Teño discapacidade e busco traballo: misión imposible?

Ata fai pouco tempo, as persoas con diversidade funcional estaban á marxe das actividades laborais competitivas. Buscar traballo era unha experiencia labiríntica chea de obstáculos en forma de negacións. E en certo modo segue a ser así. Se tes algunha discapacidade  o máis probable é que rexeiten os teus servizos co argumento de que non es o que estaban buscando.

Como calquera outro profesional, as persoas con discapacidade aportan coñecementos, habilidades e actitudes que contribúen a unha maior produtividade nas empresas, achegando tamén destrezas, experiencias e capacidades. Pero ademais, se as empresas apostan por integrar no seu cadro de persoal a este colectivo, están enriquecendo as súas políticas de responsabilidade social empresarial, comprometéndose a xerar un mercado de traballo inclusivo e rompendo os obstáculos que aínda perduran.

Primeiros pasos para atopar traballo

Malia as dificultades que viven as persoas con diversidade funcional, en Galicia dispoñemos dunha ampla rede de organizacións con importantes programas de inclusión laboral que traballan para axilizar a busca de emprego e incluso mellorar as súas habilidades. Tendo en conta o perfil de cada persoa, estes programas buscan as empresas que mellor se adapten a cada un e colaboran con elas para fomentar a integración.

A nivel galego, a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) conta co Servizo de Intermediación Laboral (SIL). Dentro das súas rutinas diarias está entrevistarse coas usuarias e usuarios, facerlles un currículo ou intentar buscarlles traballo e formación, sendo un grande apoio para todo aquel que o precise. Pero tamén traballan co/a empresario/a, integrándose nos órganos de dirección das principais organizacións empresariais e facilitando formación e accións de visibilización e concienciación.  Así, poténcianse oportunidades de relacións laborais entre as empresas e as persoas con discapacidade que buscan emprego. Desde COGAMI colaboran tamén en programas a nivel nacional como o da Fundación Vodafone. Participaron 130 persoas, das cales 70 conseguiron inserirse no mercado laboral.

Un exemplo do traballo que realizan no SIL é Ricardo Varela. Ricardo accedeu ás bolsas de emprego do SIL en 2010, recén rematados os seus estudos de técnico superior de administración e finanzas. Desde o Servizo propúxoselle realizar uns cursos formativos de empregado de oficina con prácticas incluídas nunha empresa. Para el era moi importante manterse activo e continuar a súa formación mentres buscaba traballo: “a formación é clave para calquera persoa, pero aínda máis para persoas con discapacidade, que temos máis trabas á hora de acceder a un posto de traballo”. Tempo despois, en COGAMI precisaban a un administrativo e alí quedou el para aportar o seu talento.

Outra asociación galega na primeira liña da integración laboral é CEGASAL, un grupo de centros especiais de emprego sen ánimo de lucro. Unha das empresas que forma parte de CESAGAL é  a coruñesa Hornos Lamastelle, onde máis do 95% do persoal conta cun certificado de discapacidade. Proba do seu compromiso social é a súa participación no I Momentum Project, unha iniciativa de BBVA e ESADE dirixida a apoiar o emprendemento social en España.

A súa visibilización mediática

Como sempre que falamos de discapacidade, parece que estamos tratando un tema tabú. As persoas con diversidade funcional sofren a diario marxinación derivada do descoñecemento e os prexuízos. Algo moi importante que debemos ter en conta como xornalistas é incluír ás persoas con discapacidade en todo tipo de información, non só naquela na que a discapacidade é o tema principal. E tamén falar da discapacidade de forma axeitada, sen dar pena nin presentar á persoa con discapacidade como un heroe.

sin-titulo

Estas e outras pautas propuxéronse no ano 2004 no marco da Declaración de Salamanca, un encontro sobre xornalismo e discapacidade. Porén, se buscamos informacións deste tipo nos medios galegos, atopamos pequenas noticias de tres, catro liñas coma esta de La voz de Galicia: “Contrato a dos personas con discapacidad”. Reza así o titular, pero se nos adentramos podemos ver como se trata dunha información sobre o investimento que realizará o concello de San Sadurniño, no que se inclúe a contratación de dúas persoas con discapacidade. Podemos dicir que o titular nos quere presentar a este concello como un “exemplo” de compromiso social, cando a realidade é que a información toca vagamente o tema da discapacidade.

