Manipulacións, prexuízos e irresponsabilidades

Hoxe en día, a influencia que os medios de comunicación teñen na opinión pública é indiscutible.  Porén, cando se fala da manipulación que estes medios realizan, a cousa xa non está tan clara ou ben miramos a outro lado. Foi precisamente este un dos temas que xurdiu na segunda reunión co círculo crítico, ao comezar un pequeno debate sobre o tratamento que os medios fan da migración. Ante a pregunta de se eles pensaban que os medios manipulaban a información que se nos presenta día a día, a resposta de todos os integrantes foi a mesma: “todos son iguais, ningún se salva. Xa non me creo nada”.

Neste punto, fíxosenos inevitable non tratar o tema dos refuxiados e de todos aqueles persoeiros que teñen que emigrar para buscar mellores oportunidades, pois moitas destas historias son portadas da maioría dos xornais e gardan relación coas migracións que levan ás costas os membros do noso círculo.

Prexuízos vs responsabilidade social dos medios

Temos que ter presente que nos atopamos en plena crise migratoria, a cal semella que nos acostumamos pero non por iso lle temos que prestar menos atención. España comprometeuse aló polo 2015 a recibir 10.772 refuxiados e este compromiso estase incumprindo. Fai uns días realizouse unha manifestación multitudinaria en Barcelona na cal se saíu as rúas para esixir un maior compromiso na acollida dos refuxiados. Cómpre destacar a gran presenza de inmigrantes nas filas dos manifestantes.

Ao comentar esta situación no debate, Maruja non dubidou na súa declaración. Para ela non deberían de existir tantas trabas e deberíase de fomentar unha maior cooperación. É aí onde os medios de comunicación teñen que xogar ben o seu papel de responsables sociais e tratar esta realidade de maneira correcta e sen dar pé a posibles distorsións ou dramatizacións. Os medios de comunicación son os principais construtores de sentido, son os que abastecen ao conxunto da sociedade con modelos de interpretación da realidade, os que alimentan, confirman, desmenten e configuran as visións do mundo. Por iso, na medida na que eles participan na construción de valores, estereotipos e actitudes, teñen que procurar que estes valores e actitudes contribúan á convivencia, ao respecto mutuo e á consolidación da liberdade e da participación.

É moi frecuente que ao ler noticias sobre a chegada de migrantes, se identifique devandita chegada coa perda de empregos para a xente do país ou ben relacionalo co aumento da violencia, roubos e crimes. Moitos medios de comunicación son responsables destes prexuízos. Os medios deberían evitar esta confusión entre inmigración e outras realidades sociais, é dicir, non atribuírlle ou culpabilizar a inmigración de feitos que teñen outras causas. Esta é unha visión que comparten bastantes persoas co tema das migracións.

mira-ese-de-ahi-le-quita-el-empleo-a-la-gente-de-nuestro-pais-y-tu-hijo-donde-anda-trabajando-en-alemania

Imaxe satírica sobre a chegada de migrantes

 

 

Evaristo, outro membro do grupo, non dubida en que todos eses migrantes teñen os mesmos dereitos que un español e recorda con certo aire melancólico, o ben que o trataron cando el emigrou fai máis de vinte anos. Para el, deberíase de tratar a todas esas persoas da mesma maneira na que che gustaría que te trataran ao ter que irte a buscar un mellor futuro a outro país. Pola súa parte, Maruja apunta a que esas persoas están escapando da morte, da violencia, escapando, non traéndoa con eles, como moitos pensan e como moi ben se expón nunha noticia que se comentou no debate.

Apostar por un xornalismo que se comprometa

Vemos neste punto un gran problema que dificulta as relacións de convivencia entre os emigrantes e as persoas do país receptor. Os medios teñen que comprometerse coa realidade que están contando, deben deixarse de dramatizacións e apostar por un xornalismo que sexa espello destas realidades e non alimente prexuízos de ningún tipo.

Bibliografía:

Villatoro, Vinceç “Los medios de comunicación ante la inmigración. La responsabilidad de informar, la responsabilidad de convivir”. http://www.cac.cat/pfw_files/cma/recerca/quaderns_cac/Q12villatoro_ES.pdf

Lucía Martínez Viso, S3A4.

