Antonio, Ricardo e Mari: exemplos de superación

Martes, 7 de Marzo, os integrantes do meu grupo de traballo tiñamos organizada unha reunión co noso círculo onde tivemos a sorte de contar coa presenza de tres persoas con diversidade funcional:  Antonio Costoya, Ricardo Rivera e Mari Carmen Castro. Isto serviríanos de utilidade para coñecer de cerca os detalles do seu día a día, así como os problemas aos que teñen que facerlle fronte e esclarecer calquera tipo de dúbida que nos xurdira á par que nos familiarizabamos cun tema para nós descoñecido, en tanto que nunca conversamos de primeira man coas persoas afectadas.

Neste primeiro debate o primeiro en tomar a palabra foi Antonio Costoya, un home duns 50 anos que comezou por relatarnos o seu caso, o cal nada ten que ver co de outro integrante do grupo, Ricardo, cuxa parálise cerebral que lle vén dende o momento do seu nacemento. É por iso que destaca que a valentía dos seus compañeiros e compañeiras alí presentes (referencia a Mari e a Antonio) é maior ca a súa, xa que el xa foi educado para enfrontarse á sociedade coas súas capacidades alternativas. Tras presentar cada un cadanseu caso, pasamos ao tema do ámbito laboral, lugar onde estas persoas adoitan ter máis dificultades.

Egoísmo laboral, interese do/a empresario/a 

Comezan a dar o seu punto de vista sobre este tema e todos, sen lugar a dúbida, están de acordo no mesmo: se a xente estivese mellor informada este tipo de situacións non pasarían actualmente: “A unha empresa hai que incentivala para facer que nos contraten en igualdade de condicións”, engade Antonio. A dificultade actual é alta para todo o mundo pero para eles máis. “Ó ver que temos unha incapacidade xa din “Uf! Van coller moitas baixas… Non nos compensan”. Estas son as palabras de Mari, quen volve a falar para engadir que moitos empresarios e empresarias descoñecen que a seguridade social deles é pagada por varias axudas e que ademais hai subvencións coas que basicamente eles non lle custarían nada ó propietario do negocio.

Ademais, tamén son moitas as persoas empresarias as que, influídas polos seus prexuízos, deixan sen posibilidades a esta xente, preferindo a persoas que non sufran ningún tipo de diversidade funcional. A estes outros, venos como persoas pouco capaces de desenvolver  as tarefas, ou polo menos non coa mesma eficiencia, pensamento totalmente desacertado. Está claro que un empresario ou empresaria buscará a forma de conseguir os máximos beneficios para a súa empresa, e contratar a unha persoa con diversidade funcional, para eles, é incompatible con isto.

Verdadeiramente, é un colectivo vulnerable, e por moito que a lei obrigue a inclusión destas persoas, seguen sendo moitas aquelas que estigmatizan a este grupo, discriminándoas a pesar dos avances obtidos. Como xa dixemos, en moitos dos casos por descoñecemento das capacidades destas persoas e do seu perfil como traballadores/as, mais tamén por esa visión que a nosa sociedade ten sobre este grupo de persoas. En moitos casos esa “inclusión” vén da man da subvención que recibe esa empresa por ter contratada a unha persoa con ese problema, quedando sen ningún valor os seus intereses, sempre invisibles fronte aos do/a empresario/a.

A muller, a diversidade funcional e o emprego

Aproveitando o entusiasmo que amosa Mari por falar e o moito que ten que  contar acerca da súa historia, comentamos que xusto esa maña saíra nas noticias que mais de 750.000 mulleres con discapacidade soportan non só a discriminación por padecer algún tipo de enfermidade, senón tamén polo simple feito de ser mulleres á hora de acceder a un posto de traballo. Non tarda en manifestar que por desgraza é certo: ela traballaba como perruqueira, mais tivo que deixalo por mor dunha alerxia aos produtos que utilizaba. Ao estar toda a súa formación orientada cara a este traballo, comezou a caer en depresión e a sufrir un sentimento de fracaso sobre as súas costas.

