Endexamais esquecen

Lozano Figueira, Sara V2

No século XX, gran parte dos galegos facía as maletas e marchaba buscando un mellor modo de vida fóra do país. Isto aconteceu maiormente a partir dos anos cincuenta, como consecuencia da posguerra e do franquismo. Para algúns foi unha viaxe sen retorno, pero outros moitos endexamais esqueceron a súa terra e retornaron ao seu lugar de nacemento.

Unha destas persoas é Xosé Martínez, home de 78 anos que se viu obrigado a marchar xunto coa súa muller perseguindo un traballo digno e tentando escapar da situación de precariedade que existía. O seu primeiro destino foi Alemaña, aínda que posteriormente a súa vida daría un brusco xiro.

Nós marchamos, coma todos, para poder vivir” 

IMG-20170307-WA0013
Xosé e a súa muller en Alemaña

Cando falamos con el, contanos que eles marcharon para poder vivir. Por aquel entón non había traballo, eran moitos irmáns e as terras non daban para vivir. A guerra deixara moita fame e atraso. Todos falaban do marabilloso que era o mundo fóra de alí, de que había traballo e oportunidades para todos, e sobre todo de que estaban moitísimo máis avanzados. Asegura que os rapaces da súa idade escoitaban as historias que contaban por carta os que xa marcharan e falaban de a onde ían ir cada un, como se xa non existira a posibilidade de quedar en Galicia.

Cando Xosé casou pasou uns anos vivindo na súa casa cos meus pais e irmáns e a súa muller nunha pequena aldea de Carnota, pero a miúdo falaban de buscar un traballo fóra de alí. Ata que por fin, cerca dos anos sesenta atrevéronse. Primeiro marchou el, a Alemaña, á cidade de Colonia, e poucos meses despois, cando el xa tiña traballo, foi tamén a súa  muller.

O principio desa nova vida foi duro para eles. O idioma non era doado de aprender para dúas persoas que só falaran galego en toda a súa vida, non tiñan amigos nin coñecidos, pero recorda que comezaron a ir á Casa de España e que a súa muller atopou traballo axiña. Cando se decataron tiñan dúas fillas e unha vida non só estable, senón formidable.

Estiveron alí vivindo máis ou menos dez anos, e Xosé afirma que terían estado moito máis se non ocorrera o que ocorreu… A súa muller púxose moi enferma, estivo meses ingresada, tivo que someterse a unha operación moi grave e a pesar de que a superou quedou moi mal, tanto que todos pensaban que non ía sobrevivir… Entón ela dixo que non quería morrer lonxe da casa. Conseguiron que a deixaran marchar e fóronse a Coruña, lugar no que estivo ingresada tamén, pasou por outra operación e recuperouse case como por un milagre. Despois diso non quixo volver marchar. Mercaron unha casa pequena e buscaron traballo nun hotel, que era no que traballaran todos os anos que pasaron en Alemaña.

Durante uns anos viviron moi ben, pero entón o hotel no que ambos traballaban pechou, as súas fillas eran adolescentes e non era un bo momento para quedarse desempregado. Xosé estivo máis dun ano sen traballar e finalmente decidiu marchar a Estados Unidos xunto con dous amigos. Daquela, asegura el, todos estaban seguros de que Estados Unidos era unha grandísima potencia e de que nada podía ir mal.

“O peor de todo sen dúbida foi estar lonxe da miña familia”

Xosé e os seus amigos marcharon a Nova York. Apenas tardaron en atopar traballo os tres como obreiros. Conta que vivían continuamente impresionados, era unha cidade moi impactante para eles, afirma: “sentiámonos como tres aldeáns na cidade máis grande do mundo, que ao fin a cabo eramos algo parecido!” Pero non obstante tiveron unha acolla estupenda, o trato dos demais cara eles non podía ser mellor. Aínda así os primeiros anos para el foron durísimos, dado que tardou máis de tres en poder regresar a Galicia a pasar unhas vacacións. A pesar disto, pasou dezaseis anos alí nos que asegura que disfrutou un montón.

accidente torres
Accidente Torres Xemelgas, fotografía do medio 24H

O seu retorno tampouco foi por nada bo, se non todo o contrario. Regresou no 2001, poucas semanas despois do accidente do 11S das Torres Xemelgas. Cando tivo lugar o suceso, na casa a súa muller e as súas fillas viron as noticias por televisión, non pararon de chamar pero el non podía contestar, pasaron moita preocupación e el moitísimo medo. Pois el e máis os seus colegas estaban nunha obra a poucos metros das Torres cando viron impactar o primeiro avión e pensaron que fóra un accidente, pero cando viron o segundo, simplemente pensaron que era a guerra. Despois diso solo recorda gritos e fuxidas…

Tras vivir esta experiencia Xosé garantiza: “non me quedaron ganas de volver a afastarme da miña terra e da miña familia.” Xosé, como moitos outros emigrantes nunca esqueceu a súa terra, a morriña sempre ía con el.

