A maioría dos ludópatas son mozos e engánchanse moi rápido

O perfil do ludópata cambiou moito nos últimos anos. Fai dez anos a maioría dos ludópatas encaixaba nun perfil de unha persoa de 35 a 45 anos que levaba xogando dez anos en máquinas tragaperras. Case sempre varón, casado, traballaba e tiña ingresos mensuais. Pero co avance da tecnoloxía e o alcance de internet todo cambiou moi rápido e a xente máis moza pasou a formar parte do 1% de españois que sofren da enfermidade.

Na actualidade o perfil medio do ludópata é de unha persoa de 20 a 30 anos que empezou a xogar sendo menor de idade. É o que afirma Juan Lamas, director técnico da Asociación Galega de Jugadores Anónimos (AGAJA ) e da Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados (FEJAR), na súa entrevista concedida ós alumnos do círculo de debate. Juan é psicólogo, exludópata e actúa como terapeuta na asociación que axudou a fundar fai máis de 25 anos. “Unha grande parte das persoas en terapia son mozos estudantes ou sen traballo que xogan ás máquinas tragaperras. Pero a adicción ó xogo en liña e ás apostas deportivas van en aumento e xa configuran un 40% dos pacientes en tratamento en toda España”, resaltou Juan.

Engancharse é cada día máis fácil e máis rápido

Fai 10 anos as persoas xogaban durante sete anos ata recoñecer a enfermidade e entón buscar axuda e recurrir a terapia. Hoxe os xogadores tardan máis ou menos dous anos en enfermar e buscar tratamento. “Ese proceso en psicoloxía chámase período de latencia e descendeu de maneira alarmante. Con poucos meses de xogo xa se configura unha situación de dependencia” comentou Juan Lamas. A perda do control é o factor chave para diferenciar unha persoa que xoga moito dun ludópata. O individuo comeza a ver as consecuencias negativas que a súa adicción trae ó seu entorno. Na meirande parte dos casos intenta reducir ou deixar de xogar pero ve que non é capaz de ter o control e volve a xogar. Nese momento decide buscar axuda.

O xogo en liña é máis adictivo que o presencial” destacou Juan Lamas. Esa modalidade ten características moi marcadas que fai que a persoa enferme con máis rapidez. Dispoñer de internet 24 horas, o anonimato e os dispositivos móbiles facilitan e axilizan o proceso de engancharse. Por causas parecidas as máquinas tragaperras son máis adictivas que o bingo, por exemplo. A cuestión da proximidade incide, xa que as máquinas tragaperras están preto de casa e para acudir ó bingo hai que desprezarse e pasar por controis de entrada.

¿As terapias teñen éxito?

Os tratamentos realízanse na meirande parte con terapia de grupo e psicoterapia con psicólogos. No caso de AGAJA hai a integración dun familiar para axudar no proceso que está dividido en tres fases: iniciación, intermedio e mantemento. A súa duración vai entre 14 e 24 meses. Hai un éxito do 63%: de cada 100 persoas que terminan o tratamento, 63 son capaces de estar abstinentes ó cabo dun ano. Parece unha porcentaxe de éxito moi alta, pero hai que ter en conta os enfermos que abandonan o tratamento. Hai un 30% de persoas que non finalizan o proceso, o que fai que a porcentaxe real de éxito terapeútico caia pola metade.

Os mozos recupéranse máis rápido que as persoas maiores

Os casos máis complicados de tratamento e recuperación son os da terceira idade. A motivación para o cambio é fundamental para superar calquera tipo de adicción, tanto no caso das adiccións sen sustancia coma no caso dos adictos ó alcohol e drogas. Ten que haber un forte desexo de rehabilitarse. “Cando o paciente mozo chega para o tratamento o único que sabe é que lle gusta moito xogar. De aí facémoslle ver tódalas consecuencias negativas que a súa adicción trae para a súa vida. Decímoslle que pode cambiar esa situación e que ten un largo recorrido vital para desenvolver todo o que queira cambiar” dixo Juan sobre a primeira toma de contacto cos mozos que acoden a terapia. Na meirande parte motívanse moito polos plans de futuro que teñen, como acabar unha carreira universitaria, casarse, ter fillos ou calquera proxecto ou soño por realizar.

