“O descoñecemento e a desinformación son as principais causas do rexeitamento social”

O pasado martes, día 7 de marzo, tivo lugar a primeira reunión do noso grupo de traballo. Nela contamos coa colaboración de Mari Carmen Castro, Antonio Costoya e Ricardo Rivera, tres persoas con diversidade funcional. No debate que se propiciou entre os membros do círculo, o noso grupo foi partícipe dos distintos puntos de vista dos afectados no que respecta á temática da inserción laboral das persoas que sofren algún tipo de discapacidade ou incapacidade.

Ricardo, un rapaz que sofre unha discapacidade física de nacemento, falounos acerca das súas dificultades á hora de atopar emprego, a pesares de que conta con estudos e varias titulacións no ámbito das finanzas e da administración de empresas. “A situación laboral hoxe en día é complicada para todos. E especialmente para nós”, confesou con resignación. “Cando vas a unha entrevista de traballo e ven que padeces algún tipo de discapacidade, por mínima que sexa, inmediatamente te descartan”, engade este mozo, que sobresae pola súa forza e afán de superación.

“A unha empresa hai que incentivala para facer que nos contraten en igualdade de condicións”, agrega Antonio, un home de sesenta anos cuxa minusvalía – nas súas propias palabras – lle veu ós corenta e cinco anos, aínda que recoñece que foi de nacemento. “Nun primeiro momento dixéronme que tiña esclerose múltiple. Eu estaba en Venezuela e voltei para España. Aquí confirmáronme que non padecía tal doenza, senón outra de nacemento, algo que os médicos da miña infancia non souberon dar resposta e consideraron reuma. Podedes imaxinar a un rapaz de trece anos con reuma?”, comenta con sorna.

Máis de 750.000 mulleres con discapacidade soportan unha dobre discriminación para acceder ao emprego

Pola súa parte, Mari, perruqueira de profesión e a quen a incapacidade lle sobreveu fai un par de anos, comenta que unha muller con discapacidade ten moitas menos posibilidades de atopar traballo. “Somos o colectivo máis vulnerable. Non nos queren por ter algunha incapacidade ou discapacidade, e tampouco por ser muller. Estamos moi expostas a unha sociedade intolerante e chea de prexuízos”. Tanto Antonio coma Ricardo están de acordo con Mari en que as mulleres discapacitadas son as peor paradas no ámbito da inserción laboral.

“Os empresarios, polo xeral, teñen moito descoñecemento en relación coas vantaxes de contratar a un traballador das nosas características. E é una mágoa que non teñan a mente máis aberta, pois poderiamos contribuír a facer da súa empresa un lugar mellor e máis diverso. A pluralidade de caracteres é sempre boa”, explica Mari, certamente desencantada. Esta muller é un claro exemplo de superación pois, tras ter que deixar a súa profesión e ser descartada para moitos traballos, conseguiu saír adiante a base de esforzo e moito empeño. “Teño que recoñecer que o pasei moi mal. Tiven que renunciar ó que máis me gustaba. E sentín que non me daban a oportunidade de demostrar a miña valía. Afortunadamente, nos meus peores momentos atopei a asociación COGAMI. Eles axudáronme e dirixíronme cara a miña reinserción laboral. Agora estou feliz”, engade.

A reunión proseguiu por estes cauces. Ricardo, Antonio e Mari expresaron a súa opinión acerca da discriminación que sofre o seu colectivo no que á inserción laboral se refire. Todos coinciden en que as empresas os prexulgan de maneira indiscriminada e que non lles dan a oportunidade de probar que son igual de capaces que os demais de facer ben o traballo. “Obviamente hai moitos tipos de discapacidade. A avaliación da minusvalía non debería ser a mesma para unha persoa que presenta o 37% de discapacidade que para outra que supera o 50%. Non todos podemos realizar o mesmo traballo. Iso é unha realidade. Pero tamén o é que hai traballo para todos. Na confianza está a base do noso triunfo” conveñen todos os membros do grupo.

O absentismo laboral das persoas con discapacidade é inferior á media

Ricardo, preparado para este debate, puxo sobre a mesa uns datos esclarecedores. Baixo o seu punto de vista, as empresas non os contratan porque consideran que as persoas con diversidade funcional son máis proclives a pedir baixas laborais con maior frecuencia, pero el desmente isto. “Segundo un estudo, está comprobado que a xente con discapacidade adoita coller menos baixas que os que non a padecen, polo tanto, os argumentos que esgrimen os empresarios son incorrectos e hipócritas. Claramente discriminatorios”, conclúe.

