Que din os afectados polo Plan de Mobilidade?

A mobilidade en Santiago de Compostela é un dos temas que abrangue o OCC. Para poder desenvolver o noso traballo dun xeito óptimo, creamos un círculo de persoas afectadas para que elas mesmas poidan compartir os seus puntos de vista nunha serie de sesións de charla, das que tamén nós nos enriqueceremos. Na primeira xuntanza, que tivo lugar o xoves 23 de febreiro, buscabamos coñecer a opinión xeral dos colaboradores, nunha toma de contacto que pretendiamos que  facilitase a comunicación intergrupal nas próximas reunións.

Sorprendeunos que as opinións destas persoas afectadas polo Plan de Mobilidade da cidade fosen máis positivas do que creramos nun primeiro intre, quizais porque agardabamos unha tormenta de críticas ao Concello. Nesta liña, quen levou a voz cantante dende o comezo foi Suso, un amable xubilado que se prestou a participar neste proxecto. Suso non dubidou en eloxiar as facilidades económicas das que dispoñen os xubilados ao poder utilizar o transporte público interurbano de xeito gratuíto. No tocante ó novo  Pacto Local pola Mobilidade, tema no cal quixemos centrar o debate, tódolos participantes coincidiron en que sería moi positivo para a cidade se se chegase a levar a cabo.

Quen participou na creación do pacto?

Preguntámoslles tamén se lles pareceran suficientes os esforzos do Concello por coñecer as necesidades da cidadanía, xa que se abriu unha vía de contacto por correo electrónico que apenas foi usada por dúas persoas e unha vez o prazo xa rematar. Esther, membro da Asociación Veciñal das Marías, comentounos que “si se utilizou a destempo non é problema de quen ten a iniciativa e abre o correo electrónico, senón dos que non o utilizan”. Sen embargo admite que a dificultade está en “estimular os diferentes colectivos para que participen”. Esther contounos que desde a Asociación veciñal das Marías, non tiñan ningunha pega en canto á metodoloxía do goberno municipal para pórse en contacto coas asociacións de veciños, malia lamentar non ter notado os cambios que este pacto prometía.

Para a realización do pacto local pola mobilidade, o cal tratamos durante a maioría da reunión, celebráronse tres plenarios que contaron cunha participación de oitenta, cincuenta e sesenta persoas en cada unha. Moitas delas acudiron en representación de máis de trinta entidades, as cales están especificadas no propio documento, no apartado de “Participación cidadá”.

Que require a cidadanía?

Porén, non todo foron loubanzas mentres falabamos do Pacto. Isto cambiou cando introducimos no debate a situación actual na que, segundo os afectados, non se ve reflectido o documento. Empezamos por falar da sostemento técnico do plan, ao que Vicente, membro activo de Composcleta —asociación que avoga pola mobilidade sostible—, respondeu aclararando que dende a súa asociación non piden ningún tipo de infraestrutura, unicamente algo que “vai beneficiar a todos”.  xa que tal como nos comentou o plan suporía un gran salto en canto á seguridade de todos os que, como el, cambian os motores por pedais. Dende Composcleta, explica, fan fincapé na accesibilidade universal ante a imposibilidade de subir as súas bicicletas aos autobuses, aínda que aceptan que é algo secundario tendo en conta que “non deixan subir nin os carros dos bebés”.

Nesta liña chegou a quenda de Sofía, estudante da USC que precisa unha cadeira de rodas para poder desprazarse e Ánxela, presidenta da asociación Vigalicia. Ambas compartiron a súa indignación polas dificultades ás que se enfrontaban á hora de utilizar o transporte urbano, dificultades que facían imposible acceder a el sen a axuda dunha terceira persoa. Estas dúas colaboradoras denunciaban o mal funcionamento das ramplas de acceso aos autobuses e a pasividade dos condutores que, por medo a non cumprir co horario establecido, ignoraban as súas necesidades.