 

Advertisements

20 comentarios en “Manipulacións, prexuízos e irresponsabilidades

  1. Como ben se amosa na publicación, o xornalismo debe tomar responsabilidade social e transmitir información con honestidade; información con transcendencia social, información transparente. Pero que hai do tratamento e da contextualización que se lle da a violencia machista ou da linguaxe utilizada para dar a coñecer actos machistas?

    Gústame

    1. Como ben se amosa na publicación, o xornalismo debe tomar responsabilidade social e transmitir información con honestidade; información con transcendencia social, información transparente. Pero que hai do tratamento e da contextualización que se lle da a violencia machista ou da linguaxe utilizada para dar a coñecer actos machistas?
      Na maioría dos casos, os crimes contra violencias machistas non reciben cobertura ou quedan como secundarias dentro dos diarios.
      Por outra banda cómpre sinalar que os famosos parecen estar inmunzados, e a pesar de utilizar publicamente vocabulario machista, non se toman medidas, como o señor Trump (http://www.elperiodico.com/es/noticias/internacional/frases-mujeres-donald-trump-5756900), ao que simplemente se lle obedece; esta situación pódese extrapolar ao fútbol:
      http://deportes.elpais.com/deportes/2017/03/10/actualidad/1489184463_907431.html

      Gústame

      1. Moi boa pregunta. O tratamento que os medios fan sobre a violencia machista peca de sensacionalista e a linguaxe empregada non é, na maioría dos casos, a máis acertada. Moitas veces as noticias céntranse en meras cifras e non no verdadeiro problema, como no caso desta noticia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/02/21/segundo-crimen-machista-galicia-victima-numero-trece-espana-va-ano/00031487634495813282764.htm. Seguindo o que se di nesta outra: http://www.eldiario.es/aragon/sociedad/victimas-violencia-machista-comunicacion-centren_0_574293510.html, hai cinco grandes lacras que perduran no tratamento que fan os medios sobre os crimes machistas e estas son: a tolerancia e a aceptación social do maltratador, a apoloxía da violación, a culpabilización da muller, a espectacularización da violencia machista e a ignorancia do que significa machismo. Gústame moito a da culpabilización da muller, irónicamente claro. Cantas veces vemos como a sociedade culpabiliza a vítima polo simple feito de como viste? Cantas?
        Con respecto ao de Trump, xa non me sorprende que non se tomen medidas. Partindo do feito que ese home é o actual presidente dos EEUU con semellantes ideas, sexan machistas ou racistas, e esta nesa posición grazas ao voto da xente…algo me di que moitas desas persoas comparten o seu pensar e por iso non se escandalizan. Temos aquí un gran problema que é necesario mudar.
        Xa que tamén sacas o tema dos deportes, que che parece o sexismo que segue habendo neles? (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2017/03/08/me-insultaron-mujer/0003_201703G8P40996.htm)

        Liked by 1 person

      2. Estou totalmente dacordo, pero por exemplo en cada unha das noticias non se identifica o asasino, pero a súa identificación nalgúns casos pode vulnerar o seu dereito ao honor, a intimidade e a propia imaxe (http://derecho.isipedia.com/segundo/derecho-constitucional-ii/12-los-derechos-fundamentales-y-las-libertades-publicas-iv-los-derechos-del-articulo-18-de-la-constitucion).
        Por outra banda, estou de novo máis que de acordo contigo sobre as lacras que corrompen o tratamento dos medios. Na que máis cómpre facer fincapé e na culpabilización da muller: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2016/10/05/chat-cuatro-procesados-violacion-pamplona-tras-abusar-chica-cordoba/00031475679911033632586.htm, neste caso concreto estamos ante a violación dunha muller en San Fermines de Pamplona. A pesar de ser unha cidade grande, capital de comunidade autónoma, as autoridades aconsellan que as mulleres a partir das tres da madrugada vaian acompañadas por outras persoa. Agora, é cando nos temos que dar conta de que estamos no 2017 e que non ten que ser así, tanto mulleres como homes teñen que ter a mesma liberdade. Para combatir este tipo de sucesos, hai que alonxar a seres como Donald Trump da política, xa que son representantes dun goberno retrógrado que poñen en perigo a evolución da igualdade e do feminismo.
        Ti preguntaches polo sexismo nos deportes. Este tipo de feitos, representan micromachismo coercitivos que a pesar da súa apariencia de “baixa intensidade” calan profundo nos diferentes estractos sociais. Por norma xeral, aínda que principalmente no ámbito laboral, os micromachismos coercitivos acadan un gran valor, ata o punto de dárlle máis confianza a aquilo que fai un home que o que fai unha muller. Este feito, extrapolamolo ao mundo dos deportes: o fútbol femenino por exemplo, ten unha baixa audiencia debido a que é a muller a que xoga o fútbol.
        Segundo o teu criterio, que outras formas adopta o machismo no mercado laboral? Baixo que situación cres que está a muller?

