O control e a influencia exercida nos medios de comunicación

Ata que punto están influenciados os medios convencionais polos grupos de poder? Como se pode criticar a acción e relación que existe entre eles, cando os medios comunitarios non teñen unha presenza no noso día a día?Dar voz a quen non a ten, escoitar ás persoas que necesitan proxectar os seus casos, con historias que se marxinan é unha situación que se vive en democracia. Este réxime, inspirado na igualdade do pobo, parece que tende a ofrecer máis facilidades e prioridade a unhas temáticas que a outras. Entón, de quen é a culpa?

Os intereses económicos, políticos e sociais que se impoñen á información veraz e xusta acaban manipulando as noticias que recibimos diariamente. Con todo, esta relación é común en medios de masas como a televisión; e aí precisamente, reside a orixe do problema. O xornalismo puro e social que se esixe no noso círculo viu como o seu papel de defensor da cidadanía pasou a ser unha mera forma de propaganda, de comercio e de defensa daqueles que posúan os medios.

Se ben é certo que a liberdade de prensa e de empresa xornalística é necesaria para que se estableza un equilibrio de información que responda a todo tipo de público, tamén debemos destacar, como novos xornalistas, a falta de noticias que recollan as palabras dos marxinados nesta sociedade.

 

Advertisements

33 comentarios en “O control e a influencia exercida nos medios de comunicación

  1. Resúltame curioso que se fale no vídeo de eldiaro.es como un xornal dixital de referencia cando si está patrocinado por uns nada sospeitables grandes captialistas como son o banco Santander e mesmo unha Open Society de George Soros. Este xornal en concreto naceu como unha alternativa para esa esquerda xa desilusionada e farta dos seus antigos medios de referencia (aínda que na miña opinión pouco ou nada cambiaron mesmo dende que se inauguraron). Pero debe saberse que eldiario.es representa en moitos casos a unha vertente de ideoloxía esquerdista tan controlada e baleira de contido que se desvirtúa a si mesma co paso do tempo: esquerda clasista, otanista, colonialista, imperialista, belicista… En definitiva, unha mascarada que pretende ser esquerda pero que se sube ó carro da reforma e ben no do cambio, que consinte todo aquilo que debería aborrecer máis non o fai por ter a correa ben cinguida e querer contentar ó amo que lle dá de comer.

    Liked by 1 person

    1. Ola Juan.
      Como se di no noso vídeo e como ben o teu puntualizas, por desgraza, os medios aos que o público pode acceder con máis asiduidade adoitan estar controlados polos grupos de poder. Agora ben, non creo que o noso participante do círculo non estivese ao tanto diso, senón que puxo como exemplo o escaso tratamento de información sobre os grupos marxinados nesta sociedade que podemos atopar nos diarios de papel? Facendo unha pequena excepción co diario.es (en liña), o cal chega a tratar máis que números de persoas e chegar a ter en conta o contexto destas.
      En canto ás ligazóns que me deixas, resúltanme moi interesantes, especialmente o primeiro, onde evidentemente vese unha vez máis que mesmo os profesionais que máis se sitúan a favor dos grupos afectados dos que falamos, acaban por ceder ante presións externas. Pero expóñoche unha pregunta, crees que é posible exercer como xornalistas sen deixarnos influenciar por ningún grupo hexemónico?
      Un saúdo

      Liked by 1 person

  2. Veo curiosa e interesante la reflexión sobre la importancia de la publicidad en los medios digitales. Por supuesto se entiende que es el único medio que tienen de financiarse y sostenerse en un contexto social donde lo digital se impone progresivamente a los métodos más tradicionales de publicación física. No obstante, la situación ha llegado a mi modo de ver a un punto excesivo donde los anuncios “pop up” eclipsan casi en su totalidad el contenido. El caso del diario “El Mundo” es llamativo por prohibir el acceso a su edición en línea si se hace uso de un bloqueador de anuncios. Un ejemplo de esto se haya en la noticia publicada el 15 de Marzo en el diario “prnoticias” donde explicaban, por una parte la caída de los ingresos por publicidad en las ediciones físicas y por otro el peso que tienen ya lo recaudado por publicidad en la versión digital. (http://prnoticias.com/prensa/prensa-pr/20161094-la-publicidad-sigue-sin-remontar-en-los-diarios-en-enero-caida-del-8). En mi opinión, la publicidad intrusiva es una nueva forma de degenerar el periodismo contemporáneo, transformandolo en un producto comercial. Adjunto también un curioso enlace a una noticia de La Voz de Galicia que habla del creador de estos “molestos anuncios saltarines”. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/tecnologia/2014/08/20/creador-incomodos-anuncios-pop-up-pide-disculpas-haberlos-inventado/00031408531628693776160.htm

