Victor García, Avogado do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela: “Unha vez que os discapacitados demostremos, daquela poderemos falar”

Para esta publicación entrevisto a Víctor García. É unha persoa con discapacidade, pero probablemente non o saberás ata que el cho diga. Da igual, de tódolos xeitos, que importa? De pequeno, este home quería ser xornalista, pero hoxe é un grande avogado. De feito, pertence ó Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela.  El non cre que sexa algo vocacional, malia que a súa implicación mais o seu interese polo mundo xurídico apuntan a que si o é.

Víctor ten retinose pigmentaria e cóntamo cun lixeiro toque de humor: “É un bo nome para un grupo de música pop”, di. Ogallá fose así, pero é unha enfermidade ocular que empeora co paso do tempo. Na súa realidade máis próxima  trata de pasar desapercibido entre as lindeiras dunha sociedade superficial. Decide apostar polos feitos antes que polas palabras. Demostrar, diso se trata. Sen dúbida, Víctor é unha persoa que demostra a súa valía constantemente. Deste coloquio informal aprendín a separar dous conceptos que adoitan ir da man: a discapacidade e o espírito de loita.

Comezo a miña rolda de preguntas acerca do tratamento mediático da diversidade funcional. Con respecto ao emprego dunha terminoloxía incorrecta, sorprendentemente, dime que non lle molesta. “Non comparto incorrer no politicamente incorrecto”, explica. Tampouco está totalmente de acordo coa presencia do paternalismo neste tipo de informacións porque “tamén poden resaltar os méritos das persoas malia a súa discapacidade”, engade. Ademais, aclara o seu comentario coa seguinte exemplificación: “A unha persoa que vexa ben vaille custar menos tempo ou menos esforzo do que me custaría a min realizar determinadas tarefas, pero as dúas acabamos facéndoas. Pódese destacar iso.”

Rachando coas barreiras laborais dende o primeiro contacto

Aínda que o noso afectado xa teña un posto de traballo consolidado dende hai doce anos, pode falarnos da súa experiencia na busca de emprego: “Cada vez que ía a unha entrevista trataba de ocultar o meu problema visual, xa que a empresa podería decantarse por aqueles que non tivesen ningunha limitación”, recorda. E aínda que recoñece que hai menos barreiras que antes, “as barreiras existen”, opina Victor. A educación é unha delas, posto que “os postos máis cualificados son aqueles que se adaptan mellor as persoas con discapacidade”. Aproveitando esta cuestión, Víctor lembra as súas propia vivencias como estudante: “Antes, simplemente tiña que sentarme en primeira fila para ver mellor, agora aplicaríanme unha adaptación curricular”

0 28 de decembro de 2004, Víctor García colexiouse. “Vaia inocentada para a sociedade”, chancea. Nestes momentos traballa como autónomo e non lle vai nada mal. Como a súa enfermidade avanza progresivamente, fai uso de certas “artimañas” para levar adiante a súa labor como avogado. Por outra banda, sabe perfectamente que ten unha limitación visual e tenta que esta non interfira na súa vida profesional. “Cando vou por primeira vez ás salas de vistas procuro entrar coma os demais, fíxome na disposición de tódolos obxectos para non chamar a atención nun xuízo”, comenta.

Cando se fala de diversidade funcional e emprego, fálase tamén de portas pechadas. Porén, Víctor coincide en que a súa discapacidade tamén lle abriu numerosas portas. Por exemplo, o feito de estar afiliado á ONCE permitiulle coñecer novos clientes, ademais de contar coa a súa axuda á hora de abrir o seu propio negocio. Aínda que, se se fala de emprendemento, “estaría ben contar con algún recurso máis”, matiza.

Desocultando a desigualdade empresarial

Víctor García tivo un encontrón cos Centros Especiais de Emprego (CEE). Fai uns anos, tivo que batallar cun deles, posto que a súa clienta non recibiu nin a primeira nómina. “Os Centros Especiais de Emprego son como o resto de empresas, por que non comparecen diante da sociedade de esta forma?, pregúntase. As persoas con discapacidade deben de recibir o mesmo trato, así como tamén as súas empresas. “Eu teño unha certificación de minusvalía, pero tamén un DNI coma o resto da xente, por que non ocorre o mesmo coas empresas?”, reflexiona. Os CEE non levan máis ca unha etiqueta, un elemento de connotación que separa, máis que tender pontes entre o conxunto da sociedade.

