Saúde mental nos medios de comunicación: o perigo do estigma

Marta Otero Mayán

Citámonos con Rosa unha tarde de marzo, no edificio de Dodro no que a asociación Andaina recibe diariamente a unha pequena multitude de pacientes pertencentes ao mundo rural galego, que se atopan afectados por diferentes enfermidades mentais. Rosa é todo sorriso, e a súa actitude entrañable contrasta coa doenza que a leva acompañando dende os 23 anos: Rosa padece trastorno depresivo.

Esta é unha patoloxía que afecta ao organismo, ao ánimo, ao xeito de pensar, e mesmo aos hábitos cotiáns das persoas que a sofren. Agora, aos seus case 50 anos, é quen de afirmar con rotundidade: “Andaina cambioume a vida para sempre.” Xunto a Rosa recíbenos Daniel, diagnosticado con esquizofrenia dende os 20 anos, e que hoxe, dúas décadas despois, pode dicir que Andaina lle deu unha segunda oportunidade e lle permitiu aprender a convivir coa súa enfermidade dunha forma estable.

circulo-1

Entrevista con Daniel e Rosa

 

A conversa con eles dous resulta máis distendida a medida que avanza. Rosa e Daniel relátannos con entusiasmo as actividades que a asociación leva a cabo cos que acoden ás súas portas dende 2010. Unha delas chámanos especialmente a atención: Todos os luns, ás 12:15 da mañá, Daniel, Rosa e o resto dos seus compañeiros participan nun programa de radio composto e xestionado integramente por eles. Esta dinámica resulta especialmente enriquecedora para esta última, quen asegura que “de ter nacido na vosa época, eu sería xornalista”. Por desgraza, malia que o programa de radio supoña para os participantes unha terapia magnífica, os medios de comunicación non sempre son xustos coa imaxe que proxectan ao público das patoloxías como as de Rosa e Daniel.

Unha responsabilidade mal asumida

Estes medios xogan un papel moi importante á hora de enfocar a atención e a perspectiva pública sobre os temas de actualidade. Isto non deixa de ser unha responsabilidade para os encargados da súa divulgación; responsabilidade que non sempre asumen correctamente. Unha importante parte do sufrimento das persoas cun trastorno mental ten a súa orixe no proceso de estigmatización que acompaña, con frecuencia, a esta condición.

Se nos parásemos a analizar os elementos que deben caracterizar unha noticia para que esta destaque, seguramente apuntaríamos a un titular chamativo e a unha historia absorbente. Porén, á hora de tratar temas máis delicados, tales como a saúde mental, estes parámetros non se axustan ao tratamento que require o tema. Esta condición dá lugar a que se constrúan dende os propios medios de comunicación unha serie de estereotipos imprecisos das enfermidades mentais: as descricións negativas de persoas diagnosticadas con estas patoloxías poden fomentar o medo e a desconfianza, sendo moi ferintes as consecuencias da creación deste estigma.

sgvsxfb
Dous xeitos de enfocar unha mesma noticia. || Fonte: Lexicon

Esta transmisión negativa e distorsionada dunha realidade ás veces tan invisibilizada como é a da saúde mental, pode ter un alcance máis grave do que se pode prever. A visión da sociedade, chea de prexuízos, provoca que a xente se mostre máis remisa a buscar axuda, e polo tanto, sexa máis improbable que reciba o tratamento que necesita: “Moitos dos meus amigos dinme que non veña ao centro, que non sirve para nada. Hai moi pouca información sobre o tema, comenta Daniel. No caso da súa enfermidade, a esquizofrenia, o compoñente estigmatizador intensifícase, xa que os medios adoitan identificar esta enfermidade cunha conduta instintivamente violenta. “A presenza das enfermidades mentais nos medios limítase moitas veces a relacionarse  cun asasinato ou un crime semellante”, continúa Daniel, “e iso non axuda”.

Este tipo de noticias, enxertadas na meirande parte das veces na sección de sucesos, mistúranse entre as noticias relacionadas coa agresión, violencia ou outros actos ilegais, e adoitan incluír nos titulares a circunstancia da doenza do implicado. Este costume contribúe a intensificar o carácter morboso para captar a atención do lector, polo que o elemento resultante son noticias breves onde a información se sintetiza de xeito incorrecto e sesgado, que perpetúa os prexuízos.

