Cando os intereses económicos priman ante a veracidade

Todos os medios de comunicación asumen como a súa declaración de principios a defensa da obxectividade, a veracidade e o contido democrático na información que emiten. Na actualidade, os grandes medios controlan a axenda mediática a favor dos seus propios beneficios e imaxe, rexeitando temas de importancia que non lle son rentables. Estes temas quedan relegados a outro tipo de plataformas como redes sociais, medios comunitarios ou medios máis pequenos que defenden outro tipo de ideais e tratan temas ignorados polos demais. Isto provoca que os lectores, nós, non teñamos acceso total a toda a información e teñamos que indagar en diferentes plataformas en busca de determinados temas.

O principal motivo é o factor económico e os intereses dos medios. A presión de querer informar de primeiros e ser mellores que a súa competencia prima moitas veces ante a calidade da información. Aquilo que non aparece nos medios de comunicación non existe.

Se existe unha democracia, por que os medios manipulan? Cando atopamos máis credibilidade nunha red social que nun medio de referencia, significa que a democracia é inexistente. Para a elaboración dun correcto xornalismo é necesaria a veracidade da información difundida, que esta sexa de interés público e non dun grupo determinado.

Advertisements

32 comentarios en “Cando os intereses económicos priman ante a veracidade

  1. É certo. Os medios de comunicación e o sistema de producción da información moitas veces non aportan veracidade ou obxectividade. Agora temos que preguntarnos por que sucede isto.
    Para empezar non é que os ”grandes medios controlen a axenda mediática”, senón que son grandes empresas e coorporacións as que controlan o que se publica e o que non, xa que os medios de producción están en propiedade destes. Polo tanto, estas empresas sempre evitarán críticas hacia elas na axenda mediática, tendo coma exemplo os casos do Corte Inglés ou Inditex, que con diferentes convenios, evítase que moitas veces se publiquen artigos na súa contra na axenda diaria (habendo sempre casos excepcionais que deben ser publicados).
    Aquí entón temos a resposta a pregunta de se isto é unha democracia, o é, mais, para quen é esta democracia? Está demostrado que si que o é, pero para o que teña no seu poder os medios de producción.
    Ademais, o sistema de producción da información, tal e como se indica, sobrecarga con información ao espectador, o que fai que este non sexa quen de procesala toda e darlle a importancia que merece cada caso, quedándose así noticias de gran relevancia olvidadas ao pouco tempo. Isto tamén é porque desta forma consúmese máis información, e ao dono dos medios de producción interésalle o maior beneficio posíbel, custe o que custe.
    Toda esta argumentación está baseada principalmente no libro de Taufic Camilo ”Periodismo y lucha de clase”.
    Raúl Novoa González, S3D3.

    Liked by 1 person

    1. Con grandes medios, xa ven implícita a empresa que a domina, perdoa se a miña expresión da lugar a dúbidas.
      No caso de Inditex, está a polémica dos traballadores explotados, baixos salarios, falta de seguros, etc, cousas que non saen nos medios. O que sí sabemos é que Inditex vai a abrir proximamente a tenda Zara máis grande do mundo en Madrid.
      http://www.elmundo.es/economia/2017/03/15/58c913a4468aebb8678b4570.html
      Moi boa observación o de a sobre carga de información dos medios, un problema actual do que non nos damos conta. Como as noticias caducan co paso do tempo e caen no olvido. Ninguén lembra xa todos os mortos da enfermimade Ébola, Bárcenas e unha longa lista de noticias que a día de hoxe xa non se recordan.
      http://internacional.elpais.com/internacional/2016/04/03/actualidad/1459697569_350145.html

      Liked by 1 person

      1. Así é, a día de hoxe hai moitos mortos no accidente de Bangladesh nas fábricas de Inditex sobre os que aínda non se sabe nada, nin sequera se morreron alí ou non e apenas se sabe sobre esa noticia, isto é tamén porque eses traballadores moitas veces nin sequera tiñan contrato.
        http://www.eldiario.es/alternativaseconomicas/textil-Bangladesh-tragedia-Rana-Plaza_6_512408771.html
        Isto tamén fai que a clase traballadora olvide os seus problemas reais, xa que apenas se fala da precariedade na que está a vivir nos medios de información.

        Gústame

  2. Hoxe en día o que vende nos medios é o sensacionalismo, e explotan unha noticia en todos os medios durante días, ata que acabas saturada dela. Por exemplo o ano pasado, o caso de Diana Quer ocupou durante semanas as informacións principais dos medios de comunicación. Nesa época tamén desapareceu un rapaz en Galicia, http://www.elespanol.com/espana/20161015/163234162_0.html pero para os medios non debía ter o morbo suficiente e quedou relegado a un segundo plano.

