Buscan os medios dar representación e axuda aos ludópatas?

Desde a Asociación Galega de Xogadores Anónimos (AGAJA polas súas siglas en castelán) as persoas afectadas pola ludopatía poñen a súa voz para representar a un grupo indefenso ante a procura da morbosidade do cada vez máis dexenerado Cuarto Poder.

O pasado xoves 24 de febreiro decidimos trasladarnos a Vigo e ter unha reunión con tres membros de AGAJA para poder transmitir as súas experiencias particulares e anhelos en calidade de afectados, tanto por unha enfermidade social tan desestimada (dado o seu pobre avance en investigación), como por un sistema de comunicación que busca algo co que exaltar ao seu público. Esta primeira toma de contacto con Carlos, Nicolás e Pablo reforzou algunhas das evidencias das que partíamos, á vez que nos mostrou o lado oculto deste fenómeno, o esforzo que supón tomar consciencia da enfermidade e dar un paso fronte á rehabilitación.

Tanto Nicolás como Carlos coincidiron en que “os medios daban un enfoque individualista, centrándose no morbo e sen dar profundidade á situación dos xogadores ou ao labor dos profesionais de rehabilitación”. Carlos falaba desde a experiencia debido á súa activa participación na asociación, de feito xa estivera en contacto cos medios de comunicación para relatar as súas vivencias e afirma que “o tratamento debería ser máis educativo, posto que os xornalistas só estaban interesados en choros e declaracións de roubo”.

Outro dos enfoques tratados, fóra da representación que o colectivo comunicativo ofrece deste problema, foi o da información que se pon a disposición da sociedade sobre a ludopatía, como recoñecela e onde acudir cando xa estás dentro. Carlos falounos dunha cifra significativa en España, a de 200 mil ludópatas que xa están en contacto con organizacións de rehabilitación, cifra que pode non ser nada representativa xa que como afirmaba Nicolás “falta información. Cando toquei fondo non sabía que existía AGAJA, tiven que buscar na internet”. Non debemos esquecer que que unha das principais bases do xornalismo debe ser ofrecer á cidadanía datos de calidade, útiles para as maiorías, pero aínda máis para as minorías, posto que estas atopan incrementadas as dificultades para obter representación.

Se os medios de comunicación non buscan un enfoque de axuda e normalización atoparemos casos como o de Pablo, que “aínda sabendo que tiña unha enfermidade non era capaz de dicilo por medo a revelar a situación de débeda, un medo para ocultar dano que deriva nun dano maior”. Eses medos aparecen ante fenómenos estraños e pouco tolerados, e a orixe desa intolerancia está na desinformación. “Antes non adoitaba ler noticias sobre ludopatía, agora son consciente”. Así o afirmaba Nicolás, un problema pasa desapercibido ata que te representa.

Dúas noticias e a súa representación do colectivo ludópata.
Na reunión tivo lugar a lectura colectiva dunha noticia do ABC titulada “Ludopatía: a partida máis cara”, na que se fala, entre outras cousas, da ludopatía como trastorno e non como enfermidade, algunhas condutas comúns como a mentira compulsiva, os problemas de diñeiro e o illamento social (condutas coas que todos na reunión estiveron de acordo) e o compoñente machista deste problema social. O artigo deste diario nacional incluía declaracións visiblemente morbosas como “Cando cumprín os 18 anos, saquei o diñeiro da herdanza do meu avó”, destacando fragmentos do texto para desviar ao lector do verdadeiramente importante. Carlos contemplou a denominación de trastorno como algo superfluo, xa que afirmaba que a Organización Mundial da Saúde tratábao de enfermidade pero como o chamasen non solucionaría nada. Pablo non daba crédito ante o fragmento do artigo que dicía “se o home padece ludopatía, a muller téntalle axudar; pero se é a muller a que o sofre, o home bótaa de casa”. “Non quero crer que iso sexa certo de forma xeral (como se mostra no texto informativo), senón que depende da forma de ser de cada persoa”.

Posteriormente tivo lugar o visionado dunha noticia de Antena 3 baixo o rótulo “O abuso tecnolóxico aumenta o risco de sufrir ludopatía en menores”. Neste fragmento televisivo destaca o tratamento do caso particular dun neno coruñés de 11 anos que gasta catro mil euros apostando desde o móbil. “Nestes casos a solución non é prohibir o uso de móbiles aos nenos, senón educar para previr estas situacións” comenta Carlos.

Grazas a este achegamento observamos a consciencia que teñen os ludópatas sobre a imaxe que proxectan os medios deles mesmos e sorprende unha postura que carece de enfado e que está enfocada a corrixir eses problemas.

