Detectar unha enfemidade mental, e despois que?

Noela Vázquez Dosil

As enfermidades mentais rara vez aparecen da nada, trátase dun proceso de cambio que é máis evidente con doenzas de carácter máis grave, como a esquizofrenia e o trastorno bipolar. Detectar unha enfermidade mental a tempo é crucial. Pode chegar a supoñer que se relantice e controle a súa aparición e desarrollo, e minimizar a gravidade. Pero debido á pouca normalización ao redor deste tema, non se presta atención aos síntomas —os cales existen— ata que a enfermidade xa se desenvolveu por completo.

Saber ver os síntomas

Asociación Americana de Psiquiatría (APA) explica que na maioría dos casos as persoas que sofren algunha enfermidade, e a súa familia e o seu círculo máis cercano, aseguran ter notado cambios na súa conducta, na súa forma de pensar e de sentir xa antes de saber o diagnóstico, pero non darse de conta do que significaba. A maioría das enfermidades mentais teñen unha serie de síntomas xerais, como por exemplo, se vemos que unha persoa cercana a nós ultimamente está máis illada que de costume, que sae menos de casa e fai menos actividades, que dorme en exceso ou a duras penas, se non come ou que ten cambios drásticos de humor, deberiamos prestar atención e tratar de falar con ela. Estes son cambios propios de alguén que está caendo enfermo.
Por outra banda hai máis síntomas, cambios, que tan só pode identificar quen os sofre. Estes poden ser nerviosismo constante, ansiedade, medo irracional ou sospeitas dos demais que antes non estaban ahí, crencias inusuais e esaxeradas sobre poderes persoais para comprender o significado ou a influencia dos acontecementos. Sentirse desconectado do mundo en xeral, dos teu circulos sociais e apatía. Tamén cando se está triste durante moito tempo ou se teñen pensamentos violentos cara un mesmo ou cara terceiros. Todos son síntomas de estar enfermo.

Agora, buscar axuda

No momento de ser conscientes de que algo falla, de que é posible que teñamos unha enfermidade mental, é necesario que busquemos axuda. Todo é moito máis fácil co apoio da familia e dos amigos, xa que o entorno forma unha parte moi importante da saúde emocional, e tamén é recomendable ir a falar cun especialista. Estes son ben un psicólogo ou un psiquiatra. Ambos poden dar un diagnóstico, e a partir de aí comezar un tratamento. Existen dous tipos de tratamentos, os psicoterapéuticos e os somáticos.

Os tratamentos psicoterapéuticos son os que empregan como ferramentas algunhas técnicas psicolóxicas, para así profundizar no paciente e axudalo a atopar e solucionar o problema. Poder comunicarse e ter apoio e un ambiente apropiado é crucial para a recuperación.De feito, estanse comezando novas terapias estimulantes mediante  o entorno, coma o contacto coa natureza, que está demostrado ter efectos positivos nas persoas afectadas.

Os tratamentos somáticos, pola contra, empregan fármacos proactivos —antidepresivos, estabilizadores do ánimo, ansiolíticos, antipsicóticos… —e tratamentos de estimulación cerebral— nos casos máis graves, os cales acostuman a ser de depresión, cando nin a terapia nin os medicamentos surtiron efecto.

A realidade nos medios de comunicación

Os medios de comunicación son unha das principais fontes de coñecemento sobre trastornos mentais a disposición da cidadanía. Da unha información errónea, sesgada ou estigmatizada sobre este tema repercute directamente en como a sociedade o percibe. Cando decimos “Italia é unha casa de tolos“, estase a recuperar un término ofensivo e totalmente fóra de lugar, incluso se a noticia non ten nada que ver con saúde mental. E neste titular “Policía dispara a un enfermo mental que atropelou a dúas persoas“, ponse a enfermidade mental case como causa de que esa persoa sexa unha criminal, errónameante, e deshumanízase por completo.

É moi importante comezar a tratar a enfermidade o antes posible, e para iso é necesaria a información e o apoio dos seres queridos. Pedir axuda cando se necesita, e dala a quen a precise, ademais de non pensar nunha enfermidade mental coma nun taboo ou algo do que avergonzarse e que hai que agochar, son pasos básicos. Poden ser moi graves, e o tratamento imprescindble. Por isto é necesario que os medios de comunicación creen e manteñan respeto pola xente con enfermidades mentais e ofrezan información que non proveña do morbo, dun accidente ou dun crime. Informar e adoctrinar van da man na maioría dos casos, polo que o papel dos xornais, da televisión, da radio…, é crucial para conseguir crear consciencia e acadar unha sociedade informada sobre o tema  libre de estigmas sociais.