    En canto ó outro tema, está claro que os medios móvense segundo intereses políticos ou empresariais. Os proxectos máis pequenos son realmente interesantes e son lugares onde os xornalistas poden realizar un bo traballo e con liberdade. O problema na miña opinión, é cando aparece o chamado “periodismo ciudadano”. Hoxe en día calquera pode informar a través dunha red social ou un blog, e na maiora de casos esta información non ten ningunha veracidade. O curioso deste tema, e que os medios prestixiosos nútrense desta información nalgúns casos. Fai uns meses en Twitter iniciouse unha mentira sobre a ausencia da bandeira española das mangas do xogador Piqué, que acabaron recollendo varios medios como se fora verdade http://www.elespanol.com/social/20161010/161984135_0.html. Isto non fai máis que demostrar os problemas que atravesa o xornalismo, esperemos que iniciativas como CUAC FM axuden a melloralo no futuro.

    Gústame

    1. O sensacionalismo e a hipérbole nas noticias é o que chama a atención ao público. En canto ao caso de Diana Quer, se sabe algo máis? Nos 3 meses que levamos de ano pouco se sabe da desaparición, hai diversas hipóteses, pero ningún rastro dela. Á súa vez, o desaparecido en Baiona, apenas apareceu os medios xa que o tema de Diana daba máis que falar polo historial da familia.
      http://politica.elpais.com/politica/2017/02/18/actualidad/1487447305_692368.html
      Só con ler o titular é suficiente: “Investigan si un cadáver hallado en Baiona es el de un hombre desaparecido hace seis meses”. Nótase a frialdade do trato co desaparecido, coma se non se fixese nada por atopalo. Ademais, nun dos parágrafos se cita o seguinte: “Nos parece muy bien que los medios, los políticos y los famosos se estén volcando con la desaparición de Diana Quer, y de corazón, ojalá aparezca sana y salva. Pero nosotros llevamos cinco días buscando a Iván, y también necesitamos que se vuelquen para ayudarnos”. Unha reivindicación por parte dos veciños ante a actitude pasiva do Goberno con respecto á desaparición.

      A raíz do tema das redes sociais, nelas podes atopar de todo, desde veracidade ata puras mentiras e invencións. O que está claro é que son un punto moi forte nos medios xa que se elimina a periodicidade dos medios de papel, deixando paso ao tempo real. Podemos enterarnos de todo so con entrar no Twitter, tendo en conta, claramente, ás contas a consultar.

      Gústame

  3. O tema tratado no video é moi interesante. Estou de acordo con Adrián Lede e os exemplos que propón son moi adecuados. No caso de Diana Quer a maioría dos medios de comunicación primaron o morbo frente a información, buscaban que as súas plataformas web alcanzasen canto máis visitas mellor. No caso do xogador, Piqué, os medios de comunicación fixéronse eco de comentarios sen fundamento das redes sociais. Ambos casos admiten unha segunda lectura. Podemos culpar aos medios de comunicación de que en ocasións a información de interese para os ciudadanos ou a deixan nun segundo plano ou é inexistente. Debemos pensar tamén que noticias como a de Diana Quer son as que le máis xente, é dicir, teñen unha maior demanda. ¿Ten o lector parte da culpa entón? Se o lector non demandara, non visitara esos contidos, probablemente o medio deixaría de ofrecelos. Esta anécdota resume moi ben a idea http://www.elespanol.com/social/20170222/195730789_0.html
    Por outra parte, deixando a un lado intereses económicos, non debemos esquecer que un medio de comunicación exerce unha función social. Dar voz a aquelas personas que pasan desapercibidas, falar dos problemas reais dos cidadáns, informar sobre o importante para que cada un poida formarse unha opinión argumentada e fundamentada. Lamentablemente parece que os cartos priman sobre esto e so os pequenos medios, os máis independentes, cumpren esta función.

    Gústame

    1. Diana Quer é o puro exemplo de morbo na prensa da actualidade. Como xa lle comentaba a Adrián, nos tres meses que levamos de ano, apenas se sabe nada sobre a desaparición. Realízanse hipóteses, pero nada máis. As veces publícase alguna noticia, cunha foto moi grande, para que os lectores lembren aquela nena desaparecida, pero nada máis. No caso de Piqué, que máis da a noticia se é Piqué? Frecuentemente aparecen nos medios noticias absurdas sobre famosos, ainda que carezan de sentido, iso non importa xa que os protagonistas da acción son o relevante.
      http://elpais.com/elpais/2017/03/23/gente/1490271686_700946.html
      http://elpais.com/elpais/2017/03/22/gente/1490195780_382504.html
      http://www.eitb.eus/es/noticias/internacional/detalle/4640978/disfraz-donald-trump-carnavales-2017-venta-careta-peluca/
      Seguramente estas noticias terán máis visitas e lectores que outras máis importantes, ademais de ocupar un lugar mellor que outras. E isto, claramente, é culpa do lector, que como ven dis, o demanda. Moita xente prefire ler sobre famosos que sobre as guerras de Oriente. Iso provoca que esa función social sexa, en moitos casos, inexistente. Se non recibimos unha información veraz sobre todo o que acontece, non podemos ter unha opinión pública fundamentada. E non recibimos unha información veraz debido a que os medios non ven moitos temas como rentables, a razón: os factores económicos.