Biliografía:

 Consello da cultura, “Arquivo da emigración galega” http://consellodacultura.gal/aeg/

Fotografía de portada de Henri Silberman

Advertisements

27 comentarios en “Endexamais esquecen

  1. Como dicía a canción “Hai un galego na Lúa. E que alí por donde vas encontras un galego, debido a que este sempre estivo ligado a emigración. Eu son neto de emigrantes. Os meu avós tamén tiveron que saír a buscar a vida fora, neste caso a Arxentina. Alí coñecéronse e iniciaron unha vida xuntos. Como ben mencionas no artículo a importancia de lugares como a Casa de España, no caso do meus avós o Centro Gallego, era moi importante para toda esta xente que estivo fora.

    Resulta moi interesante a parte das Torres Xemelgas, debeu ser realmente impresionante vivir eso. Sen dúbida é unha gran historia que reflicte perfectamente o carácter dun pobo que nunca tivo medo de ir a buscar a vida fora. É unha pena que hoxe en día teña que darse de novo esta situación e atopémonos ante a terceira emigración galega como vemos neste artículo http://www.eldiario.es/galicia/tercera-emigracion-marchan-jovenes-formados_0_203330356.html. Esperemos que as cousas melloren no futuro, e as novas xeracións non teñan que abandoar a su terra por estes motivos.

    Gústame

    1. Totalmente certo o feito de que estamos sufrindo unha terceira migración en Galicia. Tanto no século XIX como no XX a nosa terra viviu a marcha de gran parte dos seus cidadáns, isto é recordado por unha banda con sufrimento pola marcha e en ocasións con alegría pola boa acollida que recibiron os galegos nalgúns país como foi o caso de Arxentina, lugar a onde mencionas que emigraron os teus avós, e onde se abriu un museo en honor dos galegos emigrantes como se mostra neste artigo: http://www.lavanguardia.com/vida/20050407/51262807265/argentina-acogera-un-museo-de-la-emigracion-gallega.html

      Pero este so foi un dos moitos paises aos que marcharon os galegos, actualmente existe un Arquivo de emigración no Consello de Cultura galego que recolle moita información sobre isto: http://consellodacultura.gal/aeg/

      Como mostra a publicación que adxuntas o máis crítico da migración actual é que marchan rapaces cunha formación académica impresionante que non teñen a oportunidade de exercer no seu país. Ogallá esta situación se resolva.

      Liked by 1 person

      1. Non coñecía a apertura do museo, e é unha gran noticia. Os galegos son parte de Arxentina, de feito utilizan o termo “gallegos” para referirse a todos os españois. O problema e que nalgúns casos tamén se usa este termo para discriminar como vemos nesta noticia http://www.larazon.es/historico/los-estereotipos-de-los-gallegos-en-argentina-al-desnudo-NLLA_RAZON_116001. Como che comentaba antes, os meus avós estiveron na Arxentina e non sufriron este feito, aunque si que é certo que é bastante común. Non sei se no caso do protagonista da túa historia sucedeulle algo así ou en Europa e Estados Unidos a cosa é diferente.

        Liked by 1 person

      2. Os teus avós tiveron sorte, Adrián. As burlas que se relatan no enlace que me adxuntas a un artigo do xornal La Razón son máis habituais do que parece. Os galegos están estigmatizados por uns estereotipos ben coñecidos. Como relataba Rosalía no seu poema Castellanos de Castilla: “Cando van, van como rosas, cando vén, vén coma negros”: http://poemasderosalia.blogspot.com.es/2010/09/castellanos-de-castilla.html
        E verdadeiramente así era, na propia España, en terras castelás os galegos víronse marxinados por uns estereotipos relacionados coa terra.

