O xogo en liña reduce a súa idade de inicio

O primeiro e único encontro ata o de agora co círculo deu para falar sobre moitos aspectos da ludopatía e dos comportamentos das persoas que a sofren. Porén, non podemos esquecer, como xa se falou no anterior post, que é unha enfermidade que cada vez afecta a persoas máis novas. O perfil de home casado entre os 35 e 45 anos xa non funciona sempre para describir a un ludópata. Isto é así dende fai uns anos, o cal se debe principalmente á aparición das apostas, xogos e casinos en liña. Os membros do círculo, comentaban que agora é moito máis sinxelo volverse adicto ao xogo. Tan fácil coma encender un ordenador con acceso a Internet, darse de alta nunha conta e comezar a perder cartos.

O 3 de xuño de 2016, emitíase o programa de Radio Nacional, “En voz alta”, onde o tema a tratar era a ludopatía en liña. Con dous xogadores anónimos adictos e unha experta na industria do xogo, ocio e medios (Laura Guillot), o programa daba o seu comezo ofrecendo cifras. Nada máis e nada menos que 10 mil millóns de euros ao ano que move o xogo. A idade media de inicio ao xogo virtual foi diminuíndo a causa da aparición do xogo legal en liña. No primeiro trimestre de 2016, os rexistros en páxinas deste tipo en España, chegaron aos 550.400. A franxa de idade da que antes falabamos, baixou ata rozar os 18-25 anos como momento de inicio e adicción.

O xogo presencial está pasando a un segundo plano

A vida do xogador adicto, habitualmente está chea de clandestinidade e mentiras, tal e como nos comentou Pablo, o membro do noso círculo que asegurou que chega un momento na vida do ludópata no que precisa ocultar todo tipo de verdades, aínda que nada teñan que ver coa súa adición. Ao casino presencial, acódese con diñeiro físico e en moitas ocasións non é un acto que o ludópata faga con excesiva frecuencia porque é moi doado ser descuberto polas persoas máis próximas. O casino en Internet e as apostas son moito máis sinxelas: só precisas unha tarxeta e meter os teus datos, que ata poden ser falsos ou doutra persoa, como nos explicou Carlos ao falar destas novas prácticas de xogo. Nicolás tamén se basou na súa experiencia e explicounos que chegou a abrir contas a nome da súa moza e dos seus pais.

En Internet, ainda que hai un límite diario de gasto (600 euros), o ludópata sempre atopa a forma de facer trampa, ben sexa cunha identidade falsa ou de calquera outro xeito. A “vantaxe” é que aquí non hai que dar explicacións a ningúen. Se alguén vai ao casino, ten que moverse da casa, pode ser visto e acabar sendo “cazado”. Coa aparición do xogo virtual, un pode volverse adicto na súa casa e aislarse do seu entorno. Isto comentábanolo Nicolás, o cal asegurou que moitas veces, cando a súa parella chegaba ao fogar, pensaba “co ben que estaba eu só…” e ao comezar a terapia, comprendeu que a tiña abandoada.

Como funcionan as páxinas de xogo na rede?

O funcionamento é moi sinxelo. No momento do rexistro, as páxinas piden que se ofrezan datos como a data de nacemento, gustos e aficións. Así atopan os puntos débiles das persoas. Se, por exemplo, saben que o teu equipo de fútbol favorito é o Sevilla, comezan a ofrecerche xogar en torneos con grandes premios. Ti pensas que o tes ben merecido porque gañaches, pero, a realidade é que xa levas tempo pagándoo e ben caro. En canto a empresa detecta que o nivel de apostas baixa, inmediatamente se encargan de contactar co xogador para saber que é o que ocorre. De calquera xeito, está todo pensado para que o usuario sexa retido e continúe a apostar de forma totalmente descontrolada porque como comentaba Nicolás “os cartos en Internet non se ven […] non existe a percepción do gasto”.

O Estado e o xogo

Se buscamos a Laura Guillot na rede, podemos atopar unha publicación do ano 2008 no seu blog onde explica como o coñecido xogo de azar Lotería Primitiva que regula Loterías y Apuestas del Estado, renovaba ese ano o seu formato coa finalidade de chegar aos máis novos. Nese momento entraba en formato electrónico a través da rede xa que consideraban que Internet é un medio básico para os mozos e esta é a forma de chegar e conectar de forma directa cos futuros consumidores da Primitiva.