      Gústame

  4. Moi sabias as palabras de Laura Sánchez.
    A existencia deses tres grandes grupos que manexan os grandes medios non é nada descoñecido para os que nos queremos dedicar á profesion. Porén, non deixa de ser unha pena que todo o poder dos medios radique nestas empresas. Estas entidades non dubidan en antepoñer o seu beneficio económico ao fin xornalístico. Así, moitas veces, priman en gran cantidade a publicidade aos temas que de verdade son importentes para a cidadanía.
    Tamén se adícan a facer boa prensa de diversas entidades millonarias. Explícome, no xornal de ElPaís nunca veremos unha noticia mala sobre o Banco Santander porque este é un dos seus accionistas (http://www.infolibre.es/noticias/medios/2015/03/01/quienes_son_los_principales_accionistas_prisa_29087_1027.html) e así, en todos os medios rexidos polos grandes grupos de poder.

    Ademáis dos cartos, as empresas tamén se rixen por principios ideolóxicos. O único que buscan é deixar quedar mal aos afíns ás ideas contrarias que eles seguen, como é o caso de OKDiario. Este panfleto non repara nos valores noticia nin na contrastación nin veracidade da información. Como podemos observar nesta noticia (https://okdiario.com/investigacion/2016/05/06/la-policia-investiga-el-pago-de-272-000-dolares-a-pablo-iglesias-por-el-gobierno-de-venezuela-124602) chegan ata falsificar papeis con tal de desacreditar ao contrario.

    Que os medios de comunicación se volvan empresas que o único que buscan é vender a toda costa, déixanos ante a imposibilidade de acadar unha boa información, plural e contrastada. Sorte que nacen iniciativas como a de CUAC FM en busca dun xornalismo libre.

    Gústame

    1. A existencia de esos medios que controlan aos demais non son descoñecidos para casi ninguén hoxe en día. A publicidade é un punto forte dos medios, unha fonte de ingresos, por ese motivo contan con máis publicidade que información destacable. No formato, a publicidade ten un papel crucial xa que primeiro se colocan os anuncios e, en función do tamaño destes, as demais noticias. A publicidad eprima ante a información.
      Está claro que cada xornal, radio ou cadea de televisón é a fin a uns ideais ou a outros, que vai defender e intentar dar boa imaxe. Iso restrinxe a obxectividade xornalística, que, en teoría, se debe cumplir para acadar un correcto xornalismo. Como ben sinalas, so buscan vender e se moven por accións chamativas que desatan morbo entre os lectores para lograr máis visitas.
      http://www.huffingtonpost.es/2017/03/23/v-deo-asi-se-produjo-el-atentado-en-el-puente-de-westminster_a_22008914/?utm_hp_ref=es-homepage
      Non vexo necesario que nos xornais, tanto en rede como en papel, se difundan fotografías de víctimas en accidentes ou atentados. O fan para impactar ao lector e conseguir máis visitas, e con isto, máis diñeiro.
      As iniciativas do meu círculo, CUAC FM e Filispim, son pequenas radios comunitarias que intentar tratar con xente, que non ten cabida nos grandes medios, algúns temas de interese que pasan desapercibidos.

      Gústame

      1. Vexo que estamos totalmente de acordo no tema publicitario así como no uso morboso das imaxes. A día de hoxe son prácticamente todos, os xornais que empregan imaxes de víctimas como reclamo para atraer unha maior audiencia. Como exemplo está o tratamento dado ao atentado de Londres (http://www.lavanguardia.com/internacional/20170322/421100926457/newsletter-22-marzo-2017.html e http://internacional.elpais.com/internacional/2017/03/22/actualidad/1490197936_097040.html). A portada de La Vanguardia é vergoñenta, poñendo en primeira plana unha fotografía da vítima desangrándose, sen ter en conta á dignidade dos afectados e da propia familia.
        Hai máis casos así: as imaxes proporcionadas pola televisión e a prensa, onde aparecían os cadáveres en primeiro plano, no caso do accidente do Alvia (http://www.lavozlibre.com/noticias/ampliar/788909/las-fotos-del-accidente-de-tren-en-santiago-de-compostela); situación dada tamén tras os atentados de París e noutras tantas catástrofes.

