Deixar de mentir é fundamental para superar a ludopatía

A ludopatía, como todos sabemos, é a adicción ó acto de xogar pero o que poucos sabemos é que nela está implícito o de mentir. A través da mentira os xogadores conseguen permanecer moitos anos ocultando a súa adicción aos familiares, amigos e compañeiros de traballo. “Deixar de mentir é fundamental para superar a ludopatía” afirma Carlos Besada, un vigués que fai terapia na Asociación Galega de Xogadores Anónimos (AGAJA). Carlos estivo en tratamento de 2006 a 2008 e acode a terapia este ano por segunda vez por unha recaída.

 

Recoñecer a enfermidade, darse conta das graves consecuencias e buscar tratamento son pasos fundamentais para superar a adicción, declarou Carlos no encontro do círculo o pasado 24 de febreiro na sede de AGAJA. Ademais recorda que a Organización Mundial da Saúde (OMS) recoñece a ludopatía como enfermidade, é unha forma máis de adicción aínda que non haxa substancia coma no caso da adicción ó alcohol ou ás drogas. Pero un ludópata pode tardar anos en recoñecer a súa enfermidade e as consecuencias que trae ó enfermo e todo ó seu entorno. Na meirande parte dos casos fai uso da mentira para seguir xogando de forma compulsiva ás escondidas de amigos e familiares. Entón é cando a mentira empeza a transformarse nunha adicción mais.

 

“Empecei a mentir para ocultar a ludopatía e agora píllome mentindo por calquera bobada” recoñece Pablo, ludópata en terapia fai 9 meses en AGAJA. Este vigués afirma que a mentira compulsiva fai parte do día a día dun xogador adicto e aprender a superala é o camiño cara á rehabilitación. “De ir facer un recado calquera e dicir que ía a polo pan ou inventar outra cousa, tiña que mentir sempre e por todo” dixo Pablo, que aínda oculta aos seus familiares e amigos que ten a enfermidade. É un dos poucos casos onde o ludópata recoñece que necesita axuda e busca terapia pola súa propia conta. Case sempre acoden á rehabilitación obrigados pola familia que descubriron a súa adicción. As mentiras xa non son suficientes para esconder as graves consecuencias económicas, sociais e laborais e a familia decide buscar axuda.

 

¿Pero cal é a diferenza entre alguén que xoga moito e un ludópata? Entrevistamos a Juan Lamas, director terapéutico de AGAJA, que nos contou que a chave para diferencialo é ver as consecuencias negativas e a falta de control no acto de xogar. “É cando unha persoa observa as repercusións negativas na súa vida e no seu entorno, decide reducir a súa práctica unha e outra vez e ve que non é capaz, que perdeu o control” comenta Juan. O director e psicólogo da Asociación tamén afirmou en entrevista ó programa A Revista da TVG que mesmo coa perda do control o xogador compulsivo non termina de recoñecer a enfermidade, fai uso da mentira para ocultala e acode a terapia obrigado pola familia case sempre.

 

O diñeiro se recupera pero a familia pode que non

 

As consecuencias negativas da ludopatía máis coñecidas e que acaparan titulares nos medios de comunicación son as consecuencias económicas, pero no relato dos enfermos en tratamento en AGAJA son moi presentes os efectos sociais como os máis importantes. “O problema non é o diñeiro, o problema é o illamento social. Nos meus primeiros anos de adicción non tiven problemas económicos pero xa había reflexos negativos na miña relación familiar” comenta Nicolás que tamén está en tratamento na asociación viguesa. Un exemplo de como a mentira compulsiva fai dano ás familias e sobre todo ás relacións de parella. “As débedas páganse aínda que tardes anos en saldalas pero unha relación rota pode que non se recupere nunca. Así que xogar sen gastar tamén é un problema. Aínda que un adicto sexa millonario e non lle importe perder cartos a súa compulsión pode levalo a perder a súa familia” acrecenta Nicolás.

 

Non hai dúbida do poder destrutíbel da mentira compulsiva no entorno familiar e as súas consecuencias moitas veces irreversibles nas relacións. É unha batalla constante por parte do enfermo manexar a súa adicción a xogar e mentir, son actos que se complementan e son igual de compulsivos. Pero empezar co compromiso de deixar de mentir é o paso chave para a rehabilitación. Os enfermos en tratamento están de acordo  que teñen unha enfermidade que non ten cura pero coa terapia aprenden a manexar a adicción e minimizar as súas consecuencias sobre todo emocionais.