 

Advertisements

11 comentarios en “Buscan os medios dar representación e axuda aos ludópatas?

  1. Non creo que a cuestión da ludopotía e tódolos problemas que leva carrexado poda respostarse coa simple idea da educación e a moderación no xogo. Na miña opinión, a súa auténtica solución radica no control absoluto e meticuloso desta actividade: peche de webs, limitación para situar establecementos, regulación da súa publicidade, incrementar o tipo impostivo ás ganancias derivadas, etc. A terapia e un bo tratamento poden axudar a moitos adictos, pero non poden cortar o problema de raíz. Aí só pode intervir a forza do Estado pero, por suposto, non é algo que sexa de interese nin prioridade para este.

    Gústame

    1. La limitación de las libertades y la prohibición no es la respuesta a todo, estupefacientes como el tabaco y el alcohol crean una adicción con fuertes consecuencias y no por ello es lícito (ni lógico) prohibir su venta, al igual pasa con otras muchas sustancias y actividades.

      Además, cuesta pensar en un cierre total de un elemento ya configurado en la red, esto provocaría un aumento de las apuestas y el juego encasillado dentro de la economía sumergida. Debemos ser capaces de decidir en qué queremos invertir nuestro tiempo sin que se nos limiten las opciones por medio de una fuerza estatal (y cumpliendo, claro está, una serie de parámetros legales desarrollados para garantizar la convivencia y que se tengan en cuenta los derechos individuales).
      Así mismo, debemos de tener garantizado un camino de vuelta en caso de que las cosas salgan mal (una segunda oportunidad), y ya que por parte del Estado esto es más difuso dado el rendimiento de estos negocios y sus altos impuestos; al menos ser capaces de agruparnos y organizarnos para gestionar problemas que tengamos en común.

      Un saludo.

      Liked by 2 people

      1. A regularización por parte do Estado creo que é a única saída a este problema. É máis, se por min fora só habería lotería e apostas do Estado. Claro que, en todo caso, a cidadanía non pode contar coa colaboración do Estado burgués imperante que non vela polo seu benestar. Como dis non último parágrafo, parece que á cidadanía só lle queda voltar ás Sociedades de Apoio Mutuo e Socorro pero de cada caso particular, colectivos, etc. Ademais, cando falo da súa limitación e control (do xogo) o emprazo como última medida ante a urxencia social ó non haber máis iniciativas gobernamentais que disuadan desta práctica: publicidade, campañas de prevención, etc.

        Gústame

  2. Baixo o meu punto de vista, a ludopatía é un trastorno moi serio e debería tratarse coa maior das cautelas, xa que pode ter consecuencias irremediables para a persoa que a padece.
    O punto de vista manifestado por este grupo reflexa que os medios deberían abordar este tema dende unha perspectiva máis educativa socialmente falando, e deixar de centrarse en aspectos morbosos que busquen unicamente a atención dun público deseoso de coñecer as miserias alleas. Sen dúbida, o sensacionalismo que caracteriza os medios de comunicación na actualidade alcanzou límites insospeitados, superando de maneira alarmante o moralmente correcto. De tódolos xeitos, non creo que sexa nisto no que debamos centrar o noso foco de atención, senón en poñerlle fin a unha problemática que afecta cada vez a máis persoas.
    Persoalmente, penso que o primordial é descubrir qué elemento fai a unha persoa máis ou menos susceptible de padecer este trastorno, que a outra. É algo inherente? Está relacionado co ambiente social no que alguén se move ou, pola contra, depende da personalidade e do carácter de cada un?
    Unha vez analizado o acontecemento, feito, etc que desencadea esta adicción, poderemos comezar a traballar para poñerlle fin, pero para iso hai que profundizar na situación e na vida de cada un dos afectados. Non se pode xeralizar cun trastorno que, ó meu parecer, é diferente segundo a persoa que o padece, a pesares de que os síntomas sexan semellantes en tódolos casos.
    Polo tanto, estou de acordo coa opinión vertida por este grupo de que os medios, polo xeral, se adican a falar deste trastorno nos termos máis provocativos, sen importar a veracidade e neutralidade das súas informacións. Pero, de novo, non creo que éste sexa o asunto en cuestión, senón acabar, dunha vez e para sempre, con esta patoloxía. Para iso considero que debería producirse un control máis exhaustivo dos lugares (tanto físicos coma na web) de xogo, con multas para os seus propietarios e tamén para os xogadores. Creo que isto último lograría reducir e, incluso, frenar, o número de adictos ó xogo, xa que o medo a unha sanción económica faríalles replantexarse os beneficios e os danos da súa elección. Tamén a educación a nivel social acerca desta problemática, con charlas en escolas e institutos que informen ou advirtan das consecuencias de xogar e apostar. Hai que ensinarlle á sociedade que o xogo é unha adicción como poden selo as drogas, e que ten efectos prexudiciais para eles. Penso que isto desincentivaría ás novas xeracións e que os faría menos propensos a acabar padecendo ludopatía.
    No que respecta á rehabilitación das persoas ludópatas, coido que o máis importante é acudir a terapia, cun profesional experto que poida axudarlles, así como a creación de grupos de autoaxuda e outras asociacións.
    En conclusión, a ludopatía é un trastorno ou patoloxía que precisa ser explicado á cidadanía como tal, sen medias tintas e, moito menos, cunha intención de lucro para os medios de comunicación. A xente necesita coñecer os perigos que estas prácticas supoñen, e o Estado ten que regular este tipo de establecementos ou páxinas web, perseguíndoos con toda a dureza que marcan (ou que deberían marcar) as leis, deixando fóra da cuestión os intereses económicos que sempre centran o discurso, sexa cal sexa este último.