        Gústame

  5. Como en todo neste século , o que importa é o beneficio económico e o xornalismo non iba a ser diferente neste caso.
    Os medios de comunicación que son un dos poderes que manexa o mundo enteiro, deixan a un lado a súa fin para lucrarse das súas publicacións. Moitas veces un xornalista pódese ver entre a espada e a parede: seguir a liña editorial do xornal no que traballa ou irse a cola do paro. Esta situación , por contradictoria que asemelle pode chegar a ser entendida, pero o problema da falta de compromiso social dos medios apunta cara arriba. Como ben se anota durante o vídeo, son catro os que moven os fíos da ”comidilla” publicitaria e sensacionalista. No ano 2017, prima máis un programa de prensa rosa que unha noticia sobre un atentado en Siria.
    Parte da culpa, é nosa, de moitos espectadores que preferimos o entretenemento ao realmente importante e ao motivo da existencia da nosa profesión: a búsqueda da verdade e coñecer o que pasa ao noso redor.
    Non todos os medios seguen a mesma disciplina persuasiva, hai grupos como os mencionados no post, que se preocupan por un xornalismo comprometido e de relevancia social , no que prime a verdade e a profesionalidade.
    Adxunto unha interesante web dun grupo de xornalistas que invitan a reflexionar sobre a cara correcta da profesión: http://www.oxfamintermon.org/es/multimedia/galeria-fotografica/esto-es-periodismo-comprometido

    Gústame

    1. De acordo con que neste país interesa máis a prensa rosa, programas de cotilleo e o fútbol antes de problemas verdaderamente serios que son ignorados. Prima o entetenemento da poboación e que non nos metamos onde non nos chaman. Esta parrilla serve para manter entretida á xente e que “non pense” en todos os problemas do país: paro, crise, etc. E parece que funciona, nótase que non somos un país como Francia ou Estados Unidos.
      Pero como en todo, sempre hai excepcións. Aínda quedan medios que difunden con sentido e veracidade, fixándose na poboación e as súas necesidades, denunciando os problemas que non aparecen nos grandes medios. Por exemplo, falábamos onte coa radio de Ferrol, Filispim, unha radio comunitaria formado por persoas implicadas no intento de mellorar os medios e dar voz aos que non teñen cabida noutros medios de masas.
      http://opaii.blogspot.com.es/

      Liked by 1 person

      1. Estou en desacordo ca túa opinión sobre que éste problema só ocorre aquí. Os medios cégannos, e eso vai máis aló de Galicia e de España , trátase dun problema mundial. Por exemplo EEUU, é un claro exemplo de consumo televisivo de puro entretenemento: reality shows e mass media que chegan a todos e non cala en ninguén.
        Todos estamos na rede dos medios, pero algúns polo menos sabemos que ésto é así. O preocupante e que hai xente que sigue creendo nunha comunicación transparente e veraz. E eso é o que as grandes empresas queren que pensemos.
        Con accións como Observatorio de Comunicación tratamos de abrirlle os ollos a máis de un que o precisa.
        Acá un artículo sobre o consumo televisivo de America : https://www.marketingdirecto.com/anunciantes-general/medios/10-tendencias-que-marcan-la-television-en-estados-unidos

        Liked by 1 person

      2. Non digo que so ocorra aquí, para nada, ao que me refiro é que non facemos nada para evitar o que está a pasar. Un exemplo moi claro sería en temas de política. Comparamos a reacción de España coa victoria de Raxoi e de Estados Unidos con Donald Trump (non relacionada cos presidentes, senón co a do público). En España, a pesar de haber moitas queixas, ninguén saiu á rúa a queixarse por todos os problemas xa arrastrados do mandato anterior, todo o contrario con EEUU.
        http://www.elmundo.es/internacional/2017/01/21/58837932268e3e40748b4636.html
        Obviamente, a diversidade nesa creencia é indiscutible. Tendemos a creer todo o que vemos nos medios, aínda que isto na actualidade parece que está mudando, cousa que para nada nos beneficia a ningún. O uso das redes sociais inflúe nisto, onde moitas contan inventan noticias que moitos medios captan e toman como algo real.
        http://politica.elpais.com/politica/2017/01/27/actualidad/1485523499_326784.html

        Liked by 1 person

      3. Boas Laura, lendo as túas novas comprendín xa ao que te referías e a verdade é que tes toda a razón. O rexeitamento que tuvo Trump nas rúas non estivo aquí presente ca renovación da presidencia do PP. O dito, o cambio é posible e está nas nosas máns.