A avogacía require un amplo coñecemento do mundo xurídico. Víctor García explica os preceptos programáticos ou as leis programáticas para referirse á coñecida Lei de Integración Social dos Minusválidos (LISMI). “A metade dos preceptos da LISMI non os podes invocar diante dun xuíz, son declaracións de intención das administracións. Non hai unha maneira efectiva de obrigar o seu cumprimento”, aclara.

Ao preguntar pola súa perspectiva de futuro con respecto á relación existente entre a discapacidade e o mundo laboral, responde: “Unha vez que os discapacitados demostremos, daquela poderemos falar”. Esta sentenza é unha valiosa lección nunha sociedade monocroma e incapaz de tolerar outras cores. Víctor García é un home exitoso coma outro calquera. Non ten que ver coa súa discapacidade, ten que ver coa súa actitude: demostrar, e logo falar, sen avergoñarse de absolutamente nada.

 

Advertisements

27 comentarios en “Victor García, Avogado do Ilustre Colexio de Avogados de Santiago de Compostela: “Unha vez que os discapacitados demostremos, daquela poderemos falar”

  1. Paréceme moi boa a actitude de Víctor, iso de que unha vez que demostren poderán falar, mais eu penso que para que persoas con algunha discapacidade poidan demostrar a nosa sociedade ten moito que cambiar. Existen moitas trabas, non só laboráis, senón tamén aquelas relacionadas coa accesibilidade como é o caso que se relata nesta noticia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/pontevedra/2017/03/21/ricardo-calvario-alquilar-piso-pueda-entrar-ayuda/0003_201703P21C5991.htm. Seguimos vivindo nun mundo moi egoísta, no cal só miramos para aquilo que nos interesa e nos beneficia. Ten que producirse unha maior concienciación social, un cambio, só así poderá derrumbarse a que eu considero que é a peor barreira: a mental. Déixoche por aquí un enlace a unha noticia que trata este tema e o cal me parece moi interesante, para ver que che parece: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2017/03/14/sigue-habiendo-barreras-mentales-dificiles-derruir/0003_201703O14C12992.htm.

    Liked by 1 person

    1. Sen dúbida si, Lucía, hai unha barreira moi importante: a mental, coma ti comentas. Hai que loitar contra iso: tentar, xa de antemán, que a nosa pretensión como xornalistas sexa a de abrir aquelas mentes que actualmente se atopan pechadas. É preciso empregar razonamentos con cadansúas evidencias que os sustenten.

      No noso caso, acotamos a problemática ao eido laboral, aínda que, coma ben dis, hai moitos máis eidos nos que loitar coma, por exemplo, a accesibilidade. No campo do traballo un non pode pasar por alto tamén estes aspectos, que están estreitamente vencellados. O ambiente de traballo ten que ser totalmente accesible para as persoas con discapacidade. Hai que fomentar, dende o inicio, esa igualdade que nós buscamos. Con respecto a este tema, aínda quedan moitas cousas por solucionar. Bota unha ollada a esta peza informativa do diario El Mundo: http://www.elmundo.es/baleares/2017/02/25/58b17b1a468aeb89328b45a1.html, proba de que é unha problemática que sigue aí. Que opinas?

      Gústame

      1. Como ti ben dis, Fon, a accesibilidade e o eido laboral están moi relacionados. Ocórrenseme numerosos empregos nos cales a falta de accesibilidade dificulta, e atreveríame a dicir que imposibilita, as persoas con alguna discapacidade. Aproveito o enlace que me mandaches para exemplificar a miña argumentación, xa que moitos locais non contan con rampas, ascensores e similares…
        Por outro lado, ti que trataches con persoas con discapacidade, para eles o día a día nunha cidade é fácil? Posto que a propia vivenda, as rúas, tendas e demais non están adaptadas e poden dificultar as súas vivencias. Comparto nestes momentos un artigo no cal se fala dunha casa intelixente promovida pola ONCE, para ver que che parece: http://www.elmundo.es/baleares/2017/02/12/58a0492546163f9d498b4661.html.

