Santiago, 40 anos despois.

Dende o comezo da democracia, catro partidos políticos e dez alcaldes ocuparon o Pazo de Raxoi de Santiago de Compostela; unha cidade que por aquel entón se atopaba cómoda no turismo relixioso e de estudantes universitarios, afastada da Costa Mediterránea, que tanto se levaba naqueles anos. As novas eleccións e os novos concelleiros traían da súa man novos modelos e ideas para unha capital que aínda non era consciente da súa importancia. Tras o desastre urbanístico que supuxo o derrubamento do Edificio Castromil en 1975, os composteláns e os seus gobernantes víronse obrigados a decidir qué cidade querían que fose Santiago.

Unha das lexislaturas que os veciños da Cidade do Apóstolo lembran con maior nostalxia foi a de Xerardo Estévez (PSdeG – PSOE) que acadou a alcaldía en 1983. O socialista, imaxinou unha capital que sería modelo europeo, tanto en urbanismo como en comunicación veciñal. Durante aqueles anos revitalizouse a zona vella, restrinxiuse o feísmo arquitectónico no ensanche e apostouse polo ocio cultural. As exposicións e concertos foron, durante doce anos, unha constante na vida cotiá de Santiago.
Posteriormente no ano 2000, o soño de Estévez materializaríase e Compostela sería galardoada como Capital Europea da Cultura polo Parlamento de Bruxelas.

Na actualidade, case corenta anos despois, a cidade parece perder un rumbo que antano semellaba tan definido. A pesar das constantes reformas e intentos de peatonalizar o centro, ou de embelecer e restaurar o casco histórico, existen varias zonas que parecen quedar fóra do proxecto que Compostela Aberta (agora gobernando) ten deseñado para Santiago. Falamos de Villastre, Santa Marta, San Caetano, Pontepedriña, e todos aqueles barrios onde non hai rastro de peregrinos nin turistas.

O Observatorio Cidadán de Comunicación reuniuse coas presidentas das Asociacións Veciñais, de As Brañas de Andrés, Pontepedriña, Ponte Sionlla e Santa Marta – Choupana para coñecer a fondo as súas inquedanzas como cidadás. Elas cóntannos cómo creen que evolucionou Santiago nas últimas décadas, en que se errou e que pensan que debería mellorar para volver a revivir a ilusión dunha Compostela europea.

Advertisements

9 comentarios en “Santiago, 40 anos despois.

  1. Estou moi de acordo coas opinións de Xulia Fontán, a cal destaca a importancia do ocio na cidade e a escaseza de actividades culturais tanto no rural como no centro a día de hoxe. Ben é certo que estas actividades son cruciais nunha cidade, e máis, se está dominada pola xuventude e os estudantes, como é Santiago, unha cidade universitaria. Destaca a falta de actividades no centro da cidade, sinalando a Sala Capitol como única referencia; pola contra, fala do Monte do Gozo, onde hai anos celebráronse concertos de grandes grupos como por exemplo, Muse, hoxe en día impensable.
    http://www.elmundo.es/elmundo/2010/08/28/galicia/1282960182.html
    Ademais, no 2014, durante a festa do Apóstol, Santiago contou coa coñecida banda Crystal Fighters na Praza da Quintana. E como estes exemplos, poderíanse citar moitos outros.
    http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/apostolo-2014-crystal-fighters
    http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2014/09/10/russian-red-dara-concierto-santiago/1091043.html
    O ocio está estancado desde fai anos o que perxudica á cidade xa que é unha gran fonte de ingresos que ademais atrae a centos de turistas.

    Liked by 1 person

    1. Non obstante, tamén hai que ter en conta que a falta de espectáculos masivos pode ser causa do cambio que sufriu a vida universitaria compostelana, onde moitos estudantes únicamente residen os días lectivos e durante os periodos vacionais a poboación da cidade vese enormemente mermada. Antano, ao parecer este tipo de movilizacións culturais víanse máis respaldadas. Pode ser, en embargo é un tema complexo…
      Deixo aquí unha ligazón onde se fala dos concertos de Novo Milenio 2009, onde tocaron entre outros, dous dos meus grupos estrela, Echo & The Bunnymen e The Cure. Sería estupendo volver a contar con bandas dese calibre en Santiago.