        Gústame

  6. Debo dicir, en primeiro lugar, que o concepto de obxectividade é algo que debemos esquecer ao falar de periodismo debido á imposibilidade de ser acadado. Por moito que como ben dis no teu post, moitos medios falen de obxectividade na súa declaración de principios é fundamental por parte dos consumidores saber que non existe tal obxectividade.
    Os medios, como case todo neste mundo,funcionan como unha empresa, tendo como principal obxectivo obter cartos co seu traballo. Chegados a este punto poderiamos pensar que non hai nada que facer, pero nada máis lonxe da realidade: o consumidor debe ser responsable e saber que está consumindo. Se preferimos o entretemento antes que a información vamos obter isto, se un xornal antepón o amarillismo á información e nos mercamos dito xornal, estamos dando pé a esta cabeceira para que continúe a facer o mesmo. Podemos atopar no xornal novas do máis absurdas, ás veces semella que estamos ante un libro de chistes en vez de ante unha publicación de carácter informativo. No tratamento da situación dos refuxiados por exemplo, parece que só aparece nos medios cando hai algunha imaxe que chame a nosa atención. Seguramente ti tamén recordes a famosa imaxe de Ailan, o neno sirio que apareceu morto nunha praia da costa grega (http://www.islamsight.org/en/ailan-kurdi-is-remembered-only-with-tears-in-eyes.html ), pois ben, esta foto encheu cantidades de páxinas en diarios e minutos de radio e televisión. Cando os medios pensaron que xa causara todo o impacto que buscaban, parece que deixaron de lado o tema dos refuxiados, cando aínda a día de hoxe segue sen efectuarse o reparto aos diferentes países e a situación é cada vez máis crítica. Algo similar pasou co terremoto en Haití, ao principio todo eran imaxes do desastre:mortos nas rúas, casas destrozadas, carreteiras intransitables… e aos poucos meses, cunha situación aínda devastadora no país semella que os medios esqueceron este pequeno país. Só algunhas ONG, como UNICEF parecen seguir ao tanto do que alí acontece (https://www.unicef.org/spanish/infobycountry/haiti_20614.html ). Se deixamos de consumir os produtos informativos actuais, obligaremos aos propietarios dos medios a ofrecernos aquelo que buscamos. Son as empresas as que teñen que adaptarse ao mercado e non ao revés.
    Concluíndo, na miña opinión é igual ou maior a responsabilidade dos consumidores coma dos que publican a información.

    Liked by 1 person

    1. A obxectividade, en teoría, é un dos requisitos clave do xornalismo, que como ben dis, é inexistente. Aparece recollida nos códigos deontolóxicos como moitos outros requisitos, como a veracidade, outro factor que moitas veces flaquea nas noticias.
      http://fape.es/home/codigo-deontologico/
      É certo que os medios se moven en función do seu beneficio propio, ignorando o interese dos lectores. Pero tamén é certo que os lectores demandan un tipo de información, que na actualidade soe ter un ton amarelo. Os titulares extravagantes e chamativos son os que captan a atención do público e o incita a ler a noticia enteira. Así, os medios loitan entre si para ver quen é o que ten o mellor titular e o que vende máis. Aquí un claro exemplo de prensa sensacionalista: http://elpais.com/elpais/2017/01/18/buenavida/1484762739_872479.html
      Estou de acordo co que dis en canto ao tema dos refuxiados e de Haití. Despois do terremoto, e agora na actualidade, xa non contábamos cunha información diaria e directa da situación deplorable do país. Unha vez ocorrido o feito e publicado, pasa ao olvido polos medios e así, da poboación. Sinalas, ademais, que as fotos eran de mortos, a cidade destrozada… a que se debe isto? Ao morbo que provocan estas imaxes, que canto menos, chaman a atención do lector que parece porse un pouco máis na pel dos afectados visualizando o desastre.
      Está claro que os culpables disto somos tanto nós, por non queixarnos ante a situación lamentable na que están os medios, e tamén os propios medios, por non cumplir debidamente cosa súa función social.

      Gústame

      1. Agrádame notablemente a túa reflexión Laura, e que compartas á idea de que os consumidores somos tamén culpables e non só os medios. Debemos lembrar sempre que os medios van a producir aquilo que saben que a xente vai consumir. Se os medios son amarillitas é, en gran parte, porque a pesares de que todo o mundo critica este xeito de “facer periodismo”, goza dun éxito asegurado á hora das vendas. Máis aló de cabeceiras como The Sun ou determinados programas ou mesmo canles de televisión (Telecinco), esta patoloxía ten moito máis tempo do que parece. Pareceume destacado compartir contigo este enlace no que se fala do xornal “El Caso“ ( http://blogs.publico.es/strambotic/2016/03/titulares-el-caso/ ), exemplo de que o amarillismo non é cousa só dos novos tempos.
        Respecto ao código deontolóxico do que falas, a pesares de ser unha mágoa, a maioría de principios que este enuncia parecen totalmente esquecidos polos xornalistas hoxe en día. Moitos “profesionais” prefiren difundir unha noticia falsa e sen contratar coa finalidade de obter un resultado inmediato, en lugar de traballar máis a información cunha máis longa investigación con tal de ser o primeiro en publicar.