Como vemos, a inserción laboral das persoas con discapacidade aparece nos medios resaltando a “caridade” dos concellos ou entidades contratantes. Malia todos os avances, parece que a única saída laboral que atopan é a través de servizos e centros especiais de emprego e contadas empresas colaboradoras, polo que segue existindo unha importante brecha nos mecanismos de acceso ao mercado laboral.

Bibliografía:

 

 

Advertisements

26 comentarios en “Teño discapacidade e busco traballo: misión imposible?

  1. Me ha encantado leer esta publicación de Lucía, tanto por la redacción como por el contenido que ofrece. Como persona residente temporalmente en Galicia, no conocía ninguno de los programas de ayudas ni organizaciones que se han mencionado a lo largo del texto, y ya solo por eso, me parece que cubre bastante bien la dimensión informativa.

    Por otro lado, es fundamental para la sociedad ver a las personas con discapacidad o disfuncionalidad como personas perfectamente capaces de ocupar un puesto de trabajo de manera eficaz, sino incluso mejor que alguien que no sufra una discapacidad, debido a la gran formación que se les pide a estas personas. Como bien resalta Lucía en palabras de Ricardo Varela, la formación es imprescindible para encontrar un empleo.

    Además, me gustaría aportar algo a la publicación, y es que estas personas no están capacitadas solo para encontrar trabajo, sino que gran parte de ellas tienen un fuerte potencial artístico. Muestra de ello es la exposición “Lembranzas”, que se inauguró el pasado 1 de marzo en la Fundación Eugenio Granell (Plaza do Toural, Santiago de Compostela). La inauguración de esta exposición (a la que tuve el placer de asistir días después), comenzó con una mesa redonda “Mulleres con diversidade funcional”, en la que, conmemorando el día de la mujer, la presidenta VIgalicia (Vida Independente de Galicia), Anxela López Leiceaga, resaltó la desigualdad social que padecen las mujeres con diversidad funcional, que son aquellas que tienen más posibilidades de sufrir abuso.

    Por aquí dejo el enlace a la página oficial de VIgalicia: http://www.vigalicia.org/

    además del enlace al acto comentado anteriormente: http://www.vigalicia.org/mesa-redonda-mulleres-con-diversidade-funcional

    Por último, recomiendo totalmente acudir a la exposición (que estará en la Fundación hasta el próximo 26 de marzo), en donde dibujos de mujeres a lápiz, bolígrafo y carboncillo son los protagonistas.

    foi organizado polo Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa asociación Diresias Galicia,

    Gústame

    1. Paréceme moi interesante a túa aportación sobre as capacidades artísticas que, como seres humanos que somos, dunha forma ou outra desenvolvemos cada un de nós, ben sexa escribindo, compoñendo, pintando ou de mil maneiras únicas e diferentes. Polo tanto, as persoas con diversidade funcional non deberían quedar excluídas deste ámbito pero, coma sempre, atopamos as absurdas barreiras do medo e os prexuízos, e pensamos que a expresión artística está reservada a unhas élites que eliminan automaticamente ás persoas con discapacidade. Se a este cóctel de desigualdade lle sumamos que eres muller: pum!, xa temos unha mestura explosiva.

      Espero poder achegarme a esa exposición!