        Liked by 1 person

      2. Boas Lucía, pois moitas grazas por introducir esta temática. Xa falamos dela, sobretodo, na nosa segunda reunión co Círculo de Lectura. É importante que as empresas adapten o entorno de traballo ás persoas con discapacidade pero, primeiro, e necesario que as contraten. Ese é o obxectivo prioritario. De todas formas, teño que dicirte que aunque sexa un problema, non foi dos aspectos máis comentados. Evidentemente é algo que hai que mellorar día tras días, posto que en todo momento estamos a falar de accesibilidade: acceso a un posto de traballo cunhas condicións favorables, acceso aos recursos que posibiliten a consecución desta meta… etcétera

        Con respecto ao enlace que me achegas, é unha gran noticia e, aínda que garda relación coa temática da diversidade funcional, non atina suficiente coa nosa liña de traballo. A problemática persiste e o vemos habitualmente nos medios máis sonados. A pesar de que o titular non é moi acertado, polo que xa comentamos anteriormente, aquí tes un enlace que demostra o anteriormente explicado: http://www.levante-emv.com/comunitat-valenciana/2017/04/07/protesta-clama-valencia-derecho-trabajo/1552003.html Que opinas? Cres que realmente son as protectas efectivas? Por onde deberíamos empezar?

        Gústame

      3. Claro que é primordial que contraten a persoas con discapacidade. Porén, reitero que para que as empresas as contraten é necesario que estas adapten os seus negocios e locais, o cal non se fai. Sempre pensamos no que é mellor para nós e non para os demais. Chamoume a atención o feito de que esta temática non fose a máis comentada, cales o foron?
        No tocante ao tema das protestas, efectivas non sei se o serán en grandes termos, mais a súa realización é un pequeno paso á hora de loitar por unha igualdade de oportunidades (centradas neste caso no ámbito laboral). Aproveitando que no artigo que me mandaches se fala da petición dunha maior contratación de mulleres con discapacidade, quero compartirche un artigo no cal se fala da dobre discriminación a que se enfrontan as mulleres: http://www.europapress.es/epsocial/igualdad/noticia-doble-discriminacion-mujeres-discapacidad-20170303150137.html. Foi este un dos temas máis tratados co voso círculo?

        Liked by 1 person

    2. Bo día Lucía. Como comentaba no anterior comentario, a accesibilidade foi un dos temas menos tratados nos nosos encontros. Porén, si que tratamos temas como o emprendemento, a contrtación da muller con discapacidade, o marco xurídico, a educación…

      As mulleres con discapacidade sofren discriminación por partida dobre e isto é un asunto ao cal se lle debe pór punto e final. A peza que me envías amósanos a cara oculta dunha realidade pouco visibilizada polos medios de comunicación. Este tipo de problemáticas non deixan de ser unha lacra para a sociedade ou mesmo un lastre co que non debemos cargar. Bótalle unha ollada ao seguinte enlace onde se expoñen outros causantes desta situación: http://www.cambiodemichoacan.com.mx/nota-n21669

      Liked by 1 person

  2. Personas como Víctor son un claro ejemplo de éxito y superación, tanto en el ámbito profesional como en el personal, todo está en la perseverancia y en la actitud con la que decides vivir. Hace algunas semanas leí una historia de superación como la de Víctor, de un tirador de arco surcoreano, llamado Im Dong-Hyun, desde temprana edad es considerado clínicamente ciego, ya que solo tiene un porcentaje de visión de 20/200 en su ojo izquierdo y 20/100 en el derecho, a pesar de que muchas personas de su entorno pensaban que su discapacidad le impediría llevar a cabo su sueño, en las Olimpiadas de Londres en 2012 consiguió establecer un récord mundial de tiro con arco, logrando así sueño por el que luchó desde pequeño independientemente de su discapacidad. Aquí te dejo el enlace de una entrevista del diario Telegrahp: http://www.telegraph.co.uk/sport/olympics/archery/9428260/London-2012-Olympics-legally-blind-South-Korean-archer-Im-Dong-Hyun-eyes-gold-medal-at-the-Games.html

    Liked by 1 person

    1. Si. Víctor é, sen dúbida, unha persoa cunha actitude envidiable. Isto non ten que ver coa súa discapacidade, como comento na miña entrada, é algo que va máis alá. Os medios tenden á asumir posturas incorrectas cando tratan estas informacións, salientando a valentía da persoa con diversidade funcional dunha forma totalmente paternalista. A cuestión é que non se trata de enlazar a discapacidade coa valentía, senón que se trata de vincular todos os aspectos positivos coa actitude e a predisposición da persoa fronte os problemas da vida. Unha persoa non é mellor ou peor por ter un problema determinado, senón que pola súa actitude. Este xeito de elaborar as informacións é contraproducente, non se contribúe a solucionar o problema da desigualdade.