        Gústame

  7. Desafortunadamente os medios de comunicación buscan a súa rentabilidade como empresas, e non informar á sociedade, que debería de ser a súa prioridade principal. No momento en que os intereses económicos priman, o medio busca as noticias que máis poden atraer a atención da xente ou entretela. Así, a maioría dos temas pasan a ser sensacionalistas, perdendo o seu vaor noticiable e informativo.

    Ocórreseme un exemplo de amarillismo alarmante que lín fai uns días na prensa. Existen moitísimos, día tras día, pero este chamoume a atención. Trátase dunha crónica de sucesos sobre o coñecido e polémico caso de violencia machista que se deu nun dos clans de xitanos máis numeroso de Galicia http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/amenaza-cortinas-sigue-estado-latente/idEdicion-2017-03-13/idNoticia-1045556/ .

    Xa no momento en que se cubriu esta nova, o tratamento dos medios foi bastante denigrante. Tanto cubrindo o asasinato, como o xuízo e todos os acontecementos posteriores. Pero esta crónica que se publica tres anos despois do sucedido non se queda atrás. Chama a atención a forma prexorativa coa que o xornalista fala do pobo xitano, ademais de frases que son insostibles tratándose dun suceso tan delicado como é o asasinato dunha muller: “en un arrebato… le metió hasta 16 cuchilladas”. Escalofriante que un medio recoñecido como El Correo Gallego dedique espacio a este tipo de información.

    Se de verdade existise un interés por parte da maioría da sociedade pola información veraz e contrastada, este tipo de exemplos non existirían. Pero por desgraza non é así. A xente que busca este tipo de información recurre, cada vez máis, a outro tipo de medios alternativos como o que presentas no post, e seguirá facendo mentres o xornalismo non encauce este tipo de problemas cos que conta hoxe en día.

    Para rematar, só quero darlle importancia ás radios comunitarias como CUAC, tan necesarias ó contar todo aquilo que os medios convencionais non fan. Son unha ferramenta de comunicación moi eficaz tanto aquí como noutros lugares do mundo. Por exemplo en América Latina existen numerosas radios que conseguiron moitos avances na sociedade gracias ás súas informacións. Algún exemplos:
    http://www.izcanal.org/ (El Salvador) ; http://www.radioquillabamba.com/inicio/ (Perú)

    Gústame

    1. Está claro que informar con veracidade e obxectividade é a obligación dos medios, pero os factores económicos tenden a facer que isto non sexa así. Como xa dixen no post e noutros comentarios dos compañeiros, os medios, ademais de polo diñeiro, utilizan temas chamativos e rentables para captar máis público. So cubren o que a eles lles interesa, aquilo que non cubren, non existe. Un claro exemplo sería o que ocorre en países como Belice, Togo, Ghana ou Burkina Faso; ninguén o sabe porque non aparecen nos medios. Estes mandan informadores a lugares clave, onde saben que vai a haber noticia, sen importar o resto do mundo. As poucas noticias que sabemos destes países son relacionadas co turismo ou se ocorre algo extremadamente grave.
      http://elviajero.elpais.com/elviajero/2017/02/15/actualidad/1487177525_747212.html
      O sensacionalismo e a hipérbole das historias é o que vende e chama a atención aos lectores. En parte, moitos dos problemas que suceden son pola nosa culpa.

      Ademais de Cuac Fm, visitamos esta semana en Ferrol, outra radio comunitaria: Filispim. Basicamente queren dar voz a aquelas persoas que teñen algo que contar e que non poden acceder aos grandes medios, xa que son ignorados. O motivo: os seus temas non lles interesan. Como estes enfoques de radio a pequena escala, existen moitos outros en Galicia: http://akalimera.org/
      http://piratona.alg-a.org/

      Gústame

  8. Repasando os comentarios do artigo hai cousas que me gustaría comentar. É un debate moi interesante a comparación dos medios galegos ou nacionais con medios extranxeiros. Creo que o problema da demanda do público (de noticias sen relevancia informativa, de morbo, de prensa rosa…) existe en todo o mundo e todos os medios de comunicación deben lidiar con el. De todos xeitos creo que é interesante coñecer a opinión de xornalistas sobre este tema, concretamente de xornalistas que traballaron en medios nacionais e internacionais. Poño o exemplo de Javier Bauluz, un dos nosos xornalistas máis recoñecidos, gañador dun premio Pulitzer e fundador de Periodismo Humano http://periodismohumano.com/ ,un medio dixital que comparte en varios puntos a filosofía do Observatorio Cidadán de Comunicación. Nesta entrevista (http://www.jotdown.es/2013/02/javier-bauluz-quiero-que-las-fotos-vayan-al-corazon-o-a-la-cabeza-no-al-estomago/) conta a súa experiencia como freelance e as diferencias entre traballar en España e internacionalmente. Outra entrevista que recomendo encarecidamente e a que lle realizou Ramón Lobo (xornalista de guerra e colaborador da Revista 5W un medio español independiente de información internacional) a Manu Bravo (fotoxornalista) na que tamén comenta as mismas diferencias que Bauluz e reflexiona sobre a situación actual do xornalismo http://www.jotdown.es/2013/05/manu-brabo-si-la-gente-gritara-en-la-calle-lo-que-grita-en-facebook-seria-la-hostia/

