O abismo entre xéneros

En pleno século XXI, a loita das mulleres pola igualdade salarial atópanse de xeito reiterado co mesmo escollo: a maior valoración dos homes á hora da contratación e a conseguinte diferenza no soldo. A situación non é para nada esperanzadora, xa que a fenda de xénero mundial alcanzaba o pasado outubro o 59%, a tasa máis alta dende o 2008.

A fenda salarial non só fai referencia a desigualdades directas, coma no caso dun mesmo posto con salarios distintos para un home e para unha muller. Esta situación non se soe dar xa a día de hoxe, posto que as empresas están obrigadas a seguir un Plan de Igualdade que impide este tipo de prácticas. Sen embargo, o problema máis grande e máis dificultoso á hora de localizar é cando dous traballos que teñen o mesmo valor non son igualmente retribuídos. Un claro exemplo é o caso dun posto de secretaría e dun administración. Ambos teñen funcións moi similares, pero a diferenza é que o primeiro, maioritariamente asignado á mulleres, está moito peor pagado que o segundo, desenvolvido en maior parte por homes. Ademais, a fenda salarial non só se encarga de detectar estas anomalías, senón que tamén vela por que as mulleres teñan as mesmas condicións laborais e que sexan igualmente valorados os complementos nos soldos.

Tendo en conta todos estes factores, xunto con outros que de maneira encuberta veñen denotando igualmente desigualdades, a brecha salarial española sitúase neste momento no 23,25%, segundo un informe da Unión Xeral de Traballadores baseado na Enquisa de Estrutura Salarial. Isto ven demostrando que as mulleres cobran de media 6.000 euros menos que os homes. A pesar de que son cifras máis baixas respecto ao ano pasado, sendo esta dun 24%, son datos moi alarmantes que veñen demostrando que as mulleres aínda seguen sendo discriminadas no mercado laboral

En Galicia

Galicia é a comunidade na que nos imos centrar á hora de analizar a influenza das desigualdades. Neste territorio a situación non é moito mellor que no caso español, xa que os datos son igualmente preocupantes. A fenda salarial galega sitúase no 20,92%, segundo a UXT. Non constitúe a comunidade con maior fenda salarial, sendo esta Navarra cun 29,65%, pero non se queda atrás. Ao fin e ao cabo, calquera tipo de discriminación non é unha situación para tomarse á lixeira.

As desigualdades entre homes e mulleres nos salarios aumentan ou diminúen en función dos factores que teñamos en conta. Se nos paramos a analizar a fenda salarial segundo o tipo de xornada, encontramos que se dispara nos traballos a tempo parcial, situándose nun 32,3% fronte ao 10,2% a tempo completo, segundo datos do Instituto Galego de Estatística. Tamén varía se nos fixamos nos grupos de idade. A máis acusada atopámola entre os 45 e os 54 anos, onde alcanza o 16,3%.

En todos os parámetros debemos ter en conta o contexto no que nos situamos. A crise segue presente e a política é un factor determinante nestes casos. Tamén inflúen notablemente os Plans de Igualdade existentes, que a pesar de que non sexan moi efectivos, contribuíron en certa medida a diminuír esta fenda.

wgrafico
Fonte: Instituto Galego de Estatística

Cabe destacar que non todas as provincias presentan o mesmo nivel de desigualdade salarial. A maior sitúase en Ourense, cun 14,4%, seguida de Pontevedra e de A Coruña. A máis baixa atópanse en Lugo, sendo esta dun 12,2%, segundo sinala o Intituto Galego de Estatística.

Outros factores que inflúen

Se queremos facer un bo análise, non nos podemos esquecer doutro tipo de factores que condicionan notablemente a fenda de xénero. O caso do nivel educativo é realmente preocupante. Segundo datos do INE, unha muller cunha diplomatura universitaria cobra practicamente o mesmo salario que un home con estudos de secundaria, arredor de 25.000€ ao ano. O mesmo ocorre cunha muller con estudos secundarios, que se equipara salarialmente a un varón coa educación primaria.

Tamén é importante ter en conta a cobertura sectorial, dividíndose a mesma no sector da industria, no da construción e na dos servizos. O sector servizos presenta unha alta presenza da muller, pero é no que existen máis diferenzas salarais entre ambos sexos. Cabe destacar que o sector da construción é no que menos mulleres atopamos.

Finalmente, a antigüidade no posto laboral, moi relacionado coa idade, tamén é un factor que inflúe á hora de analizar as desigualdades. Desta forma, gañan moito máis aquelas que levan 30 anos na empresa que as que levan menos dun ano, pero o salario dos homes sitúase moi por riba.

Como podemos loitar contra isto?

Para paliar as consecuencias da fenda salarial, as empresas deberían impulsar a contratación indefinida para as mulleres, ademais de promover a igualdade dentro da plantilla. En canto á calidade e a produtividade laboral, unha solución sería o fomento de políticas de conciliación femininas, que axudarían a diminuír notablemente as desigualdades.