    Liked by 1 person

    1. Ola Víctor.
      Resúltame curioso, e mesmo cómico, o último link que me ofreces: publicamos unha noticia que trata sobre o molesto dos pop up, pero iso si, publicámola rodeada de tres anuncios.
      Efectivamente, o valor das noticias está en caída libre. Isto pódese ver no aumento de publirreportaxes ou publicidade en forma de noticias, e que moitas veces poñen en dúbida a calidade da información e pásase a dar máis valor ao que pagan por noticia por dicir o nome dunha marca ou empresa.
      Por tanto, e abro outra liña de discusión: crees que os medios estarían menos influenciados polos grupos de poder e serían máis independentes se fosen capaces de autofinanciarse? Déixoche unha ligazón que explica detalladamente quen financia aos medios, recomendo que lle botes unha ollada:
      http://www.elsalmoncontracorriente.es/?Quien-controla-y-financia-los
      Un saúdo.

      Gústame

      1. Sinceramente, me resulta complicado imaginar un medio de comunicación totalmente independiente y autofinanciado que pudiese hacer una competencia relevante a los diarios o cadenas de televisión mayoritarias en España. Los periódicos de renombre se apoyan en una tradición ideológica muy fuerte y creo que eso forma parte del peso que tienen en nuestra sociedad. Apoyarse en una línea ideológica y un apoyo institucional es básico para la creedibilidad de un diario, y cuando esta comienza a cambiar puede afectar a sus ventas. Un ejemplo es el cambio de la línea editorial del país, cada vez más a la derecha y su correspondiente caída de ventas.
        http://www.eldiario.es/rastreador/testamento-Pais-periodicos_6_232786742.html (Aquí un artículo que habla sobre el giro hacia el liberalismo de El País).
        http://prnoticias.com/prensa/difusion-ojd/20159173-ojd-noviembre-ventas-el-pais-el-mundo-desplome (Aquí una noticia sobre su caída de ventas).
        Eso en lo que corresponde a las influencias institucionales, al respecto de la publicidad, los publireportajes y los anuncios online considero que también afectan a las publicaciones de los medios, pero de una manera distinta. Por ejemplo, si un diario muestra periódicamente anuncios de Coca-Cola, es ilógico que posteriormente saque una noticia hablando de los efectos perjudiciales que puede tener en la salud. Sin embargo no creo que eso sea estrictamente malo, simplemente es un negocio. Debemos informarnos para conocer cómo y con quién interactuan nuestros informadores pero no obligarlos a autofinanciarse.

        Liked by 1 person

      2. Chámame a atención o que dis sobre as posicións ideologicas dos medios. Efectivamente, creo que ese é o recurso que probablemente achegue mais credibilidade para un lector. Evidentemente, o publico non aceptaria un medio mentireiro, pero si a un que dixese ou escribise o que quere escoitar ou ler. É curioso os consumidores, mesmo nós mesmos, tachamos a un medio cun adxectivo e dicimos que o seu informacion non é veraz só por ter unha postura diferente á nosa. Ao final, penso que todos somos conscientes da situación da información hoxe en día, evidentemente en diferentes medidas. Entón, opino que a solución é a aparición de novos medios que si defendan esa neutralidade que en moitas ocasións poida botarse de menos. Á fin e ao cabo, sería outra perspectiva tan válida como ser de dereitas ou esquerdas. Neste contexto, opino que os medios comunitarios xogan un gran papel, aqueles que non se moven por correntes políticas senón pola necesidade da xente. Déixoche un link á web da Rede de Medios Comunitarios en España:
        http://medioscomunitarios.net/

