O lastre da precariedade laboral feminina

A piques de chegar un novo 8 de marzo, as desigualdades entre homes e mulleres seguen a supoñer unha grande fenda social. A quebra entre salarios é un feito coñecido e do que máis se fala normalmente. Porén, o traballo feminino na actualidade tamén está marcado pola precariedade e a temporalidade.

A posición e situación económica dos homes e das mulleres no eido laboral defínese polo tipo de traballo que teñen, así como polo tipo de contrato ó que se atopan suxeitos. Traballar a tempo completo ou parcial determina o seu nivel de seguridade económica, de protección e de dereitos laborais. Desgraciadamente, os traballos temporais, irregulares ou a tempo parcial non son elección para moitas mulleres, e constitúen máis ben a súa única posibilidade.

Segundo un informe elaborado pola UXT, un 60% das mulleres traballan a tempo parcial, o que supón que un total de 1.212.025 traballadoras non puideron acadar un traballo a tempo completo. O estudo realizado polo sindicato CCOO sinala que, en Galicia, «o tempo parcial segue a ser feminino: case unha de cada catro mulleres con emprego traballan a tempo parcial, o que debuxa un panorama de parcialidade e precariedade que se estende ao salario, as prestacións e as pensións das mulleres». Desde o sindicato critican a reforma laboral do Partido Popular, pois aseguran que «a conversión dun mercado de traballo xa con dificultades e suficientemente precario nun espazo de inseguridade vital para homes e mulleres pero, como evidencian os datos, peor para as mulleres».

Os datos do mencionado estudo reflicten que en 2014 se rexistraron 358.259 contratos laborais para as mulleres nas oficinas dos Servizos Públicos de Emprego. Porén, só o 5,2 % foron de carácter indefinido; xa que logo, o 94,8 % da contratación inicial foi temporal, é dicir, precaria. A isto debemos sumarlle o chamado “teito de cristal” e “chan pegañento”: as mulleres apenas ocupan postos directivos ou que supoñan unha grande responsabilidade, e aquelas que traballan teñen peores postos que os varóns. «A segregación no traballo segue existindo», afirma CCOO, que destaca que a muller segue supeditada no laboral ó home.

A causa de que exista máis precariedade laboral é maiormente consecuencia da discriminación de xénero. Amais, en moitas ocasións o traballo das mulleres vese desprestixiado e o mansplaining aínda está moi arraigado no eido laboral.

A crise económica empeora a situación

A crise económica trouxo consigo grandes taxas de paro en todo o país e, segundo os datos do informe da UXT, son as mulleres as que sofren en maior proporción os efectos desta. As mulleres son contratadas en menor medida cós homes e a súa presenza é maior en traballos a tempo parcial. A grave situación económica de España fixo que moitos contratos a tempo completo foran reducidos e que os temporais se volveran prescindibles en abundantes casos. Deste xeito, incrementouse a posición historicamente desfavorecida das mulleres no eido laboral. É o caso de Sandra Cabaleiro, unha das nosas participantes no Correo Feminista, que foi despedida de forma improcedente cando se atopaba en redución de xornada por coidado dun menor e que agora non consegue atopar un traballo estable.

DSC_0569
Primeira reunión co círculo

A isto hai que engadirlle que o traballo doméstico e de coidados segue sen remunerarse en España. Esta ocupación invisibilizada polo sistema económico é desempeñada case en exclusiva polas mulleres. Elena Rivas, integrante do noso Círculo, manifestou na última reunión  que tivemos o seu desexo de que este traballo sexa remunerado. Di que «supón moitas máis horas das que ten unha xornada laboral e realmente é un traballo que non se valora». Na maioría dos casos somos nós as obrigadas a reducir a nosa xornada laboral, e ás veces a renunciar ó noso posto de traballo. Todo isto, a causa das reminiscencias do sistema patriarcal que temos interiorizado.

Se miramos cara atrás e recordamos ás traballadoras do téxtil que loitaron nas fábricas polos seus dereitos laborais a comezos do século XX, dá a sensación de que máis que avanzar, retrocedemos e tiramos pola borda o camiño percorrido até o momento. Isto mesmo opinan Pilar Gómez e Sandra Rosendo, participantes do noso círculo: «a nós tocounos vivir nunha época na que parecía que tiñamos todo solucionado xa, e que non había que loitar por nada. A consecuencia disto é que agora, sen darnos conta, desfixemos moito camiño andado». Por isto, a loita contra a precariedade do traballo feminino e a fenda salarial son esenciais e deberían ser unha das nosas máis importantes metas.

