O traballo para unha persoa con discapacidade

A discapacidade é un termo que ten unha definición moi complexa e que non todo o mundo interpreta de igual maneira. Pois ben, a discapacidade ou persoa discapacitada poderiamolo definir como aquela que non está capacitada para realizar certos movementos ou traballos a causa dalgunha lesión ou deficiencia conxénita ou adquirida. Porén, non debemos pensar que unha persoa con discapacidade só é aquela que vai nunha cadeira de rodas, pois a diversidade funcional tamén inclúe a xente con xordeira ou cegueira, por exemplo. 

Pequenos avances que abren novos camiños

Algunhas persoas poden crer que a xente discapacitada non pode traballar, que non quere ou non o necesitan porque coa pensión que lles dá o goberno xa lles chega para vivir. Pero este non é un pensamento correcto, posto que eles teñen que gañas de traballar, gústalles e sempre buscan a maneira de convencer ás empresas para que os contraten, coma o resto da sociedade. Asemade, a pensión que perciben é escasa e na maioría dos casos non lles chega para vivir dunha maneira folgada e sen pasar apuros a finais de mes. Esta vontade por traballar, por vivir sen contratempos fai que os gobernos vaian creando emprego de maneira progresiva para ir diminuíndo a enorme desigualdade que existe.

Afortunadamente, estamos achegándonos cada vez máis á igualdade en termos do ámbito laboral. Moi pouco a pouco, pero avanzamos. O diario coruñés La Opinión anunciaba o seguinte hai uns poucos días: “Galicia celebrará sus primeras oposiciones para discapacitados intelectuales“. Isto é unha nova moi importante para toda a sociedade. Representa o camiño que se leva andado en termos de traballo para estas persoas ata chegar a crear novas prazas e concursos de oposicións só para os discapacitados, aínda que de momento, só nos postos de ordenanza. Ademais, a Xunta ten a intención de aumentar o número de prazas e os diferentes postos de traballo, posto que a demanda é moi alta  – teñen previsto presentarse 429 persoas -. A Xunta ofrecería 33 prazas máis que se repartirían da seguinte maneira: 17 prazas para traballar como celador no SERGAS, 12 para traballar como funcionario subalterno e catro prazas para estar empregado nos corpos auxiliares pertencentes ao grupo C2, é dicir, para ser administrativo.

O contado ata o de agora conforma a parte positiva da noticia e da medida que vai tomar a Xunta de Galicia, xa que pretende diminuír a desigualdade existente. Pero con todo, segue habendo moi poucas prazas ofertadas para a gran cantidade de xente que se vai presentar. Ademais do número de prazas, tampouco se explican os requisitos necesarios para formalizar a presentación ás oposicións. Polo tanto, a Xunta debería buscar a maneira de crear novos postos de traballo e tamén proporcionar subvencións ou premiar a aquelas empresas que velan pola contratación de persoas con diversidade funcional para así incentivar a que máis empresas o fagan.

Mari Carmen, un exemplo para a sociedade

Nunha situación de emprego atópase Mari Carmen, membro do noso círculo de lectura crítica. Ela é unha muller que traballaba nunha perruquería, pero que por certas circunstancias non puido seguir desempeñando a súa labor e tivo que solicitar a incapacidade laboral.

Tiven a oportunidade de lle preguntar como se sentiu cando tivo que pedir esta incapacidade e deixar o seu posto de traballo. Díxome o seguinte: “notei un cambio moi importante na miña vida, tiven que deixar o traballo para o que me preparara e tiven que buscarme a vida para atopar un novo emprego”. Na actualidade, atópase traballando de novo pero sabe de primeira man todo polo que pode pasar unha persoa para atopar emprego. “É unha sensación horrible. Tes que buscar un novo emprego, pero non sabes como facelo porque non tes nin idea”, coméntame. Con todo, logo conseguiu superar esa “sensación” e correu unha sorte que outros moitos non tiveron: “ningunha empresa me puxo impedimentos na contratación”. Si é certo que tivo que rexeitar empregos porque “pola miña incapacidade non podía desempeñar determinadas tarefas”. Tamén me transmitiu a súa querenza porque se creasen novos postos de traballo, sobre todo, no sector servizos, para así acadar que os discapacitados consigan traballar de cara ao público na Administración.