        Gústame

  3. Así é, os medios de comunicación convencionais atópanse completamente asoballados polos grandes entes económicos. No interesante artigo que deixo a continuación exponse por que ningún medio se mete co xigante grupo de distribución español: El Corte Inglés. Os anunciantes tratan de evitar aquelas publicacións que prexudican a súa imaxe pública e exercer presión para que se publiquen contidos que se axusten ó perfil dos seu compradores. Non debería ser así, pero entre outras cousas tamén se fala de como incluso na nosa formación como xornalistas atopamos trabas. Como remediar un panorama que parece xa inherente á profesión?

    http://elreverso.es/metaperiodismo/por-que-nadie-o-casi-se-mete-con-el-corte-ingles/6620

    Liked by 1 person

    1. Ola Claudia,
      Non teño claro se realmente existe solución á pregunta que me expós. Recordo que na primeira reunión co noso círculo falamos de posibles solucións. Mostrábanse uns pouco negativos respecto diso, e eu comparto este tipo de posicións. É dicir, Como podes actuar de maneira totalmente independente se nos medios máis habituais e con maior poder atópasche con estas influencias e este tipo de trabas á hora de realizar a túa actividade laboral? Penso que cada vez se fai máis imposible. Antes só enfrontabámonos a este tipo de presión nos medios escritos, pero na actualidade, mesmo nos medios online limítannos. Creo que, por desgraza, non só depende da ética e profesionalidade do xornalista, senón do consumidor, que tamén ten que percatarse deste problema e axudar a palialo.
      Saúdos.

      Gústame

      1. Desde o meu punto de vista o consumidor é o que peor sae parado. Os medios de comunicación teñen unha gran repercusión na forma na que nós vemos o mundo. Mamamos das noticias que vemos no telexornal e despois asimilamos o que din. É por isto polo que creo que o consumidor moitas veces non é consciente de que se lle está enganando. Sei que estou a xeneralizar, pero realmente son poucas as persoas que cavilan sobre o asunto e chegan a inevitable resposta: manipúlannos.

        A situación é evidente en todo o mundo, incluso os Simpson parodian o triste panorama; deixo o enlace que creo que reflicte ben o que pasa en moitas ocasións: https://www.youtube.com/watch?v=SVJCMOhSoAU

        Dito o anterior, é preciso que os pequenos medios que, por agora, aínda non están baixo a opresión dos poderosos, fagan escoitar as súas denuncias

        Liked by 1 person

      2. Eu creo que a postura do medios independentes que mencionas ao final é a clave para chegar á información pura, e a aquela que en moitas ocasións, o público quere atopar pero non consegue. Por iso, o noso traballo baséase na experiencia que nos poden achegar os medios comunitarios. Eles son o exemplo de independencia, pero en cambio, non teñen nin de preto a audiencia daqueles que si que están controlados. Por que crees que ocorre isto? Unha pena que se perda a información e o contido que eles achegan ante temas banais e sen valores informativos.

        Gústame

      3. Habería que saber se realmente a xente está interesada en atopar a outra visión. Se ben é certo que as redes sociais axudaron a moitos medios a chegar a un público máis amplo, son moitas as páxinas web que ofrecen “noticias” que a xente logo comparte en Facebook, sendo falsas. Ata que punto está a sociedade involucrada na non desinformación?, iso é o que nos deberíamos preguntar, posto que a información segregada forma parte dela.

        Falando do anterior, en Facebook existe unha páxina á que estou subscrita na que os xornalistas desminten as informacións falsas. Moi útil. https://www.facebook.com/groups/esta.noticia.es.falsa/?multi_permalinks=286866175083585&notif_t=group_highlights&notif_id=1491313033431039

        Gústame

    2. Tamén opino que en moitos casos, o problema é a falta de tempo e o escépticos que somos hoxe en día. Como dis, poñemos en dúbida a medios que a pesar de responder a outros intereses, tamén pretenden informar; pero despues cremos o que lemos en redes sociais sen contrastar información, só polo feito de que a dixitalización permite que todo chegue máis rápido. Aínda que este pensamento é certo; en moitas ocasións, creo que os usuarios botan en falta a visión persoal que lle dá o xornalista á noticia.

