A bisexualidade: dobre opresión

A bisexualidade é unha orientación sexual que engloba a suxeitos que poden amar ou sentir desexo sexual por persoas tanto do seu mesmo xénero como de outro. É bastante grande a controversia que esperta esta e moitos son os mitos que se lle asocian chegando a ser, según o membro do Círculo de Lectura Crítica Ana Canle “A gran esquecida do colectivo LGBTI+”.

A opresión que padece este colectivo ten como consecuencia unha bifobia estructural na sociedade. Canle, por exemplo, describe como foi estigmatizada toda a súa vida por ter esta orientación sexual: “chámaronme moitas veces viciosa, que dicía ser bisexual para ligar o dobre. Isto é rotundamente falso. Os bisexuais non temos por qué ter máis sexo que outras persoas”.

Bifobia dentro do colectivo LGTBI+

É chamativo como os suxeitos pertencentes ao colectivo bisexual sofren unha opresión por parte de heterosexuais mais tamén son discriminados polas persoas homosexuais. A tamén membro do Círculo, Ana Fidalgo, relata a súa experiencia: “Discrimináronme dentro da propia comunidade. Dixéronme que era homosexual pero non o recoñecia”.

Canle viviu situacións similares. “Afirman que estou menos oprimida por tamén ter relacións con homes, tratáronme como a unha persoa heterosexual”. A conclusión que se extrae destes testimonios é que ser bisexual conleva estar dobremente oprimido. Na estructura social actual non está contemplada a existencia de persoas bisexuais, parece que se debe elexir entre ser homosexual ou heterosexual.

Tanto Schültz como Habermas entenden o mundo como un concepto que fala a través das diferencias sociais significativas como a clase, o xénero ou, neste caso, a orientación sexual. É un problema realmente grave que as persoas que forman parte do colectivo LGBTI+ discriminen aos bisexuais xa que, en teoría, todos están xuntos na loita por derrubar o heteropatriarcado que lles oprime.

A pansexualidade é bífoba?

A pansexualidade medra amparada pola Teoría Queer. Ésta afirma que o xénero é unha construcción social e que non está bioloxicamente determinado no ser humano. Os individuos que se definen pansexuais afirman que se sinten atraídos simplemente polas persoas xa que non teñen en conta este factor.

Algunhas persoas bisexuais como Fidalgo, Canle ou Pablo Francisco. consideran que a pansexualidade é bífoba xa que invisibiliza ao seu colectivo. A primeira declara que “A pansexualidade está mal porque non fai unha diferenciación entre persoas trans e cis, polo que tamén é tránsfoba”. Francisco asegura que “foi necesaria no seu momento para visibilizar que o xénero non era binario pero nos tempos actuais carece de absoluto sentido”.

De todas formas, é un tema complicado de abordar xa que no Círculo non hai ningunha persoa que se identifique como pansexual polo que non hai unha pruralidade de voces ao respecto e as conclusións poden estar sesgadas por mor desta realidade.

O mapeo como método de traballo no círculo

O mapeo ou cartografía social é unha metodoloxía que ten os seus fundamentos conceptuais na investigación participativa baseadas no territorio ou no mundo que vivimos. Dende o Observatorio nas nosas reunións co Círculo consideramos que a súa utilización é fundamental  para a consecución dos nosos obxectivos.

Unha mostra do traballo de mapeo co Círculo referente á bisexualidade.

A través deste tipo de accións podemos coñecer a visión do mundo a partir dos seus ollos, que pensan sobre certos asuntos ou as súas vivencias. Se partimos da base de que queremos elaborar un novo discurso en medios coas voces dos colectivos oprimidos, é un bo punto de partida.

BIBLIOGRAFIA

Anon, (2017). [online] Available at: https://observatoriodecomunicacion.files.wordpress.com/2017/02/tema-ii.pdf [Recuperado 14 Mar. 2017].

elplural.com. (2017). “No escojo una orientación sexual a cada momento. Soy bisexual”. [online] Available at: http://www.elplural.com/2016/01/18/no-escojo-una-orientacion-sexual-a-cada-momento-soy-bisexual [Recuperado 13 Mar. 2017].