      Liked by 1 person

      1. Coincido contigo en eso de que el ser mujer y sufrir algún tipo de disfuncionalidad es un cóctel molotov. Como aportación a este post, también me gustaría hablarte de la Asociación Deportiva “Chan do Fento” (en referencia a esas “mil maneras únicas y diferentes” a las que hacías referencia en la respuesta a mi primer comentario).
        Creo que el deporte también es uno de los ámbitos en los que las personas con disfuncionalidad deberían destacar más. Esta asociación, ubicada en Meis (Pontevedra), firmó el pasado 5 de marzo un convenio con el que tratarán de fomentar que el campo de la Fundación Monte Castrove acoja clases de iniciación al golf para personas con discapacidad funcional.

        ¿Conocías de esta asociación y este convenio? Pienso que con este tipo de iniciativas se contribuye al desarrollo integral de las capacidades que tienen estas personas, y por tanto, una buena forma de iniciarse en el deporte.

        Por aquí te dejo el enlace para que puedas acceder a más información: http://www.chandofento.com/convenio-para-impartir-clases-de-golf-para-personas-con-disfuncionalidad/

        Un saludo.

        Liked by 1 person

      2. Non coñecía esa Fundación en concreto pero si iniciativas dese tipo desenvolvidas noutros centros. Meu irmán mesmo está nunha asociación chamada Avante e teñen esa mesma oferta de iniciación ao golf, incluso hípica.
        Desvincular ás persoas con discapacidade de mundos como o deporte ou a arte é marxinalos da sociedade. Temos o exemplo dos xogos paralímpicos. Cando poderá competir Teresa Perales contra Mireia Belmonte? (Tan extraterrestre como que unha muller compita contra un home).

        Gústame

      3. Una pregunta la que lanzas para reflexionar bastante. Estoy segura de que en unas competiciones donde participaran personas con discapacidad y personas sin ella, la sociedad nos llevaríamos muchas, muchas sorpresas (al igual que si una mujer compitiera contra un hombre, como bien apuntas). Esto me lleva a pensar al porqué a la mujer se la denomina como “sexo débil”, pensamiento incluso al cual le dedican programas de televisión, como en este caso que te dejo aquí: https://www.youtube.com/watch?v=XONyNhCQ6vU

        Una manera bochornosa de ridiculizar aspectos tan importantes como la violencia de género (lo que hablábamos anteriormente, si eres mujer y encima discapacitada: cóctel molotóv).

        Gústame

      4. “Sexo débil” e “persoas con discapacidade” son case símiles se te fixas. Débil lévanos a “menos capacitada” para certas actividades, como poden ser historicamente o deporte e a arte. Resúltanos imposible pensar que unha persoa que vai en cadeira de rodas porque ten paraplexia poida gañar unha competición de natación na que os demais non teñen ningunha discapacidade. De certo que sería interesante facer a proba.

        Gústame

  2. Cando dis que a discapacidade aínda é un tema tabú na sociedade e nos medios, non dis máis que a verdade. Mais eu engadiría algo: é un tema empregado con fins políticos, moitas veces. En noticias coma esta http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/lugo/2017/03/08/balseiro-expone-apoyo-trabajo-cegasal-integracion-laboral-personas-discapacidad/00031488971737107746102.htm, de La Voz de Galicia, preséntase a problemática da inserción laboral das persoas discapacitadas dende unha perspectiva meramente política. Fálase de CEGASAL, a asociación que ti mencionabas, e do apoio que lle ofrece – palabrería… – o delegado territorial da Xunta. Onde quedan, entón, as cuestións de fondo? Por que non se fai fincapé nas situacións dos afectados, máis que nas relacións institucionais? Ou é que acaso o importante aquí é que Balseiro apoia o labor de CEGASAL? Só faltaría que non o fixese…

    Por outra parte, tamén estou de acordo en que as persoas con discapacidade son presentadas nos medios como heroes, superadores de retos, grandes loitadores. Ás veces dá a sensación de que o único obxectivo destas novas é atraer clicks en rede apelando ás emocións dos lectores.

