Titulizacións, o novo dilema dos desafiuzados

O pasado xoves nove de marzo desprazámonos ata A Coruña para citarnos alí cos membros do círculo. Os participantes son afectados e activistas da asociación Stop Desahucios A Coruña. Á reunión asistiron catro asociados: Carlos, un antigo afectado que segue pertencendo ao colectivo como activista; Pablo, perxudicado actualmente polos desafiuzamentos e por último Jaime e máis Javier, dous colaboradores activos da causa.

Pese ao traballo de investigación anterior e a posta en contacto con información sobre a materia, foi moi enriquecedor o contacto directo con fontes de primeira mán. As vivencias persoais dos membros de Stop Desahucios quedan lonxe da información que se pode atopar na rede ou que calquera cidadán coñece sobre o asunto.

Desafiuzados, avogados, bancos e xuíces

Comezamos dialogando sobre o motivo do ingreso na asociación de cada un dos presentes. No caso de Javier, levaba varios anos apoiando a diferentes movementos de compromiso social e comezou a formar parte do colectivo co rechamante caso do desafiuzamento de Aurelia Rey, tamén na cidade herculina. Jaime é un dos persoaxes máis representativos do grupo, activista dende os inicios da  asociación. Carlos, pese a que xa deu carpetazo a súa etapa como desafiuzado, quéixase da solución moi pouco conciliadora que lle proporciona o banco . Motivos como éste fano continuar loitando como activista.

Durante o transcurso da conversación, fúmonos dando conta de que todos tiñan unha formación exhaustiva sobre o que falaban.  Ben porque as circunstancias os obrigaron a informarse, ou no caso dos colaboradores porque a súa moral empatizou ca pel dun desfiuzado máis. A única forma de intentar ou conseguir saír da espiral deste proceso é lograr dominar á perfección que é o que está a acontecer e aferrarse ás posibles solucións. E eso é o que procura Stop Desahucios.

La imagen puede contener: texto

Stop Desafiuzamentos A Coruña

O punto máis álxido da charla chegou xunto con Pablo, o último participante do noso coloquio, por ser o único que dende 2009 ata agora leva sufrindo para non perder a súa casa. O seu día a día preséntase cun panorama alarmante: á disputa contra o desafiuzamento sumáselle unha situación persoal complicada. A súa historia comeza ca chegada da crise. O perfil de Pablo era o de un traballador da construcción que como tantos perdeu o seu emprego. Como alternativa a este percance, decide emigrar a Perú para traballar, dende alí mandaba o seu soldo  e así podía seguir pagando os gastos familiares, entre eles a hipoteca. Co seu regreso a España atópase cunha circunstancia casi increíble, ver para crer: durante a migración a súa vivenda foi embargada e como propietario non recibiu ningunha información do banco . Sabían que estaba fuera de España pero no me informaron ” afirmaba o afectado.

Cando chocou de fronte contra o problema, o único que puido facer foi recurrir a un avogado de oficio e tratar de informarse con pelos e sinais sobre o que se lle viña enriba. Expresábase coma un experto, términos moi axeitados e todo ó pé da letra. Miles de follas que lía corroborando as súas palabras.Mencionou con moita firmeza as titulizacións, ”vais a conocerlas” dixo. Pois ben, unha titulización tamén nomeada securitización, é una técnica financieira que consiste na transferencia cara un inversor de activos financieiros que proporcionan dereitos de crédito (como por exemplo facturas emitidas e non saldadas ou préstamos en vigor), transformando esos dereitos de crédito, mediante o paso a través dunha sociedade ad hoc, en títulos financieiros emitidos nos mercados de capitais . É dicir, o banco que inicialmente cedeu o préstamo véndelle a hipoteca a unha terceira empresa que lle abona o total do valor da vivenda, polo que a entidade bancaria perde os dereitos totales sobre a casa. Porén, o prestatario segue pagando ao que xa non é o seu prestamista sen coñecer o proceso que se acaba de levar a cabo. O máximo beneficiado deste procedemento é a banca que se lucra dobremente.

Como é posible que os medios non nos falaran xa sobre isto?  Calquera persoa debería poder estar ao corrente do que é unha titulización, antes de telas que coñecer na situación de Pablo, Carlos e tantas persoas que se enfrontan aos embargos. Ademáis non ocorren só con hipotecas, tamén con tarxetas de crédito, plans de aforro infantís… Estamos cegados por un pano mediático  ao que non lle interesa comunicarnos sobre as securitizacións.