Bibliografía:

 

Advertisements

17 comentarios en “Detectar unha enfemidade mental, e despois que?

  1. Boas Noela. Como ti ben dis na túa publicación, as enfermidades mentais non aparecen da nada, e ainda que hai que veñen dadas por predisposición xenética como a bipolaridade ou a hiperactividade, moitas delas fórmanse a partir dun suceso traumático que marca a persoa que o sufriu. Esta marca incluso podería ser permanente de non atopar unha axuda xa qeu a mente, coma o corpo, deteriorase se non se cuida, como ti apuntas ao final do post.

    Na miña opinión, faise un abusodos medicamentos. Non sei se é pola presión das farmacéuticas para facer máis diñeiro ou e pola falta de esforzo dos doutores por ir máis aló e desfacerse do paciente da froma máis fácil dandolle unha pilula que o faga sorrir, sen preocuparse de solucionar o verdadeiro problema. Ademáis, hoxe en día todo se tarta a través da medicación, a sociedade non ten tempo de panarse un minuto e reflexionar sobre o seu benestar, se se encontra mal, traga algo que o faga sentir mellor, postergardo a súa doenza e desfacendo o seu corpo medicamento tras medicamento. Aquí deixo unha entrevista a Allen Frances, catedrático da universidade de Duke, que tamén comparte esta idea http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/09/26/actualidad/1411730295_336861.html

    Como xa afirmas ti, é moi necesaria a implicación dos amigo e seres queridos atopándo o que lle acontece a alguen e a súa posterior recuperación. Moitas veces a propia persoa non é consciente do que lle está a ocorrer ou sinte demasiada vergoña ou medo como para admitilo, por eso somos necesarios nós para poder axudala e darlle o cariño que necesita. Nesta páxima proporciona consellos para saber como actuar cando notas que un ser querido comeza a actuar distinto http://wol.jw.org/es/wol/d/r4/lp-s/102004647

    Gústame

    1. Sí, Jesús, estou totalmente de acordo. É moi interesante a visión de Allen Frances. A sociedade actual esta caendo nun círculo vicioso no que as mediciñas causan as enfermidades que as mesmas mediciñas tratan. Esa é a parte fea dos tratamentos para as enfermedidades mentais, que non deixan de ser moi prerogosos ao afectar á química do cerebro, é tendo en conta que da saúde mental e da propia mente aínda queda moito por investigar, é aínda máis preocupante que se esté a abusar destas mediciñas tan á lixeira.
      Sen ir moi lonxe, vemos nesta noticia (http://www.levante-emv.com/comunitat-valenciana/2017/03/19/sanidad-multa-30000-euros-farmacias/1543138.html) que varias farmacéuticas van ser multadas por vender antidepresivos sin receta, o que me parce aberrante. Ou este farmacéutico do centro de saúde de noia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/barbanza/noia/2017/02/27/farmaceutico-centro-salud-noia-abuso-constatado-consumo-medicamentos-tratar-ansiedad/0003_201702B27C8991.htm), que afirma que se prescriben demasiados medicamento para combater a ansiedade.

      Tamén é moi interesante a organicación Fafes (http://feafesgalicia.org/), a delegación de Saúde Mental España en Galicia, que proporciona apio a a persoas con efermidades mentais e a familiares. Sen duda recoméndoche que lle botes un vistazo (ti e todos). A información que proporcionan ao respecto está moi completa.

      Gústame

      1. As farmacéuticas son empresas como outras calquera, polo que a sua última finalidade é a de sacar beneficios. Xa non falo da falta de investigacións en enfermidades denominadas “raras”, que non saen rentables estudalas, por moita dor que cause aos seus doentes e aos seus seres queridos. Eso é un tema aparte.
        Falo de como as farmacéuticas toparon nas enfermidades mentais como son a depresión un ponzo sen fondo de diñeiro ao que poden botar man sempre que queiran. Coa globalización e os avances tecnolóxicos as persoas danse conta a inmensidade do mundo e o espazo, e porén, do pequenos que son e as veces, do sos que estan. Por eso la depresión ha aumentado en los últimos añso, como muestra este artículo http://www.lavanguardia.com/vida/20150217/54426256286/aumenta-la-depresion-que-sera-la-primera-causa-de-discapacidad-en-2030.html
        Nunha sociedade constantemente comunicada por vía da tecnoloxía, téndese a olvidar as relacións cara a cara, polo que a xente síntese cada vez máis soa e olvidada, desarrollando así patoloxías depresivas e mergullándose no ciberespazo para alonzarse deses sentimentos, creando unha mentira para poder soportar a súa exitencia, sen enfrontarse ao seu problema. Este tema e tratado neste artigo http://www.lscomunicacion.com/redes-sociales-conectados-a-la-soledad/