    Gústame

    1. Señorita Domínguez, comente respostando ao comentario anterior, grazas.
      Tanto os medios galegos como os nacionais se moven polos mesmos intereses e teñen unha estrutura similiar, co cal, non é de extrañar que o sensacionalismo esté latente en todos eles.
      O primeiro que di Bauluz é “Mientras haya periodistas que quieran hacer periodismo habrá periodismo”. O problema está na falta de compromiso por parte tanto dos xornalistas como dos medios, por solucionar a situación que estamos a vivir. Está claro, que como Javier Bauluz, hai moitas máis excepcións. A situación vese agrabada en países de latinoamérica como Venezuela, onde os medios son controlados polos Gobernos: http://www.eluniversal.com/noticias/politica/periodistas-manifestaron-por-periodismo-sin-censura_247333
      Pero isto tamén ocorre aquí, a menor escala, pero está presente. Un claro exemplo é o que comentaba co compañeiro Raúl. Por que aparecen nos medios as donacións de Amancio Ortega e a apertura de novas tendas e non a situación dos traballadores de Inditex? Os intereses económicos sempre son a base destes problemas.
      “El mercado de la prensa escrita ha decidido que lo más importante es llegar primero.” Sinala Manu Brabo na súa entrevista, corraborando este post e todo o que estamos comentando nel.

      Gústame

  9. No que se refire ó control absoluto da información por parte de medios corporativistas que postulan a rendabilidade económica como obxecivo primordial é algo indubidable. Pero incluso cando existen medios deficitarios, as empresas posuidoras son conscientes do perigo do seu abandono ou peche, porque a fin de contas seguen a ser unha fonte inesgotable de ideoloxía que, consciente ou inconscientemente, ten un gran calado na sociedade. A día de hoxe introducir unha ideoloxía dunha forma reaccionaria é algo demasiado perceptible, polo que se tende ó uso de neoloxismos e apelacións á postmodernidade para ter un calado mellor disimulado. Sobre isto fala Víctor Lenore neste artigo de El Confidencial:

    http://www.elconfidencial.com/cultura/2017-03-21/derecha-alternativa-alt-right-musica-gustos-culturales_1350333/

    Un das tendencias destas características con máis protagonismo nos medios son as noticias que normalizan a pobreza. O usuario @_ju1_ en Twitter actualiza dende fai varios meses un fío sobre este tema:

    Gústame

    1. Concordo bastante con todo o exposto. Unha reflexión extra. Cando falamos de intereses económicos á hora de definir a axenda, adoitase teorizar sobre os obxectivos dos grandes poderes fácticos, pero ás veces esquecemos as consecuencias da mercantilización da comunicación a escalas máis modestas.

      Así, temos medios que fan EREs coma churros xa que están nunha situación de grande debilidade económica, pese as inxeccións de cartos públicos e o respaldo corporativo con intereses en xerar opinión ideolóxicamente favorable (seguro que se vos pasan varios pola cabeza). Eses medios precarizan as condicións dos seus traballadores ao tempo que desesperadamente tentan maximizar audiencias. Así temos novas mal feitas de temas tratados superficialmente pero que suscitan un grande interese público. Poderíamos falar de fast news, pola analoxía ca fast food. Son tan socialmente nocivas para a saúde democrática coma a outra para a saúde cardiovascular.

      A diagnose, entendo, non é o problema. O problema é o tratamento. ¿Qué podemos facer ao respecto?.

      E non pasa so a nivel macro. Tamén a nivel micro. Recoméndovos este artigo de Marcos Pérez Pena en Praza Pública:
      http://praza.gal/opinion/3891/a-debilidade-da-estrutura-galega-de-medios-ameaza-e-oportunidade/