“É como se tivésemos que demostrar todos máis”, engade Antonio. “Os diversos funcionais non queren pedir baixas por temor a un despido improcedente. A lei non nos ampara. Deste xeito, traballamos incansablemente para mostrar as nosas competencias e aptitudes. Para que non se arrepintan de ternos contratado”, finaliza.

Tras un debate moi intenso no que os tres participantes nos contaron as súas experiencias persoais e profesionais, e no que manifestaron o seu parecer ante esta problemática, o que mellor define a reunión é a seguinte consigna: “Penso que unha persoa con diversidade funcional é unha persoa moito máis forte que outra sen ela. Soamente nos teñen que dar a oportunidade de demostralo”, remata Antonio.

_MG_3304+.jpgMembros do grupo e círculo de traballo na primeira reunión
Advertisements

23 comentarios en ““O descoñecemento e a desinformación son as principais causas do rexeitamento social”

  1. Sen dúbida algunha, a vida das persoas con discapacidade pode chegar a ser complicada. O máis triste de todo é que moitas veces a complicación non se debe á súa discapacidade funcional, senón máis ben ás trabas que a propia sociedade lles pon.
    Probablemente sexa preciso unha educación laboral, é dicir, para empresarios que precisen comprender que existen postos de traballos para todas as persoas. É intolerable que no século XXI aínda ocorran estas situacións que impidan a calquera ser humano sentirse en igualdade de condicións.
    Por outra banda, aquí deixo un artigo publicado esta mañán por La Voz de Galicia onde se fala dunha actividade realizada para crear conciencia entre a comunidade universitaria de Ourense no relacionado ás persoas con diversidade funcional. Aínda que foi realizada para os universitarios e o persoal docente da Universidade, non podemos esquecer que moitos dos estudantes de hoxe, serán os futuros empresarios, políticos e persoal administrativo de mañán. Nas nosas mans está cambiar estas situacións.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2017/03/14/sigue-habiendo-barreras-mentales-dificiles-derruir/0003_201703O14C12992.htm

    Gústame

    1. Estou completamente de acordo co teu comentario, Nuria. O máis triste desta realidade é que as persoas con diversidade funcional non atopen traballo, pero non debido a que non son aptos para determinado posto, senón porque os propios empresarios lles impiden demostrar que sí o son. Isto é algo que considero bastante deplorable. Este colectivo loita día a día por superarse a si mesmo e por romper as barreiras que a sociedade lles pón, pero cada vez lles costa máis porque hai demasiadas trabas e impedimentos a pesar das subvencións das que falabamos e das vantaxes que supoñen contar cunha persoa destas características na plantilla dunha empresa.
      O artigo que compartes paréceme moi interesante e axústase perfectamente ó que quería plasmar con este post. Concienciar á comunidade universitaria sobre esta problemática é de gran trascendencia, xa que os novos de agora serán os traballadores e empresarios do futuro. É moi importante sensibilizar á cidadanía no que respecta á marxinación que sofre moitas veces este colectivo, e máis se o fai alguén que a padeceu nalgún momento ou a segue a padecer na actualidade; alguén que aporte o seu testemuño desta detestable realidade. E é que non podería estar máis de acordo con este titular: «Sigue habiendo muchas barreras, y las mentales son las más difíciles de derruir». A ver se nalgún momento somos capaces de romper con estas barreiras. Para o ben de todos.

      Liked by 1 person

      1. Agardo con impaciencia que chegue ese momento do que falas. Comprendo que non é sinxelo, pero creando conciencia con iniciativas como a que che mostraba no anterior comentario, penso que é posible. Espero que xeracións como a nosa e as que veñan despois, crezan con todo isto interiorizado e os problemas de exclusión no eido laboral non só se reduzan, senón que nin tan sequera existan.

        Gústame

      2. Eu tamén o espero, Nuria. A iniciativa que propoñías no teu primeiro post é unha boa idea, pero non nos podemos quedar só no ámbito teórico. Temos que conseguir que de verdade haxa equidade laboral entre as persoas con diversidade funcional e as que non a teñen. E para iso precísanse medidas drásticas de integración laboral. As subvencións poden axudar. Pero gustaríame pensar que hai outras maneiras (sen ánimo de lucro) para conseguir a reinserción laboral deste colectivo.