        Gústame

      3. Estou dacordo en que non se pode identificar a asasino debido a que isto pode atentar contra o seu dereito ao honor, a intimidade e a a propia imaxe, tal e como ti apuntas. Pero o que si deberían de facer os medios é centrarse máis no asasino (sen identificalo), e non caer en sensacionalismos nin culpabilizar a vítima. Nesta última cuestión, pouco máis teño que engadir ao que ti xa dixeches. Que en pleno ano 2017 se sigan escoitando frases tipo: “coas pintas que leva parece que os está invitando, é a súa culpa” é un reflexo dunha sociedade que vai cara atrás.
        No tocante ao machismo existente no mundo dos deportes, é moi fácil dar cun bo exemplo. O cal é moi triste ao mesmo tempo. Estamos fartos de ver como apenas se visualizan partidos de rapazas nas televisión e se o fan, en horarios malos. Ou ver o pouco apoio que reciben mitos equipos femeninos, polo simple feito de ser femininos. Gustaríame aportar aquí un enlace a unha noticia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deportes/2017/03/08/vero-boquete-ninas-puedan-sonar-futbolistas-precio/00031488973687971110733.htm. Nela, tratase as desigualdades que hai no mundo dos deportes. Paréceme importante destacar a actividade que está a realizar a xogadora Vero Boquete para reivindicar o deporte feminino e impulsar unha loita para conseguir un cambio. Con actividades coma esta semella que aínda algo pode facerse.
        Por outra banda, a situación laboral da muller encerra cifras desastrosas (http://www.sermosgaliza.gal/articulo/traballo/igualarse-na-precariedade/20170224140509055243.html) tal e como recolle esta noticia. Como xa comentei con anterioridade as diferenzas nos salarios son enormes.
        Por outro banda, o machismo pode adoptar outras formas no ámbito laboral como pode ser: o acoso, que as ideas das mulleres non se escoiten, opinar sobre a súa vestimenta, mandar que se calen, non ter as mesmas oportunidades que os homes, non poder realizar algún traballos porque ‘son de homes’…(http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2013-05-27/diez-actitudes-machistas-que-las-mujeres-han-de-sufrir-a-diario_200345/). Queda moito camiño por percorrer ata que por fin deixamos atrás tanto sexismo.

        Gústame

      4. Neste comentario vou centrarme en dous puntos principais que tratches na túa resposta: a muller no traballo e por outro lado a muller nos deportes.
        No ámbito laboral, ti sinaláches unha cruda realidade: a crise económica que azouta Galicia e España dende o 2008 leva a ambos xéneros da deigualdade económica a precariedade laboral. Aínda así, un informe publicado en “Praza.gal”, demostra que dentro desa precariedade os homes seguen estando por arriba das mulleres (http://praza.gal/economia/13788/a-desigualdade-de-xenero-no-mundo-laboral-en-11-datos/).

        En canto ao deporte, existen teorías que mostran que a muller non posee as mesmas capacidades físicas debido a que dende a prehistoria, o home non lle permitía a muller saír de caza ou facer actividades que requiren un esforzo físico. Poida que desde este momento, esta idea perpetuara ata fins do s.XVIII e principios do s.XIX, cando a muller comeza a traballar debido a necesidade de man de obra. Desde ese primeiro momento, a muller quedou rezagada a un segundo plano, nunha situación de inferioridade frente ao home, algo que no mundo do fútbol por exemplo aínda se reflexa hoxe por hoxe (http://www.lavanguardia.com/vida/20160604/402268115112/deporte-de-elite-oro-en-desigualdad.html)

        En conclusión, unha vez máis recalco o que ti mesma dixeches máis dunha vez: hai necesidade de cambio, e ese cambio ten que comezar ao mesmo nivel, afectando a todo mundo por igual, dende políticos, ata a todos os medios de comunicación. O machismo representa un punto negro na sociedade e ese punto ten que desaparecer, a muller ten que florecer libremente, na mesma medida que toda a cidadanía, da cal forma parte, o fai.

