Os galleguiños

Sergio Romero Pérez

Tras a primeira reunión, moitos foron os aspectos tratados xunto a María, Paco, Sara e Evaristo, referentes á emigración. Os motivos da súa saída de Galicia, as súas situacións persoais, o contacto co exterior, a vida no extranxeiro, a dificultade do idioma, a morriña… Todas elas situacións verdadeiramente diferentes, experiencias persoais únicas. Cada un tiña a súa perspectiva, unha forma de velo, pero todos coincidían nunha cousa: o tratamento hacia o galego en España, durante os anos que estiveron vivindo fóra de Galicia, dista moito do respeto que si recibiron nas súas repectivas migracións por Europa.

Por todos é coñecida a famosa definición da Real Academia Española, a cal definía ao galego como “tonto, falto de razón ou entendemento”. Esta definición, carente de toda ética e sentido do ridículo, nace das academias de El Salvador e Costa Rica que, ao parecer, e ca consideración de expertos na sociedade galega ás costas, foron as primeiras en acuñar este termo.

Pero… De onde vén esta definición?

Este termo nace entre finais do siglo XIX e a Posguerra, cando os galegos, nunha situación de pobreza insostible froito dunha crise que acarreaban dende mediados de século, emigran masivamente a latinoamérica. Especialmente emigraban a Arxentina, que vivía un gran momento económico e podía abastecer a oferta laboral dos galegos sen problemas.

Tras 30 días de viaxe en barco cruzando todo o Atlántico, os nosos antepasados chegaron a destino ca única ilusión de encontrar un traballo co que poder sobrevivir e volver á casa co peto cheo. Admitindo a hospitalidade dos arxentinos, que lonxe de rexeitar aos nosos avós, bisavós, pais, veciños ou coñecidos, os acolleron dándolles unha cama, comida e traballo, sinto dicir que non todo foi tan bonito.

Carentes de formación académica, todos os emigrantes, salvo excepcións, foron encomendados a traballos duros, de interminables xornadas, que esixían a execución dunha forza descomunal e que eran remunerados a un nivel moi por debaixo do merecido. Por diversos motivos, como as costumes, obviamente distintas ás dos arxentinos, ou as labores desempeñadas, na gran maioría do calibre anteriormente descrito, os arxentinos adoitaban facer burla do galego, xa fora referíndose á súa condición de analfabeto ou facendo alusión á súa labor, pola que os comparaban con burros ou asnos que tiraban da noria.

Estas tropelías, carentes de sensibilidade cunha sociedade abocada ao analfabetismo pola pobreza, foise estendendo polos países de fala hispana acomodándose na lingua como definición oficial. Lonxe de querer sumerxirme nas costumes sudamericanas, é lamentable ver como a Real Academia Española toma como referencia unha definición estranxeira para referirse a uns habitantes que forman parte do seu propio país.

Para rematar unha ofensa intolerable, a sociedade española non rexeitou dito termo. Todo o contrario, esta definición estendeuse por todo o país con aceptación e foi tomada como un motivo máis de burla contra  os galegos, sufrida polos propios compañeiros do noso círculo no seu paso por cidades como Madrid ou Barcelona. Como ben nos contaron, en países como Suíza, Inglaterra ou Francia, os galegos eran tratados coma un máis, sen distincións ou desprezos, cousa que, lamentablemente, non se daba no seu propio país de orixe.

A RAE: cómplice dunha inxustiza

Sen evadir a condición de analfabetismo do emigrante galego froito dunha situación económica que lles bloqueaba o acceso a calquera tipo de coñecemento académico, doe ver como co paso dos anos a definición seguía no mesmo lugar que pasou a ocupar nos 90, pois, por difícil de crer, a sinonimia do galego con termos como tonto ou falto de razón non foi erradicada da RAE ata o ano 2014.

Con isto non pido o axeonllamento público dos académicos ante a lingua galega, simplemente que se lle deixen de acuñar termos despectivos como “mesa de gallego”, “mozo de cuerda” ou “tartamudo”. Soamente pido que a nosa lingua, coma outra calquera, reciba o mesmo trato que outras como o vasco ou o catalán, definidos adecuadamente e sen referencias a outro tipo de aceptacións. Unha acción de xustiza para unha lingua maltratada dende os seus comezos.  Os galleguiños merecemos respecto.