Isto pode ser unha historia con final feliz porque, a pesar de ter que deixar o seu emprego, conseguiu atopar un novo emprego onde se sinte feliz. Pero este feito, desgraciadamente, moi poucas veces se cumpre, pois a maior parte das persoas que teñen que deixar o seu posto de traballo pola diversidade funcional non son quen de atopar un novo emprego, porque os consideran demasiado maiores ou porque as empresas lles poñen moitos impedimentos para contratalos. Por todo isto, nós, como xornalistas, temos a obriga de difundir todas as súas dificultades e os seus logros no ámbito laboral para así chamar a atención das empresas. Así poderían aumentar as posibilidades de que estas accederan a contratar ás persoas discapacitadas sen tanta traba de por medio.

 

 

Advertisements

31 comentarios en “O traballo para unha persoa con discapacidade

  1. Estou de acordo con que a pensión que se lles proporciona aos discapacitados é ínfima, polo que o Estado debería comezar por facer xustiza por este tema. Queremos que as persoas con discapacidade teñan igualdade, pero non facemos nada para que isto ocorra. É certo que agora atópanse con máis oportunidades, pero aínda así a igualdade non está ao alcance de todos. Paréceme moi interesante o artigo de “La Opinión”, está é unha boa oportunidade, aínda así é verdade que son moi poucas as prazas para a cantidade de persoas que se presenta.
    Déixoche aquí un artigo como exemplo da desigualdade dos empregados con discapacidade, un estudo realizado polo Instituto Nacional de Estatística que expresa que estes cobran un 17’1% menos que o resto da xente:
    http://www.elcomercio.es/economia/201703/19/empleados-discapacidad-cobran-media-20170319004252-v.html
    Por último, a historia de Mari Carmen pode ser útil para moitas persoas que se atopan na mesma situación ca ela, porque unha persoa discapacitada pode ser capaz de todo, pero coas múltiples barreiras que se atopa redúcese a súa vida laboral e persoal.

    Liked by 1 person

    1. O artigo do xornal El Comercio é unha clara mostra do longo camiño que nos queda por percorrer para lograr a igualdade. As empresas e o Estado teñen que buscar a maneira de solucionar esas enormes diferencias que hai á hora de cobrar un salario, posto que as persoas con diversidade funcional traballan as mesmas horas que as persoas sen discapacidade. Por sorte, hai empresas como Decathlon ou Alcampo que se preocupan por este colectivo e buscan a maneira de ofrecerlles un emprego como se recolle nas seguintes noticias: http://www.infobierzo.com/decathlon-demuestra-su-afan-integrador-contratando-a-un-miembro-de-asprona-bierzo-para-un-periodo-de-practicas/300022/ e http://www.portalparados.es/iniciativa/alcampo-se-compromete-a-contratar-a-150-discapacitados-en-los-proximos-3-anos/
      A este tipo de noticias, tanto a túa como as miñas, deberían dárselles unha maior difusión para tratar de lograr unha maior concienciación por parte das empresas e así accedan a contratar máis xente con diversidade funcional.

      Liked by 2 people

      1. Estou de acordo Iago, os medios de comunicación deberían amosar as dúas caras da moeda. Por una banda a noticia de El Comercio onde se amosa que aínda lle queda moito por loitar a este colectivo, pero pola outra as túas dúas noticias onde podemos ver que nada é imposible, e que pouco a pouco se está conseguindo a igualdade para as persoas discapacitadas.

        Liked by 1 person

  2. Concordo totalmente contigo nas ideas expostas neste artigo, Iago. Cada ano que pasa, os esforzos pola inclusión laboral deste colectivo avanza, cada vez son máis as facilidades que ofrece o Estado para que se contrate aos integrantes deste colectivo, pero quizais o proceso non leva a velocidade que debería.
    Estamos a falar dun tema moi delicado, e estas persoas non poden agardar. As pensións son insuficientes, pois é imposible sobrevivir con elas se non contas con algún outro apoio económico e cada vez son máis os damnificados.
    As empresas non terminan de solidarizarse con estos procesos e son moitos os discapacitados que sofren exclusión laboral. Sen ir máis lexos, a semana pasada a Voz de Galicia entrevistou a uns ex traballadores da empresa Ragaki que sufrían discapacidade e tiveron serios problemas á hora de encontrar traballo. Paréceme un bo exemplo do tema que estamos a tratar e que reflexa a situación tal e como é, cun título que deixa moi as claras a opinión das empresas respecto a este tema: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2017/03/05/58-mujer-discapacidad-imposible-dicen/0003_201703O5C1997.htm