Resulta curioso que ó tentar buscar novas sobre a precariedade laboral no emprego feminino sexan moi poucos os medios que tratan o tema, ou se o tratan non chegan a afondar de todo no asunto. Ó preguntarlles ás nosas participantes do círculo de lectura crítica a súa opinión sobre o tratamento dos medios nestes temas, a resposta é unánime: «os xornalistas dan a noticia e xa. Son totalmente asépticos, non amosan compromiso». O noso deber como xornalistas debe ser o de poñerlle freos ós que teñen o poder, de dar voz a quen non a ten, de comunicar con empatía, de implicarnos e de denunciar exhaustivamente as inxustizas que se producen neste campo.

En definitiva, debemos informar ben, e fuxir daqueles datos manipulados e inclinados. ¿De que xeito? Falando nós mesmos coas persoas afectadas para conseguir información de calidade, obxectiva e de interese. A relación ideal con elas debe realizarse nun ambiente non ameazante, de xeito que estean dispostas a amosarse abertas a nós, só así a comunicación interpersoal resultará exitosa. Dicía Mead que a base da verdadeira comunicación reside na capacidade humana para usar símbolos significantes, indo máis aló do uso da linguaxe verbal. Este interaccionismo simbólico do que falamos permite ás persoas negociar e mudar até certo punto a realidade.

Bibliografía:

Advertisements

17 comentarios en “O lastre da precariedade laboral feminina

  1. Me parece increíble que en el siglo XXI siga existiendo la discriminación laboral en las mujeres, un problema que nos afecta a todos de alguna manera y que cada vez se nota más.
    Desde la incorporación de la mujer en el ámbito laboral a finales siglo XIX hemos demostrado que somos capaces de trabajar igual que los hombres, sin embargo vivimos en un mundo que discrimina a la mujer en el ámbito laboral de numerosas maneras, ya sea en cuestión de salarios, contratos parciales o en una visible desigualdad en el reparto de tareas.
    Según un estudio realizado por las Naciones Unidas en junio del 2015: “Las mujeres siguen teniendo menos posibilidades que los hombres de encontrar trabajos estables. Las mujeres tienen un salario menor que los hombres, globalmente hablando las mujeres ganan 24% menos que los hombres, teniendo las mujeres en algunos casos un nivel educativo más avanzado”.
    Creo que para solucionar este problema es importante el cambio de mentalidad en las personas y concientización sobre la importancia que tiene la mujer en el ámbito laboral. Por otra parte, las mujeres víctimas de estas injusticias tienen el deber de denunciarlas y los medios de comunicación tienen el deber de darle voz y publicar ante la sociedad estás injusticias.

    http://www.un.org/millenniumgoals/2015_MDG_Report/pdf/MDG%202015%20rev%20(July%201).pdf

    Gústame

    1. O problema xeralmente reside en que moitas desas mulleres non se dan conta desta discriminación, non crees? Na nosa reunión co círculo, unha das mulleres participantes que ó principio negou sentirse inferior ós homes ou terse atopado nunha situación de desvantaxe, acabou por decatarse de que si, que fora vítima desa discriminación sexista da que nós falamos. Como ela, cantas máis haberá?

      Gústame

  2. Lo más probable es que como ella hayan muchísimas más, lamentablemente.
    Hace un año el medio de comunicación 20minutos publicó la historia de tres mujeres víctimas de la discriminación laboral por diversos motivos, una de ellas pensaba que trabajaba en una empresa que no discriminaba por el género, nunca se sintió inferior a sus compañeros hombres hasta que tuvo un aborto y su situación laboral cambió completamente: (http://www.20minutos.es/noticia/2394735/0/testimonios/mujeres-trabajadoras/8-de-marzo/ )