_MG_3362+
Mari, momentos antes de contar a súa historia

Ela, por sorte, tivo o apoio de asociacións como Cogami ou Ilunion, quen a recolocaron nunha tenda onde non se sente diferente, xa que mesmo o seu propio xefe é discapacitado. Mais non todas as mulleres con algún tipo de diversidade funcional corren a sorte de Mari. A gran maioría teñen que sufrir non só as dificultades propias da súa enfermidade, senón tamén aquelas referidas ao acceso á formación profesional e a un posto de traballo, polo que son máis dependentes economicamente. Todo isto aféctalles directamente ao seu nivel de autoestima e ás súas capacidades de tomar decisións.

A nosa sociedade debería solucionar isto, intentando non obrigalas a soportar maiores inxustizas e sen permitir que este grupo tan vulnerable sexa “invisible” por ser considerado inferior, porque nada máis lonxe da realidade. Estas persoas só se distinguen do resto de nós nas dificultades que teñen que superar, mais son igual de capaces. Así o sintetiza Mari nunha frase, orgullosa: “Os que padecemos algunha incapacidade somos máis fortes porque temos que demostrar máis”.

É con esta reflexión coa que pon fin á temática do ámbito laboral e, á vez, se pecha o debate. Non cabe dúbida de que estas persoas, se queren e lles deixan, poden, só falta a información que esperamos nós facer chegar para que sexa posible unha mellor inserción.

Advertisements

20 comentarios en “Antonio, Ricardo e Mari: exemplos de superación

  1. Sen dúbida escoitar as voces das persoas difuncionais resultra triste. Fainos pensar no complicada que debe ser a súa vida en cousas do mais sinxelas, como pode ser o de atopar traballo. En parte isto faite reflexionar sobre como pode ser esa desigualdade sendo unha muller e con esta dificultade. Parece increíble que na actualidade, cando xa se realizaron tantos avances en materia de igualdade esquezámonos deste grupo minoritario, no cal pode estar calquera no día de mañán, e se non nos, algún ser querido. Creo que a mellor solución, a parte da mellora da normativa laboral para estas peroas, sería empezar de novo, dende a educación infatil, ensínandone aos rapaces que por ter una discapacidade non eres menos capaz de realizar un traballo.
    Finalmente deixo un libro en pdf de Arthur O’Reilly, titulado “El derecho al trabajo decente de las personas con discapacidades”. Tal e como nos amosa no seu prólogo, foi lanzado o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de diciembro de
    2007, e pretende ser un recurso que axude aos países a aplicar as disposicións
    existentes nas normas da OIT e na CDPD, unha vez que entre en vigor
    tras a ratificación de vinte países. Se non non axudamos ninguén o fará.
    http://www.ilo.org/wcmsp5/groups/public/@dgreports/@dcomm/@publ/documents/publication/wcms_091966.pdf

    Liked by 1 person

    1. Todos os días lémbrasenos que, para todos/as, o traballo é un trazo que define a existencia humana. É o medio de sustento e de satisfacción das necesidades básicas. Pero é tamén unha actividade pola que os individuos afirman a súa identidade, para si mesmos/as e para aqueles/as que os rodean. É crucial para a elección individual, o benestar das familias e a estabilidade das sociedades, un benestar que como podes ver é dificilmente alcanzable para un porcentaxe da poboación. Como ben dis é triste pero é a realidade a cal moitas veces é así de deprimente polo que hai que intentar cambialo. En canto o tema da educación infantil tes toda a razón,de feito, Ricardo,un dos compoñentes do círculo tivo esa educación e na reunión tamén destacou que para el iso fora de gran importancia.

      Gústame

      1. Obviamente, nesta sociedade, o traballo é a materia prima. Con isto quero dicir que sen el veraste con moitas dificultades a ahora do día a día, tendo que buscar alternativas que poden, en casos extremos, por en risco a seguridade das persoas. Con isto quero dicir, que para eles tamén o é, polo que o Estado debería implantar medidas máis severas de inserción laboral para estas persoas. Xusto por iso, hay que empezar dende cero, seguramente, implantando medias integracionais en todos os aspectos da vida cotiá.

