Coñeces os diferentes tipos de enfermidades mentais?

Sara Pérez Peral (V1)

Cando se altera a esencia permanente dun organismo ou mesmo dunha parte del, aparece un trastorno. O trastorno mental afecta ás emocións, ás motivacións, á conciencia, á conduta, á percepción ou mesmo á aprendizaxe. Isto impide unha completa adaptación por parte da persoa afectada no seu entorno social e tamén cultural. 

Neste momento, estamos a tratar con persoas que contan con diferentes enfermidades mentais, tales como a esquizofrenia e o trastorno depresivo. Non obstante, existen outros tipos que responden a diferentes trastornos non tan coñecidos ou comúns como os  devanditos.

Esquizofrenia 

A esquizofrenia responde a un trastorno do pensamento da persoa. Os expertos aínda non lograron clarificar a súa orixe, pero sí se recoñeceron diferentes factores que poden resultar determinantes á hora desenvolver esta enfermidade.

Daniel ten esquizofrenia dende os 20 anos. Mediante un programa de radio, que realizan na Asociación Andaina, está mellorando as súas emocións. Os síntomas que unha persoa con esta enfermidade, de carácter deteriorante, pode chegar a experimentar son: delirios, alucinacións, illamento e un progresivo deterioro das emocións. Daniel di que “algunhas veces escoitaba voces”.

Para el “é moi importante estar en constante tratamento, xa que de non ser así, a miña situación sería totalmente diferente”. Outras persoas con este mesmo trastorno utilizan vías de escape semellantes, como a creación de obras de arte -pinturas- nas que plasman todos aqueles sentimentos que non poden expresar mediante a palabra.

Trastorno depresivo

O trastorno depresivo responde a unha alteración do humor no que se observa un ánimo baixo e falta de enerxía que remata por afectar na vida persoal.

Rosa padece trastorno depresivo dende hai 29 anos e pertence a Andaina dende hai 6. “Agora estou moi ben, grazas ó labor que día a día realizan os monitores nesta institución que nace no rural e para o rural” explica Rosa. Os síntomas que se presentan poden responder á diminución do apetito, a un posible insomnio, fatiga, unha baixa auto estima, dificultades para tomar decisións ou mesmo a experimentar con sentimentos de desesperanza.

Rosa é consciente e sabe que o tratamento está ben e é necesario, mais “a terapia é imprescindible, sobre todo porque non presenta efectos secundarios. A miña terapia é a miña familia, e tamén todas aquelas persoas coas que falo cada día” di Rosa.

Trastorno bipolar 

O trastorno bipolar está caracterizado pola alternancia de dúas emocións opostas: manía (momento no que a persoa se sinte moi animada e moito máis feliz) e depresión (momento no que estas persoas se senten moi tristes e menos activos).

Os síntomas preséntanse mediante cambios de ánimo denominados “episodios anímicos”. Normalmente, cando están nun episodio maníaco cren que son capaces de facer moitas cousas á vez e falan moi rápido de cousas moi distintas. Pola contra, os que sofren un episodio depresivo poden esquecerse de cousas e perder o interese nas diferentes actividades que levan a cabo diariamente.

Aínda que que destacan as tres mencionadas tipoloxías, estas non son as únicas. Algunas máis poden ser:

  • Ansiedade. A persoa que a padece sucumbe moitas veces ó medo e á inseguridade Nelas xorde unha preocupación por un futuro que semella estar en perigo. Dentro deste desorden mental podemos incluír o trastorno do pánico e diferentes tipos de fobias. É preciso diferenciar entre ansiedade e estrés.
  • Trastorno obsesivo-compulsivo. Este tipo de patoloxía caracterízase pola presenza de dúbidas en calquera momento do día e tamén dun intento de perfeccionismo levado ao máximo nivel. Non obstante, o máis característico desta doenza é a constante obsesión. Vivir con esta enfermidade é permanecer nunha constante preocupación: este vídeo ilustra como serían tres minutos na vida dunha persoa con trastorno obsesivo-compulsivo.
  • Trastorno do neurodesenvolvemento. Este tipo de enfermidades mentais presentan unha serie de dificultades nas capacidades que desenvolve unha persoa ó longo da súa madurez.