      http://elpais.com/diario/2004/07/14/espectaculos/1089756001_850215.html

      Gústame

      1. Está claro que a vida universitaria tamén mudou nos últimos anos. A noite santiaguesa de fai 10 anos nin se lle parece a de hoxe en día, con saír a rúa un martes pola noite xa se pode apreciar. Sen embargo, non creo que este cambio sexa malo, os cidadáns residentes da cidade poden vivir tranquilos e libres de estudantes durante os fins de semana.
        http://www.traveler.es/viajes/viajes-urbanos/articulos/ruta-paris-dakar-de-santiago-de-compostela/3755
        Un exemplo dos cambios acontecidos sería o París Dakar, que xa non existe. Unha costumbre mítica da cidade que xa apenas se recorda e ademais, moitos dos bares que o compuñan xa nin existen. Unha tradición moi importante da cidade que desapareceu.

        Liked by 1 person

      2. Efectivamente, Laura, pero es mucha la gente que añora los eventos culturales masivos dedicados a un público más joven. Es a eso a lo que me refiero. Organizar actos y conciertos para adolescentes o universitarios puede que no resulte rentable a efectos económicos porque es un público perdido. Por dar un ejemplo ilustrativo, sería irrelevante abrir una tienda de juguetes en una aldea donde la edad media está en 70 años.
        El ejemplo que pones, es una tradición cultural interesante pero o financiada por instituciones. Si hablamos de actos organizados por privados o por convención cultural, son muchos los mercadillos, conciertos y exposiciones que se celebran cada semana en la capital.
        http://olalab.net/portfolio/expo-conceptografias-inauguracion-galeria-espacio-10/ (Exposición inaugurada en el espacio Olalab).
        http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/01/mercado-ecologico-parque-belvis-ofrece-productos-huerta/0003_201603S1C11991.htm (Mercadillo ecológico en Belvís).
        También hay conciertos semanales en locales como A Reixa ou A Borriquita de Belem.

        Gústame

    1. En efecto Luis, a través do noso traballo estamos a percibir unha Compostela viva e con ganas de facer. Poden os distintos actores confluír para construír un relato de cidade forte e coherente? Esa é unha das preguntas fundamentais que debemos respostar.
      Como falabamos nos encontros, parece que noutro tempo Santiago quería ser algo, tiña un obxectivo, máis ou menos compartido por uns e por outros e con todas as eivas que non cabe esquecer (http://www.nuevatribuna.es/articulo/galicia/xerardo-estevez-cuando-compostela-sonaba/20160622175009129521.html).

      E agora, ten Compostela un horizonte? En caso de non telo, vémonos capaces de imaxinalo e contruílo en colectivo?

      Gústame

  2. Non creo que unha cidade deba deixarse guiar pola monopolización dun sector turístico cada vez máis agresivo (que semella ser o tema primordial de M. Cruz e Xulia). É algo evidente que o turismo e todo o ligado á vida universitaria foron e seguen a ser as dúas pezas clave en todo o que se refire á remodelización e planificación a gran escala en Compostela. Pero neste sentido, penso que todos os gobernos municipais que pasaron ó longo de máis de corenta anos non foron capaces de deseñar un un balance entre sectores laborais máis equilibrado. Así, mentres existe unha oferta case saturada de servizos de restauración, hostelería e hospedaxe, non parece haber un discurso máis favorable a outras ocupacións, como por exemplo a industria. A pesar disto, parece que se está a intentar recuperar esta idea aínda que dun xeito un tanto tímido:

    http://santiagodecompostela.gal/facendo_cidade/facendo.php?txt=fc_solo&lg=cas

    Está ben manter un discurso arredor do turismo e o ocio, pero os gobernos municipais deben velar polo benestar cidadán antes que deixarse expor coma un cadro bonito nun escaparate de portas para fóra, e nisto un emprego forte, estable, dinámico e seguro significa unha baza enérxica para con a sociedade.

    Gústame

    1. Estou moi dacordo conigo, Juan, o turismo é unha forma de recaudar importantes beneficios económicos, non obstante apostar por un único sector ou darlle a primacía indiscutible pode xerar, sen dúbida, o peche de locais máis dedicados á poboación residente, ou o cese de actividades especializadas para os composteláns. O turismo é unha base económica fundamental da cidade do Apóstolo, non obstante na miña opinión, Santiago ten moito potencial aínda por explotar.

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s