A regulación do xogo

Ante o crecente auxe do xogo e das apostas en liña estableceuse o 27 de maio de 2011 unha lei para regular ditas actividades, a Lei 13/2011. A normativa foi publicada no Boletín Oficial do Estado (BOE) e nela aparece un sistema de licencias para poder operar no xogo en España, loitar contra o fraude, ademais de protexer aos menores de idade e aquelas persoas afectadas a causa da ludopatía.

Nesta nova lei regúlase todo tipo de xogo que se desenvolve nos medios electrónicos, informáticos e interactivos, como tamén se establece certa seguridade sobre os usuarios que usen este tipo de servizo. Con isto preténdese controlar calquera actividade en relación ao xogo que non sexa cívica dentro de España. Ademais, establécese un réxime de autorización para os operadores que pretendan facer algunha actividade. Estes operadores deberán cumprir unha serie de condicións para protexer aos usuarios e para previr que os menores non xoguen. A única excepción é a lotería xa que está controlada por Loterías e Apostas do Estado e a ONCE.

Pero a Lei 13/2011 non é máis que un pequeno camiño para regular na súa totalidade o xogo e previr ás persoas da ludopatía. Como xa vimos no post anterior, realizámoslle unha entrevista a Juan Lamas, director terapéutico da Asociación Galega de Xogadores Anónimos (AGAJA). Este comentounos que a lei tiña algunhas carencias como a falta de control no acceso aos menores nos locais de xogo, que non hai un control de admisión para identificarse e poder entrar neste tipo de locais e que non existe unha anulación das máquinas lucrativas nos bares. Juan Lamas reivindica ademais un maior control na xuventude que xogan por Internet. “A maioría de menores poñen o carné de identidade doutra persoa” afirmou o director de AGAJA. Tamén Carlos, membro do círculo, comentounos na última reunión que o maior problema que hai é que o acceso as apostas é libre.

A lei tamén regula a publicidade

Na Lei 13/2011 tamén se regulan as accións publicitarias que estean relacionadas co xogo. Con toda a invasión de anuncios sobre o xogo nos medios de comunicación o Estado viuse obrigado a poñer certas barreiras.

Juan Lamas explicounos que os operadores de xogo presencial como os casinos ou os bingos, non podían facer publicidade nos medios de comunicación, pero que no momento que os operadores en liña o fixeron a lei tivo que regulalos. Pero o director de AGAJA afirmou que isto non se está poñendo en práctica, xa que cada vez son máis os famosos que patrocinan o xogo e as apostas.“Creo que unha boa forma de protexer aos menores sería a posibilidade de emitir anuncios sobre o xogo a partir das dez da noite, creando así un horario infantil” propúxonos Lamas.

No artigo de El País vemos o exemplo de como a lei impide que haxa publicidade sobre o xogo en salas ou espazos públicos onde se proxecten espectáculos, tamén en campañas de publicidade asociadas como o fútbol ou anuncios con personaxes públicos. Así mesmo, á hora de anunciar algunha actividade débese engadir a palabra publicidade para que lle quede máis claro ao receptor do que se trata. Carlos, membro de AGAJA, comentounos sobre esta situación, que mentres que o Estado non sexa firme e deixe de fomentar estas actividades lucrativas con anuncios, a situación da ludopatía non vai a cambiar.

Esta regulación ante calquera anuncio que patrocine o xogo ou as apostas ven polo auxe do xogo en liña nos últimos anos. Segundo o informe da Dirección Xeral de Ordenación do Xogo (DGOX) xerouse 12.164 millóns de euros a través de Internet en páxinas web que desenvolven estas actividades lucrativas.

Carlos opinaba que a publicidade sobre apostas e sobre o xogo non para de crecer, “hai un constante machaque de publicidade.” Tamén afirmou que é un gran problema que famosos como Cristiano Ronaldo ou Neymar anuncien o póker e que non exista ningún tipo de límite, xa que isto incita a xuventude. Kike, outro membro de AGAJA, afirmou “ningún personaxe público debería promocionar unha casa de apostas.”

Coa Lei 13/2011 ábrese unha porta para regular o xogo e as apostas, ofrecendo seguridade aos cidadáns. Mais aínda queda moito por facer para que a ludopatía deixe de estar tan normalizada no noso país e comece a ser unha realidade na que son moitas as persoas afectadas.