E a listaxe non remata aquí. Os desordes disociativos, nos que se altera o sentido dun mesmo; ou os trastornos somatomorfos, nos que existen síntomas físicos sen evidencia, atopánse incluídos dentro das doenzas psicolóxicas. Está na nosa man, e bo exemplo son Rosa e Daniel, poder sobrepoñerse a calquera destas enfermidades, e deste xeito convertelas nunha simple fochanca no camiño da vida.

Advertisements

9 comentarios en “Coñeces os diferentes tipos de enfermidades mentais?

  1. Actualmente, cada vez máis persoas padecen algún tipo de enfermidade mental. As máis frecuentes son a depresión e a ansiedade, aínda que moitas veces a sociedade non as ten en conta, considerándoas un trastorno psicolóxico pasaxeiro. Porén, estas enfermidades mentais son moi graves, e poden ter efectos prexudiciais a longo prazo. As persoas que as padecen adoitan ter baixa autoestima, ser extremadamente introvertidas ou ter sufrido algún episodio de acoso ou marxinación por parte de alguén. Isto fainas especialmente vulnerables a caer no pozo sen fondo que é a depresión, e a precisar a axuda dos demais para saír adiante, xa que este trastorno emocional é un dos máis graves que existen, a pesares de estar extremadamente infravalorado. Moitas veces se pensa que alguén que está nunha depresión volverá a ser o mesmo nun par de días; que simplemente está triste por algún acontecemento eventual e pasaxeiro. Pero na meirande parte dos casos isto non sucede así, pois a xente que está realmente deprimida moitas veces necesita algún tipo de axuda específica para poder sobrepoñerse e recuperarse ó cen por cen. Non debemos confundir a tristeza coa depresión. Son dous sentimentos, dúas emocións completamente distintas, aínda que unha pode implicar a outra. E hai que empezar a telas en consideración, xa que segundo algúns estudos, máis do 40% dos españois padece ansiedade ou depresión.
    http://www.lne.es/vida-y-estilo/salud/2014/04/23/40-espanoles-padece-ansiedad-o/1575210.html
    Pola súa parte, hai moitas máis enfermidades mentais que tamén merecen ser o centro de atención, pois aumenta o número de persoas afectadas polas mesmas e, baixo o meu punto de vista, non están sendo consideradas como o verdadeiro problema que en realidade son. Entre estas enfermidades mentais sobresae a esquizofrenia, o trastorno bipolar e, en menor medida, o trastorno obsesivo-compulsivo. Todos estes trastornos mentais están mal vistos pola sociedade que, ao non entendelos, tacha á xente que os padece de “rara” ou “enferma”. Penso que un dos maiores problemas cos que se enfrontan estas persoas, máis alá de ter que convivir co seu trastorno e da ignorancia da xente, son os insultos que se crean a raíz do seu problema. Por exemplo, é frecuente escoitar pola rúa a alguén chamar a outra persoa bipolar por ter cambios de actitude repentinos. Pero iso, máis que un insulto para dita persoa, é un insulto para todas aquelas persoas que verdadeiramente padecen un trastorno de bipolaridade. Non é un termo para andar xogando, xa que pode chegar a resultar moi ofensivo.
    Polo tanto, considero que as enfermidades mentais teñen moita presencia nos nosos días, debido en gran parte ó estilo de vida que levamos, que favorece o estrés, a ansiedade e a depresión. Os outros trastornos mentais, non tan influenciados polo marco cultural, por dicilo dalgún xeito, non é que aumentaran, senón que agora dáselles máis visibilidade, por iso coñecemos máis casos de persoas que padecen esquizofrenia ou bipolaridade e que realmente están diagnosticados. Pero iso non quere dicir que antes non houbese persoas con estes trastornos; simplemente se lles ocultaba. Era algo tabú.
    Afortunadamente, parece que imos progresando no que respecta á comprensión e tolerancia deica estas persoas, pero aínda queda moito por avanzar neste campo. Temos que educar á cidadanía no respeto e comezar a darlles a importancia que merecen ós trastornos mentais, pois son enfermidades igual de graves que calquera outra, e teñen que se tratadas por profesionais.
    Aquí deixo uns enlaces sobre o tema que creo interesantes para ampliar información sobre as enfermidades mentais:
    http://elpais.com/elpais/2016/01/13/actualidad/1452701394_096971.html (caso dunha escritora española á que lle diagnosticaron un trastorno bipolar fai 14 anos. Relata a súa experiencia co que considera aínda un importante estigma social)
    «El peor estigma es el auto-asumido por el paciente» May González Marqués.
    http://www.elmundo.es/salud/2015/10/10/5617d89d46163f0b1c8b458a.html (persoa cun trastorno da esquizofrenia danos o seu testemuño)
    «Como digas que tienes esta enfermedad, no entras en ningún sitio, sufres burlas y, además, nadie se cree tu recuperación», sinala José Arturo, con esquizofrenia.