Para promocionar este “lugar virtual de encontro”, Loterías y Apuestas del Estado creou unha campaña a través da televisión e das principais redes sociales daqueles anos: Facebook, Flickr, My Space ou YouTube. Aquí entramos no tema de se o Estado pretende acabar coa ludopatía. Pero é algo no que profundizaremos en vindeiras publicacións.

Nuria Buño Golán

Advertisements

25 comentarios en “O xogo en liña reduce a súa idade de inicio

  1. O Estado non vai acabar así polas boas cos xogos de apostas cando estea de por medio un tipo impositivo que os grave. E aínda así, vemos como non están dirixindo eses impostos cara solucionar de raíz este problema, o cal acaba por converterse nun ciclo interminable consentido polos gobernos agás no que se refire a súa lucratividade, é dicir, cos seus gravames non están a facer unha labor útil cando realmente teñen a capacidade e os medios para abordar estes proxectos:

    http://www.eleconomista.es/empresas-finanzas/noticias/5665806/03/14/Hacienda-solo-consigue-57-millones-con-los-impuestos-del-juego-online.html

    Gústame

    1. Está claro que ao Estado non lle convén acabar con isto que parece ser un negocio. É máis, a legalización do xogo online en xuño de 2012 probablemente foi un punto clave para aumentar esta recaudación. A Dirección General de Ordenación del Juego, publica por trimestres a evolución do coñecido como “xogo seguro”. De calquera xeito, estamos vendo que o de seguro é discutible. Aquí podes atopalos:
      http://www.ordenacionjuego.es/es/informes-trimestrales

      Liked by 1 person

      1. Grazas pola aclaración Nuria. Sen dúbida o que me dis evidencia aínda máis o que viña comentando: que o carácter lucrativo do xogo para o Estado impídelle levar a cabo acción algunha e efectiva sobre el.

        Liked by 1 person

  2. Eu ata diría que a franxa de idade de comezo coa adicción ao xogo baixa dos 18 anos. E isto, sen dúbida, é bastante grave. Que se infrinxa a idade legal para apostar é unha cuestión dunha importancia tal que me parece incomprensible ver como o Estado (quen supostamente debería poñer en marcha solucións ao problema) alimenta este “monstro”.
    A principal orixe do problema está nas redes. Internet é un portal demasiado grande como para exercer un completo control sobre el e sobre o seu acceso. As restricións son escasas, e as que hai son ineficaces. Datos falsos, varias contas… os adolescentes téñeno moi fácil. Cada vez máis. Incluso deixando de lado as redes, en calquera bar se pode ver a rapaces de non moito máis de 14 anos amontoados sobre as máquinas de apostas deportivas e as comecartos. E todo isto baixo o coñecemento dos donos dos establecementos, que son coñecedores que estes son os principais consumidores destes artiluxios. O perigo é real (http://elprogreso.galiciae.com/noticia/643376/ludopatia), e de momento nin os pais nin os máximos mandatarios poden (nin queren, no caso destes últimos) facer nada por detelo.
    Algunha persoa do voso círculo de traballo conseguiu ver algunha solución directa do problema?

    Liked by 2 people

    1. Ben é certo que hai unha gran cantidade de menores de idade que fan apostas ou xogan sobre todo online, xa que aí non existe unha regulación tan estricta coma nos casinos presenciais. Porén, este post ía máis ben encamiñado ao que podemos chamar “xogo legal”, é dicir, o que se practica sen infrinxir as leis de idade.
      Tes moita razón, o dos menores de idade que xogan online, fan apostas ou incluso pasan moitas horas diante dun videoxogo é un gran problema que afecta á sociedade. Dalgún xeito habería que poñer fin a esto pero está principalmente en mans do Estado.
      Respecto ao que preguntas, sí. É algo do que falamos na nosa primeira reunión. A chave do asunto está en educar. O problema é que todavía hai quen non o ve como unha enfermidade. Isto co tema da adición ás drogas e ao alcol non ocorre. Cada certo tempo, responsables dos Concellos acoden aos centros de educación secundaria a explicar os riscos que conleva. Por que non se fai o mesmo para explicar os riscos que conleva xogar abusivamente? Os membros do círculo e nós pensamos que iso é básico. Por outra banda, mentres que sexa un negocio para o Estado, vai ser complicado resolvelo.
      Aquí che deixo un artigo interesante, especialmente o recadro do final. Fala dun estudo da USC sobre os menores e o xogo: http://elprogreso.galiciae.com/noticia/658514/el-juego-online-provoca-que-cada-vez-haya-mas-jovenes-ludopatas