 

Advertisements

28 comentarios en “A regulación do xogo

  1. Como ben dis, a ludopatía está a crecer considerablemente e expandirse a novos terreos coma o ‘online’. Penso que, neste eido, sería fundamental ter a dotación dun regulamento específico. De feito, recentemente se aprobou no Senado unha moción que insta ó Goberno a desenvolver un plan que preveña e actúe contra as ciberadicións (https://www.redaccionmedica.com/secciones/parlamentarios/unanimidad-parlamentaria-para-desarrollar-un-plan-contra-ciberadicciones–1348). Porén, non creo que iso fose suficiente, xa que o mundo do xogo e o azar está moi arraigado na sociedade e, en especial, entre a poboación máis nova. Sería preciso que, como indicas no teu post, se regulase tamén a difusión de mensaxes publicitarias que inciten ó xogo, en especial todas aquelas campañas protagonizadas por persoeiros de gran recoñecemento e influencia como poden ser Cristiano Ronaldo ou Gerard Piqué, imaxe dunha afamada casa de póker online.

    Liked by 1 person

    1. Certo Yuri, a ludopatía estase a expandir co auxe de Internet, polo que o plan que me amosas do Senado pode ser un comezo para controlar todos estos problemas que sobre todo afectan aos máis xóvenes. Ademais, a Lei 13/2011 ten aspectos moi bos,a pesar das carencias que reflezaba Juan Lamas na entrevista. Non sabría dicir ben que é o mellor para frear a ludopatía, pero si que podríamos comezar por parar as campañas publicitarias.

      Liked by 1 person

      1. Completamente de acordo contigo, Branca. Debería existir un maior proteccionismo respecto da publicidade relacionada cos xogos de azar, unha boa medida podería ser crear algo semellante ao “horario infantil” para que só se puidesen emitir estes anuncios nunha determinada franxa horaria.
        Penso que as casas de apostas deberían de ser máis solidarias con aquelas persoas que sofren ludopatía e, dende logo, a mellor terapia non é visualizar a diario publicidade que incita ó xogo. Deixo aquí outro exemplo dunha persoa que se arruinou polas apostas deportivas: http://www.poker10.com/johnny-loden-hansen-apuestas-deportivas-poker-a2455

        Liked by 1 person

      2. Respecto a establecer un horario infantil para anunciar diferentes xogos ou apostas estou de acordo contigo, así pode que moitos menores de idade non se vexan incitados a xogar. Tamén deberían prohibir que aparecesen personaxes famosos na publicidade destas actividades. O exemplo de Johnny Loden que mostras Yuri, está moi ben para explicar como o xogo arruína a vida dos ludópatas, algo que eles non poden controlar.

        Liked by 1 person

  2. Que a ludopatía onlie está a crecer é algo que non sorprende a ninguén hoxe en día. Cada vez é máis fácil atopar a alguen que fai mínimo unha aposta ao día que a unha persoa que non aposta nunca. Tampouco é doado atopar a unha persoa que che diga que non fixo unha aposta nunca.
    Facerte unha conta en Bet365, en Bwin ou WilliamHill é baste sinxelo sexas quen sexa, ou se non, sempre podes recurrir á solución de ter unha conta compartida con alguén que si que poida ter esa conta. Por iso, é necesario esta regulación.
    A ludopatía é unha das enfermidades máis encubertas e da que a xente é menos consciente, un dos motivos polos que se pide a regulación en Navarra: http://www.noticiasdenavarra.com/2016/02/16/sociedad/navarra/la-asociacion-de-ludopatas-solicita-una-regulacion-legislativa-de-la-apuestas
    Neste artigo podemos ver como as principais preocupacións sempre foron os casinos e os bingos, pero que, como xa está vendo, o peor son as apostas deportivas que se fan sen cabeza. É moi común ver a xente apostando a partidos de deportes dos que non teñen nen idea tan só por probar sorte, e así acaban perdendo 5€ un día ata fundir nesa páxina mínimo 200€; e como xa dixen, non son conscientes e son moi contradictorios a recoñecelos e poñerlle fin.

    Liked by 2 people

    1. O artigo que amosas Noelia reflexa con claridade a situación que vive hoxe en día o xogo e a súa regulación. Pero non estou de acordo cando explican que a única prohibición é a dos bingos e casinos, xa que un dos nosos membros do círculo, Álvaro, explicábanos que el comezou a ir a casinos sen ningún tipo de problema cando era menor de idade. E este é un grave erro, pois é certo que non se limita a entrada a ninguén en moitos bingos e casinos, e ademais nos bares son moitos os menores que xogan as máquinas lucrativas. Si que é preocupante como aumentaron as apostas deportivas, e o máis preocupante é que van a seguir aumentando. Kike, membro da asociación AGAJA comentounos “As apostas deportivas solo creceron a cuarta parte do que realmente van a crecer nos últimos anos.” Polo que considero que debería haber unha regulación para controlar as apostas e frear o seu gran auxe.

