Que ocorre despois dun desafiuzamento? As alternativas habitacionais e os problemas que acarrexan

Todo desafiuzamento é un gran problema. Mais o que realmente preocupa non é perder a propiedade, senón o que facer e a onde ir despois deste proceso. Como xa viramos nun dos post anteriores do blogue, a nosa reunión co círculo foi moi enriquecedora a todos os niveis. E neste tema, os seus participantes tiveron moito que dicir tamén.

Jaime, colaborador da asociación Stop Desahucios, referíndose ao proceso que conleva un desafiuzamento afirmou que “una cosa es lo que se ve en la tele, que muchas veces se ve que lo hemos parado, y lo que sucede realmente”. Segundo nos contaba, despois do ditame de desafiuzamento, adoitan vir uns 10 ou 15 días nos que practicamente viven no portal das persoas afectadas á espera da seguinte chegada da policía. Cun único fin, paralizar á comitiva xudicial. “Hay un jueguecillo, como el gato y el ratón, en el que al final siempre acabamos perdiendo”, contaba. Pois, desgraciadamente, o desafiuzamento sempre remata levándose a cabo. Porén, en todo este tempo que transcorre dende a resolución do desafiuzamento ata o desaloxo da vivenda, a asociación pelexa polos afectados, co fin de “si no había una solución de alternativa habitacional para la gente que va a ser desahuciada, pues encontrarla”. Un proceso que Jaime denominou como “duro, pero muy duro”.

aurelia rey

Portal de Aurelia Rey durante o proceso de desafiuzamento. Imaxe de César Quian para La Voz de Galicia.

Ademais, comentaron que hai veces nas que tiveron que ocupar a oficina de asuntos sociais para presionar. O obxectivo principal non era saír de alí cunha vivenda, senón que a xente non se esquecera do que estaba a suceder. Este foi o caso de Aurelia Rey, un proceso que para Jaime durou 20 días pero que Javier (outro colaborador desta asociación) tivo que corrixilo, xa que todo o que conseguiran ocorreu en tan só unha semana “aunque pareciera más”. Jaime, sorprendido, afirmaba que era normal que lle parecera máis tempo, “fue una semana intensísima”. Un proceso curto pero de moita tensión que rematou cunha vitoria, que foi que Aurelia non se quedara na rúa.

“Nosotros por lo que peleamos en el fondo es por el derecho a la vivienda, por que nadie se quede sin techo”

Referido a todo este proceso, Jaime puntualizaba que o ideal sería que cada desafiuzado puidese quedarse no seu piso, no seu barrio… mais sería practicamente imposible. Hai veces nas que isto se consegue chegando a un acordo co banco para un aluguer social da vivenda na que estaban. Aínda así, hai outras veces nas que se conseguen dacións e outras situacións que tampouco supoñen a perda directa da vivenda. Unha alternativa que, polo menos dentro do malo, non deixa a ninguén na rúa.

Porén, moitas veces estas vitorias poden ser agridoces. Así o comentou Carlos, un exafectado que segue colaborando na asociación como activista, sobre un dos últimos casos que tiveron na plataforma. O pasado mes de xaneiro, Fátima Ajmil, unha muller marroquí cunha nena pequena, estaba a piques de seres desafiuzada en Miño. “Resulta que fuimos hasta allí con nuestra pancarta y se apuntó hasta el alcalde, que salió en la foto con nosotros” relataba Carlos. Garantizouse que se ía encontrar unha alternativa habitacional para esta muller e a súa filla, e así foi. “Pero a los dos meses nos está llamando que ahora no tiene luz y que el calentador que tiene da para una oficina, no para una ducha, engadiu.

fatima

Fátima Ajmil dende a terraza do seu piso. Imaxe da Cadena Ser.

Outras alternativas non moi alentadoras

Unha das opcións que poderían seguir os afectados sería a vía do aluguer. Porén, non é unha alternativa demasiado accesible en moitas ocasións. Segundo comentaban na reunión, nestes momentos hai unha burbulla co aluguer. Cada vez hai máis demanda de alugueres, co cal, estes seguen a subir de prezo sen parar. “Para esta gente es una barrera que les impide en el fondo acceder al mercado de la vivienda”, indicaba Jaime, polo que destacou que “nosotros lo que pedimos es el alquiler social, que son precios ajustados a la renta que tiene cada persona”.

