos”, a cal penso que reflicte perfectamente a situación pola que están pasando.
        Sen dúbida necesitan un lavado de imaxe e nós, a cidadanía, debemos esixir unha transparencia e un compromiso coa verdade, algo que debería ser innegociable.

        ctxt.es/es/20150916/Politica/2242/prensa-periodismo-censura-ley-mordaza-El-Pais-El-diario-Infolibre.htm

        Liked by 1 person

  4. Moi bo artigo sobre a situación do xornalismo en España. Chama a atención que a xente respete a profesión de xornalista, pero non os medios de comunicación. Isto quizás débase tamén a que os xornalistas máis mediáticos, como por exemplo, Eduardo Inda ou Tomás Roncero, son máis personaxes que profesionais. O triste é, que esta clase de xornalistas gañen dez veces máis que algúns dos traballadores do seu medio que están moito máis cualificados.

    En canto os medios como ElDiario.es ou Infolibre, é unha gran noticia xa non que existan, se non que haxa xente que pague por recibir unha información de calidade. Quizás esa sexa a única solución, xa que os anunciantes acaban impedindo facer unha información totalmente libre. Aparte destos grandes medios, hai tamén iniciativas máis pequenas como as que recolle a nosa compañeira Laura neste artigo https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/21/cando-os-intereses-economicos-priman-ante-a-veracidade/

    Gústame

    1. Estou de acordo coa túa opinión, paréceme moi triste a situación actual da profesión onde os que máis repercusión teñen son aqueles xornalistas que destacan por montar unha especie de circo ao redor deles (os xa citados Inda e Roncero ou Álvaro Ojeda por engadir algún outro).
      Non prima a verdade nin a transparencia, de feito teño dúbidas de que se poida considerar xornalismo cando as “noticias” que dan moitas están sen contrastar ou son meras suposicións que só buscan crear polémica e vender fume.
      Neste post http://www.lamarea.com/2016/12/04/inda-y-el-monstruo/ fálase un pouco sobre esta especie de xornalista, cada vez máis común, que baixo a súa situación de tertuliano falan ás súas anchas sen ter que dar explicacións a ninguén.

      Gústame

      1. A figura do tertuliano fixo bastante dano a profesión nos últimos anos. As tertulias políticas ou deportivas son un auténtico circo. A pena é que xeran audiencia para as canles de televisión e parece que non van a rematar pronto. Se queremos ver unha tertulia de calidade, temos que recurrir a televisión de pago. Por exemplo no ámbito deportivo en aberto temos El Chiringuito, que é un programa que pode entreter, pero xornalísticamente hablando é unha vergoña. Mentras, na televisión de pago, encontrámonos con outro tipo de tertulia deportiva máis refinada e interesante como vemos neste artículo http://www.spherasports.com/cinco-locos-y-la-luz-al-final-del-tunel-59625/

        Gústame

  5. É evidente que o xornalismo na súa base é un negocio como calquera outro, está controlado por grandes empresarios que tanto se son xornalistas como outro oficio o único que queren deles é que lle consigan beneficios. Polo tanto, non contan con ningún tipo de vínculo co verdadeiro obxectivo do xornalismo: informar e formar.
    Ao moverse nun mercado, actúan según intereses comerciais , falando dos defectos dos outros e ocultando os seus propios. Como se fora calquer campo mercantil.

    Un caso moi claro e indignante foi o ERE masivo de El País que ti nomeas no artigo.O xornalista Enric González publicou un artigo na JotDown onde explicaba o caso: http://www.jotdown.es/2012/10/enric-gonzalez-con-todos-mis-respetos/
    “Que más de diez docenas de periodistas sean despedidos de un periódico que baña en oro a sus directivos y derrocha el dinero en estupideces es bastante grave” escribiu o xornalista.

    A raíz desto é certo que a cidadanía está comezando a criticar e desconfiar dos grandes medios, pero aínda así o seu conformismo segue apuntando número de lectores para eles. É por iso que quero destacar que a solución está nas mans dos propios xornalistas, de modo que nos últimos anos apareceron numerosos xornais independentes como InforLibre , eldiario.es ou La Voz Libre, para aqueles que queran fuxir da información masificada. Paréceme unha gran forma de cambiar o establecido por parte do propio sector.

    Gústame

    1. Como ben comentas o caso de El País foi moi decepcionante. Este xornal era quizáis o máis prestisioxo no seu momento, e agora perdeu toda a súa reputación. Inda que parece que o caso de El País é un ingrediente da caída que esta a sufrir Prisa. Dende a morte de Polanco, esta empresa de comunicación, non levanta cabeza. Como podemos ver neste enlace http://prnoticias.com/periodismo/periodismo-pr/20160314-prisa-confirma-un-plan-de-bajas-incentivadas-a-17-personas-elpais tamén teñen problemas a Cadena Ser, o As ou Los 40. Veremos que dirección toman, e se son capaces de recuperar o prestixio do pasado.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s