      Gústame

      1. Moi acertada esa observación. Non se fai por interese ou polo mal adaptamento do Estado á nova realidade tecnolóxica, probablemente. A adicción ao xogo chegou a un novo nivel grazas ó espallamento das redes e da tecnoloxía, e incluso está chegando a romper todas as barreiras de idade. Ben sabes que agora un cativo de 10 anos sabe máis de tecnoloxía ca un adulto de 40. Igual, como dis, tratando e combatendo a ludopatía igual ca se fai con outras adiccións, como ó alcol ou ás drogas, se pode lograr unha maior concienciación. Pero mentres non se probe, seguiremos sen sabelo.

        Non sei se recordas un caso que saltou ós medios hai un par de meses (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/12/27/nino-11-anos-gasto-4000-euros-juegos-traves-telefono-movil/0003_201612G27P26993.htm). Este vén a ilustrar o dano que, incluso por descoidos dos pais, pode causar o descoñecemento. As charlas informativas serían unha boa solución, a verdade, pero é necesario ir máis aló e adiantarse aos acontecementos. Se non, seguiremos estando desprevidos ante estas ameazas.

        Liked by 1 person

      2. Paréceme moi interesante esa noticia, Álex. Sí, sí a recordo. O realmente sorprendente de todo iso é que o que aos pais lles asustou parece que tan so foi o feito de que gastase tal cantidade de cartos. Sería interesante saber e estudar se ese neno, a tan curta idade, ten xa un problema de ludopatía, que realmente é o máis preocupante. Interesantes reflexións.

        Gústame

      3. Outro comentario que me quedou no esquecemento! Tes que disculpar que te meta agora neste apuro. Proseguindo co tema dos menores no xogo e a adicción ao mesmo, inclúo como reflexión final o feito de que cada vez máis se lles mete polos ollos a publicidade das casas de apostas. Os diarios físicos están repletos deles, e non digamos xa os dixitais, cuxas pestanas abertas sen permiso no navegador pertencen moitas ves a páxinas de xogo. Este non é o camiño.

        Felicitacións unha vez máis polo traballo realizado durante todo o curso! Penso que o voso grupo foi un dos mellores en canto a información e contido. Un saúdo!

        Gústame

  3. Sen dúbida, a chegada das casas de apostas online abríu un abanico de novas posibilidades de apostar para todo o que o quixese. Agora da igual se non tes tempo para ir ao casino de turno, se non tes cartos enriba ou se non se che ocorre unha excusa adecuada para acercarte ao local da rúa de enfrente. Hoxe en día calquera persoa maior de idade ten o seu casino particular metendo a man no peto do pantalón e iso non sempre é unha vantaxe. Antano, os adictos ao xogo tiñan a obligación de ser vistos, de pasar un mal rato pola exposición da súa situación ante o público, e esta barreira deixou de existir ca chegada das casas online. Unha menos.
    Sen embargo, e estando dacordo en que a chegada das casas online reduciu a idade de entrada ao xogo, considero ás máquinas presenciais un perigo maior mirando aos máis novos. A miúdo é normal ver decenas de rapaces pasando ao longo da tarde polo bar de confianza a facer a aposta da semana, da fin da semana ou mesmo do día. Moitos destes rapaces son menores de idade e acceden ao xogo sen ningún tipo de control, sen datos ou necesidade de autorización algunha e isto paréceme verdadeirente alarmante, pois este é o primeiro contacto co mundo das apostas, o paso previo á apertura da conta online e unha posible futura adicción ao xogo. Como sinala Noticias de Álava, estas máquinas son o maior utensilio de uso de cara ás apostas e considero que se deberían tomar medidas de control sobre elas de maneira urxente.
    http://www.noticiasdealava.com/2017/02/28/araba/cada-vez-mas-jovenes-alaveses-se-enganchan-al-juego-on-line