Comezamos a coñecer a verdade sobre os desafiuzamentos, o que está detras de Stop Desahucios e do que deixa ver a prensa. O colectivo quéixase en silencio ”los periodistas sólo vienen cuando nos pegan” , ”se quedan en los grandes titulares y no se interesan por nuestra labor, por lo que hay detrás”.  Pero nós escoitámolos e dámoslle voz.

Advertisements

17 comentarios en “Titulizacións, o novo dilema dos desafiuzados

  1. Paréceme totalmente increíble que a estas alturas todavía haxa tanta xente que teña que enfrontarse a unha situación tan difícil e dramática como perder a súa casa, o único lugar donde pode refuxiarse, e quedar no camiño, sen ninguén que teña en conta as súas circunstancias persoais e os fillos que poida ter ao seu cargo. Pero todavía me parece máis alarmante que na mayoría dos casos, como no de Pablo, sexan os bancos os culpables de que esto ocorra, facendo cousas como o que nos conta no post a nosa compañeira, aproveitarse de que o afectado non se atopaba no país para levar a cabo todo o trámite sen nin sequera tomarse a molestia de avisalo.
    Respecto aos medios e aos periodistas, considero que debereían empatizar e poñerse do lado dos afectados,darlle cobertura a estas situacións que realmente a merecen, e non unha vez más deixar de lado o que realmente importa e só acudir, como se di no post, aos “grandes titulares”.

    Liked by 1 person

    1. Por si fora pouco, o obstátulo do desafiuzamento vese agravado pola falta de información e concienciación cidadá. E quenes son os culpables disto? Os grandes medios de comunicación que se contradicen ca súa principal fin, ser unha ”ponte” entre a realidade e a sociedade. Deberían ser un ente capaz de explicarnos como e por qué acontece todo ao noso redor.
      Sen embargo, por motivos puramente políticos e económicos, a maioría da población descoñece temas tan delicados como os que se agochan tras un embargo.
      Adxunto un interesante caso, un dos máis esperanzadores dentro do contido, case un ”raio de luz entre a oscuridade” para os desafiuzados: (http://ccaa.elpais.com/ccaa/2014/06/16/catalunya/1402917201_768872.html). Para todos aqueles que siguen loitando día a día por preservar a súa vivenda, aínda se pode conseguir acabar con esta catarata mediática.

      Gústame

      1. Realmente creo que non sabemos o que é un embargo ata que nos chaman á porta da casa e nos din que nos temos que marchar.
        Concordo contigo no que dis, e é que a desinformación que sufre a poboación con respecto ao tema, é algo do que son responsables os medios, pero nós tamén deberíamos poñer máis da nosa parte e amosar algo de interés por estas persoas que viven unha situación totalmente crítica.
        Os medios de comunicación, ou polo menos a maior parte deles, non están desempeñando un bo traballo, posto que se interesan máis por espectacularizar a información que por contarlle ao mundo a realidade, é por suposto o voso traballo e un moi bo exemplo para demostrar o que ambas dicimos.
        Falando da noticia que adxuntas no teu comentario parece que as cousas comezan a coller forma e non debemos tirar a toalla, debemos seguir loitando para que o día de mañá todo o mundo teña dereito a unha vivienda digna sin temor a que ninguén ya quite. Situacións como esta (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/03/15/protesta-impedir-desahucio-mujer-dos-hijos/0003_201703F15C4994.htm ), donde hai por medio fillos, ninguén a debería vivir.

        Gústame

    2. Concordo contigo en que pese a non estar apoiados pola información mediática, debemos ser tamén nós os que intentemos estar alerta sobre situacións como éstas.
      De todos modos, ca axuda dos medios, a traxedia dos desafiuzamentos xunto con todos os temas tratados neste blog, abarcarían un marco de poboación moito máis grande.
      É traballo de todos, agora máis que nunca, colaborar para darlles voz aos afectados, polo menos ata que cambie esta situación mediática tan tóxica para grupos vulnerables.
      Pequenas accións como este blogue fan que o problema corra de boca en boca e cada vez chegue a máis persoas. Porse na pel dun desafiuzado para comprender o problema é o esencial.