 

O tratamento dura aproximadamente dous anos e Carlos, Nicolás e Pablo saben que en todo momento non están sós. A terapia é un valor seguro onde sempre poderán acudir para dar e recibir apoio. As sesións son fundamentais para evitar as recaídas e encontrar nas experiencias do grupo un camiño cara á tan soñada rehabilitación.

Advertisements

16 comentarios en “Deixar de mentir é fundamental para superar a ludopatía

  1. De haber unha maior regulación e control sobre este tipo de actividades non habería nin un porqué polo que organizar estas terapias. Isto pode soar a unha medida excesiva e incluso abusiva, pero cando falamos de preservar e coidar non só a saúde duns determinados individuos, senón de toda a sociedade, entón debe imperar o interese público, que prevalecerá neste caso fronte ós intereses de toda a maquinaria mercantil que se constrúe sobre a dependencia que ela mesma xera. Non existe nin elección nin moderación en algo que degrada en tantos aspectos ás persoas ata o punto de resultar irrecoñecibles ós ollos dos seus achegados e semellantes.

    Liked by 1 person

    1. Totalmente certo Juan, a saúde de todos nós debería ser a prioridade dos gobernantes. Non só a saúde física pero tamén a saúde mental. Non hai dúbida de que deben aumentar a regulación do xogo e evitar a adicción sobre todo nos máis mozos.

      Liked by 1 person

  2. Dalama Veiga, Laura, S2B

    Nestes casos, o problema da mentira súmase ao problema da adicción ao xogo e como ben dis nas palabras de Carlos Besada é moi difícil saír da ludopatía sen saír da costume de mentir. Dificúltase saír da costume de mentir por os prexuízos que unha adicción xera sobre a persoa. É dicir, aínda que se acepte que se está a sufrir unha adicción e se acepten todas as consecuencias que isto provoca -cousa que xa de por si é difícil-, non é o habitual recoñecelo publicamente polo que a persoa en concreto síntese obligada a mentir. Sobre este tema dos prexuízos atopei unha campaña de outubro do ano pasado á que se sumaron actores e xornalistas e que se centra nas enfermidades mentais en xeral, non especificamente na ludopatía: https://eunontenoprexuizos.org/ .

    Sobre o que comentades anteriormente de que a saúde debería ser a prioridade dos governantes, atopei unha entrevista ao director terapéutico de Agaja, Juan Lamas, quen di que en España foméntase este tipo de adicción mediante a publicidade que afecta sobre todo aos adolescentes: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internet/2016/10/14/pais-ruleta-nacional-empuja-jugar/0003_201610G14P30991.htm

    Liked by 1 person

    1. Desde o 2011 coa regulación da publicidade do xogo as cousas cambiaron moito e para peor. Antes como non había regulación non había a avalancha de anuncios en tódolos soportes que temos hoxe. Os mozos están expostos á unha cantidade masiva de anuncios e sobre todo cos seus ídolos do deporte como imaxe. Pero os proxectos de reforma só contemplan cambios económicos na recaudación do Estado e non na regulación máis estricta da publicidade. http://www.legaltoday.com/actualidad/noticias/exteriores-anuncia-una-reforma-de-la-ley-del-juego-on-line-que-afectaria-a-las-dinamicas-fiscales-de-gibraltar

      Gústame

  3. Desde mi punto de vista los ludópatas aún necesitan muchísima más visibilización en los medios desde una perspectiva crítica, tratándolo como una enfermedad que puede hacer muchísimo daño en tu vida. En este artículo, por ejemplo: https://www.lajornadamaya.mx/2017-03-13/Ludopatas–cada-vez-mas-jovenes–sicologo se relaciona directamente la depresión u otras adicciones con esta.