    Liked by 1 person

    1. Completamente dacordo. Estas máquinas están a supoñer un perigo bastante grande xa que o control sobre quen as utiliza é mínimo. É comprensible que o dono do local que as contén non se pare a pedir o DNI a quen xogue. Porén, o Estado debería obrigar ás empresas a instalar dispositivos de control mediante o DNI electrónico para evitar que os menores de 18 anos xoguen. De calquera xeito, non lle convén nin ao Estado nin a estas empresas, xa que perderían cartos. Mentres isto siga sendo así, non haberá máis solución que educar dende abaixo, coma se de drogas ou alcol se tratase, que é o que comentaba arriba en resposta ao que dixo Álex.
      Importante tamén é saber que esta práctica está a crecer cada día máis, en Galicia tamén. Aquí che deixo unha noticia que fala sobre iso: http://xornalgalicia.com/localidades/3501-galicia-los-juegos-online-crecen-del-5-5-por-ano

      Liked by 1 person

      1. A idea que ti suxires pareceme ideal, pero tamén se podería obrigar a crear unha conta na propia máquina ou algún sistema polo estilo de maneira que so puidesen rexistrarse maiores de idade, por exemplo.
        En canto ao tema do Estado, certo é que todo este movemento de diñeiro lles beneficia e, concordando contigo en que posiblemente sexa un dos principais motivos polos que non restrinxen estas actividades, paréceme moi pouco ético pola súa parte, pois é un xogo que incita á ludopatía, unha enfermidade tan seria coma outra calquera ca que non se debe xogar .
        Respecto ao teu artigo, e aínda que quizais non sexa unha gran noticia de cara ó futuro da sociedade, é lóxico que ca instantaneidade que ofrece a rede e as facilidades de acceso que hai a esta o xogo crecese ca súa inserción na mesma. Sen embargo, mais que a chegada á rede, considero aos medios o gran cómplice do crecemento das casas. Dende fai uns anos, as entidades deportivas levan publicidade das casas nas equipacións, as grandes estrelas do deporte fan anuncios con elas e nos medios e habitual ver uns centos de anuncios diarios relacionados co xogo. Nesta entrevista da Voz de Galicia con Antonio Rial Boubeta, profesor da Universidade de Santiago, falan deste tema: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/cangas/2017/03/16/puede-neymar-publicite-poker-on-line/0003_201703V16C4991.htm

        Liked by 1 person

      2. Antonio Rial Boubeta é un estudoso do tema do que podemos atopar diversas publicacións de xornais na rede, Sergio. Nesta entrevista que lle fai tamén a el, destaca que o móbil vén a constuír tamén un problema importante entre os menores de idade (e por suposto, tamén maiores). As novas tecnoloxías tamén xogan un rol clave nesto das adicións. Proporcionan cousas moi boas pero tamén moi malas.
        http://www.atlantico.net/articulo/vigo/movil-modifica-rutina-estilo-vida-nuestros-hijos-fijar-normas/20170318012712578811.html

        Liked by 1 person

    2. Dende logo, Nuria. As novas tecnoloxías deben manexarse con coidado pois poden provocar unha gran adicción, sobre todo nos pequenos. Concordo totalmente co doctor Boubeta, os pais deben tomar responsabilidades na distribución do tempo que os rapaces lle dedican tanto a dispositivos móviles como outro tipo de tecnoloxías. As tecnoloxías teñen gran utilidade, está claro, pero un uso excesivo pode provocar problemas, non se debe permitir que o uso destes dispositivos afecte ao crecemento do rapaz.
      Na actualidade, e según os datos deste artigo, 1 de cada 3 nenos de 10 anos xa conta cun dispositivo móvil. Unha auténtica barbaridade: http://www.antena3.com/noticias/sociedad/consultas-especializadas-en-atender-a-personas-adictas-al-movil_2016092957ed18650cf2665823616652.html

