Que sabe a cidadanía realmente sobre o comercio xusto?

Centos de estereotipos rodean o comercio xusto e os seus produtores. Saíndo á rúa comprobamos ata que punto están asentados na conciencia dos cidadáns e intentamos discernir cales son certos e cales non.

“Os produtos de comercio xusto pasan menos controis que os das grandes superficies”, “o comercio xusto é máis caro” ou “o consumo responsable é unha moda”. Estas son algunhas das ideas que máis se repiten entre a sociedade sobre esta actividade. Con este vídeo, seguindo co noso compromiso de outorgar visibilidade ao comercio xusto e ao consumo responsable, queremos desmontar algúns destes tópicos e confirmar aqueles que se axusten á realidade.

Advertisements

31 comentarios en “Que sabe a cidadanía realmente sobre o comercio xusto?

  1. É certo que os estereotipos están moi estendidos na nosa sociedade. Moita xente guíase por eles sen sequera pararse a pensar se en realidade son certos ou non.
    Isto tamén está presente no tema tratado polo meu grupo, os desafiuzamentos, xa que moitas persoas teñen un gran descoñecemento sobre o asunto e tampocuo tentan remedialo.
    Por esta razón é moi necesario que as persoas que máis coñecen estes temas fagan todo o posible por estender os seus coñecementos e facer que a poboación se interese por saber máis sobre o asunto. Así conseguiríase que a xente falase dende o seu propio coñecemento e non dende uns estereotipos inventados que fan que a situación se vexa dende un punto de vista dende o cal os vendedores ou os desfiuzados (no caso do tema do meu grupo) son os culpables de que iso sexa así.

    Gústame

    1. Boas Nerea! Sí, non andas desencamiñada cos parecidos entre ambos temas. Sen dúbida, é clave que os protagonistas sexan os que falen, en primeira persoa, sobre estes temas, como a ONG Proyde-Proega, organizadora dunha semana en prol da sensibilización respecto ao consumo responsable en Eibar (http://cadenaser.com/emisora/2017/03/02/radio_eibar/1488457526_381128.html). Pero para iso deben contar coa nosa complicidade. Os medios de comunicación deberíamos facilitar a súa labor, non poñerlle obstáculos, que é o que estamos facendo actualmente.

      Gústame

      1. Estou de acordo co que dis, Eva. Os medios de comunicación soemos poñerlle moitos obstáculos. No tema do comercio xusto non chegan a explicar ben como funciona ou o que é. Céntranse nas informacións que son máis rechamantes ou máis sensacionalistas. Por esta razón é moi necesario que as plataformas e organizacións que se adican a este tema fagan campaña para que se dea a conocer a verdadeira situación. Como xa che dixen, isto tamén pasa cos desafiuzamentos. Na última reunión os membros Círculo transmitíronos iso mesmo. Cando os medios chegan ao lugar do desafiuzamento pídenlles que posen para a foto e non retratan a verdadeira realidade. Só amosan os momentos máis importantes. Un bo exemplo disto é o que se atopa no seguinte enlace: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2017/02/10/nueva-protesta-frente-concello-vigo-desahucio/00031486736604694474939.htm

        Gústame

      2. Así é Nerea, e por iso estamos planeando grabar un programa de radio cos membros do noso círculo. Así pretendemos darlles visibilidade, a eles e a esas actividades ou problemas relacionados co comercio xusto e o consumo responsable que non aparecen nos medios.
        Déixoche a páxina web do mercado de Belvís, un dos participantes no noso círculo, por se che apetece botarlle un ollo.http://mercadoentreluscoefusco.blogaliza.org/

        Gústame

      3. Que boa idea o programa de radio, Eva! Estaría ben que fixerades unha campaña de difusión por Santiago para que a xente se enterase do día de emisión e o xeito para escoitalo. Coido que estaría moi ben que a poboación coñecese a realidade do comercio xusto e non se guiase só polos estereotipos. No programa tamén intervirán membros do voso Círculo ou comerciantes do mercado de Belvís? Creo que a súa opinión sería moi interesante para ter varios puntos de vista sobre o tema.

