Os ludópatas necesitan ludópatas

Trastorno ou enfermidade son dúas palabras que a xente acostuma a utilizar ao falar de ludopatía. O importante non é elixir unha palabra que defina mellor ca outra este problema, se non ser conscientes de que a ludopatía necesita un tratamento para a súa superación.

Os propios xogadores da Asociación Galega de Xogadores Anónimos (AGAJA) que compoñen o noso círculo, defínense como enfermos que recorren á asociación en busca dunha solución aos seus problemas. O tratamento que se realiza en AGAJA está pensado para abordar a problemática de maneira integral. As terapias de autoaxuda son o escenario perfecto para lograr a identificación entre os membros e elaborar estratexias comúns que posibiliten o obxectivo final da abstinencia da conducta aditiva.

Nas terapias en grupo nin o monitor, nin ningún dos compoñentes da mesma, aconsellan a ninguén. Nin xulgan, nin buscan ser xulgados. Cada membro ten a posibilidade de compartir as súas vivencias e emocións con persoas que teñen as mesmas experiencias. Esta é a base fundamental da rehabilitación, escoitar a experiencia de alguén que pasou polo que ti estás pasando nese momento. Todos os monitores da asociación son xogadores rehabilitados, de feito Carlos Besada, un dos membros do noso círculo,  confesa que estaría encantado de selo algún día e axudar nun futuro a toda a xente que o necesite. Este afirma tamén a necesidade de mellorar o tratamento da ludopatía con declaracións de xogadores rehabilitados e coa colaboración de psicólogos profesionais, aínda que as súas palabras non terán tanto peso nos afectados como as de outras persoas que sufriran a situación nas súas propias carnes.

Nico, un dos afectados que se atopa nesta asociación viguesa, fai fincapé na necesidade de recoñecer o gran esforzo que fan as asociacións como AGAJA, que se crearon por ludópatas para rehabilitar a ludópatas. Non se trata de que un organismo público diga que vai crear un  departamento para axudar a solucionar este problema, se non que deben ser os propios afectados os que se axuden mutuamente e entre todos crear unha colectividade de axuda común. Os organismos públicos e o Estado son os menos interesados en aportar unha solución a este problema, xa que son os principais beneficiados dos destrozos económicos dos xogadores adictos.

Os medios, ademais de non combater esta enfermidade, fomentan o seu desenvolvemento. Podemos ver varios exemplos claros nas previas dos partidos de fútbol. Nun partido que levantou gran expectación como foi o Atlético-Barça, chegaron a emitir ata cinco anuncios seguidos de casas de apostas distintas, sabendo que unha notable porcentaxe que vería o partido acabaría xogando e apostando.

Fai apenas un mes, a Xunta de Extremadura creou unha rede de xogo para reducir e previr a ludopatía.  Esta iniciativa xurdiu da Secretaría Técnica de Drogodependencias do Servicio Extremeño de Saúde (SES),  para traballar na procura de solucións preventivas e reducir os posibles danos que poidan ocasionar o uso indebido do xogo, sexa do tipo que sexa.

É curioso que os tres membros da asociación cos que falamos coincidan na idea de que a ludopatía é una enfermidade que terán sempre. A pesar diso, apoian a idea de que unha persoa que logra superar un proceso real e honesto de cambio, pode chegar a rehabilitar as súas capacidades, entre elas a de autocontrol e outros comportamentos afectados polo xogo.

O tratamento na rúa, o máis complicado

 “O feito de acabar a rehabilitación non significa que acabes de rehabilitarte”. Con estas palabras Carlos, transmítenos a idea de que a axuda que reciben da rehabilitación é boa pero non suficiente, xa que o tratamento continúa na rúa e na vida cotiá. O tratamento dura uns 18 meses aproximadamente, pero unha vez que rematas atópaste “só ante o perigo”.

Estamos rodeados de información que favorece esta patoloxía. A sociedade ten tan normalizada a compra de lotería, facer unha quiniela ou comprar un cupón da Once que ata nos sentimos mal se non o facemos. Carlos comparte esta idea e afirma que “estamos rodeados de xogos por todos os lados. Nun partido de fútbol veste tentado a apostar, se vas a un bar a tomar algo, hai máquinas tragaperras ou simplemente podes atoparte cunha humilde partida de cartas entre amigos”.