    Gústame

    1. Estou totalmente dacordo coa maioría das ideas que presentas ao longo do comentario, mais no tocante ao trastorno depresivo, non creo que esta enfermidade esté vencellada dunha forma tan directa coa baixa autoestima. Podemos afirmar que é unha enfermidade que afecta tanto a países desenvoltos como aos que están no proceso de, polo que as diversas causás poderán variar de lugar do mundo a lugar do mundo. Nun estudio feito en Medellín, Colombia, cuxo obxetivo era identificar as creencias centrais destes trastornos, aparecen unha serie de posibles síntomas que experimentan estas persoas. Adxunto enlace: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=4800700

      Depois de ler a historia de José Arturo, quédome coa frase que ti mesma resaltaches «Como digas que tienes esta enfermedad, no entras en ningún sitio, sufres burlas y, además, nadie se cree tu recuperación». Estou dacordo con ela e ao mesmo tempo en desacordo. Non sei até que punto unha persoa é a súa enfermidade, quero dicir: a túa conduta troca, mais non o que ti eres. Non creo que a oclusión de ter ou non ter unha enfermidade sexa o camiño máis correcto para a aceptación das mesmas na sociedade.

      Gústame

      1. Mencionei a baixa autoestima coma un síntoma máis da depresión, non quería dicir que fose a base na que se sustenta este trastorno, pois sen dúbida, o trastorno depresivo ten moitas variantes e características, dependo da persoa afectada. Ademais disto, este trastorno en concreto, coma a maior parte das enfermidades mentais, afectan a todo tipo de xente, independentemente do seu lugar de orixe, polo que son enfermidades especialmente complicadas de tratar, que se están a extender a gran velocidade. O enlace que axuntas é moi interesante para coñecer un pouco máis cales son en realidade os síntomas que experimentan estas persoas.
        Pola miña parte, adxunto o seguinte enlace dunha entrevista á escritora Ursula Heinze, que fala acerca do tabú social que son as enfermidades mentais: http://cadenaser.com/emisora/2017/03/18/radio_galicia/1489830854_722770.html
        así coma o seguinte enlace a un artigo da Área Metropolitana de Vigo que di o seguinte: “A enfermidade mental é a gran olvidada da comarca” http://www.atlantico.net/articulo/area-metropolitana/enfermedad-mental-gran-olvidada-comarca/20170222095946574268.html
        Por último, cómpre destacar que, na miña opinión, unha persoa non é soamente a súa enfermidade, pero certamente esta inflúe moito en cómo vai ser ou actuar. Os comportamentos dunha persoa moitas veces veñen determinados polo trastorno que sofre. E iso é unha realidade innegable.

