A depuradora de Santiago é a máis antiga de toda Galicia

O río Sar leva sendo o punto de mira moitos anos pola súa contaminación. A Xunta de Galicia, a Unión Europea, a Universidade de Santiago, a de Coruña e a de Vigo coinciden en que a depuración na cidade é insuficiente e que a contaminación no río compostelán alcanza parámetros prohibitivos.

Os diversos estudos sobre o Sar

No ano 2010 levouse a cabo un estudo no que a capital de Galicia en xeral recibía unha boa nota en todo, excepto na depuración das súas augas. Así mesmo, en marzo do ano pasado La Voz de Galicia publicou unha entrevista realizada a María José Servia, licenciada en bioloxía pola USC, na que fala sobre a zona máis contaminada: Bertamiráns. “Hay elevadas dosis de medicamentos como Ibuprofeno, Diclofenaco, o Atenolol. (…) Una depuradora nueva va a ayudar mucho porque la de Santiago no es capaz de depurar todo el volumen de agua que recibe. Hay sistemas nuevos que están preparados para reducir los efectos de esas sustancias que ahora no es posible depurar”.

Contaminación e xustiza

En abril do 2011 o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditaminou que as autoridades españolas infrinxían a lexislación comunitaria ao non recoller e tratar adecuadamente as augas residuais vertidas en 37 cidades e urbanizacións. Das depuradoras que presentaban deficiencias segundo a sentencia do 2011, 11 eran galegas. Ningún plan foi posto en marcha para solucionar o problema, así que o pasado mes de novembro a Comisión Europea pediu ao TXUE multar ao país pola súa deficiente recollida e tratamento das augas residuais en 17 núcleos urbanos. A día de hoxe todas as depuradoras galegas excepto Santiago, Vigo e Ribeira subsanaron as súas deficiencias de acordo cos últimos controis realizados polos técnicos da UE. Estas tres cidades continúan presentes na lista negra de Europa.

Compostela estancada no pasado

Hai décadas que se fala de que Santiago precisa unha nova depuradora pero o proxecto non avanza. Mentres que o resto de cidades ou ben construíron unha nova ou ben melloraron as vellas, Santiago segue coa mesma dende os 80. Por iso non é de estrañar que a da capital galega sexa unha das depuradoras  máis antigas.

sy8c1f2
Depuradora dos anos 80 do río Sar que continúa en funcionamento na actualidade. Imaxe de Álvaro Ballesteros na Voz de Galicia

As instalacións fanse escasas para limpar a cantidade de auga que chega procedente de Santiago, polo que todos os días volve ao río o excedente de auga contaminada. Por outro lado, cando chove só se depura o 50% dos residuos.

Estívose tempo falando dunha nova estación depuradora, mais había desvantaxes. O primeiro foi atopar un lugar no que non se molestase aos veciños, e ese lugar rematou por ser O Souto. A parcela necesaria supuña unha hectárea máis en relación á ubicación inicial de A Silvouta dos anos 80: en total algo máis de 110.000 metros cadrados. Por outro lado, o prezo era máis elevado, xa que na depuradora inicial o coste rondara os 547.000 euros, mentres que os terreos de O Souto elevarían a cifra a 1.496.000 €. Valorando todo isto, Compostela Aberta volveu á idea inicial de ampliar as instalacións de Silvouta en lugar de construír unha nova depuradora, pero a sentencia do TSXG determinou que non había outra alternativa máis que a de O Souto. A futura depuradora, da que falaremos na primeira reunión co círculo, xa está en proceso de construción e tratará as augas residuais dunha poboación de ata 230.000 habitantes.

Imprimir
Plano da nova depuradora en O Souto. Imaxe de El Correo Gallego

Unha pedra no camiño

O pasado mes de febreiro o proxecto da planta depuradora de Santiago tropezou literalmente cunha pedra no camiño. Trátase dun petroglifo descuberto en O Souto. Os arqueólogos propoñen para este petroglifo o seu recoñecemento como ben de interese cultural e un rango xenérico de protección.

sf17c1f2
Petroglifo atopado en O Souto. Imaxe de Sandra Alonso na Voz de Galicia.

