Un xornalismo que converte aos marxinalizados en números

O xornalismo como instrumento democrático debe ser o vehículo de denuncia de colectivos sociais que viven unha situación de desigualdade. Falamos de asociacións de diversidade cultural, migración, mulleres maltratadas, desafiuzamentos, saúde mental…etc. que non atopan  lugar nos medios.

En lugar diso, existe un xornalismo que os silencia, os converte en cifras. Estamos cansos de ver noticias nas que os afectados son un número no titular, sen contexto, sen testemuña. Os medios fan deles  un dato que quedase na superficie informativa.

En definitiva, é imposible  obter da axenda mediática actual unha visión real dun colectivo marxinalizado.

Advertisements

17 comentarios en “Un xornalismo que converte aos marxinalizados en números

  1. Francamente, non creo que os medios reduzan a condición humana de tódolos colectivos dos que se ofrecen datos obxectivos, aínda que si nalgúns casos e cara grupos moi ben definidos resúltalles, non só atractivo, senón tamén beneficioso e de obrigado cumprimento á hora de respostar ante os seus acreedores (comerciais, financeiros, ideolóxicos…). De aí, en moitas ocasións dedúcese que o propósito deste “ningunamento” non é outro que o de entorpecer os procesos de cohesión que dan lugar a diferentes colectivos e así evitar as súas demandas e actuacións posteriores ou mesmo, cando xa están organizados, infravalorar o labor destes grupos. En definitiva, o primordial é “frear” ou “acalar” a estas persoas.

    Gústame

    1. Grazas polo teu comentario Juan.

      Estamos de acordo no fundamental dos datos obxectivos nesto do xornalismo. Máis tamén o contexto é obxetivo, e isto é o que os grupos marxinalizados botan en falta: un contexto, unha testemuña, non só cifras.
      Evidente tamén ,como sinalas, que a propiedade manda. E por desgracia, o interés económico prima sobre o democrático.

      Liked by 1 person

  2. Estou dacordo na gran maioría do que se di na seguinte publicación,  porén, penso que si hai algúns casos (moi escasos) nos que se lle da especial relevancia nos medios a este tipo de colectivos sociais. Por desgracia, esta situación tan só ocorre cando a noticia persegue un fin, como pode ser a manipulación da opinión pública, a polémica…que moitas veces está vencellada á política, prexudicando a unha formación política ou a outra en función da ideoloxía do medio ou dos seus sustentadores. Búscase un interés propio en vez do interés social. Como ben di o post, están a quitarlle a estes colectivos o dereito a informar e a ser informados da realidade. Case todas as historias teñen cando menos dous puntos de vista, máis parece que no xornalismo actual tan só ten importancia o punto de vista dos grupos de poder.

    Gústame

    1. Grazas Paula.
      ¿Existe o interés social nos medios de masas? O dúbido bastante (salvo excepcións). Importante o que comentas dos puntos de vista. Parece que o dos afectados non se ten moi en conta. Falamos, claro, dos colectivos afectados en situación de desigualdade.

      Gústame

      1. Totalmente de acordo coa resposta á túa pregunta. Os medios tan só se interesan por eles cando a noticia provoca polémica e toca a fibra sensible das persoas. Sobre todo cando se trata de casos persoais que chegan á xente, tal e como ocorre na seguinte publicación: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/02/11/dos-semanas-padres-punto-desahucio/0003_201702G11P14991.htm . Ademáis, as persoas do círculo co que contactamos, persoas do colectivo Stop Desahucios A Coruña, puideron afirmar que en verdade os medios non se interesaban pola súa labor, tan só se acercan a eles cando son agredidos nunha manifestación. Como ben dis no teu vídeo, non se preocupan pola contextualización.
        Na túa opinión, a pesar de non afondar máis en todo o traballo que están a facer colectivos coma este, ¿benefícialles realmente que existan noticias nas que tan só se interesen por eles cando hai algún feito polémico ou alarmante?

