A precariedade, primeira saída laboral da Facultade

Víctor Pérez Currás

Un dos principais problemas que atopan os estudantes de Comunicación, máis alá da súa elevada nota de corte, son os recelos que espertan esas carreiras nas casas. É habitual atopar Xornalismo nas noticias das carreiras con máis paro que aparecen nos medios cada ano, polo que moitos pais teñen dúbidas sobre o futuro laboral ó rematar o Grao. Nada máis lonxe da realidade.

A semana pasada reunímonos con varios xornalistas afectados pola precariedade para que nos contasen as súas experiencias. Aínda que por momentos poderían desanimarnos ante o posible futuro laboral que nos espera, serviunos para coñecer o outro lado desta profesión. O lado no que non están nin os Manuel Jabois nin Nachos Carretero. O xornalismo precario, de a pé, de non saber se vas poder comer o mes que vén.

A que tipo de contrato nos enfrentamos?

Malia que a crise do 2008 provocou un empeoramento notable das condicións laborais dos xornalistas, Montse Dopico, graduada hai xa 15 anos, constata que é un rasgo característico do sector:

“Nós atopamos xa un mercado precarizado, non vivimos os momentos do xornalismo a nivel salarial e profesional de ouro. Pero si que vivimos un momento no que había un certo boom de xurdimento de novos medios ou ampliación de plantillas nos medios clásicos, aínda que xa se falaba da crise do papel. A tasa de paro era pequena pero cunha precariedade alta”

img_ltfernandez_20150513-172714_imagenes_lv_propias_ltfernandez__mg_9836-kpre-u30738393396scg-992x558lavanguardia-web

Pero, en qué consiste a precarización? Como se abusaba e se abusa dos xornalistas recién graduados? A clave está no incumprimento dos contratos por parte dos medios como sinala, despois de pasar por esa etapa, Nicolás Navazas:

“Nos anos 90 podías facer prácticas xa no 2º ano de Licenciatura, e tíñase á xente traballando durante moito tempo, chegando a superar o ano. Supostamente ti contabas cun titor de prácticas que supervisaba o traballo que facías, xa que ti estabas alí para aprender. Obviamente, a calidade dos textos non podía ser a mesma que a dun redactor que xa levaba anos traballando. Pero na realidade, facíase o traballo dun redactor pero co salario dun bolseiro.”

A prensa escrita, a máis precarizada

As experiencias narradas coinciden coas conclusións recollidas no estudo Da facultade ao mercado laboral : estudo e análise das saídas profesionais da licenciatura de Xornalismo (1995-2002) do profesor Miguel Túñez para a nosa carreira na USC. Ambos apuntan a que a situación é distinta na prensa escrita, que absorbe a maior parte dos alumnos dende as prácticas, que noutras saídas como a Radio e Televisión ou nos gabinetes de comunicación; sendo estas as únicas con salarios considerados axeitados polos ex-alumnos preguntados.

Antes ningún xornalista despois das prácticas cobraba máis de 1.500 euros. Eran tempos distintos, claro. Falábase do problema dos mozos que eran mileuristas e agora mesmo considéranse 800 euros un salario decente. No caso da prensa escrita era peor  porque pasábase a cobrar a metade para a traballar o dobre. Na radio e na televisión, ó existir as quendas de traballo, ti sabías que a X hora ías saír. Na prensa é imposible cubrir e redactar en seis horas toda a túa carga de traballo.

Traballar gratis para facerse un nome

A precariedade chegou a un extremo no que moitos xornalistas mozos ofrécense a traballar gratis, soamente para ir collendo rodaxe e facerse un nome. “Facer as prácticas é a vía de entrada nos medios” apuntaba Gonzalo Brocos. E ante a dificultade de poder facer esas prácticas durante máis tempo, acaban por facerse gratis. Para el e Iolanda Casal, o problema vén dunha filosofía que se inculca xa dende a Facultade:

Faise ver que un bo xornalista ten que dar o mellor de si sempre, sen rechistar e nas condicións que sexa. Esta idea permanece durante a vida laboral e malia ter un punto a favor, xa que é preciso ter gusto pola profesión, tamén hai que darse conta de que os xornalistas son persoas, traballadores e traballadoras nos que non todo vale. Este discurso vén dunhas elites do xornalismo que si que teñen un salario e condicións que lles permiten facer un xornalismo de maior calidade, ou dende o mundo docente que é completamente distinto da realidade laboral.

