Xuventude e ludopatía

Hoxe en día é difícil encontrar a alguén que non coñeza a persoas ou que el mesmo non tivese un primeiro contacto co mundo do xogo. A xuventude cada vez máis está afectada e metida neste problema, xa sexa por apostas deportivas, moi de moda na actualidade, ou simplemente xogos máis comúns como a Play Station. Este tema foi tratado na nosa primeira reunión co noso círculo, e fixémolo a través dunha noticia do 27 de decembro do 2016.

A noticia conta basicamente que un rapaz de once anos gastara 4.000 euros en xogos a través do móbil. O tratamento da noticia pareceulles correcto, sen embargo o primeiro problema que lle viron foi a existencia dunha dobre moral. Por unha parte como un rapaz de tan pouca idade ten a suficiente capacidade para gastarse eses cartos ou de que maneira consegue claves de tarxetas de crédito e por outra banda a dúbida de se realmente os pais eran conscientes de que o neno xogara nalgunha outra ocasión ou era esa a primeira vez. A incluso pensa que podían sabelo pero que igual ao principio o rapaz gañaba cartos e non lle daban a importancia que merecía ata que pasou isto de perder 4.000 euros.

Por outra parte chamoulle especialmente a atención aos tres, a excesiva importancia que  lle conceden  os pais ao feito da perda de cartos, en lugar de centrarse na raíz do problema, o neno. O feito de que un neno xa amose este comportamento tan cedo debería ser motivo de tratamento serio. Carlos confesou que leva dende os 18 anos xogando pero que realmente non se é consciente de que tes un problema ata moito despois.

A xuventude polo tanto non é consciente dos riscos do xogo. Algún consello que da a noticia é o uso do control parental para ter máis controlado aos rapaces. Sen embargo, mellor que telos controlados, a educación sería unha mellor baza para que fosen eles os que propiamente souberan a que se enfrontan, canto tempo lle deben dedicar ou que consecuencias poden ter nun futuro.

Relacionado coa educación está o tratamento da publicidade na que aparecen persoas que na actualidade son referentes para a mocidade, como poden Cristiano Ronaldo ou Neymar. Ambos fan anuncios para Poker en liña. O feito de utilizar persoas deste estilo fan ver claramente ao tipo de público ao que se dirixe de maneira que poden facer picar a curiosidade a moitos nenos, e plantar unha semente que quizais creza máis adiante creando problemas serios.

Non fai falta gastar cartos para mostrar indicios de problemas co xogo          

Moitos nenos pasan horas pegados a videoxogos, por exemplo a través de tablets ou móbiles,  incluso chegan a pasar as noites espertos xogando por esa dependencia que teñen. A iso debería dárselle a mesma importancia que cando hai cartos polo medio, porque pode ser indiciosde un problema maior mais adiante. Por outra banda, tamén é erróneo pensar que todo o mundo que xoga é ludópata, xa que hai moita xente que ten a capacidade de saber onde está o límite ou simplemente non chega a ter esa dependencia, e que de forma esporádica vai ao casino, ao bingo ou ten algún tipo de contacto co xogo.

As formas de xogo están mudando, e facelo por internet está gañando cada vez máis terreo sobre todo entre a mocidade que é dalgunha forma a que máis metida está nese mundo. Carlos afirma que xogando por internet non ves os cartos e polo tanto perdes a percepción do gasto. Ademais explica que, é fácil abrirse unha conta bancaria, que non existen filtros e que realmente aínda que poñas o DNI dalgún familiar ninguén vai comprobar que esa é a túa identidade real.

Polo tanto, prevención, importancia do verdadeiro problema e por suposto educación, poden ser as claves para que en primeiro lugar a ludopatía deixe de ser un tema descoñecido como enfermidade, e segundo que as persoas mais novas collan conciencia e sexan coñecedores de a que se enfrontan.

 

Advertisements

12 comentarios en “Xuventude e ludopatía

  1. Creo que disto xa falei nalgún post anterior deste grupo cando me refiro a que existe un ambiente que condiciona forzosamente a desenvolver unha actitude favorable respecto ó xogo dentro da sociedade. Tal vez sexa unha cualidade innata ó ser humano o sentirse atraído por un risco relativamente “controlado”, é dicir, existen unhas normas no xogo, nas apostas, etc. Sobre isto hai un artigo bastante interesante:

    http://www.granma.cu/salud/2014-04-09/cientificos-de-estados-unidos-logran-explicar-las-causas-de-la-adiccion-al-juego

    Pero debe entenderse que o seu consentimento non devén en seguridade e a implicación social, colectiva e estatal hai de ser absoluta.