        Gústame

      5. Para completar o informe publicado en Praza.gal do que ti falabas, vouche compartir un enlace desta noticia no cal se fala daqueles sectores nos cales a desigualdade é máis palpable: http://politica.elpais.com/politica/2017/03/07/actualidad/1488885205_258965.html e podo ser un bo resumen de moitos dos temas que tratamos.
        Pola miña parte, penso que non teño moito máis que dicir que ti xa non dixeras. Ambos estamos dacordo en que é necesario un gran cambio, e este, como ti ben dis, ten que comezar ao mesmo nivel e ten que afectar a todos por igual.
        Esperemos que devandito cambio por fin remate co sexismo que nos sigue rodeando en moitos ámbitos, lease no mundo dos deportes ou non mundo laboral, dous dos temas que máis tratamos na nosa conversa.

        Liked by 1 person

  2. Dende o meu punto de vista, o post está moi ben artellado mais asáltame unha dúbida. O xornalismo debe conformar a opinión en certos temas de gran importancia como os que se tratan na túa publicación ou, polo contrario, debe ser un simple reflexo da sociedade onde vive? Dito doutra forma: deben mellorar os medios para que mellore a sociedade ou ao contrario?
    Déixoche por aquí un artigo de La Voz de Galicia onde reflexiona un pouco sobre o tema http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/11/17/herramienta-mejorar-sociedad/0003_201611G17P4991.htm

    Gústame

    1. Os medios de comunicación teñen a responsabilidade social de informar para cubrir o dereito dos cidadáns de estar informados, para que isto se cumpla, teñen que realizar a súa actividade respectando o que realmente acontece, sen manipulacións nin ocultacións de ningún tipo. Ten que existir una relación de confianza entre ambos, algo que na actualidade non se aprecia.
      Os medios non impoñen á sociedade uns modelos de interpretación da realidade, o que si fan é amplificar e modelar estes tipos de interpretacións. Para responder a túa pregunta, para min son ambos (tanto os medios como a sociedade) os que teñen que cambiar. Os medios deben reflexar os valores da sociedade (ser un reflexo da realidade), pero por outro lado , e debido a súa gran influencia na opinión pública, tamén teñen un poder fundamental na definición de certas actitudes e valores. O que non deberían de facer os medios é aproveitar este poder para alimentar prexuízos e certas actitudes que xa están presentes na sociedade. Por iso digo que é necesario un gran cambio para ambos casos. Agora ben, cal debe de cambiar primeiro para cambiar ao outro, xa é unha pregunta máis complexa.
      Deixoche por aquí un enlace dunha entrevista moi interesante que trata a situación entre Trump e os medios de comunicación: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/03/14/mark-thompson-donald-trump-cuenta-cuento-estadounidenses-creen/0003_201703G14P25991.htm. O que máis me chama a atención e esa distancia que se di que hai entre os medios e a sociedade. Esa perda de contacto, cando os medios non reflexan apropiadamente as vidas dos cidadáns. Unha noticia que nos invita a reflexionar.

      Gústame

      1. E por que os medios fomentan ditas actitudes de perpetuación de opresións como pode ser a do colectivo LGBTI+ do que se ocupa o meu grupo de traballo? Paréceme interesante acadar unha resposta. O máis sinxelo é dicir que porque a sociedade é heteropatriarcal polo que iso reforzaría a tesis de que os medios son un reflexo da mesma.
        En canto ao alonxamento dos medios de comunicación co pobo, moitos teorizan que é culpa da súa financiación a través de grandes empresas. Déixoche un medio de comunicación dixital que intenta subsistir polos cartos que deixan os seus seguidores mediante crownfundig e subscripcións por se non o coñeces. http://ctxt.es/