      Liked by 2 people

      1. Os EREs nos medios de comunicación están á orde do día no noso país, sobre todo desde que comezou a crise, un exemplo bastante coñecido é o do diario El País: http://www.huffingtonpost.es/2012/11/10/el-ere-del-diario-el-pais_n_2109978.html
        Estes medios intentan subsistir despedindo traballadores e grazas ao finanzamento alleo, pero como ben dis, o seu obxectivo é obter beneficio, sen importarlle a situación nin da información que se publica nin a dos seus traballadores. Ademais, moitos periodistas prefiren non traballar como é debido a información, e facer noticias simples e moitas veces sen contrastar, debido aos baixos salarios por peza dos xornais (sobre todo a nivel nacional) e a súa falta de prestixio por feitos como os EREs.
        http://graficasmadrid.cnt.es/wp-content/uploads/2017/03/Periodismoenlauvi_PRINT.pdf
        Neste informe elaborado pola CNT no pasado mes de marzo, se poden observar os problemas básicos do xornalismo actual, a precaria situación de freelances e xornalista e tamén os baixos salarios da prensa escrita.
        Como solución, necesítase recuperar a credibilidade dos medios e tamén a súa calidade, así como tocar todos os temas que suceden na actualidade de forma igualitaria, non dando a coñecer só aqueles que sean rentables. Ademais, as radios comunitarias axudan a dar a coñecer tanto persoas como temas que pasan desapercibidos nos medios de masas, o que permite a súa diversificación e popularización.

        Gústame

    2. Como ben sinalas, calquera medio, deficitario ou non, exerce unha gran influenza na sociedade e serve tanto para informar aos lectores como para formar a opinión pública destes. Ademais, a cada medio se lle asigna unha ideoloxía e se encasilla nela, atendendo a medios de dereitas e medios de esquerdas, o que da a sensación de que tes que estar de acordo con un ou con outro. O mesmo sucede cos grupos de música, ao que se lles fai referencia no artículo: “Calamaro, un compositor y músico mayúsculo, opina en la tercera página de ABC que el mayor problema de España es “la izquierda papanatas”, con Podemos a la cabeza.”
      O mesmo sucede co grupo de rock Depeche Mode, do que se di que se quixo desvincular da dereita alternativa ou da cantante Beyoncé, acusada de dar máis importancia ás vidas negras que as brancas.
      http://jenesaispop.com/2016/10/25/278855/amy-schumer-acusada-de-racismo-por-su-parodia-de-formation-de-beyonce/
      Neste caso, a actriz é acusada de ridiculizar á muller afroamericana que Beyoncé intenta ensalzar no seu último disco. Como ela, moitos famosos e cantantes, están encasillados ideoloxicamente polos seus feitos, moitas veces de forma errónea.
      http://www.vanitatis.elconfidencial.com/noticias/2011-03-30/el-clan-de-la-barba-los-famosos-que-apoyan-a-rajoy_673557/

      Gústame

  10. @martacoirablog
    O atentado de Londres é un gran exemplo de sensacionalismo. O que chama son as imaxes da xente no chan, hasta hai un vídeo no que unha rapaza se tira ao río para salvar a súa vida, vídeo que saíu en todos os medios posibles. Así pasou con atentado de París e así pasa día a día coas guerras de Oriente Medio. Un exemplo recente é o ataque con gases tóxicos en Siria.
    http://www.prensalibre.com/internacional/que-son-los-mortales-gases-quimicos-usados-en-siria
    O que buscan é chamar a atención e que os lectores se fixen nas imaxes para que lean o que pasa, o mismo pasa cos titulares sensacionalistas, sobre todo, coa violencia de xénero.
    http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/mujer-muere-apunalada-marido-suria-crimen-machista-5791211

    Gústame

    1. O sensacionalismo está indo demasiado lonxe. Non só esas portadas acaparan os xornais, non só son as fotos das vítimas tiradas no chan. Se no periódico de El País, na súa versión online, buscas “prensa sensacionalista” (http://elpais.com/tag/prensa_sensacionalista/a/) aparécenche centos e centos de resultados con diversos titulares escabrosos, morbosos e rechamantes. Dende “¿Por qué leemos en todas partes que la Nutella provoca cáncer? Historia de un ‘teléfono escacharrado’” ata “Vivía en una constante ansiedad y paranoia a causa de las escuchas”. Queda moito que cambiar e moito que mellorar.
      Un saúdo!

      Gústame

      1. Respostandolle a un compañeiro atopei esa sección no País e dudo moito que sexa algo do que poidan estar orgullosos. Pero non só este medio ten artigos así, se poden atopar en calquiera outro con moita facilidade. A que crees que se debe o aumento deste tipo de titulares e artigos? Pensas que ten que ver cos factores económicos?

        Liked by 1 person

      2. @xoubadelata13 Pois penso que, ademáis dos factores económicos, é o que a xente consume. Gústanos o morbo e o salseo e xulgamos un libro pola súa portada. Só entramos nos artigos polos titulares e o que nos chama son frases rechamantes e morbosas. Considero que a prensa debería de exercer unha función educadora (con pluralidade e diversidade de noticias e ideas, todas elas veraces, por suposto) e darlle á xente cultura, información sinxela, aínda que esta non a queira. Non sei que opinarás ti.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s