      Con respecto ao que ti dis, nós tratamos o tema de discapacidade no terreo laboral. Como puideches comprobar esa é a cuestión que nos compete. Lóxicamente, a boa actitude é algo que non só acontece neste eido, coma ben ti engades, senón que tamén en outros. Isto é algo que, ás veces, — soamente ás veces — acongoxa aos partidos políticos. Eles tamén deberían de “facer posibles” as boas actitudes. Mira esta noticia de EuropaPress, (http://www.europapress.es/andalucia/noticia-susana-diaz-apuesta-profundizar-autonomia-favorecer-integracion-laboral-personas-discapacidad-20170322135846.html). Cres que podemos falar de mellora ou, pola contra, é demasiado cedo?

      Gústame

      1. En mi opinión, solamente el hecho de poder afrontar los problemas de la vida con buena actitud y tener una buena predisposición ante ellos es sinónimo de valentía. Sin duda alguna los políticos deberían hacer posibles las buenas actitudes como comentas tú, sin embargo no es algo que suelan hacer muy a menudo hoy en día, la propuesta que presenta Susana Díaz sería una mejora y un paso adelante en esta lucha. Pienso que deberían existir más propuestas como estas que beneficien a los colectivos más afectados.
        Aquí te mando una noticia de la redacción de un nuevo Plan Integral de Atención a la Discapacidad en Canarias propuesto por Cristina Valido ¿qué piensas de este plan? http://eldia.es/canarias/2017-03-17/3-Valido-priorizara-creacion-plan-atencion-discapacidad.htm

        Liked by 1 person

      2. É algo alentador que xa, a priori, se articule un plan de acción, un marco que vaia encamiñado a consecución dun obxectivo claro e delimitado: a igualdade social. A peza informativa que me achegas é bastante interesante, posto que apunta a que, cando menos, os políticos empezan valorar este caso como se merece. Isto non só acontece baixo as lindeiras do goberno central, senón que tamén no eido dos gobernos autonómicos, o que propicia unha comunicación más directa e humana.

        Pese a todo, hai algunhas cousas que requiren dunha maior consideración. Sen ir máis lonxe, hai uns días, comentaba nunha reunión co noso círculo de traballo que os estudos son moi importantes, sobre todo, nas persoas con discapacidade. As empresas prestan moita atención ao factor humano. Le esta nova en relación co tema: http://www.enpozuelo.es/noticia/7230/enaravaca.es/madrid-favorece-la-insercion-laboral-de-discapacitados-intelectuales.html Como poderían os gobernos incrementar a formación dos afectados? Aínda que poida parecelo, a adaptación curricular máis que axudar, nalgúns casos incluso contribúe a diminuír as oportunidades dos propios alumnos.

        Gústame

  3. Boas Fon. Penso que desta entrevista podemos obter unha conclusión moi clara: ó fin e ó cabo, todos somos iguais, persoas capaces de lograr calquera obxectivo que nos propoñamos, independentemente das dificultades que nos acarree. Víctor é un grande exemplo de superación e constancia, de alguén que non se rendeu e loitou polos seus soños porque, igual ca ti ou ca min, pode chegar ata onde el queira.
    Por desgraza, hogano vivimos nunha sociedade cun alto grao de discriminación na que non se mira a tódalas persoas por igual nin existe igualdade de oportunidades. Considero fundamental que as autoridades gubernamentais pertinentes tomasen as medidas precisas para lograr unha integración laboral maior e máis efectiva, máis real. Sería positivo para logralo incentivar todas aquelas propostas que favorezan este tipo de políticas de inclusión como, por exemplo, esta proposta dunha recoñecida empresa de material deportivo (http://www.elbierzonoticias.com/ponferrada/noticias/201703/20/decathlon-abre-puertas-integracion-20170320162621.html) recollida en El Bierzo Noticias.