<

Advertisements

8 comentarios en “A precariedade, primeira saída laboral da Facultade

  1. A precariedade no xornalismo, por desgracia, é un tema que da moito que falar. Este artigo, especialmente o subtítulo “traballar gratis para facerse un nome” recordoume a outro publicado recentemente en lamarea.com, “Vergüenzas ocultas del periodismo español” (http://www.lamarea.com/2017/03/13/verguenzas-ocultas-del-periodismo-espanol/). Dito artigo fala tamén da precariedade laboral pero nun ámbito de afectados distinto. Neste caso non son recén titulados, son profesionais de gran prestixio. O autor non sinala os nomes pero é fácil imaxinar de quenes fala. Comprobamos que o “ter un nome” non é sinal de poder acadar un salario digno. É moi interesante tamén que a maioría dos afectados aos que se fai referencia son freelance, non dependen de grandes medios. Podemos falar entón de xornalistas precarios con contratos (como os becarios que menciona Víctor) e de xornalistas freelance precarios moitos dos cales traballan en zonas de guerra.
    Sería interesante facer unha análise da precariedade tendo en conta os distintos modelos de negocio. Creo que non ofrece unha visión completa do problema centrarse en contratos con grandes empresas de comunicación. Distanciarse das empresas e das facultades. Poño como exemplo o caso de Magnolia, revista satírica dixital. Os fundadores víronse afectados por baixadas e soldo ou despidos nos medios nos que traballaban. Son un exemplo de que o xornalismo non necesita das grandes empresas, pode facerse xornalismo de calidade sostible económicamente. (http://www.jotdown.es/2012/08/mongolia-en-estos-momentos-ganar-mil-euros-en-prensa-haciendo-lo-que-quieres-es-haber-triunfado/)
    Por outra parte considero necesario facer unha reflexión sobre a relación entre precariedade laboral coas publicacións en internet. Sinalo que son consiente de que non é a raíz do problema pero é un punto de vista interesante. Estas publicacións son de balde para os lectores, cun contido de (debido a que canto máis clicks máis ingresos por publicidade) dubidosa calidade en ocasións. Isto fai que os medios, empresa productora, non reciba cartos dos seus consumidores directos, os salario dos xornalistas depende da publicidade. ¿Non sería máis doado que foran os lectores os que pagaran aos xornalistas? Creando contido de calidade polo que a xente pague, sen necesidade de presións das empresas publicitarias.

    Liked by 2 people

    1. É triste ver como o futuro que se nos achega é semellante ao de antigos estudantes da USC. Creo que o problema non só reside no baixo salario que obtemos por facer o noso traballo, senón tamén na consideración que se nos dá.
      En primeiro lugar, e como ben indicaba unha dos participantes en voso circulo, os xornalistas somos persoas ademais de traballadores. E como tal, a pesar de amar a nosa profesión temos outros quefaceres nas nosas vidas, por iso, as malas condicións laborais que se nos dan é un factor que agrava a nosa profesión e que a devalúa. En segundo lugar, ao problema anterior hai que sumarlle tamén, a mala imaxe que moitas veces dásenos cara ao público, cando en moitas ocasións, a nosa información esta influencia por grupos que controlan os medios e que dalgunha maneira, censúrannos e limitan a nosa actividade. Por iso, e volvendo ao problema que se trata na túa publicación, opino que é un cúmulo de razóns as que fan que podamos ter certo reparo en exercer tan libremente e co gusto que deberiamos. Como estudante de xornalismo, creo que non esiximos altos salarios, pero si unha cantidade que se corresponda ao labor tan importante que levamos a cabo día a día como é, o tratamento da información.
      Déixoche a continuación unha ligazón da Asociación de Prensa de Madrid, que narra a situación laboral do xornalismo en 2016:

      http://www.apmadrid.es/comunicado/luis-palacio-el-paro-registrado-entre-los-periodistas-en-2016-es-un-74-superior-al-de-2008/

      Gústame

      1. Muchas gracias por tu comentario y el enlace Lucía.

        Los afectados señalaban que uno de los grandes problemas ante la precariedad es la falta de unión entre los periodistas por el miedo. Son trabajadores, son personas, pero no existe ni una “conciencia de clase” ni socializan entre ellos ante estas injusticias.