      Liked by 1 person

  4. Sen dúbida os anunciantes teñen un control total sobre os medios de comunicación. Tal é así, que agora nas edicións dixitais dalgúns medios, piden a desactivación do Adblock para poder disfrutar do seu contido, como ven apunta o compañeiro Victor no seu comentario. Entendo que é necesario para os medios financiarse dalgunha maneira, o problema ven cando os anunciantes exercen un control sobre estes. O caso máis lamentable, na miña opinión, prodúxose fai un par de anos. Os sete diarios máis importantes do panorama nacional vendían a súa portada o Banco Santander para poñer un anuncio a toda páxina, totalmente incrible http://www.infolibre.es/noticias/medios/2015/01/28/banco_santander_compra_las_portadas_los_principales_periodicos_espanoles_27458_1027.html. Despóis disto, xa me dirán como van a criticar ó Banco Santander nas súas páxinas.

    Liked by 1 person

    1. Efectivamente. Agora os medios convertéronse en empresas que buscan,ante todo, o beneficio económico. O triste nesta situación é que levan por diante a libre opinion dos usuarios, que fiándose desta tipo de información, caen no erro de pensar que coñecen a realidade en todas as súas vertentes. Déixoche a continuación unha ligazón que ofrece, de maneira detallada, outra perspectiva na que basicamente di que os medios dan ao público o que estes demandade. Crees que pode ter razón? Opinas que a xente sabe que está mal informada, e aínda así, manteñen o seu consumo? Un saúdo

      http://www.portalcomunicacion.com/monograficos_txt.asp?id=176&txt=158

      Gústame

  5. El problema que tienen los Medios de Comunicación es la continua lucha de poderes que desencadenan. Ya lo decía Foucault: «El poder se encuentra en todos los sitios… porque no proviene de ningún sitio.» Pero en este caso y como bien ha señalado mi compañero Víctor reside en la financiación y en la línea política.
    Actualmente hay muchas maneras de hacer llegar la información a un público. Están surgiendo “pseudoperiodismos” que básicamente roban la información de unos medios (citándolos abajo a la derecha) y la difunden de una forma sencilla y visual. Un ejemplo es PlayGround http://www.playgroundmag.net/ que actualmente se está dando a conocer sobretodo en Redes Soaciales. Es como si el periodista redactor se suprimiera para dar paso al Editor de RRSS o Community Manager. Eso también puede hacer que el periodista continúe en la línea de perder la credibilidad de la ciudadanía.
    ¿Crees que hay alguna forma de conseguir captar a los lectores y darles un contenido minucioso? ¿Será esta una nueva generación para nosotros? ¿Un cambio radical para lo que en un futuro queremos que sea nuestra profesión?

    No obstante, discrepo con la opinión de que solo Eldiario.es es independiente. Por cierto, también tienen tiradas en papel. Lo que ocurre es que son una vez al mes y su precio ronda los 5 euros.
    Hay otros muchos. Lo que ocurre es que no son tan conocidos. Por ejemplo, un grupo de periodistas freelance que se encargan de hacer minuciosamente reporjes de hechos muchas veces acallados (y por ello no noticiables o irrelevantes). Se llama 5W, a ver qué opinas:
    https://www.revista5w.com/

