“Para min é un soño poder pasear polo río Sar, porque é das paisaxes máis belas da cidade compostelá”

O pasado mércores tivo lugar a primeira reunión do noso Círculo de Debate. Nel falamos con Luís, Manuel e María, concienciados na problemática e afectados pola mesma. A conversa xirou en torno ao estado de conservación dos ríos e a depuradora de Santiago de Compostela.

En xeral, os tres coincidían en que a situación dos ríos é desastrosa. Verquidos, basura e contaminación industrial son os principais agresores deste medio. De feito, Manuel contábanos que hai 40 ou 50 anos, e dende tempos inmemoriais, a xente vivía perto dos ríos. Isto agora xa non é posible, porque a zona vólvese insalubre e as persoas corren o risco de enfermar.

Os animais tampouco poden vivir nos ríos. Luís comentaba o caso dun pescador que asegurou xa non poder pescar troitas debido ao mal estado das augas. Para os animais isto tamén é un problema, e os que poden van en busca doutros hábitats para evitar a contaminación. ¿E que fai o goberno para evitar todo isto? Nada. Os tres coinciden en que o goberno non fixo nin está facendo nada por evitar esta situación. Non se tomou ningunha medida para axentes contaminantes dos ríos.

Tamén falamos sobre o aproveitamento dos muíños. Apenas existen muíños restaurados, e poderían ser non só unha riqueza para o aumento do turismo, senon que poderían ser aproveitados como pequenas centrais eléctricas. Probablemente non poidan avastecer grandes cidades, pero quizáis si ás casas do arredor. Ademais, non son nada contaminantes, son a enerxía máis limpa que existe, xa que os muíños están xa montados e asentados, non fan ruído, nin molestan ás aves no seu vó coma a enerxía eólica, por exemplo. Luís e Manuel veno claro, mentres que María non o ve tanto, a súa inquedanza son os cables que conduzan a electricidade, que poden ser perigosos para as persoas e animais do medio.

O sar, ese gran descoñecido

Manuel e Luís aseguran que sería para eles un pracer poder levar a alguén que chegue a Compostela a pasear polo río Sar, pero que isto é imposible, porque cheira mal e está cheo de lixo.

Hai unha depuradora situada en Silvouta, Santiago de Compostela, mais xa na súa instalación tiña un sistema de depuración avellentado. As medidas políticas tomadas para mellorala foron ningunha. Existe unha subvención da Unión Europea para mellorar a depuradora existente ou cambiala de sitio e colocala na fronteira co concello de Ames, pero aínda non é posible polas trabas burocráticas. Prevense a súa renovación para 2022 ou 2023, segundo afirma El Correo Gallego.

Antonio Felpeto

Advertisements

2 comentarios en ““Para min é un soño poder pasear polo río Sar, porque é das paisaxes máis belas da cidade compostelá”

  1. Es íncreible que el propio ser humano sea el que dañe lo que le da vida. No se puede seguir permitiendo que nuestros ríos, que son los que nos dan de beber a la mayoría y son los mismos que nos hacen disfrutar de momentos inolvidables ahora se estén convirtiendo en centrales hidroeléctricas. Todos aquellos que antes estaban repletos de flora y fauna ahora están formados de aguas residuales, con altos niveles de contaminación y bajos niveles de fauna. El Tajo, uno de los ríos más importantes de España, está sufriendo esta misma situación. Cuanto mayor sea el río mayores son los problemas y peores son las consecuencias. http://elpais.com/elpais/2017/03/17/opinion/1489763236_789743.html

    Gústame

    1. Hola Luís,
      Efectivamente, as hidroeléctricas son un problema porque estase a eliminar a fauna e a flora. Por exemplo no Círculo esta semana estábamos comentando o caso dun río no que se estaban cargando os mexillóns por un problema nas turbinas dunha central hidoroeléctrica. Pero o peor problema son os vertidos, todos os días estase vertendo libremente unha gran cantidade de productos industriais, e incluso en Santiago estase a mesturar a auga fecal coa auga da chuvia, o que fai máis complicado depuralas polo pouco que chove.

      Déixoche un link no que falan dos graves vertidos ocorridos en Navarra:http://www.noticiasdenavarra.com/2016/08/12/sociedad/navarra/gurelur-denuncia-una-grave-contaminacion-del-rio-aragon-por-un-vertido-en-caseda

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s