    Gústame

    1. Que certo e inxusto é o que di unha desas mulleres: “Te educan para que estudies mucho para poder conseguirlo todo y luego te lo niegan por ser mujer y madre”. Non fai moito lin o seguinte “fun despedida por estar embarazada. No contrato fíxosenos firmar que non nos podiamos quedar embarazadas. Cando me reincorporei atopeime co despido. Puxen a respectiva denuncia e a lei obrigounos a reincorporarme.” Ata aí todo ben, pero lamentablemente a súa historia non remataba aí: “Ó final rematei deixando eu o traballo, porque o ambiente era insoportable”. E non é a única: https://www.youtube.com/watch?v=ev3UASFEnRc&feature=youtu.be

      Gústame

      1. Si Claudia, y es que según un estudio publicado en enero por el Instituto de Política Familiar (IPF) en España: “Una de cada cuatro mujeres (de entre 18 y 25 años) han recibido la carta de despido al quedar embarazadas”, algo verdaderamente insólito. http://www.elconfidencial.com/economia/2016-01-05/despedida-por-quedarse-embarazada-la-realidad-de-una-de-cada-cuatro-mujeres_1130384/.
        Uno de los casos más recientes que vi fue el de la reportera Carolina Cambrils del programa Andalucía Directo, quien fue despedida sin motivo alguno, solamente por estar embarazada, así lo denunció mediante su cuenta de Twitter donde dijo que: “Algunos han decidido que eso es incompatible con volver a la televisión. Me han despedido de 7 meses”. ¿Cómo es posible que injusticias como estas sucedan con tanta regularidad? http://sevilla.abc.es/andalucia/sevi-despedido-andalucia-directo-quedarme-embarazada-201610201228_noticia.html

        Liked by 1 person

  3. Paréceme indignante que en pleno século XXI, o home siga tendo unha posición superior fronte á muller e non só no ámbito laboral, por suposto. España e Italia, por desgraza, parecen ser os países que levan a bandeira, pois ambos sofren dunha maior desigualdade en comparación.
    Lendo este artigo http://www.eldiario.es/piedrasdepapel/Desigualdad-genero-domestica-Espana-Europa_6_326227387.html comprobei no primeiro gráfico (onde se expoñen as horas diarias de traballo doméstico dos homes e das mulleres) que, nos países mencionados anteriormente, o home non fai nin unha cuarta parte que a muller. Por outro lado, no segundo gráfico observo que a muller en España e Italia hai un menor porcentaxe de mulleres no ámbito laboral, sendo maiormente ocupados os postos de traballo polos homes.
    Con todo, pregúntome, por qué España sofre maior discriminación ca outros países?

    Gústame

    1. Así é, como xa sinalamos nun post anterior, as mulleres son (maiormente) as que se encargan do traballo non remunerado do fogar. https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/02/16/a-muller-no-mundo-laboral/#more-13214

      A resposta a túa pregunta podería ser que ante a ausencia de oportunidades, as presións sociais as que aínda se ven sometidas as mulleres, lévanas a conformarse e a quedarse no fogar.

      O que poño a continuación é un mapa interactivo no que podemos observar como varía a poboación feminina activa no mundo: http://datos.bancomundial.org/indicator/SL.TLF.CACT.FE.ZS?view=map

      Sen dúbida é para reflexionar.

      Gústame

      1. Cambiando un pouco o rumbo da conversa, paréceme axeitado non só falar do problema, senon tamén da solución. Dende o meu punto de vista, a cultura machista na que vivimos debe de ser superada a partir da educación. É necesario que as seguintes xeracións crezcan nun entorno igualitario, onde recoñezan que non existe unha diferencia de xénero que marque mellores ou peores condicións.
        Penso que a situación é mellor do que foi anos atrás e que a loita feminista conseguiu moitos avances (que moitas veces non se teñen en conta). Só loitando podemos chegar a defender á igualdade e, como non, a conseguila. Paréceme que aínda que sexa algo que moita xente vexa como inalcanzable, está máis preto do que pensamos. Témolo nas nosas mans.
        Ti, qué opinas? Deixoche aquí un enlace dunha asociación feminista que defende ditos valores (Non ten perda botarlle un vistazo!!): http://tm.santiagodecompostela.gal/es/archivo/colectivos-y-asociaciones

        Gústame

      2. Efectivamente, no post do meu compañeiro Gorka, fixemos inciso na necesidade da educación https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/21/o-desprestixio-laboral-ten-rostro-de-muller/

        Ademais de educar á cidadanía, creo que se debería educar a xuíces, políticos e xornalistas de xeito que as súas acción non leven de forma inherente o machismo hexemónico que existe. Así se conta no libro “Como informar sobre violencia machista”, de José María Calleja, lectura que recomendo completamente. Non sei se ti coñeces algún libro máis que toque estes temas. Saúdos.