    Gústame

    1. Empregado con fins políticos polos medios de comunicación continuamente. A noticia pasa a ser a bondade do político de turno e non a moitas veces precaria situación que viven as persoas con discapacidade buscando emprego. É o fácil, os xornalistas moitas veces pecamos diso (se me permites incluírnos), a comodidade de deixar o traballo listo e non tratar de buscar as historias reais que hai detrás do marketing político. A velocidade é a restra de allos do xornalismo.

      Gústame

      1. Si, resáltase a boa acción dende a política. Pero, son reais? Eses apoios limítanse a ofrecer unha cantidade de cartos en troques de contratar unha persoa con discapacidade. Que vulgar maneira de axudar… E os medios, veña a facer publicidade (porque, ás veces, o publicado traspasa a estreita liña entre información e contido publicitario)

        Alén diso, sería máis útil que se lle dera visibilidade ao feito de que mentres as palabras baratas defenden a integración, as accións non as corroboran. Proba diso é que aínda seguen existindo numerosas barreiras arquitectónicas nas nosas cidades, por exemplo, ou as dificultades de inserción social no seu sentido máis amplo. Ao fin, trátase de buscar esas historias reais que ti comentabas.

        Bótalle unha ollada a http://www.abc.es/toledo/ciudad/20131223/abci-discapacitado-querer-poder-201312201441.html , a ver que che parece.

        Gústame

      2. Cando os medios se alían ca política non pode saír nada bo. O exemplo da miña publicación é unha mostra das malas prácticas duns profesionais máis preocupados por ter ao alcalde de turno contento que de ser responsables coa sociedade á que representan. E o mesmo se pode dicir dos líderes políticos, sexan presidentes do goberno ou alcaldes dunha pequena vila. Ao final a oportunidade de cambiar o que funciona mal pasa polas súas mans, e eles non fan máis que esperar a que a oportunidade escape para investir (ou gastar os cartos) noutras cousas máis “importantes”.
        O tema das barreiras arquitectónicas é o primeiro no que podemos reparar nas nosas cidades e vilas, tanto en lugares públicos (nun principio obligados a estar adaptados) como oficinas ou establecementos privados. Un edificio non preparado para unha persoa en cadeira de rodas non pode ser excusa para non contratar a esa persoa en cadeira de rodas. Parece un paso sinxelo e obvio, que no caso de levalo adiante cambiaría a vida de moitas persoas.

        Gústame

      3. En relación a iso que comentas, atopei isto (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2016/12/28/span-langglainda-quedan-moitas-barreiras-arquitectonicas-tamen-mentaisspan/0003_201612C28C8993.htm) publicado en La Voz de Galicia Unha rapaza afectada refírese xustamente a iso, ás barreiras arquitectónicas, e pón sobre a mesa un tema de interese: a modificación das instalación en aras de eliminar barreiras, pero sen éxito. Un exemplo serían as escaleiras substituídas por rampas dunha pendente espantosa. Os poucos cartos que se invisten acaban en saco roto?

        Grazas polas reflexións, Lucía.

        Gústame

      4. Efectivamente. Non fai falta ir moi lonxe para velo. É relativaente sinxelo poñer unha rampa estilo “Everest”, como con sorna menciona a rapaza. Con que fin? Tristemente paréceme que o fin é o lavado de imaxe do político de turno. “Cumpre” cos veciños e morra aquí o asunto.

        Quédanos moito camiño! Gracias a ti por crer que hai formas mellores de facer as cousas.