Rivera, N. (2017). ¿Qué es la pansexualidad?. [online] Hipertextual. Available at: https://hipertextual.com/2015/09/pansexualidad [Recuperado 1e Mar. 2017].

Advertisements

20 comentarios en “A bisexualidade: dobre opresión

  1. Ó ler o teu post decateime de que a situación de segregación que sofren os bisexuais dentro do seu propio colectivo é moi semellante á que sofren as mulleres entre elas. Refírome a que non é a primeira vez que as mulleres se discriminan entre elas. Comentaba un membro do noso círculo que teñen vivido situacións nas que compañeiras súas insultaban ou menosprezaban a outras por, por exemplo, coller unha baixa por maternidade, redución de xornada, etc. Desde o meu punto de vista resulta totalmente contraproducente que persoas que se atopan nunha mesma loita, tiren pedras ó seu propio tellado.

    Gustaríame saber se no voso círculo hai algunha muller que tivera algún tipo de dificultade para acceder a un posto laboral pola súa orientación sexual. Partindo da base de que a muller se atopa en clara desvantaxe no eido laboral polo feito de ser muller, coñeces algunha discriminación deste tipo? A Ley Orgánica para a igualdade entre homes e mulleres
    (https://www.boe.es/buscar/pdf/2007/BOE-A-2007-6115-consolidado.pdf) é unha ferramenta que nos pode servir para adoptar noutros supostos de discriminación coma a do colectivo LGBTI+ e que fomenta o recoñecemento da diversidade, contra a discriminación no emprego por motivo de conviccións, orientación sexual, xénero… Máis esta disparidade parece non rematar, este estudo realizado fai anos mostra como aínda, arredor do mundo, existe a segregación do colectivo no laboral: http://www.ilo.org/wcmsp5/groups/public/—dgreports/—gender/documents/briefingnote/wcms_380831.pdf

    Quizais fago en falta unha pequena reflexión a como tratan os medios esta opresión no colectivo, se é que a tratan.

    Gústame

    1. Dentro do noso círculo hai mulleres mais son estudiantes universitarias e, de momento, aínda non tiveron a necesidade de buscar traballo. De todos xeitos, a complicidade por parte das mulleres ante a opresión débese dende o punto marxista a alineación: un colectivo opresor (neste caso os homes) utilizan ao propio colectivo oprimido (as mulleres) mediante os seus mecanismos de poder para sustentar dita opresión.
      http://www.e-torredebabel.com/Historia-de-la-filosofia/Filosofiacontemporanea/Marx/Marx-Alienacion.htm
      http://www.eldiario.es/zonacritica/sororidad-barbijaputa_6_484761554.html

      Gústame

      1. Estou de acordo en que a complicidade existe por mor do androcentrismo e do patriarcado. É necesaria unha reorganización do desenvolvemento e evaluación dos procesos políticos, de xeito que esta nova organización igualitaria se implante a todos os niveis e en todas a etapas, a isto chamámoslle Mainstreaming de Xénero.

        És consciente de que exista algún tipo de segregación laboral do colectivo? Tedes relación con algunha persoa que o sufrira? Independentemente de ser muller ou home.

        Deixo aquí un enlace no que se resumen algúns dos termos antes mencionados, por se é de utilidade: https://rosacandel.es/diccionario/

        Gústame

      2. Desde logo iso non debería acontecer en ningún caso. Nunha entrevista para un posto de traballo deberíanse preguntar cuestión exclusivamente relacionadas co oficio en cuestión, non entrar no campo persoal, penso eu.

        Parece que a pesares de coñecer esta realidade, non está realmente interiorizada a idea de que unha persoa pode sentirte atraída por alguén do seu mesmo sexo, ou mesmo polos dous.

