Cando a prensa deixa de ser a «voz do pobo»

Estamos acostumados a definir os medios de comunicación coma unha ferramenta de loita e reivindicación para calquera persoa, unha axuda chave para dar voz ós que habitualmente non a teñen. Porén, en moitas ocasións a prensa decántase máis ben por unha serie de criterios menos profesionais, baseados en relegar ó ostracismo certos contidos ou mesmo enfocar a información en torno ó morbo para vender máis (Armand Mattelart e Michèle Mattelart, 1997). É a crise do «amarelismo» dos nosos tempos.

Os medios de comunicación locais non lle outorgaron a importancia que realmente tiña o Plan de Mobilidade. No período no que o Concello estivo a negocialo e abriu canles de participación cidadá, os xornais non se fixeron eco do mesmo e só publicaron pequenas novas informativas xa rematado e aprobado polo Pazo de Raxoi o devandito Pacto. O resultado final: dúas únicas propostas da veciñanza e, ademais, rexistradas fóra de prazo. Quizabes se os medios tivesen informado con maior antelación a cidadanía tería participado dun xeito maior nun Plan que vai rexer as medidas do goberno municipal durante os próximos quince anos.

Xa que logo, aquelas persoas ás que máis lles atinxe a efectividade e cumprimento do Pacto Local de Mobilidade téñeno moi claro. Os medios de comunicación non atenden as súas demandas e, no canto de seren un elemento de representatividade e exposición da súa situación, apostan por relegar a un segundo plano a estes colectivos atendendo a intereses propios. Para Esther, da Asociación Veciñal ‘As Marías’, cómpre salientar que os medios de comunicación teñen un papel «moi relevante» posto que logran centrar a atención da cidadanía nun aspecto determinado. «Se tivesen feito unha campaña de concienciación e reflexión sobre o Plan de Mobilidade, terían conseguido unha maior participación da sociedade compostelá», aseverou. Pola súa banda, Suso, profesor retirado, opina que é un factor fundamental o «grao de independencia» do xornalista, así como o sustento financeiro e a liña editorial do medio.

A morbosidade prima sobre o labor de concienciación e prevención

Un claro exemplo de carencia do código deontolóxico dáse, como ben expón o representante de Composcleta Vicente Otero, á hora de tratar os múltiples atropelos a peóns e ciclistas. Este tipo de informacións aparecen, normalmente, caracterizadas polo papel protagonista que toma o sensacionalismo. Son frecuentes os titulares vistosos nos que se resalta o número de falecidos e feridos —así como a gravidade das lesións producidas— e as imaxes morbosas que amosan o incesante tránsito de ambulancias, accidentados e o malestar dos mesmos. «É bastante desagradable para os familiares e amigos da vítima ver imaxes tan explícita do accidente», explica. En outras ocasións, a tendencia semella ser culpar á vítima, argumentando falta de luminosidade ou das medidas de seguridade precisadas, ou mesmo falando de «despiste» do condutor.

Para Vicente, o quid da cuestión radicaría en falar alto e claro desta problemática tentando atopar unha solución dende o poder que chega a exercer a prensa sobre a sociedade considerando que se debe «falar da accidentalidade vial e tentar buscarlle solucións. É preciso identificar ós agresores como agresores e ás vítimas como vítimas, e non ao revés como se está a facer agora». Así e todo, lembra un incidente acaecido hai preto de dous anos en Compostela: «Hai dous anos atropelaron a un octoxenario en cadeira de rodas na Praza do Obradoiro e, en cambio, a prensa local apenas lle deu difusión a un suceso tan grave no que non había escusa posible. Deberían de facerse campañas de denuncia e prevención por parte dos medios», salientou.

Con todo, Suso considera que ese tipo de informacións son tratadas pola prensa con frecuencia, máis dun xeito moi simple e illado. O problema radica en que o redactor se limita a relatar os feitos sen incidir no estado das estradas, o nivel de luminosidade ou a validez dunha determinada persoa ao volante. En cambio, apunta que o xornalista «debería contextualizar e facer análise e denuncia dos feitos para levar a cabo unha campaña de prevención».