O Ministerio de Agricultura, a Xunta e o Concello de Santiago están a traballar na mellora do proxecto da nova depuradora compostelá dado que a aparición dos restos arqueolóxicos e algunha que outra novidade con respecto ás medidas tomadas polos técnicos do caudal de auga deixan desfasado o anteproxecto co que se traballaba ata agora. Deste xeito o coste total da infraestrutura podería ser moito maior.

Os afectados pola contaminación do río queren solucionar o problema canto antes. Porén a directora de Acuaes xa adiantou que a nova depuradora non poderá entrar en funcionamento ata dentro de cinco anos polos prazos e os trámites. Esa é a marxe para beneficiarse dos fondos europeos que financiarán o 60% da obra. A Xunta porá un 20%, e está por ver se o Concello aporta o 20% restante ou só o 15% como pretende Xan Duro, concelleiro responsable da Área de Medio Ambiente e Convivencia.

Advertisements

13 comentarios en “A depuradora de Santiago é a máis antiga de toda Galicia

  1. Interesante post sobre a depuradora de Santiago. O que máis chama a atención de todo isto é que dende 2011 se coñecía perfectamente que a depuradora infrinxía a lexislación comunitaria sobre o tratamendo das augas residuais e que non se fixo absolutamente nada para solucionalo. Ademáis, a pesar de que existe un proxecto para unha depuradora nova, hai numerosos problemas que o envolven a nivel financeiro tale e como se pode ver na seguinte noticia de La Voz de Galicia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/03/16/xunta-emplaza-concello-asumir-canto-parte-edar/0003_201703S16C29910.htm Polo tanto, estamos ante unha depuradora que máis ben depura pouco e un proxecto de depuradora que non fai máis que acarrexar problemas. Habería algunha solución, algún plan de accións para subsanar toda esta problemática?

    Gústame

    1. Gracias polo enlace á noticia Paula! Tes razón, a verdade é que para ser a capital de Galicia, poderíase dicir que Santiago non conta cun servizo de depuración das augas xa que o que hai é pésimo e o novo non se dá posto en marcha.
      En canto ao que me comentas da acción, ao meu círculo e aos meus compañeiros de grupo de traballo ocorréusenos que poderíamos gravar unha saída ao río co Club Vía Láctea de sendeirismo (no que está un dos integrantes do círculo). Eles analizarían os compoñentes da auga grazas a un kit do que dispoñen en ADEGA, e nós no noso vídeo mostrariamos a situación do Sar. Cremos que isto é moito máis visual e chamativo que calquera cartel ou panfleto que se poida repartir pola rúa. A difusión do vídeo coallaría na xente e talvez así se conseguise un pouco máis de axilidade no proceso. Ao fin e ao cabo pouca xente coñece en profundidade o problema e se preocupa por el. Todos no círculo estamos de acordo en que este pode ser un pasiño cara unha solución

      Gústame

      1. Pareceme moi boa idea Esther, toda acción que poida axudar a dar máis visibilildade a esta problemática é necesaria. Ademais que, ao fin e ao acabo, isto é algo que afecta a todos os que vivimos en Santiago. Tamén penso que tes razón ao rexeitar a idea dos cartei e panfletos, pois a xente moitas veces cando llos ofrecen acaban tirándoos na primeira papeleira que ven. Sopesáchedes a idea de ofrecer algunha charla nalgún centro, colexio, instituto…? A concienciación dos máis pequenos pode ser unha boa alternativa para que posteriormente lle informen aos seus pais nas súas casas. Ademais, pode axudar a que de maiores convétanse en activistas preocupados por este tipo de problemáticas.

        Liked by 1 person

      2. Si Paula, esa idea paréceme moi boa e de feito xa comentamos co noso grupo que sería interesante que ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) fixese cada certo tempo unha visita aos colexios e explicase todo o que acarrexa o simple feito de verter algo no río. Alí traballa María, unha das compoñentes do círculo. En xeral todos os traballadores controlan bastante sobre este tema en concreto, así que poderían dar unha charla facilmente cada 2 ou 3 meses. Como dis, informar aos pequenos e conciencialos está ben porque así xa teñen as ideas claras sobre como deben comportarse co entorno que nos rodea, e ademais o feito de que falen cos seus pais tamén faría que estes se implicasen co tema.