        Gústame

      2. Totalmente dacordo contigo,Laura, de feito estase intentando,tanto é así que por exemplo para as prazas de xustiza un 7% delas son para persoas con diversidade funcional http://www.lavanguardia.com/vida/20150722/54433554740/justicia-eleva-del-5-al-7-la-reserva-de-empleo-para-discapacitados.html e incluso para as prazas de universidade hai un sobre un 3%, por desgraza en postos baixos pero algo é algo. Por outra parte as empresas privadas tamen contan coa “obriga” de meter un 2% así que pouco a pouco vaise intentando o que pasa é que,quen vixila que eses porcentaxes se cumpran?
        Aqui che deixo un artigo onde podes consultar os datos aportados e informarte incluso dalgun máis. Hai máis bolsa das que se pensa para a inclusión laboral desta xente! http://www.defensordelpuebloandaluz.es/sugerimos-establecer-un-sistema-de-reserva-de-plazas-de-personal-interino-docente-en-favor-de-las

        Gústame

      3. Xa que ha realidade é que hay unha porcentaxe, como ti ben dis, é unha porcentaxe moi baixa, que a pesar de estar ahí non se cumpre na maioria dos casos. Creo que aa mellor solución posible para ser algo mais duros con estas situacións sería crear un organo que se encaragara de controlar o cumprimento desta lei, para ver se realmente é xusta coa realidade ou esa porcentaxe ten que medrar.

        Gústame

      4. Boa noite,Laura como xa che amosei atopome en total acordo contigo. O órgano do que estas a falar é a inspección laboral que loxicamente existe e estar está presente…pero bueno nihil novum sub sole, estas cousas xa se sabe como son,pode ser que non presten atención,que non lles compense,ou pola contra que si que vaian pero a empresa pode alegar que non se lle presentou ninguen con estas capacidades alternativas e desmentir iso é complicado. En definitiva todo o tema é bastante complexo pero oxalá avance e moito. Por iso é importante a súa visibilización para que noticias como a que che deixo a continuación non se repitan http://www.cnt.es/noticias/la-famf-despide-ilegal-y-de-manera-improcedente-un-discapacitado-%C2%BFdonde-esta-la-integracion?page=2

        Gústame

  2. Este artigo pon de relevo unha das problemáticas máis invisibilizadas e silenciadas do mundo laboral: a dobre discriminación – por parte de xénero e discapacidade – que sofren as mulleres con algún tipo de disfuncionalidade cando queren acceder ao mundo laboral cunhas condicións dignas. Malia que a diferenza existente entre varóns e mulleres con discapacidade estase vendo reducida co paso das xeracións, o peso que existe nas vellas xeracións fai que ao considerar a poboación en idade de traballar nun certo momento, se siga apreciando de forma clara a menor actividade en mulleres. Ademais, ao contrario do que sucede con ou outro tipo de grupos vulnerables que sofren discriminación, as mulleres con discapacidade carecen de xeito xeral de recursos ou dispositivos legais eficaces para eliminar e corrixir devanditas condutas discriminatorias. Todo isto se traduce en maiores cotas de desemprego, salarios inferiores, menor acceso a servizos sanitarios, e mesmo un risco maior de padecer situacións de violencia ou abuso. Para calquera que queira ampliar información sobre o tema, coido que lle resultará interesante a seguinte ligazón, correspondente co texto titulado “GÉNERO, DISCAPACIDAD Y POSICIÓN FAMILIAR: La participación laboral de las mujeres con discapacidad”, de autoría compartida de Delia Dávila e Miguel Ángel Malo, catedráticas das universidades de Las Palmas e Salamanca respectivamente.
    http://www.repositoriocdpd.net:8080/bitstream/handle/123456789/985/Art_DavilaD_GeneroDiscapacidadLaboral_2006.pdf?sequence=1

    Gústame

    1. Boas,Marta, de moitisima utilidade o teu post, probablemente empregaremos o teu enlace na seguinte reunión co círculo. En canto o demais non podo facer outra cousa que estar completamente dacordo co que dis,os dispositivos legais serían de enorme utilidade e son unha grandisima necesidade ademais de un dereito,aqui che deixo o “Manifiesto de las mujeres con discapacidad de Europa” http://www.acadar.org/Multimedia/Comparticion/DAE1166535080b42b7b4cbde6549a757839e5fa61af37Manifiesto%20Mulleres%20Bruselas%2022-02-97%20Foro%20Europeo.pdf adoptado en Bruselas o 22 de febreiro de 1997 polo Grupo de Traballo
      sobre a Muller fronte á discapacidade do Foro Europeo da Discapacidade. É unha recopilación de dereitos destinados a mellorar a vida das mulleres e nenas con discapacidade da Unión Europea, onde destaca o que estabas a dicir e ademais engade unha queixa que chama especialmente a atención,moitos postos que afectan as vidas das mulleres con discapacidadeestán a ser desempeñados por persoas sen discapacidade. Que opinas?