        Gústame

      4. Traballaremos nesa campaña de difusión que comentas…cantos máis oíntes, máis visibilidade! E, aínda que non temos pechados a todos os participantes, a nosa intención sí é contar con algún representante do mercado, así como de varias tendas de comercio xusto. Por suposto, a súa opinión é clave para entender esta corrente. Déixote o enlace de CampusCulturae, cos que grabaremos o programa, por se queres investigar un pouco e escoitarnos! http://www.radiocampusculturae.org/es/

        Gústame

      5. Ten por seguro que escoitarei o programa! Sen dúbida servirá de estímulo para que a xente comece a mercar productos de comercio xusto. Este tipo de accións son as que hai que facer para concienciar á cidadanía. Porque eu creo que parte da poboación sí que sabe de que se trata, pero, como dín no vídeo, é máis caro e nos tempos que corren a xente intenta aforrar. Non se procupa tanto por se os alimentos que mercan son máis ecolóxicos ou con menos aditivos que os que se venden no comercio tradicional.

        Gústame

      6. Alégrame ler iso Nerea! Non dubides en comentalo no teu círculo e facernos as preguntas que queiras…e se queres velo en directo, estaremos o martes 4 de abril pola mañá no mercado de Abastos.

        Gústame

  2. Boa tarde, Eva! Como ben apuntas na túa análise, existen certos estereotipos e falsas crenzas na nosa sociedade. Penso que, quizais, unha das solucións pasaría pola promoción deste tipo de produtos a través de campañas, por exemplo.

    Onte, a asociación “La alegría de la huerta manchega” organizou un mercado agroecolóxico, co que pretendían que a xente probara e mercara os seus alimentos “sabrosos” e libres de tóxicos. Podes velo no seguinte enlace: http://www.eldiario.es/clm/de_boca_en_boca/Mercado-agroecologico-alimentos-saludables-productos_6_622647745.html
    Paréceme importante que estas asociacións dediquen parte do seu tempo e diñeiro en iniciativas coma esta para concienciar á sociedade e explicar por que os seus produtos son unha mellor opción. Aínda que sinalas que non é un fenómeno recente, considero que o comercio xusto é aínda un gran descoñecido (polo menos, na súa totalidade) entre moitos consumidores. Especialmente, entre a xente nova, que adoitamos pensar máis nos prezos que na orixe dos alimentos que compramos no supermercado. Que tipo de iniciativas teñen as asociacións do voso Círculo para promocionar o comercio xusto? Como poderían achegarse e concienciar ao sector xuvenil?

    Gústame

    1. Boas Xiana! Coincido contigo na idea das campañas de visibilización pero, como lle comentaba a Nerea noutro comentario, creo que precisan da nosa axuda para gañar esa batalla. Iniciativas como a que mencionas son un primeiro paso moi importante, pero se conseguimos que obteñan un espazo nos medios de comunicación, as campañas como estas chegarían moito máis lonxe.
      No que non coincido completamente contigo é na idea de que a xente nova se fixa nos prezos. Creo que son precisamente os máis novos os que máis conciencia están tomando desta problemática.
      Unha boa forma de concienciar ao sector xuvenil é levar a cabo talleres, charlas de formación…en universidades, mercados, etc, temas nos que estamos traballando agora mesmo.
      Déixoche unha guía da UE sobre como iniciarse no comercio xusto e o consumo responsable, por se che interesa: http://www.acpp.com/Descargas/Guia%20Ethical%20Consumerism.pdf

      Gústame

  3. Pese a comodidade e a posible redución económica que pode ofrecer un supermercado cotiá, como ben apuntaches no vídeo os produtos que alí se venden non ofrecen a máis mínima diferenciación. Eu son consumidora de produtos procedentes de mercados e prazas e a calidade duns fronte outros é inestimable. Está claro que existe un esterotipo de que estes son moito máis caros, pero de que porcentaxe e diferencia real estamos a falar? Na miña opinión, a xente cando fala de produtos de este tipo xa os asocia con auténticos produtos gourmet e nin sequera se pará a contemplar o seu prezo, ignorando todas as vantaxas que estes poden ofrecer ao noso organismo: http://blog.oxfamintermon.org/5-ventajas-de-consumir-alimentos-ecologicos

    Poren é máis que evidente que neste campo existe un gran problema de comunicación, persoalmente como persoa residente en Santiago de Compostela, descoñecía compretamente a existencia de mercados e hortas. Dende o concello ou a universidade realizan algún tipo de campaña para promocionarse e chegar a cidadanía ou simplemente poñen as terras a disposición dos santiagueses sen realizar ningunha actividade de anunciación. Como informadoros e participes nesta temática, metédelle unha ollada a este informe sobre como os medios informan sobre o comercio xusto: http://comerciojusto.org/wp-content/uploads/2013/11/IDEAS_informeMEDIOS_web_small.pdf