Cara a destrucción do estigma

Resulta vital para o benestar dos individuos que os membros dos medios de comunicación non contribúan a seguir con esta clase de estereotipos. O papel dos medios é fundamental á hora de ofrecer representacións fieis e xustas das enfermidades mentais. Acadar por fin esta pretensión pasa obrigatoriamente pola necesidade de formación do xornalista, que se debe fundamentar nuns principios básicos a seguir: amosar e transmitir unha visión positiva apuntando sempre ás solucións, así como evitar presentar ás persoas discapacitadas de xeito unidimensional, atendendo sempre ás súas múltiples facetas, aspiracións e sentimentos, poden ser uns puntos de partida axeitados para correxir isto. A información normalizadora sobre a enfermidade, vencellada ao coidado necesario da linguaxe e do esforzo por alonxar as noticias relativas ao tema da crónica de sucesos, constitúen tamén unha serie de pasos a seguir.

O obxectivo primordial, e o elemento que quizais as persoas como Rosa e Daniel botan máis de menos nos medios á hora de falar das discapacidades, non é outro que outorgar de voz aos verdadeiros protagonistas da historia. Potenciar a información vivencial que poden aportar as propias persoas afectadas como ferramentas para crear unha imaxe positiva. Os usuarios da Andaina de Dodro xa tomaron a iniciativa neste eido, presentes todos os luns ás 12:15 no 107.9 fm de Radio Valga. “Hai que soñar para realizar”, conclúe Rosa sen borrar o sorriso.

Advertisements

22 comentarios en “Saúde mental nos medios de comunicación: o perigo do estigma

  1. Este post trata un tema que moitas veces é silenciado ou non é tomado completamente en serio, é o caso das enfermidades mentais. Como xa se dixo o caso da esquizofrenia moitas veces, por non dicir todas, asóciase a comportamentos agresivos, violentos e perigosos para a sociedade, póndolles á xente que a padece o estigma de psicóticos e psicópatas,conseguindo, en vez de axudalos a integrarse, que se sintan apartados e que teñan que aislarse dos demais. Pero se cabe a esquizofrenia ainda a pesar do estigma negativo que posúe ten certa notoriedade nos medios, porén o caso da depresión é distinto. Para moitos a depresión non é unha enfermidade real, consíderase que se non ten unha doenza física non hai unha enfermidade polo que o feito de que os síntomas sexan odio hacia a un mesmo, cansancio ou falta de sono entre outros fai que se considere como algo menor que non é necesario visibilizar e moitas veces se argumente un “Bueno ya se le pasará…todos estamos tristes alguna vez” cando non é iso non é estar triste de vez en cando senon que é unha sensación de inutilidade cara a un mesmo que fai que un se sinta incompetente. Dentro disto sorprendérame a xuventude de Rosa cando lle diagnosticaron esta enfermidade polo que buscando atopei que é máis que normal que se diagnostique sendo tan xoven, para ver isto deixo aqui a noticia que lin http://www.20minutos.es/noticia/219834/0/medican/vigueses/antidepresivos/

    Gústame

    1. Exactamente: por iso penso que os medios non actúan ben á hora de referir noticias relacionadas con enfermidades mentais; os exemplos da depresión e da esquizofrenia son claros, a primeira por trivializada e invisibilizada e a segunda por esa tendencia a asociala a conductas violentas. Non nos decatamos de ata que punto a nosa visión como o conxunto da sociedade pode influir nos procesos persoais das persoas que a sofren. Pero coido que os tempos avanzan, e que se nós, como futuros xornalistas, estamos a amosar cada vez máis interese e esforzo en formarnos cara un adecuado tratamento destas patoloxías nos medios nos que interactuamos, o problema se irá atallando pouco a pouco. De aí a importancia de que tomemos conciencia e detectemos os erros.

      Gústame

      1. En canto a esquizofrenia xa non só iso,senon que se escribiu e se falou moito, principalmente tomouse como exemplo para guións de películas e especialmente de terror, https://www.youtube.com/watch?v=so34xK_bjuA xa que no fondo trátase dunha enfermidade descoñecida e con síntomas que non son sinxelos de entender, síntomas que en moitos dos casos relaciónanse con actividades paranormales.
        As persoas que teñen unha enfermidade mental xa sexa esta ou outra teñen afectado o seu ton afectivo, a súa conduta e a maneira en que se comunican con outras persoas, o que pode chegar a ser arrepiante para quen convive con este tipo de persoas, sobre todo porque se ten a incerteza das reaccións que enfrontan dun momento a outro.
        Así é que a vosa labor é de tremenda importancia para que se deixen de ver noticias tales como http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/camarinas/2017/03/22/esquizofrenico-amenaza-tijeras-doctora-camelle/0003_201703C22C4993.htm ou http://www.diariodesevilla.es/sevilla/jurado-culpable-asesinato-esquizofrenico-culpaba_0_1085892043.html porque sí que é certo que a sociedade progresa pero inda queda moito por facer