        En moitas ocasión, os emigrantes de mediados do século XX dos que falamos sufriron discriminacións deste tipo, Xosé non a viviu por sorte, pero ten un irmá ao cal en Suíza preguntaronlle se ía traballar para poder mercar unha vaca. Cousas coma esta, lamentablemente, son considerablemente habituais. Aínda hoxe, os galegos estan marcados por este tipo de cuestións, tanto dentro, coma fóra de España.

        Gústame

    2. É unha auténtica pena, inda que penso que en España tamén cometemos o mismo erro. Aquí mismo tachase a xente do norte de paleta e bruta, os do sur de vagos, os cataláns de cutres, etc. A pena é que en Galicia, co arraigada que está a emigración, sexa racista coas persoas que veñen aquí, porque seguramente esta xente teña algún parante que tivera que saír en busca de traballo. Un dos lugares onde máis se manifesta o racismo é nun campo de fútbol, por exemplo como o caso deste xogador http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2017/01/17/llevo-padeciendo-insultos-racistas-jugaba-infantil/0003_201701G17P42992.htm

      Gústame

  2. Paréceme unha historia moi interesante. Non é estrano que os galegos, no noso entorno, coñezamos historias similares. No post pos o famoso poema de Rosalía de Castro, eu aporto o tema -que xa é un himno sobre a emigración en Galiza- de Siniestro Total “miña terra galega”. https://www.youtube.com/watch?v=t02dFZI7nw4

    Tamén me parece interesante facer unha comparación entre a situación que viviu a situación do nosos avós coa que vivimos actualmente. A situación social actual está empuxando á mocidade a saír en masa do Estado Español. http://politica.elpais.com/politica/2015/12/04/actualidad/1449220349_507822.html

    Gústame

    1. Brais, paréceme unha lástima a situación actual da que falas, que está implicando a marcha dunha gran parte dos xóvenes españois a buscar emprego nuestros países.
      A situación política é o principal factor que provoca esto. Da misma maneira que ocorreu ao redor dos anos cincuenta cando os nosos maiores se viron obrigados a marchar empuxados por unha posguerra e unha situación de franquismo. Hai moitísimas historias que reflexan esta situación, como as que se mostran neste artigo do xornal Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/03/07/duros-anos-emigracion/1636282.html

      Tomando como exemplo estas experiencias quizais deberíamos concienciarnos máis do que é necesario cambiar para modificar esta situación, dado que a pesar do crítica que se pode considerar o noso goberno continúa sen cambio algún.

      Gústame

      1. Na miña opinión o existente racismo, tanto en xente maior como en xóvenes e deleznable, e todavía máis no noso caso. Gran parte dos galegos emigrados falan da boa acollida e o apoio que recibiron en países estranxeiros tanto europeos como moitas veces americanos. Esto faime reflexionar sobre como é posible que a nosa xente se vise obrigada a marchar e atopase axuda e sen embargo agora non se queira axudar aos que o necesitan. Paréceme un simple feito de agradecemento e sobretodo humanismo.

        Respecto ao enlace que me adxuntas, quixera destacar a porcentaxe de 42% de galegos que consideran positiva a cantidade de emigrantes actuais en Galicia, gustaríame saber que ocorre co outro 58%.

        Adxuntoche un enlace a un artigo que trata o caso dun emigrante senegales que aínda tendo un grado, traballa como vendedor ambulante polas dificultades para atopar traballo: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2017/03/25/venta-ambulante-convierte-vida/1165309.html

        Gústame

  3. Prácticamente en cada familia galega hai avós e avoas que tiveron que marchar para buscar unha vida mellor. Pareceume moi interesante a historia que contas Sara, trátase dun claro exemplo da historia dos galegos no século pasado.
    Galicia é terra nómada, terra de emigrantes que marcharon das súas casas para conseguir unha vida mellor, e que voltaron cheos de historias que hoxe contan. As daqueles avós que sempre gañaban batallas nos lugares nos que estiveron, as dos que pasaron unhas penurias que lles fan maldicir calquer lugar que non sexa Galicia, e tamén as desas mulleres que nunca viron aos seus maridos voltar. E esta última situación da lugar a un dos grandes dramas das familias galegas da segunda metade do s.XX, o dos pais que nunca regresaron e deixaron ás súas familias na miseria.
    Actualmente está a producirse outra gran migración similar ás anteriores: trátase de xente nova, en idade de incoporarse ao mercado laboral, que buscan fóra oportunidades que aquí non hai.
    http://www.eldiario.es/galicia/tercera-emigracion-marchan-jovenes-formados_0_203330356.html