Pero no caso das persoas maiores é moito máis difícil convencerlles do cambio. Non teñen tanta visión de futuro ou perspectivas de mellora. “As persoas maiores normalmente teñen moitísimos anos de xogo, son resabiados, machistas, teimosos e o xogo é o seu refuxio. ¿Que lle podo ofrecer? Dicirlle que lle sacaremos o único que ten?” dixo Juan recordando que nestes casos hai que contar co apoio da familia. Moitas veces o terapeuta acorda coa familia de que se intente que o enfermo polo menos reduza a frecuencia de xogo. En moitos casos as posibilidades de rehabilitación son moi baixas e chégase ó extremo de asignarse un presuposto semanal para que xogue pero de unha forma máis controlada e sen causar problemas económicos extremos.

Pero a ilusión e as ganas de facer cousas non teñen idade. Sempre hai que buscar motivacións para seguir adiante nas adversidades da vida. A motivación é a chave non só para superar unha adicción, tamén para simplemente seguir vivo.

 

Advertisements

20 comentarios en “A maioría dos ludópatas son mozos e engánchanse moi rápido

  1. Gustaríame poder negar as afirmacións deste post, pero resulta imposible non crer os testemuños de ex adictos ao xogo ou ludópatas, aínda a día de hoxe. É sorprendente a facilidade coa que se pode entrar no mundo das apostas, ao fin e ao cabo, tan perigoso coma o das drogas. Porén, non existen impedimentos para os menores de idade, como ben din as cifras aí reflexadas. Ademais, hai unha gran diversidade de casas de apostas, pouco control parental e pouca visibilización. A cuestión é: se este problema se converte nunha especie de epidemia entre os máis novos, existe algunha maneira de pór barreiras en internet ou alertar do perigo por parte dos medios ou das insititucións?
    En canto á terceira idade paréceme que o motivo que aquí se explica, a resistencia ao cambio, é o que máis frea a estas persoas a deixalo, non teñen outra motivación nin tampouco son capaces de verse como enfermos. No tocante a isto deixo por aquí un link sobre o libro “Ana” de Roberto Santiago, onde se relata o mundo da ludopatía vivido dende primeira man. Santiago practicou o xornalismo de inmersión para escribir este libro, pode ser interesante:
    http://www.huffingtonpost.es/2017/02/24/roberto-santiago-ana_n_14989882.html

    Liked by 1 person

    1. Para a túa pregunta un bo plantexamento sería cambiar a actual ley que regula o xogo. É moi permisiva en canto á publicidade e penso qu é a principal vía para ilusionar os mozos a facer apostas e adentrarse así no mundo do xogo. Os seus ídolos do deporte invítanlles a diario a xogar poker online e todo tipo de actividades para maiores de 18 anos. Incluso en horario protexido. Hai moito que cambiar.

      Gústame

      1. Dende logo que si Aline. Pero no caso de que as institucións non se plantexen cambiar, renovar e evolucionar; non é labor dos medios visibilizar unha lacra que pouco a pouco vai enredando a persoas que non se decatan do que lles ven enriba? A voz que se lles da nos medios é mínima. Pódense exceptuar casos aislados, como este artigo do ABC no que relata a historia dun ex ludópata. Aquí amósase detalladamente unha historia persoal, creo que é un bo exemplo de comunicación interpersoal:
        http://www.abc.es/espana/castilla-la-mancha/toledo/abci-ludopatia-partida-mas-cara-201702061144_noticia.html
        Por outro lado, tamén é certo que no xogo da publicidade tamén entran os medios. Ao fin ao cabo, un medio de comunicación debería controlar que tipo de anuncios decide emitir, isto tamén forma parte da visibilización da enfermidade.

        Gústame

  2. Concordando en case todos os aspectos con este artigo, considero que máis ca un cambio do perfil do ludópata, o que ocorreu foi unha extensión masiva a outras idades ca chegada das apostas en liña. Pois, hoxe en día, o común segue sendo que os usuarios habituais de casinos e os xogadores de poker correspondan ao perfil citado anteriormente (varón, casado e con traballo). Certo é que nos últimos anos naceu certo incursionismo doutros perfís neste mundo, pero os xogadores máis habituais e que máis cantidades invirten seguen sendo os anteriormente mencionados.
    De tódolos xeitos, non deixa de ser preocupante a chegada deste sector ás vidas deste novo perfil, rapaces de entre 15 e 30 anos. Gustaríame mostrar especial atención aos apostantes menores de idade que, sen ningún tipo de control, se citan na máquina presencial de turno para apostar en calquer bar da cidade. Sen dúbida, estas máquinas parecenme o maior perigo de cara a unha futura ludopatía, pois non contan con ningún control nin requiren tipo de rexistro algún, como ben se afonda neste artigo: https://hipertextual.com/2016/02/ludopatas-desde-antes-de-los-18 .