    Gústame

    1. Claro, o problema dalgúns medios de comunicación é que quizabes non hai un proceso previo de reflexión antes da publicación. As persoas brillan pola forma e a perspectiva que adoitan á hora de remediar os problemas da vida. Unha limitación non che fai máis forte, é a túa actitude. É por este motivo polo cal a xente destaca sobre os demais e, incluso, é merecedora dos máis loables adxectivos.

      Como sinalei en comentarios anteriores, non estamos a camiñar a pasos axigantados, pero si que é certo que hai avances. Proba disto é a nova que ti me fas chegar. Porén, non é algo encomiable que as únicas empresas que tomen este tipo de decisións sexan as grandes. Estaría ben que o goberno propiciara a contratación de persoas con discapacidade tamén dende as PEMES. De todas formas, malia que esta situación esté mellorando, aínda queda moito por facer. Hai moita desinformación con respecto a este tema. Descobre cales poden ser os beneficios de contratación neste artigo: http://www.contunegocio.es/recursos-humanos/pyme-reto-perder-miedo-contratar-personas-con-discapacidad/

      Gústame

      1. El paternalismo en los medios es una práctica habitual dado que en los tiempos que corren el periodismo comparte con la publicidad la búsqueda de una forma de llegar a los sentimientos de sus lectores u oyentes. Esto pasa de una forma parecida en el tratamiento de la información sobre problemas de salud mental, cambiando el paternalismo por morbo con el mismo objetivo, evocar sentimientos que susciten en el consumidor una sensación de buena conciencia por el mero hecho de haber leído sobre el tema (en el caso de la discapacidad) o de haber estado viendo una telenovela (en el caso de las consecuencias de una enfermedad mental). En ocasiones en la televisión se hecha mano de un hilo musical que ayude a adentrarnos en esa realidad que los medios quieren crear.

        Todo esto tiene una reacción directa en la sociedad, provocar una idea equivocada. Construimos la realidad mediante la comunicación y el diálogo, pero en estos casos el grupo está siendo representado de manera equívoca en el fragmento del periódico o el informativo dedicado a la comercialización del medio.

        Liked by 1 person

      2. Completamente de acordo con iso, aínda queda moito traballo por facer e, como ben dis, penso que todas as autoridades políticas e administracións públicas teñen a obriga de fomentar a integración laboral, se é preciso ofrecendo determinados beneficios e incentivos ás empresas.
        Así e todo, habería que prestar especial atención a este asunto, xa que podería darse o caso de que algúns grupos empresariais obtivesen esas axudas e exencións fiscais (http://sipse.com/novedades/inclusion-laboral-ofrece-incentivo-fiscal-a-empresas-246322.html) o fixesen unicamente para aproveitarse deses incentivos. Poño como exemplo esta información na que Manuela Carmena garante que sancionará a unha empresa que non cumpría as condicións laborais esixidas cun conxunto de traballadores con diversidade funcional: https://okdiario.com/espana/madrid/2017/03/22/carmena-sancionara-empresa-pagaba-39-ehora-discapacitados-conto-okdiario-845221

        Liked by 1 person

      3. Boas Yuri, compartimos o mesmo punto de vista. Cando xa nos metemos neste tipo de asuntos, cómpre facer un seguimento exhaustivo do seu correcto uso. Os incentivos están moi ben, pero as empresas non poden esquecer as causas polas que estas axudas están aí. Son necesarias. E non son motivo de chanceo, nin moito menos.

        Ogallá xa, dende o goberno, se consolidasen unhas bases férreas e robustas para combater este problema. Sempre volvemos ao mesmo: a concienciación. A reflexión é necesaria. Falta empatía non só nas persoas físicas, senón que tamén nas persoas xurídicas. As empresas teñen que ser capaces de pórse no lugar dos seus futuros empregados, isto é, asumir un papel totalmente novo.