O feito de que cada vez haxa máis casas de apostas, casinos ou bingos, fai case imposible que a xente non se atope nun simple recorrido diario, con algún destes establecementos. A publicidade e expansión do xogo non axuda. “Se encedemos a televisión, podemos atopar programas nos que se chamas, che dan a posibilidade de gañar cantidades chamativas de diñeiro ou se encendes o ordenador enseguida che saltan páxinas de apostas, casino en liña ou xogos similares nos que podes gañar ou perder cartos”, asente Pablo, outro dos membros do círculo. Todo isto son tentacións que unha persoa que unha vez foi adicta ao xogo non pode controlar, similares ás de unha persoa que se atopa en plena dieta e lle pos diante o seu doce favorito, pero cunha repercusión que supón un fracaso á abstinencia coa que leva loitando meses.

Os tres membros que compoñen o noso círculo comparten a idea de que da terapia de AGAJA saes con armas para non caer nesta presión social. Iso é o que lles transmiten dentro da asociación, a necesidade de buscar as súas propias armas para non recaer, xa que a rehabitación fora é moito máis dura que dentro.

Advertisements

21 comentarios en “Os ludópatas necesitan ludópatas

  1. A ludopatía non é só unha enfermidade, senón que é un comportamento ou un, se se prefire, hábito socialmente aceptado e aceptable se o poñemos ó carón doutros tipos de actividades de ocio ou consumos. Pero este consentimento colectivo cara o xogo creo que deriva da propia filosofía do noso sistema capitalista, no que se nos intrúe dende cativos a ambicionar máis do necesario ata un punto que resulta do máis compulsivo. Pero non só nos ensina a ambicionar, tamén suprime a realidade do risco e a posible derrota e, ante a cal, case nunca existen mecanismos xa non de rehabilitación, senón de prevención.

    Liked by 1 person

      1. Certo é que a sociedade non é realmente consciente do perigo que ten nun principio ser xogador compulsivo, xa que ata que realmente non estas enganchado non ves a realidade na que te atopas metido. Nesta noticia podes ver un exemplo de xóvenes ludópatas que gastaron miles de euros por non ser conscientes do risco que tiña facer apostas deportivas: http://politica.elpais.com/politica/2015/04/29/actualidad/1430303082_588616.html
        Tamén é certo que existe unha prevención contra a enfermidade desde fai moitos anos, de feito podemos ver unha noticia de fai 20 anos na que especialistas en ludopatía alertan do risco dos xogos de azar: http://www.elmundo.es/navegante/97/agosto/26/ladiccion.html
        A pesar da información sobre a a ludopatía que se da dende entón, as campañas de prevención deixan moito que desexar e sobretodo deberían deixar paso, como ben dis, a campañas de rehabilitación.

        Gústame

      2. Ó contrario: penso que as campañas de rehabilitación son síntoma da mala xestión neste eido. A prioridade debe recaer na prevención, pero sen esquecer a mesma rehabilitación dos xa afectados.

        Liked by 1 person

  2. Comparto a opinión de Carlos Besada, a ludopatía está ahí, mires onde mires. Cada vez está máis normalizado o feito de acoder con asiduidade ás casas de apostas. A idade de iniciación é cada vez menor e isto é altamente preocupante para a sociedade. A mobilización do cambio ten que empezar polas propias institucións, non polos sectores máis baixos do plano social.

    Primeiramente, é preciso concienciarse de que a ludopatía é un problema e que o diñeiro non é gratis. Apostar implica un risco que hai que estar disposto a seguir. O xogo responsable debería de ser un precepto ineludible á hora de pagar — sexa a cantidade que sexa—. O xogo ten que recuperar a súa esencia, a súa razón de ser. Emporiso, hogano concorren multitude de asociacións en prol dun xogo responsable que rescate o esquecido: o entretemento. Necesítanse máis iniciativas, coma o caso de http://www.futurosinjuego.org/, que incentiva a participación dos propios afectados. Na túa opinión, como podemos facer para evitar este mal social, nós, como xornalistas?