        Gústame

    2. Esa visión é moi interesante. Non cabe dúbida de que a día de hoxe hai máis casos de enfermidades mentais diagnosticadas dos que nunca houbo, pero a que se debe? En xeral, fálase do efecto creado por diferentes variables. Diagnostícanse máis casos de depresión que antes, agora as enfermidades mentais están comezando a ser máis aceptadas e entendidas que hay cincuenta anos. Pero tamén se diagnostican enfermidades de maneira contraproducente, sobre todo con tratamentos somáticos. Nenos con défitict de atención,hiperactividade… todos coñecemos algún medicado desde os once anos (ou antes). Neste artigo, (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/2017/04/20/tdah-problema-enfermedad/0003_201704P20C11991.htm) falan deso, e de como as veces se abusa de medicamentos cando non son necesarios. E é que o problema non é que diagnostiquen enfermidades de máis, se non que se intenta tratalas desde un principio con medicamentos, fármacos antes de iniciar unha terapia que podería axudar a unha recuperación máis levadeira e incluso efectiva, porque está demostrado que as terapias son moi efectivas e máis recomendables que tratamentos químicos, cuxos efectos secundarios soen ser moi invasivos.

      En canto ao que ti dis, comparto a túa visión. A sociedade actual é dañiña para si mesma, e non favorece para na a saúde, tanto física como psicolóxica.(http://www.elmundo.es/papel/todologia/2017/03/06/58b8180b22601d032f8b463b.html) Sobre todo as novas tecnoloxías, as redes sociais son moi persuasivas e afectan á visión de cada un. Non se pode decir que son unha causa (excepto casos específicos) pero si pode influir e ser un detonante, por exeplo. Coidarse neste aspecto, tamén é moi importante.

      Gústame

      1. Paréceme moi interesante o tema da hiperactividade, o déficit de atención… Actualmente téndese a diagnosticalo todo, é necesario porlle un nome e unhas características a calquer cousa que pasa para poderlle o medo. Como dí o artigo que mencinaches, este tipo de patoloxías non son enfermidades e non fai falla tratalas como tal, con axuda dun especialista pódese solucionar sen ter que medicar ao neno.
        Por outra banda, creo que ese, o de comezar o tratamento dende un primerio momento recetando medicamentos é un dos problemas máis graves da medicina psiquiátrica actual. Existen outras formas de recuperar o control da túa vida sen ter que recurrir a fárcacos que co tempo desfán o teu corpo e a túa mente. Neste artigo de El País, deféndese a importancia do deporte para superar a depresión http://elpais.com/elpais/2016/01/11/buenavida/1452504148_611477.html

        Gústame

  2. Ola, Noela. Paréceme interesante a visión clarificadora que das enfermidades mentais. Sen embargo, sego a pensar que moitas veces se estigmatiza ás persoas con enfermidades mentais. Nese senso, é común ante manifestacións violentas que moita xente o primeiro que se lle veña á cabeza sexa se o/a violento/a é unha persoa cun trastorno. É quizais unha pregunta que se enmarca na cultura do medo, pero que se extende peligrosamente. Sabemos que hai unha proporción de persoas que poden ser violentas e que teñen este tipo de trastornos, pero na poboación xeral, a que chamamos normal, a proporción pode ser similar. De feito, teño lido que de entre as persoas condenadas por delitos violentos só aproximadamente un 5% presentan cadros de enfermidades mentais, de ahí que me cuestione por qué se asocian ambos casos.
    Penso que neste sentido, esta noticia é interesante nesta cuestión: http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2016-10-10/10-octubre-dia-mundial-salud-mental-trastornos-mentales_1243396/
    Ti que opinas?