      Gústame

  2. Por moi lamentable que sone, a realidade é que os xornalistas só buscan titulares e noticias que impacten e vendan, a fin e a cabo a maior parte dos medios de comunicación son empresas privadas que como tal procuran beneficios económicos. Un titular con agresións, pelexas e víctimas vai a ter moitas máis visualizacións que un feito pacífico. O mediático caso de Aurelia Rey rematou coa paralización do desafiuzamento e a entrega dunha nova vivenda á anciá, aparentemente a crítica situación na que vivía a octoxenaria resolveuse, sen embargo isto é así realmente? Coñece a opinión a pública as condicións na que vive Aurelia Rey na actualidade? Ao mellor esta conta actualmente cunha vivenda pero quizais non pode facer fronte as facturas ou gastos da casa.
    Cal é a cobertura que ofrecen os medios de comunicación aos desafiuzamentos e en concreto a esta organización? Manteñen un contacto constante coa prensa ou este só se centra en feitos illados?

    Por outra banda, como a meirande parte da cidadanía descoñecía o tema das titulizacións. Na miña opinión, isto é “unha estafa regulada” xa que imaxino que si as entidades bancarias o facían era porque era legal. Dende a organización de Stop Deshauicios, explicáronvos cales son as accións que levan a cabo para denunciar estes fraudes? Contan co apoio das institucións ou isto é unha loita individual como apuntan na seguinte noticia?
    http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/stop-desahucios-denuncia-nuevo-incremento-casos-atiende/20170312225634325361.html

    Liked by 1 person

    1. Efectivamente como ti mesma pudeches deducir, en Stop Desahucios faláronnos sobre o que acontece tras un desafiuzamento. Cando acaba o estalido mediático e todo o mundo cree que o problema habitacional quedou resolto, só asociacións como esta coñecen a verdade do que acontece… Facturas insosteñibles que terminan en cortes do dispensamento de luz, auga e outros básicos dunha vivenda digna. Non só no caso de Aurelia , senon na meirande parte dos procesos.
      En canto as accións de denuncia, será o seguinte tema a tratar na próxima reunión co círculo, polo que seguiremos informando. E como moi ben mencionaches, a asociación atópase sóa no campo de batalla, a última parte do post explica que a prensa tan só busca un impacto , non se centra na súa labor nin nos seus rompedeiros de cabeza : ” Comezamos a coñecer a verdade sobre os desafiuzamentos, o que está detras de Stop Desahucios e do que deixa ver a prensa. O colectivo quéixase en silencio ”los periodistas sólo vienen cuando nos pegan” , ”se quedan en los grandes titulares y no se interesan por nuestra labor, por lo que hay detrás”. Pero nós escoitámolos e dámoslle voz”.

      Liked by 1 person

      1. Esta claro que existe un gran problema no enfoque das noticias, por exemplo no caso dos desafiuzamentos como ambas apuntamos, os medios só buscan aquilo máis agresivo e impáctante na opinión pública. Por exemplo o meu grupo de traballo tivo hoxe a segunda reunión do círculo e nela denunciouse isto precisamente, denunciando que os medios só se centran naquel problema que realmente vende: no noso caso os vertidos ou residuos que pode ter un río. Pero que acontece co resto de cuestións relevantes? As plantas invasoras tamén degradan o medio e como tal aumentan a contaminación dos ríos: http://www.publico.es/sociedad/rios-hay-mas-especies-invasoras.html Porén isto apenas é tratado polos medios de comunicación, xa que non ten o mesmo impacto mediático.
        Ao final da túa intervención apuntas que a vosa labor e darlle voz a este colectivo, xa pensastes na posible acción que ides facer para lograr o voso cometido?

        Liked by 1 person

    2. Boas Lara, si, o pano mediático non acontece só cos desafiuzamentos senon que ca maioría dos problemas sociais que non teñen relevancia monetaria para os medios.
      En canto as accións que vamos a emprender para axudar á asociación están aínda no laboratorio… e pendentes de estar definidas con excatitude. Agradezcoche o interese polo tema e ten por seguro que nos próximos comentarios informarémosvos sobre o asunto.
      De momento, se che serve como axuda acá che deixo o link da páxina de Stop Desafiuzamentos para que lle botes un ollo as súas campañas. http://stopdesahuciosacoruna.blogspot.com.es/