    Gústame

    1. Estou totalmente de acordo co que dis Laura. Gacilia ya vai pola tercera ocasión na que ve migrar a súa xente. Case todos os avos da xente da nosa xeración víronse obrigados a marchar e buscar traballo no exterior, nalgúns casos viviron unha boa acollida como foi o caso de Arxentina, país que sempre apoiou aos galegos, como se mostra nesta reflexión do escritor Manuel Rivas neste artigo de El País: http://cultura.elpais.com/cultura/2016/04/28/actualidad/1461866539_708616.html
      Sin embargo outros moitos galegos sufriron incluso vexacións e discrimacións en ocasións unicamente por ser galegos.

      Respecto á emigración actual, paréceme triste que este volvendo a ocorrer unha situacion similar, coa diferencia de que agora as persoas que marchan son persoas totalmente formadas e con estudios. Esta situación, penso, necesita una solución urxente. Non sei que pensas ti, Laura, a este respecto.

      Gústame

      1. É certo o que dis Sara, e paréceme unha situación especialmente desoladora o estar lonxe da casa e verte menosprezado simplemente por non ser dese lugar.
        Na miña familia, o meu avó saiu da súa casa ós 17 anos, e estivo en varios países de Latinoamérica como Brasil ou Arxentina (que por épocas parecía a quinta provincia galega), antes de pasar varios anos en París e finalmente voltar coa súa familia. Cando marchou, a miña avoa estaba embarazada da miña nai. O que sempre nos conta meu avó é que se sentiu ben acollido nos lugares nos que estivo, pero seguramente tivo que ver nisto que non iba só dende aquí.
        Con respecto ao que dis, Sara, eu penso que a historia, coma outras moitas cousas, ten un compoñente cíclico moi importante, e iso unido coa mala situación económica que estamos vivindo e con que as persoas somos nómadas por natureza (ou iso me gusta pensar), sería a explicación da onda de emigración actual. Si que me parece unha situación alarmante que as persoas que estexan abandonando o país sexan as mellor preparadas, porque se perde unha gran cantidade de proxectos e innovacións que poderían resultar moi positivas aquí, pero é comprensible que a xente marche se aquí non ten oportunidades.

        Gústame

      2. Estou de acordo contigo no feito de que é comprensible que a xente, especialmente os xóvenes, marchen se non teñen oportunidades no seu pais. Pero respecto ao que dis de que as persoas somos nomades por natureza, gustaríame sinalar que considero que hay un gran diferencia entre a poboación que marcha con ganas de coñecer mundo e novas oportunidades en outros lugares, cheos de ilusión, con respecto ás persoas que aínda que lles gustaría quedar teñen que marchar por moito que lles pese dado que no seu lugar de nacemento non poden sacar a súa vida adiante e non atopan unha saída. Eu considero que o problema, dende logo, esta nestas últimas, e que son os que necesitan solucións prontas para non ter que pasar ese mal trago. O outro caso tamén me parece a ter en conta achendonos ao ámbito do racismo e da acollida do migrantes, tanto de nós cando marchamos, coma dos que veñen.

        Te adxunto o caso dun senegales que sufre discriminación pola súa predecencia: http://www.publico.es/politica/migrante-excluido-candidatura-del-bng.html

        Gústame

      3. Por suposto Sara, tes toda a razón. Non son comparables as situacións das persoas que se marchan voluntariamente porque a pesar de ter oportunidades aquí consideran que o seu futuro pode chegar a ser máis prometedor notros lugares, coas da xente que se ve obrigada a abandonar os seus fogares contra a súa voluntade. Sen embargo, ó que me refería é a que por exemplo, a maioría de persoas (polo menos das que eu coñezo), se lles preguntas non rexeitarían marchar do país se puidesen estar traballando no que queren fóra de aquí.

        O de como se acolle aos migrantes paréceme un tema que complicamos demasiado, e que á vez é moi simple. Baixo o meu punto de vista, ao optar a un posto de traballo debe ser escollida a persoa mellor capacitada para facelo. Independentemente do país que a vira nacer. Do contrario, estaríase caendo en discriminar a alguén a causa da súa raza. Desgraciadamente, o que ti engades é so un exemplo máis de que iso non é o que adoita acontecer e do intolerante que se está facendo a sociedade co tempo. Semella que cando lemos ese tipo de historias ou vemos casos así nas noticias, non pasan de ser simples historias. Esquecemos que do que estamos falando é de vidas de persoas coma ti e coma min, e que nunca ninguén debería ter que verse neste tipo de situacións.