    Liked by 1 person

    1. Tristemente, o titular reflicte perfectamente o grave problema que sofren as persoas con diversidade funcional. Para moitos homes con discapacidade xa é moi difícil atopar emprego pero para as mulleres o teñen aínda máis compricado, aínda que isto tamén pasa nas persoas que non teñen discapacidade. Por sorte, organizacións como Cogami preocúpanse por eles e intentan buscarlles posibles empregos ou lles informan de posibles cursos para ter unha maior formación. A sociedade ten que intentar darlle difusión ás noticias que amosan o avance que se está producindo no emprego, como as dúas que puxen na publicación, ou como esta http://www.lavanguardia.com/vida/20170221/42200752364/coordicanarias-forma-a-15-personas-con-discapacidad-para-su-insercion-laboral.html na que promoven un curso para a inserción laboral.

      Liked by 1 person

      1. Totalmente dacordo, Iago. Se para os homes é complicado, para as mulleres aínda máis, pero ese xa é outro tema.
        Sen dúbida, se alguén ten o poder de influir na opinión pública e de educala dun xeito positivo para todos, eses son os medios de comunicación. Deben darlle maior difusión a este tipo de actividades e transmitir a sociedade unha realidade, que os discapacitados son persoas que merecen tantas oportunidades coma calquer outra.
        Como ben dis ti, Cogami é unha das organizacións que máis se preocupa por estes colectivos e están conseguindo uns grandísimos resultados dende hai anos. Sen embargo, é complicado atopar información nos medios sobre unha organización na que prevalecen tan nobles fins. Aquí che deixo un artigo do Diario de Ferrol, que define un pouco o funcionamento de Cogami: http://www.diariodeferrol.com/articulo/ferrol/cogami-consiguio-insercion-172-personas-discapacidad-2014/20150122211958113110.html

        Liked by 1 person

      2. Moi interesante o artigo que aportas do Diario de Ferrol. Pois todo o que sinalan é completamente certo. COGAMI é das organizacións que máis axudan a este colectivo pero hai outras igual de importantes pero cuxa labor non é tan coñecida como poden ser CERMI. Nesta nova de 20 minutos (http://www.20minutos.es/noticia/3024526/0/cermi-rm-aplaude-incremento-ayudas-para-personas-con-discapacidad-gobierno-regional) vese un pouco os seus obxectivos.
        Nesta outra nova (http://ecodiario.eleconomista.es/sociedad/noticias/8326540/04/17/Casi-un-60-de-los-ciudadanos-cree-que-la-discapacidad-no-influye-en-la-tasa-de-absentismo-segun-un-estudio.html), trata sobre o absentismo laboral das persoas con discapacidade e das que non a teñen.

        Liked by 1 person

      3. Por suposto, temos a sorte de contar con varias asociacións destinadas a axudar a estes colectivos por cada unha das comunidades autónomas. CERMI é unha delas e desenrola perfectamente a súa labor, pero por cercanía, decidín citar a COGAMI.
        Respecto ao artigo que me presentas, é unha alegría ver que a opinión da xente é esa que mostra, moito máis cerca da verdade que a dos empresarios. O absentismo non ten por que ser un dos inconvintes para contratar a un discapacitado, é unha suposición errónea, pois como ben mostra este artigo, o absentismo laboral das persoas con discapacidade é inferior á media. http://www.20minutos.es/noticia/2504003/0/absentismo-laboral/personas-discapacidad/inferior-media/

        Liked by 1 person

      4. Claro, o absentismo non é un inconvinte. O que pasa é que os empresarios so queren persoas que lles resulten rentables, é dicir, que lles proporcionen uns beneficios. Eles de primeiras xa poñen moitas trabas ás persoas con diversidade funcional para contratalos porque pensan que non van ser capaces de facer esa tarefa ou porque van a coller moitas baixas laborais, e moitas veces escudanse no absentismo laboral para non contratalos e así que ninguen se lles bote encima por facer iso. Pero por sorte, isto esta cambiando e cada vez se fai menos esta práctica.