        Deixo aquí un aporte que me parece interesante, amosa a homofobia e o sexismo patente en América Latina: http://www.bbc.com/mundo/noticias-america-latina-36543439

        Gústame

  2. Es interesante conocer que en España, la bifobia está enormemente silenciada lo que provoca que el colectivo bisexual sea uno de los más rechazados socialmente, tanto por heterosexuales como por homosexuales. Bajo frases como “es todo vicio” o “es un homosexual oprimido” se excluyen a personas con una orientación sexual igual de normal que cualquier otra. El periódico El Mundo publicó en 2014, un artículo donde explica que las ideas suicidas son mayores en personas bisexuales.
    http://www.elmundo.es/salud/2014/07/05/53b6ce82ca4741eb7d8b4598.html.

    Gústame

  3. Sí, no noso traballo co Círculo, comprobamos como este colectivo sufre unha dobre opresión tal e como se expresa no post. É unha situación moi grave e perigosa. A conta do artículo que me mandaches que non recolle a realidade do colectivo transexual, mándoche outro artículo do mesmo xornal no que se fala un caso dun menor trans que se suicidou polo acoso dos seus compañeiros de clase. http://www.elmundo.es/sociedad/2015/12/30/5682ca5322601d8c0f8b4632.html

    Gústame

    1. Disculpas, Brais por no responder a tu comentario, no me apareció en notificaciones. ¡Pero mejor tarde que nunca!.
      La transexualidad es uno de los temas más tabú, incluso dentro del propio colectivo. Es un tema complejo y es necesario un gran proceso de deconstrucción para evitar errores a la hora de dirigirnos a esas personas, ya sea directamente o hablando de ellos como terceros. La sociedad española, pese a su idiosincrasia tradicional, es por lo general respetuosa con gays, lesbianas y bisexuales, pero el tema de la transexualidad todavía genera un rechazo importante entre las filas más conservadoras. Cómo no, mencionar el bus tránsfobo de la organización ultracatólica “Hazte Oír” (http://www.eldiario.es/andalucia/sevilla/Apedrean-HazteOir-Presidencia-Junta-Sevilla_0_627487688.html). Esto es la punta del iceberg de todos los casos de transfobia que se registran día a día en nuestro país, con agresiones ya sea verbales o físicas.

      Gústame

      1. Personalmente, paréceme extremadamente esaxerado dicir que, en xeral, a sociedade é respetuosa con gays, lesbianas e bisexuais. Básicamente porque se iso fose dese xeito, a nosa labor dende Observatorio en relación a eses colectivos, carecería de sentido. Déixoche aquí un artigo de El Mundo do ano pasado onde se informa do aumento das denuncias de agresións homófobas. http://www.elmundo.es/madrid/2016/11/23/5835817646163f15588b45e2.html

        Liked by 1 person

      2. En absoluto intento decir que vuestro trabajo no tiene sentido, para nada. Hablaba simplemente en líneas generales y en comparación con hace varias décadas. Por supuesto que todavía queda mucho camino por andar. ¡Sigo atento a vuestras publicaciones!

        Gústame

  4. O colectivo bisexual actualmente está moito máis discriminado que o homosexual, isto queda patente cos casos dos que falas. A segregación social por cuestión de orientación sexual é unha realidade máis que palpable, os medios de comunicación fanse eco desta situación, pero sen embargo é moito menos habitual atopar un tratamento do caso das persoas bisexuais. Preguntome porque ocorre isto, e faime pensar se a súa exclusión chega ao límite de non ser nin recoñecida.

    O medio laprensalibre.cr de Costa Rica, pola contra realizou un artigo o pasado trinta de xuño de 2016 afirmando xusto o contrario, que a discriminación era moito maior cara os homosexuais que cara os bisexuais: http://www.laprensalibre.cr/Noticias/detalle/75450/por-que-gais-y-lesbianas-son-mas-discriminados-que-los-bisexuales. Pois ben, só en España se atópan máis marxinados os bisexuais? No artigo aseguran que os bisexuais sufrirán marxinación únicamente no caso de estar emparelladas con persoas do mesmo sexo, ocorre isto realmente?

