Herdeiros da migración

Bruno Losada Gómez. (V.2)

No século pasado foron milleiros os galegos e as galegas que deixaron atrás o país coa esperanza de encontrar unha vida mellor e loitar por un futuro de calidade para a súa familia e os seus fillos, provocando un dos sucesos sociais máis importantes para Galiza durante o século XX. Os que inmigraron abandoaron as súas vidas en Galiza: as súas familias, amizades… Levando con eles a súa maleta e unha chea de lembranzas dos que quedaron na patria.

“Todo o mundo sabe o duro que era marchar da casa para buscar unha vida mellor, pero poucos reparan no duro que foi para os que quedaron aquí, agardando por esa vida mellor, que puido chegar ou non.”

A maioría dos galegos somos netos, fillos ou familia de emigrantes (aínda que son moitos os que continuan emigrando), e cada un emigrou a un sitio diferente: ben países latinos coma Arxentina, Venezuela, Cuba.. Ou ben países europeos coma Alemania, Holanda, Bélxica… Esto complicaba as relacións ca xente que deixabas atrás, pois se emigrabas dentro de Europa podías voltar con maior ou menor frecuencia, mais, se te ías a América Latina quizáis o teu retorno sería único e definitivo, se é que chegabas a voltar.

Un dos meus avós emigrou a Alemaña, e miña nai e miña avoa quedaron aquí. Él marchou cando miña nai apenas nacera e alí estivo hasta que miña nai casou. Foron casi trinta anos traballando lonxe da casa, nos cales intentou vir sempre que tiña oportunidade, pois como él ben dicía: “Isto esta ao ladiño, non che tardaba nada en ir e vir.”
El nunca se arrepentiu de ter que  marchar a traballar fóra da casa, mais si de non ter visto máis a súa filla. Él foise a buscar unha vida mellor para a súa familia, e unha vez que a tiveron, volveu para disfrutala con elas, aínda que lle levou algo máis do que contaba. Miña nai siempre dicía que a avoa falaba moito del, e que sempre agardaban novas del con moita ansia, pois moitos dos compañeiros de meu avó morreron traballando. Esa angustia era o pan de cada día, pensar nel cada noite e cada maña, e esperar que volvese o antes posible.

O meu outro avó non tivo a sorte de que a familia estivera velando por el; cando se foi por primeira vez a Francia, a súa muller quedou aquí, pois estaba a piques de dar a luz e o médico recomendoulle que esperase un tempo antes de ir. Cando meu avó volveu, un mes despois, enterouse de que a muller morrera no parto, e que non puideron facer nada por salvarlle o fillo. Meu avó empre quixo ter quedado aquí con ela, pero non podía facer iso.

Así, logo duns anos atopou a miña avoa e emigraron a Venezuela xuntos, traendo de volta aos fillos xa unha vez retornaron. Pero non trouxeron de volta o resto da familia, pois miña tía avoa quedou alí co seu outro irmán, e a día de hoxe vémolos cando veñen aquí de vacacións. Eles naceron galegos, pero din que aquel país tratounos mellor, a pesar de que fosen estranxeiros. Miña avoa sempre dicía que os botaba de menos, que quería ver a seus irmáns, pero que sabía que non querían volver, e que se alí eles eran máis felices, ela tamén estaba contenta.

emigracion_vigo_porto
Porto de Vigo, partida de emigrantes cara América (A foto do encabezado tamén pertence a esta enciclopedia)

Facendo unha reflexión sobre esto último que dí miña tía avoa: “Venezuela tratounos mellor que España”, quizáis deberíamos replantearnos isto, pois agora son outros os que veñen aquí, coma nós fixemos antes e sabemos que se trata dunha experiencia difícil, pero tamén nutritiva para a sociedade que recibe os inmigrantes. Entre os que chegan e o entorno que os recibe crease unha comunicación dialogada entre sociedades e culturas
Os emigrantes axudaron a desenvolver a educación dos galegos axudando a romper os tópicos negativos sobre eles, dando fruto a un achegamento mutuo que constitúe unha peza clave para o desenvolvemento e o progreso social.

Enlaces externos:

Datos sobre as migracións masivas de galegos a América

Consello da Cultura Galega, Arquivo da Emigración Galega (CCG)

La emigración gallega a américa durante los siglos XVII – XX

Advertisements

6 comentarios en “Herdeiros da migración

  1. É un feito as penumbras que se tiveron que dar en España por culpa do fascismo para que tantísima xente viaxara case 10.000 km lonxe da súa casa. Ademais, os emigrantes non ían cara América Latina con un posto de traballo asegurado, senón que ían coa idea previa de traballar de forma precaria alí, cousa que non agrada a ninguén.