        Gústame

  3. O problema físico que sofren algunhas persoas imposibilita levar a cabo unha vida normal. Non entanto, esto non ven dado pola súa discapacidade, senón pola falta de concienciación e esforzo das institucións por buscar a equidade entre as persoas discapacitadas e as persoas que non teñen ningún tipo de problema físico. Como dis ti no teu post, existe unha gran cantidade de impedimentos tanto laborais, no entorno do salario ou na facilidade para encontrar emprego, coma noutros aspectos máis cotiáns da vida.
    O mundo aínda non está concienciado do que supón ter unha discapacidade física e realizar as mesmas tarefas que calquera outra persoa sá. É porén que calquera actividade enfocada á denuncia destos impedimentos é indispensable para a consecución do obxectivo último: a igualdade.
    Deixo un enlace a unha noticia que semella interesante polo afán de superación e de visivilización dun problema que non está normalizado nin superado:
    http://cultura.elpais.com/cultura/2017/01/30/actualidad/1485785508_367953.html
    No tocante á experencia de Mari Carmen, paréceme un pequeno paso adiante neste ámbito da saúde e das institucións. Aínda así, por desgraza, esta situación non é a tónica habitual polo que aínda queda un longo camiño que recorrer, e esa é a nosa tarefa como xornalistas.

    Liked by 1 person

    1. Completamente de acordo coa falta de concienciacións que hai na sociedade. Todos pensan que una persoa por ter unha discapacidade xa é diferente ás demais e que non pode facer as mesmas cousas, cando iso é mentira. A xente con discapacidade é posible que faga moito mellor un traballo que outra persoa que non a ten pero iso, agora, non o podemos saber porque non lles dan esa oportunidade, e iso ten que cambiar.
      No tocante á noticia que sinalas, é un claro exemplo de superación e do que se pode lograr se se conta con apoio e oportunidades. Nós como xornalistas deberiamos difundir este tipo de noticias para demostrar a cidadanía que calquera persoa é válida para realizar calquera tarefa. Tamén se lle debería dar difusión a este tipo de noticias http://www.cuatro.com/noticias/sociedad/CEU-discapacidad-funcional-ejemplo-entrega_0_2343075805.html para saber por todo o que pasa unha persoa que convive con xente con discapacidade.

      Liked by 1 person

      1. A noticia que sinalas amosa unha realidade descoñecida que non se ten en conta na maioría dos ambitos. Tampouco se ten en conta as limitación que sofren os familiares para combinar o coidado dos fillos ou parentes enfermos, coa súa vida laboral e cotiá. É porén que na maioría dos casos, os factores económicos se interpoñen coma un muro ante estas familias, impedindo un tratamento correcto dos seus problemas.
        Precisamente por iso, tamén é necesario visivilizar a carga que conleva ser un familiar dun discapacitado físico, á marxe do cariño que se poida sentir polo efermo.

        Liked by 1 person

  4. Efectivamente, a integración de todas aquelas persoas con diversidade funcional debería de ser unha das principais materias nas que as autoridades políticos puxesen o foco de atención. Non creo que proporcionar pensións por discapacidade sexa a solución a largo prazo, xa que finalmente o que semella fomentar é unha maior discriminación. A decisión correcta sería premiar e promover as diversas políticas de integración laboral. A presidenta de Navarra, Uxue Barkos, avogaba a pasada semana por este tipo de medidas nunha comparecencia que recolleu nas súas páxinas o Diario de Navarra, penso que podería ser interesante (http://www.diariodenavarra.es/noticias/navarra/2017/03/17/barkos_aboga_por_integracion_personas_con_discapacidad_522202_300.html).

    Liked by 1 person

    1. Sen dúbida ningunha, os políticos deberían seguir o exemplo de Barkos e intentar exportalo a todas as cidades de España e do mundo. Por unha parte, a sociedade ten que concienciarse sobre a discapacidade, saber o que é e que non debe ser nunca un motivo para a discriminación. Por outra banda, os políticos e a Administración deben facilitar a súa integración á sociedade creando postos de traballos para eles e ofrecéndolles máis axudas, porque en moitas ocasións, a maioría non sabe o que ten que facer ou como pode facer para solicitar a discapacidade ou solicitar emprego. Por sorte, parece que iso vai cambiando gracias ás intitucións que crean campañas para o emprego como a que se recolle na seguinte noticia http://www.lacerca.com/noticias/ciudad_real/inserta_promueve_jovenes_discapacidad_goles_paro-356452-1.html e a que me gustaría que lle botases un vistazo e me deras a túa opinión.