        Liked by 1 person

      2. É interesante a visión dunha escritora que fala sobre esa enfermidade como un tema tabú. Moitos son os casos nos que, como ela ben di, está prohibido falar sobre a depresión.
        É por iso, que me pareceu tamén importante mencionar que hai moitos escritores que, tendo algún trastorno depresivo, convertiron a súa obra nunha visión do que para eles é contar con esa patoloxía. Son os casos de Virgina Woolf, que con 15 anos tivo o seu primeiro encontro coa depresión, e que as consecuencias dese trastorno axudárona no proceso de inspiración. Outro escritor tamén foi León Tolstoy.
        Adxunto enlace: http://culturacolectiva.com/escritores-con-trastornos-mentales/
        Para eles, o tema tabú que pode chegar a ser este tipo de enfermidade, desapareceu e deu lugar a creación de obras literarias.

        Con respecto ao de que unha persoa non é so a súa enfermidade, referíame a que a súa esencia non vai a trocar. Por suposto que os seus comportamentos non serán os mesmos.

        Gústame

      3. Estou completamente de acordo contigo, Sara. E alégrome de que menciones escritores famosos e recoñecidos internacionalmente, que padeceron algún tipo de trastorno mental. Paréceme importante que a xente coñeza que estas enfermidades non distinguen entre as persoas, e que moitas veces, as máis renomeadas, están a padecer, a viva voz ou en segredo, as consecuencias destes trastornos.
        Considero que con este enlace se pode demostrar que ter un trastorno mental non é sinónimo de fracaso, senón que pode levar implícito o éxito máis absoluto. Polo tanto, cómpre agradecerche que me adxuntases este enlace pois paréceme moi interesante, e con el descubrín cómo algún dos meus autores favoritos estivo loitando contra algún trastorno mental nalgún momento da súa vida.

        Gústame

  2. Certo é que as enfermidades mentais hoxe en día están moi presentes na nosa sociedade, posto que rara é a persoa que non coñeza a alguén que padeza algún destes problemas. É vital recoñecer a gravidade das distintas enfermidades da mente, xa que aínda que moita xente pense o contrario, moitas delas poden ser máis graves que as físicas ou poden ser mortais nos peores casos.

    Unha postura fundamental nestes casos é a dos familiares. O apoyo dos máis cercanos é decisivo á hora de enfrontar a enfermidade, ter a alguén pendente de ti que te axude cando o precises ou che axude a distraer a mente. O caso da esquizofrenia é un bo exemplo e podemos atopar información útil no siguiente enlace: http://www.esquizofrenia24x7.com/educacion-familiar. Tamén é interesante a seguiente información sobre como afecta ás familias unha enfermidade mental: http://www.hospitalinfantamargarita.es/saludmentalhdia/?p=680

    Paréceme xenial que existan asociacións e actividades que axuden a combater estas enfermidades, como a creación das obras de arte das que falas. Un bo exemplo que temos en Galicia é o de FEAFES ( http://feafesgalicia.org/ ), que todos os meses organiza actividades dirixidas a distintos públicos.

    Liked by 1 person

    1. O apoio das familias. Aí está a clave para todo, polo que no caso dunha persoa con algún tipo de enfermidade mental aínda será máis imprescindible. Sentirse protexido e apoiado reconforta. Ao mesmo tempo, moitxs son os que cren que a familia dos enfermos é a máis esquecida nestes casos. http://www.diariovasco.com/v/20110530/al-dia-sociedad/familiares-enfermos-mentales-grandes-20110530.html

      FEAFES organiza actividades, tamén o fai Andaina no rural.. Afortunadamente, bastantes son as ferramentas que están a disposición destas persoas, aínda que isto debería incrementarse.

      Gústame

      1. No caso que me envías, paréceme moi boa a idea de que a iniciativa sexa gratuíta, un programa que non supoña un custo elevado para os achegados, xa que hai que ter en conta que o tratamento dos enfermos non é barato e en un factor importante na recuperación dos enfermos.

        Estou de acordo en que deberían incremenarse as ferramentas de apoio a estas persoas. Unha asociación que me parece interesante é a de ASIEM, cuxa maior preocupación é a defensa dos dereitos e a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e os seus familiares:
        http://www.asiem.org/

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s