    Gústame

      1. Penso que unha cousa non ten que ver coa outra, xa que aínda que non fixera iso pensaría que está igual de mal que se utilicen este tipo de personaxes para anunciar apostas. Tal é como digo no post isto pode incentivar a persoas mozas.
        O fútbol en xeral é un dos lugares onde hai moitos anuncios de este tipo, incluso levan na propia camiseta como patrocinadores casas de apostas. Ano 2012 http://www.starmaillot.com/foot-es/real-madrid

        Liked by 1 person

  2. Desde una perspectiva ciudadana, como bien dices en el artículo, hay que tener en cuenta la importancia de los medios en tanto que repercuten sobre la sociedad. El debate también puede recaer en sobre si es una irresponsabilidad por parte de los anunciantes utilizar a una figura como Cristiano Ronaldo para ejemplificar una actividad que puede llegar a ser adictiva.

    En este anuncio, también Cristiano Ronaldo se ganó una críticas por sus tweets hablando del colectivo Palestina-Israel, lo que acabó recogido en varios periódicos: http://www.elmundo.es/deportes/2016/02/11/56bc56e7e2704e2a618b4674.html
    http://www.sport.es/es/noticias/real-madrid/polemico-anuncio-cristiano-ronaldo-que-no-gusta-palestina-4889125
    http://www.elconfidencial.com/deportes/futbol/2016-02-11/cristiano-ronaldo-anuncio-israel-palestina_1150512/
    http://www.esdiario.com/703786500/Un-anuncio-de-CR7-irrumpe-en-el-conflicto-palestino-con-duras-criticas.html

    Si un spot moviliza a toda la red, ¿cómo no va a afectar otro sobre los más jóvenes que aún se están formando? Es más, también es símbolo de los mayores, no hay un rango de edad exacto. ¿Qué se podría hacer contra esto?

    Gústame

    1. Efectivamente Cristiano Ronaldo, así como outras figuras públicas, movilizan moito as redes e as persoas en todo o que fan, polo que é normal que os anunciantes o utilicen como reclamo. Que se pode facer? Pois pode parecer unnha visión moi radical pero eu eliminaría de todo tipo de anuncios de casas de apostas a persoas públicas que poidan favorecer que a xente xogue. Pero para isto é necesario un maior control, control que polo momento non existe e que tampouco ten pinta de que vaia existir. Nas próximas reunións co círculo trataremos este tema así que atención aos seguintes posts!

      Gústame

      1. Opino igual que tú. De todas formas, las figuras públicas deberían saber por sí mismas la responsabilidad que tienen. Con lo que a Cristiano Ronaldo respecta, desde mi punto de vista no tiene mucha credibilidad y me sustento en esto:
        http://futbol.as.com/futbol/2016/12/23/primera/1482504525_550333.html
        y el siguiente artículo lo desmiente
        http://www.elmundo.es/deportes/2015/05/14/5554d2ecca4741626e8b45a1.html
        Me parece una falta de respeto. O bien por tparte de los medios o bien por parte de la misma figura. Y como él, otros muchos

        Liked by 1 person

  3. Está claro que a ludopatía está cada vez máis relacionada coa xuventude, e a publicidade, como ben dis, ten moita culpa. Desde os medios de comunicación deberíase poñer o foco no grave problema que isto representa, sen que teña que saltar a alerta dos cartos. Porén, a raíz do caso do rapaz de 11 anos, vemos como a sociedade está comezando a espertar.

    En El País publicaron esta interesante reportaxe (http://politica.elpais.com/politica/2015/04/29/actualidad/1430303082_588616.html) na que se reúnen cun grupo de mozos ludópadas nunha sesión de terapia. As súas historias parecen de ficción pero son moi reais. Debo admitir que ata agora non pensara neste tema con tanta profundidade, pero que nos afecta a todos dalgún xeito, xa que cada día nos vemos bombardeados con publicidade ao respecto na televisión ou na rede.
    De feito, o que máis critica Roberto, un dos mozos da reportaxe, é que se utilice (no seu caso) a Rafa Nadal para publicitar PokerStars, a mesma compañía que a do anuncio de Cristiano Ronaldo. Para el é unha tremenda decepción que un exemplo do deporte se preste a facer iso.