        Liked by 1 person

  2. Las personas discapacitadas ciertamente se ven afectados al momento de buscar trabajo a causa una discriminación sin sentido que sufren las personas discapacitadas en la inserción laboral.
    Sin duda alguna es una problemática presente en la sociedad, según el IV Informe publicado por Adecco sobre Absentismo publicado el junio del 2015 resalta que: “El porcentaje de trabajadores con una incidencia alta de absentismo se sitúa en el 10,4, una cifra que disminuye hasta el 6,3 %, entre los que tienen discapacidad”. Esta disminución sucede tal y como los expones en tu post, y así lo confirman muchos informes sobre esta situación.
    Es importante que las empresas se informen más sobre este tema y dejen a un lado la discriminación hacia las personas discapacitadas, debido a que su resaltante esfuerzo, su afán de superación y la capacidad de sacrificio, que los caracteriza, se traducen en una alta fidelidad al trabajo que tienen y una mayor estabilidad para las empresas que le dan oportunidades de trabajos.

    Por último, pienso que es fundamental que las personas discapacitadas sepan que cuentan con ayuda al momento de buscar trabajos con organizaciones como Aspaym Galicia, la cual ofrece diversos asesoramientos en el ámbito laboral, prestaciones y ayudas tanto a personas discapacitadas como a sus familiares,

    Enlaces:

    – IV informe Adecco (http://www.adecco.es/_data/NotasPrensa/pdf/675.pdf)
    – Aspaym Galicia: (http://www.aspaymgalicia.org/preguntas-frecuentes/que-tipo-de-ayudas-existen-para-una-persona-con-discapacidad/)

    Gústame

    1. Está probado e contrastado que as taxas de absentismo laboral se reducen estrepitosamente cando falamos de persoas con algún tipo de discapacidade ou incapacidade. O informe Adecco que mencionas no teu comentario, Andrea, é proba disto. Polo tanto, este é un dos argumentos que as persoas con diversidade funcional esgrimen para probar que son igual ou máis capaces que o resto de realizar ben o seu traballo. E como pón de manifesto o post, Antonio, persoa participante no círculo de traballo, afirma que “nós témonos que esforzar máis para que nos contraten. Temos que demostrar todo máis”. Isto explicaría as baixas taxas de absentismo laboral dentro deste colectivo.
      Estou de acordo contigo en que temos que deixar atrás os prexuízos e dar unha oportunidade a todas estas persoas. Porque a merecen.
      As empresas deben coñecer isto antes de negarse a contratar a persoas con diversidade funcional, pois non só teñen menos taxa de absentismo laboral, senón que, como menciounou Ricardo, en caso de contratalas, as empresas estarían recibindo bastantes subvencións e axudas para promover a integración laboral deste colectivo, polo que se estarían beneficiando de importantes cantidades de diñeiro. Pero en moitas ocasións están tan obcecados nos seus prexuízos que non se dan conta do que poderían gañar ao contratalos (non só a nivel económico, senón tamén a un nivel máis persoal).

      Gústame

      1. Hace algunos días encontré un artículo donde explican todas las subvenciones y ayudas que pueden llegar a recibir las empresas contratando a personas discapacitadas por promover la integración laboral del colectivo, las que mencionas en tu comentario: (http://www.fsc-inserta.es/ServiciosADemandantes/Empresas/Paginas/Suinversion.aspx)
        Aquí aprovecho y te dejo una entrevista muy interesante a José Antonio Vázquez Freire, presidente de la Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego Sen Ánimo de Lucro (Cegasal), donde explica la situación actual respecto al ámbito laboral de las personas discapacitadas en Galicia:(http://www.laopinioncoruna.es/economia/2017/02/26/desgracia-empleo-personas-discapacidad-crisis/1156358.html )

        Gústame

      2. Moitas gracias polo teu comentario, Andrea. Botareille un ollo, xa que considero que as axudas ofertadas para a contratación de persoas discapacitadas son unha parte moi importante no tema a tratar, e deberíanse ter máis en consideración. Pero ten en conta que é imprescindible que a equidade laboral se faga por vontade propia e, consecutivamente, pola concienciación social, e non por un mero interese económico.