        Es realmente peligrosa la tendencia de la imagen de los medios ante la sociedad. Como señalaba ElEconomista en 2015 http://ecodiario.eleconomista.es/sociedad-eAm-mexico/noticias/6651756/04/15/Las-profesiones-mejor-y-peor-valoradas-para-2015.html el periodismo ya era la profesión peor valorada. Y al final, los que pagamos ese desprestigio somos los periodistas que sufrimos dicho deterioro de la profesión y no los responsables: directivos, anunciantes, grupos de presión y, en última instancia, el consumidor.

        Gústame

      2. Es más, y añadiendo un pequeño inciso a tu último comentario, creo que el desprestigio del que hablas hace que los ciudadanos de a pie consideren que el periodismo es una actividad más, y se atrevan a practicarla sin formación alguna. Con esto no quiero decir que una persona sin estudios no pueda informar, pero sí pienso que cuando se pasa a comunicar, hacen falta una serie de valores que todos deberíamos llevar en nuestra vocación. Por eso es tan peligrosa la crisis, ya no solo económica, sino moral que estamos viviendo en el periodismo.

        Liked by 1 person

    2. Muchas gracias por tu comentario Carme.

      El caso de Mongolia me parece verdaderamente interesante. Al igual que CTXT o eldiario.es, se nutre de “indignados” que son más bien “puteados” en otros medios y pelean por ocupar su propio espacio desde abajo. Gonzalo nos comentaba en la reunión que él ahora se dedicaba a hacer una página web sobre agricultura en Galicia y, pese a no tener grandes sueldos, estaba realmente contento. Habrá que ver si los citados medios pueden seguir existiendo en el futuro.

      Liked by 1 person

      1. Una lástima que, como comentas, los grandes medios se dediquen a “putear” a sus trabajadores en lugar de aprovechar el talento que tienen y darle una buena salida.
        Me gustaría conocer un poco más el proyecto de Gonzalo, sobretodo el lo referido a dificultades, si las hubo, para llevar adelante esa página web. Podrías dejar por aquí la dirección a la página?
        Comentabas en el artículo el tema de que muchos periodistas trabajan gratis o por salarios indignos para hacerse un nombre y tener un reconocimiento. ¿Crees que ahora es internet la herramienta utilizada para esto? Muchos periodistas que trabajan en medios grandes comenzaron con pequeños proyectos independientes en internet y a partir de ahí las empresas mostraron interés.
        Por otra parte, el llevar a cabo estas iniciativas, podría comenzar ya desde la facultad y no una vez que el graduado o licenciado se dispone a buscar trabajo. Personalmente considero que las facultades deberían apoyar e incentivar estos proyectos.

        Liked by 1 person

  2. Respecto a lo primero que dices, me parece doblemente grave: Primero porque juegan con tu salario, con el pan que intentas ganarte cada día: no te pagan o lo hacen mal, te rebajan el suelo….pero a ello se suma que juegan con tu ilusión y tu vocación. Con tu medio de vida. Una vez más, parece que los negocios no entienden de ética.

    Revisando los apuntes de la reunión la he encontrado: Se trata de campogalego.com y ellos mismos explican en qué consiste el proyecto. El mes pasado consiguieron un nuevo récord de visitas con 55.000. En principio esta semana volveremos a contar con él en nuestro Círculo de Lectura así que le trasladaré esas preguntas para futuros posts. De no ser posible, no debería haber ningún problema en pasarte su número y que le preguntes tú misma.

    Sin duda alguna, internet es el motor que ha consolidado esta práctica. Un porcentaje altísimo de alumnos de nuestro curso ha hecho ya sus “pinitos” en algún tipo de página web, especialmente de deportes (páginas como Sphera, losotros18, o de cada club del que se es seguidor ayudan a ello). Para nosotros, el simple hecho de ver nuestro nombre en una noticia, poder compartirla en nuestro muro y que guste a la gente nos parece pago suficiente, aunque hayamos invertido horas en ese texto y dinero en algunos casos. El problema es cuándo decidimos que queremos algo más a cambio. Este tema trataremos de tratarlo en futuros posts.

    Sí que se echa en falta un mayor estímulo creativo dentro de la Facultad. Si bien con Bolonia se han mejorado las clases interactivas o prácticas, normalmente nuestra imaginación queda reducida a actividades muy estrictas. Cuando hemos tenido oportunidad de realizar un programa de radio, una pieza para televisión, o llevar nuestro propio sitio web, ha sido dentro de unos límites bastante estrictos por el programa de la asignatura

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s