Historia dos desafiuzamentos

Xa falamos na anterior entrada do blogue sobre este mesmo tema. De como, dos milleiros de casos que se dan ao longo do ano en España de xente que se ve obrigada a abandona-la súa vivenda forzosamente, só os máis prominentes son os que saen á luz que lles otorgan os medios de comunicación. Isto é doado de comprender se pensamos en que o impacto é o que atrae aos lectores. Deste xeito, os casos máis notorios e escabrosos adoitan ser os representantes do total desta problemática nos medios.

Pero, como tamén dixemos, existe unha enorme cantidade de voces que pasaron polo mesmo e non puideron facerse oír. Foron, de feito, preto de 600.000 os casos de desaloxos hipotecarios que se deron no noso país dende que comezou a crise económica. Pero, que está detrás disto? Como nos últimos anos puido este problema crecer dun xeito tan esaxerado?

A raíz do problema

O inicio desta problemática prodúcese en 2008 cando explota a burbulla inmobiliaria que daría comezo á crise do sector inmobiliario en España. Isto foi o resultado da especulación sobre a vivenda, práctica que se lograra asimilar por moitos españois coma unha forma segura e sen riscos coa que gañar diñeiro. Vendías unha vivenda por 120.000 euros máis dos que pagaras e ocupabas unha nova, máis grande e máis cara, para volver a hipotecala. Non resulta extraño saber que, a este ritmo, o sector rematou por virse abaixo completamente, e foi entón cando realmente comezou a verse o efecto que esto causaría.

Os salarios comezaron a baixar. Os empresarios querían obter máis con menos, para compesar as perdas deixadas pola crise. Buscábase o máximo rendemento, e isto costou milleiros de postos de traballo. Se alguén facía o mesmo ca ti, pero máis rápido, nada impedía que esa persona fora quen te substituíse. Cada vez había menos oferta de traballo e máis demanda. Moita xente viuse incapaz de pagar as súas hipotecas. Os desafiuzamentos eran cada vez máis habituais. Aumentou o número de suicidios e moita xente quedou na rúa sen un teito baixo o cal durmir. Só en 2012 foron efectuados 46.408 desafiuzamentos por xuíces. Isto supón un cada quince minutos. As protestas en contra dos bancos xa estaban presentes, pero a problemática seguía sen ter unha auténtica presencia na mente da sociedade.

O momento do cambio

Un ano despois, o día 5 de febreiro, deuse un feito no Congreso que revolucionaría todo o movemento en contra dos desafiuzamentos. Javier Rodríguez Pellitero, vicesecretario xeral da Asociación Española da Banca, realizaba o seu discurso en relación ao ámbito: “O sistema hipotecario español”, dicía, “non é tan malo. Por outra banda, creo que atende amplamente aos estándares comparables con outros sistemas europeos e, nalgúns casos, os mellora. E a causa da perda das vivendas non é a lexislación hipotecaria, desafortunadamente é a crise económica e a situación do desemprego, que é ao que temos que facer fronte”.

Tras esto subía ao estrado Ada Colau, representante da Plataforma Afectados pola Hipoteca, que xa daquelas non era ningunha descoñecida. Colau acometeu contra as palabras do vicesecretario: “Dicir isto cando hai persoas que están a quitarse a vida como resultado desta lei penal, asegúrolles … Asegúrolles que non lle tirei un zapato a este señor porque crin que era importante quedarme aquí para dicirlles o que estou dicindo, pero este señor é un criminal e como tal deberían vostedes tratalo.”. Era a primeira vez que se dicía algo así nunha institución pública coma o Congreso e, pese as insistencias de Pellitero, Ada Colau non se retractou das súas palabras. Este feito fíxose viral nas redes e deu lugar a unha enorme oleada de protestas que por fin lograron chamar a suficiente atención como para pór a problemática nun lugar no que fora tida en conta. E, se ben aínda hoxe non obtén todo o recoñecemento que necesita, si que se deu un importante avance.

O noso grupo traballará coa plataforma de afectados Stop Desahucios en Coruña, do cal esperamos obter unha mellor perspectiva no tema en base a testemuñas reais dos afectados e os colaboradores. Se queremos que o problema dos desafiuzamentos chegue a oídos da sociedade, é preciso que sexa contado do xeito máis próximo e auténtico posible.