        Liked by 1 person

    2. Boas Lucila! Alégrome de que saques a relucir un dos temas máis normalizados e perxudiciais para as persoas con enfermidade mental: a cantidade de películas de cine que se sirven destas situacións para crear argumentos para películas de terror. A pouca información que existe sobre o tema, e peor aún, sobre o axeitado tratamento do tema a nivel social e público, favorece que a realidade destas enfermidades se deforme e adapte ás esixencias morbosas do público. É o caso por exemplo da película “Múltiple” (2006), que suscitou grandes críticas por parte de profesionais da saúde mental, xa que entenden que pode ser ofensiva e vieiro de creación desa imaxe tan perxudicial de violencia asociada a certas enfermidades. Déixote a crítica que unha psicóloga elabora da cinta:
      http://www.ecartelera.com/noticias/37164/criticashaciashyamlan/

      Gústame

      1. Boas,Marta. É que o tema do cine neste ámbito da para moito,un alto porcentaxe das películas de terror e de terror psicolóxico baseanse só neste tipo de enfermidade xa sexa a esquizofrenia ou o trastorno de personalidade que pós no cao do teu filme.
        En canto a crítica que ti me deixas,a psicóloga loxicamente ten toda a razón,é indiscutible pero porén esta frase “¿Alguien con una discapacidad no puede ser un villano? Eso es discriminatorio”do director de “Múltiple” tamén ten razón,postos a buscarlle unha puntilla o tema é igual de certo que tamén poden ser villanos e malvados. Claro que é certo que moitisimas veces é o único papel que representan pero non sempre,aquí che comparto unha mostra do que estou case segura que usaría o director como unha boa excusa para as súas críticas negativas e a que é claramente a primeira película na que se pensa cando intentas cavilar un personaxe esquizofrénico pero non asasino ou criminal sen máis; https://www.youtube.com/watch?v=h_B16qD89aM
        E por último gustaríame dicir que outra vez estamos deixando a depresión en segundo plano,dándolle máis bulo á esquizofrenia pero a depresión no ámbito do cine tamén ten os seus filmes https://www.youtube.com/watch?v=rpGyCh46dpU

        Liked by 1 person

      2. Está claro que calquera persoa, padeza ou non unha enfermidade, pode cometer actos de maldade ou violencia. O problema vén cando estas conductas se toman como paradigma nun determinado colectivo. Coincido en que visibilizar a depresión tamén é importante, pero non estou dacordo cando dis “que se lle dá máis bulo á esquizofrenia”. Non é cuestión de comparar, senon de cederlles a cada unha das patoloxías o espazo que merecen e precisan.

        Gústame

  2. Gustaríame comezar o meu comentario cunha frase que está presente nun dos enlaces que ti empregaches no teu post (https://consaludmental.org/publicaciones/Lexicon.pdf): segundo Elliot Aronson, o prexuízo é unha actitude hostil ou negativa ante un grupo distinguible baseada en xeralizacións derivadas de información imperfecta ou incompleta. Nela, está a clave para comprender as actitudes que moitas persoas teñen ante as enfermidades mentais: a información imperfecta, a cal eu me atrevería a engadirlle o adxectivo de información maltratada. O certo é que non hai información suficiente sobre esta realidade e o descoñecemento pode alimentar prexuízos e malas actitudes.
    Tal e como ti dis, os medios de comunicación xogan un papel fundamental á hora de enfocar a atención pública sobre os temas de actualidade, papel que non cumpren de forma satisfactoria na maior parte dos casos. É moi frecuente ver nos medios o emprego dunha linguaxe inadecuada para referirse a aquelas persoas que teñen unha enfermidade mental ou como moitas veces a maneira en como se contan os feitos pode reforzar esa visión negativa e amedrentada que delas se teñen. Noticias como esta: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/arzua/2016/07/27/mujer-sufre-brote-psicotico-mata-dos-familiares-arzua/00031469614808023428975.htm ou esta http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2008/03/04/enfermo-mental-mata-padre-intenta-hermana-diez-anos-despues-asesinar-madre/0003_6621393.htm , nas cales no seu titular xa aparece o termo enfermo mental, conseguen perpetuar esa imaxe errónea e chea de prexuízos e isto ,ao mesmo tempo, consolida a discriminación.

