Está realmente normalizado ser gay?

Recentemente o filme “Moonlight” condecorouse como mellor película do pasado ano 2016 na gala dos Oscars. A película é un fiel reflexo de como Chiron, un rapaz afroamericano e homosexual, ten que facer fronte a todo tipo de dificultades que se lle poden presentar nunha sociedade occidental.

Aínda que si existen películas relevantes sobre a realidade LGTBI non son moitas as que a plasman esta realidade con respeto e sutileza a través dunha posta en escena o suficientemente rica para cautivar espectadores non necesariamente atraídos por esta temática. Por iso destaca a chegada de “Moonlight”.

Pese a suposta aceptación xeralizada da homosexualidade nos países máis desenvoltos, as obras importantes centradas nesta temática que se estrean cada ano seguen sendo poucas.

O caso do colectivo gay xenera unhas polémicas que xeralmente non deixan indiferente a ninguén e non só no cine. A homosexualidade masculina está maioritariamente aceptada pero a súa normalización aínda deixa moito que desexar. Proba diso é que cada semana podemos encontrarnos nos diarios “perlas” que solta a personalidade pública de turno ou casos de violencia homofoba.

Ditos casos non están tan afastados de nós como podríamos imaxinar, por exemplo nun supermercado da cidade de Santiago de Compostela unha parella foi víctima dunha agresión homofoba.

Casos de violencia homófoba

Segundo denuncian os colectivos homosexuais, a violencia homófoba en España comeza xa na adolescencia en rapaces de entre 16 e 20 anos. Insultan, persiguen, rompen pancartas que reivindican a igualdade,… Son algúns dos comportamentos homófobos máis denunciados.

Os últimos datos publicados polo Ministerio do Interior, no ano 2014, mostran que o perfil do agresor homofobo máis extendido era un home español de entre 26 e 40 anos. Sin embargo, colectivos homosexuais coinciden en que nos últimos anos a violencia entre mozos que rondan a maioría de idade está máis extendida principalmente nas grandes cidades coma Madrid e Barcelona.

En Cataluña, que é a única comunidade que conta cun observatorio contra a homofobia, os casos de discriminación nas aulas xa supoñen un 8,4% das denuncias.

A súa vez, o último estudio a nivel estatal sobre rapaces LGTB reflexa que o 57% dos menores de 25 que forman este colectivo afirman que sufriron algún tipo de violencia, ben física ou ben psíquica.

En ámbito internacional, un dos casos máis destacados aconteceu fai catro anos cando Thierry Speitel, o alcalde da localidade francesa de Sigolsheim, foi ameazado ao recibir na súa propia casa un sobre cun recorte dunha entrevista onde defendía á homosexualidade xunto cunhas balas.

Aínda que en España non se produciron feitos de tal calibre con persoaxes tan públicos, o feito de que aconteza noutros países de occidente bota para atrás a moitos famosos que seguramente non recoñezan a súa condición sexual por medo a posíbles agresións.

O impacto das redes sociais

Na última década coa aparición das redes sociais os casos de violencia psíquica contra gays aumentaron considerablemente. O feito de poder comentar, menospreciar e insultar dende detrás dunha pantalla e sen necesidade de dar a túa auténtica identidade convértese nunha bomba cargada de violencia contra o colectivo homosexual.

Dende organizacións que loitan contra os casos de violencia homófoba coinciden en que as redes sociais son unha arma de dobre fío posto que poden servir para encontrar grupos de apoio pero ao mesmo tempo exposte moito a recibir bullying.

Non fai falta unha gran investigación para darse de conta da gravidade do problema das redes sociais: basta con observar ás respostas dunha simple concentración de gays como a que pode producirse en Chueca o día do orgullo gay.

Neste caso, unha gran cantidade de grupos de ultradereita ou que se autodenominan neonazis responden con terribles ameazas de violencia física contra os participantes da concentración ou desfile.