    Liked by 1 person

    1. Hola Claudia,
      tienes toda la razón en cuanto a la transformación que se esta sufriendo de periodista a Community Manager, es más, cada vez se destaca con mas relevancia este tipo de salida profesional, y en parte, a pesar de que sí opino que resulta interesante, creo que el periodismo pierde su esencia.
      Por otra parte, opino que la única forma de conseguir que el público confíe en nuestra información es mostrando las dos caras de la moneda; contextualizando la información y dar las todas las perspectivas que pueda tener una noticia. Así, al menos, podrán comprobar que no nos posicionamos en ninguno de los bandos. Ahora bien, decir que nuestra generación será la indicada me parece demasiado arriesgado porque para ello, primero tienen que cambiar los medios más grandes y el consumo del lector, oyente o espectador.
      Para despedirme, te dejo el enlace a la página web de la radio FilispiM. Con ellos tuvimos el placer de tener nuestra última reunión, y la verdad es que nos enseñaron un periodismo comprometido y hasta en ciertas ocasiones “sin pelos en la lengua”.
      http://opaii.blogspot.com.es/

      Gústame

      1. Muchas gracias, ahora que mencionas una radio como medio quería también destacar que la crisis que está viviendo este género es muy atenuada. Parece que las noticias se reducen a los medios más relevantes en prensa (que cada vez se lee menos) y el televisivo que no profundiza tanto, dejando de lado las noticias que se escuchan. Evidentemente, destacan las noticias de internet.
        http://prnoticias.com/comunicacion/clubagencias/20154499-consumo-medios-espana-fragmentado-multipantalla-segun-canela-pr
        En este artículo queda recogido

        Liked by 1 person

      2. Totalmente de acuerdo. Parece que lo que se vivió entre la radio y la televisión esta pasando de nuevo sólo que con Internet añadido. Sin embargo, considero que a pesar de la caída de este medio tradicional, nunca va a desaparecer, pues es un tipo de comunicación íntimo y personal, donde yo creo que mucha gente encuentra una forma de relajación y desconexión.

        Gústame

  6. Un problema relacionado tamén con iso que ahí reflictes, Lucía, é a liberdade de expresión. Con isto quero dicir que é imposible dar voz aos marxinados, aos verdadeiros afectados dunha noticia ou mesmo, ás veces, parece que é imposible un mundo no que os Medios de Comunicación sexan o máis obxectivos e veraces posibles. E isto a que se debe? Pois ben, deduzo que é polos intereses políticos e económicos cos que xogan, é dicir, dar unha imaxe cara o público que non é real. Deciden eles sobre que escribir e como facelo. Redactar dunha maneira específica, contando cousas específicas e non ir moito máis aló. Como di Xosé Soengas nunha das súas investigacións referíndose ás cadeas de televisión “existe un control da información permanente e os intereses políticos e económicos das cadeas inflúen nas versións das noticias e impiden que os cidadáns coñezan moitos aspectos da realidade.” Aquí déixoche un enlace no que aparece isto máis ampliado. http://revistas.ucm.es/index.php/ESMP/article/viewFile/50675/47072
    Por outra banda, cada vez está máis claro que a publicidade ten moito control sobre os medios de comunicación. Xa non só en medios dixitais (porque entendo que de algunha maneira teñen que financiarse), xa que, en moitos casos optamos por instalar ad-blockers, o cal tamén provoca que non poidamos ter acceso a algúns xornais dixitais, como é o exemplo do Faro de Vigo.

    Liked by 1 person

    1. Que gran acerto a túa recomendación. Estou especialmente de acordo, e atrévome a dicir que todo xornalista tamén, coa frase “a información é un ben público”
      Todo cidadán debería ter o dereito a medios libres e independentes, sobre todo os públicos, pero como se indica neste post, as canles de TV por exemplo, están controlados por X grupos de poder que monopolizan o sector. Isto lévame a pensar que este monopolio do que falo consegue que a sociedade estea educada dunha maneira que conveñan aos poderes políticos e económicos Que opinas respecto diso?
      Ademais, creo que nalgunhas ocasións, a liberdade de expresion choca co feito de dar información veraz e real, e moita información que se ofrece sendo esta falsa, escúsase niso.
      Por último, considero que a gran cantidade de programas de “murmuración” e formato Realities promoven unha sociedade que considera noticia calqueira cousa.