      Gústame

      1. Grazas pola información Iago, non tiña coñecemento da existencia dese proxecto. Unha vez lida a devandita proposta, hei de dicir que me parece unha iniciativa moi positiva e que sen dúbida recibirá unha grande acollida. Todos aqueles proxectos que fomenten a integración laboral son proveitosos. Outro exemplo é este que atopei lendo as novas da Axencia EuropaPress: unha recoñecida entidade bancaria vai premiar aquelas propostas que resulten gañadoras do concurso “Convocatoria Capaces” (http://www.europapress.es/epsocial/responsables/noticia-bankia-fundacion-bancaja-entregan-150000-euros-quince-proyectos-insercion-personas-diversidad-funcional-20170321104539.html).

        Liked by 1 person

  5. Muy buen tema Iago!! Personalmente, tras participar en diversos talleres y actos realizados por personas con diversidad funcional, no tengo absolutamente ninguna duda de que pueden desempeñar correctamente un trabajo. Todas las personas tenemos limitaciones, solo necesitamos encontrar aquello para lo que somos más aptos.

    En mi comarca, en Asturias, conozco a varios jóvenes que trabajan, gracias a la labor y el apoyo de la Fundación EDES. Esta fundación cuenta con personal y recursos para acompañar a las personas discapacitadas desde la edad mas temprana hasta su etapa adulta, incluyendo en esta última la facilitación de la inserción laboral. EDES cuenta con un Centro Especial de Empleo: La Finca El Cabillón. Te dejo un enlace con información sobre él: http://fundacionedes.org/centro-especial-empleo/quienes-somos.php

    En mi opinión, lo mejor y mas especial que tiene este centro, es la unión de varias iniciativas sociales, ya que los productos, totalmente ecológicos, que estos jóvenes cultivan, se venden posteriormente en tiendas de Comercio Justo o en su propia tienda, que han abierto hace un par de años, precisamente para generar nuevos puestos de trabajo: http://www.fundacionedes.org/novedades/page.php?numero=325

    Liked by 1 person

    1. No conocía la Fundación EDES, pero sin duda, el proyecto que están llevando a cabo es digno de admirar, la manera en que aprovechan los productos que elaboran los jóvenes con discapacidad como la venta de dichos productos en el Comercio Justo es algo que se le debería dar más difusión, pues es un hecho muy llamativo. Es gracias a este tipo de asociaciones, como la que citas o como la asociación ASMC Ferrol (http://www.ascmferrol.com/empleo_cas.html) que las personas con capacidades múltiples se puedan llegar a integrarse totalmente en la sociedad. Lo que se debería hacer, es intentar que este tipo de iniciativas lleguen a las grandes empresas y que empiecen a contratar a personas con movilidad reducida para así ir logrando la tan ansiada igualdad.

      Gústame

      1. Estoy de acuerdo contigo Iago, esta es la clase de iniciativas a las que se debería dar más voz, a fin de conseguir mas apoyos, o por ejemplo más voluntarios/as.

        Echándole un vistazo al enlace de la Asociación ASMC, me llama la atención, y me gusta, un aspecto en especial: el servicio de orientación a las empresas sobre los incentivos para contratar a personas con diversidad funcional; ya que aunque muchas empresas no contraten deliberadamente a personas con necesidades especiales, supongo que muchas otras tendrán dudas sobre qué tipo de trabajo pueden ofrecer a estas personas.

        Respecto a esto último, me gustaría preguntarte ¿con qué tipo de discapacidad, ya sea física o intelectual, tiene una persona más problemas para acceder a un puesto de trabajo? Muchas gracias.