        Gústame

      4. Non podería estar máis de acordo contigo Laura, de principio a fin. Por unha banda, cando menos no meu arredor tamén hai un gran número de persoas que estarían dispostas, por non decir encantadas, de traballar ou inlcuso estudiar noutros países. Tal vez por ampliar aprendixe e experiencias, tanto laborais como vitais. Con respecto a isto paréceme moi destacable o feito de que en moitas ocasión os emigrantes que marchan forzados retornan con maravillosas vivencias dado que atoparon, inesperadamente, unha situación que lles favoreceu moito. Plantexome se quizais esto último axudara dalgún modo á actual motivación existente por marchar.

        Doutra banda, o que comentas de que complicamos moito o tema da acollida de emigrantes cando en verdade e moi sinxelo, paréceme a pura realidade. Sería interesante que cando estas historias saen publicadas na prensa se lles dese unha maior relevancia en lugar de pasar a páxina, participando así, pasivamente nun acto de discriminación racista.

        Gústame

  4. Sara, gracias por compartir esta historia, sin duda creo que muchas personas se pueden ver reflejadas en estas palabras. Coincido con mis compañeros y contigo, pues creo que en la actualidad en España nos estamos viendo obligados a emigrar, a salir de nuestra zona de confort para buscar un futuro mejor que el que podamos tener en nuestra propia tierra (idea con sabor agridulce).

    Para reflejar esta realidad con cifras, según el IGE (Instituto Gallego de Estadística), en el año 2015 (apenas dos años atrás), en Galicia se produjeron 92.080 emigraciones. 92.080 personas que, por un motivo u otro (me aventuro a decir que sobre todo, por motivos laborales), tuvieron que marcharse. En concreto, la cifra de personas que se fueron hacia otro país fue de 30.707 (desde luego, un dato que da vértigo).

    Aquí puedes consultar los datos: http://www.ige.eu/igebdt/esqv.jsp?paxina=001&c=0201003&ruta=verPpalesResultados.jsp?OP=1&B=1&M=&COD=1254&R=1%5B0:1:2:3:4:5:6:7:8%5D&C=9912%5Ball%5D&F=T%5B1:0%5D&S=

    La historia se repite, recesiones económicas que dan lugar a emigraciones para “hacer fortuna”. ¿Crees que se acabará alguna vez este ciclo constante de idas y venidas?

    Enhorabuena por el post.

    Gústame

    1. Gracias Paula por aportar estes interesantes, á par que terribles datos. Gustaríame poder afirmar que esta situación de emigración continua e en masa vai rematar, pero a realidade é que penso que mentres a situación laboral prosiga tal e como está na actualidade, a nosa xeración, e quizais as venideiras, veránse, tamén, obrigadas a marchar en busca dun traballo digno.

      Aínda que por unha banda se considere que a cifra de paro descendeu nos últimos anos, é máis que visible que a poboación segue véndose forzada a marchar. Polo tanto, tal vez esta realidade de baixada de desemprego non sexa tan real como pode aparentar. Aventúrome a dicir que os xa coñecidos como “contratos basura” inflúen moito nesta situación: http://www.20minutos.es/noticia/2769341/0/jovenes-empleo-mercado-laboral-contratos-basura-temporalidad/

      Gustaríame saber que opinas sobre esta situación laboral, moi relacionada coa emigración, que está tendo lugar en España na actualidade.

      Gústame

      1. ¿Que qué opino? creo que ninguna persona puede ver, al menos objetivamente, nada bueno en esta situación. Y por supuesto que este tipo de contratos están ligados con la emigración, pero ¿conocemos la situación laboral de los otros países que podrían “acogernos”?
        En mayo del 2015 (cuando todavía aún no se hablaba abiertamente en los medios del “Brexit”) Euronews publicaba un minireportaje sobre los contratos de cero horas en el Reino Unido, me gustaría que le echaras un vistazo: https://www.youtube.com/watch?v=iwdxXUoljFQ
        Es evidente que antes de intentar buscarnos la vida en otros países, debemos ser conscientes de cómo está el mercado laboral en ellos.