Compoñentes do grupo: Ana Cuíñas, Claudia Gómez, Alejandro Gómez, Gorka Grande

Advertisements

10 comentarios en “O abismo entre xéneros

  1. O post da datos que son consecuencia da desigualdade se xénero pero, ata onde eu interpreto, non afonda nas causas da mesma sendo a máis directa o patriarcado. Da solucións xenéricas sen explicar(nen intentalo) como poderían levarse a cabo. Isto é importante porque algúns autores ligan a discriminación da muller ao propio sistema ecónómico, dictaminando que é imposíbel de erradicar sen mudar o mesmo.
    https://www.vavel.com/es/sociedad/460461-el-patriarcado-la-causa-de-la-desigualdad-de-genero.html
    http://www.sinpermiso.info/textos/las-mujeres-plantan-cara-al-capital-y-al-patriarcado

    Gústame

    1. O teu comentario sobre o a causa da desigualdade de xénero penso que é do máis acertado. O capitalismo e o patriarcado van da man e iso nos leva a un sistema económico na que o home sempre é máis que a muller. Sen quitarlle importancia a isto, o que intentei mostrar é que unha das solucións a estos problemas económicos é implantar políticas que palien as desigualdades neste terreo, posto que o tema sobre o que xira o post é a fenda salarial. Sen embargo, estou de acordo con que se non afondamos na principal causa das desigualdades non chegaremos a ningures. Este tema tamén se tratou nunha reunión que tivemos cos círculos despois da publicación deste post.

      http://www.cadtm.org/Como-el-patriarcado-y-el
      http://www.publico.es/economia/desigualdad-mujeres-deberian-109-dias.html

      Gústame

      1. Como ben dis, o capitalismo é un sistema que segrega e, por tanto, ten como consecuencia a inferioridade feminina. Aínda que é certo que para a persecución da verdadeira emancipación o capitalismo debería desaparecer, non quita que calquera paso adiante que demos agora coa nosa loita non sirva de nada. Serán logros para o futuro e iremos gañando terreo e creando unha base para ese novo sistema.

        http://ftp.kaosenlared.net/kaos-tv/10642-logros-y-retos-del-feminismo-en-el-siglo-xxi

        Gústame

  2. Estou totalmente de acordo contigo Lucía, a fenda de xénero é un feito innegable. Aínda que moitas veces se considera que a sociedade actual avanza neste ámbito, os datos seguen demostrando que non é así.

    Ó final do teu post, enumeras unha serie de posibles solucións a esta fenda, pero creo que existe un problema crave que impide levalas a cabo na maioría dos casos: a pasividade. Con este termo, refírome á indiferenza que mostran as empresas á hora de promover a igualdade. Pero este feito non debería de sorprendernos, tendo en conta que a sociedade española en si conta co mesmo problema. Existe unha especie de corrente de negación da desigualdade de xénero a que as futuras xeracións temos que saber plantar cara, loitando para conseguir a paridade de xénero.

    http://economia.elpais.com/economia/2016/03/10/actualidad/1457626306_756772.html

    Gústame

    1. Como ben apuntas Cinthya, a sociedade é moi pasiva neste ámbito. Por esta razón, é necesario que as mulleres se empoderen, é dicir, que tomen conciencia tanto a nivel individual como colectivo do poder que ostentan e que recuperen a propia dignidade das mulleres como persoas. Unha vez son conscientes disto, comezarán a reivindicarse, a facer paróns, a loitar. O máis importante de todo é que esa loita sexa unitaria, xa que o movemento feminista é imposible facelo individualmente.

      http://www.unwomen.org/es/partnerships/businesses-and-foundations/womens-empowerment-principles
      http://www.clarin.com/entremujeres-mexico/genero/larga-lenta-marcha-empoderamiento-femenino_0_BJG0EWkhx.html

      Gústame

  3. Boas Lucía, impactáronme moito os teus datos sobre a fenda salarial existente en Galicia. Un 20% é motivo máis que suficiente para preocuparse, unha sinal clara de que por moito que a loita pola igualdade estase a producir non é suficiente para romper a sociedade desigual na que vivimos.

    Estou de acordo coas solucións que ti propós, pero non vexo que se materialicen nas políticas dos nosos tempos. As queixas por este tema non deixan de ser escasas e prácticamente nulas, deberíase esixir tanto a políticos como as empresas unha loita máis activa pola igualdade. Un exemplo das políticas que deberíamos seguir son as de Islandia que como se conta neste artículo do diario “El País” esixirá as empresas pagar o mesmo a homes e mulleres: http://economia.elpais.com/economia/2017/03/09/actualidad/1489077560_506674.html

    Gústame

    1. Boas Juan, para que as miñas propostas se leven a cabo ten que avanzar moito o sistema no que vivimos. A maior causa destas desigualdes é o capitalismo, que segrega e sitúa ao home nun lugar superior o da muller. Penso que hay que loitar moito para que, paso a paso, poidamos conseguir una sociedade igualitaria. E ¿isto como se consegue? Coa educación. Hai que educar á sociedade nuns valores de igualdade e valoración da muller.
      Aquí che deixo un exemplo de campañas de concienciación:
      http://www.educandoenigualdad.com/tag/campanas-de-concienciacion/

      Que solucións ves ti a estos problemas? Pensas que só son os gobernos os que deben obrigar ás empresas? Recordoche que na maioría dos casos os salarios son iguais para homes e mulleres, pero a gran diferenza atópase nos extras e nos complementos.
      http://www.eldiario.es/economia/brecha-salarial-pensabas_0_615589256.html

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s