      Gústame

      1. Pois a verdade é que non coñecía a existencia de tal manifesto, e quedo gratamente sorprendida coa descuberta. Porén, como adoita pasar con declaracións deste tipo, como pasa de feito coa declaración universal dos dereitos humanos ou da infancia, con poñelas sobre un papel non é suficiente. Se estas normas e resolucións non son levadas á praxis polos diferentes gobernos; aportando axudas reais para a súa posta en práctica e impoñendo sancións ao seu incumprimento, lamentablemente seguiremos onde estamos…

        Gústame

      2. Totalmente dacordo contigo, é necesario que haxa unha práctica á que levar a teoría, de feito para iso existe a inspección laboral pero ser é difícil de controlar, como van a estar pendentes de que todo sexa según o previsto en todos os lugares? E de que cumplan co número de prazas asignadas para estas persoas? En canto o das sancións sería unha boa solución,e especialmente economica que é a forma polo xeral máis efectiva sobre todo para que non pasen cousas coma esta http://www.cnt.es/noticias/la-famf-despide-ilegal-y-de-manera-improcedente-un-discapacitado-%C2%BFdonde-esta-la-integracion?page=2

        Gústame

    2. O caso que se expón nesa noticia, Lucila, é totalmente lamentable. Non só xa polo feito do despido, que é totalmente denunciable, senon polas condicións abusivas e imposibles de asumir por unha economía familiar media ás que este traballador estaba sometido. Estas condicións, tales como que o propio traballador tivera que soportar a metade dos gastos do taxi (seguros, mantemento, averías, seguridade social) ou aportar capital para as súas propias vacacións, son inaceptables xa para un traballador normativo, e máis aínda para un traballador que presente condicións especiais de discapacidade. Gustaríame saber, Lucila, se algún dos membros do voso círculo atopouse, no seu ámbito laboral, con algún abuso similar nas súas condicións de traballo. Gracias!

      Gústame

      1. Boas,Marta. Como ben dis o caso ser é lamentable de todo,de aí que sexa importante cambiar e necesaria a visibilidade que nós intentamos aportar e que como o noso propio círculo dixo “por algo se empeza”. En canto a pregunta que me fas teñoche que responder que por sorte ningún dos membros do círculo se veu afectado de maneira directa por este tipo de situacións. A Antonio fixoselle evidente a súa discapacidade xa de maior pero non lle repercutiu para o traballo que desempeñaba (traballa en xustiza) Ricardo tivoa dende cativo e non ten problemas no seu emprego ainda que si contou que lle fora moi dificil atopalo e finalmente Mari…Ela ten unha incapacidade que si que lle obrigou a deixar o seu posto de traballo e cambiar de oficio no seu caso grazas a asociación Ilunion da cal che deixo aquí a páxina http://www.fundaciononce.es/es/pagina/ilunion pero por sorte para eles ningun padeceu nada tan grave como o que relata esa noticia.

        Liked by 1 person

  3. Boa noite Lucila. Impresionoume moito o teu artigo, especialmente a forza de vontade e o positivismo que transmiten os integrantes do teu círculo. Failles falla iso e moito máis para enfrontarse a todas esas situacións que narran. Penso que isto non está suficientemente tratado nos medios. Quizais, se estes colectivos gañasen visibilidade, poderían cumprirse finalmente todas esas leis que están en vigor pero que parecen non servir de nada. Ti que opinas?
    E respecto á discriminación das mulleres…a pesar de todas as campañas de concienciación…non conseguimos avanzar http://www.ararteko.net/RecursosWeb/DOCUMENTOS/1/0_401_1.pdf