        Gústame

      3. Claro, lo importante es la que la discriminación termine no por una iniciativa económica, sino por un cambio en la mentalidad de la sociedad, en especial en la de los empresarios.
        Encontré un blog muy interesante, manejado por Omar López, quien creó el blog con el objetivo de concienciar a la sociedad de que las personas discapacitadas son exactamente igual de válidos que las personas que no tienen.
        Tal y como lo expresa en uno de sus post: ” La peor discapacidad es no darse cuenta de que todos somos iguales”.
        http://omarlopezsoycapaz.blogspot.com.es/?m=1

        Gústame

  3. Un punto importante que falta por expoñer son as subvencións que reciben os empresarios a hora de contratarnos, a nós, xente con discapacidade. Quero crer, como xa expuxen o día do debate, que é o descoñecemento.
    Pero vou ir un pouco máis alá, vou poñer as minas palabras en cifras:
    Contrato indefinido ou temporal: subvención de 3907 € no momento da contratación.
    A maiores, se o contrato é indefinido a subvención é entre 4500 e 6300 €, e si é temporal vai desde os 3500 a os 4700 euros anuais, en bonificacións a SS.
    A maiores hai unha axuda de 901 € para adaptación do posto de traballo.
    Peleouse moito, pero queda moito máis que facer.

    Gústame

    1. Sen dúbida, as subvencións que reciben os empresarios por contratar xente con diversidade funcional son exorbitantes, e un dato a ter en conta, como ben di Ricardo. Non estaba familiarizada cos datos exactos no que respecta a beneficios económicos que ditos empresarios poden obter pola contratación de persoas con estas características e, baixo o meu punto de vista, creo que nin eles coñecen a inxente cantidade de diñeiro que están a perder a causa da súa ignorancia e dos seus prexuízos.
      Como ben apuntas, Ricardo, avanzouse moito para promover a contratación e a equidade laboral das persoas con algún tipo de discapacidade, pero aínda queda moito por facer. O beneficio económico é sempre un importante aliciente, pero penso que debemos ir máis alá se queremos que finalmente deixe de haber discriminación laboral.

      Gústame

      1. Estou completamente de acordo contigo. As subvencións poden axudar a que éstas persoas se atopen nas mesmas condicións que o resto da cidadanía, pero isto é algo teórico. E, por suposto, non debería acontecer así. A xente debe aprender a ser máis tolerable e respectuosa coa diversidade social, pois iso, sen dúbida, é enriquecedor.
        Boteille un vistazo ao blog que me pasaches e paréceme moi interesante. Penso que testemuños coma o de Omar poden axudar a concienciar e visibilizar á sociedade.
        Pola miña parte, adxunto o seguinte enlace: http://www.cuatro.com/conexion-samanta/programastemporada-07/t07xp02-entre-dos-sexos/luz-mi-pareja-no-sabe-mi-intersexualidad-tengo-miedo-rechazo_0_1936200367.html

        Gústame

  4. Desafortunadamente, que persoas con diversidade funcional se atopen con tantas trabas á hora de acadar un posto de traballo, é unha constante na sociedade. Entendo que existan certos empregos nos que unha discapacidade impida a realización dos mesmos. Sen embargo, se dúas persoas están perfectamente calificadas para realizar un oficio, por que a perxudicada sempre vai a ser a mesma?

    Adxunto un enlace dunha páxina que ofrece axuda a persoas con diversidade funcional en busca de traballo. https://www.enviarcurriculum.es/empresas-que-ofertan-trabajo-para-discapacitados/
    Descoñezo totalmente a súa efectividade -dato que sería moi curioso-, mais si é importante que existan todo tipo de recursos para chegar até a situación perfecta: que cada persoa coa capacidade de traballar, teña traballo. Independentemente da súa condición.

    Gústame

    1. Moitas grazas por proporciarme este enlace, Sara. Sen dúbida, parece ser un recurso moi válido e que podería favorecer a situación laboral deste colectivo. Descoñecía da existencia desta páxina que axuda na búsqueda de emprego ás persoas con diversidade funcional, pero de agora en adiante estarei pendente e preguntarei ós membros do círculo de traballo a ver se coñecen a súa existencia. De non ser así, considéroa unha boa ferramenta para axudalos na súa reinserción ou inserción laboral.