        Liked by 1 person

      2. A mi en su día, cuando me hablaron sobre la asociación ASMC también me había llamado la atención ese punto pues, desde mi punto de vista, es muy útil tanto para empresas como para personas con diversidad funcional pues así pueden resolver cualquier tipo de duda que tengan ambas partes a la hora de la contratación.
        Respecto a tu pregunta, depende de a qué tipo de trabajo quiera acceder, pues por unas limitaciones u otras, la persona con discapacidad no puede realizar esa tarea determinada. Entonces, como nos dijo Antonio, un miembro de nuestro círculo, “cada persona con diversidad funcional tiene que conocer cual es su limitación” y así saber a qué tipo de empleo puede acceder. Aquí te dejo este trabajo que trata sobre la integración de las personas con discapacidad intelectual en la sociedad. http://diposit.ub.edu/dspace/bitstream/2445/53928/1/Clara_Fernandez_Gabalon.pdf

        Gústame

      3. Gracias por el manual Iago! Sin duda es un tema sobre el que se puede, y se debe profundizar. Y no sólo en cuanto a los mecanismos de acceso al puesto laboral, sino al desempeño del trabajo, la conciliación, etc..

        En cuanto a dicho seguimiento, me resultó muy interesante esta propuesta de la federación `Plena inclusión Madrid´:http://www.plenainclusionmadrid.org/notas-prensa/talleres-formativos-para-la-prevencion-del-estres-y-el-sindrome-de-burnout-de-trabajadores-con-discapacidad-intelectual/ . El plan consiste principalmente en impartir talleres a los trabajadores con discapacidad intelectual, con el fin de evitar el estrés laboral o el Síndrome de Burnout. Teniendo en cuenta las cualidades de cada persona en particular, considero muy necesarios (y recomendables) estos talleres, ya que las personas con discapacidad intelectual, pueden ser en algún momento más vulnerables a dicho estrés laboral.

        Te adjunto también información sobre el Síndrome de Burnout: http://www.estreslaboral.info/sindrome-de-burnout.html

        Gústame

  6. Desde logo Iago é un gran tema o cal lle diches un toque sentimental coa entrevista e as declaracións de Carme, gustoume moito.

    Eu desenvolvo o tema da discriminación dos medios a muller no ámbito laboral, e chamoume a atención que unha das cousas que lin nalgúns manifestos era que fomentar o tipo de titulares como o presenta o diario coruñés ”La opinión” xa é un tipo de discriminación. Posto que con ese titular deixannos entrever que que se fagan oposicións para este tipo de persoas é algo excepcional e sorprendente, cando tiña que ser o normal. Deixoche aquí outro titular similiar: http://www.enpozuelo.es/noticia/7230/sociedad/madrid-favorece-la-insercion-laboral-de-discapacitados-intelectuales.html

    No meu día a día conto ,no meu entorno, con persoas que teñen algún tipo de dificultade para desenvolver certas tarefas e temos comentado o trato que os medios fan sobre eles. O que pensan cada vez que os medios aportan algunha información sobre eles que non aportarían sobre as persoas sen ningunha discapacidade, estalos a discriminar. Ti que pensas disto?

    Liked by 1 person

    1. É certo que ao facer este tipo de titular, o que sinalas de La Opinión, pode ser un tipo de discriminación pero neste caso sería necesario salientalo para dar a coñecer este feito histórico que ten lugar.
      Eu penso que os medios de comunicación o fan porque son noticias que lles resultan chamativas e que non pensan se esa noticia vailles molestar ás persoas con discapacidade. En certa medida pode ser que o fagan porque non teñen a suficiente información sobre a situación ou porque non están concienciados do grave problema que é a discapacidade, polo que creo que poden estar discriminando en certo modo. Non obstante, si que hai que salientar os medios que publican noticias relacionadas co tema para intentar concienciar a cidadanía desta problemática como pode ser esta nova publicada no Correo Gallego http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/nueva-residencia-aspronaga-financiada-amancio-ortega/idEdicion-2017-03-24/idNoticia-1047423/

      Liked by 1 person

      1. Tes razón no que dis Iago, que é un feito que quizais polo seu contido histórico debe saír, pero unha vez que sae, os medios como conformadores da opinión da sociedade que son, na miña humilde opinión, creo que lle deben dar outro enfoque ou un plus. É dicir, pareceme correcto que informen sobre este suceso, pero tamén poden empregar unhos cantos caracteres a falar de como as persoas que presentan algun tipo de discapacidade non son especiais nin diferentes ao resto, simplemente que o teñen un pouco máis complicado, e que teñen que ser tratadas como o que son, traballadores, non como un colectivo aparte a este conxunto, non sei se explico o que quero dicir…

        En canto a nova que me presentas é unha gran idea de Amancio Ortega e un detalle a ter en conta para o resto das persoas. As persoas cando non temos a realidade cerca de nós, cóstanos ser empáticos e cóstanos axudar, por iso é importante que personalidades como o dono de Zara, coñecido en todo o mundo, teña este xesto e sirva de exempro o resto.