        Liked by 1 person

  3. Moi bo post, Lucía. Á marxe de tódolos temas aos que lle das unha volta neste artigo, eu botaría en falta unha parte fundamental: o monetario.
    Ben é certo, coma afirmas, que encontrar emprego para unha persoa con discapacidade física supón nalgunhas ocasións un verdadeiro reto. Porén, esqueces mencionar, ademais dos centros de emprego especializados, os incentivos económicos que ofrece a Administración Central e a Autonómica. Estes inclúen unha cuantía fixa por cada persoa con minusvalía contratada, que logo se ve incrementada dependendo de factores como o tipo de contrato, o grao de discapacidade, etc. Non son as únicas subvencións ás que poden aspirar as empresas contratantes, que poden redondear máis as cifras percibidas adaptando as zonas de traballo ás necesidades dos traballadores, por exemplo (máis información en https://www.portalento.es/Comunicacion/Noticias/Detalle/beneficios-fiscales-por-contratar-discapacitados-en-tu-empresa/3095).
    Este tipo de discriminación positiva respecto ao colectivo moitas veces supón que se utilice ás persoas con discapacidade física como unha especie de moeda de cambio. Nun caso que asaltou os medios de comunicación o ano pasado (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/culleredo/2016/04/22/consegui-dificil-trabajo/0003_201604H22C5991.htm) podemos observar o auténtico caos que se forma cando unha empresa deixa de percibir esta bonificación.
    Plantéxoche unha cuestión, con estas cartas sobre a mesa, e dando por sentada a importante labor que desenvolven en organizacións como COGAMI ou CESAGAL: É este, o das subvencións, o camiño adecuado para lograr unha integración laboral efectiva? Habería ou hai unha solución alternativa ao incentivo económico para que as persoas con minusvalías poidan acceder a un emprego de calidade?
    Un saúdo, sigue nesta boa liña!

    Gústame

    1. A integración laboral efectiva chegará cando nunha entrevista de traballo non se prexulgue que unha persoa con discapacidade vai ter máis dificultade para desenvolver o seu labor. Incluso, e digo isto a sabendas de que se achega á ficción, cando “discapacitado” e demais non se usen como termos para etiquetar a ningúen.
      Mentres, temos o camiño das subvencións, moitas veces non aproveitado, aínda que poida parecer que si. No tema da accesibilidade no lugar de traballo xa se suspenderon moitas axudas… En fin, ponse en cuestión a súa efectividade cando nin por cartos baixa a taxa de desemprego.

      Preguntas cal é o camiño, a solución alternativa… Iso mesmo lles preguntamos nós ao noso círculo de lectura: como podemos cambiar a situación? como facer que unha empresa obrigada a ter o 2% do persoal con discapacidade cumpra ese mínimo minimísimo? Estaban de acordo, e eu tamén, en que o preciso é un cambio radical de mentalidade. Agora déixoche eu unha pregunta: tendo en conta que os feitizos non existen, como se cambia de mentalidade?

      Gústame

      1. Precisamente, as subvencións son as principais artífices de que as empresas estean a contratar persoas con minusvalías físicas. O problema vén dado porque non se atopa un término medio. As sociedades que dan o paso e comezan a contratar traballadores enmarcados neste colectivo, ao ver as vantaxas fiscais e económicas das que se benefician, pasan a copar a meirande parte do seu plantel. Mentres tanto, as empresas que non se queren “arriscar”, non dan oportunidade ningunha a estas persoas. Non hai un término medio.

        O mundo das subvencións (e nós como galegos, somos coñecedores do sistema de subsidios que nutren as explotacións gandeiras galegas) abre moitas portas e dá comezo a unha multitude de iniciativas. Pero non conciencia en si. Non por recibir unha retribución económica a moral da rede de empresas contratantes vai cambiar de golpe. Nin a da sociedade. Esta é unha loita, e xa que me plantexas cal é a solución á mesma, á cal non se lle vai poñer fin con este remedio. Séguese insistindo (http://www.lavanguardia.com/vida/20170306/42575833696/economia-convoca-subvenciones-para-la-integracion-laboral-de-personas-con-discapacidad.html) con ela, pero segue sen conseguirse a meta da integración. Non sei como se pode cambiar a mentalidade dunha sociedade enteira; pero utilizar un colectivo como moeda de cambio non é unha opción, dende logo.