        É unha mágoa, pero é así. Aínda temos que loitar contra esta problemática social. http://www.economiaynegocios.cl/noticias/noticias.asp?id=348014

        Liked by 1 person

    2. Ola Carlos, estou de acordo coa túa opinión sobre o paternalismo mediático. Os medios crean o mundo ao cal non temos acceso e son constructores de imaxes. Como creadores de contidos, deberíamos ter máis ferramentas que nos permitan dotar de credibilidade ao noso discurso e, como receptores, tamén deberíamos contar con máis recursos para verificar e comprobar a veracidade das informacións que nos chegan.

      Con respecto á comunicación emocional, é unha boa alternativa, sempre e cando as súas repercusións sexan positivas. Este tipo de comunicación é realmente eficiente no terreo da mercadotecnia, pero non da información — entendendo por esta, a vertida polos medios de información—. Si que é certo e, ademais, está demostrado, que a comunicación emocional é a máis efectiva, posto que engaiola dun xeito máis eficiente ao lector por mor do impacto que provoca.

      Vencellado a isto, atopamos tamén un recurso moi frecuente, empregado polos medios a punta pala. A falsa dicotomía ou a falacia do branco ou negro (http://falaciaslogicas.com/falsa-dicotomia/)

      Gústame

  4. Iniciativas así son muy positivas para la inserción laboral y el desarrollo de la comunidad, estas iniciativas ayudan en la incrementación de los afectados. Tal y como lo dices, hace algunos días encontré una noticia que me sorprendió, trata de un estudio que afirma lo siguiente: “Nos sorprendió mucho descubrir que la discriminación era mayor entre los candidatos con más experiencia y mejor currículo” http://www.eldiario.es/sociedad/discapacitados-discriminacion-ciencia_0_455655368.html

    Liked by 1 person

    1. Ola Andrea, o que comentas é sumamente interesante. A discriminación está presente en todos os eidos. É curioso como a xente máis cualificada pode chegar a ser a máis prexudicada. Isto pode ser un factor estreitamente vencellado ó abandono e o absentismo escolar. É tremendamente ilóxico que o esforzo non se vexa recompensado, sobre todo neste tipo de casos.

      Por outra banda, esta nova fala da sobrecualificación (http://tuotrodiario.hola.com/noticias/2017022666414/sobrecualificacion-empleo-precario/), aínda que quizabes debemos modificar o concepto.

      Gústame

  5. Coincido totalmente co que di Lucía: a peor barreira é a mental. Víctor afronta a súa discapacidade cunha actitude sen dúbida admirable, pero no proceso de “normalizar” a discapacidade funcional e deixar de vela en moitos casos como un tema tabú, tan importante é a súa actitude como a nosa.

    A base para dar comezo ao cambio parte dun punto moi claro: a educación. Unha educación que non só se debe aplicar nas aulas das escolás, senón tamén aos adultos. Recentemente a Universidade Manuel Hernández (UMH) de Elche anunciaba que aplicará estratexias formativas cara a diversidade baixo o obxectivo de mellorar a percepción de competencia do profesorado ante o tema (http://www.elperiodic.com/elx/noticias/496991_aplica-estrategias-formativas-hacia-diversidad.html).

    A chave para avanzar neste eido está na formación. Suframos algunha discapacidade ou non, a fin de contas todos somos persoas. Ninguén é menos capaz de ninguén, e Víctor é o claro exemplo de que querer é poder. É certo que pouco a pouco, grazas a programas e iniciativas varias, a sensibilización cara a diversidade é maior, pero queda aínda un longo camiño por percorrer, e a educación é a mellor guía.

    Liked by 1 person

    1. Exacto Sara: querer é poder. Xa comentara anteriormente este problema. Estou de acordo co teu punto de vista. A discriminación non se xustifica e cómpre eliminala canto antes, dende os inicios da aprendizaxe humana, dende as escolas e, porque non, tamén dende as universidades.

      A discriminación enraíza na diferenciación e hai que asimilar que istonon é algo negativo, senón que máis ben é algo que enriquece a nosa calidade como seres comunicativos. Se non somos capaces de entender as nosas diferencias nunca poderemos traballar ben en equipo. Isto pódese extrapolar a multitude de campos onde a intolerancia ocupa un papel importante.