      Gústame

      1. O problema é a xente que aposta sen ningún tipo de criterio, e eso é moi difícil de controlar, xa que non se pode controlar o coñecemento dunha persoa sobre un deporte concreto. O que si que se podería facer sería poñer un límite de diñeiro a gastar á semana, así evitaríase que unha persoa perdese ao mes 200€.
        O que pasa é que a xente pensa que esto non afecta á súa saúde, sen darse conta o dano que están facendo na súa cabeza, ou o dano que poden facer na súa familia. Por iso, existen artigos coma este:http://www.abattar.com/cartillas_familiar_ludopata.php para axudar aos familiares ou amigos de persoas con ese problema, porque poden chegar a roubarlles diñeiro.
        É unha situación moi preocupante porque non se dan conta ata que están de cheo na enfermidade, e é unha das máis difíciles de recoñecer.

        Liked by 1 person

      2. Como dis Noelia hoxe en día son moitas as persoas que apostan de forma eventual, e na nosa última reunión tratamos este tema e preguntámoslle se esta xente podería clasificarse como ludópata e os membros de AGAJA opinaban que non, pois esta xente non ten a necesidade obsesiva de xogar. Aínda así é complicado recoller exactamente o seu perfil. Unha boa forma de reducir a ludopatía sería como dis a de ter un límite de diñeiro para apostar, así poderíanse regular máis as apostas. O último tema que me amosas é complicado, pois é algo que levamos tratando nas reunións. Carlos, membro de AGAJA, opina que o ludópata non é consciente de que ten un problema ata que toca fondo. Por iso moitas persoas que o son non o recoñecen, porque quizais aínda non tocaron fondo, ademais, por moita axuda que obteñan teñen que ser eles os que sexan conscientes do problema que teñen. O de roubar ou mentir é normal nesta enfermidade, os membros do círculo recoñecéronno en todo momento, que o seu día a día basease nas mentiras e en ocasións roubar. Pablo, membro tamén da asociación, afirma que mentía cada día ata que se deu conta de que tiña un problema. Por iso, opino que o mellor é previr, porque logo abrirlle os allos a alguén é difícil e máis a alguén con esta adicción.

        Gústame

  3. Buenos días Branca. Tienes toda la razón, esta terrible patología psicológica esta evolucionando para mal. Ha superado las barreras de la galaxia de la red online. Es muy alarmante que cada día haya más leyes para la regulación de la misma y sin embargo, cada día aumenten más la cantidad de personas afectadas por la misma ¿Y si la solución en vez de estar en la creación de leyes (quien pone la ley pone la trampa), es la propia cooperancion de las sociedad la que puede minimizar esta situación? Aquí te dejo un link, donde muestra la bajada en la edad de inicio al juego. Antes comenzaba a los 35 y ahora a los 18.

    Liked by 1 person

    1. Luis non sei cal pode ser a solución correcta, defeito na última reunión co círculo nin os propios afectados eran capaces de buscar una solución correcta. Pero si é certo como dis que a cooperación da sociedade pode facer moito. No sentido de que a maioría das persoas ante unha noticia sobre ludopatía pasa, e solo lle interesan as noticias que amosan morbo como as que expresan a vida dos afectados. É correcto que a idade de iniciación ao xogo baixou, como puxo a miña compañeira Nuria no seu post o perfil de home casado cambio. Pero considero que non é xusto aos 18 senon que antes. Moitos comezan o seu vicio ao xogo cando son menores de idade, porque non atopan barreiras nen control para non poder xogar. E este é un dos maiores probemas aos que se enfrenta a ludopatía.