    Liked by 1 person

    1. É verdade, Sergio. Unha parte dos propietarios de bares non cumpren a lei e permiten o acceso ás máquinas tragaperras ós menores de idade. O mesmo pasa nas sucursales de loterías en bares, é moi facil apostar sendo menor. Se non hai un aumento da vixilancia non hai motivación dos propietarios dos locais para cambiar a actitude. Online xa é demasiado: os menores poden xogar sen facer rexistro con cartos de mentira a modo de simulación e xa van enganchándose.

      Liked by 1 person

      1. Exactamente, Aline. As máquinas tragaperras son o ocio máis adictivo que existe nestes momentos e carece de control algún. Calquer menor pode acceder a ela sen que ninguén lle pare os pés e, aínda que non ten por qué ser función do hosteleiro, sí que debería existir algo ou alguén que vixíe o acceso á máquina.
        Disto fala Ana Estévez e outros estudosos do tema neste artigo de La Nueva España, no cal defendem esta postura que estamos a tratar e que nos pode axudar a coñecer un pouco máis sobre o tema, tanto as causas como as consecuencias.
        http://www.lne.es/asturias/2017/02/18/tragaperras-son-juego-adictivo-nadie/2059583.html

        Gústame

  3. Aline, estou de acordo coas ideas que expresas nesta publicación. A ludopatía é un problema moito maior do que pensamos. Afecta en gran medida a moitos mozos e mozas menores de idade que se introducen neste ámbito sen ser conscientes dos seus perigos. Cada vez temos máis casas de apostas cunha oferta moi suculenta para a poboación máis nova, que se ve atraída en gran parte polas apostas deportivas pensando que é un xeito moi sinxelo de gañar cartos. Deixo este enlace a unha noticia do Diario Atlántico que me parece moi interesante ( http://www.atlantico.net/articulo/vigo/movil-modifica-rutina-estilo-vida-nuestros-hijos-fijar-normas/20170318012712578811.html ), xa que trata a problemática das apostas deportivas na xuventude.

    Liked by 1 person

    1. O mundo das apostas deportivas é moi peligroso porque se trata dun xogo moi lúdico que une o deporte, as probabilidades e a irresistible idea de predecir o resultado dun partido. Seguen sendo a principal modalidade, a máis atractiva e adictiva para a maioría dos ludópatas, sexa cal sexa a súa idade.

      Gústame

  4. Como ben dis no comezo do post, na actualidade o perfil do ludópata é dunha persoa entre 20 e 30 anos e incluso menores de idade. Os nenos e adolescentes cada vez xogan máis a facer apostas nas redes sociasis, sexa Internet ou sexan programas en directo pola televisión. Ao parecer estamos moi preocupados coa incidencia da ludopatía entre os xóvenes do noso pais. Realmente é unha gran preocupación, pero porque non se comenta o que implica isto nos adultos ou incluso nas persoas de terceira idade?
    Como ben sabemos existen preocupacións e problemas que desencadean en ocasións en outras inquietudes. As experiencias vitais propias da etapa de vellez, como a xubilación, a perda de parexa, o distanciamento ou unha distante relación cos fillos, entre outros, son factores de ricos para persoas de idade avanzada de sufrir trastornos de xogo.
    A continuación poño o enlace dun vídeo no que se conta a historia de Manuel, ludópata durante máis de 15 anos. Un relato verdadeiramente digno de escoitar e que da para pensar e recapacitar sobre este problema que viven moitos na sociedade.

    Liked by 1 person

    1. Coma no caso de Manuel, moitos ludópatas non recoñecen a súa enfermidade e acoden á terapia por obriga da súa familia. Sempre pensan que na próxima aposta gañarán todo o diñeiro gastado ata entón e poderán saldar as deudas e facerse ricos. É un bucle interminable e cada vez teñen máis deudas e máis mentiras para encubrirlas. O seu cerebro acostúmase á sensación de pracer que lle da o xogo e cada día pide máis e máis. A terapia é fundamental para romper ese ciclo e a familia ten que reaccionar rápido e buscar axuda.