        Gústame

      2. Está claro que se poñemos cartos de por medio estamos anulando calquera “moral” que poida existir, xa que damos prioridade ás vantaxes fiscais fronte ás capacidades dos empregados, pero polo de agora é o que hai. De todas formas, o exemplo de CEGASAL non está posto por casualidade. Cando as subvencións poñen as regras do xogo, atopamos empresas con máis do 95% do persoal con algunha discapacidade, incluidos xerentes. Queda moito por mudar, e non sei se imos polo bo camiño, pero os pequenos exemplos permítennos ter algo de confianza.

        Gústame

      3. La pela es la pela. Está claro que se non é por subvencións, os empresarios non van renunciar a darlle o posto que podería ocupar unha persoa minusválida a calquera outro traballador. Isto pasa no mundo laboral, no agrario e no día a día. Con tal de sacar beneficio… E por iso mesmo non vexo outra alternativa que a de concienciar. A labor que durante todo o curso levastes a cabo dende o teu grupo potenciou este aspecto. Os parecidos que gardades coa nosa temática fainos estar máis preto e coñecer de primeira man as barreiras que pon unha discapacidade, sexa esta física ou mental. Parabéns por todo o traballo, Lucía!

        Gústame

      4. Parabéns tamén a vós. Ben sexa discapacidade ou saúde mental, podemos facer moito por desestigmatizar a sociedade. Se partimos da realidade de que todos temos capacidades para desenvolver un traballo, lograremos que estes colectivos teñan unha maior autonomía e nivel de vida.

        Gústame

  4. Como se di no texto, a discapacidade segue implicando a día de hoxe serias dificultades para acceder ó mundo laboral, e en xeral, ao social. O máis sorprendente é que nos medios se trate pouco este tema, considerando que deberían ser eles os que puideran ser capaces de realizar importantes cambios que provocaran que a figura do nomeado discapacitado se convertera simplemente na figura dunha persoa, sen máis. É evidente que os prexuízos que se tiñan fai uns cantos anos seguen aínda vixentes na sociedade, o que fai que os medios, na gran maioría das ocasións, reflictan eses valores que eu considero xa arcaicos. E non só me refiro ao caso das persoas con discapacidade, senón ás persoas, por exemplo, cunha orientación sexual distinta á heterosexual, cuxa elección persoal semella que define quen é (cando é o que menos importa da mesma). A sociedade puido avanzar, si, pero seguimos vivindo nun mundo no que nos queren diferenciar socialmente con etiquetas: se unha persoa é bisexual, se é transexual, incluso se é muller. E os medios reflicten iso. E o feito de que teñas unha discapacidade, sexa física ou psíquica, non quere dicir que sexas menos ou máis que alguén, non quere dicir que non poidas traballar ou tocar un instrumento, non quere dicir que a túa personalidade se vexa limitada.
    En canto ó aspecto artístico, si que penso que é importante e necesario que existan asociacións, como a Asociación Nacional de Artistas con Discapacidad A.C. (https://www.facebook.com/Asociaci%C3%B3n-Nacional-de-Artistas-Con-Discapacidad-AC-Anadac-287377767949242/), que axuden a visibilizar e a impulsar o traballo de persoas con discapacidade, xa que como se pode ver na súa páxina, son totalmente válidos para tocar instrumentos como os demais. Pero penso que se pode dar un paso máis: por que, ademais de crear asociacións especializadas en persoas con discapacidade que faciliten a convivencia entre elas non se fai que estas persoas compartan as súas vivencias con individuos que teñan capacidades distintas ás delas?

    Gústame

  5. Temos que ter claro que a base para a integración pasa por que os medios falen das persoas con discapacidade non pola súa discapacidade. Algo complexo, cando podemos ver que nas informacións sobre a integración laboral deste colectivo prima máis o político de turno que se achega case que a bendecilos.
    Pero os medios, ao fin e ao cabo, son un mero reflexo da sociedade; e a sociedade, a mentalidade, por moito que nos pese, non cambia do día para a noite. Facía falta algún atrevido que cuestionara o sistema.