    Gústame

    1. Creo que tienes bastante razón en lo que expones. Este artículo no gira en torno a acabar con la programación sensacionalista restringiéndola, sino a rebajar la consideración “informativa” que tienen para muchas personas ofreciendo un contraste entre la forma en que estas son enunciadas en los medios y la forma en la que lo son aquí. La información tiene una responsabilidad muy grande con la captación de audiencias para dar más visibilidad a una noticia; pero tiene una responsabilidad mayor con las realidades que se ven representadas en ellas, los grupos sociales y problemas que son objeto del periodismo.

      Liked by 1 person

  3. Estou bastante de acordo co enfoque do artigo sobre a prevención da enfermidade: a necesidade do predominio de una educación axeitada en condutas preventivas por encima da prohibición destas prácticas. A lei seca non restrinxiu o consumo de alcol, do mesmo xeito que prohibir as apostas non provocará un cese das mesmas, senón que propiciará que estas se efectúen na clandestinidade. Paréceme un concepto case incuestionable se provén directamente das palabras dun ludópata, como aconsella Carlos no transcurso do artigo, baseado nada menos que na súa propia experiencia. Especialmente interesante me parece o eido da ludopatía infantil, xa non só referida ao mundo das apostas e das perdas económicas, senón do poderoso magnetismo que os videoxogos e outros programas cibernéticos ofrecen nos nosos tempos, que pode desembocar nunha verdadeira dependencia. Estudos recentes demostran que, se na adicción presencial (bingos, quinielas…) o diagnóstico se produce entre os 5 e os 7 anos dende o inicio da ludopatía, na adicción virtual, o diagnóstico se produce entre os 2 e os 3 anos dende o seu inicio, o que indica o grao de severidade da adicción. Estes datos alarmantes fan necesaria un maior e mellor tratamento dos medios sobre o tema, tratando sempre de previr estas condutas no canto de prohibilas. Na procura dunha visión máis axeitada sobre o asunto, atopei esta reportaxe bastante interesante na web da asociación Fejar (Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados” que coido que poderá ampliar información sobre o tema.

    http://fejar.org/ludopatia-jovenes-y-apuesta-on-line/

    Gústame

    1. *Fe de erratas: Na terceira línea, cando digo que “a lei seca non restrinxiu o consumo de alcol”, me quería referir a que non o diminuiu, xa que é evidente que este si que foi restrinxido polo que pasou á clandestinidade, o que provocou que o consumo non cesase de xeito definitivo.

      Gústame

    2. Muy interesante puntualización sobre las adicciones virtuales, la relación debe estar en el acceso, el atractivo de las ofertas en páginas web en las que supuestamente “regalan” un dinero base para animar a los usuarios a jugar (como se menciona en el artículo que mandaste) y en un aspecto idóneo para la adicción, la ausencia de la necesidad de un perfil real, el anonimato como estado de desinhibición que provoca también los juegos de rol y algunas redes sociales.

      Gústame

      1. Todas esas facilidades proporcionadas por las páginas de apuestas que mencionas son realmente desalentadoras, sobre todo cuando hablamos de adicciones infantiles. Especialmente el anonimato que proporciona la red, que puede ser peligroso y atrevido, sobre todo a la hora de interactuar con los usuarios, ya que tendemos a pensar que no van a existir consecuencias. Crees que estas páginas de juego rápido, sobre todo si el acceso no está restringido a menores, son fuente de formación de futuros ludópatas? Cómo podemos, en tu opinión, proteger a los más vulnerables, como son los niños, de este uso y abuso del juego virtual?

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s