Con respecto a isto, Carlos engadiu que “además, para alquilar te piden un seguro que se llama Seguro de Impago, que viene siendo como un aval”. Co cal, se unha persoa non ten nómina ou ten un traballo temporal ou precario, xa non lle sería posible alugar. Así foi como lle sucedeu a outros compañeiros da asociación que se tiveron que mudar a Málaga. Uns mozos con traballos temporais que non conseguían acceder á vivenda pois, ao non presentar os contratos, non lles permitían alugar.

Por outro lado, Javier incluso comentou outra situación que está a suceder moi a miúdo ultimamente, como é o aluguer a cambio de favores. Propietarios que fan insinuacións sexuais a rapazas novas con problemas para pagar o aluguer co fin de facer unha rebaixa no prezo. Cousa que, polo que se ve, non é un caso illado, pois dentro da asociación xa houbo dúas mulleres que denunciaron esta tentativa. Algo “indignante”, tal e como recalcou Jaime, “a quien le proponen eso, no tiene muchas más opciones”. É ceder ou quedar na rúa.

Advertisements

22 comentarios en “Que ocorre despois dun desafiuzamento? As alternativas habitacionais e os problemas que acarrexan

  1. Sen dúbida os desafiuzamentos son un feito moi latente na nosa realidade actual. Do post chámanme a atención dous dos últimos puntos a tratar, e son eses “alugueres sociais” e os “alugueres a cambio de favores” dos que nos dalas, Paula. Penso que aínda sendo subtemas ou ramificacións dentro do que estades a tratar con Stop Desahucios, non deberían pasar desapercibidos. Atopo que non coñecemos moito preto deles e que habría que facer máis eco sobre aberracións coma os favores sexuales a cambio do aluguer. É dicir, entendo que no mundo no que vivimos ninguén fique demasiado descolocado ao oír falar fin feito illado coma tal, pero que algo así se estea a convertir en tendencia? É intolerable… Creo que hai que dalo a coñecer.

    https://www.google.es/amp/elpais.com/diario/2008/04/22/sociedad/1208815207_850215.amp.html

    Neste artigo El País fala disto. Semella que onde más se está a levar a cabo esta práctica ou quizá onde máis voz se llevará está a dar é en Inglaterra. O que pasa é que aquí ao non estar penada a prostitución é moi difícil lidiar cun caso no que as dúas partes aceptan o trato a sabendas de que unha das partes está a ser chantaxeada por non ter outro recurso. Deben pensar que é mellor agochar o problema que recoñecer que non saben solucionalo e polo menos intentalo.

    Doutra banda gustaríame saber se comentaron máis a fondo na reunión co círculo sobre os alugueres sociais e cuestións relacionadas con esta. Seica hai listas de espera para acceder a eles, pero tamén hai a quenes non los dan por non cumplir cos requisitos… Comentaron algo deste procedemento?

    Gústame

    1. Grazas polo teu comentario Rita. Con respecto aos alugueres a cambio de favores, o maior problema non é que unha persoa busque piso e ceda ante anuncios coma este, senón que unha vez unah persoa xa leva un tempo vivindo nunha vivenda e aparecen problemas económicos, o propietario faga ofertas sexuais ás mulleres cando sabe que non teñen ningunha outra alternativa. Cando saíu este tema na reunión que tivemos co Círculo fixeron hincapé en que se coñecíamos algún caso coma o que che acabo de comentar que llo dixéramos, pois interésalles moito loitar contra estas tentativas.
      Por outro lado, referido aos alugueres sociais, o tema que comentas sobre o acceso e as listas de espera non o tratamos. Por desgraza o tempo que tivemos para reunirnos co Círculo non nos permitíu centrarnos tanto nos aspectos técnicos dos alugueres sociais. Para máis información sobre eles, recoméndoche este enlace http://jovenesletrados.es/faq/alquiler-social.html onde explica bastante ben os procedementos. O que sí se comentou foi que aquí en Galicia trátase a problemática da vivenda nos desafiuzados coma caridade, non coma un dereito, como algo necesario. Algo que, evidentemente deberíase denunciar e polo que protestar.