    Liked by 1 person

    1. Penso que nós como xornalistas o único que podemos facer é contar a verdade deste colectivo, destapar testemuñas de afectados e facer ver á xente as verdadeiras consecuencias da ludopatía. Aínda que non poidamos facer moito todo axuda, se todos os colectivos da sociedade, empezando polo Estado, lle deran máis importancia a este problema, as cifras de afectados probablemente, diminuirían notablemente.
      Aquí che adxunto unha noticia que amosa o interese dun grupo de diputados para lograr unha ley de prevención contra a ludopatía:
      http://www.jujuyaldia.com.ar/2017/03/19/diputados-buscan-lograr-una-ley-para-prevencion-de-la-ludopatia/

      Liked by 1 person

      1. Eu pregúntome porqué non comezan pola educación. Temos que educar aos nenos xa dende a base, alertándoos dos perigos e ameazas do mundo. Por que non esiximos ao goberno que, xa dende cativos, os nenos coñezan as consecuencias negativas dun mal que está aí, convivindo con nós? Seguramente sexa porque non interesa, posto que da diñeiro e o diñeiro é poder.

        Non é ninguna broma posto que, de feito, é un problema que tamén está aí: nos máis novos. Sen ir máis lonxe, aquí temos unha noticia de nada máis e nada menos que de fai 16 anos (http://elpais.com/diario/1996/07/28/sociedad/838504806_850215.html) que dá parte da aparición da ludopatía nos máis mozos. A pesar de que hoxe en día haxa unha limitación de idade, non é efectiva. Por que ocorre isto? Como podemos solucionar esta situación?

        Liked by 2 people

      2. Por las declaraciones de la diputada en el artículo se puede entender que hay temor a la hora de arremeter de frente contra este sector de la economía. Es comprensible, cada vez tienen más poder. De la noche a la mañana los juegos de azar han pasado de ser prohibidos a ser vistos como algo incluso positivo. En latinoamérica es un delito montar en la calle el juego de las 3 cartas o el de la bolita con los tres dedales.

        Y dándole la vuelta a la tortilla, en España incluso hacen pensar a la gente que comprando lotería ayudan a los ciegos, se puede decir que es hasta positivo. Incluso he conocido organizaciones de izquierda (mejor dicho casi todas las que conocí) que vendían participaciones de la lotería.

        Liked by 2 people

  3. Juan, tes razón niso de que tamén se debe prestar atención nas campañas de prevención, pero tan importante son esas campañas como as de rehabilitación, xa que por moito que avises dos problemas que acarrea certa conducta, sempre haberá xente que caerá e necesita unha axuda para superalo.
    Sí que vexo necesaria unha maior implicación nas campañas de prevención, que como podemos ver na seguinte noticia, están esquecidas no ámbito social:
    http://www.elperiodico.com/es/entre-todos/participacion/ludopatia-una-adiccion-olvidada-las-campanas-prevencion-92160

    Gústame

  4. Después de todo lo leído (el post y los comentarios) hay varios aspectos que me gustaría hacerles crítica. En primer lugar, no podemos olvidar que la ludopatía es una enfermedad que no muestra síntomas a simple vista. Esta “ceguera” hace que podamos encontrarnos con personas que padecen esta patología caracterizada por su adicción y nunca saber que sufren de lupopatía. Sin embargo, lo más preocupante de todo es que a día de hoy, hay lugares especializados en el juego y lo peor de todo es que lo vemos normal.

    Por otro lado, esta patología está llegando a los más jóvenes. Y si ya nos parece alarmante que llegue a estos niveles más alarmante es el medio por el que se produce esta adicción. Por motivos evolutivos, la patología se puede producir por la adicción al juego a través de la red. En suma, como todo está expuesto a un proceso de evolución, hasta lo dañino sigue desarrollándose. No podemos seguir viendo esta situación y no pararla, si en los jóvenes está el futuro, hay que pararlo.

    http://www.diariodeleon.es/noticias/sociedad/ludopatia-online-crece-adolescentes_1131848.html

    Liked by 1 person

    1. Luís, es cierto que la ludopatía es una enfermedad que no podemos ver a simple vista, pero por eso es necesario el conocimiento de sus síntomas para saber si una persona cercana o no a nosotros la padece, incluso nosotros mismos. Una persona adicta al juego termina sabiendo que lo es, porque miente, no puede parar de jugar, tiene la necesidad de hacerlo para poder dormir tranquilo.