      Gústame

      1. Así é. Empresas como CLECE contan con grupos especiais como pode ser neste caso Grupo Integra CEE, nos que aportan traballo para persoas con diversidade funcional. Outro exemplo é Mercadis, unha plataforma que aparece como unha figura mediadora entre a empresa e o posíbel traballador, axudándoo así no proceso de procura de emprego.

        Non só existen esas ferramentas que anteriormente che proporcionaba, senón que hai moitas máis. É por todo isto polo que comezo a plantearme a pouca utilidade das mesas, xa que a situación laboral destas persoas aínda non é a máis positiva.
        En algún momento lle preguntastedes ás persoas coas que traballades cal sería a ferramente máis valiosa á hora de atopar un emprego? Exceptuando, por suposto, a total eliminación dos prexuízos que as empresas poidan ter cando contraten a alguén.

        Gústame

      2. Estou familiarizada coa plataforma Mercadis, Sara, xa que un dos membros do círculo nos falou dela e da súa experiencia, que certamente foi positiva. De todos modos, este tipo de plataformas ou aplicacións non garantizan que as persoas con diversidade funcional vaian atopar emprego, aínda que sen dúbida é unha ferramenta moi útil para acceder ao mercado laboral.
        Respecto á túa pregunta, sí que comentamos cos membros do grupo de traballo este tema e dixéronnos que estas aplicacións, aínda que válidas, non son de todo fiables. Na súa opinión, a ferramenta máis valiosa para loitar contra estas inxustizas é a concienciación social, imprescindible para equilibrar as diferenzas entre este colectivo e as demais persoas. Tamén nos falaron acerca das subvencións que se lles conceden ós empresarios por contratar a persoas con diversidade funcional. Baixo o seu punto de vista, as compensacións económicas serían unha boa ferramenta para incentivar a contratación deste colectivo, aínda que se amosan suspicaces xa que, nas súas propias palabras “a xente aínda ten demasiados prexuízos. Non sabemos se X cantidade de diñeiro servirá para que nos contraten.”

        Gústame

      3. Sen dúbida, a conciencia social será a única maneira de darlle solución a este
        problema. Iso é algo no que teremos que traballar todos para conseguilo.

        Puiden informarme máis no tema das subvencións que se lle proporcionan as empresas que contratan a unha persoa con diversidade funcional. Por exemplo, en FEMEVAL, unha empresa metalúrgica de Valencia, para a contratación indefinida inicial a xornada completa a cantidad ascendería a case 8.000€. http://www.femeval.es/ayudasubvencion/RrhhEmpleo/Paginas/SubvencionesContrataciónPersonasconDiversidadFuncional.aspx

        Agardo que esta situación troque e que, dunha vez por todas, se lle ofreza o tempo e o valor que realmente posúen estas persoas.

        Gústame

      4. Acabo de revisar o enlace que me pasaches e paréceme incrible a cantidade de subvencións que poden chegar a recibir os empresarios. Con todo, na reunión que mantivemos onte cos membros do círculo, Antonio contounos que na maioría dos casos estas subvencións non se conceden tan facilmente. Aparentemente, póñense moitas trabas e usan o incentivo económico para atraer ós empresarios e que contraten ás persoas con diversidade funcional. Pero, como digo, segundo a súa experiencia, estas cantidades astronómicas que facilmente podes atopar pola web no que respecta a axudas para a contratación deste colectivo, na gran maioría dos casos son, ao mesmo tempo, un cebo e un engano para os empresarios e a cidadanía respectivamente.
        Persoalmente, estou a favor de que se concedan subvencións para a inserción laboral das persoas con discapacidade, porque considero que é imprescindible para que por fin se alcance a equidade neste ámbito. Non obstante, temos que ter coidado, e non deixarnos enganar por cifras certamente impactantes pero que poden ser simplemente un engano.
        Finalmente, adxunto un enlace sobre algunhas novas subvencións que creo che podería interesar:
        http://www.portalparados.es/autonomias/aragon/el-inaem-convoca-cuatro-tipo-de-subvenciones-para-fomentar-la-creacion-de-empleo/

        Gústame

  5. Moi bo post Lidia, cuns testimonios que da vergoña ter que escoitar na sociedade actual. Gustaríame recalcar un comentario, neste caso de Manuel, que me parece que di moito: “É como se tivésemos que demostrar todos máis”. O nivel de exixencias debería ser o mesmo para tódalas persoas, e contar cunha discapacidade non significa que non teñas as mellores aptitudes para ocupar un determinado posto de traballo.