Os medios teñen un gran poder de influencia e concienciación, positiva e negativamente

Outro aspecto a ter en conta é a linguaxe empregada pola prensa cando fai referencia a persoas con mobilidade reducida. Neste punto intervén Ánxela López, de VIgalicia, ratificando que «en moitas noticias poñen cousas como “chica confinada en cadeira de rodas”, “inválida”, “impedida”». Deste xeito, no canto de apostar por unha linguaxe máis inclusiva e termos que non firan os sentimentos de ninguén, o único que se consegue é amosar a concepción negativa da persoa. «É coma se ti mesma tiveses a culpa», relata Ánxela, quen defende como representante do Foro de Vida Independente que todos somos cidadáns e merecemos ser tratados co mesmo respecto.

_SAM7323.JPG
De esquerda a dereita, Esther, Sofía e Ánxela.

Sofía, estudante de Educación Social con mobilidade reducida, resalta que «un dos principais problemas é a imaxe que se dá nos medios da diversidade funcional; por estar en cadeira de rodas non son inferior a outra persoa que non o estea, o tratamento destas informacións ten sempre unha connotación triste e negativa». Como exemplo, Sofía destaca que en moitas ocasións a prensa salienta que unha persoa con mobilidade reducida consiga un título universitario, e ás veces felicítase máis á institución que á propia persoa a pesares de que «seguramente lle tivesen posto moitas trabas». Alén diso, incide no enorme «poder de influencia e concienciación» que poden exercer os medios de comunicación na sociedade, ben sexa de xeito positivo ou negativo.

Advertisements

15 comentarios en “Cando a prensa deixa de ser a «voz do pobo»

  1. Buenas, Yuri.
    Sin ningún tipo de dudas, en este tipo de actitudes se puede ver los intereses de los medios de comunicación. Sobre todo, me gustaría apoyar la afirmación del representante de composcleta. http://ciclismoenasturias.com/los-tuneles-de-la-n-630-siguen-sin-iluminar/. Este artículo escrito en una de las páginas web con mayor seguimiento por la familia ciclista asturiana, y que pone de relevancia la falta de iluminación en los túneles de la N-630, así como los accidentes sufridos por ciclistas en los últimos años, tan sólo tuvo cabida en el diario “La Voz de Asturias”. Mientras la información cuando ocurre un atropello fluye con total rapidez de redacción en redacción, no ocurre lo mismo a la hora de buscar las causas de estos accidentes y ponerlos en un contexto adecuado.
    Así vemos como el propio interés del medio, se funde con los intereses de la administración en este caso, negando así la oportunidad de dar voz a estos colectivos.

    Gústame

    1. Estou completamente de acordo co que amosas na túa publicación, Yuri. Os medios de comunicación teñen que empregar esa influencia que teñen sobre a cidadanía para conciencialos de que é necesario cambiar o plan de mobilidade tanto para ciclistas, como para peóns ou persoas con discapacide, pois están son as que máis sofren os problemas á hora de desprazarse.
      Nesta noticia de Burgosconecta http://burgosconecta.es/2017/03/17/movilidad-abordara-la-creacion-de-ciclocarriles-y-ciclocalles-como-proyecto-piloto/ fálase de crear novos carrís para que os ciclistas se poidan desprazar pola cidade sen arriscar a súa vida indo ao lados dos coches polas estradas e sen ter que ir polas beirarrúas molestando aos peóns. Gustaríame saber a túa opinión sobre esta medida e se cres que se podería implantar nunha cidade como Santiago.

      Liked by 1 person

      1. Grazas polo teu comentario Iago. Unha vez lida a noticia que me propós, penso que se trataría dunha medida moi interesante para Santiago de Compostela, xa que se trata dunha cidade principalmente peonil e chá. Porén, como ben nos expuso o representante de Composcleta Vicente Otero, o obxectivo principal da súa organización non é a construción dun tramo de carril bici neste Concello, senón que o que procura é acadar unha maior convivencia entre os condutores de automóviles e autobuses e aquelas persoas que empregan a bicicleta tamén como medio de transporte. Así e todo, tamén destaca por ser unha entidade que leva a cabo numerosas iniciativas que promoven o uso da bici (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2017/03/05/composcleta-propone-ruta-bicicleta-mes-ciudad/00031488664677445740223.htm).