    Gústame

    1. Boas Lara! Si, eu tamén penso que a xente ten tan interiorizado ese estereotipo do prezo que nin se para a mirar de que diferenza estamos a falar. E aínda que resulte algo máis caro e incómodo, deberiamos valorar ata que punto compensa pola calidade que gañamos nos alimentos.
      Respecto ao que dis da falta de comunicación, é algo que vimos notando desde que empezamos con esta campaña. Non sabemos se por falta de interese ou de presuposto, o Concello e a USC abandonaron completamente todo o relacionado coas hortas urbanas. Déixoche o enlace do Concello onde se explica mellor o seu funcionamento http://santiagodecompostela.gal/facendo_cidade/apartado.php?txt=fc_ambiente&ap=3&lg=cas

      Liked by 1 person

      1. A información provista e exposta nese enlace é algo que sen ningunha dúbida debería estar máis anunciado e promocionado na miña opinión. Se o concello conta cos recursos para crear e fomentar os cultivos na cidade, isto debería ser coñecido polos seus habitantes, en especial por parte da xente máis nova, e así gozar todos da gran cantidade de vantaxes que ofrece o consumo deste tipo de alimentos.

        Por outra banda, no vídeo comentabas que algúns dos cartos e dos beneficios que se obteñen deste tipo de comercio son destinados ao desenvolvemento das súas actividades, estades en contacto ou coñecedes algún colectivo que vos aporte información de interese sobre isto? E cal é o tratamento que reciben por parte dos medios de comunicación?

        Gústame

      2. Nese mesmo aspecto traballamos Lara: que a cidadanía sexa conciente de que están á súa disposición esas parcelas e que así non queden abandonadas, xa que é unha pena.
        Respecto ao que me comentas da colaboración dos grupos de comercio xusto na súa comunidade, ONGs como Intermon Oxfan dedican eses cartos ao desenvolvemento do comercio entre os agricultores, a creación de comunidades entre os produtores, etc. Tal e como comento no vídeo, a xente non sabe nada deste tema xa que non é tratado polos medios xeneralistas, algo que debemos intentar cambiar. http://algomasqueunregalo.oxfamintermon.org/faq/preguntas-frecuentes/donde-va-tu-dinero

        Liked by 1 person

      3. ** Totalmente de acordo Eva, grazas polo teu enlace, xa que nos permite coñecer unha realidade que é bastante probable descoñeza a meirande parte da poboación. Con todo o relacionado con este tema é necesario informarnos, xa que a información e poder e en moitas ocasións descoñecemola e tampouco amosamos interese por coñecela, e necesario saber todo o que as empresas fan para poder crear un mundo máis sostible, e coñecer deste xeito o alcance das nosas accións para parar cambiar aquelas que teñen consecuencias negativas e continuar con aquelas positivas: por exemplo a empresa de Nestle, a priori e unha organziación que leva acabo políticas sociales e acordes co comercio xusto: http://www.empresa.nestle.es/es/cvc poren a realidade e moi diferente: http://enmedio.org/2015/09/por-que-nestle-es-una-de-las-companias-mas-odiadas-del-mundo/

        Gústame

      4. Si Lara, como dis, a información é poder. Por iso as grandes cadeas alimenticias pretenden controlar todo o posible os mass media. Pero temos que esforzarnos por ir máis alá e coñecer novos modos de vida, non só no que se refire á alimentación. Respecto ao enlace que deixas de Nestle, hai que ter moito coidado co que se anuncia como “comercio xusto” ou “consumo responsable”, sobre todo cando vén de grandes marcas. Déixoche un enlace sobre este tema http://comerciojusto.org/que-es-el-comercio-justo/definicion/los-10-principios-internacionales/