    Falando máis en xeral desta problemática, que causa unha gran desigualdade no ámbito laboral, a raíz desta noticia http://www.diariovasco.com/sociedad/201703/15/jovenes-discapacitados-sufren-discriminacion-20170315174614-rc.html refleixonei sobre a situación deste colectivo, que ten que soportar numerosas presións ao longo da súa vida, incluídas na etapa educativa, que resulta decisiva na formación emocional das persoas. Segundo os datos da noticia, a integración dos discapacitados na rede educativa estáncase. Pode ser nesta etapa cando esta parte da cidadanía perda as forzas, e polo tanto, se frustre o seu futuro laboral? Como abordar a situación no ámbito educativo, que pensas que debería facer o Goberno ao respecto?

    Gústame

    1. Como ben dis, a etapa educativa é un punto de inflexión na vida das persoas con algún tipo de discapacidade. É neste momento cando se decide qué vai ser dunha persoa. Os educadores xulgan se están capacitados ou non para entrar no mercado laboral e moitas veces consideran que non, marcando a vida da persoa en cuestión. Un dato que me parece importante mencionar expúxoo Antonio na segunda reunión que mantivemos. El alega que é na etapa escolar cando se estancan as posibilidades deste colectivo. Non penso que sexa porque a cidadanía deixe de considerar importante seguir loitando por estas persoas. Penso que, simplemente, é máis sinxelo decir que non están capacitados para facer o mesmo que calquer outro, o que é unha discriminación en toda regla. Os membros do círculo lamentábanse de que a pesar de que os tempos cambian, as persoas con discapacidade seguen a estar excluídas. Poñían o exemplo de que lles dan clases especiais cando non as precisan realmente e, baixo o seu punto de vista, isto é o que crea esa separación do resto da sociedade tan difícil de salvar anos despois.
      Como ben dis, isto pode frustrar o seu futuro laboral, xa que dende a escola os etiquetan como non aptos para tal ou cal cousa, perxudicándoos enormemente.
      Por último, é complicado abordar esta situación. Na miña opinión, os educadores e profesionais deberían estar especializados neste tema e saber diagnosticar as patoloxías ou problemas dunha persoa en concreto. Non determinar sen criterio obxectivo e en base a prexuízos se unha persoa pode ou non desempeñar as tarefas que se lle encomenden. Os gobernos deberían interesarse máis por esta problemática, contratar profesionais que traballen coas persoas que o precisen pero sen apartalas do resto e, por suposto, investir en educación e en servizos de integración para este colectivo.

      Gústame

      1. Estou dacordo co que dis, quizáis unha das solucións sería que nos centros educativos fosen máis inclusivos neste ámbito e non agrandaran as diferenzas que poden darse, como forma de ofrecerlle a todos as mesmas oportunidades.

        Tamén é importante que as instalacións sexan as adecuadas para tódalas persoas. Pensas que as leis que obrigan aos centros públicos a estar habilitados ás necesidades sociais das persoas son suficientes?

        Gústame

      2. No mundo no que vivimos, con tanta intolerancia, non creo que estas leis sexan suficientes. Penso que moitos centros educativos non cumplen con estes requisitos e, como puxeron de manfiesto varios membros do noso círculo, as inspeccións tanto laborais como de educación pasan por alto que os centros non están apropiamente acondicionados sen darlle a menor importancia. Polo tanto, esta realidade é moi inxusta para as persoas que presentan algún tipo de discapacidade, e situacións coma esta só empeoran a súa vida, pois estigmatízanos dende nenos, apartándoos do resto da sociedade. E, na diferenza, está a verdadeira beleza.

        Gústame

    2. Como ben dis, a realidade é inxusta e hai factores que agravan este tipo de situacións. Adxúntoche unha entrevista moi interesante sobre como unha persoa afectada espera que a traten: precísase empatía e concienciación, e sobra egoísmo. http://derechosdelaintegracion.blogspot.com.es/2008/03/entrevista-persona-con-discapacidad.html

      Espero que o voso proxecto teña resultados satisfatorios, e sexades capaces de visibilizar o problema dende o Observatorio e a través das accións que realicedes. Moita sorte!

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s