      Falamos, ante todo, da escola, porque é un lugar no que de forma recorrente aparecen casos de bullying vencellados a este tema. Bota unha ollada a esta nova de EuropaPress http://www.europapress.es/epsocial/igualdad/noticia-siete-cada-10-adolescentes-espanoles-discapacidad-siente-discriminacion-colegio-20170315183343.html. Dela extráese a grande importancia deste tema, estamos a falar dun setenta por cento de adolescentes con discapacidade que sofren a discriminación. Non te parece incrible? Que medidas efectivas poderían levarse a cabo?

      Por outra banda, tamén é preciso lembrar que a educación non só acontece nas escolas, tamén acontece na vivienda. Por este motivo non podemos deixar de traballar e de facer visible esta problemática: dende as orixes ata as repercusións que sofre esta sociedade de mudanzas.

      Gústame

  6. Vexo moi acertada a visión de Víctor García sobre o tema. Que pasa? Que a sociedade está composta por máquinas, e as que van mal non valen? Había que preguntarlle iso ao presidente do Goberno. É imposible que poida decir que si, pero en efecto, é asi. Parece que si. Por iso é tan importante a axuda de organizacións que permiten ás persoas con algunha discapacidade acadar as súas metas, como calquera persoa. Os programas da Once son moi coñecidos, son xeniais. Pero non son suficientes. As leis que se supón que “promoven a inclusividade” non son efectivas porque todo é unha gran fábrica. Por iso quenes queren formar parte do mundo laboral se ven obrigados a mostrar a súa valía primeiro. Pero de novo, por qué? Por que ten que ser así, se cando eu quero entrar a traballar confían en que o vaia a facer bende boas a primeiras Ben é certo que a situación laborar, debido á crise, está moi mal. Isto inflúe a todo o mundo. Pero fóra diso, cando se vai contratar a unha persoa asúmese que, se ten algunha discapacidade, non vai poder traballar. E isto é unha falacia como outra calquera. Tal vez non poden facer certa cousa igual de rápido, ou simplemente igual, pero iso non significa que non vaia a ser igual de boa é válida.
    Dito isto, gustaríame recuperar o tema da crise laboral e profundizar un pouco nel. Nesta noticia de 2015, o titular é literalmente “La crisis se ceba con el empleo de los discapacitados y agrava la brecha salarial”.http://www.elmundo.es/sociedad/2015/11/26/5657495fca4741ff358b45f0.html
    Fundacións como a ONCE participan na fomentación de novos empregos (http://www.catalunyapress.es/texto-diario/mostrar/714639/fundacion-once-mejora-insercion-laboral-social-8000-discapacitados), pero que opinas sobre a situación actual derivada da crise? Está mellorando ou queda estancada mentres nos din que o resto avanza?

    Liked by 1 person

  7. Efectivamente, pero ineludiblemente vivimos nunha sociedade de apariencias, é por este motivo polo cal nunha entrevista de traballo o que importa é a imaxe que transmita. “Tan sólo muestra tu imagen de ganador porque aquí importa la fachada, no se mira el interior”, di con razón unha canción do coñecido artista de Hip Hop Nach. E é así. Hai que ter coidado e, intentar, a priori, transmitir a mellor imaxe posible, posto que moitas veces disto mesmo dependerá o teu futuro.

    Concordo tamén contigo en as alternativas dispoñibles se ben son eficaces, non son suficientes. O noso papel como comunicadores é demandar ou, mellor dito, esixir máis ferramentas efectivas para que non ocorran este tipo de casos ao noso redor. Loitemos polos nosos dereitos e polo que nos atinxe: somos seres comunicativos e estamos obrigados a darlle sentido ás nosas palabras.

    Ora ben, non podemos negar a situación de crise que vivimos pero, realmente a situacion é tan alarmante coma nos lla expoñen? Non podemos esquecer que, voltando a falar das imaxes, as que exteriorizan os medios non sempre se corresponden coa realidade. Case que se nos descoidamos parece que estamos a vivir unha crise sempiterna ou permanente, sen solución aparente. Esta situación incide de xeito máis directo sobre todos aqueles colectivos vulnerables, entre os que se inclúen as persoas con discapacidade en busca de emprego ou, incluso, as que xa se atopan traballando.