      Gústame

  4. Boas Nuria. En efecto, a lacra da ludopatía afecta hoxe en día á poboación máis nova, que se ve tentada pola chamativa oferta de apostas, principalmente as deportivas. Parece unha forma moi sinxela de gañar diñeiro e moitos mozos e mozas gastan moitos cartos pensando que os van recuperar de súpeto. Penso que as autoridades pertinentes deberían tomar cartas no asunto e regular con máis eficacia esta problemática. Non obstante, creo que debemos quedarnos co positivo e mostrar a todas aquelas persoas que sufran a devandita adición que é posible superalo a saír adiante. Un gran exemplo diso é o escritor Roberto Santiago, que relata na súa novela “Ana” (http://www.lavanguardia.com/cultura/20170316/42721117291/desde-que-empece-a-escribir-la-novela-no-he-vuelto-a-acercarme-a-una-timba-de-poquer.html) un tema que coñece de primeira man: a participación constante en timbas clandestinas de póquer e como conseguiu superar a adición.

    Liked by 1 person

    1. Aínda que nos esteamos a centrar neste post no caso dos máis mozos, non podemos esquecer que é un problema que afecta tamén ás persoas máis adultas. Detectalo no momento indicado é clave, porén, non sempre é tan sinxelo.
      Testemuñas coma a do libro que presentas son moi interesantes, sobre todo se conseguen alonxarse do morbo ao que se acercan os medios e que tratan de indagar en temas persoais que de pouco sirven ás veces.
      Os ludópatas nunca deixan de selo, simplemente aprenden a controlarse. O entorno xoga un papel fundamental. Aquí uns consellos para afrontalo tamén dende fóra: http://www.nuevatribuna.es/articulo/salud/10-consejos-ayudar-ludopata/20160605174346129003.html

      Gústame

  5. Boa noite,Nuria. O teu post sitúa a idade de comezo nestes tipos de xogo nos 18 anos, porén coido que iso é ir ó legal, pero dubido que sexa así, actualmente hai moitisimas facilidades para que calquer rapaz ou calquera rapaza poida acceder a xa non só apostas senon xogos nos que ó final acabas pagando por todo e sen decatarte non es capaz de parar, un exemplo sería o xogo do minecraft,hai moitos rapaces (situemolos entre os 14 e os 16) enganchados a este xogo, pero é que dentro del a metade das cousas hai que compralas creando unha conta a que lle tes que añadir datos bancarios, os cales como ben dis no teu post, son autenticamente sinxelos de falsificar, copiar ou incluso roubar. Claro que, como se pode evitar isto? O acceso as novas tecnoloxías actualmente chega senon a todo o mundo ó 92% e é como todo ten as súas cousas boas e as súas cousas malas,como que un simple erro pode supor a perda de moitos moitos cartos,as probas me remito,ainda que por sorte esta noticia tivo un desenlace feliz http://www.elmundo.es/f5/2016/10/03/57f22c2a22601dae348b45ca.html

    Liked by 1 person

    1. Como xa dixen máis arriba noutros comentarios, é un problema que atinxe tanto a menores de idade como a maiores. De calquera xeito, estaba a falar neste post de xogo legal. O problema do que me falas sobre o xogo do Minecraft é moi grave, tanto como o da adición ao móbil que teñen moitos rapaces incluso antes de cumplir os 18 anos. As novas tecnoloxías tamén ofrecen aspectos negativos. De calquera xeito, a educación é un piar fundamental. Aquí che mostro un artigo de fai un mes. Non só hai que educar aos rapaces, tamén aos pais. Moitos deles non coñecen todos os riscos que isto conleva:
      http://www.farodevigo.es/sociedad/2017/02/22/expertos-adicciones-nuevas-tecnologias-formaran/1628047.html

      Gústame

      1. Claro que afecta tamén a maiores de idade pero nese caso non é culpa dos pais, é dicir, a educación que recibiron se nos basamos na súa idade e por tanto na dos seus proxenitores,é probable,por non decir seguro, que non tivese relación nin con xogos de apostas nin,sen dúbida, coa tecnoloxía actual. Con isto quero dicir que non todo depende da educación, está claro que ser é fundamental, pero despois cada un co que tivo fai o que pode.
        Nos casos dos ludópatas con idade como para “poder” selo é un problema psicolóxico,consideran que con esa educación só chegaron ó fracaso e a única forma que teñen de gañar certa satisfacción é no xogo http://saludyalegria.org/la-ludopatia-y-su-relacion-con-la-salud/ Aquí deixo este enlace a un blog onde se comenta o caso particular dunha muller ex ludópata e onde varios psiquiatras din que a caída principal nesta adicción e a busqueda desa satisfacción por unha carencia de autoestima.