        Gústame

  4. Está claro que vivimos nunha sociedade rodeada de estereotipos e prexuizos,sen ir máis lonxe antes de chegar a este post lin o de saúde mental onde se ve claramente como o caso da esquizofrenia é un dos máis afectados por estes prexuizos e estereotipos pero non é o único,o meu grupo é o da diversidade funcional e tamen sofren esta situación https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/14/antonio-ricardo-e-mari-exemplos-de-superacion/?iframe=true&theme_preview=true
    Voltando o tema que nos incumbe,o do comercio xusto, é certo que o prezo é un dos problemas maioritarios que posúe pois moita xente prefire pagar 20 centimos por un cartón de leite sen pensar no que iso supón, pagando iso nun supermercado, canto chega realmente ó gandeiro que vendeu esa leite? Porque aí hai que ter en conta tamén os intermediarios… e é por iso que xusto na nosa comunidade autónoma abundan as manifestacións,folgas e xuntanzas sobre esta problemática http://www.20minutos.es/noticia/2555914/0/conflicto-leche/derraman-30000-litros/protestas-sector/ a xente non se para a pensar en se lle compensa ó seu veciño ou non en que a ese ritmo estano esclavizando e ó final todos nos movemos na mesma burbulla que se estoupa para un estoupa para todos.
    En canto a moda o tema de que a primeira tenda deste estilo fose con tanta diferenza de tempo coa primeira que chegou a Galicia volve amosar a lentitude coa que chegan as cousas pero esperemos que as boas cheguen para quedarse http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/11/04/viguesas-cuarenta-cincuenta-anos-mayores-consumidoras-comercio-justo/0003_201611V4C5993.htm

    Gústame

    1. Boas Lucila! Coincido contigo na túa análise, especialmente no tema dos intermediarios. Solidarizámonos cada vez que vemos unha manifestación ou folga por este tema, pero despois preferimos aforrar 10 cent. e mirar cara outro lado. Déixoche este enlace onde se explica moi ben a onde van os cartos que pagamos “de máis” polos produtos de comercio xusto http://algomasqueunregalo.oxfamintermon.org/faq/preguntas-frecuentes/donde-va-tu-dinero e este enlace onde se fai unha análise moi interesante deste tema http://www.elmundo.es/economia/2014/05/24/537f52c522601d8e218b457b.html
      Respecto ao que dis da moda e da chegada das tendas a Galicia, cada vez hai máis e a xente está máis concienciada. Esperamos axudar coa nosa campaña de visibilización.

      Gústame

      1. Boa tardiña,Eva. O tema de aforrar está claro que é un tema de vital importancia sempre e máis nos tempos que corren,como ben dito queda no teu vídeo. É triste que se recorte neste tipo de cousas pero é certo que o tema da moda influiu,é dicir,se a primeira tenda deste estilo entrou no 1995 a xente xa estaba acostumada a outro tipo de comercio,e xa sabes o que se di,o home é un animal de costumes,e iso non é facil de cambiar ainda que hai algunhas grandes empresas intentando non perder a esencia da empresa pero sumandose á aposta do comercio xusto,aquí deixo o exemplo ó que me remito http://www.europapress.es/epsocial/responsables/noticia-alcampo-vuelve-celebrar-oxfam-intermon-quincena-comercio-justo-13-21-marzo-20170313142444.html

        Gústame

      2. Boa tarde,Eva. Precisamente como é díficil a vosa acción é fundamental. En canto a esa publicación que amosas o caso de Minas Gerais non é máis que unha mostra máis do que xa levábamos falando,a globalización é boísima e magnífica en canto o é pero é malísima en canto deixa de selo,o problema de vivir tan conectados uns ós outros,está claro que se Wal-Mart atopa un provedor máis barato vai facer o de se te vin non me lembro con respecto a esta compañía máis pequena. É un risco pero actualmente,que non o é? E sobre o que di dos supermercados ese artigo,en concreto esta frase, “Ante este escenario, é fundamental avogar por un comercio xusto que rexeite ser un instrumento de márketing ao servizo de multinacionais e grandes superficies. ” Atpome en desacordo,estase enfocando coma se o comercio xusto e as grandes cadenas fosen competidoras cando o que tiñan que ser era cómplices para que todo puidese funcionar.
        Pero bueno,non todo ían ser malas noticias: http://www.elmundo.es/sociedad/2016/09/29/57ecf61422601da1528b45ca.html

        Gústame

      3. Boas Lucila. Coincido contigo no de que o comercio xusto e as grandes superficies deberían ser aliadas, non contrincantes. Máis que nada porque así gañaríamos todos. Os grandes supermercados contarían con produtos comprometidos coa sociedade e de consumo responsable; e os consumidores terían moito máis doado o acceso a este tipo de produtos.
        Referíndome ao artigo que engades, obvimente é unha boa noticia que xa o 20% dos españois consuman produtos de comercio xusto pero, como tamén se enfatiza na noticia, seguimos á cola de Europa, de aí a importancia da nosa campaña e da nosa acción co programa de radio. Se che interesa, podes escoitalo neste enlace o 4 de abril. http://www.radiocampusculturae.org/es/