        Gústame

      2. Dende logo, penso que é fundamental coñecer a situación do lugar no que pretendes residir. Non me imaxino o desalentador que pode ser marchar buscando solucións e atoparte cunha realidade semellante, ou en ocasións quizais peor. De feito vexo claras similitudes cos contratos de cero horas en Reino Unido dos que fala a reportaxe que me adxuntas de Euronews co que se esta vivindo actualmente en España.

        Precisamente falando de Reino Unido, con respecto ao tema do Brexit, bastante actual, parece que están xurdindo problemas coa emigración, deixoche un artigo de La Voz de Galicia que trata esto: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2017/03/30/britanicos-viven-galicia-criticos-voto-compatriotas/0003_201703G30P4993.htm

        Gústame

      3. Coincido en los puntos de vista de 2/3 personas mencionadas en el artículo sobre los británicos afincados en Galicia. Sí que pienso que el Reino Unido pasará años negociando pactos bilaterales y multilaterales que beneficiarán a las empresas que se aprovecharán de la inestabilidad política que ha creado esto.

        Y volviendo al tema de la emigración / inmigración, pienso que la densidad de población de muchos países europeos se verá afectada, ya que puede que muchas de las personas que están actualmente estudiando / trabajando en UK retornará a sus países debido a (otra vez) la inestabilidad de la que hablaba antes.

        Entonces, la historia que nos cuentas quizá en un futuro no la cuente un gallego sino un británico asentado en otro país, como es el caso de Craig Patterson (persona asentada en Coruña). Desgraciadamente la migración siempre estará ligada a la política. ¿O no? ¿Tú qué opinas?

        Gústame

      4. Perfectamente podería ocorrer que unha historia coma esta fora relatada por un británico no futuro, xa que efectivamente como dis, a migración sempre estará ligada á política. Cando menos polo de agora podemos afirmar que as redes migratorias sempre viñeron producidas por unha situación política desfavorable. Por esta razón, si podería ser un británico quen contase isto, pero tamén podería ser un galego de novo, tendo en conta o xa falado sobre a actual migración de galegos e españois ao estranxeiro por dificultades laborais.

        Queda patente que aínda hai moito que loitar e arranxar para evitar a marcha forzada de cada vez máis parte da cidadanía, da mesma maneira que para mellorar situacións políticas e laborais, tanto no noso país, como quizais tamén en outros como xa vimos.

        Gústame

  5. A historia de Xosé exemplifica á perfección a realidade que viviron moitos galegos ao longo do século XX. Ao igual que Adrián, eu teño a proba na casa. No meu caso, son dúas irmás da miña avoa e o destino dende o que refixeron a súa vida foi Cuba. Elas marcharon a mediados do século pasado, nun contexto que, en liñas xerais, pouco tiña que ver co actual.

    Non obstante, e a pesar dos moitos avances realizados dende entón, si se atopan semellanzas entre esa sociedade “pretecnolóxica” e a actualidade. Como apuntan os meus compañeiros, estamos vivindo unha terceira emigración galega. Xente nova, ben formada e cualificada vese obrigada a buscar a oportunidade de unirse ao mundo laboral fóra das fronteiras. Os motivos? Escaseza de emprego de calidade, de estímulo salarial ou o propio funcionamento deficitario do mercado de traballo en Galicia.

    Do mesmo xeito que Xosé representa co seu relato aos galegos emigrados do século pasado, a historia de Ían Fernández, un mozo galego de 27 anos recentemente retornado de Suíza, publicada no xornal La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/lugo/a-fonsagrada/2017/03/19/suiza-mercado-laboral-moito-mellor/0003_201703L19C7996.htm), serve de exemplo dunha realidade da que a mocidade de hoxe en día é testemuña. Parece mentira que entrambas historia pasaran sesenta anos.

    Gústame

  6. Sara, o caso das irmáns da túa avoa e outro dos moitos que exemplifica esa situación de extrema migración que viviu Galicia ao redor dos anos 50. Cuba foi outros dos destinos moi comúns para os galegos e no que tiveron unha acollida destacable, por sorte, polo boa que foi en termos xerais. Este artigo do xornal Faro deVigo mostra a cernacía en cuestións migratorias en Galicia e Cuba: http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2011/02/22/cuba-galicia-decadas-simbiosis/520686.html

    Doutra banda, respecto á situación laboral da que falas, non podería estar máis de acordo contigo. Abundan os “contratos basura” e os precarios horarios e salarios: https://es.insider.pro/economics/2016-02-22/contratos-basura-en-el-mercado-espanol/

    A situación de Ían Fernández que se relata no artigo que me adxuntas de La Voz de Galicia paréceme algo moi a ter en conta. Foi un xoven que marchou nunha situación moi similar a como o fixeron os nosos maiores hai xa setenta anos, sen apenas coñecer o idioma e prácticamente á aventura. Esta afirmación que el realiza: «En Suíza son moi boas, menos horas, mellor salario, máis axudas. Non merece a pena deixalo para regresar a Galicia como empleado, pensaríao moi ben», penso que mostra moi ben a triste realidade que estamos a vivir e que necesita dun urxente cambio.