        Liked by 1 person

    2. Gracias por tu comentario Diego. Efectivamente, los medios parecen atender en muchas ocasiones a sus propios intereses olvidándose de su vocación histórica de dar voz a aquellos que no la tienen. No obstante, cuando se acuerdan de estos colectivos y deciden cubrir determinadas informaciones lo hacen con un tono espectacularizante y morboso para llamar la atención del lector y conseguir más visitas. He aquí un ejemplo de ello: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/a-guarda/2016/03/12/atropello-multiple-gravedad-guarda/0003_201603201603121457779425015.htm
      En otras ocasiones incluso deciden ilustrar la noticia con imágenes o videos llamativos del propio accidente.

      Gústame

      1. Sen dúbida hai que fomentar o tipo de iniciativas que promoven os de Composcleta. Hai que intentar alcanzar unha igualdade entre os vehículos e as persoas que empregan as bicicletas para desprazarse, porque todo o mundo ten o dereito de empregar o medio de transporte que queren. Para lograr inculcar o emprego da bicicleta hai que comezar cos máis pequenos, porque van a ser eles os herdeiros de todos os avances que nos lles imos deixar. Nesta liña vai a seguinte noticia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/naron/2017/03/22/nuevo-premio-estatal-equipo-educacion-viaria-naron-fomentar-uso-bicicleta/0003_201703F22C5994.htm onde o equipo de educación viaria de Narón recibiu un premio por fomentar o uso da bicicleta entre os nenos.

        Liked by 1 person

  2. Boas Yuri!
    Como ben di Ánxela, “todos somos cidadáns e merecemos ser tratados co mesmo respecto”. Na actualidade tanto as persoas con algunha enfermidade mental como as persoas con mobilidade reducida son discriminadas pola sociedade, tratadas con inferioridade na maioría das veces.
    Esto en ocasións , é culpa dos medios. Tanto na prensa como na televisión, as noticias deste tipo de persoas son tratadas con connotacións negativas e non deixan ver máis alá do que estas persoas non son capaces de facer.
    Ademais das trabas que se lle opoñen no seu camiño como por exemplo: as complicacións para subir a un autobús urbano , teñen que aguantar esta “discriminación”. Algo que se ve claramente en canto ao tema do emprego, onde son reixetados en moitas empresas.

    En relación ao tema do despido a estas persoas incapacitades, atopei este enlace no que Juan Vicente Moreno , un empleado de sanidade foi despedido por ser discapacitado. Unha historia verdadeiramente triste, non cres?
    http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2016/10/03/57f12c3aca47416c768b4607.html

    Gústame

    1. Ola Lorena. Efectivamente, aínda temos un longo camiño que percorrer para lograr unha correcta integración no mundo laboral. Baixo o meu punto de vista, aquí teñen unha gran responsabilidade os medios de comunicación, que deberían facerse eco desta situación para concienciar á sociedade de que falta moito por progresar, e a noticia do despido de Juan Vicente Moreno é unha mostra máis diso.
      Precisamente outro dos puntos nos que incidían Ánxela e Sofía era o tratamento da prensa sobre determinadas informacións. Deixo aquí un exemplo que me parece moi interesante (http://www.lacerca.com/noticias/cuenca/ayuntamiento_reconoce_premia_labor_cinco_mujeres_conquenses-354132-1.html). O xornalista resalta que unha persoa con diversidade funcional —aspecto que califica como “mundo de la Discapacidad”— logrou graduarse en Bioloxía. Como ben puidemos aprender grazas ó noso Círculo, todos somos igual de “capaces”.

      Gústame

      1. Resultoume de agrado coñecer o caso de Yolanda Caracena Condés, a que se menciona no artículo que facilitaches. Grazas ao esforzo da súa familia e a gran forza de vontade, conseguiu terminar a carreira de Ciencias biológicas, aprobando máis tarde as oposiciós e incorporándose ao mundo laboral.
        Sen dúbida, esa parte da sociedade que pensa que unha persoa con discapacidade é inferior aos demais, seguro que cambiaría de opinión ao coñecer casos como estes.