      No paramos de ver noticias en relación al aumento de ludopatía en los jóvenes, cosa muy preocupante si ya la consideramos normal por verla tan repetidas veces. Aquí te dejo una noticia similar a la que me muestras en tu comentario:
      http://elprogreso.galiciae.com/noticia/658514/el-juego-online-provoca-que-cada-vez-haya-mas-jovenes-ludopatas

      Gústame

      1. Sin lugar a dudas Patricia, la red está provocando que la ludopatía cada vez su alcance sea mayor. El pasado 26 de diciembre, La Voz de Galicia pubilicaba la situación por la que había pasado un jóven menor de edad. El vicio le llevó a gastar 4000 euros en un juego online. ¿Por qué sus padres no se dan cuenta del vicio al que está sometido su hijo?

        Liked by 1 person

  5. Eu penso o mesmo ca ti, Patricia. A ludopatía é máis que un pequeno problema, é unha enfermidade moi grave que necesita un tratamento de acción. Sería moi importante que o Goberno e os demais organismos políticos tomasen as medidas precisas para regular dunha forma máis eficaz esta problemática e abordar o asunto dun xeito positivo. Ademais, creo que sería moi importante que se regulase a publicidade das casas de apostas como poden ser Luckia ou Bwin, que aparezan os seus anuncios a partir dunha hora determinada, coma se fora un horario infantil. De feito, esta medida xa foi proposta no pleno municipal de Mérida hai uns poucos días (http://www.elperiodicoextremadura.com/noticias/merida/mocion-pedir-regulacion-publicidad-juegos_1003485.html).

    Liked by 1 person

    1. A regulación da publicidade do xogo é un tema bastante polémico porque é unha gran fonte de beneficios para o Goberno. Que os nenos e a xente xoven vexan anuncios relacionados co xogo incítaos á hora de adentrarse nese mundo, ao ser nun principio fácilmente influenciables, pero debemos ter en conta que calquera tipo de persona pode caer nas redes do xogo.
      Son varias as Comunidades Autónomas que adoptan unha postura contra este tipo de publicidade, aquí che amoso o exemplo de Cataluña, na que tamén podes ver a desproteción dos menones fronte a mesma:
      http://www.azarplus.com/2017-03-03/el-consejo-audiovisual-de-cataluna-contra-la-publicidad-del-juego/11833/noticia/

      Gústame

  6. Fon Alonso, respostando ao teu comentario tes toda a razón na precisión dunha educación previa. O papel do Estado é fundamental neste tema e probablemente veralo máis detenidamente nun dos próximos post, pero está claro que a este o que máis lle interesa é obter beneficios económicos.
    A noticia da que falas ten bastante relación con unha que mencionamos nun dos nosos post, na que un neno de once anos gasta 4.000 euros ás espaldas do seus país, iniciándose a unha idade temprana no mundo do xogo. Bótalle unha ollada se che apetece:
    http://www.antena3.com/noticias/sociedad/el-abuso-tecnologico-crea-ludopatia-en-los-menores_201612285863cc170cf2187c0d2fbe83.html

    Gústame

    1. Grazas pola achega, Patricia. Está claro que neste terreo a desinformación xoga un papel moi importante. Entramos na coñecida frase feita da pescadilla que se morde a cola. É sumamente importante que as persoas, xa dende idades temperás, sexan conscientes dos perigos do xogo.

      Os educadores, tanto pais e nais, como profesores/as, deberían de estipular, pola súa banda, un tempo de xogo. O ser humano constrúe o mundo a través das súas percepcións. Non podemos deixar que o terreno do xogo difumine o resto de necesidades e se convirta nalgo prioritario. Segundo un estudo recente, a porcentaxe dos mozos enganchados ascende ao 18 % (http://fejar.org/ludopatia-jovenes-y-apuesta-on-line/). Son necesarias máis campañas de prevención.