Bibliografía:

Advertisements

12 comentarios en “Os galleguiños

  1. Hola, Sergio.
    Como estudiante de fuera de Galicia que soy, y llevando tan solo un año viviendo aquí, no puedo más que darme cuenta de ciertos tópicos, tan manidos como falsos, que se arrastran en el resto del España con respecto a Galicia, y que no hacen más que respaldar las versiones dadas por estos migrantes. Creo que este problema viene en la mayoría de casos dado por las actitudes de los medios de comunicación. Para muestra un botón, http://www.jotdown.es/2015/01/cosas-que-solo-pueden-suceder-en-galicia/. Este artículo de Jot Down titulado “Cosas que solo pueden suceder en Galicia”, no hace más que ayudar a crear una imagen de analfabetismo en el rural gallego. Este tipo de actitudes son las que se asientan en el imaginario colectivo y llevan a tomar al gallego como un “idioma de paletos” fuera de sus fronteras.
    Como bien se expone en el artículo, existe una diferencia de consideración de la lengua gallega con respecto al vasco y el catalán, y creo que esta viene dada por una creciente denostación en los medios del mundo rural (Galicia), con respecto a los sectores industrializados (Cataluña y País Vasco).

    Liked by 1 person

  2. Alégrame saber que corroboras a información do post, Diego. Sen dúbida, é un bo exemplo do que os medios reflicten de Galicia ao resto de España, feitos que non fan máis que menosprezar a todos os galegos con certas accións puntuais que ben se podían dar en calquera outra comunidade do país.
    Dende sempre, e sen explicación aparente, Galicia sempre pareceu unha comunidade marxinada nos medios de comunicación, no recuncho do noroeste de España onde parece que soamente chove e ningún tema merece o preciado tempo das cadeas nacionais.
    Co paso dos anos e o chamado “progreso”, pinceladas de vellos prexuizos seguen tintando os medios de comunicación e, por poñer un exemplo, as redes sociais. E é que cos resultados das pasadas eleccións autonómicas, máis de un tirou de tópicos para atacar verbalmente, non so aos votantes galegos do Partido Popular, senon a todos os galegos. Deixo aquí este artigo de Víctor Gónzalez que, máis que unha apoloxía de Galicia, son un párrafos nos que impera a lóxica da igualdade, non sempre ben levada polo resto dos españois: http://www.laregion.es/opinion/victor-gonzalez/gallegos-paletos/20160928085150652243.html

    Liked by 1 person

    1. Es un magnífico artículo Sergio. Ofrece una visión con la habitual retranca gallega (pese a caer en otro tópico) y de una manera, a mi parecer, muy acertada, de otras tradiciones españolas a las cuales, en raras ocasiones, se les coloca la etiqueta de “paletas”.
      Precisamente por esto, creo que el problema nace de una visión foránea de las tradiciones del rural en Galicia que, en la mayoría de ocasiones, peca de errónea desde otros lugares de España. Por lo tanto, esta visión estaría impregnada de una ideología, como bien comentas “progresista”, en el sentido de calificar todo el mundo rural de atrasado y reaccionario. Por seguir con los tópicos, dejo un enlace, que bajo mi punto de vista, trata los mismos de una forma mucho más amable que el artículo de Jot Down; y sobre todo, se pregunta que hay de cierto en ellos. http://www.abc.es/local-galicia/20121213/abci-topicos-gallegos-retranca-201212131052.html

      Gústame

      1. Totalmente dacordo, Diego. Este artigo cita moitas das características dos galegos e, ademais, dunha forma moito máis acertada e seria, como ti ben indicas. Algúns máis que outros, pero todos estes tópicos forman parte da miña terra.
        Sen embargo, de seguro que os máis positivos non son o que ti adoitas ver máis nos medios. A fama de traballadores ou de bos amigos non é a que máis circula por España, adoitaba a mostrarnos como persoas dubidosas e ligadas en exceso ao rural.
        Disto falou Fernando Cabeza Quiles, un escrito veciño teu, de Ponferrada, que dou a súa visión de Galicia para o Correo Galego hai apenas un mes. http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/prexuizos-cara-aos-galegos-foron-menos-quedan-rescaldos/idEdicion-2017-03-12/idNoticia-1045435/

        Liked by 1 person

  3. Somos “galleguiños”, e a moita honra. Interésame moito a visión que teñen os españois dos galegos. Eu penso que parte da culpa de que o resto do país non nos entenda ten algo que ver co humor (o cal move a vida). A un galego é moi difícil pillarlle os chistes, a retranca, se non se coñece Galicia. Non sei se recordas cando Roberto Vilar, logo de triunfar na TVG con Land Rober, se aventurara a ir presentar un programa á cadea Cuatro. O soldo era moito maior, pero o espazo que lle ofrecían presentar era dun estilo totalmente diferente ao que facía el na cadea galega. O resultado coñecémolo todos. Ninguén, nin os galegos, recorda sequera o nome do programa que dirixiu, o cal, e nunca mellor dito, durou dous telediarios. E todo por non saber entendernos.