      Gústame

  5. É moi preocupante a situación actual. Aquí en Santiago de Compostela, no centro que non é moi grande hai catro salas de xogos, máis un no centro comercial. E é unha cidade pequena maioritariamente de universitarios. Como non vai a haver adictos? Apostar, xogar, estase a converter nunha maneira de relacionarse, nunha actividade de ocio que ademáis está ao alcance de todo o mundo. Non é necesari odesplazarse ata un casino ou unha sala de xogos, porque con internet podes apostar cantidades inxentes de diñeiro desde o sofá. Isto é un gran problema, é coma se se puxesen ciarrillos ao alcance de todo o mundo. Todos sabemos que é dañino e o que pode pasar, pero ao final todo o mundo acabaría fumando coma antes. Pois co xogo é igual. Non se lle da repercusión suficiente á ludopatía, non se lle da importancia, e isto repercute en que pérdeselle o medo a poder ser adicto e un non se da conta ata que xa é demasiado tarde.
    Recoméndoche este artigo: http://elprogreso.galiciae.com/noticia/658514/el-juego-online-provoca-que-cada-vez-haya-mas-jovenes-ludopatas
    Sendo cada vez máis xóvenes lodópatas, é importante normaizar máis a ludopatía para comezar os tratamentos a tempo, para poporcionar axuda a quen a necesite, porque se non esta non chegará a tempo. Enviar a mensaxe de que a lodopatía é unha enfermidade, que a longo plazo custa máis curar e que pode ser perigosa porque pode desmontar vidas enteiras.

    Liked by 1 person

  6. Es un análisis muy completo. El tema lo hemos estado repitiendo, si los más jóvenes son los más afectados deberíamos tratar de mejorar la educación en este aspecto.

    Por otro lado, también saber educar a la ciudadanía: tratar esto como un problema real. Que la familia en lugar de avergonzarse lo trate como una adicción y no una responsabilidad suya.
    Por último, añadir que has cerrado de forma muy acertada el post: es la ilusión y la fuerza por una nueva vida la que ha de hacer que estas personas den pasos hasta cumplir sus objetivos vitales y salir de la espiral.

    Gústame

  7. Unha cousa que me parece que se está a obviar nos posts deste grupo son as tendencias delictivas que poden derivar dun comportamento ludópata. Non me refiro só ó negocio de dudosísima reputación que conleva á sombra do xogo, senón nas propias incurrencias dos xogadores afectados por esta enfermidade. Varios poden cometer delitos para sustentar a súa adicción afectando tamén a terceiros alleos a estas persoas. Aquí un caso que me chamou a atención:
    https://psiquiatrianet.wordpress.com/2016/06/18/la-justicia-ampara-a-un-cartero-ludopata-que-retenia-envios/

    Gústame

  8. Moi bo post, sobre unha problemática cada vez máis presente na nosa sociedade. Pareceme increíble que nos tempos nos que estamos, se deixe que os xóvenes envicien e poidan xogar tan fácilmente, na miña opinión as autoridades no están a sancionar adecuadamente a quen permite xogar aos menores ni a sensibilizar a poboación dun problema que destrue vidas e familias por completo. Eu mismo sei de primeira man está facilidade, teño amigos que comenzaron sendo menores a entrar aos lugares de apostas coa total permisión da xente que leva o local e que agora vense con dificultades pra saír deste mundo. Aquí deixo un enlace relacionado con este post sobre os novos ludópatas.
    http://elpais.com/elpais/2015/05/04/opinion/1430767469_638090.html

    Gústame

  9. Ola Aline, o certo é que parece que este é un problema de difícil solución. O aumento das casas de apostas que invaden as nosas rúas fai que os máis novos se acheguen ao xogo como algo normal e inofensivo, cando como ben reflectiu Juan Lamas isto non é certo. Por outra banda, tal e como amosas na publicación, o acceso a Internet parece ser un dos maiores incentivos da ludopatía. É como poñer a unha persoa alcohólica servindo copas nun bar: probablemente lle resulte moito máis difícil resistir á tentación.
    No tocante a este tema gustaríame saber se o estado está tomando medidas non só para axudar aos ludópatas, senón tamén para previr a propia ludopatía. En Panamá, por exemplo, xa existe unha lista onde as persoas que teñan problemas co xogo se poden apuntar para que se lles negue a entrada aos casinos. Déixote por aquí a noticia. http://www.prensa.com/sociedad/ludopata-prohiban-casinos-Panama-procedimiento_0_4711028867.html

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s