    Respecto a pansexualidade non considero de ningunha maneira que sexa bífoba. Si pode considerarse certo que invisibiliza ao colectivo bisexual, pero da mesma forma que invisibiliza o xénero con todas as súas implicacións. Por propia definición as persoas pansexuais exclúen as cargas de xénero en todo suxeito, sexa home, muller bisexual ou transexual. Paréceme que é unha orientación sexual tan real como as demais e non comprendo porque se pode pensar que carece de sentido cando verdadeiramente existen persoas que senten atracción por outras sen ter en conta a marca de xénero ou de orientación sexual.

    Gústame

    1. Dicir que un bisexual non está oprimido cando está con alguén que non pertence ao seu xénero é profundamente bífobo. É unha das formas de bifobia que viven os bisexuais dende o colectivo homosexual tal e como falamos na reunión co Círculo. Invisibízase a súa sexualidade en pos de “heterosexualizar” ou “homosexualizar” a estas persoas.
      En canto a pansexualidade, se ti mesma dis que invisibiliza non soamente á bisexualidade senon ás demáis tamén é -sempre según a túa argumentación- bífoba, tránsfoba e homófoba.

      Gústame

      1. Primeiramente gustaríame dicir que no caso de considerar a pansexualidade bífoba, tránsfoba e homófoba sería necesario considerala tamén heterofómoba, dado que é un dos poucos colectivos sociais que non fai diferenciación a este respecto. Doutra banda, destacar que da misma maneira o resto do colectivo LGTBI+ estaría actuando dunha forma panfóba ao negar a súa existencia ou desconsiderala posto que son persoas que sinten isto realmente. Como se indica neste artigo, os pansexuais senten actracción por calquera xénero sen discriminar nin excluir: http://www.mundiario.com/articulo/sociedad/recorrido-todas-orientaciones-sexuales-siglo-xxi/20170220183629080025.html

        A discriminación entre persoas dunho mesmo colectivo paréceme bastante terrible xa que considero que o máis adecuado para progresar cara o entendemento e a igualdade sería a unión e a loita destas persoas, e de todas, en conxunto, dado que buscan o mesmo fin.

        Gústame

      1. Alberto Hernández, un dos membros do noso Círculo declarou na última reunión que a “reciente aparición de un montón novas sexualidades responde a que moita xente non se quere identificar como LGTB” Non a fixo en referencia a pansexualidade, pero quería saber se opinas se ésta, pódese encadrar no que se refire Alberto. Ao respecto disto, déixoche aquí como Miley Cyrus ha declarado a súa pansexualidade. http://cnnespanol.cnn.com/2015/11/09/que-significa-ser-pansexual/ Que opinas ao respecto?

        Gústame

      2. Descoñecía a declaración de Miley Cyrus do seu carácter pansexual, con todo paréceme ben da misma maneira que podería parecermo de calqueira persoa que se declarase así, pero non me parece un feito noticiable, se non unha forma de remarcar unha diferenciación nun carácter sexual innecesaria.

        A declaración do teu compañeiro Alberto Hérnandez non pode parécerme máis que certa e tamén triste, posto que o colectivo LGTB considero que é algo para defender, e non para fuxir del como si se tratase dun estigma. Sen embargo non considero que a pansexualidade sexa unha nova sexualidade xurdida por non querer incluirse no colectivo, se non máis ben unha sexualidade que debería estar incluida no colectivo.

        Gústame

  5. “Dios perdona el pecado, pero no el escándalo”, dicen por ahí, yo creo que cada uno es libre de tomar la decisión que desee con respecto a la sexualidad por la que opta, sin embargo no apoyo el escándalo que algunos hacen al hacer manifestaciones para que se les apruebe sus derechos. Recuerdo entre tantas manifestaciones que se hicieron en mi país, que algunas parejas se realizaban tocamientos y besos muy subidos de tono frente a la Iglesia, en signo de protesta, pero fue en base al escándalo y la provocación, y ésas cosas francamente no me agradan, me parecen acciones fuera de lugar, sean bisexuales, homosexuales, heterosexuales, etc.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s