    Non coñecía a Asociación da que me falas, pero (sen pretender quitarlles méritos) non che falta razón cando dis que “separar por etiquetas” non nos leva a ningures.
    Vénme á cabeza agora mesmo a campaña “Cierra Unicef”, que pon sobre a mesa que nunha sociedade xusta, Unicef e moitas outras organizacións non existirían. Pois o mesmo pasa coa Asociación de Artistas con Discapacidade ou calquera dos Centros Especiais de Emprego que trato na miña publicación.

    Liked by 1 person

    1. O que non entendo é por qué os medios aceptan isto. Quero dicir, para toda profesión existe un código deontolóxico, que por definición é un documento que recolle un conxunto de criterios, apoiados na deontoloxía con normas e valores que asumen quenes exercen unha actividade profesional, e o xornalismo tamén ten este código. Se eres xornalista deberías ser consciente dos valores morais que existen e, polo tanto, cómo se debería tratar a determinadas persoas. Se unha persoa ten unha discapacidade, sexa física ou mental, os xornalistas deberían ser quenes de saber cómo tratar a información relacionada con este asunto. Ti cres que o código deontolóxico do xornalismo pode facer que a visión dalgúns comunicadores cambie dalgunha maneira? Ou son máis responsables os directores dos medios que aceptan que certas noticias se publiquen?

      Gústame

      1. O código deontolóxico debería estar aí para que todos apoiándonos nel fósemos máis responsables coas cousas que publicamos. A responsabilidade é unha cadea que pasa dende o director do medio ao xornalista que escribe, o público que le sen cuestionar… Deberíamos ser todos máis minuciosos coas informacións que tratamos. O que pasa é que un xornalista, por moi xornalista que sexa, non deixa de ser unha persoa que moitas veces por acabar pronto o seu traballo non reflexiona sobre o dano que pode estar facendo. E desde arriba tampouco importa que a unha persoa con diversidade funcional se lle trate de “disminuído”.

        Gústame

      2. Estou totalmente dacordo co que dis. Eu penso que os xornalistas deberían estar moito máis comprometidos e ser máis rigurosos coas informacións que publican, en definitiva, máis profesionais.
        Gustaríame compartir contigo un artigo sobre o reclamo que fan xornalistas con discapacidade para que os medios traten con normalidade ás persoas coma eles. A ver qué opinas:
        http://www.noticiasdegipuzkoa.com/2016/10/29/sociedad/periodistas-con-discapacidad-piden-rigor-a-los-medios

        Gústame

    2. Se todos puxésemos da nosa parte sería moito máis sinxelo. Vulnerando os dereitos deste colectivo non estamos sendo bos profesionais. No xornalismo non debería haber lugar para informacións racistas, homófobas, sexistas, discriminatorias… Os medios son o espello no que se mira a sociedade, e a sociedade reclama medios libres e responsables.

      Liked by 2 people

  6. A discriminación positiva que moito dor de cabeza da!!!…pero e que ainda así non contratan á xente con diversidade funcional. Non é fácil buscar unha solución que poida contentar a todos e que ademáis sexa a acertada…por iso idearon este incentivo!!! A xente en xeral, e os empresarios en particular, téñense que concienciar e lévalles tempo. Non sei… pero parece que a sociedade non acaba de avanzar senón que ainda vai en retroceso…bueno ou iso é como eu o vexo dende a miña humilde opinión claro.

    Gústame

    1. A discriminación positiva é unha solución cos días contados na miña opinión. Fan falta mentalidades renovadas e leis que amparen ás persoas con discapacidade para que se vexa unha mellora real neste senso. E tamén responsabilidade por parte dos medios de comunicación. Está nas nosas mans cambiar a maltratada imaxe que ten a sociedade da discapacidade.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s