        Gústame

  5. En mi opinión el comercio justo es una iniciativa estupenda, que no solo trae beneficios económicos a los vendedores, sino que también trae numerosos beneficios a los compradores y por tanto a la sociedad. Justo como lo dices en tu vídeo muchas personas piensan que es solo una moda, y se quejan del precio de los productos, sin tener en cuenta los gastos de producción y la poca remuneración que obtienen los vendedores. La sociedad en que vivimos tiene el estereotipo de precios del que hablas, tan interiorizado que no se da cuenta de las ventajas que traen consigo para los compradores y en especial para el desarrollo de la sociedad, ya que fomentan el empleo y la equidad de género, entre otras cosas más. Aquí te dejo un artículo de Europa press donde explican muy bien las ventajas del comercio justo y un pequeño análisis realizo por el Centro de Comercio Internacional sobre su funcionamiento:
    http://www.europapress.es/opinion/comprar-comercio-justo-nos-hace-participes-activos-mejora-sociedad-global-oxfam-intermon-20150313115308.html
    http://www.forumdecomercio.org/Comercio-justo/

    Gústame

      1. Excelente explicación de donde va el dinero “extra” del que muchas personas se quejan, me parece que es muy importante resaltar la parte que dice:” A través del comercio justo apoyamos la producción de comunidades agrícolas facilitándoles el acceso a los mercados. Con esto conseguimos dignificar salarios y vidas, evitar la explotación infantil, respetar el medio ambiente y los derechos laborales e igualdad entre hombres y mujeres”, para que las personas apoyen cada ves más esta alternativa de comercio que beneficia de gran manera a nuestra sociedad.
        Durante todo el mes de marzo se celebra en Madrid el primer aniversario de la tienda de comercio justo (PROYDE) en la calle Bocángel 15, donde tendrán todas las semanas diferentes productos para ofrecer: http://www.proyde.org/index.php?option=com_content&view=article&id=900:primer-aniversario-de-la-tienda-de-comercio-justo-acercate&catid=76&Itemid=2 ¿Qué te parece este tipo de iniciativas?

        Gústame

      2. Me parece muy buena idea que las propias tiendas de comercio justo se muevan e intenten darle visibilidad al sector. Muchas veces no lo tienen nada fácil y necesitan ayuda, de ahí nuestra campaña.
        Te dejo la web de “Panxea”, una tienda de comercio justo de Santiago (Está en el mismo centro, en Plaza Galicia), que también organiza charlas, talleres, etc, por si te interesa http://socios.panxea.org/

        Gústame

      3. Una web muy útil. Me alegra que te interese el tema Andrea! No dudes en contactarnos si tienes alguna duda o sugerencia para nuestra campaña de visualización del comercio justo

        Liked by 1 person

  6. A sociedade déixase levar por prexuízos, provocados sobre todo pola guerra de prezos das grandes empresas, que fan que se busque o máis barato e non o máis saudable. Moitas veces tamén incórrese en publicidade engañosa ou mesmo nunha etiqueta pouco clara que ninguén entende. Sen embargo, os productos do super non son sempre os mellores, as verduras están tratadas con pesticidas e incluso algúns dos ecolóxicos vendidos alí os levan. O que máis me sorprende é o tema da mel, paréceme incrible que un producto tan natural e cuxas propiedades se conservan moi ben sen necesidade de nada é modificado polas empresas engadíndolle melaza, azúcre ou incluso facendo pasar por mel melaza ou mel da China.

    Deixo dous enlaces, un dun artigo do Diario El Mundo no que se dan exemplos de productos do super enganosos e outro falando sobre o tema do mel máis profundamente.
    http://www.elmundo.es/vida-sana/estilo-y-gastro/2017/03/12/58c278bcca47414d638b45c4.html

    http://antibioticosnaturales.com/miel-pura-miel-falsa/

    Gústame

    1. Boas Antonio! Tés toda a razón no tema do tratamento dos alimentos: ás veces é completamente innecesario e engádense certos conservantes unicamente por estética (cantas veces escoitamos o exemplo das mazás e da cera).
      Respecto ao que dis das etiquetas, déixoche o enlace ao post da miña compañeira Ángela, que trata precisamente este tema https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/11/educacion-para-el-consumo-consciente-aprender-a-leer-etiquetas/

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s