        Gústame

  4. Sí, además de coñecer o libro que tí me recomendas, coñezo outros moitos libros que falan sobre o tema. En concreto, gustaríame recomendarche dous: o primeiro deles é “El triángulo del dolor” que está escrito por un doutor (Ernesto Lammogria), reconocido pola súa traxectoria e traballo con mulleres víctimas de machismo. Neste libro explica ás razóns culturais e sociaies que o xeneran, o pretexto das víctimas que se auto enganan…
    O segundo é “El machismo invisible” de Marina Castañeda, unha crítica dirixida non só aos homes. A autora explica por que, nunha sociedade machista, todos somos machistas e en que consiste a corresponsabilidade das mulleres. Aclara que os homes tamén se atopan aprisionados nos xogos do poder e os roles estereotipados que caracterizan o machismo. Analiza os custos psicolóxicos, sociais e económicos deste fenómeno hoxe día e explica por que non haberá transición democrática mentres persista o machismo.
    Sen extenderme moito, tamén me gustaría que lle botaras unha ollada a este blog de onde podes sacar cousas interesantes para a túa páxina: “Mujer sin cadenas”

    https://mujersincadenas.blogspot.com.es/

    Gústame

  5. Boas Claudia, como muller que son non puiden evitar ler o teu post e aguantarme as ganas de comentarche algo, xa que, lendo parágrafo a parágrafo o meu humor ía cambiando notablemente. Xa non é que me pareza incrible que en pleno S.XXI a muller siga tengo unha figura tan desprestixiada en canto ao home. É que me parece inxusto. Cantos anos non levan loitando as mulleres polos seus dereitos?
    Lin nun dos outros comentarios que escribiches que unha membro do teu Círculo non se decataba de que estaba nunha posición inferior e que tampouco nunca se sentiu desprestixiada ata que acabou dando a razón ás demais mulleres porque a fixeron darse conta. Eu plantéxome unha pregunta, como imos cambiar a situación se hai unha gran parte de mulleres que nin sequera se dan conta da situación desprestixiada na que elas mesmas se atopan? Agora, poderías responderme, dende o teu punto de vista, por que cres que da a sensación de que retrocedemos moito polo que outras mulleres xa loitaron anos atrás?
    Por outra banda, Claudia, recoméndoche un libro, a ti e a todas as persoas que poidan ler este comentario (tanto homes coma mulleres). É un ensaio que axuda a entender a situación actual da muller. Escribiuno a xornalista Nuria Varela e titúlase “Feminismo para principiantes”.

    Gústame

    1. Ola Sandra, eu mesma cuestiónome o que ti dis cada día. A resposta que che vou dar, ogallá non tivera que facelo, é que a sociedade na que nos movemos segue a ser machista. O meu compañeiro Alejandro falou no seu post sobre os “micromachismos” (que bueno, desde o meu punto de vista, de “micro”, nada), este termo describe todas as accións cotiás que existen de carácter machista; aquelas que inconscientemente son normalizadas na sociedade. Isto ocorre porque nos educamos e socializamos en culturas machistas, que perpetúan as mensaxes e actitudes deste carácter. Por poñerche un exemplo, que no ambiente laboral o xefe chame de forma “cariñosa” só ás mulleres.

      A muller do noso círculo non era consciente, estaba alienada. É dicir, é unha persoa oprimida que interiorizou, e comparte, o sistema do seu opresor. Isto é o que lle ocorre a maioría das mulleres que non son conscientes de que existe un problema. Con elas é con quen hai que traballar para eliminar a dobre moral.