    Gústame

    1. Boas,Eva. Está claro que teñen unha gran forza de vontade e máis se lles notaría se os vises en persona,en especial quero resaltarche o caso de Antonio,o seu positivismo,como ben dis,é o que mais destaca, porque ata saca tempo mentres nos narra as súas historias para contar con humor algunha situación de discriminación. Unha destas situacións é o caso de que el traballa nuns xuzgados e considera que o local non está habilitado para persoas con movilidade reducida, e por iso no último simulacro de incendio dixo que se ía tumbar no chan somo sinal de protesta polas instalacións. Historias como esta non se ven nos medios a miudo.O que nos volve traer o tema da visibilidade por iso é importante a nosa labor,porque por algo se empeza.
      En canto o das mulleres todo o que di ese documento é certo. Pero non son as únicas peticións sobre o caso, http://www.acadar.org/Multimedia/Comparticion/DAE1166535080b42b7b4cbde6549a757839e5fa61af37Manifiesto%20Mulleres%20Bruselas%2022-02-97%20Foro%20Europeo.pdf Este xa era un manifesto das mulleres con discapacidade de Europa asinado no 1997!

      Gústame

  4. Interesante artigo, Lucila. É o descoñecemento unido aos prexuízos vixentes na nosa sociedade o que lle engade máis trabas as persoas con diversidade funcional, tal e como ti dis no teu artigo. Gustaríame facer fincapé no papel que os medios deberían de realizar para informar a sociedade e paliar así ese descoñecemento. Aquí tamén entra a maneira na que os medios tratan e ,sobre todo, as palabras que empregan ao falar destas persoas. Os medios teñen una gran responsabilidade neste punto: a de informar achegándose a esas persoas, dándolles voz e conseguir derribar todas aquelas barreiras mentais ante o descoñecido da discapacidade, o medo ante as diferenzas e rematar con esa imaxe pexorativa da discapacidade. (https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=1&ved=0ahUKEwiVr6_qrZrTAhWDvBoKHbdFBXkQFggvMAA&url=https%3A%2F%2Fdialnet.unirioja.es%2Fdescarga%2Farticulo%2F2542950.pdf&usg=AFQjCNE8hZFLt7ZbTkkZudGVvXmUH9RdcA&sig2=LKqk81Zv_eBNJvi7tsQJiw)
    Tamén quero compartir contigo una noticia na cal se fala da gran barreira á hora da inserción laboral de todas aquelas persoas con diversidade funcional: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2016/12/12/gran-barrera-discapacitado-sigue-siendo-insercion-laboral/0003_201612C12C8993.htm.
    Nela, as cifras que se mostran son desastrosas.

    Gústame

    1. Boas Lucía,moitas grazas polo teu comentario.
      Tes toda a razón no de que as palabras son as que marcan a diferencia e máis por escrito, é dicir, na prensa escrita, onde non se ve a persoa que cho conta ou nin sequera se escoita polo que non se pode interpretar o ton e todo pode dar lugar a un gran malentendido. Neste ámbito o meu grupo estivo moi centrado e de feito a acción que desempeñamos co círculo tivo que ver con isto deixoche aqui o enlace https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/04/07/e-ti-que-ves/#comments
      En canto a noticia nihil novum sub sole, todos os días lémbrasenos que, para todos/as, o traballo é un trazo que define a existencia humana. É o medio de sustento e de satisfacción das necesidades básicas. Pero é tamén unha actividade pola que os individuos afirman a súa identidade, para si mesmos/as e para aqueles/as que os rodean. É crucial para a elección individual, o benestar das familias e a estabilidade das sociedades, un benestar que como podes ver é dificilmente alcanzable para un porcentaxe da poboación, ser é unha mágoa pero estase avanzando, tanto é así que por exemplo para as prazas de xustiza un 7% delas son para persoas con diversidade funcional, http://www.lavanguardia.com/vida/20150722/54433554740/justicia-eleva-del-5-al-7-la-reserva-de-empleo-para-discapacitados.html pouco a pouco avanzase por eso é importante a visibilidade!