        Liked by 1 person

  7. O caso de Mari Carmen paréceme moi alentador, gustaríame pensar que todos os casos son como ese, malia esta claro que isto non é así. Lamentablemente hoxe en día as empresas seguen mostrándose reticentes á hora de contratar a persoas con discapacidade. Considero que son individuos estigmatizados, é pode ser verdadeiramente complicado ademáis de duro loitar contra un estereotipo marcado na sociedade.

    Con respecto ao que contas sobre as oposicións dirixidas a persoas con discapacidade, paréceme un grandísimo avance, dado que a pesar de que os postos ofertados son moi poucos tendo en conta o alto número de suxeitos que se presentan o mesmo ocorre coas oposicións enfocadas á población en xeral. Con isto penso que é un gran achegamento cara a igualdade.

    Gustaríame saber que pensas ao respecto desde artigo publicado polo xornal El Diario no cal asegúrase que as persoas discapacitadas cun bo currículum son as que atopan máis dificultades á hora de encontrar emprego: http://www.eldiario.es/sociedad/discapacitados-discriminacion-ciencia_0_455655368.html

    Liked by 1 person

    1. Penso que El diario trata moi ben o tema porque lamenteblemente é verdade. As persoas con diversidade funcional que teñen un alto nivel de estudios teñen máis dificultades para acceder aos postos que lles corresponden porque non hai moitas prazas reservadas para eles. As empresas parece que non queren a persoas con discapacidade ocupando altos postos porque creo que pensan que non van a ser capaces de realizar esas tarefas ou polo imaxe que poidan proxectar o público. Ademais de pensar que cantas baixas me vai a coller esta persoa debido á discapacidade.
      Por sorte, hai asociacións que se dedican a formar a xente con diversidade funcional para que poidan traballar ou axudar a outra xente con discapacidade como é o caso que recolle esta nova: http://www.lavanguardia.com/vida/20170427/422086797938/forman-a-150-personas-con-discapacidad-para-que-sean-asistentes-personales.html
      Me gustaría que opinases sobre esa nova e sobre este caso que é un gran exemplo para todas a persoas con diversidade funcional: http://www.telecinco.es/informativos/sociedad/Torstein-Lerhol-politico-discapacidad-superacion_0_2357775486.html

      Gústame

      1. Para comezar gustaríame resaltar o feito que dis sobre a importancia que a miúdo as empresas lle dan á imaxe, provocando que por esta razón non contraten a persoas con diversidade funcional. Penso que si esto ocorre hoxe en día estamos moito peor do que parece a simple a vista.

        Por outra banda, ambos enlaces que me adxuntas levan a creer que non todo vai tan mal, e que existen persoas dispostas a loitar por unha igualdade. Ogallá existisen máis organizacións dispostas a formar á poboación discapacitada para darlles unha oportunidade laboral, como a que se mostra no artigo de La vanguardia, malia se as empresas se mostran reticentes á contratación o problema vai persistir.

        En canto a noticia de informativostelecinco.com que conta a historia dun político noruego ao cal a súa discapacidade non lle impediu acadar as súas metas, penso que é unha gran historia de superación persoal. Mais que este feito sexa noticia levame a pensar que os casos coma este son tremendamente escasos. Se esto é certo ainda queda moito que facer para normalizar a situación. Crees que a miña visión é demasiado pesimista ou verdadeiramente é así? De estar eu no certo, quen consideras que ten a meirande culpa do problema, a sociedade ou as institucións?