Recentemente unha xuíz ordeou a José Miguel Camargo Quintana, detido por insultar a gays por internet, cerrar todas as súas contas de redes sociais debido a que os seus mensaxes supoñen “unha clara incitación pública a hostilidade e a violencia”. Actos coma este son os que axudan a acabar coa violencia psíquica e empúxanos a ver a luz ao final do túnel da homofobia.

Advertisements

13 comentarios en “Está realmente normalizado ser gay?

  1. Desafortunadamente, atopámonos nunha sociedade ancorada no pasado, incapaz de aceptar que son as diferencias as que nos fan únicos e especiais. Pola contra, parece ser que avanzamos, aínda que a pasos de tartaruga, pero avanzamos. Porén, é unha verdadeira mágoa que este avance siga a ser insuficiente.

    Cómpre salientar que, neste caso, non se trata de entender nin de comprender nada. A tolerancia non é algo que se ensine nos libros, é algo que deriva da aprendizaxe da propia vida dos individuos. Nin se quera trátase de educación: é puro sentido común. Cada un vive como quere e con quen quere. Ninguén ten a autoridade suficiente como para reprobar as preferencias sexuais de cada quen. É inmensamente ridículo que tentemos de impoñer o noso estilo de vida sobre os demais.

    Por outra banda, o éxito do filme de Moonlight conforma quizabes un vestixio da verdadeira esencia do ser humano. Falo de aceptarnos os uns e os outros sen importar estes aspectos intrínsecos que non deberían de afectarnos para nada no transcurso das nosas vidas. Normalicemos o que xa debería de estar normalizado por puro empirismo e inductivismo. Por iso está ben que empecemos pola arte e a cultura, que se plasma directamente no pensamento da humanidade.

    É preciso mentalizarse de que hai certas cousas que non se poden elixir. Para exemplificalo, unha persoa de raza negra non ten opción a elixir a súa cor de pel e, o odio indiscriminado por este mismo motivo ten nome: “Racismo”. Coa identidade e a orientación sexual, pasa algo parecido. Non se xustifica. Non se elixe. Non podemos e, polo tanto, non debemos cambialo. Tamén ten nome: homofobia.

    Hai moitas testas cheas de serrín polo mundo adiante ou, máis ben, valeiras, ocas. Se como futuros profesionais da comunicación non somos quen de conseguir que a xente reaccione e se mobilice contra este tipo de comportamentos, por onde imos empezar? Se ninguén se bota as mans á cabeza por observar persoas altas, baixas ou, incluso, con cabelos loiros ou ollos marróns será porque asume que non o escolleron. O mesmo debería de pasar coa orientación sexual, por que non é así?

    O coñecido “factor ovella” —que impera, sobre todo, nas redes sociais— obriga a unha gran masa de persoas a formar parte dun sinsentido
    que non leva a ningures. A ignonimia deriva da ignorancia e a violencia da incapacidade de aceptación. É necesaria máis deferencia coas diferencias.

    En definitiva, por suposto que hai que loitar incansablemente contra todos estes comportamentos inxustificados que parten dunha sociedade pouco reflexiva, irrespectuosa e intransixente. A ninguén lle gusta que determinen os sendeiros do seu devir. A vida vívese unha e dunha soa vez. Ás veces parece irreal, pero acontece na nosa realidade más próxima https://www.youtube.com/watch?v=SE44A2UItNQ

    Liked by 1 person

    1. Estou de acordo! O progreso neste campo existe pero é insuficiente. Non nos podemos conformar con que este problema soluciónese pouco a pouco, temos que intentar frear o problema dende a raíz. Sei que é unha acción complicada posto que as fobias e o odio no mundo por desgraza son moi grandes. Non obstante cando nos referímos a homofobia temos que confiar na humanidade, discriminar por temas orientación sexual é algo tan ilóxico coma primitivo.

      Como ti ben dis, o filme Moonlight reflexa á perfección a esencia do ser humano, que non odia por natureza. Quizáis a problemática esté en que a sociedade na que vivimos proxéctanos un odio que en realidade non vai ligado á humanidade.

