Os afectados vólcanse para tratar de salvar os ríos galegos

 

Debido á escasa atención que lle prestan os medios á contaminación que afecta a unha boa parte dos ríos galegos, xa son varias as asociacións que decidiron tomar polas súas propias mans este problema. Coa súa loita tratan de iniciar unha recuperación destes ríos e sobre todo, de concienciar aos demais sobre o problema, xa que é unha parte fundamental para poñerlle fin.

rio-sar

Imaxe sacada de Guías masmar que reflexa a auga “achocolatada” que leva actualmente o río Sar.

QUEN LOITA POLA RECUPERACIÓN E MANTEMENTO DOS NOSOS RÍOS?

OProxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa das nosas augas. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixianza do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección. Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos suministrados por todos os participantes nas distintas campañas. Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida, de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.

Na noticia podemos observar como nos últimos anos non deixou de aumentar o número de involucrados. Porén, tamén vemos como o pasado ano, 2016, diminuíu a porcentaxe de ríos calificados como “ríos en bo estado”. Nesta outra noticia podemos ver o traballo e implicación na loita por salvar outro dos nosos ríos, neste caso o Tea. Como destacan, tódolos residuos que eliminaron son unha “constante todos os anos”, que non fai máis que por en perigo a biodiversidade dos ríos.

Outra asociación que tamén cabe destacar, e coa que xa tivemos algo de contacto á hora de crear o noso círculo, é a Plataforma pola Recuperación do Sar, que é un colectivo que agrupa a veciñas e veciños dos concellos de Santiago, Ames, Rois, Teo, Brión, Dodro e Padrón que traballan pola recuperación do lamentable estado en que se atopa o río Sar, un dos que máis sofre na nosa comunidade debido aos vertidos continuos e os efectos dos embalses, que son o principal problema deste río. Levan anos denunciando e din que “está na UCI”.

Con todo, o noso obxectivo é estar ao tanto do problema, coñecer de primeira man o punto de vista dos afectados e a forma que teñen de vivir esta situación, aproximándonos a eles. Pero sobretodo, trataremos de darlle a cobertura e visibilidade nos medios que necesita, para frear o desastre o antes posible e lograr concienciar á poboación.

Advertisements

7 comentarios en “Os afectados vólcanse para tratar de salvar os ríos galegos

  1. Bos días Mara! Pareceme moi interesante o tema que tratades. É algo que afecta dunha maneira ou outra a toda a poboación que vive cerca dos ríos. Pero aínda que este tema é moi importante os medios só o tratan de pasada, non profundizan nel. E isto pode que se deba a que non é suficientemente sensacionalista para eles. Pode que pensen que a xente non lle importa o estado dos ríos, pero eu penso o contrario. A xente preocúpase e un bo exemplo son as plataformas que crearon e nas que falas no teu post. Gustaríame saber se estas asociacións reciben algún tipo de financiación ou subvención por parte do Goberno polo traballo que realizan. Tamén me gustaría saber que fai ou que di a Xunta e a conselleira de medio ambiente ante este problema.

    Gústame

    1. Boas noites Nerea, como ben dis, é algo que afecta realmente a todos, aínda que a maioría pense que como non vive cerca do río, o tema non vai con eles.
      Segundo a túa opinión dis que consideras que á xente sí que lle importa o estado dos ríos, pero eu penso que non, xa que a pesar de existir estas plataformas, soamente son unha insignificante minoría á que nin sequera os medios lle dan voz. E é que se realmente a xente se involucrara có problema, non veriamos a cantidade de plásticos e outro tipo de vertidos tóxicos que se atopan agora mesmo nos ríos galegos. É necesario crear conciencia e dalgunha maneira unha educación máis orientada ao medio ambiente, posto que se non coidamos o que nos da tanta vida, que vamos coidar?

      Gústame

      1. Pois eu penso que en xeral sí que lles importa e non lles gusta ver os ríos así aínda que non formen parte de ningunha plataforma.
        Por outra banda, é certo que se lles importase non os encherían de lixos. Pero pode que isto só o fagan uns poucos aos que o medio ambiente lles dá igual. E polo que fan estes poucos cúlpase a toda a sociedade en xeral.
        Non sei cal é a verdadeira realidade e gustaríame moito coñecela. Pero isto non é moi doado xa que os medios pouco o tratan e as entidades gubernamentais pouco fan por frear estas prácticas.
        Tes razón en que é necesario crear conciencia sobre o tema e facer que a xente se involucre máis no coidado dos ríos, xa que, sen dúbida, forman parte das nosas vidas e merecen estar limpos.

        Liked by 1 person

  2. Seguindo a liña do post anterior sobre este tema, opino que a fundación de apoios como o Proxecto Ríos son a forma de visibilización máis efectiva para un problema como éste.
    A mellor maneira de actuar contra esta catástrofe natural é porse e marcha canto antes para frenar a contaminación. Por desgracia, os medios non nos comunican o estrago latente dos ríos galegos, como consecuencia o Goberno tampouco actúa, polo que a única solución posible está nas máns destas asociacións voluntarias que velan pola natureza.
    A opción de adoptar a un río sona moi prometedora, gracias a aqueles que se toman a molestia de adicar o seu tempo para coidar a saúde de todos.
    Moi interesante o contido da páxina http://www.proxectorios.org/.

    Gústame

    1. Como ben dis, sona todo moi prometedor, pero se cadra non o é tanto, posto que as asociacións de apoio que levan a cabo plans como o Proxecto Ríos, moitas veces atópanse con contras. Tras varias reunións có noso círculo, as conclusións que saquei foi que por moito que eles loiten e traten de sacar adiente este proxecto, non contan coa cubertura mediática, o que fai que todo se quede finalmente en nada, ou en case nada.
      O maior problema que temos é que a xente non sabe o que está a acontecer realmente, e ademais non se sinte responsable ao pasar polo río Sar e ver o desastre. Sen embargo non miran atrás cando tiran o aceite fervendo polo fregadeiro,sabendo que iso vai dar ós nosos ríos, ó noso mar.

      Gústame

      1. O que non podemos facer e rendirnos e resignarnos ante esta traba. Opino que a única forma de axudar e conseguir máis apoios da Xunta , atópase na acción de colectivos como Proxecto Ríos. Ademáis nós tamén podemos por o noso gran de area, é cuestión de falar do tema para que cada vez se conciencie máis xente da contaminación dos nosos ríos, e pronto se seguimos neste camiño, do noso mar.
        Como xa comentaba noutro dos post sobre o río Sar, un dos rasgos que defienen por excelencia a Galicia son: o verde e a auga. Non é só decir que queremos que esto siga sendo así, senon actuar para conseguilo.

        Gústame

      2. Segundo os integrantes do noso círculo de traballo, todos están de acordo en que a Xunta e o Goberno lávanse as mans, e apenas dan ningunha axuda ou subvención para axudar e poñer fin a este grave problema, o que fai que todo esto sexa aínda máis desesperante e difícil.
        E cando digo desesperante, é porque realmente o é. Tras analizar frecuentemente as augas do río Sar, os involucrados no Proxecto Ríos aseguran que nestes momentos é moi desagradable levar a cabo estas inspeccións, posto que os resultados son nefastos. Na noticia que adxunto vemos como a contaminación está provocando xa deformacións nas larvas das especies que habitan o Sar, ademais de altos niveis de estrés.http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/02/21/detectan-altas-dosis-ibuprofeno-sustancias-aguas-sar/0003_201602S21C1992.htm
        Estou de acordo totalmente contigo en que debemos seguir loitando e non perder nunca a esperanza por salvar algo que sempre nos caracterizou tanto.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s