      Gústame

  4. Resulta curioso que mentres se intenta implatar novas lexilacións para regular e intentar controlar o xogo online cada día se vean máis anuncios na televisións (como ti xa indicaches) destes mesmos. A publicidade en internet é brutal, unha vez que pinches nalgúns destes xogos, aos días seguintes irán aparecendo suxestións de xogos similares navegues onde navegues e incluso nas aplicacións. Para xente que padece ludopatía a publicidade é o “traficante” do seu vicio. Penso que é importante frear esta publicidade que está chegando a xente moi nova agora que aínda estamos a tempo. Fai tan só unhas horas, o partido político de Ciudadanos presentou no Congreso unha proposición para frear isto: http://www.lainformacion.com/economia-negocios-y-finanzas/medios-de-difusion/publicidad/RESTRINGIR-PUBLICIDAD-COMBATIR-ADICCION-PROTEGER_0_1010600435.html

    Liked by 1 person

    1. Está moi ben o que nos apuntas Anaïs, como dis “a publicidade en internet é brutal”. Isto foi un dos temas que tratamos na nosa última reunión co círculo e Nuria membro do noso grupo, comentaba que nunha páxina que axudaba aos ludópatas había diversos anuncios sobre casas de apostas e xogos en liña. Isto amosa que o tema da publicidade aínda non está controlado e que a lei non regula en profundidade este tema. Ademais, Álvaro un dos afectados do círculo explicounos que no apartado de aplicacións do móbil había moitos xogos que incitaban aos máis pequenos a xogar e que non había ningún tipo de barreira para poder rexistrarse e xogar. A proposta de Ciudadanos que nos mostras é interesante e pode servir de axuda para empezar reducir o número de ludópatas. Entre elas paréceme salientable o tema do horario infantil para protexer aos menores, as campañas de sensibilización e evitar que se promocione o xogo en eventos deportivos. O problema e que ao Estado non lle interesa facer unha lei que realmente regule o xogo e protexa aos menores neste tema pois como dixo Carlos membro de AGAJA “somos uns enfermos baratos para o Estado, por iso non lle interesamos.”

      Liked by 1 person

      1. “Enfermos baratos” que dan moto diñeiro añadiría eu á reflexión do vos colaborador Carlos. Parece ser que ademais de Ciudadanos, o PSOE tamén se suma ó control da publicidade ante unha situación realmente alarmante en España. Pretenden aplicarlle ós anuncios de xogos de azar e apostas as mesmas limitacións ca o tabaco e o alcol. As cifras que manexan son preocupantes: en tres anos, aumentaron en tres millóns o número de usuarios deste tipo de xogos…unha media dun millón de espacios máis ao ano: http://www.europapress.es/nacional/noticia-psoe-pide-aplicar-publicidad-juegos-apuestas-misma-restriccion-alcohol-tabaco-20170327182813.html

        Liked by 1 person

      2. Exacto, unha boa reflexión a de “enfermos baratos”,con este concepto xa queda claro que o Estado non ten preocupación por este tipo de problema, quizais porque para este non é un gran problema xa que obtén beneficios. Interesante artigo para frear a publicidade do xogo, un control desta pode frear a ludopatía entre a xuventude. Ademais, amosa o aumento do xogo, un 23% de euros xogados máis en 2015 que en 2014, unha cifra que asusta e que debería alarmar ao Estado. Pero non só pola poboación xuvenil como se di no artigo, se non preocuparse por toda a poboación que se afronta a este problema. E sen dúbida, a declaración da portavoz do PSOE, Begoña Tundidor, é clave para o noso tema “O goberno non pode mirar para outro lado”, o problema da ludopatía debería facer eco na sociedade e preocupar ao Estado para que fixase unha lei máis estrita e unha regulación que acabase con este problema.

        Gústame

  5. Como dis ti, son cada vez máis os mozos e as mozas que teñen algún tipo de adicción polo xogo. A pesares das leis para a regulación desta problemática, continúa a existir un ámbito de moi difícil acceso: internet. Internet actualmente é un baleiro no que se pode encontrar de todo se tes ganas de buscar. É por tanto que é moi difícil a limitación existindo este medios de difusión masivo de información. De todolos xeitos, e moi interesante o tema da limitación da publicidade. Deixo un link onde se ve un destes pasos contra a publicidade indiscriminada: http://economia.elpais.com/economia/2015/04/08/actualidad/1428517154_257601.html

    Liked by 1 person

    1. O auxe da ludopatía veu polo crecemento de internet, e como explicas Susana é moi difícil establecer unha limitación neste ámbito. E sobre todo internet é unha ferramenta máis para que o xogo e a apostas cheguen aos menores de idade. Pero sería interesante que se comezase a facer unha regulación en internet e frear isto. Ademais, en moitas apostas ou xogos en liña non hai ningún tipo e límite e os menores poden rexistrarse sen problema.

      Gústame

      1. Internet é un peligro ante este tipo de adicción, que pos suposto teñen que ser tratadas a trevés dunha limitación do uso desta red á persoa que padece este problema. Sabes se hai alguha lei, a maiores das que ti comentaches, que limite este uso dende un punto de vista individual como forma de terapia? Grazas.