    Como bien se cita, hace falta que se den más investigaciones serias para que el caso se plantee con la gravedad que tiene. Por otro lado también sería muy importante hacer una campaña dentro de las escuelas, como la hay sobre las drogas, el alcohol…

    Liked by 1 person

      1. Claro, en cierto modo les compensará. Ese es uno de los grandes debates: los impuestos por un lado y los perjuicios por otro. Es como en el caso del tabaco, quien fuma también perjudica a la sociedad porque si enferma por fumar todos tenemos que pagar por nuestros impuestos por la decisión. Quizás una opción sería hacer una campaña como la de las cajetillas, exponiendo casos reales. Además sabiendo el periodo de crisis que vivimos, la gente se puede agarrar más a este tipo de “soluciones”.
        http://m.eldiario.es/canariasahora/canariasopina/Prevenir-ciberadicciones-ludopatias_6_624047598.html
        Te dejo este artículo, es interesante comprobar también la cercanía entre la era cibernética y este vicio. ¡Muchas gracias!

        Liked by 1 person

  4. Como xa indicaches Aline, padecer una enfermidade como é a ludopatía non trae consigo só consecuencias económicas senón que tamén familiares. Para empezar, é altamente probable que o enfermo pida grandes cantidades de diñeiro ós seus seres máis próximos ocultando o verdadeiro destino destes cartos. Cando se descobre a verdade, aínda que as deudas se poidan pagar, a confianza xa non é a mesma, incluso en moitos casos se rompe por completo a relación. Moita xente aínda pensar que ser ludópata é algo voluntario e por iso é tan complicado que un enfermo volva á súa vida de antes. Aquí che deixo más consecuencias familiares para quen padeza ludopatía: http://agrajer.org/consecuencias-familiares-de-la-ludopatia-o-juego-patologico/

    Liked by 1 person

      1. Completamente de acordo en canto ós medios de comunicación, tan só resaltan titulares chamativos sen ter en conta moitas veces que a información que se está dando como a máis “importante” ou “representativa” da noticia non o é. Tamén me preguntaba como afecta unha situación ou estructura familiar á hora de desenvolver esta patoloxía e atopei este interesante estudo: ojs.haaj.org/index.php/haaj/article/download/261/268
        (está dispoñible en PDF)

        Gústame

  5. Creo que a ludopatía é unha enfermidade moi seria que non recibe a atención necesaria. Como quen consume cocaína, hai esa percepción de que os adictos teñen a culpa da súa adicción e por iso non merecen a compaixón de ninguén. Ben é certo que a día de hoxe, coñécense os perigos do xogo, pero unha vez que a adicción se afianza xa é difícil volver atrás. Non é culpa das víctimas, é culpa de quen lles proporciona os medios para caer enfermos no primeiro lugar. Tomar medidad é necesario para acabr coa ludopatía. Igual que o é retirar as drogas dos mercados (erradicalas) para acabar coa drogadicción.
    É moi interesante a nova lexislación de Panamá, que permite que a mesma xente adicta ao xogo, unha vez consciente do problema, se inscriba nunha lista para que non o deixen entrar en casinos e locais de xogo (http://www.prensa.com/sociedad/ludopata-prohiban-casinos-Panama-procedimiento_0_4711028867.html). Tamén esta proposta dun partido poítico xaponés (http://eldiario.deljuego.com.ar/submenunoticiadelmundo/16966-partido-japons-presenta-ley-para-tratar-la-ludopata.html) chama a atención nesta materia. A sociedade xaponesa ten un gran problema co xogo en xeral, dados os numerosos casinos que hai nas cidades, e isto repercute noutra serie de problemas como violencia, roubos, suicidios, etc. Por isto están planteando medidad rexionais para tratar de maneira integral aos xogadores adictos.

    Liked by 1 person

    1. Paréceme boa idea inspirarse noutros paises á hora de lexislar. A lei actual é moi deficiente, sobre todo na regulación da publicidade que tanto anima ós mozos a xogar. Aquí tamén podes pedir que te prohíban a entrada pero os membros do círculo afirman que os locais non a cumpren.

      Gústame

  6. Á verdade é que a ludopatía é unha enfermidade moi pouco visible e recoñecida na nosa sociedade pero que afecta a moita xente. Unha enfermidade que dende o meu punto de vista está non está tan mal vista pola sociedade como o alcoholismo ou ser adicto as drogas pero que ten unhas consecuencias igual de negativas. Como ben dis neste post destroza familias por completo, porque o diñeiro pode chegar a recuperarse, pero a confianza queda totalmente rota, aquí deixo un enlace cun exemplo do que provoca a ludopatía nunha familia. (http://politica.elpais.com/politica/2015/04/29/actualidad/1430303082_588616.html)

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s