        Gústame

  2. Paréceme moi interesante este post, Esther. Fai só uns días anduven lendo unha noticia sobre o tema; onde os veciños de Ames se mobilizan pola depuradora de O Souto, para coñecer cales serán os problemas que lles traerá a nova ubicación da depuradora. (Deixoche aquí o enlace: http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/vecinos-ames-movilizan-depuradora-souto/idEdicion-2016-11-21/idNoticia-1028171/).
    Mais, como ben ves dicindo, poñerase en práctica no ano 2022, polo que aínda quedan 5 longos anos nos que se terá que facer uso da depuradora antiga. Levamos dende os 80 empregando a mesma depuradora e xa pertencemos á lista negra de Europa, e aínda temos que esperar outros cinco anos? Non haberá outra solución máis rápida?

    Liked by 1 person

    1. A noticia da que me falas é unha das que empreguei para documentarme e facer esta publicación. Sí, é certo que este tema leva sen resolver demasiado tempo. Penso que, en certo modo, o feito de non atopar unha zona na que situar a nova depuradora ou este último dato sobre o do petroglifo tan só foron contratempos; porén o problema real é a lentitude no proxecto.
      Está claro que Santiago necesita unha nova depuradora canto antes, pero non todo o mundo é consciente disto. Ademais é difícil porlle solución a algo que depende tanto do concello, coma da Xunta ou da UE. Ainda así, como lle dicía a Paula Castiñeira no comentario anterior, a nosa idea é explicar nun vídeo a situación do río xa que esa sería unha boa forma de chamar a atención de todos os cidadáns, pois o goberno xa é consciente do problema pero se ten a presión de toda unha cidade enriba talvez aceleren o proceso.

      Liked by 1 person

      1. Polo que observo, noto unha lixeira “falta” de interese por parte da cidade en canto á depuradora e á situación actual do río. Como ben dis, ” non todo o mundo é consciente”, e por iso me pregunto: é que non se leva a cabo ningún tipo de lavor que poña ao tanto á poboación? Ninguén informa á cidadanía? Pois, ninguén nace aprendido, se a comunidade non se lle informa, moi pouco probable é que un se entere do sucedido por si mesmo. Paréceme pois unha boa idea facer un vídeo no que se expoña a situación actual do río en cuestión, e, ademáis, debería ofrecerse un pouco de presión para acelerar o proceso. Trátase dunha situación moi pouco agradable que, canto máis se alongue, peor parados imos sair todos.
        Gustaríame amosarche un blog (“A favor de la corriente”) que eu, persoalmente, visito moi amiúdo. Trátase das palabras de Teresa Banet, unha arquitecta que escribe sobre moitos temas, e, entre eles, atópase o río Sar. Non ten perda botarlle unha ollada 😉 https://tbanet.wordpress.com/2007/04/18/historico-rio-sar-segunda-parte-a-favor-de-la-corriente/

        Gústame

      2. Paréceme interesante o que te cuestionas, Judit. Os medios, aínda que non tan a miúdo como deberían, si que falan sobre a contaminación. O problema é que cando tratan a contaminación nos ríos buscan imaxes impactantes, augas marróns e cousas polo estilo. A xente está farta de ver iso e a contaminación non só consiste nun río con auga sucia, senón que vai moito máis alá e engloba a todo un conxunto de seres vivos. O que deberían facer os medios sería informar con todo detalle de todo o que acarrexa este problema para así concienciar á poboación.
        Grazas polo enlace ao blog, chámame a atención que xa no ano no que se publicou iso saltara a alarma sobre a contaminación no río compostelán. A este paso seguirán pasando os anos e nada cambiará..

