O desprestixio laboral ten rostro de muller

Tras anos de loita no que o xénero feminino pelexou polo papel que ten agora na sociedade, facendo gala da súa sororidade e defendendo dereitos que fai non tanto tempo lle eran negados, a día de hoxe a muller segue sufrindo situacións que a manteñen sometida baixo o home. Unha desas situacións é o desprestixio do seu traballo.

Dereito ao traballo da muller en España

No caso de España, non foi ata as décadas dos 60 e 70 cando as mulleres se incorporaron ao mercado laboral en cifras importantes. Ata ese momento dedicáranse a traballar como axudas familiares no campo e como empregadas do fogar. Así, a poboación feminina pasou de representar o 16% da poboación activa total no 1950 a ser o 28.5% en 1975. O tipo de muller que entra no mundo laboral era de entre 15 e 24 anos, e o seu peso duplicouse pasando dun 20% a un 40% de mulleres activas nese rango de idade. Co paso do tempo non só as novas traballaban e normalizouse que unha muller de máis de 30 tivera peso no mercado laboral.

O traballo feminino na actualidade

Se ben a situación é bastante máis esperanzadora do que se vislumbraba 20 anos atrás, na actualidade seguen persistindo datos que dificultan a equiparación entre o home e a muller. No 2015 a taxa de actividade da muller era de un 53.79%, mentres que a do home ascendía a un 65.37%, deixando así unha brecha de xénero do 11.58%. A pesar de que esta diferencia foi reducíndose co paso dos anos, a fenda entre sexos en canto ao emprego mantívose dende a crise. Así, mentres que un 41.68% de mulleres teñen traballo, un 52.62% de homes ocupan postos laborais. En canto ao traballo baixo contrato, nos últimos dez anos rexistráronse perdas tanto no número de contratos (219.299) como no de persoas contratadas (528.004). Dentro de ese contrato, o tipo de vinculación laboral máis característica da muller mantén unha duración de un mes ou menos a xornada completa (16% de contratos teñen esta característica), mentres que no home a duración máis común é a indefinida. Como conclusión, podemos salientar que de cada 100 contratos de duración indefinida 47 son firmados por mulleres, e de cada 100 contratos temporais, 43.

Un informe presentado por UGT Madrid amosa que o 82% de contratos a tempo parcial son femeninos, e o 70% delas preferían un contrato a tempo completo. Ademáis de precariedade contractual, nos datos do informe pódese ver que España aínda non confía no traballo das mulleres e a súa capacidade: só representan un 17% dos postos de dirección nas empresas cun 16% máis de titulación femenina. Sánchez de la Coba, secretaria de igualdad UGT Madrid, tamén critica que nas entrevistas de traballo aínda se lles pregunta ás mulleres se teñen pensado quedar embarazadas.

Outro demoledor dato é que no único nivel de estudos onde hai máis homes que mulleres demandando emprego é na ESO sen titulación. As mulleres sen estudos ou sen acreditación dos mesmos, con estudos primarios, con ESO titulada, con bacharelato, con grado medio FP, grado superior FP e universitarias (de primeiro ou segundo ciclo ou Bolonia) son maioría á hora de demandar emprego.

A educación en igualdade, un ben escaso e necesario

Despois de presentar todos os anteriores datos, é difícil explicar o que ocorre sen recorrer á falta de educación. A cultura machista na que vivimos debe de ser superada a partir da educación: as vindeiras xeracións deben de crecer nun entorno igualitario, onde recoñezan que o xénero non marca as capacidades persoais. A pesar dos duros datos, é vital remarcar que a situación é mellor do que foi anos atrás, e a loita feminista conseguíu moitos avances. Na nosa man está chegar a unha sociedade baseada na xustiza social, e para isto debemos de defender a igualdade entre xéneros.