    Gústame

    1. Penso que en moitos dos casos olvídase que a saúde mental é moito máis complexa que a física. Persoalmente non creo que alguén capaz de alguén de asasinar a 49 persoas esté sano, como Omar Mateen de quen se fala nese artículo que compartiches. Pero deixando isto de lado, tampouco creo que sexa correcto decir que “alguén cometeu este crime porque tiña depresión” esté ben, porque este é o problema do que falo no post: crea estigmatización. Si que certas enfermidades mentais poden ser a causa de violencia espontánea e irracional, pero non todas as persoas con esquizofrenia ou con bipolaridade son violentas.
      Se continuamente se bombardea á poboación con tituales do estilo “O ataque dun enfermo mental en Londres reaviva a psicosis yihadista” (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/internacional/2016/08/05/ataque-enfermo-mental-londres-reaviva-psicosis-yihadista/0003_201608G5P20991.htm), “O atacante de düseldorf é un Kosovar enfermo mental” (http://www.noticiasdegipuzkoa.com/2017/03/11/mundo/el-atacande-de-dusseldorf-es-un-kosovar-enfermo-mental) e “Enfermo mental intenta entrar en cabina en voo París-Marrocos” (http://www.informador.com.mx/internacional/2017/709804/6/enfermo-mental-intenta-entrar-en-cabina-en-vuelo-de-paris-marruecos.htm), ao final é imposible non asociar subconscientemente os termos “enfermidade mental” con “violencia”. Este é un dos grandes problemas da estigmatización. E un dos grandes problemas do xornalismo. Non ser consciente do poder e da influencia que ten ser a fonte de información primaria da poboación é unha gran errata que os xornalistas, ás veces, non teñen en conta. Creo que a día de hoxe, o problema xa non só radica en que a sociedade sexa retrógrada en alguns aspectos, senón que aínda quedan mostras desa tradicionalidade na linguaxe actual. A visión de Joseba Atochegi (http://blogs.publico.es/joseba-achotegui/2017/01/22/sociedad-liquida-de-bauman-y-salud-mental/) é moi interesante.

      Gústame

      1. O que comentas é interesante, no senso de que o xornalismo ten que ser responsable na súa labor concienciadora en problemáticas coma a que estamos a tratar. Xustamente as noticias que compartes son casos nos que a prensa podería tratar con máis coidado o tema das enfermidades mentais e non tratar de xeralizar, xa que pode facer dano ó colectivo ou a persoas que sufran este tipo de patoloxías.
        Noutro tema que creo que se asocia erróneamente é no machismo. Neste caso, atopei fai uns días un caso que resume unha colaboradora do diario Público, Lidia Falcón. Nel trata o tema da asociación dos feminicidios e infanticidios con enfermidades mentais ante o que a escritora non logra asociar e fala de que lle é imposible asociar a enfermidade mental co asesinato. Remata dicindo, literalmente: “Asumir semejante diagnóstico significaría eliminar las denuncias y el debate político, vaciar las cárceles y llenar los manicomios”. Penso que é interesante, e por eso déixocho para que lle botes unha ollada: http://blogs.publico.es/lidia-falcon/2017/04/09/enfermos-mentales/

        Gústame

      2. Alégrome de que sacar este tema. O que pasa cos grupos estigmatizados, e que unha vez que comezan os rumores e as mentiras, non paran. Asociar ser un violador con ter unha enfermidade mental é absurdo. Igual que o é decir que un asesino tiña depresión e por iso cometeu o crime. Non. Hay miles de persoas con efermidades mentais que non teñen a “necesidade” de matar a nadie, de poñer unha bomba, de secuestrar a un neno… Eso depende de cada persoa. ë un caso moi distinto, e hai que telo en conta, se se trata de enfermidades que afectan directamente á percepción. Por exemplo, alguén no medio dun brote psicótico non é consciente dos seus actos, e por ende, non é culpable. E é que esta é a diferencia. Con enfermidade mental ou sen ela, se se é consciente de dono dos actos que un fai, ten o deber de responder por eles. Continuar salientando a condición da saúde dos criminais desta maneira, bótalle a culpa ás enfermidades mentais dos seus crimes, e págano quenes as teñen e sofren o desentendemento da sociedade. Non so aquí, que dentro do que cabe é unha sociedade cambiante que está comenzando a aceptar as cousas como son. En China, literalmente non hai tratamentos. (http://internacional.elpais.com/internacional/2017/04/07/actualidad/1491576609_454149.html) Hai apenas un psiquiatra por cada cen mil persoas, causa directa da creenza de que non son necesarios, porque as enfermidades mentais “Non son reais”. O gran problema non é que unha persoa se ofenda polo que se di nos medios, que tamén, senón que hai sitios nos que a xente non é tratada. Pero disto case non se fala nos medios.