    Nós sempre recalcamos que realmente existen e sobran motivos para contratar a persoas con diversidade funcional. Os departamentos de recursos humanos xa non teñen excusa. En calquera páxina poden encontrar información ao respecto, como é o caso da seguinte: http://www.hrtips.org/espanol/

    Gústame

  8. Paréceme unha gran cita a que pos de Víctor, “a unha persoa que vexa ben vaille custar menos tempo ou menos esforzo do que me custaría a min realizar determinadas tarefas, pero as dúas acabamos facéndoas.” Ten toda a razón e fai ben en recalcar que a tarefa acaba sendo feita, sen restar calidade, aínda que se tarde un pouco más. Este caso é un bo exemplo de superación e actitude, que debe servir para que a xente sexa consciente de que ter unha discapacidade non debe supoñer ningunha traba á hora de conseguir un traballo desexado. Esta noticia paréceme un caso moi interesante no que xóvenes discapacitados se atopan con dificultades á hora de encontrar traballo: http://www.noticiasdenavarra.com/2016/08/19/sociedad/navarra/jovenes-con-discapacidad-critican-sus-dificultades-para-encontrar-trabajo

    Liked by 1 person

    1. Benquerida Patricia, ás veces non nos damos conta, pero non son “persoas discapacitadas”, son persoas con discapacidade. Non podemos engadir este adxectivo á lixeira, xa que non estamos a falar con precisión e iso é o que tentamos facer dende o principio.

      O problema que temos fronte a nós mesmos é o do menosprezo, a subestimación ou infravaloro. As persoas non valen menos polos prexuízos que temos delas, as persoas demostran a súa valía se están dispostas a facelo. Ninguén ten dereito a pór un prezo de antemán a ningunha outra persoa. Temos que loitar contra iso. Liberarnos dos prexuízos invisible que resultaron ser contaxiados pola sociedade. Non podemos permanecer impasibles fronte a esta situación.

      Por outra banda, no tocante ao enlace que engades, xa falamos dese tema, nas seguintes entradas, podes botarlle unha ollada. Á hora de atopar traballo, sobretodo cando eres mozo e tes discapacidade, a situación se agrava moitísimo máis. Pero sexa como sexa, podemos ser optimistas e centrarnos no positivo, Patricia. http://www.efeempresas.com/noticia/la-preve-crear-17-000-puestos-de-trabajo-para-personas-con-discapacidad/

      Gústame

      1. Está ben recalcar que son persoas con discapacidade e non discapacitadas, pero non penso que polo mero feito de engadir ese adxectivo se teña que sentir ofendido ninguén. Persoas como Víctor saben de sobra o que valen e as limitacións que teñen, polo que o único que ten que facer é demostrar que a xente se equivoca en pensar que pode facer menos que os demáis. A seguridade coa que fala sobre o tema é máis que suficiente para calar bocas e darlle a importancia que necesita o tema do que estades a falar.
        Por outra banda, vexo ben que non descoiden o mundo laboral para estas persoas, que como xa se sabe, moitas veces atópanse con moitas trabas para conseguir empleo. Aquí che deixo a seguinte noticia que fala dunha feria de empleo para persoas con discapacidade, outro exemplo de ofertas de traballo que poden axudarlles: http://www.telemadrid.es/noticias/economia/noticia/feria-de-empleo-para-personas-con-discapacidad

        Liked by 1 person

  9. Cando falamos de persoas discapacitadas estamos a establecer unha diferenciación clara entre uns individuos e outros. As etiquetas non están ben e é totalmente normal que algúns se poidan sentir ofendidos. Non te culpo: antes de traballar este tema, estas cousas pasaban desapercibidas para min.

    O enlace que me aportas é un avance, como dixemos con outras aportacións. Xa dixen anteriormente que o empleo ten que ser accesible, non só para as persoas con discapacidade, senón tamén para o resto das persoas totalmente capaces. Falamos constantemente de valía e tamén de recoñecemento de capacidades. Hai que insistir en cambiar as mentes, porque a única barreira é a mental. Teñámolo en conta.

    Mira este material sobre a correcta utilización da terminoloxía: http://www.discapnet.es/Castellano/areastematicas/derechos/Tusderechosafondo/discapacidad_versus_minusvalia/Paginas/minusvalidos-y-minusvalia-y-discapacidad.aspx

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s