        Liked by 1 person

      2. Pois Susana polo de agora non hai unha regulación individual, tan só en conxunto e como ves esta ten moitas carencias. É un tema do que tratamos na nosa última reunión, e os membros de AGAJA queixáronse da falta de interese por parte do goberno en axudar aos ludópatas. Ademais, concluímos que a educación é clave para reducir a ludopatía. Así que polo de agora non hai ningunha regulación individual.

        Gústame

  6. Creo que ó noso Estado se lle escapa por completo a regulación do xogo e que, como dixen nalgúns posts anteriores, non é por falta de medios senón polo nulo interese en remediar un problema fronte ó que permanece alleo por propia vontade. Regulación non implica un control efectivo e é finalmente a poboación quen acaba pagando as consecuencias das súas neglixencias. Creo que debemos mirar a experiencias pasadas e rebasar fronteiras para entender como algo perfectamente definible como unha epidemia puido ser controlado e orientado a unha forma de ocio non prexudicial nin agresiva. Un caso como o que relato foi a experiencia destas actividades lúdicas na URSS:

    Liked by 1 person

    1. Como dis Juan ao Estado non lle interesa regular o xogo con un control completo, quizais porque co xogos e as apostas o Estado recolle unha cantidade de diñeiro importante. É certo que é a sociedade a afectada nesta situación e vese desprotexida. É moi completa e de gran axuda a información que nos amosas sobre as actividades lúdicas na URSS. Paréceme curioso que a partir de 2009, co auxe do xogo só se pode xogar en catro zonas da federación rusa, algo que permite reducir esta actividade. Tamén me resulta interesante o tema da lotería e que o reparto fose máis equitativo, no sentido de que o premio puidese abarcar a unha maior cantidade de persoas. Vemos como a lotería deportiva estaba presente na URSS, como tamén o están agora as apostas. A análise deste informe está moi ben pero boto en falta un sistema de regulación sobre o xogo neste Estado.

      Liked by 1 person

      1. A regulación sobre o xogo era sinxelamente o peche de tódolos locais nos que se organizaran xogos de azar: “el cierre inmediato de las instalaciones para juegos de cartas, ruleta, loterías y otros tipos de juegos de azar” en junio de ese mismo año (1928), por ser “un pasatiempo ocioso, burgués, incompatible con el verdadero espíritu del trabajo del proletariado”. Destes xogos quedaban excluídos a lotaría do Estado (a súa regulación fraguouse entre 1928 e 1932) e máis as máquinas recreativas que se popularizaron a comezos os 70. Xa é en 1989, en plena perestroika, cando se volven a legalizar estas actividades, abríndose o primeiro casino da URSS en case sesenta anos no hotel Astoria Palace de Tallín. Dentro desta regulación, o maior problema co que se atoparon os soviéticos foron as reventas ilegais de latoría, pero non pasou de ser algo case anecdótico e de nulo calado.

        Liked by 1 person

  7. Se consideramos a normalización do xogo algo común, o problema é que tamén calou no colectivo consciente do problema. Se nos acostumamos a ter que protestar e non ver unha renovación, non seremos parte da acción. Todos temos coñecidos que son víctimas da ludopatía, o noso deber é evitar que afonden nese mundo e logren sair. Advertir dos riscos é o primerio paso e pódese chegar a unha oposición pasiva-agresiva.
    Gustaríame saber se en Galicia, a estas alturas do problema, existe unha comisión ou traballos administrativos sobre o asunto; ver á Xunta involucrándose no asunto. Non só familia e amigos deben tomar parte no asunto, unha revisión por parte do goberno debe existir.
    Como exemplo deste tipo de traballo aporto unha colaboración da Universidade de Zaragoza coa Deputación Xeral de Aragón: http://www.naxe.es/pdf/bibliografia/ludopatia/ludopatiaenaragon.pdf