    Gústame

    1. Totalmente de acordo contigo Lucía co termo “información maltratada” que escolles para este xeito de comunicar. Penso que esta forma de transmitir os feitos nos que se atopa implicada unha enfermidade mental responde a unha tendencia cara o morbo e o sensacionalismo suscitado cando se fala destos temas. Do mesmo xeito ocorre con outros colectivos oprimidos, como por exemplo aquelas etnias racializadas ás que se lles atribúen estereotipos negativos, dende o momento no que se comezan a incluir e remarcar as súas nacionalidades nos titulares, como é o caso seguinte: http://www.alertadigital.com/2017/01/04/un-marroqui-apunala-a-un-hombre-en-son-gotleu-palma-porque-se-nego-a-tener-sexo-con-el/

      Penso que todos deberiamos rexeitar esta tendencia, e evitar difundir noticias cun claro carácter xenófobo, machista, capacitista ou cuxa pretensión sexa acrecentar a opresión cara calquera colectivo vulnerable.

      Gústame

      1. Exacto Marta! Moitos medios déixanse guiar polo morbo e polo sensacionalismo, de aí todos os exemplos que día a día aparecen nos xornais, como por exemplo o caso do marroquí do que ti me falabas.
        É aquí onde atopamos un grave problema, posto que os medios de comunicación son (ou deberían selo) espellos da sociedade na cal vivimos e que haxa noticias con contido machista, xenófobo e demais significa que a nosa sociedade é todos eses adxectivos, o cal non é nada novo (pero non por iso irrelevante).
        Gustaríame aquí compartir contigo unha noticia sobre o que lle ocorre en China a aquelas persoas que teñen algún tipo de enfermidade mental: http://internacional.elpais.com/internacional/2017/04/07/actualidad/1491576609_454149.html. Paréceme increíble a pouca cantidade de diñeiro que se destina á investigación e os problemas que un error no tratamento poden acarrear nas persoas que padecen algunha enfermidade.

        Gústame

    2. Boas, Lucía. Moi interesante (e triste) o artigo sobre a situación en China. É moi duro tomar conciencia da realidade tan difícil que supón para estas persoas a ausencia de medios básicos ao seu alcance. Porén, penso que non temos que irnos tan lonxe para atopar unha sociedade que estigmatiza e marxina aos enfermos mentais. Aqui mesmo no Estado Español, e mesmo en Galicia, a situación que, en grande medida, contribúen a construir as testemuñas dos medios (ou a ausencia delas) é moi similar. A invisibilización de patoloxías como a depresión, que socialmente tendemos as veces a relacionar cun simple estado de ánimo; ou o asociamento da esquizofrenia con conductas violentas, son unha fonte de creación de estigmas, en claro perxuízo da dignidade do colectivo.

      Gústame

      1. Totalmente dacordo co que ti me dis, Marta! Non fai falta irse tan lonxe para atopar unha sociedade que é intolerante cos enfermos mentais.
        Buscando na rede sobre o tema atopei un par de artigos que están moi relacionados co que ti dis sobre a asociación das enfermidades mentais coa violencia e similares ou sobre como a percepción social das enfermidades mentais se ven sesgadas polo descoñecemento e a desinformación. Vouche deixar ambos artigos por aquí para que lles botes una ollada e para ver o que che parecen: http://elpais.com/diario/2007/05/15/salud/1179180005_850215.html e http://www.efesalud.com/noticias/salud-mental-estigma-cultural/ .