      A nosa función como periodistas é a de denunciar isto, quizáis sexa un imposible pero a loita por un cambio inmediato é necesaria. Non debemos conformarnos con un pequeno cambio que se note progresivamente, o problema é tan absurdo que debemos intentar rematar con él inmediatamente.

      Liked by 2 people

      1. O ser humano está cheo de prexuízos que endexamais se xustifican e, por este motivo, o noso papel como xornalistas cobra unha maior importancia. Temos que actuar xa para eliminar todos eses estereotipos e falsas crenzas das cabezas máis baleiras. Loitemos contra a discriminación partindo desa mesma base.

        A boa educación é un requisito sine qua non no mundo no que vivimos. Se non podemos cambiar o presente, por que non tentamos cambiar o futuro? Como? Educando ós novos cativos con bos valores e, sobre todo, boas ideas que fomenten a tolerancia e a aceptación social. Xa existen diversas asociacións que tentan de solventar este problema dende a raíz. O mal está aí: na sociedade e nos medios. Mentres algunhas entidades como a Fundación Daniela (http://www.fundaciondaniela.org/about-us-4/) loitan pola eliminación da transfobia, outras pasean un bus discriminatorio sobre ás estradas de Madrid. Non te parece increíble?

        Gústame

      2. É unha gran nova que entidades como a que me mencionas de Fundación Daniela xa estén loitando por cambiar o presente e o futuro. O cambio como xa dixemos é necesario, ata fai moi pouco as asociacións que lotaban para eliminar a transfobia eran prácticamente inexistentes e que agora aparezan é unha sinal de que o cambio estase a producir.

        Está claro que o cambio atópase na comunicación, pero como mencionaba o noso compañeiro Gorka en comentarios anteriores non se pode controlar a educación que os proxenitores dan en cada casa. Isto é un problema realmente grave e que nos obriga a duplicar os esforzos á hora de educar ás novas xeracións posto que moitos rapaces e rapazas poden estar recibindo desgraciadamente unha educación retrógada nas suas propias casas.

        Como xornalistas debemos loitar por un periodismo igualitario e tratar de dar voz a todas as fundacións que loiten para acabar coa transfobia, homofobia, ou calquera fobia relacionada coa sexualidade e orientación sexual de cada individuo. Adxuntoche un artículo da revista Buho Magazine na que mostra como vai a loita contra a homofobia no resto do mundo: https://buhomag.elmundo.es/my-life/la-lucha-mundial-contra-la-homofobia/842625dc-0004-5813-2134-112358132134

        Liked by 1 person

      3. O artigo que compartes é realmente interesante, aínda que incluso deneste tipo de pezas informativas aínda perviven algúns trazos que, analizados pormenorizadamente poden resultar quizabes discriminatorios.

        Coma expuña anteriormente, o feito de que as persoas atopen noutras elementos diferenciación contribúe á discriminación, malia que ás veces estes prexuízos son creados polos medios. En ocasións, este tipo de cousas acontecen de forma totalmente indeliberada e ben intencionada. Por exemplo, a expresión “saír do armario” xa de por si, intrínsecamente, establece algúns puntos discordantes claros entre as diversas inclinacións sexuais existentes.

        É interesante afondar na terminoloxía empregada polos mass media e observar os efectos que se producen na sociedade. Hai xente que vive aterrorizada e, incluso, chega a autoconvencerse doutra orientación sexual que non é a súa. Escoitaste falar do TOC homosexual? (http://www.albertosoler.es/toc-homosexual-el-miedo-ser-homosexual/) En si mesmo, paréceme un trazo ineludible dese “medo” infudamentado e infundado na sociedade.