      Gústame

      1. Aproveito que nomeas a túa acción para felicitar ao voso grupo, posto que me pareceu unha boa maneira de visualizar e de crear conciencia nas persoas. Noraboa!
        Por outro lado, vexo que ambas pensamos o mesmo no tocante a importancia que as palabras e a linguaxe teñen ao tratar temas como o que estamos falando.
        Efectivamente, o traballo é algo fundamental que define a existencia humana, como ti ben dis. Por iso é importante ofrecer oportunidades a aquelas persoas que teñen alguna diversidade funcional e non cerrarlle as portas. Isto moitas veces ocorre debido a falta de información ou descoñecemento das capacidades que esas persoas teñen a pesar de ter unha discapacidade. Con respecto ao artigo que me compartiches, está moi ben que Xusticia elevara os postos de traballos adicados aos discapacitados dun 5 a un 7%, mais isto é insuficiente.
        Vou compartir contigo un artigo no cal se fala dunha lei que obriga as empresas a reservar parte dos postos de traballo para seren ocupados con persoas que teñan diversidade funcional: http://www.elmundo.es/economia/2016/02/17/56bb777ce2704e99478b45f6.html. A triste realidade é que a meirande parte das empresas non cumpren devandita lei.

        Gústame

      2. Moitas graza, aledome de que te gustache a nosa acción.
        Sí,é certo que pensamos o mesmo e,evidentemente,todo o mundo debería pensar igual con respecto a isto, e tes toda a razón no de que isto pasa a meirande parte das veces pola desinformación,de feito esa palabra saliu no mural que se fixo na praza do toural.
        Con respecto o que dis de que son insuficientes,loxicamente sono,pero algo é algo,e un avance por pequeno que sexa é un avance.
        En canto o artigo que me deixas ti,ese tema tratamolo na segunda reunión co círculo e un dos membros,o cal é avogado, dixo que era moi sinxelo librarse dese tipo de leis xa que só tes que dicir “ninguen se presentou con esas características” e xa está,posto que,quen se vai pór a mirar se si ou se non?
        Aqui che deixo un informe onde se trata máis profundamente o tema da diversidade funcional e os seus dereitos en canto á integración laboral se refire http://quadernsanimacio.net/ANTERIORES/veinte/index_htm_files/Inclusion%20social.pdf

        Gústame

      3. Vexo que estamos dacordo no tocante aos perigos que conleva a desinformación. No tocante a medida de Xustiza de subir a reserva de emprego dun 5 a un 7%, claro que é un pequeno paso pero é necesario unha maior implicación. Ao falardes cos membros do voso círculo, algún deles ofreceu solucións a esta problemática?
        Por outro lado, paréceme irreal que coa simple frase: “ninguén se presentou con esas características” todos os locais pasen do tema e non haxa ningunha maneira de demostrar que si que se presentaron persoas con discapacidade. É necesario que as leis que se impoñen nestas temáticas sexan máis fortes e non poidan ser desestimadas por míseras escusas.
        Teño curiosidade por saber se tratastes o tema da muller discapacidade e a posible ‘dobre discriminación’. Déixoche un artigo que comenta un pouco o tema: http://www.eldiario.es/sociedad/discriminacion-mujeres-discapacidad-maltrato-machista_0_331417507.html.

        Gústame

      4. Como para non estar dacordo,e máis nós como futuros xornalistas.
        En canto o tema das prazas si que se falou na nosa reunión e todo o círculo estaba dacordo en que a única solución era por unhas leis claras que se empregasen e mantivesen de verdade e ademais disto algún incentivo,como por exemplo, aumentar as axudas para empresas que teñen esta xente na plantilla ou incluso un dos membros propuixo que se lle pagase xa a seguridade social directamente aforrándolla a empresa.Seguindo con isto,estou eu (e eles tamen, como podes ver) completamente dacordo co que dis de que as leis deberían ser leis fortes.
        Sobre o tema que preguntas da muller si que o tratamos e é máis,aqui che deixo o “Manifiesto de las mujeres con discapacidad de Europa” http://www.acadar.org/Multimedia/Comparticion/DAE1166535080b42b7b4cbde6549a757839e5fa61af37Manifiesto%20Mulleres%20Bruselas%2022-02-97%20Foro%20Europeo.pdf adoptado en Bruselas o 22 de febreiro de 1997 polo Grupo de Traballo
        sobre a Muller fronte á discapacidade do Foro Europeo da Discapacidade. É unha recopilación de dereitos destinados a mellorar a vida das mulleres e nenas con discapacidade da Unión Europea, onde hai unha queixa que chama especialmente a atención,moitos postos que afectan as vidas das mulleres con discapacidade están a ser desempeñados por persoas sen discapacidade. Impactante canto menos.

        Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s