      Gústame

  3. En primeiro lugar, estou de acordo contigo cando dis que falando de primeira man coas persoas do círculo, persoas afectadas e informadas plenamente sobre o tema, coñeciches cousas que buscando en Internet ou nos medios non aparece. Isto é debido á delicadeza do tema, os desahucios son cada vez máis frecuentes no noso país e, claramente, non están ben vistos, aínda así, suceden cada día. Pero nos medios non se publican todos, xa que perxudicaría gravemente a súa imaxe. O que buscan son titulares que vendan, cando hai desahucios chamativos ou conflictivos, que poidan captar a atención do lector.
    http://www.20minutos.es/noticia/2858500/0/pareja-ancianos-sordos-enfrenta-desahucio-avalar-hijo-saberlo/
    A diario aparecen este tipo de titulares, onde anciáns ou xente con fillos son desahuciados e privados das súas vivendas por leis e regulacións que descoñecen. Os medios so se preocupan de informar sobre a acción do desahucio, pero non da situación da familia, nin do procedemento do banco a arrebatarlles a súa casa, nin tampouco das opcións que ten esa familia de recuperar a vivenda. O único que interesa é informar de desahucios puntuais que creen polémica. Unha vez publicados, pasan ao olvido de todos xa que non se volve a saber nada deles.
    http://ccaa.elpais.com/ccaa/2017/02/16/madrid/1487250514_656112.html

    Liked by 1 person

    1. Exactamente, os medios tan só procuran que salga nas súas páxinas un contido impresionista deixando de lado o que hai detrás. Cada caso é un mundo, e nun dereito básico, como é o de ter unha vivenda digna é moi entristecedor que alguien busque sacar un beneficio.
      Só con grupos como Stop Desafiuzamentos, podemos lograr sacar a luz todo o sufrimento destas persoas e buscar solucións realmente conciliadoras para os afectados. Queda un longo camiño para conseguir que realmente se exerza o dereito fudamental co que xa todos deberíamos contar.

      Gústame

      1. Ao igual que Stop Desafiunzamentos, as radios comunitarias que nós visitamos estas semanas, loitan por dar voz aos que non a teñen en medios de masas e tratar temas que non teñen cabida nos medios por non lles ser rentables. Ante estas iniciativas nos queda apoialas no máximo posible, escoitalas e dalas a coñecer, para que se convirtan en medios e organizacións de referencia e que ocupen o lugar que lles corresponde.
        http://opaii.blogspot.com.es/
        https://cuacfm.org/

        Gústame

  4. Boas Patricia, en primeiro lugar gustaríame destacar a agradable forma na que a reunión está narrada, fundamental para entender ós feitos, coñecer ós participantes e, en definitiva, para informar ó lector.
    Con respecto ó contido, unha vez máis estamos ante o doble rasero no que caen tanto a xustiza coma os medios de comunicación. Parece que, dependendo de quen sexa o autor dos feitos, a noticia adquire relevancia ou non. Ó ser os bancos unha boa fonte de financiación de milleiros de empresas, non é raro ver que unha vez máis os crimes que cometen son tapados polos medios.
    A sociedade de hoxe en día está cada vez máis a feita a banalizar verdadeiros escándalos, en especial cando se trata da gran lacra que supón para a sociedade a corruptela imperante.
    Neste punto coincidides plenamente co que se falou no noso último círculo.

    http://www.ileon.com/actualidad/071653/la-pah-bierzo-organiza-un-congreso-sobre-la-estafa-de-las-titulizaciones-hipotecarias

    Gústame

    1. Boas Diego, pese a que o tema das titulizacións foi o máis destacable da primeira reunión do círculo, foron moitas as barbaridades que escoitamos sobre o abuso do sistema bancario aos seus clientes. Na maioría dos casos, ademáis a escondidas da clientela. A información que é a base dunha sociedade democrática (relacionandoo directamente co voso traballo), non debería poder estar controlada, disipada ou transformada por os catro poderes que tristemente manexan o mundo.
      O beneficio económico pasou de ser algo posible a algo estrictamente necesario, se non o hai, esa acción non merece a pena. A profesionalidade e sobordetodo o humanismo desaparecen neste mundo globalizado e mercantil. Por sorte, hai grupos de xente que se sacrifica para axudar e defender estas inxusticias. Aínda así e por negativo que parezca o pronóstico desta situación , quedan esperanzas de que a información veraz e comprometida non sexa unha opción senon que volva a ser unha prioridade.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s