      Aquí o post do meu compañeiro: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/14/a-muller-e-o-traballo-dous-factores-atacados-polas-palabras/

      Tamén che deixo un espazo para rastrear e denunciar os machismos normalizados: http://www.eldiario.es/micromachismos/

      Gústame

      1. Grazas, de verdade, pola túa recomendación, irei decotío a ler a súa publicación. Si, ben como ti explicas, unha deficinión de machismo é por exemplo:
        “Se denomina micromachismo a una práctica de violencia en la vida cotidiana que sería tan sutil que pasaría desapercibida pero que refleja y perpetúa las actitudes machistas y la desigualdad de las mujeres respecto a los varones.”
        Vivimos día a día rodeadas de micromachismos, dalgúns decatámonos. Doutros, non. Si, e que eso ocorre moitas veces, e incluso nós, que aínda non entramos no mundo laboral podemos poner exemplos así pero cos profesores. É dicir, seguramente que algún profesor non trataba da mesma maneira aos homes que ás mulleres, e tiña palabras diferentes para uns e outros.
        Douche toda a razón Claudia, pero é unha pena que unha muller acabe interiorizando e acabe compartindo o sistema opresor. Son mulleres ás que hai que axudar máis, xa que son as que o sofren e xa nin se dan de conta. Non sei cal será a acción do teu grupo a desenvolver, pero imaxino que será algo que tire por ese lado non?
        Déixoche aquí un enlace a un artigo de El Mundo no que se reflexa que o machismo daña a saúde das mulleres (física e psicolóxicamente)
        http://www.elmundo.es/elmundosalud/2009/12/10/mujer/1260471771.html

        Gústame

      2. Na última reunión que tivemos co noso círculo Ángela Fraga falounos de que ela é educadora nun taller con rapaces pequenos e que, xa desde cativos, moitos deles ás veces saen con comentarios machistas. Escandaloso se pensamos que os rapaces (que qué culpa terán eles) xa adoptan este rol. Non sei se estás ó tanto da noticia dun equipo de fútbol composto só por rapazas que gañou un partido a un equipo todo de nenos. Saíu no telexornal estes últimos días e aparecían os pequenos do equipo perdedor nas declaracións dicindo cousas como “recibí algunas burlas porque me habían ganado las chicas” ou “estoy un poco disgustado porque hasta había hecho una apuesta con mi padre”. Que sorpresa, non? De novo a muller é infravalorada, e desta vez non por unha persoa adulta, senón por un neno. Estas rapazas deron, ó meu ver, unha grande lección.
        http://deportes.elpais.com/deportes/2017/04/02/actualidad/1491150485_663639.html

        A nosa acción consiste na colocación por Compostela dun cartel: “correo feminista” onde calquera persoa que queira, poderá mandar a súa experiencia a un email que creamos; e así nós, poderlle dar voz a toda aquela que nolo mande. Pensamos tamén en darlle a volta ás noticias dos medios que consideremos incorrectas e mandarllas ó xornal da USC. Estamos es busca de máis ideas, proposnos algunha?

        Gústame

      3. Ademais, ten en conta que os nenos collen todo o que ven na casa, e tamén son coma esponxas, todo o que oen e o que ven acaban empregándoo. Pero é o mesmo que ti dis, eles non teñen a culpa, o problema é que eles (que son as xeracións novas) están aprendendo unhas condutas que non deberían.
        A verdade é que non coñecía a noticia, Claudia. Paréceme incrible que a día de hoxe e, sobre todo, sendo xente tan nova diga cousas así. Que se rían dun neno se unha rapaza lle gana non valora á rapaza como a campiona, senón que o único que se fai é burlarse do rapaz por perder contra alguen do sexo oposto. Xa non me sorprende tanto que os país fagan apostas cos fillos coma dicindo “ás rapazas gañádeslle tranquilamente”. Perdoade, pero temos as mesmas cualidades ca vos para facer as mesmas cousas.
        Aínda así, hai un estudo no que se reflexa que os nenos que creceron sen figura paterna son máis machistas, déixoche aquí un enlace para que lle botes unha ollada e xa me comentarás a túa opinión.
        http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/03/24/ninos-criados-figura-paterna-machistas/00031427227955542238905.htm
        Por último, debo dicir que as propostas de acción gústanme, a do correo feminista está moi ben, véxoa ben plantexada e que pode dar para moito. A verdade, se queres o meu consello, facede accións coma as que estades pensando, nesa liña. É dicir, accións que contribúan á visibilización desta situación, da imaxe da muller supeditada ao home, e que, por conseguinte, contribúan á concienciación social e conseguir facer pensar un pouco á xente sobre isto. Ides moi ben encamiñados!

        Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s