      Gústame

      1. Tes razón Paula, loitar contra ese tipo de prácticas é primordial. Parece que con todo isto, ás plataformas como Stop Desahucios se lle suman os deberes e cada día teñen que facer fronte a chantaxes e inxustizas máis fortes, posto que en moitas ocasións, as autoridades carecen do interese ou a humanidade precisa para tratar estes temas.
        http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilanova-de-arousa/2017/03/14/familia-vilanovesa-logra-moratoria-pago-hipoteca-esquiva-desahucio/0003_201703A14C3991.htm
        Nesta noticia de hai unha semana fálase dunha familia que coa axuda da plataforma puido conseguir unha moratoria de cinco anos para pagar a súa hipoteca. Di José Manuel Pena, cabeza da plataforma, que aínda que as cousas non están moi ben pódese pensar que o seu traballo anda a dar os froitos que buscaban e van avanzando. Porén, o seu propóstio principal semella que aínda non está ben arraigado na mente de moitos: o dereito a unha vivenda digna, para algúns, segue dependendo das capacidades económicas de cada un. Quizáis cando comecen a entender que una vivenda é un imprescindible para todos, Stop Desahucios poida finalizar a súa tarefa. Con todo, non falamos de regalos, todos temos dereitos pero tamén deberes, senón de facer fronte aos pagos requeridos na medida do posible de cada un, adaptando as posibilidades (prazos de tempo máis longos, pagos máis pequenos…) ás capacidades que teña a xente. Mentres tanto, agardaremos, se pode ser concienciando ó país, ao día no que estas plataformas queden xa non teñan a necesidade de existir.

        Gústame

  2. Por desgraza, a pesares de estar no século XXI, a realidade e que hai xente sen fogar ou que por algún motivo é botada das súas propias casas.Isto é algo contra o que non podemos pechar os ollos e facer como se non ocurrira.
    Grazas a asociacións como a que traballades vós hai moitas menos persoas na rúa das que habería sen a súa actuación.
    Nunha noticia publicada a comezos deste mes:
    http://www.bez.es/656067653/65.121-desahucios-en-Espana-desde-200.html
    dan a cifra exacta de deshaucios dende o ano 2008, 695.121. Tamén explican tal e como plasmas ti neste artigo que as leis son insuficientes e que ningún goberno se preocupou o suficiente por este tema.
    Pregúntome se as persoas coas que traballades teñen unha mentalidad positiva e pensan que isto nalgún momento cambiará ou se pola contran pensan que seguirá así ou que incluso vaia a peor.

    Gústame

    1. Grazas polo teu comentario, Judit. Pois na reunión non chegamos a sopesar a posibilidade de que isto remate nalgún momento. Carlos, un dos integrantes do círculo, queixábase por exemplo de que hai moi pouca involucración por parte das institucións neste tema e, se ofrecen algunha axuda, adoita facilitar as cousas aos propietarios, non aos que queren acceder a unha vivenda. É certo que o número de desafiuzamentos diminuíu en Galicia como podes ler na seguinte noticia http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2017/03/03/desahucios-redujeron-392-galicia-2016/00031488534329512799925.htm , mais mentres sigan funcionando as cousas desta maneira non se van erradicar para sempre.

      Gústame

  3. Boas Paula. Sen dúbida, o punto que máis me chamou a atención do teu artículo é “os alugueres a cambio de favores”. E unha das razóns polas que máis me chamou a atención foi porque non sabía nada de ese tema. Unha vez máis volven a entrar en xogo os medios de comunicación. Non sei o que opinas ti, que traballas sobre o terreo máis directamente, pero dame a sensación de que, habitualmente, os medios quédanse na parte máis superficial (e inicial) do problema. Cobren a posible liorta e punto. Non sabemos que hai antes ou despois, cal é a súa realidade.
    Esperemos que pouco a pouco esta problemática vaia gañando o terreo que merece e saian adiante iniciativas como esta http://www.noticiasgalicia.com/index.php/sociedad-santiago/35764/santiago-ames-y-teo-impulsan-un-protocolo-para-evitar-desahucios

    Gústame

    1. Boas, Eva. Pois o que comentas, por desgraza, é a realidade que teñen que soportar persoas como as que conforman o noso círculo. Na nosa reunión comentáronnos que os medios non se preocupan por saber o que está a pasar. Van ás manifestacións e dinlles o que teñen que facer e como poñerse para poder sacarlles a foto. Dende a asociación Stop Desahucios intentan facer chegar á xente toda esta problemática, mais moitas veces queda a un nivel moi baixo de comunicación. Incluso cando contactan cos medios e conseguen que lles escoiten, Jaime comentaba que ao final os medios chegaban a unha interpretación coa que eles non quedaban moi conformes.
      En canto ao enlace que me pasaches, é un bo punto de partida. Calquera acción que poida axudar a frear os desafiuzamentos é benvida. Porén, dende a asociación quéixanse da pouca involucración das institucións como xa lle comentei a Judit Beceiro no comentario anterior.

