É adecuado o tratamento que fan os medios ós afectados polos accidentes de mobilidade?

Seguindo co noso traballo referente á mobilidade en Santiago de Compostela para o OCC, vímonos coa necesidade de coñecer a opinión que os membros do noso círculo teñen sobre o tratamento que os medios de comunicación dan ós afectados polos accidentes de mobilidade.

Este foi o tema principal do noso segundo encontro co círculo, celebrado o pasado xoves 9 de marzo. Nesta reunión Vicente, membro a asociación civíca Composcleta, e Ánxela, presidenta de Vigalicia foron os máis activos á hora de defender os dereitos das vítimas deste tipo de accidentes. Ademais, cuestionaron a deontoloxía profesional dos medios e o seu código ético neste tipo de informacións ao considerar que manipulan estes casospara culpabilizar as vítimas; acabando por dar un cariz sensacionalista.

Como é o tratamento dos medios ás persoas con diversidade funcional?

Nesta cuestión tanto Sofía, estudante da USC, como Ánxela coincidiron en sinalar que o trato que se fai a estas persoas é en ocasións denigrante, publicando noticias nas que as tildan de “inválidas, disminuídas ou impedidas“. Para elas os medios, en vez de poñer en valor a persoa, poñen en valor o que carecen e resaltan as súas necesidades a maiores. Opinan que os medios moitas veces no lle dan a mesma repercusión que as outras persoas e tratan de obvialas.

Para Ánxela e Sofía, que tamén sofren diversidade funcional, “o máis triste” é que este tratamento no fondo reflexa a imaxe que a sociedade ten delas, e esta imaxe debe cambiar canto antes se se quere que os medios as traten dignamente.

Qué opinión lle merecen os medios de comunicación e o tratamento que dan?

Ao seren preguntados polos medios de comunicación, sinalouse e púxose en dúbida a independencia dos medios. Expúxose que os intereses políticos e económicos dos medios interfiren moitas veces nas noticias e na información, ocultando a verdade e seguindo os intereses da xente que o controla ou financia. Canto máis grande sexa o medio menos independencia terá porque estará máis influenciado e adicarse máis a súa publicidade que os seus lectores.

Criticouse tamén o tratamento sensacionalista e a espectacularización que moitas veces se lle da nos medios as noticias relacionadas con accidentes de mobilidade. Para Vicente, a prensa tende a buscar o “morbo” e a culpabilizar en ocasións a propia vítima. A solución que propón é racionalizar o que el chama “violencia vial” como algo que existe e debe ser penado.

Para Ánxela, os medios de comunicación tamén utilizan unha linguaxe inadecuada neste tipo de situacións, que tende a quitarlle resposabilidade ó0 condutor e darlla á vítima. Así mesmo, critícase a utilización nalgún caso de imaxes dos corpos, que poden ferir gravemente a sensibilidade das familias dos afectados.

Que cambios se deben facer nos medios?

Os principais cambios a levar a cabo serían unha lingua inclusiva coa diversidade humana que aposte pola igualdade de todas as persoas, ademais de que os medios sexan obxectivos e non se deixen influenciar polos intereses políticos ou económicos que os poden alonxan da veracidade e da ética.

Finalmente, sinalaron como esencial o cumprimento do código deontolóxico, é dicir, que o periodista actúe respectando a veracidade e transmitindo unha serie de valores. Só desta maneira se poderá superar o tratamento  sensacionalista que actualmente dan os medios ós accidentes de mobilidade e o trato non adecuado ás persoas con dispacidade funcional.

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s