        Gústame

  6. Buenas noches Nuria, antes de nada me tomo la libertad de darte la enhorabuena por este gran post. Muy bueno. Y si te estoy comentando es porque dejas bien clara la situación de la ludopatía en los jóvenes. Me alarma y me preocupa es que le futuro de todo lo que tenemos a día de hoy está en los jóvenes. Y si ya a tempranas edades el juego comienza a afectar… ¿Qué podrá ser lo que ocurra? ¿Cómo podemos combatir esta nuevo handicap en el mundo de la ludopatía?

    La tecnología se puede utilizar bien pero si la aplicamos al mundo del vicio… Acabamos donde estamos con un aumento de casos de juego online en jóvenes de 14 años… http://www.elespanol.com/espana/20160604/129987191_0.html

    Liked by 1 person

      1. Buenos días Nuria, muy interesante el link me he dejaste en tu comentario. Después de haberlo leído hay varias cosas que me dejan algo preocupado. En primer lugar, que durante el primer semestre del año 2016 se aumentara en un 40,05% las inscripciones en páginas de juego online. Pero, ¿Por qué este aumento tan repentino de ludopatías?

        Aquí te dejo un enlace de La Gaceta sobre la ludopatía y el dinero sucio. Para que veas donde está el origen de este aumento. La fuente de todo problema con la ludopatía se puede encontrar en la promoción de la misma. Solo te digo Live Resorts Madrid. http://gaceta.es/mariano-garcia-barace/ludopatia-dinero-sucio-20012017-1358

        Gústame

      2. De la publicación que dejas ahí, me quedo con esto: “promover los juegos de azar es fomentar la ludopatía”. No puedo estar más de acuerdo. Creo que es la oración que mejor resume la situación que vive esta enfermedad en la actualidad. Mientras le sigan dando bola, el problema seguirá existiendo. Proyectos como Live Resorts Madrid crean empleo, pero a la vez ayudan a que muchas personas se lleguen a ver encerradas en ese mundo.

        Gústame

  7. Boas, Nuria.
    Eu tamén considero que unha das máis graves consecuencias desta lacra social é, como ben apuntas, a temprana idade na que cada vez máis persoas se introducen no mundo do xogo en liña e o azar. Por desgraza, existen a día de hoxe numerosas experiencias de persoas que se arruinaron por non saber frear a tempo, xente que caeu na espiral das apostas e non conseguiu saír de aí. Déixoche aquí unha entrevist do diario El País a un mozo que, con 26 anos, acode con frecuencia a terapias de rehabilitación após de ter perdido máis de 100.000€: http://politica.elpais.com/politica/2015/04/29/actualidad/1430303082_588616.html

    Liked by 1 person

    1. Grazas polo teu comentario, Yuri.
      Sen dúbida o caso que amosas é sorprendente. Porén, non me parece que sexa tampouco o xeito máis indicado para enfocar este problema a través dos medios. A dinámica que empregan moitas veces é sinxela: a xente quere “sangue” e eles dánllela. Amosan cifras de cartos aos lectores coma se fosen a chave do problema. O que moitos non saben é que calquera pode ser adicto ao xogo empregando 2€ ao día. As testemuñas son moi importantes, pero moitas veces hai quen vai máis alá.
      Un saúdo e grazas pola túa achega.

      Gústame

      1. Totalmente de acordo, compañeira. Os medios de comunicación, froito do seu afán por obter un maior número de visitas e vender máis, basean as súas informacións no morbo e o sensacionalismo e reducen ás persoas a simples cifras. Porén, como ben indicas, moitas persoas caen nas atractivas redes do xogo e as apostas. Aínda que non o pareza por tratarse de pequenas cantidades, hai xente que pode padecer a ludopatía sen sabelo, apostando poucos cartos pero en repetidas ocasións. É un problema que require dunha maior concienciación social e un regulamento maior para prever estes casos.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s