        Gústame

  3. Moi pertinente a referencia de como se tratan os contidos numéricos ou estatísticos nos medios. Pode ser unha variante do voso traballo. Déixovos un enlace de eldiario.es no que se reflexiona sobre isto:
    http://www.eldiario.es/cienciacritica/Representacion-grafica-claridad-manipulacion-fraude_6_355624442.html
    Entrando ao debate: acaso un tratamento serio e riguroso dos temas e problemáticas non esixe falar de datos? É iso incompatible cunha visión das persoas? Non pode isto último caer no amarelismo?

    Por último, unha pequena provocación sobre a importancia dos opinadores na conformación dos imaxinarios. Ao servizo de quen? Aquí vai: https://www.youtube.com/watch?v=ybvQkOXNPPc

    Gústame

      1. En efecto, Paula, os medios deben dar voz ás persoas, pero tamén deben serlle útiles para cambiar a súa realidade e non unha ferramenta ao servizo de determinados poderes. Moitas veces, as historias persoais agochan a necesidade de abordar problemáticas estruturais. Déixoche unha reflexión sobre un durísimo caso que estivo hai ben pouco de actualidade: http://www.paralelo36andalucia.com/los-enfermos-no-son-luchadores/
        Con todo, estou dacordo: o que digo non é incompatible con loitar porque os medios non lle furten a voz ás persoas que merecen tela.

        Gústame

    1. Complicado que os medios de masas aborden problemáticas marginalizadas neste país. Comprobámolo con calquera dos temas que engloba este OCC, os afectados redúcense a cifras ou sucesos concretos. Nunca hai un seguimento relativamente constante, como o hai por exemplo coa actualidade política. Solucións?

      Liked by 1 person

      1. Difícil atopar este tipo de solucións! Coma sempre, a busca das audiencias leva aos grandes medios de comunicación a buscar continuidade co aqueles contidos máis brandos (“soft), fáciles de asimilar e que non lle esixen un esforzo, nunha tendencia cada vez maior ao infoentretemento (http://studylib.es/doc/5586728/la-hibridaci%C3%B3n-de-contenidos-informativos.-el-auge-del).

        Creo que temos que dar unha batalla por un xornalismo que poña a mirada onde están os problemas, dando voz sempre aos afectados. E se os grandes medios non están dispostos, deberemos pór en marcha medios alternativos, que coiden a súa comunidade, e que sexan a base dun novo modelo de sociedade nacido por e para os cidadáns.

        Gústame

    2. Ese ideal que comentas, é o que defenden precisamente os medios comunitarios. Cuxos traballadores, aínda sen ser profesionais, profesan moitas veces un xornalismo de maior calidade que os medios de gran tirada. Os medios alternativos son necesarios, pero son unha peza máis do quebracabezas, non o quebracabezas enteiro. Os medios de masas necesitan de urxencia unha lexislación que free as malas prácticas e recompoña dunha vez este sistema.

      Gústame

  4. Ola Paula, vendo este vídeo parece que nos quedamos coa sensación de que os medios de comunicación e os xornalistas son os culpables de non tratar certos temas. Está claro que en gran parte si pero un medio de comunicación non deixa de ser unha empresa que busca uns beneficios económicos. Non dan información, véndenna. Se non hai mercado para vendela, se á xente non lle interesa os temas dos que se fala vai deixar de consumir esa información e á empresa lle quedan os días contados. Entón parece que o problema está máis ben na audiencia, no consumidor e non tan só no vendedor que produce o que se demanda. En esta entrevista, Martín Caparrós da su punto de vista sobre lo que está sucediendo. Espero que os sirva de ayuda! http://www.elmundo.es/papel/historias/2016/06/06/57519bf1e5fdea6a598b459a.html

    Liked by 1 person

    1. Ola Anaïs, moita razón no que dis. Con todo, cal é a solución? Debemos de ser os consumidores os que deamos a volta a isto? Vesnos capaces?
      Afortunadamente existen medios comunitarios como CUACFM e FilispiM, que non entenden de intereses económicos. A autofinanciación e a ausencia de ánimo de lucro é o que ten.

