Consecuencias dun ineficiente plan de mobilidade

Cada un dos cerca de 96.000 habitantes empadroados en Santiago de Compostela e os miles de estudantes máis que non o están, sofren as consecuencias dun plan mal elaborado de mobilidade na cidade. O noso grupo de traballo púxose en contacto con algúns destes afectados. Estes prexudicados traballarán con nós ó longo deste proxecto polo que é convinte que coñezades un pouquiño deles e os seus principais problemas en Santiago.

Esther é membro da Asociación Veciñal das Marías, unha xuntanza da zona norte de Santiago que participou na primeira reunión do Pacto Local Pola Mobilidade. Esther defende que O Pacto Local resulta interesante pola participación de distintos colectivos que ven de diferentes modos a cidade. A análise conxunta é un importante punto de partida para levar a cabo un plan que se queda en nada se non se poñen en práctica as medidas propostas. “Creo que hai determinadas cuestións que sen orzamento non se poden facer , pero tamén creo que moitas veces esta pode ser a escusa. Hai cousas que son cuestión de vontade e esa vontade aínda non a vimos reflexada”, denuncia Esther.

Vicente é membro da acción cívica Composcleta que tamén traballou no plan de mobilidade compostelán. Explica que son usuarios da bicicleta en Santiago e non deportistas, é dicir, que non andan en pelotóns polas estradas, senón que utilizan este medio como transporte pola cidade. “Nós non queremos carrís bici, non queremos infraestruturas, o que buscamos é o calmado do tráfico, a prioridade peonil e a accesibilidade universal que, ademais de favorecernos a todos, favorece a seguridade dos usuarios da bicicleta”.

Suso traballa connosco pola súa condición laboral de xubilado. Suso recalca que a partir dunha certa idade, téndese máis a utilizar o transporte público por diversas razóns, como é a propia condición física, que poden impedir a condución dun vehículo privado. Considera que a calidade do transporte público afecta a toda a poboación polo xeral pero especialmente “ás persoas maiores”. Hai que ter presente que o Concello de Santiago ten unha política de apoio para as persoas xubiladas que lles proporciona unha tarxeta con unhas setecentas viaxes gratuítas anuais para os autobuses urbanos.

Un dos problemas que resalta Suso de Santiago é que a capital está rodeada por concellos que suman uns 80.000 habitantes aos do propio concello compostelán. Moitos habitantes destes concellos limítrofes fan vida en Santiago e a gran maioría deles chegan á cidade grazas ó seu vehículo privado. Esta consecuencia da mobilidade podíase ter previsto fai moitos anos cando pobos coma Milladoiro ou Bertamiráns estaban a multiplicar a súa poboación,  pero a realidade é que só existe unha ineficiente línea de autobuses.

E as persoas con diversidade funcional?

Sofía é estudante da USC e necesita unha cadeira de rodas para poder moverse. A súa primeira queixa diríxese aos autobuses. Para empezar, a gran maioría deles non están adaptados para persoas de mobilidade reducida. Se teñen ramplas para acceder a eles poden ser manuais ou automáticas. “Se son automáticas, o 90% non funcionan e cando son manuais necesito ir acompañada para que a abran ou o autobús marcha sen min. Os conductores non baixan para abrir as ramplas”, denuncia Sofía.

Ánxela é a presidenta da asociación VIgalicia, que leva dez anos traballando en contra  da discriminación das persoas con diversidade funcional. Todos os membros da alianza necesitan asistencia persoal para poder realizar todas as actividades da vida cotiá en condicións de igualdade. Algo fundamental para conseguir isto último é a accesibilidade en termos universais. “Non pedimos que se conciban sitios específicos para nós, senón que se reordenen os existentes de tal forma que poidamos entrar, por exemplo, nun autobús”.

Menos plans e máis actos

Aos nosos afectados gústalles máis falar de feitos concretos que de plans ou ideas e, ata o de agora, as medidas adoptadas polo concello son insuficientes para a cuestión da mobilidade. En 1992, Santiago de Compostela foi exemplo para o resto de España coa peonalización do casco histórico. Provocou divisións de opinión na cidadanía. Os comerciantes pensaban que os seus negocios ían ir a piques pero hoxe en día, practicamente ninguén concibe unha zona vella con vehículos privados circulando e aparcando no Obradoiro. Algo parecido pasa actualmente coa rúa de San Pedro, o que hoxe é debate entre a veciñanza, quizais dentro de vinte anos ninguén imaxine esta rúa con coches e camións circulando nela. Para estes casos, é indispensable o diálogo e o pacto previo entre os diferentes colectivos afectados pero sobre todo, é necesario levar a cabo as medidas para coñecer os seus verdadeiros efectos na vida dos cidadáns e non caer na inmobilidade política.

Advertisements

4 comentarios en “Consecuencias dun ineficiente plan de mobilidade

  1. É indignante que nos tempos de hoxe unha persoa discapacitada non poida efectivamente ir en autobús. Sí está todo habilitado pero se non funciona de verdade non sirve para nada. Os gobernos teñen que medir a efectividade dos servizos para discapacitados. Se poucos utilizan os servizos é porque algo pasa e hai que actuar.

    Liked by 1 person

    1. Ola Aline!
      A accesibilidade universal é un dos puntos pendentes que ten que conseguir Santiago para acadar unha boa mobilidade urbana. Son moitas as asocacións que loitan para conseguir melloras neste campo. Aínda que os proxectos xa están elaborados dende hai tempo (http://www.20minutos.es/noticia/2843526/0/ayuntamiento-santiago-cogami-trabajaran-codo-con-codo-para-lograr-accesibilidad-universal-ciudad/), os resultados aínda son invisibles e as persoas con diversidade funcional teñen que seguir dependendo dunha terceira persoa para poder acceder por exemplo a un simple autobús.

      Gústame

  2. É indignante que nunha cidade coma a de Santiago de Compostela non haxa un plan de mobilidade que sexa eficaz, tendo en conta a cantidade de persoas que a visitan. Interesante todas as declaracións das testemuñas que tedes no círculo, pero chámame especial atención a de Suso, e o exemplo de que Santiago tan só ten unha línea de bus que resulta escasa para a gran maioría dos pobos limítrofes. Ademais, Sofía e Ánxela expresan a mala calidade que teñen os autobuses, ben para persoas para diversidade funcional, pero ben tamén para persoas maiores, embarazadas, ou incluso nais e pais con coches de bebés. Un problema que se ve día a día no transporte público da cidade.

    Liked by 1 person

    1. Ola Branca!
      En canto á tua apreciación sobre as declaracións de Suso, nós chegamos á conclusión de que Santiago non pode económicamente coas zonas rurais. Tendo isto en conta, ¿é posible que Santiago sea capaz de manter unha boa conexión cos concellos veciños?
      É unha realidade complicada que necesita unha solución urxente se non queremos colapsar, por exemplo, o centro da cidade con vehículos privados.
      En canto á accesibilidad universal, é unha prioridade moi urxente. Na miña opinión, unha das primeiras medidas a aplicar en Santiago é adaptar todas os autobuses para todo tipo de persoas, así como adaptar as nosas rúas e infraestruturas públicas.
      Penso tamén que é a cidadanía a que ten que empezar a esixir este tipo de cambios xa que dende as institucións solo apreciamos inmobilidade! A política cambia cuando o pobo llo esixe…o mesmo debería pasar co modelo de cidade que temos en Compostela.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s