        Gústame

      2. En primeiro lugar, no comentario anterior xa che respondín a pregunta de se deberían mellorar os medios para que mellore a sociedade ou ao contrario. A miña resposta foi que deberían de mellorar ambos. Agora ben, estou dacordo contigo en que se son os medios os que fomentan actitudes negativas e opresoras en moitas realidades como por exemplo: aos membros do colectivo LGBTI+, é debido a que eles reflicten o pensar da sociedade actual. E esta sociedade é homófoba e moi cerrada, como penso que ti estarás dacordo.
        Todo aquilo que é distinto parece darnos medo. É necesario que dende a educación se ensinen todas aquelas situacións que son tan válidas como calquera outras. Rescato neste punto unha noticia (http://segundoenfoque.com/en-reino-unido-consideran-inadecuado-tocar-temas-lgbt-14-337406/), na cal se fala sobre a negativa dun deputado a dar temas LGBTI+ nas clases de educación sexual. Segundo el, este tema non ten cabida nas aulas e os institutos non son os lugares idóneos para a diversidade sexual. O certo é que non me sorprende esta actitude, xa que non só non se ensina en diversidade senón que incluso moitas asociacións atentan contra este colectivo (lease a plataforma ultracatólica Hazteoír e o seu polémico autobús, http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/02/28/policia-municipal-madrid-inmoviliza-autobus-hazte-oir/00031488294395765305989.htm ). Por último, con respecto ao medio ctxt, moitas grazas pola información, pero xa o coñecía.

        Gústame

      3. Para min é necesario que nos medios se traten máis estes temas, dunha maneira correcta que favoreza a convivencia. Agora ben, no caso do programa La sexta Noche, o único que saquei en limpo, e xa o sabía, foi a ignorancia que ten o presidente de ‘Hazte Oír’. Declaracións como : “os heterosexuais vémonos discriminados polos LGBT” ou “non quero que aos meus fillos os inciten a experimentar relacións homosexuais” son auténticas burradas. Non creo que o programa axudara a visibilizar o colectivo LGTBI+, só axudou a ridiculizar o pensamento que se agocha tras o polémico autobús de Hazte Oír.
        Parece mentira que siga habendo este tipo de pensamentos na nosa sociedade. Por iso é necesario un cambio. En devandito programa, o presidente de Hazte Oír tamén falou en contra da implantación dunha asignatura con contidos LGTBI+. Precisamente, a posta en marcha dunha asignatura con estes contidos sería unha boa maneira de iniciar un cambio. En Madrid isto xa se está iniciando: http://www.20minutos.es/noticia/3010121/0/cifuentes-educacion-trabaja-nueva-asignatura-optativa-secundaria-sobre-igualdad-respeto-al-colectivo-lgtbi/ . Con respecto a todo o que xa falamos, non teño moito máis que engadir.

        Gústame

  3. Estou de acordo coas ideas expostas no teu post e comparto as opinións do círculo. Penso que en tema de acollida de refuxiados España e, Europa en xeral deixan bastante que desexar.
    Rescato esta noticia publicada polo Faro de Vigo do día 22 de febreiro no que a Rede Galega de Refuxiados reclama que a as acollidas se desatranquen: http://www.farodevigo.es/sociedad/2017/02/22/rede-galega-apoio-aos-refuxiados/1628455.html
    Pregúntome se os integrantes do voso círculo propuxeron algún tipo de solución a este problema ou se teñen ideas para facer que esta situación mude.

    Gústame

    1. Aproveito que mencionas o tema dos refuxiados para comentar una noticia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/amarina/2016/04/12/fotografo-acaba-llegar-idomeni-trabajo-voz-marinaspan-langgl-xente-non-e-consciente-do-pasa-europa-cos-refuxiados-e-terrorificospan/0003_201604X12C12991.htm) na cal, na miña opinión reflicte un dos maiores problemas aos cales non enfrontamos en materia de recollida dos refuxiados: a falta de información e a inconsciencia das persoas.
      Rescato as palabras de Gabriel Tizón: ‘creo que deste problema se está falando moi pouco ou nada, e o pouco que se fala é sempre do mesmo: das medidas políticas, dos números, e non se fala das persoas, que son as auténticas protagonistas’, pois para min pouco máis hai que engadir. Moitas persoas non son conscientes do que realmente está a pasar e os medios deberían de concienciar e de fomentar actitudes positivas e non alimentar certos prexuízos.
      Por outra parte, o noso círculo pensa que o problema está na sociedade. Estamos nunha sociedade racista que só busca polo seu beneficio e que ve na chegada de xente de fóra como unha usurpación dos traballos, cando moitos deles tiveron que ir no seu momento a buscarse a vida ao estranxeiro.