    Pese a todo, polo menos os galegos tiveron unha decente adaptación ao seu entorno e puideron explallar aínda máis a nosa cultura. Así, impulsado principalmente por Castelao, creouse en 1944 o Consello de Galicia en Buenos Aires, que pretendía reunir aos diputados da República no exilio e impulsar a cultura galega. Mais tamén se crearon asociacións deste tipo por tódolos puntos do exilio, coma o ”Lar Gallego” en Venezuela, ”Hermandad Gallega” na Habana e apoiado polo partido comunista de España. Para máis información cómpre entrar no apartado do Consello da Cultura galega no apartado de emigración: http://consellodacultura.gal/mediateca/arquivo.php?tipo=2

    Polo tanto, podemos concluír con que os galegos aínda que estiveran no exilio e lonxe da casa, foron quenes de adaptarse ao medio no que vivían en desenvolver alí a nosa cultura, cousa que por mor da ditadura non se puido facer en Galiza.

    Raúl Novoa González, S3D3

    Gústame

    1. Así foi Raúl, e como nos comentaban os participantes do noso círculo, os países latinos acolleron a unha cantidade de inmigrantes galegos que chegaban alí enfermos, aos que trataron e buscaron traballo e fogar.
      E así, coma moitos que voltaron outros tantos non o fixeron porque como decimos, os tempos eran duros e era complicado sair adiante se non se emigraba.

      Os membros do círculo coincidían todos en que se non houberan emigrado, as súas vidas houbesen sido precarias e nunca habrían tido a posibilidade de ter unha calidade de vida máis alá do campo e dos animais. A xente marcha de donde se vive mal, e como a nós nos acolleron, nos temos o deber de acoller a outros e mirar cara outro lado, se a xente ven a España é buscando unha vida mellor, e noticias coma esta danme vergonza: http://politica.elpais.com/politica/2017/02/20/actualidad/1487571531_866630.html .

      A nós acolleronnos cos brazos abertos e nos intentamos non acoller a nadie e si o facemos, facemolo coma se fosen inferiores.

      Bruno Losada Gómez S3A2

      Gústame

      1. Ademais, no caso de moitos destes emigrantes galegos, de non emigrar, probablemente serían fusilados por motivos ideolóxicos (En caso de estar en contra do fascismo). Isto é algo que non sempre se visibiliza, xa que é claro que na maior parte dos casos fuxiuse por motivos económicos, mais a mala economía viu por algo, polo fascismo.

        Respecto ao outro, é xusto iso, a nós acolléronnos e apreciaron a nosa cultura e cando veñen aquí inmigrantes de culturas das que non sabemos absolutamente nada, moitísima xente os marxinaliza, tratándoos case coma lixo, incluso os propios medios ás veces parece que se olvidan (coma na noticia que compartiches) de que os inmigrantes son persoas en búsqueda dunha mellora da súa vida.

        Gústame

  2. Exatamente Raúl, non sempre se fan visibles todos os motivos que levou a xente a emigrar, dende o fascismo e a opresión hasta a curiosidade de viaxar e ver mundo de paso que se buscaba un futuro mellor.

    Os medios non sempre actúan da mellor maneira e moito menos neste país onde a doble moral é tan frecuente. Nós debíamos terlle máis respeto aos inmigrantes que chegan ao noso país e non só iso, tamén deberíamos ser máis consecuentes ca nosa historia. Se nós ahora nos quedamos neutrales e impasibles ante a desigualdade de outros, cando nos toque a nós nadie nos vai a axudar tampouco. E nos xa fomos axudados no pasado, tócanos devolver o favor.

    Non é nada sencillo para un inmigrante buscarse a vida nun país dan desfavorecido economicamente como é España hoxe en día, e menos aínda se a sociedade non axuda. Eu creo que é neso no que temos que reflexionar.

    Gústame

    1. Así é Bruno, temos que ter empatía e xa non polo que nos fixeron a nós e o ben que nos trataron, senón pola súa condición de persoas que van a estar explotados laboralmente e traballando en economías sumerxidas debemos botarlles unha man e integralos na sociedade.
      Un dos principais problemas e que a eles en vez de ensinarlles que poden cambiar o seu, idealízanlles a vida occidental, coma se fora unha vida exitosa e xusta. Polo tanto o seu sono non é cambiar o seu país, senón emigrar a outro para poder ter eles e as súas familias unha mellor vida.

      Gústame

      1. Estou moi de acordo contigo Raúl, a idea do “soño americano” é a idea do “soño do primeiro mundo” co que moitos dos inmigrantes veñen aquí, moitas veces arriesgando a súa propia vida ou sacrificando todo o que tiñan no seu país natal. O problema é que cando chegan, levan un golpe de realidade. Aquí non hai ningún outro soño que cumplir para eles que non sexa traballar en condicións precarias e sufrir desigualdades sociais por parte tanto da poboación como das autoridades.

        En verdade, somos unha vergonza como principais receptores de inmigrantes de Europa. As nosas políticas non son nin a metade de boas que poderían ser e os nosos prexuízos son o doble do que deberían ser (ningún). Na miña opinión, o mundo está montado coma un gran teatro para que certos actores (países) se luzcan mentres outros traballan entre bastidores arreo e sen recompensas.

        Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s