      Gústame

      1. Totalmente dacordo Paula, non están/estamos sabendo xestionar e solucionar este problema. Quizais, parte da culpa é nosa tamén…se nos movésemos máis e fixésemos algo máis de presión, esta problemática alcanzaría os medios e as institucións gubernamentais. Cal é a vosa proposta para darlle unha maior visibilidade a os desafiuzamentos?
        Déixoche esta noticia de Eldiario.com, moi interesante http://www.eldiario.es/sociedad/pasando-desahucios_0_499750885.html

        Gústame

      2. Pois a verdade a nosa acción estivo máis ben enfocada ao plano previo aos desafiuzamentos. O noso grupo repartimos panfletos na cidade da Coruña nos que alertábamos á xente que se encontrase nunha situación de desafiuzamento ou en momentos previos a este de que pedisen axuda, xa qeu hai numerosas asociacións (como Stop Desahucios) que estarán encantados de axudarlles. Ademáis, tamén tratamos de alertarlles sobre as titulizacións, un tipo de estafa por parte dos bancos e que pode axudar a gañar un xuízo contra eles se se dese o caso.

        Gústame

      3. Paula, paréceme moi boa iniciativa! Ademais do propio proceso de desafiuzamento, creo que é importante incidir en como evitalos ou como loitar contra eles. Noraboa polo voso traballo!

        Gústame

      4. Moitas grazas, Eva!! Quizáis é unha pequena acción, mais pensamos que pode concienciar a moita xente. Teñen que pensar que non están sós e que a axuda que se lles brinda sempre estará ahí. Moita xente viuse interesada cando lles demos os panfletos e moitos lían detidamente o que poñía neles. Moi pouca xente puxo mala cara cando llos demos ou os tirou ao pouco de darllos. Esperemos que sirva como reforzo para frear os desafiuzamentos.

        Gústame

  4. Boas Paula, paréceme interesante o punto no que se recalca en que, por moito que se intente, o desafiuzamento sempre se leva a cabo. Tamén é curiosa a metáfora na que se catalogan os feitos coma un “jueguecito entre un gato en un ratón no que se sempre perden os mesmos”.
    Por último, gustaríame destacar a parte na que se fala dos diferentes tipos de aluguer. Nos nosos días, esta técnica para tratar de non embarcarse no pago mensual dunha hipoteca é moi común, polo que cómpren todas as aclaracións posibles.
    Adxunto este enlace que fala da “baixada” nos desafiuzamentos en Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/03/05/cifra-desahucios-desciende-galicia-sigue-soportando-siete-dia/0003_201603G5P6992.htm

    Gústame

    1. Grazas polo teu comentario, Diego. Como se pode ver no enlace que enviaches, houbo un descenso dos desafiuzamentos en Galicia. Mais esta asociación loita por erradicar esta inxustiza. Que todo o mundo teña unha vivenda digna, porque é un dereito. É certo que é moi complicado chegar a esta situación, mais toda axuda é pouca.
      En canto a todo o proceso que conleva isto, a pesares de ser duro, é necesario. E aínda que sempre sexan eles os que perdan, moitas veces as derrotas rematan en grandes vitorias, que a persoa desafiuzada non se quede na rúa, como poder ver aquí http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/03/16/paralizan-desahucio-joven-dos-hijos-den-vivienda/0003_201703F16C3991.htm Pequenos pasos cara un futuro mellor.