Que propón a cidadanía?

Suso lembrou unha medida da que se falou no seu momento: a creación de aparcadoiros disuasorios. A Xunta de Galicia ata chegou a publicar en 2012 o  “Plan sectorial de aparcamientos disuasorios”, que tería como finalidade a axilización do trafico e a merma dos problemas co estacionamento. O noso participante afirmou que vería con bos ollos que se construísen aparcadoiros na periferia da cidade Santiago, cuxos prezos fosen crecendo a medida que nos aproxisemamos ó centro da cidade e, desta forma, solucionar o problema de estacionamento e tráfico no centro de Compostela.

Para rematar, os nosos participantes avogaron por dar prioridade aos autobuses urbanos, xa que debido ao tipo de rúas que hai en Santiago, non se poden crear carrís unicamente para autobuses. Así, todos estaban de acordo en facilitar o tránsito do transporte público de forma a que non se acabe tardando máis tempo en chegar ao destino en autobús que a pé.

Advertisements

8 comentarios en “Que din os afectados polo Plan de Mobilidade?

  1. O transporte en Santiago de Compostela deixa moito que desexar. En lugar de preocuparse de facer percorridos cada 10 ou 20 minutos nalgúns casos, deberían centrarse máis nas comodidades e necesidades da xente. Un caso claro é o da rapaza en cadeira de rodas do que se fala aquí. Aos condutores non lles rouba nin un minuto do seu tempo axudar a estas persoas, aínda que a entrada ao autobús debería estar preparada para todo tipo de situacións. As marquesinas das paradas donde se espera polo autobús deberían ter tamén outras comodidades, como podemos ver nun exemplo do pasado ano, no que se instalaron lugares de espera adaptados en Huelva e que a capital galega podería tomar de exemplo:
    http://www.20minutos.es/noticia/2982428/0/junta-instala-durante-2016-cinco-marquesinas-autobus-adaptadas-personas-con-movilidad-reducida/

    Ben certo é que a mobilidade en Santiago é complicada, pero non se trata únicamente dun problema de transporte humano, se non da mala comunicación entre conductores e viandantes provocada por una mala distribución das rúas e dos aparellos reguladores de circulación.

    Gústame

  2. Tes moita razón Patricia, o peor de todo é que estas problemáticas xa se comunicaron aos responsables do novo Plan de Mobilidade e incluso aparecen nas páxinas nove e dez do documento, onde responden ás peticións dos cidadáns.
    http://santiagodecompostela.gal/medi/departamento/atencion_cidadan/Trafico/Plan_de_Mobilidade_Sostible__PMUS_.pdf

    Porén, tal e como denunciaban Sofía e Ánxela, na práctica este tipo de medidas inda non se comezaron implantar. E isto non se pode achacar á falta de fondos ou de tempo xa que, como elas dicían, non é só que as ramplas non funcionen, senón que nin os condutores se molestan en axudalas.

    Liked by 1 person

    1. A actitude dos condutores é un factor fundamental para a melloría da mobilidade. Moitas veces non se ten en conta á hora de queixarse dos problemas de mobilidade da rexión, pero unha postura favorable dos mesmos axudaría en casos coma o de Sofía.
      É moi importante que se cumplan os obxectivos do novo Plan de Mobilidade e persoalmente penso que deberían darlle importancia aos ciclistas e ás melloras dos carrís por onde circulen estes. O concello podería tomar como referencia esta noticia de Burgos a favor da bicicleta:
      http://www.elcorreodeburgos.com/noticias/burgos/psoe-apuesta-bicicleta-ciclocalles-ciclocarriles_147523.html