    Gústame

  7. A historia que contas é moi interesante, ademais de que conta con moitos detalles o que tiveron que pasar a maioría dos galegos nesos anos. Eu teño un caso próximo, meu tío. Mudouse a Bos Aires nos anos 60 en busca de traballo para poder alimentar á súa familia, o que pasa que el foise só, e foise para non volver. Así, a maioría dos xóvenes galegos atopámonos cunha familia ao outro lado do charco que non coñecemos.
    Pero o que máis me preocupa é que, como ben se dixo por aquí, a situación actual non é moito mellor. A crise e o paro obrígannos a buscar oportunidades fora da nosa terra, a abandonar todo o que temos para conseguir un posto de traballo e explotar as nosas facultades. Cando nos presentamos a unha entrevista de traballo cunha carreira e cun máster, pídennos experiencia, pero nunca nos dan a oportunidade de conseguila. E así, mudamos de país en busca deso que nos piden. (http://noticias.universia.es/empleo/noticia/2013/08/02/1040212/mayoria-jovenes-viaja-extranjero-buscar-trabajo.html)
    Despois tamén está que se nos aceptan, estamos infravalorados. Somos becarios e o noso traballo é levar cafés, facer fotocopias ou aguantar broncas dun xefe resentido. Pídennos solucións cando nen eles mesmos saben o que queren.

    Gústame

    1. Eu diría que nos piden solucións cando máis ben deberían proporcionanolas. Esta situación non ven provocada pola xunventude do pais, pero sen embargo si é o colectivo que a sufre, este feito debería preocupar moito máis na miña opinión.

      E penso que está e só unha das moitas cousas que necesitan unha urxente solución por parte do goberno, os xóvenes nos vemos forzados a buscar traballo digno, ou as veces simplemente traballo, fora e os nosos maiores, que xa se viron nesa mesma situación (atreveríame a dicir que incluso agora é peor polo feito de que quen marcha son persoas plenamente formadas) ven agora serios problemas na sociedade, e incluso sufren serios problemas, como é este interesante caso: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/emigrantes-retornados-concentran-santiago-denunciar-siguen-discriminados-pensionistas/idEdicion-2016-12-22/idNoticia-1033433/
      Gustaríame saber que pensas ao respecto.

      Gústame

      1. O principal problema dos maiores emigrantes é que os cartos que gañaron nos anos que estiveron fora do país, queren cobrarllos agora e quitarllos das súas pensións. Tamén hai que decir que esta xente está case toda sen estudos, e que non sabe apenas leer unha declaración da renta, polo que soen ser estafados e non van a protestar.
        Sobre esto, teño o caso de meu avó, que despois de pasarse 10 anos en Argentina, fai 3 anos tivo que devolver a Hacienda unha importante cantidade de diñeiro polos anos que estivo fora. Paréceme unha falta de conciencia e unha forma de aproveitarse destas persoas.

        Gústame

  8. Eso mesmo tamén le ocorreu ao meu avó. Pois tivo que devolver unha cantidade de diñeiro considerable á axenxia tributaria pola razón de non declarar os anos traballados fora. Que no seu caso foron bastantes máis de dez. Sin embargo este tema penso que por unha banda pode considerarse de gran inxustiza polos feitos que mencionas de maior dificultade de entendemento, pero hai que destacar que precisamnete polo descoñecemento se lles retirou a multa que en principio se lles ía a aplicar, e penso que tamén hai que ter en conta que en moitas ocasións estos migrantes retornados non pagaron apenas impostos en España e sen embargo gozan de seguridade pública. Espero non ser malinterpretada, solo considero que son cuestións a ter en conta, dado que por supuesto paréceme completamente fora de lugar que tras anos afirmando que os ingresos estranxeiros non tributaran, non se lles obligue a facélo senon tamén a pagar atrasos.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s