      Gústame

  5. Esta claro Paula que nos atopamos ante un gran problema social que os medios de comunicación consciente ou incoscientemente están agrandando. Como puiden ver nos posts anteriores dos teus compañeiros e moi alarmante a postura que toman os medios ante este tipo de situacións, dedicarse a cubrir só aquelas noticias que impacten e podan ter un titular rechamante e unha autentica vergoña. Desgraciadmante todo vale con tal de vender, ao fin e a cabo os medios son empresas que buscan lucrarse e obter beneficios, ese é o seu gran propósito. Por esta razón cando se fala de desafiuzamentos automaticamente o relacionamos con desaloxo, xa que isto é o que os medios nos queren amosar. Persoalmente nunca me parei a pensar que acontecía despois dun desaloxo, cando ves nun informativo que un desafiuzamento é parado e suspendido, todos tendemos a pensar que o problema xa se resolveu, que a vida de esa xente agora só ira a mellor. Pero polo que se ve na maior parte das veces, isto non é asi. Por exemplo no caso de Fátima Ajmil, que descoñecía por completoestivo vivindo coa sua filla no seu coche https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=newssearch&cd=1&ved=0ahUKEwiBgIDW1-3SAhUJuhQKHVrYACoQqQIIGigAMAA&url=http%3A%2F%2Fwww.lavozdegalicia.es%2Fnoticia%2Fcoruna%2Fmino%2F2017%2F01%2F20%2Festuve-cinco-dias-viviendo-coche-nina%2F0003_201701H20C8994.htm&usg=AFQjCNEkAjj3VB-USpXGYJN8-PGXgM3jJw&sig2=mo_sVIv3WYZORp0lg6Jh_Q&bvm=bv.150475504,d.d24&cad=rja. E cantos casos máis descoñecemos que non son publicados e deberían? Todo o mundo ten dereito a unha vivenda digna, polo que todo aquel que non a ten e esta loitando por conseguir unha debería contar coa cobertura mediática necesaria para poder denunciar a súa situación. É necesario poñerlle limites a este dereito fundamental?

    Gústame

    1. Pois si Lara, por desgraza, a pesares de todo o esforzo que realizan asociacións coma esta para paralizar un desafiuzamento, moitas veces non queda todo aquí. A loita segue sempre, pois hai moi pouca implicación por parte das institucións en moitos sentidos. Moitas veces as axudas que proporcionan no tema dos alugueres adoitan beneficiar máis a quen queira sacar unha vivenda ao mercado que a quen precisa dunha vivenda para poder vivir dignamente. Por outra parte, os medios tan só se preocupan ou se interesan por certos aspectos do que está acontecer. Tratan de sacar o peor do desafiuzamento ou incluso mándanlles cantar ou suxeitar unha pancarta nun momento determinado para poder gravalos ou sacarlles fotos. Non se preocupan en profundizar no problema.
      Na nosa reunión tocamos estos temas, e para o noso círculo a vivenda é un dereito fundamental, por iso loitan nesta causa. É impensable que haia persoas que non poidan optar a ter unha vivenda digna, mais seguimos a ver xente que ten que durmir na rúa. Sería preciso unha maior implicación por parte das institución a todos os niveis para que isto non suceda. E ademáis, os medios deberían denunciar máis estas inxustizas. Ti que pensas, Lara?

      Gústame

      1. Totalmente de acordo Paula, ao final sempre se repite a mesma historia: os grandes grupos de poder son os que controlan practicamente todo e os grupos minoritarios son os que pagan as consecuencias dos seus abusos. É indignante que pese a loita de asociacións como Stop Deshaucios, realmente non se consiga nada para frear esta tráxica situación. Traballando man a man con esta organización, como pensades que lles podedes axudar a conseguir máis visibilidade nos medios e reivindicar a auténtica realidade dos desafiuzamentos.

        Gústame

      2. Pois Lara, é moi dificil esa cuestión. En verdade, a plataforma Stop Desahucios A Coruña ten moita relevancia a moitísimos niveis, mais todo o que poda axudarlles a ter unha maior repercusión farase. E, sobre todo, o que principal obxectivo sempre debe ser axudar aos afectados. No noso caso, o que fixemos foi difundir na cidade da Coruña panfletos que animaban á xente que estivese pasando polo proceso de desafiuzamento ou que este nunha situación preliminar, que non se quede calada e que busque axuda porque hai moitos grupos sociais (Stop Desahucios entre eles, por suposto) que estarán encantados de axudarlles en todo. Ademáis, alertamos das estafas por parte dos bancos, como as titulizacións. É importante que as teñan en conta xa que poden axudarlles a gañar o seu caso e non seres finalmente desafiuzados.

        Gústame

      3. Moi boa acción Paula, é necesario que a xente coñeza os seus dereitos e todas aquelas vantaxes coas que conten para poder preservalos. Cando levastedes a cabo esta iniciativa de repartir panfletos na cidade, cales foron as reacións da xente? Amosáronse interesados coa vosa labor ou pola contra indiferentes? Por outra banda gustaríame saber quen forma parte da organización de Stop Deshaucios, como adquiriron todos eses coñecementos nesta materia e que foi o que os motivou a levar a cabo esta labor comunitaria máis que necesaria.