      Gústame

      1. Eu, como futura xornalista, estou tamén de acordo con esa frase, Lucía. Como ti ben dis, os medios de comunicación están supeditados aos grupos de poder. Isto fai que segundo quen sexa o grupo de poder, os medios contarán as noticias dunha maneira ou outra. Neste caso, onde está a veracidade? Pode ser que o que se conte sexa certo, pero quizais non se conta todo o que se debe contar. E por suposto que a sociedade está educada segundo estes poderes: publícase o que eles queren, polo tanto, nos sabemos o que eles queren que saibamos. Non o ves así?
        Si, ademais de que este tipos de programas de televisión promovan que calquer cousa se acepte como información, tamén están as redes sociais. Isto ás veces provoca que, cun chío (por exemplo), xa se estea facendo xornalismo.

        Gústame

    2. Respecto ó último que dis, sobre as redes sociais como xornalismo, atopo un gran problema.
      En primeiro lugar, un cidadán pode informar de algo que sucede, pero con todo, pode comunicar? Todos somos conscientes de que esta é a tarefa máis complicada, saber chegar ao público sen que poñan en dúbida a información que dás. En segundo lugar, outro risco que vexo é que parece que simplifican a importancia da nosa profesión na democracia. De aí, que moitas veces denomínennos como o cuarto poder.
      ¿Consideras que no futuro o xornalismo como profesión quedará relegada a súa actividade sen estudos?

      Gústame

  7. Sin duda los medios tradicionales están más expuestos que nunca a las decisiones de los grupos de poder político-económicos. Pero esto se trata de una pescadilla que se muerde la cola. El País, ante la crisis del PSOE del año pasado, mantuvo una línea editorial muy marcada por las presiones que recibía de anunciantes, prestamistas y otros grupos. Esto provocó una caída en el número de suscriptores (http://www.vozpopuli.com/medios/Pais-disculpa-suscriptores-causaron-Sanchez_0_965603531.html ) y, de nuevo, un mayor poder para los mencionados anteriormente.

    Sería interesante realizar una encuesta entre la gente crítica con la situación del periodismo para conocer cuántos de ellos aportan dinero a algún medio, sea como suscriptor de papel, socio digital o con donaciones puntuales. La idea queda ahí para una posible acción.

    Liked by 1 person

    1. Desde logo que seria interesante a acción que expós, Victor. É dicir, a postura tómase con facilidade, creo que unha persoa que consuma polo menos un par de periódicos non afíns en canto aos seus ideais poden ver o choque de información e postura. Agora ben, quen se atreve a protestar publicamente en contra deles? Quen lles pode facer fronte?
      É o que comentaba con outros usuarios, ao final, os xornais dan en moitos casos o que o público quere ler, por iso e como no exemplo que me dás, cando isto cambia os seus beneficios vénse disminuídos. Os medios de comunicación, especialmente os que consideramos “grandes” pasaron a ser empresas de información que compran e venden segundo o seu antollo.

      Gústame

      1. En parte discrepo co dogma de que “os medios ofrecen o que a xente quere”. Está demostrado dende hai anos a través de plataformas como Canal+ inicialmente e Netflix e Movistar+ agora nas que ofrécese contido de calidade para aquel que esté disposto a pagar. Penso que ese é o camiño a seguir nos xornais non locais/rexionais (unha división moi importante para min polo menos) para ofrecer un xornalismo independente e de calidade.

        O problema, como comentaban o outro día na última xuntanza do noso círculo, é que non hai unha cultura, un hábito detrás na sociedade, para pagar por este tipo de contidos. Moitos medios online ofertan suscripcións por tan só 4€ ó mes (ou menos) e a xente, pola contra, non está disposta.

        Liked by 1 person

      2. Eu creo que iso ocorre porque o público está mal acostumado. É certo que a información é un dereito, do mesmo xeito que a cultura, pero tamén, e aquí xúlgome como consumidora, non valoramos en moitas ocasións o esforzo e traballo que pon a xente detrás dos medios. Ademais, cremos que é a súa obrigación informarnos o mellor posible de maneira gratuíta.
        A pregunta é, consideras que se se pagase pola información, como indicas ao principio do teu comentario , dalgunha maneira acabaríanse os intereses que existen detrás ou se incrementarían?