        Gústame

  2. Estou dacordo con teu texto: é un feito que a homosexualidade enténdese coma un tema normalizado no día a día pero que aínda presenta trabas por parte de certas persoas e sociedades. Coma ben ti recalcas, diferentes personalidades públicas, representantes da poboación en certa medida e cuxa opinión queiramos ou non inflúen no resto da sociedade, non cumplen coma exemplo para as novas xeracións (que ao meu parecer serán decisivas no futuro da normalización real deste tema) e fan declaracións un tanto homófobas, as veces ridículas. Exemplo do que estou comentando é a petición dun membro da oposición rusa ao goberno de analizar o novo filme de Disney pola sospeita do fomento da homosexualidade (https://www.cuartopoder.es/corten/2017/03/17/la-bella-la-bestia-disney-vs-homofobia/2932). Chegamos a puntos que realmente convértese en surrealista a situación que vivimos hoxe en día, na que nada parece suficiente para defender unha idea que non ten ningún sustento lóxico. Como explicaba, a solución para a problemática que presentas no teu artículo, ao meu parecer, é a mesma que recae sobre todo tipo de intolerancia: a educación.
    A sociedade homófoba, racista ou machista (coma trato nas miñas publicacións) non poderá soportar nun futuro que os seus membros sexan obxecto dunha educación libre e plural, na que se clarifique que as capacidades persoais non dependen de nada máis que do interior de cada humano, lonxe da cor da súa pel, do seu xénero e da súa orientación sexual. As vindeiras xeracións serán (ou eso debemos buscar) o fiel reflexo da tolerancia, o respeto e a igualdade. Se conseguimos seguir avanzando como o fixemos ata agora, ampliando os frentes e prohibindo certo tipo de accións discriminativas, o futuro será coma nós queremos que sexa. Todo esto, como dixen, a partir da EDUCACIÓN.
    Unha amigable aperta.

    Liked by 1 person

    1. Boas Gorka, coma ben dis as personaxes públicas, debido a súa condición de estaren expostas cara un público tan amplio, deben ser as primeiras en cumprir exemplo. É certo que debemos respetar todas as opinións e que existe liberdade de pensamento e expresión pero sempre e cando a liberdade dun non sobrepase a doutro. Coa homofobia foméntase o odio a un colectivo que é moi amplio, moito máis amplio do que pensamos. O que quero dicir con esto é que non se pode permitir que unha persoa cun cargo público poida fomentar calquer odio hacia unha determinada orientación sexual, casos coma o do famoso autobús de “Hazte Oír” http://politica.elpais.com/politica/2017/02/28/actualidad/1488285088_623918.html deben de ser castigados coma delitos de odio.

      Gústame

      1. Boas de novo Juan. Suscribo as túas palabras. Neste comentario quería plantexarte unha interrogación: cal cres que debería de ser a solución a este problema no curto plazo?
        De cara ás xeracións futuras xa comentei que baixo a miña opinión, a nosa maior ventaxa é a de poder mellorar a calidade da educación, pero posto que moitos nenos, aínda que na escuela aprendan unha cousa na súa casa recibirán outro tipo de discurso, que cres que deberiamos facer nestes anos?
        Eu penso que é necesario que as persoas que discriminan, neste caso homófobas, remodelen a imaxe que teñen do obxecto que odian. A través de filmes (coma Moonlight, que comentabas no teu post), actividades públicas que amosen a situación que sofre un discriminado, facilitándolles libros que axuden a comprender por que a homosexualidade é natural… é dicir, todo tipo de materiais audiovisuais que poñan ao homófobo na situación do colectivo ao que discriminan. Desta maneira, véndose na pel dunha persoa que é criticada por ser ela mesma e defender a súa condición poderían volver a crear unha imaxe sobre os homosexuais.
        Ti que opinas Juan? Cres nalgunha outra solución?
        Un saúdo.

        Gústame

  3. Boas Gorka! Comezo respondendo a tua pregunta: Na miña humilde opinión o que debe pedir a sociedade e que polo menos dende os organismos públicos como poden ser os partidos políticos, calquer tipo de centro de ensinanza, etc. non poden permitirse comentarios que fomenten odio cara as persoas e moito menos por unha determinada sexualidade ou orientación sexual. Despois entendo que a educación que reciben na casa as novas xeracións tamén é crucial e moitas veces non se pode controlar o que aprende cada rapaz ou rapaza no seu propio domicilio e é unha pena que moitos pais transmitan unha determinada información errónea aos seus fillos. Sen embargo, que os eduquen de certa maneira na casa non conleva que despois esos nenos pensen así obrigatoriamente, en moitas ocasións grazas á educación recibida na escola ou extraescolar son os fillos os que poden axudar aos pais a renovar a súa mentalidade.