        Gústame

      4. A verdade é que, en xeral, tiveron moi boa resposta. Sinceramente, eu sorprendinme, pois normalmente cando se reparten panfletos a xente ao collelos adoita a tiralos case ao momento, sen pararse nin sequera para ver o que din. Pola contra, puidemos ver como moita xente cando se lle entregaban os panfletos ían léndoos minuciosamente. Foron moi poucos os que meteron mala cara ao entregarllos ou que os arrugaron ao pouco de collelos.
        Por outra banda, segundo nos comentou o noso círculo, os membros de Stop Desahucios son xente comprometida coa causa dos desafiuzamentos, xente que ve unha inxustiza e que quere actuar para erradicala. Calquera que se sinta identificacado coa causa da plataforma pode unirse, co cal, fai que haia unha grande dirvesidade de persoas con diferentes coñecementos en distintos campos. Deste modo, todos os coñecemoentos que adquiren fano pola vía comunitaria.

        Gústame

  6. Os desafiuzamentos forman parte dese conxunto de problemas que saen nos medios pero non chegan á xente da forma en que deberían. Calquera que non se informe máis alá que a través da televisión, radio ou xornais, cando oe a palabra “desafiuzamento” venlle á mente as imaxes dunha manifestación ou unha entrevista na que a persoa en custión prefire ocultar o seu rostro. Pero un desafiuzamento vai moito máis alá que isto e a meirande parte da xente non é consciente de toda a realidade que envolve este problema. Talvez sexa problema dos medios por non transmitirnos a información da mellor maneira, ou talvez culpa nosa por non involucrarnos o suficiente cos temas que “non nos afectan a nós mesmos”. O que está claro é que ao ler información como a que nos contas ti neste post, Paula, todos querríamos poñerlle fin aos desafiuzamentos. Que solución pensas que sería a máis viable, polo menos, para diminuír o problema?
    Por outra parte gustaríame opinar sobre o do aluguer a cambio de favores sexuais. Como ben dis, unha das opcións ao verse na rúa é buscar un aluguer barato. A xente que aluga pisos ou habitacións tense aproveitado disto para subir os precios, o cal deixa moito que desexar por parte da sociedade na que vivimos. O que me sorprende é que aínda por riba haxa casos nos que se ofrezca unha vivenda gratis ou a precios moi baixos a cambio de sexo. É algo que descoñecía e que me decepciona moitísimo. A xente que ofrece isto sabe que está poñendo entre a espada e a parede aos desafiuzados xa que non teñen moitas opcións máis. Vexo que isto tamén foi o que máis lle chamou a atención aos nosos compañeiros e que tes varias noticias sobre o tema, pero pareceume interesante esta reportaxe así que aquí che deixo o enlace. Chamoume a atención ademais porque a noticia xa é de fai bastantes anos, porén a situación segue a repetirse: http://elpais.com/diario/2008/04/22/sociedad/1208815207_850215.html

    Gústame

    1. Grazas polo teu comentario, Esther. Pois referido ao que me preguntas no primeiro parágrafo (e como xa dixen en comentarios anteriores), penso que todo pode diminuír cunha maior concienciación, dende ás institución ata ós medios, pasando pola cidadanía. Unha cidadanía máis implicada na labor, axudaría moito á hora de que un desafiuzamento se leve a cabo. Mais é normal que isto non o ocorra porque os medios tampouco non se implican o que deberían á hora de realizar as noticias sobre os desafiuzamentos. Quédanse cos grandes titulares e fotos conmovedoras e non sepreocupan en profundizar, así nos dixeron as persoas que conforman o noso círculo. Por outra parte, a labor das institucións é fundamental. Se aportasen moita máis axuda ás persoas que están a piques de seres desafiuzadas todo iría a mellor, e o proceso de encontrar unha alternativa habitacional iría moito máis rápido.
      No referido ao que me dis sobre o aluguer a cambio desexo. Por desagraza é algo que vai a máis . No enlace que comentastes vese moi ben que esta práctica estase a normalizar. O peor é que vai dirixido a persoas que teñen moi poucos recursos, o que fai que teñan que acceder a esta práctica aínda que non queiran. Vense obrigados.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s