        Gústame

  8. Moi boas Lucía, paréceme que o que se está a tratar no teu post é unha problemática moi ao día. Sobre todo concordo coas palabras de Rubén Sánchez referíndose á pouca contextualización e profundización nos temas por parte dos medios. Nas nosas reunións co noso círculo, desafiuzamentos, os membros da plataforma Stop Desahucios queixábanse exactamente disto, dunha falta de xornalismo de investigación. Contáronnos que si que era certo que, na maioría dos casos, á hora de falar cos xornalistas cara a cara o trato era amigable e recollían todo o que eles dicían, mais moitas veces apenas saía publicadogran parte do que se falara ou se cambiaba o sentido das súas palabras. Incluso chegaron a mandarlles posar de certas maneiras para as fotos, como eles quixeran.
    É unha mágoa que con todas as vías que hai hoxe en día, haia moi poucos medios que traten de dar voz aos que de verdade o precisan. E o peor é que a pesares da súa gran labor, se encontren nunha situación de precariedade tanto xurídica como económica, tal e como podemos ver no seguinte enlace http://www.masvoces.org/Las-emisoras-comunitarias-en

    Gústame

    1. Ola Paula,
      efectivamente. Opino que os xornalistas somos persoas, e é loxico que o trato e a nosa reacción sexa humana, é dicir, en moitos casos nin sequera o soldo pode motivarnos a actuar dunha forma ou outra; o problema reside aquí nos donos dos medios, que segundo me comentaron varios compañeiros de profesión, non ven máis aló do beneficio, e mesmo como dis, esixen que a información sexa terxiversada. Entón, en quen confiamos? Na miña opinión, o peor é o desinformada que está na sociedade por culpa de prácticas como estas…
      http://periodismohumano.com/sociedad/comunicacion/sobre-radios-comunitarias-acosadas-radios-comerciales-sin-licencia-conocida-y-gobiernos-opacos.html

      Gústame

      1. Totalmente dacordo, Lucía. A maioría dos medios actuais tan só pensan nos beneficios e en quen pode proporcionarllos, deixando a un lado un xornalismo de calidade. Nesta mesma liña, os membros do noso círculo tamén nos comentaron que dependendo do goberno da cidade, contactan con eles certos xornais. Por exemplo, agora que está En Marea no poder, os xornais que máis de interesan por eles son os conservadores, coma La Voz de Galicia. O único que buscan son declaracións polémicas en contra do goberno, deixando a un lado as problemáticas reais. Cunha realidade coma esta, a onde iremos parar?

        Gústame

      2. Exacto Paula, precisamente me refiro ao que dis. Os grupos de poder utilizan aos medios de comunicación como armas nunha sociedade democrática onde non poden facelo doutra forma.
        Quenes saen afectados desta situación? O público que le devandito xornal ou consome eses medios e fíase da súa palabra.
        Son consciente de que despois, como xornalistas frustrámonos porque vemos que o noso traballo non é recoñecido… pero tampouco vexo que a culpa sexa do público, a quén denunciamos por iso entón?

        Gústame

      3. Non podería estar máis dacordo coas túas palabras. O público, por desgraza, adoita ser fiel a un único xornal e remata fiándose do que din sen intentar ler outras noticias sobre o mesmo tema en cuestión para poder saber a verdade. Aínda que en realidade, isto non se tería por que facer xa que os medios están para informar das novas imparcialmente, non? Ou iso é o que trata en teoría o xornalismo… Unha mágoa que sucedan cousas coma esta.
        Referido a todo isto, cal foi a acción do voso grupo de traballo para loitar en contra deste tipo de feitos?

        Gústame

      4. Nós decidimos traballar co eixo vertebrador da nosa tematica: as radios comunitarias.
        Así, tivemos o pracer de participar nun dos seus programas para: en primeiro lugar, ver como traballaban; en segundo, dar a coñecer o noso blogue e en terceiro, defender e denunciar a nosa opinión respecto dos medios convencionais.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s