      Liked by 1 person

      1. Pois sí, son necesarias máis campañas de prevención e iso foi un tema no que os compeñentes do noso círculo, da asociación AGAJA ( http://agaja.org/ ), están totalmente de acordo. Outra cousa e que estas campañas cheguen a facerse, porque está claro que ao Estado non lle interesa que as porcentaxes diminúan.

        Liked by 1 person

  7. Es un proyecto muy positivo ese de que los rehabilitados ayuden a los que están sufriendo esta adicción. Creo que no podría representarse de mejor forma la esperanza de que es posible salir.
    Con lo que a la ludopatía respecta, en esta ciudad de Argentina tratan de por una ley prevenir este problema:
    http://www.jujuyaldia.com.ar/2017/03/19/diputados-buscan-lograr-una-ley-para-prevencion-de-la-ludopatia/
    Quizás en nuestro país este problema esté algo más silenciado ¿cuáles crees que podrían haber sido los motivos? ¿Son menos en número? ¿Prefieren mantenerlo en silencio? Me gustaría saber si lo habéis tratado directamente en el circulo y qué visión tienes de esta propuesta: https://www.google.es/amp/amp.europapress.es/sociedad/noticia-experto-pide-ley-juego-reconozca-ludopatia-adiccion-tratar-seguridad-social-20110317200312.html

    Liked by 1 person

    1. Es muy interesante eso que preguntas Claudia. Especialmente en la segunda reunión con el círculo ha salido el tema de la necesidad de una regulación del juego y el porqué se le da una importancia menor al del alcoholismo o a la adicción a las drogas. Todos compartían la idea de que al Estado no le interesa paralizar el problema porque sacan un beneficio inmenso de esto y con la escusa de priorizar otras enfermedades que producen muertes o un mayor impacto en la sociedad, se hacen los suecos.

      Aunque son varios los amagos del gobierno para una correcta regulación del juego, todavía no han encontrado la solución para que las estadísticas dejen de crecer. Aquí te dejo un artículo interesante sobre el tema, que trataremos en más profundidad en los próximos posts:
      http://www.huffingtonpost.es/julien-josset/a-quien-beneficia-la-lega_b_6815984.html

      Gústame

  8. Después de ver las respuestas, solo puedo estar de acuerdo con Luis, al final de su primer comentario cuando aboga por la erradicación absoluta de esta lacra. Me toca particularmente el tema por tener la experiencia de haber vivido en Cuba y poder decir que si se puede tener un país sin casinos, juegos de azar, lotería, quinielas y demás trucos para engañar a la gente (1); y que es más sano.

    Ustedes hablan de las apuestas que copan toda la publicidad de los encuentros deportivos. Es muy interesante ver cuando se refieren a Cuba y la libertad de expresión e información, se retrata una dictadura feroz que tiene sometido al pueblo y luego contrastarlo con la realidad. Los invito a que vean la final del béisbol(2), el único equivalente a la liga de fútbol de España; la única publicidad que se puede apreciar, aparte de las banderas de cuba y de la UJC, son 4 vallas de los avances de la revolución (aparte la emisión televisiva no tiene anuncios comerciales, ni interrumpen la transmisión con avisos como en latinoamérica).

    (1) https://www.pressreader.com/chile/muy-interesante-chile/20170118/282394104148866
    (2) https://www.youtube.com/watch?v=LOlSvsc0N4E

    Gústame

    1. Claro que se puede lograr un país sano en este sentido, el problema es que tal y como está la situación en España es muy difícil que el problema desaparezca. Las casas de apuestas, los casinos y los demás puntos de juego no van a cerrar así como así con todo el beneficio que sacan. Es lo que le decía a Claudia, que al Estado le interesa que haya gente adicta al juego y que gaste cantidades de las ellos mismos sacan partido.
      Aquí te dejo en texto interesante que habla del tema del Estado y la ludopatía:
      http://www.futurosinjuego.org/t1021-el-estado-y-la-ludopatia

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s