    Gústame

    1. O enlace que deixastes é moi interesante. Moita da información que ofrece corresponde ao que nos conta o noso círuculo de reunión. Pero cabe deixar claras unhas cuantas cuestións.
      Os cartos, que na reportaxe parece algo moi importante, si o son pero non en gran medida. Se algo nos ensinaron as nosas reunión é que non é necesario ter unha gran cantidade de cartos para ser ludópatas, con ter cincos euros semanais e adicalos ao xogo, xa é un compartamento propio da ludopatía.
      As mentiras e o aillamento forman parte de ser ludópata, un membro do nos grupo contounos que chegou incluso a contarnos que mentía sobre o lugar ao que ía a comprar o pan. Polo que a mentira convértese nunha costume.
      Deixo aquí un artigo do ABC con algunha das características comúns dos ludópatas: http://www.abc.es/loteria-de-navidad/20151126/abci-loteria-navidad-ludopata-sintomas-201511242222.html

      Gústame

      1. Lendo ese artigo un séntese máis próximo á ludopatía. Penso que moitas fecer cando escoitamos falar desde problema estamos obviando a súa gravidade e consideramos que ten fácil solución. Porén, calquera de nós, sen chegar a extremos, podería sentir unha certa dependencia polo xogo. O caso da lotaría de Nadal é moi significativo. Unha vez ao ano, case todo o país está pendente do resultado dunha aposta na que deixou en moitos casos unha importante suma de cartos, sendo conscientes do difícil que é resultar gañador. Polo tanto deberiamos ser máis responsables e aprender sobre o que é a ludopatía antes de xulgar.
        Do mesmo xeito, o primerio verdugo neste caso é o goberno. Como pensas que se pode regular o acceso aos xogos para disminuír os casos de ludopatía?

        Liked by 1 person

  4. Está claro que cada vez máis xente nova introdúcese neste mundo do xogo e as apostas, sendo en ocasións persoas menores de idade. Os expertos advirten que unha xeración enteira está sendo empuxada cara a ludopatía.
    Como comentabas, a mocidade decide cada vez máis xogar a través de Internet. Un estudo da Universidade de Valencia e a Fundación Codere, revela que o 18% dos menores apostan on-line. E o que resulta aínda máis alarmante: o 8% faino de forma habitual e a idades tan novas como os 13 anos. Algo verdadeiramente peligroso.

    Fai unhas semanas tiven a oportunidade de leer un artículo nunha revista sobre a ludopatía na que aparecía o caso dun rapaz chamado Mario. Mario é un ludópata que leva dous meses en tratamento. Tiña 18 anos cando apostou por primeira vez nunha web de apostas deportivas. “Agora pensóo e todo me parece estúpido. Estás na habitación tranquilo, fas un clic co ratón e ¡ala, toda a túa vida a tomar polo cú! Empecei a xogar e non puiden parar. Habia días que nuns minutos gañaba máis de 500 euros. Pero chegou o momento, no que o perdín todo”.

    A continuación, deixo un video moi aclarecedor do tema. Cíñome á primeira metade do video onde se conta como moitos adolescentes acuden a unha asociación en Madrid onde reciben axuda de psicólogas e xogadores xa rehabilitados. Por outra parte, móstrase unha noite nunha gran sala de xogos da capital.

    Gústame

    1. Efectivamente a idade de inicación no mundo das apostas, e sobre todo das deportivas, algo moi de moda na actualidade, está a mudar e cada vez os mais mozos están comezando a iniciarse no xogo e polo tanto ascenden as posibilidades de que se enganchen e cheguen a ser ludópatas.
      Neste mesmo post exemplificase o caso do neno dos 4.000 euros, pero se algo aprendín falando co círuculo e que os cartos é o menos preocupante do asunto.
      Deixo aquí un enlace dunha noticia que da unha visión parecida pero que añade cuestións ao asunto: https://vidayestilo.terra.es/salud/ludopatia-en-ninos-el-limite-entre-el-juego-y-la-adiccion,edd23009c4f059ad26a8e69d6f0066f628b7gzc9.html

      Gústame

  5. No enlace que facilitaches móstrase a clave do asunto. Hai que saber cal é o límite entre o xogo e a adicción. En moitas ocasións os nenos menores de idade comezan a xogar no seu tempo libre, pero acaban pasando horas e horas frente a calquer tipo de videoxogo. Aumentan a frecuencia e intensidade da exposición ao xogo, moitas veces sen ser conscientes nin eles mesmos nin os pais.

    Esta situación termina con graves problemas para nenos e nenas que afectarán ao transcurso das súas vidas. Oxalá se lle poña freno á ludopatía.

    Deixo a continuación un enlace onde se explica brevemente as distintas consecuencias, todas elas negativas da ludopatía:
    http://www.cat-barcelona.com/faqs/view/cuales-son-las-consecuencias-del-juego-patologico-o-ludopatia

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s