      Gústame

  4. Moi bo artículo, Lucía. Un saúdo. O teu círculo amosa a visión xeral da sociedade sobre a prensa: xa non os cremos. Moita xente prefire informarse a través de internet e as redes sociales que pór a televisión ou ler o xornal. Dentro do teu tema, penso que a prensa esconde tamén un dos maiores problemas que vivimos na nosa sociedade: o machismo. a seguinte noticia (http://www.eldiario.es/agendapublica/impacto_social/representacion-mujeres-medios-comunicacion_0_193880948.html) paréceme interesantísima respecto á presenza da muller nos medios de comunicación. O xénero femenino aparece máis ou menos na mesma frecuencia en programación de ficción (series ou películas), pero se falamos de programación de non ficción, como informativos, a cifra redúcese de forma drástica. Quere esto dicir que a muller é infravalorada polos medios de comunicación para labores realmente importantes? Que a súa figura tan só é interesante para o entretenemento e non para a información?
    Agardo a súa resposta, Lucía.

    Gústame

    1. Que o xornalismo actual non está nos seus mellores momentos non é unha novidade. Tal e como ti dis, moitas persoas empregan as redes sociais en vez de ver a televisión ou ler un xornal. Porén, hai que facer fincapé nunha cuestión moi importante, que é a de que moitas noticias que se comparten nas redes son totalmente falsas e poden dar lugar a situacións erróneas virais. Neste punto gustaríame compartir un par de noticias que trata este tema: http://www.elconfidencial.com/comunicacion/2017-03-11/medios-de-comunicacion-redes-sociales-noticias-falsas-facebook-fake-news_1346144/, na cal se fala da tendencia a informarse a través das redes sociais e o perigo das noticias falsa, e esta outra noticia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/tecnologia/2017/03/15/tratara-facebook-noticias-falsas/0003_201703G15P56993.htm , que fala da implantación dun sistema de verificación nas noticias en Facebook, o cal é moi necesario debido a cantidade de xente que emprega as redes como primeira fonte de información.
      Por outro lado, paréceme moi interesante o artigo que compartiches. Penso que moitas mulleres son infravaloradas polos medios e non sei se viches algunha vez como ao falar da muller de alguén famoso se empregaba a frase ‘a muller de X’, tratándoo a esta coma se fose un obxecto. A presenza da muller nos medios de comunicación e o seu tratamento pódese equiparar ao tratamento que as mulleres reciben en case todos os ámbitos da vida, como por exemplo no ámbito laboral ou no mundo deportivo. Un tratamento desigual froito da sociedade machista na que aínda vivimos.

      Gústame

      1. Boas tardes Lucía. Seguindo o fío do tema da muller na prensa, queríache enviar a seguinte noticia: (http://www.publico.es/tremending/2017/03/17/la-genial-respuesta-de-gonzo-al-tuit-machista-de-un-periodico-sobre-la-novia-de-fernando-alonso/). Paréceme realmente increible que en pleno século XXI un xornal atrévase a falar dunha muller desta maneira. Por sorte a reacción do público en xeral foi a de denunciar o título e, de forma humorística, satirizar o comentario. A pesar de que nesta ocasión tan clamorosa os lectores reaccionaron positivamente ao que estaban a ler, moitísimas veces non nos damos ou conta ou xa o vemos coma algo normal que a muller, aínda que sexa a protagonista da noticia, non sexa tratada nun primeiro plano sen vincular a un home de por medio, por exemplo no que dis ti de ‘a muller de X’. Espero que as novas xeracións de xornalistas non fagan o mesmo e adopten unha posición obxectiva e de tolerancia, onde prime o respeto e a rigorosidade das novas. Por sorte ou por desgraza está nas nosas mans.
        Un saúdo, Lucía.

        Gústame

      2. É moi certo o que ti dis, Gorka. É increíble que titulares como o que ti me compartiches se sigan escribindo neste século. Na túa argumentación falaches de algo moi importante e co que estou dacordo, eso de que algunhas veces non nos damos conta ou xa vemos como algo normal. É aí un dos grandes problemas. Neste exemplo que me compartiches a sociedade reaccionou, porén, na meirande parte dos casos isto non ocorre.
        Aquí poderiamos falar de todos os micromachismos ( e perdoa, por levar a conversa sempre a este tema) que están presentes no noso día a día, moitos dos cales pasan desapercibidos. Gustaríame compartir contigo un vídeo que anda estes días polas redes, no cal unha nena recolle moitas situacións machistas e que resume perfectamente a sociedade na cal vivimos e como ti dis, que está nas nosas mans muda; a ver que che parece (http://www.elmundo.es/sociedad/2017/04/20/58f86aee46163f704d8b4577.html) Un saúdo!

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s