      Gústame

      1. Tes moita razón Patricia, e certo que as medidas no que se refire aos ciclistas, non son as mais adecuadas en Santiago de Compostela, nenbargantes, Vicente membro de Composcleta, deixounos moi claro durante as reunións do circulo que eles non precisaban nin pedían ningún tipo de infraestruturas como carrís para bicicletas, que é o que fixeron en Burgos. No que si que fixo fincapé, foi no trato que se lles da aos ciclistas dende os medios de comunicación, xa que considera que moitas veces a linguaxe empregada non e a mais adecuada e tende a culpabilizar aos propios ciclistas. Exemplo disto e esta noticia de El Pais, na que o xornalista parece intentar exculpar ao condutor. http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/05/24/valencia/1464078367_559288.html

        Gústame

  3. http://www.lavozdelanzarote.com/articulo/politica/cabildo-trabaja-elaboracion-plan-mejora-accesibilidad-transporte/20170320154233115374.html
    En esta noticia se habla de los problemas de accesibilidad al transporte público como “nuevas necesidades de la diversidad funcional”, pero la verdad es que no hay nada de nuevo en este problema. El Estado no gestiona bien sus recursos y elabora planes que excluyen de una forma u otra a algún segmento de la población, al menos hasta que este se hace escuchar, pero para entonces el daño está hecho o hay que emplear gasto público en corregir el error.
    Esto se evitaría con unos planes de gobierno (o en este caso de alcaldías) más conscientes, que tengan en cuenta a la mayor parte de la población posible, echando mano de encuestas y estudios antes de movilizarse hacia alguna dirección. Es una estrategia más lenta a priori, pero más rentable a mi parecer.

    Gústame

    1. Así é, isto foi o que intentaron facer con o plan de mobilidade, no que se puxeron en contacto con diferentes colectivos e trataron de dar a oportunidade de participar a toda a cidadanía ( http://pmus.santiagodecompostela.gal/colaborar.php ). O problema ven cando estas medidas das que se falaron no plan, non son levadas a cabo.
      Canto á noticia que presentas, a problemática con as persoas con diversidade funcional, segundo os participantes do noso circulo, reside maioritariamente na actitude dos condutores e no mao funcionamento das ramplas de acceso aos autobuses urbanos. Isto quizais se puidera solucionar con a renovación destes autobuses, xa que moitos deles se encontran obsoletos. Tanto é así, que a única noticia que encontrei sobre a renovación dos mesmos e de maio do 2007. http://www.elcorreogallego.es/inicio/ultima-hora/galicia/ecg/santiago-renueva-nueve-sus-autobuses-urbanos/idEdicion-2007-05-02/idNoticia-161984/

      Gústame

  4. Boas tardes Andrés,
    Un post moi interesante. Creo que deixa ben claro que o problema non se limita á precariedade das medidas que se están a tomar en respecto á mobilidade adaptada a todos no transporte público, senón que tamén radica na actitude que os responsables mostran cara ilo. O caso de Sofía que relatabas pareceume especialmente indignante. Eu penso na experiencia que teño disto en Coruña, e podo dicir que estes aspectos se teñen moito máis en conta. Nunca vin que un conductor de autobús non tratara de facilitarlle o acceso ao vehículo a unha persoa con cadeira de rodas, o cal só me fai desexar que este novo plan resulte un éxito.
    Gustaríame saber, poderías poñerme algún exemplo das medidas que pretende levar a cabo este plan?
    Un saúdo!

    Gústame

  5. Ola Pablo, primeiro grazas por comentar, o certo é que o que lle pasou a Sofía é unha realidade que incluso Anxela desde a súa fundación intentou denunciar, inda que sen éxito, xa que parece ser que o baixarse do autobús para axudar alguén é unha decisión persoal do condutor é non ha nada que os obrigue a facelo. O plan de mobilidade fala en moitas medidas, como por exemplo a peotonización de algunhas rúas ou a eliminación de algunhas líenas do autobús urbano que poden ser facilmente substituídas. Sen embargo e como digo no post, da teoría á practica ha un mundo e de momento non ha sinais de cambio por parte dos responsábeis

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s