        Liked by 1 person

      2. Moitas grazas pola túa aportación, Lucía. Sempre é interesante atopar diferentes puntos de vista e percepcións sobre outros factores que poden contribuír ao estigma. Non só os medios de comunicación contribúen a crear estas realidades distorisionadas: debemos poñer a mira tamén nos productos de ocio e tempo libre tales como series e películas, onde as enfermidades mentais non están reperesentadas de xeito real e constructivo, tales como o asperger de Sheldon Cooper en Big Bang Theory ou o trastorno antisocial de Tony Soprano nos “Soprano”.
        Déixoche eu tamén un artigo moi interesante ao respecto:
        http://www.elmundo.es/salud/2016/12/29/5864276eca4741622d8b45b6.html

        Liked by 1 person

  3. Como ben dis no post, Marta, o maior problema ao que se enfrentan as persoas con enfermidades mentais, non só é o feito de ter que convivir con esa enfermidade, senón a estigmatización da mesma por parte dos medios, que logran crear unha opinión pública equivocada. O psicólogo, Salvador Moreno, di que: “los modos de conocer las realidades cambian y difieren de una sociedad y cultura a otra, y a lo largo de la historia”; porén, os enfermos mentais están sometidos a un imaxinario social erróneo en practicamente todas as culturas do mundo dende tempos remotos.
    Dende a nosa posición, como xornalistas creadores de opinión pública, debemos exercer un contrapoder que sexa o suficientemente forte como para abordar o tema das enfermidades mentais. Isto só se pode conseguir dende a comunicación interpersoal. Establecer unha relación cos afectados, coñecelos a fondo e poder traballar dentro do seu contexto, constrúe proxectos tan interesantes como o que leva a cabo a asociación Andaina Dodro na Radio Valga. Por pór outro exemplo, a xornalista Catalina Gallo, escribiu o libro: “Mi bipolaridad y sus maremotos”. Nel, relata como vive ela a súa enfermidade e como se debe tratar aos que sufren calquera tipo de trastorno mental para incluílos na sociedade. Este libro paréceme un bo exemplo de “contrapoder” nesta loita á que aínda lle queda un longo camiño para evitar titulares como os que pos nos post. Aquí deixo unha pequena entrevista que lle fixeron á xornalista e escritora:
    http://www.elespectador.com/entretenimiento/un-chat-con/una-voz-las-enfermedades-mentales-articulo-678666

    Gústame

    1. No teu comentario pos de relevo un dos puntos principais que debemos tentar acadar os xornalistas cando tratamos o tema da enfermidade mental: o de que sexan os propios afectados os que leven a voz no tema, falando dende a súa experiencia. A nosa misión debe limitarse, na miña opinión, a servirlles de vehículo e canle para a difusión das súa visión, e nunca debemos roubarlles a voz nin tentar falar por eles. Precisamente por iso chamoume a atención que eles teñan o seu propio programa de radio dende a asociación, xa que é un dos mellores e máis transparentes xeitos de comunicar a súa propia situación.
      Debemos aprender, como xornalistas e como persoas, que a súa testemuña é a que importa no asunto. Escoitar e aprender antes de botarnos a falar é un camiño básico a seguir cando falamos dunha enfermidade mental.
      Déixovos aquí o relato dunha afectada por trastorno bipolar narrado en primeira persoa, como proba do seu poder comunicativo.

      http://blog.fundacionmontemadrid.es/accion-social/testimonio-el-trastorno-bipolar-en-primera-persona/

      Liked by 1 person

      1. El abuso de los generalismos por parte de los medios ya es un factor en el atraso del conocimiento de una realidad; pero que se utilice el término “loco” en un medio serio con las malas connotaciones que esta palabra suscita a los lectores y más aún con la desinformación que produce el incorrecto genérico, eso solo puede ser síntoma de una falta de consciencia y compromiso con el grupo social al que uno como periodista está tratando de dar voz.

        Carece de sentido caer en estos hábitos cuando no se desconocen las capacidades que una forma u otra de decir lo mismo tienen en la educación y aprendizaje de la sociedad, es decir, cuando hablamos de expertos (o lo que se supone que deberían ser) en el manejo de la información.

        Gústame

      2. Completamente de acordo, nós so temos que ser unha canle para a difusión das súas experiencias. Porén, tamén creo necesario engadir que se nos convertemos en canle debemos, ou iso creo, facilitar a comprensión ao lector, a través dun contexto da situación ou incluso tentando explicar máis detalladamente, sen cambiar, o testemuño da persoa que está a falar. Penso que seríamos unha ferramenta máis útil se puidésemos conciliar eses dous factores: ser canle e, á vez, facilitar a comprensión do lector. Se só facemos unha das cousas, o proceso quédase a medias. Por suposto creo que é necesario aprender e documentarse sobre o tema antes de falar, iso é intrínseco á profesión xornalística.
        Respecto ó relato, gustaríame destacar o feito de que para a nai da afectada, por exemplo, supuxo un problema moi grande a dificultade de acceso á información. Ti cres que nós tamén deberíamos estar para facilitar ou abrir un pouco o camiño a esa información especializada sobre, neste caso, as enfermidades mentais?
        Para min, a resposta é: si. Non temos que promocionar esa información, pero no caso de investigar e atopar fontes fiables, contalo tamén nas nosas aportacións para que poida ser útil para outras persoas. Por outra banda, tamén debemos destruir os mitos que se dan arredor das enfermidades mentais, campo onde aínda temos moito traballo, xa que deste xeito so conseguimos crear nos afectados medo ao rexeitamento social.