    Podemos dicir que imos a outro ritmo. O noso humor é moi “noso”, e chegamos a rirnos incluso antes de que a outra persoa solte a broma. Nin “temos un acento moi gracioso” nin “non sei se subo ou se baixo”. Que esa acepción de galego á que te refires no artigo chegara sequera a existir só é culpa da envexa. Poucas explicacións máis lle atopo. Somos diferentes, pero non por iso inferiores. Velaquí unha explicación do que signfica ser galego para Anxo Carracedo: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/11/08/sentido-humor/0003_201511H8P72991.htm.

    Gústame

    1. Sen dúbida, a aventura de Roberto Vilar é un gran exemplo para reflexar as diferencias humorísticas que existen entre Galicia e o resto das comunidades de España. Vilar, un presentador con gran éxito na TVG e que protagoniza o cume da audiencia da nosa cadea co programa Land Rober, non tivo éxito algún na cadea Cuatro xa que, como ben dis ti, o humor galego é diferente e ao resto de España parece costarlle entendelo.
      Esto mesmo reflexou Roberto nunha entrevista a Opinión Coruña, na que di sentir que “o humor galego é moi superior ao resto” como resposta á súa falta de éxito no salto a Mediaset. http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2015/01/09/roberto-vilar-galicia-humor-superior/916100.html

      Gústame

      1. Non, non, non. Non é que o humor galego non fora entendido no resto de España no programa que realizou Roberto Vilar, é que dende Cuatro non lle chegaron nin a OFRECER un formato no que o humorista poidera facer o que mellor sabe: facer rir. Simplemente presentou un concurso insulso nun horario de audiencia inexistente. Non se lle deu nin a oportunidade, e tivo que volver ás orixes e reiniciarse co seu antigo programa, o cal segue a día de hoxe comandando os programas de éxito da TVG.

        E ese é o principal dos problemas. Existe un menosprezo palpable dende o resto do país aos galegos, pero poucas ou nulas son as oportunidades para cambiar isto. E as que hai son desaproveitadas, porque, por desgraza, nós seguimos abultando os estereotipos sendo partícipes deles. Sen ir máis lonxe: http://www.laopinioncoruna.es/coruna/2011/08/10/mesa-critica-edil-cultura-tildar-fiestas-gallegas/522182.html. Que nos deixemos en mal lugar nós mesmos xa é de chiste.

        Gústame

    2. Dende logo que era un programa que non permitía a Vilar desenvolverse como a el lle gusta e, sobre todo, cunha audiencia acorde á dimensión da súa fichaxe, pero non creo que ninguén da cadea esperase unha audiencia récord en horario vespertino. A audiencia a esas horas é a que é, e seguramente se non acadou os resultados esperados foi porque “non gustaba” e nen sequera cumpría os mínimos dos programas da tarde.
      A noticia que me ensinas non a vira nunca, e déixame atónito. Vaia disparate. Estas cousas son as que funden Galicia, o querer quedar ben sempre cos de fóra. En outras comunidades como Cataluña ou o País Vasco nunca se oirán este tipo de cousas, defenden o que é seu e están orgullosos de onde veñen e nunca deixarían de lado o seu idioma. Da lástima ver como estas actitudes intentan borrar a cultura galega do mapa e homoxeneizar a cultura nacional. Ao menos, compráceme saber que a lingua galega segue contando con apoio popular e fundamentos para seguir crecendo nunha sociedade que cada vez o ignora máis.
      A falta de defensa dende Galicia, Anik Nandi, orixinario da India, está repartindo leccións por toda Galicia acerca do importante que é a diversidade idiomática. De algo che sonará. Como el di: “Hai que querer e falar o galego”. Algúns deberían tomar exemplo.

      Gústame

      1. “Manda nabo”, diría Farruco, que a xente de fóra sexa a que defenda as culturas dos demais. O exemplo de Anik Nandi é moi sorprendente, e a súa labor eloxiable por todos. Unhas cantas leccións del non nos viñan mal… Todos os apoios para defender o noso idioma e a nosa cultura son poucos neste mundo estereotipado, Sergio.

        Mira ti do que dá de si o colectivo dos emigrantes retornados, que se pode extrapolar a súa situación a calquera elemento da cultura galega. En fin, que a mentalidade da poboación vaia mudando recae en nós e no xornalismo que fagamos no futuro. Saúdos.

        Gústame

  4. Totalmente dacordo, Alejandro. O futuro da nosa cultura pasa porque a nova xeración que entra comece a valorala como é debido, que a defenda e a utilice, doutro xeito, pouca vida lle queda ao galego.
    E, por suposto, se hai alguén que poida cambiar a mentalidade de moitos dos galegos contrarios a esta opinión, eses son os medios, o faro da sociedade. Todo pasa por eles, os medios deciden para ben e para mal e sería inconsciente dicir que non inflúen na forma de pensar da sociedade. Un saúdo.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s