    Poñoche un exemplo da educación que poden recibir fora de ámbitos familiares e escolares: O pasado mes de febreiro celebrouse en Santa Coloma de Gramenet unhas xornadas de fútbol sala contra a homofobia, moitos dos rapaces e rapazas que participaron aínda que fose coma espectadores levaron unha boa ensinanza sobre os valores de respeto que se deben ter cara todas as orientacións sexuais: http://www.lavanguardia.com/local/barcelones-nord/20170220/42174650321/jornada-deportiva-santa-coloma-lucha-contra-homofobia.html

    Gústame

    1. Boas tarde de novo, Juan. Despois de revisar o teu comentario e o link da noticia que me pasaches, reafirmo aínda máis o meu pensamento: a educación é o camiño correcto. Ademáis do deporte, que sen lugar a dúbidas axuda aos rapaces a comprender que a homofobia non debe de existir en ningún ámbito, dentro das aulas e da escola en xeral os docentes deberán de encargarse de que os nenos afiancen ditos conceptos. Por exemplo, en Uruguay (http://www.elperiodico.com/es/noticias/opinion/feminismo-cultura-educacion-4594214) xa se comezou a establecer propostas para crear un ambiente de igualdade, no que nenos e nenas síntanse igual. A medida, que entre outras pasa por establecer servizos xerais, nin para homes nin para mulleres, lexos de ser acertada ou non mostra que algúns países xa se concienciaron da necesidade de educar máis alá das matemáticas, coñecemento do medio e literatura. Os nenos deben de coñecer a realidade da rúa, e cunha boa educación eles mesmos poderán diferenciar o que está ben do que está mal.

      Gústame

  4. Concordo contigo: existe unha gran diferencia na nosa sociedade, a aceptación da homosexualidade e a súa normalización. Por suporto é un tema aceptado na maioría de supostos, pero aínda que estea aceptado as vidas dos homosexuais seguen carecendo de liberdade; como exemplo: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2017/03/14/catalunya/1489521503_241632.html. Desta noticia pódense sacar dúas conclusións:
    -Por unha banda, dedúcese que as relacións homosexuais non poden estar normalizadas pola discriminación deste colectivo.
    -Por outra banda, pódese observar que non existen penas o suficiente duras para tentar de disminuír este tipo de violencia.
    Neste post, boto en falta alusións a casos de terminados de violencia homófoba, pero non casos pasados, senón actuais para desenganar a sociedade e deixar vixente que este tipo de violencia non e cousa de anos pasados, como este: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2017/03/03/madrid/1488530919_684368.html. Este artigo sobre a homofobia denuncia unha agresión a unha parella a comezos deste mes de marzo.

    Gústame

    1. Boas Alejandro! A verdade é que da aceptación á normalización hai un longo camiño. O enlace que me pasas do diario “El País” contén unha nova vergoñenta para a sociedade na que vivimos. As agresión están penalizadas e no caso de que se demostre que é un delito de odio, coma o é este, deben ser aínda máis perseguidas. Loitar pola normalización da situación debe ser unha das políticas sociais prioritarias que deben levar a cabo todos os gobernos posto que trátase dun tema de humanidade. Un saúdo!

      Gústame

      1. Ola de novo. Unha vez máis sintetizas o que a xente ten que ter en conta. Por se che interesa, adxúntoche un link que fala da normalización da violencia, outro dos factores que actualmente desfavorece o feminismo e que pouco a pouco está converténdose no protagonista dos informativos de televisión radio, etc., isto ´r, a xente acostumouse a ver imaxes de mulleres magulladas ou coñecer noticias sobre mulleres agredidas, pero por qué solo se da esa imaxe e non a do abusador? Cuestións coma esta facilitan o camiño cara a normalización da violencia (http://blogs.publico.es/cronicas-insumisas/2017/01/10/normalizacion-de-la-violencia/). Un saúdo.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s