        Gústame

      3. Xustamente, enlazando co que comentas da estigmatización e de que non todos os enfermos mentais non son asesinos en serie, penso que foi unha verdadeira calamidade como a prensa tratou o tema do caso, xa lonxano, da matanza en Dinamarca. Tamén é algo que asocio ao meu tema da emigración, xa que nesta noticia do diario ABC http://www.abc.es/internacional/20150217/abci-yihadista-danes-201502161925.html se fala sen coidado ningún dos palestinos, dos migrantes e dos problemas mentais. A matanza foi cruenta e realmente dolorosa para un país como Dinamarca, pero comentarios así non axudan a mellorar a situación. É por iso, que coma ti, abogo por mellorar a lectura destes casos de enfermos mentais e tratalos coa delicadeza e o rigor que procede para así non caer en xeralización danosas.

        Gústame

    2. En efecto. Esa é nosa gran intención con este blogue. Amosar o que realmente influé que durante toda a túa vida, os medios fagan lacrade un grupo social. Iso inflúe, moitos aínda non o ven. Por iso que é necesario coidar unha linguaxe inclusiva, respetuosa, e ofrecer unha información ben contrastada, verídica e que non de lugar a malentendidos. Hai que coidar do que se di e de como se di porque importa, e moito.
      http://www.eldiario.es/norte/cantabria/ultima-hora/Directores-comunicacion-coinciden-oportunidades-periodismo_0_637287011.html

      Gústame

  3. O cerebro é un órgano moi complexo, isto é, un terreo inestable sobre o que non temos moita información. Por este mesmo motivo é frecuente converxer con certo escepticismo no plano social, posto que hai quen subestima algunhas das patoloxías vencelladas ó cerebro.

    Convén rachar coa inabarcable multitude de tópicos infundamentados e asumir unha perspectiva moito máis aberta e plural. Por unha banda, temos que saber que somos humanos e, como seres racionais que somos adoitamos a ser influídos pola nosa contorna. Isto é algo totalmente normal. As circunstancias poden sobrepasarnos e afectarnos negativamente, podendo devir nunha enfermidade que, coma calquera outra patoloxía, debe tratarse con inmediatez. Na publicación falas de depresión. Penso que a depresión é unha doenza mental que vén acompañada dunha serie de sentimentos negativos que tamén inflúen, directa ou indirectamente, sobre o lugar no que se sitúa o individuo. Este caso non se debe tomar á lixeira e cómpre atopar unha solución xa.

    Afortunadamente, aquí, en Santiago, xa temos algo de percorrido feito. Coñeces a asociación Fonte Da Virxe (http://www.fontedavirxe.org/quen-somos.html)? Contribúe a pór fin a esta problemática axudando aos afectados a recuperárense mediante a realización de diversas actividades, tanto de ocio como formativas.

    Gústame

    1. Subestimación. Esa é a palabra para explicar o comportamento social en xeral cara as enfermidades mentais. Subestimase a saúde mental e a súa importancia. E a empatía sería a resposta, pero é moi difícil poñerse no lugar de alguén e entendelo se non se pasou por unha experiencia similar. Por iso nomalizar as enfermidades mentais é o paso correcto a dar. Incluíndo como parte da sociedade a millóns de persoas que quedan apartadas cada vez que se fala de “enfermos mentais” ou “trastornados mentais”,que levan implícito un significado pexorativo e poñen en segundo plano a súa calidade como persoas.
      E sí, coñezo a asociación Fonte da Virxe. Creo que a acción que levan a cabo e moi nteresante, e sen dúbida que me gustaría poder poñerme en contacto con eles. Recoméndoche que mires Feafes (http://feafesgalicia.org/) e Andaina, con que nos puxeos en contacto.
      Feafes está moi activo no plano de inserción laboral (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2017/01/02/enfermos-mentales-siguen-luchando-contra-estigma-laboral/0003_201701O2C1992.htm). O primeiro paso para acabar coa estigamtización é poñer a todos en igualdade de condicións, e o primeiro paso para iso e poñer as mesmas oportunidades ao alcance de todos. Que opinas?