      Gústame

  5. Creo que a idea exposta no teu post acerca do uso de números sen testemuñas nin contexto é unha crítica moi adecuada ao xornalismo actual. Por iso creo que deberiamos ter a mesma vara de medir para nós coma audiencia. É dicir, cando, por exemplo, un atentado deixa en Siria ou Iraq centos de mortos, os medios falan do feito moi por enriba; mentres que, si o ataque ten lugar en Nova York, aínda que a cifra de mortos e os danos sexan moito menores, o ataque ocupará horas e horas de debates televisivos e páxinas de xornais durante varios días. O problema, é que moitas veces nos vemos isto como normal, axudando a que sexan marxinados determinados sectores, é dicir, parécenos normal que haxa atentados case a diario en países como Iraq ou Siria, cando non debería ser así. Se estamos en contra de que se marxinen certos sectores no noso entorno máis próximo, non podemos axudar a que se marxinen outros por seren de países tan afastados. Isto explícao moi ben Juan Carlos Escudier no seguinte artigo( http://blogs.publico.es/escudier/2017/03/24/muertos-de-segunda/ ). Ademais, gustaríame resaltar a labor dun dos membros do noso círculo, Gonzalo Brocos quen co seu xornal dixital Campo Galego (http://www.campogalego.com/es/ ) da voz a un sector tan importante en Galicia como o primario, o cal a pesar do número de persoas que se dedican a el, non teñen a voz que deberían nos medios convencionais.

    Gústame

    1. Boas Carlos, é moi interesante o que comentas. Moitas veces a marxinación ten moito que ver coa proximidade. Non só xeográfica, senón cultural. Un atentado en París cáusanos moita máis impresión porque Francia é moito máis parecida a nós en cultura, modo de vida, sistema político…etc. Francia é o que nós chamamos Occidente, coma se Occidente fose Primeira e todo o que se salga de ahí fose case Terceira Rexional. O que quero dicir con isto, é que o problema non é só dos medios, que tamén. Se non que somos nós os primeiros en considerar mortos de primeira e mortos de segunda, como comenta Juan Carlos Escudeiro na túa ligazón. Lamentablemente os medios de comunicación deste país manteñen a perspectiva empresarial, por encima de calquera outra. E as empresas, como sabes, ofrecen o que os clientes demandan, por iso é polo que a cobertura mediática entre atentados sexa radicalmente distinta.
      Aquí una reflexión sobre isto: http://www.lavanguardia.com/cultura/20151116/54439877926/por-que-afecta-atentado-de-paris-beirut.html

      Gústame

      1. Ola Paula, paréceme moi acertado o enlace suxerido , mais non creo que por sentir máis próximos os ataques en Europa Occidental debamos pasar de tal xeito do que acontece en países que se atopan máis lonxe. Comparto o exposto no artigo de La Vanguardia acerca de sentir máis aqueles ataques que son cometidos máis cerca. O que está mal non é iso, o que esta mal é sentir tanto uns, e tan pouco os outros. O último ataque con armas químicas en Siria, pareceu quedar onte nun segundo plano a raíz do atentado contra o autobús do Borussia de Dortmund. Claro que a do Borussia é unha nova importante e de gravedad e, por suposto que está ben preocuparse polo estado do brazo de Marc Bartra pero, ¿a caso son máis importantes un susto e uns cortes no brazo que o ataque a milleiros de persoas con armas químicas? O verdadeiro problema, aínda que non queramos velo, atópase en Oriente http://www.eldiario.es/internacional/atentados-organizaciones-islamistas-mayoria-musulmana_0_497301265.html

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s