    Liked by 1 person

    1. Por unha banda como dis ti Nicolás, é certo que o deber dos máis achegados sería advertir dos riscos. Pero Carlos, membro do círculo, comentounos na última reunión que por moito que os seus familiares ou amigos lles axudasen, só se daban de conta que tiñan un gran problema cando tocaban fondo. Si que é certo que algúns membros do grupo como Nico ou Kike afirmaron que descubriron a asociación AGAJA grazas a membros da súa familia. Pero o goberno debería poñer parte da súa parte e levar a acabo diferentes campañas sensibilizadoras. O proxecto de investigación levado a cabo pola Universidade de Zaragoza que amosas resulta moi interesante, xa que fai unha análise sobre o xogo, os diversos perfís dos xogadores, os distintos tipos de xogos, o diñeiro que se gasta no xogo nun día, as fontes de finanza e a rehabilitación entre outros. Chamoume a atención o punto 5 “Estrategias de autoconvencimiento”, onde se expoñen diferentes frases que os propios ludópatas repiten no seu día a día para convencerse a si mesmos que non teñen un problema. En canto a túa dúbida sobre Galicia deíxoche un link sobre unha noticia que explica un pouco o que pretendeu levar a cabo a Xunta: http://galiciae.com/noticia/59500/sanidade-incorporara-la-ludopatia-y-la-vigorexia-al-nuevo-plan-de-drogas-de-galicia

      Gústame

  8. É unha realidade que cada vez hai máis persoas que son ludópatas. Esta expansión está vencellada ao auxe de Internet nos últimos anos e ás televisións privadas, xa que teñen que buscar unha maneira de financiarse, e non hai unha mellor que acudindo as casas de apostas. Un exemplo disto vese nos partidos de pago, onde antes de comezar, durante o descanso do mesmo e ao final, inclúen anuncios de diversas casas de apostas como poden ser WilliamHill ou Bet365. O Estado debería endurecer aínda máis esa nova lei para evitar que este fenómeno se expanda aínda máis, como indica esta noticia http://www.heraldo.es/noticias/economia/2017/03/27/la-dgoj-publicado-ultimo-informe-trimestral-sobre-juego-espana-1166783-309.html
    Un punto interesante da túa publicación é o que di Juan Lamas de establecer un horario infantil ata as dez, o cal estaría moi ben, pero se cadra, habería que poñelo ata as once, pois os nenos de hoxe en día cada vez se van a durmir máis tarde e poden seguir sendo influenciados polos anuncios do xogo.

    Liked by 1 person

    1. É certo como dis que un bo exemplo de que hai cada vez máis publicidade sobre apostas e xogos en liña, son os comezos dos partidos en cadeas privadas, xa que é un bo financiamento. O artigo que amosas aporta información sobre o último crecemento do xogo, xa sexa bingo, póker, apostas… Pero e se ademais de iso, incluírase unha pequena entrevista a varios ludópatas que expresasen o que gastaron no último mes por exemplo? Non che parece unha mellor forma de concienciar á sociedade? O tema do horario infantil paréceme un bo comezo para acabar co auxe da ludopatía entre os menores de idade.

      Liked by 1 person

      1. Completamente de acordo contigo, Branca. Os medios de comunicación deberían entrevistar aos ludópatas que conseguiron superar a súa adición ao xogo para concienciar á cidadanía, pois, so eles coñecen de primeira man como se chega a desenvolver a adición ao xogo, todos os problemas que iso supón e o difícil que é saír da adición. Por sorte, cada vez máis adictos ao xogo dánse conta do seu problema e chaman eles mesmos pedindo axuda, chegando a ascender esta cifra a case o 70% dos casos, como se recolle nesta noticia do xornal El día, http://www.eldia.com/nota/2017-4-9-3-33-12-ludopatia-cada-vez-son-mas-los-adictos-al-juego-que-llaman-para-pedir-ayuda. Gustaríame coñecer a túa opinión acerca da nova.

        Liked by 1 person

      2. É unha boa noticia, que un 70% das persoas afectadas recoñeza o seu problema e busque os medios para recuperarse paréceme bo para un novo cambio que está cada vez máis preto. Carlos, membro da asociación AGAJA, comentábanos que os ludópatas danse conta de que teñen un problema cando tocan realmente fondo, e é aí cando comezan a buscar axudas. Outros membros de AGAJA afirmaban que non se deron conta ata que a súa familia lles obrigou a meterse na asociación e alí foi onde decatou de que debía “curarse”. Pero a noticia que nos mostras Iago é moi interesante e unha pequena luz ante este gran problema social.

        Liked by 1 person

  9. O paso principal é darse conta de que tes un problema e que necesitas axuda para intentar solucionarlo, pois como di Carlos, moitas veces non se decatan ata que tocan fondo e xa non teñen nada, so lles queda a familia, e nalgúns casos nin iso. Agardemos que o que di a noticia que pasei no comentario anterior, sirva para concienciar a xente de que debe axudar aos que teñen este tipo de problemas ou calquera outro, porque un día podes ser ti quen necesites a axuda.

    Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s