        Liked by 1 person

    2. Totalmente, Elisa. Non só penso que como xornalistas deberiamos difundir a información sobre o tema e sobre as súas consecuencias e solucións; senon que penso que é o noso deber e responsabilidade facelo. Como quinto poder, a difusión da verdade, e máis aínda se esta verdade contribúe a mellorar a calidade de vida dalgún colectivo en desvantaxe, é un dos nosos principais cometidos. Non somos médicos nin psicólogos; mais si somos canles de difusión; tamén podemos constituir unha axuda importante para eles, se ben non a nivel persoal, sí a nivel social. O xornalismo ten que pretender ser determinante para a construcción dunha imaxe positiva e real, que contribúa a engrandecer a súa dignidade.

      Liked by 1 person

      1. Estou de acordo contigo en case todo, pero penso que nós tamén podemos constituír unha axuda importante para eles a nivel persoal se entendemos as nosas contribucións como medios para destruír o estigma, e finalmente, crear unha nova imaxe social. Tamén penso que a nosa contribución é a nivel persoal cando exercemos a comunicación interpersoal da mesma forma que vós a exercestes cos Círculos, xa que non só serviron como fonte de información, senón que se formou unha interacción na que todos dabades e recibiades. Iso enriquece aos membros do Círculo a nivel persoal, non cres?

        Gústame

      2. Efectivamente Elisa, a nosa labor tamén pode realizarse a nivel persoal e cara a cara cos afectados, ben sexa na realización de entrevistas ou calquera outro vieiro para darlles voz a eles mesmos para contar a súa realidade. Ao que me quería referir nun principio era a que as consecuencias e resultados da nosa acción profesional van ter a súa presenza a nivel global e social, xa que a imaxe xeral da enfermidade mental irá cambiando na medida na que o xornalismo en conxunto varíe progresivamente o seu xeito de tratala. A medida que nós, como profesionais dos medios, incrementemos o respecto e a fidelidade á realidade cando falamos de saúde mental, o resultado será o aumento da calidade de vida, dignidade e autoestima das persoas implicadas.

        Gústame

  4. El abuso de los generalismos por parte de los medios ya es un factor en el atraso del conocimiento de una realidad; pero que se utilice el término “loco” en un medio serio con las malas connotaciones que esta palabra suscita a los lectores y más aún con la desinformación que produce el incorrecto genérico, eso solo puede ser síntoma de una falta de consciencia y compromiso con el grupo social al que uno como periodista está tratando de dar voz.

    Carece de sentido caer en estos hábitos cuando no se desconocen las capacidades que una forma u otra de decir lo mismo tienen en la educación y aprendizaje de la sociedad, es decir, cuando hablamos de expertos (o lo que se supone que deberían ser) en el manejo de la información.

    Gústame

    1. Como bien dices, Carlos, gran parte de la culpa de que el tratamiento por parte de los medios de comunicación esté siendo este, la tiene la falta de consciencia y compromiso. No creo, ni siquiera, que se le trate de dar voz a este colectivo cuando se usan estos términos; sino buscando el interés morboso del lector mediante la distorisión de la realidad de la enfermedad mental. El desconocimiento y silencio que existe, por ejemplo, alrededor de la esquizofrenia, favorece la creación de estereotipos como el asociar a los afectados con la violencia, lo cual contribuye a minar la autoestima de los que la sufren y su aislamiento social. Pero no sólo los medios de comunicación se aprovechan del sensacionalismo suscitado para captar la atención de los lectores; sino que asistimos también a ver cómo las producciones cinematográficas utilizan según qué patologías en películas de terror, tales como la cinta “Múltiple”, muy criticada por los psicólogos al considerarla ofensiva y negativa.
      Te dejo una crítica de la misma por parte de una profesional de la salud mental, a ver que opinas.
      http://www.ecartelera.com/noticias/37164/criticashaciashyamlan/

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s