Advertisements

7 comentarios en “Historia dos desafiuzamentos

  1. Aínda que o tema dos desafiuzamentos non está silenciado nin moito menos, penso que os medios non o tratan do xeito en que deberían. Paréceme moi interesante todo o que explicas neste post porque fas un percorrido dende o comezo do problema e aportas datos importantes, a meirande parte descoñecidos para min ata agora. Penso que todos deberían coñecer a fondo a situación dos desafiuzamentos no noso país, e que cando saia o tema se nos veñan á cabeza moitos destes datos e exemplos reais vividos por miles de persoas.
    Ocórreseme que sería unha boa idea para o voso grupo de traballo facer unha reportaxe na que primeiro explicásedes todo isto e despois entrevistarades a algúns dos afectados que están na plataforma Stop Desahucios coa que estades en contacto. Eles contarían o problema en primeira persoa e coa difusión da mesma conseguiriades que as súas voces fosen escoitadas.

    Gústame

    1. Non podería estar máis dacordo. A experiencia que tivemos ata agora co círculo serviunos para poder entender a realidade á que os afectados polos desafiuzamentos hanse enfrontar cada día. Tristemente, e como dis, o problema non acada a trascendencia que debería. En Stop Desahucios explicáronnos que o labor xornalístico ao respecto limítase sempre a “cumprir cos mínimos”. É dicir, os xornalistas só acuden nos casos máis notables, cubren a noticia e marchan. Non existe unha profundización na problemática que contextualice a situación e permita ver a gravidade real que ten este tema. Esperamos poder cambiar iso.

      Gústame

      1. O problema de como cubren os medios certa información dáse, por desgracia, en moitos outros problemas latentes na sociedade. Como estudantes non podedes facer que a situación cambie nos grandes xornais xa que ninguén ten ese poder excepto eles, mais como futuros xornalistas podedes difundir toda esa información de maneira correcta e intentar conciencar á sociedade.
        Déixoche un enlace a unha noticia recente sobre este tema pero ubicado en Santiago: http://santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?id_nova=15609&lg=gal

        Gústame

  2. Como ben di Ester non se está contando o suficiente nos medios. E moitas veces o problema é que se trata todo isto coma meros números e non coma persoas reais, que é o que realmente son. Isto produce unha insensibilización na sociedade, que acostuma a ver números en todo, pero non se para a pensar que o que hai detráis deles son persoas reais que se quedan na sen vivenda. Impactoume moito o caso duns avós que abalaron aos netos e quedaron sen nada, con oitenta ou noventa anos quedaron na rúa.
    Deixo unha noticia reciente que fala sobre esta problemática reducíndoa a números:
    http://www.publico.es/economia/drama-desahucios-siguio-2016-48.html

    Gústame

    1. Ola Toni, grazas polo teu comentario.
      É inevitable que, cando a xente escoita falar dun problema que lles é alleo, a maioría deles o asimile dun xeito que non é o correcto. Quero dicir, como ti ben dis, a raíz do asunto radica na falta de sensibilización. A magnitude dun problema non se mide coa cantidade de xente afectada por ilo, senón por como se ve afectada esa xente, que é no que non adoitamos pararnos a reparar. E o xornalismo que participa no tema non axuda. Como lle dicía a Ester, os casos nos que a prensa interesouse pola problemática dos desfiuzamentos foi, na maioría dos casos, porque imperaba a escabrosidade ou o impacto da situación. Precísase dun análise máis exhaustivo que reflicta a realidade á que estas persoas han de enfrontarse cada día. Déixoche un link ao post da miña compañeira, Patricia, no que explica algunhas das experiencias que os membros do círculo compartiron con nós. Paga a pena botarlle unha ollada: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/13/titulizacions-o-novo-dilema-dos-desafiuzados/
      Unha aperta.

      Gústame

      1. Moitas gracias a ti, Pablo
        É preciso sensibilizarnos nos mesmos como xornalistas polo que ti ben comentas, a maioría dos casos coma o que xa comentei dos avós tratanse nos medios de masas pola súa escabrosidade, ou por seren rechamantes. Debemos buscar menos a audiencia e máis a sensibilidade da mesma.
        Moitas gracias polo enlace, fíxoseme unha lectura moi interesante, estades facendo un gran traballo, dándolle voz a un colectivo que non soe tela nos medios de masas.
        Déixoche o link da noticia da que che falaba: http://www.eldiario.es/sociedad/ancianos_0_327917958.html

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s