        Gústame

  3. Pareime a mirar pola rede as noticias sobre a contaminación dos ríos galegos (en concreto do río Sar), para comprobar o que dis, e tes toda a razón. Os medios só queren sacar a peor imaxe do río e das súas augas, mais non se paran noutros aspectos.
    Nesta noticia do mes pasado (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/02/21/detectan-altas-dosis-ibuprofeno-sustancias-aguas-sar/0003_201602S21C1992.htm) detectan altas doses de Ibuprofeno, Atenolol e outros medicamentos químicos nos ríos galegos, especialmente no Sar, ou esta http://www.elcorreogallego.es/area-de-compostela/ecg/exigen-medidas-contaminacion-sar-bertamirans/idEdicion-2016-11-15/idNoticia-1027219/ que informa das medidas que se van poñer “en práctica” para solucionalo.
    Con todo, paréceme que os medios non tratan axeitadamente o tema, nin lle prestan a suficiente importancia.
    Comparto contigo ese último pensamento desolador que mostras no teu comentario, e paréceme que hai que poñerse en marcha canto antes, non podemos permitir que os nosos ríos sigan sufrindo, que como a paisaxe galega non hai outra!!

    Gústame

    1. Moitas gracias por facilitarme esas noticias, Judit! Como ben dis, como a paisaxe galega non hai outra e pouco a pouco estamos a destrozala.
      É certo que os medios non abordan este tema como deberían. Nós non podemos cambiar iso, pero si podemos ter algunha iniciativa e aportar o noso graniño de area. Como lle comentaba ás nosas compañeiras, estamos baraxando a idea de facer unha excursión ao río co círculo e aproveitar para gravar un vídeo no que se vexa e se explique a fondo a situación. Cremos que difundindo este traballo poderíamos concienciar á xente e talvez avanzar un pouco neste lento proceso que tanto lle debería preocupar a todos.

      Gústame

  4. Boas Esther, ben sabemos os que vivimos alí que a auga de Santiago non é das mellores só con probala. Todo o que fagades dende o grupo e o círculo para denunciar e darlle atención á problemática é exemplar e preciso. É indignante que teñamos que sufrir estas consecuencias por ter unha depuradora tan precaria sendo Santiago a nosa capital e tendo o nivel de choivas que ten.
    Doutra banda chámame a atención a entrevista con María José Servia cando fala da contaminación do Sar: “Es un problema global y es un problema de todos. El paciente tiene que acostumbrarse a no tirar los medicamentos; si tratamos de no tirar sustancias contaminantes por el váter, algo estamos ayudando.” E é que tamén é importante concienciar á xente do que conlevan estas prácticas, que contaminemos ou non vai á afectar á nosa calidade de vida, ó que bebemos, ó que comemos… Temos que recordar o estudo que facía o instituto Análisis e Investigación xunto con Siemens en 2010 no que xa nos chamaran a atención pola baixa calidade das augas. É dicir, os avisos estaban claros e foron varios, pero a xente seguiu sen se concienciar.
    Agardo ás vosas próximas reunións co círculo para que nos contedes máis sobre o proxecto da nova depuradora, mentres tanto nesta noticia falan un pouco de como podería ser.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/ames/2017/02/25/cambios-nueva-depuradora-reducir-tamano-75-/0003_201702S25C3991.htm

    Gústame

    1. Moitas gracias pola noticia que me pasaches! Si, a situación é alarmante e decepcionante ao mesmo tempo, xa que ainda por riba estamos a falar da capital de Galicia.
      Por outra parte, é certo que a “culpa” está tanto nos medios como en nós, pois nin nos informan correctamente nin nos preocupamos o máis mínimo por ver o problema. A nosa idea é facer unha excursión ao río co noso círculo e gravar un vídeo no que se reflexe todo o que acarrexa o simple feito de tirar calquera obxecto á auga. Ademais contamos coa vantaxe de que en ADEGA teñen os medios necesarios para analizar os compoñentes da auga. Como lle comentaba ás nosas compañeiras, difundir un vídeo vai chamar máis a atención que repartir panfletos ou cousas polo estilo, xa que un vídeo é moito máis visual e capta mellor a atención da xente. Talvez así consigamos concienciar un pouco máis á sociedade.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s