      Liked by 1 person

      1. Claro. Avogamos en todo momento pola igualdade. Este é un termo moi amplio que trae consigo a igualdade de oportunidades. De novo, repito: falta empatía. Padecer unha enfermidade mental ten que ser xa, para o afectado, complicado, posto que de seguro non pode entender o seu funcionamente en moitas ocasións. Nós agravamos esta circunstancia se tampouco o entendemos. Falta información tamén, non podemos dar esta imaxe de desinterese e, polo tanto, de despreocupación por unha temática recorrente no noso día a día.

        Con respecto á peza informativa que me fas chegar, trata unha temática que está fortemente vencellada ao noso traballo neste cuadrimestre: a discapacidade no eido laboral. O traballo ten que ser un dereito para todas as persoas. Non podemos falar de algo asequible, temos que ter presente que é algo totalmente inherente, consubstancial ao ser humano. Todos merecen sentirse realizados e fundamentais na sociedade na que viven, isto é: dotar de sentido á súa vida.

        Moitos destes aspectos se relacionan entre si. Se falamos de discriminación laboral, non só falamos de estética, tamén falamos de demografía, de sexo, de identidade sexual, de condición sexual, de discapacidade, de formación… Bota unha ollada a esta peza informativa sobre estes dous eidos vencellados á discriminación. (http://lamarinaplaza.com/2017/03/18/las-mujeres-y-la-salud-mental/)

        Gústame

    2. Comparto a idea de que as mulleres que teñen algunha enfermidade mental sofren unha “triple estigmatización”. Tanto polo que conleva ser muller na sociedade actual, como pola visións das enfermidades mentais e a propia enfermidade en si, o colectivo feminino atópase agora nunha situación que require axuda. Non so no eido laboral, que tamén, senón na situación diaria da muller, loitando por unha igualdade que hoxe en día aínda non ten, hai que botarlle unha man ás mulleres con enfermidades mentais. Nestes úktimos días, FEAFES Andalucía levou a cabo unha xornada sobre “A violencia contra as mulleres con problemas de saúde mental, Atención e Prevención”(http://ecodiario.eleconomista.es/espana/noticias/8259558/03/17/Andalucia-manana-se-celebra-una-jornada-sobre-la-violencia-contra-las-mujeres-con-problemas-de-salud-mental.html). A asociación viu este acto necesario para comezar unha sensibilización arredor do tema da violencia de xénero cara este círculo. Son moi nteresantes os datos que dan, e sen dúbida o plan de Feafes tamén o é. Sería xenial que se comezase a mesma campaña no resto das comunidades autónomas.

      Liked by 1 person

  4. A sociedade ainda ten moitos prexuízos cos enfermos mentais e por iso moitas familias tardan en dar o paso de recoñecer o problema e buscar axuda. Fai falta tamén moita investigación e esforzo do servizo público de saúde na hora de tratar o problema. O camiño máis fácil parece ser recetar fármacos e non apostar pola terapia, que é máis cara polas horas dos profesionais pero máis efectiva en moitos casos, evitando a dependencia e adiccións ós fármacos. http://prnoticias.com/salud/entrevistas-salud/20154635-cura-la-depresion

    Gústame

    1. En efecto, o máis recomendable é a psicoterapia. Os fármacos e os tratamentos de estimulación cerebral poden e sen ter efectos secundarios e por si sós o tratamento ten menos posibilidades de ser efectivo. Pola contra, o entorno, a axuda dos familiares e axuda que proporcionan un psicólogo ou psiquiatra sempre son moi importantes para a recuperación dunha persoa cunha enfermidade mental.

      Paréceme preocupante o recente crecemento do uso destes fármacos. Sobre todo os antidepresivos, dos que se duplicou o seu uso nos últimos 14 anos (http://www.elperiodicodearagon.com/noticias/aragon/consumo-antidepresivos-duplica-ultimos-14-anos_1189206.html). Ás veces, recétase o uso de mediciñas antes de tratar con terapia, sen saber se podería ser posible unha recuperación cun tratamento non invasivo. Hai que ter en conta que os fármacos poden ser moi perigosos, en algúns casos deixar lesións de por vida, e modifican a química do cerebro. Non sería mellos deixalos como último recurso? É preocupante que non se faga. Bótalle un vistazo a esta noticia, fala do tema pero no caso dos nenos con hiperatividade e que xa a temprana idade comezan a medicarse: http://www.noticiasdealava.com/2017/03/20/sociedad/cuando-la-pastilla-no-es-la-solucion

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s