        Liked by 1 person

      2. Certamente eu creo que a túa visión é a que ten a maioría das persoas que seguen de cerca o tema da diversidade funcional, ben sexa porque teñan algún familiar que a teña ou porque realmente lle interesa o colectivo, quizais un pouco menos negativa, pero na maioría dos casos é esa. É esa porque, aínda que se están tomando medidas que favorecen á inclusión laboral, non son suficientes e algunhas non conseguen o obxectivo que teñen marcado.
        Respecto á segunda pregunta, penso que é culpa dos dous, porque á sociedade non está concienciada sobre o tema e pasa del, a non ser que lles afecte, e as empresas porque non os consideran preparados para realizar as tarefas que demandan aínda que poden que as fagan moito mellor que unha persoa que non ten discapacidade. Todavía segue habendo esa discriminación laboral que se está intentando eliminar pero que todavía queda á hora de contratar a persoas con diversidade funcional. Aquí te deixo un enlace que amosa a baixa participación laboral deste colectivo http://ecodiario.eleconomista.es/sociedad/noticias/8324098/04/17/Solo-una-de-cada-cuatro-personas-con-discapacidad-esta-trabajando.html

        Gústame

  8. Parece que queda patente que a tasa de emprego en persoas discapacitadas segue estando moi por debaixo da das persoas que non a padecen. Este feito, como xa decía, paréceme moi grave. A visión que existe aínda a día de hoxe sobre que as persoas con diversidade funcional non estan preparadas para realizar adecuadamente un traballo penso que é completamente falsa. Existen persoas que padecen discapacidades e se esforzan moitísimo para acadar o coñecemento e práctica necesaria e cando o conseguen se ven marxinados. Ese esforzo debería estar premiado en lugar de pasar desapercibido, ademais hai que destacar que hai moitisimos postos de traballo que poderían realizar persoas con diversas discapacidades de forma totalmente axeitada.

    Con isto penso que o mellor é quedarse con casos como o de Mari Carmen que relatas ti, para tomalo como exemplo e continuar por ese camiño, tanto a sociedade como as institucións, dado que é o máis adecuado.

    Liked by 1 person

    1. Completamente de acordo, Sara. As persoas con discapacidade están igual ou máis preparadas que unha persoa sen discapacidade para realizar a tarefa. O único problema é a escasede de prazas reservadas para eles, ademáis da discriminación que reciben nalgúns ámbitos da Administración, onde no ves a ningunha persoa con discapacidade nun alto cargo.
      Como ves dis ti, o caso de Mari Carmen debería ser o habitual e o que habería que tomar como exemplo para poder avanzar e lograr a tan ansiada igualdade.

      Gústame

  9. Moi boas Iago, felicidades polo post!

    Non podo evitar atopar similitudes entre o voso tema e mais o noso. Tanto os desafiuzamentos coma os casos coma o de Mari Carmen precisan a mesma cousa: visibilización na sociedade e profundización no labor dos medios ao traballar con eles. Como ben dis, é o noso traballo como xornalistas exercer esta responsabilidade que non moitos semellan estar a ter en conta.
    Resulta lamentable a actitude que mostran as empresas cara ás persoas con discapacidade. Esa extrema reluctancia a contratalos nas súas filas só demostra ignorancia.
    Neste exemplo, a empresa en cuestión fixo todo o posible por desfacerse dun traballador cun 45% de discapacidade. http://kaosenlared.net/adicae-condenada-por-el-despido-improcedente-de-un-trabajador-con-un-45-de-discapacidad/. Botarlle unha ollada non estaría de máis.

    Un saúdo!!

    Liked by 1 person

    1. As empresas só se preocupan polos beneficios e pola imaxe que dan cara ao público. Por iso, as empresas so queren xente que sexa capaz de realizar a tarefa que demandan, e non queren contratar a xente con diversidade funcional porque pensan non van ser capaces de realizar esa tarefa, cando pode que sexa mentira e sexa máis capaz que unha persoa que non ten discapacidade.
      Afortunadamente, ese tipo de acontecementos, que ti sinalas, están a desaparecer, pois cada vez vai habendo unha maior concienciación respecto a este tema e se preocupan máis pola súa inclusión laboral. Aquí te deixo unha noticia onde se reflicte esto que digo, da maior contratación de persoas con diversidade funcional. Esta é a nova: http://www.20minutos.es/noticia/3025480/0/casi-3-000-personas-con-discapacidad-fueron-contratadas-region-durante-primer-trimestre-ano/

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s