        Anteriormente puiden leer un artículo da Fundación Atresmedia e a Fundación Randstad onde presentaban o estudo ‘Jóvenes, discapacidad y empleo’. Unha acción verdadeiramente positiva que permite a entrada dos xóvenes con dispacidade no mundo laboral , o que supón un progreso para eles. Aquí deixo o enlace, onde se explica este estudo:
        http://fundacion.atresmedia.com/actividades/proyecto-pro/sala-de-prensa/fundacion-atresmedia-fundacion-randstad-impulsan-estudio-jovenes-discapacidad-empleo_2015120100074.html

        Gústame

  3. Los medios de comunicación en Perú, como en cualquier parte del mundo tienen mucha influencia en las personas, se establece la agenda Setting, te dice de que debes hablar, se establece el espiral del silencio, si tu opinión no es la misma que la de los demás, cámbiala, pero no digas lo que piensas calla, se establecen muchas teorías, en ésta relación entre el medio y yo, y tú y nosotros. Normalmente los temas de conversación en las reuniones son los uno y mil escándalos de un personaje “realitty”, quien posteriormente por haber tenido “cámara”, pasa a ser reportero y por último periodista, o como ellos dicen “opinólogo”, es lamentable ver a un profesional pateando lata, y a un escandaloso hablando de ética y moral en la pantalla.

    Gústame

    1. Tienes toda la razón Katty. Efectivamente, los medios de comunicación actualmente se preocupan más por el famoso “clickbait” que por ofrecer contenidos veraces, con rigor y calidad. Es decir, lo más importante es llamar la atención para tener el mayor número de visitas posible. Aquí te dejo el enlace a una noticia que me parece muy adecuado como ejemplo de lo que vengo comentando: http://www.minutouno.com/notas/1544244-video-asi-asesinaron-golpes-al-turista-argentino-rio-janeiro. El gancho es ofrecer imágenes impactantes que, como el propio periodista indica, pueden herir la sensibilidad.

      Gústame

  4. El morbo vende, y los medios de comunicación lo saben, solo con una cara bonita y un buen físico tu coeficiente intelectual es tema de último escalón, algo irrelevante si se trata de tener fama, y hacerte un espacio en los medios.

    Fin de la conversación

    Liked by 1 person

    1. Toda la razón. A día de hoy tienen gran cabida en la prensa todas aquellas personas de cierto renombre por su físico, fama o cualquier asunto relacionado con el morbo. En cambio, puede que al medio no le interese dar voz a un científico o cualquier persona que se vea afectada por un asunto que quiera dar a conocer. Aquí dejo un ejemplo que considero muy apropiado: http://www.europapress.es/chance/tv/noticia-belen-esteban-maria-teresa-campos-juntas-14-anos-despues-primera-entrevista-20140720175224.html. Una entrevista a Belén Esteban basada en el morbo, el sensacionalismo y en llamar la atención del lector.

      Gústame

  5. Boas Yuri,
    “a morbosidade prima sobre o labor”. É imposible dicilo máis claro do que ti o fixeches. A exhaustividade no xornalsimo seméllase haber reducido a unha lenda. O noso grupo de traballo topouse coa mesma realidade nunha reunión co círculo: os xornalistas chegan, cubren a noticia e marchan. Non se toman a molestia de profundizar un mínimo no tema para elaborar unha peza informativa con valor. O xusto para presentalo na redacción, a lei do mínimo esforzo. E se os temas que se tratan poden ser escabrosos, mellor. Unha noticia vendible é preferible a unha con auténtico valor formativo ou concienciador. Eu pregúntome, onde quedou o código ético do xornalismo? Semella ser outra lenda.
    Déixoche o link a un artigo de opinión de Irene Lozano no que fala de como as noticias convertéronse nun produto. Paga a pena lelo: http://elpais.com/diario/2011/04/14/opinion/1302732005_850215.html
    Un saúdo!

    Gústame

    1. Ola, Pablo. Creo que o teu comentario está moi acertado porque das no clavo nun concepto fundamental. Efectivamente, as noticias convertéronse a día de hoxe nunha simple mercadoría. A información, no canto de ter a vocación de axudar á sociedade, non é máis que un produto coma outro calquera e, como tal, o obxectivo é vendelo. Polo tanto, as noticias van estar condicionadas a unha serie de intereses alleos ós meramente éticos e xornalísticos, como ben indica Irene Lozano. Aquí che deixo o enlace a un artigo que penso pode resutar de interese respecto ó que estamos a falar sobre a independencia do xornalista e a axenda mediática http://www.lavozdelsur.es/cebrian-y-la-hegemonia-menguante

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s