Bibliografía

RTVE (2016). El salario medio de las mujeres españolas retrocedió hasta el 76,7% del sueldo masculino en 2014 [online]. Avaliable at: http://www.rtve.es/noticias/20161028/salario-medio-mujeres-espanolas-retrocedio-hasta-767-del-sueldo-masculino-2014/1433760.shtml [Recuperado 18 Mar. 2017]

Estela Mazos (2016). Brecha salarial: así son los sueldos de hombres y mujeres en Europa [online]. Avaliable at: http://www.expansion.com/economia/2016/10/08/57f3b02246163f03048b45f3.html [Recuperado 18 Mar. 2017]

Observatorio de las ocupaciones (2016). Informe del Mercado de Trabajo de las Mujeres Estatal [online] Avaliable at: http://www.sepe.es/contenidos/que_es_el_sepe/publicaciones/pdf/pdf_mercado_trabajo/imt2016_datos2015_estatal_mujeres.pdf [Recuperado 19 Mar. 2017]

 Gorka Grande Carral (S2A5)
Advertisements

16 comentarios en “O desprestixio laboral ten rostro de muller

  1. Está claro que a loita contra o desprestixio laboral das mulleres avanzou moito nos últimos 20 anos, non obstante aínda nos queda moito que aprender. É ridículo que nun mesmo posto de traballo cóbrese diferente dependendo do teu sexo.

    A brecha de salarios entre xéneros é un problema que a sociedade ten que solucionar dende xa. Buscando información sobre o tema atopei esta noticia publicada no diario “El País” na que se mostra que España é o sexto país da unión europea no que a brecha salarial é máis alta: http://economia.elpais.com/economia/2016/03/07/actualidad/1457378340_855685.html

    Non sei que cara se lle pondría ás políticas gobernantes do noso país se lles ensinamonos este dato e sinalámolas como as culpables de que esta diferencia exista. Dende o goberno deberían prohibirse estas brechas salariais e deben tomarse políticas máis similares ás de países como Eslovenia na que só hai un 3% de diferenza. Tamén quero aclarar que un 3% non é suficiente, ao tratarse de unha cuestión na que a igualdade debería estar tan implantada a diferencia de salarios entre xéneros debería ser dun 0%, é dicir, nula.

    Liked by 2 people

    1. Bó día de novo, Juan.
      Estou dacordo co que dis. En pleno século XXI é ridículo que unha muller cobre menos polo mero feito de ser muller, e se España quere considerarse un país do primeiro mundo non pode permitirse este tipo de ridículas fendas de xénero. Como ben dis, España atópase nos postos máis vergoñentos en discriminación da muller. Se che interesa falar sobre diferenzas salariais entre xéneros non dubides e visita o post da miña compañeira Lucía (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/02/o-abismo-entre-xeneros/), onde trata o tema máis intensamente. Respecto ao avanzado nos últimos vinte anos, é indudable que o feminismo deu pasos de xigante no noso país, pero que aínda quedan moito que mellorar, sobretodo no aspecto laboral.

      Gústame

      1. Eu penso que o quiz da cuestión é que moitos dos problemas que teñen as mulleres son os chamados problemas invesibles (polo menos para unha gran parte da sociedade). A muller non solo ten que loitar no ámbito laboral contra un sexo que está moito máis favorecido, non só no que o salario respecta, senón tamén en moitas outras condicións laborais. Ademais parece que a sociedade impón que son as mulleres as que teñen que encargarse de tareas domésticas, ideas completamente retrógadas e anticuadas.

        Aportoche un enlace a unha noticia publicada no medio “EsDiario” no que se estudia a desigualdade de xénero en ámbito doméstico que se trata dunha desigualdade que complementa e ao mesmo tempo retroalimente a desigualdade laboral, bótalle unha ollada as gráficas do artículo posto que poden resultar de interés para comentar: http://www.eldiario.es/piedrasdepapel/Desigualdad-genero-domestica-Espana-Europa_6_326227387.html

        Liked by 1 person

    2. Boas tardes Juan. Respóstoche aquí o teu comentario sobre a noticia das gráficas.
      Non hai dúbida. España é un dos países máis atrasados na igualdade entre xéneros nas tarefas domésticas. Tan só Italia, país cun machismo xa coñecido atópase por diante nosa. Os datos son inamovibles, ninguén pode defendelos nin explicalos: é o que temos.
      A partir de recoñecer a situación poderemos mellorala. Estivemos moito peor e agora o colectivo feminista non se pode dar por vencido. De novo volvo a pensar, e esta é a miña particular opinión, que a educación será o pilar básico da evolución neste aspecto. A propósito do que falamos, déixote unha reflexión sobre o tema educación-feminismo (http://www.elperiodico.com/es/noticias/opinion/feminismo-cultura-educacion-4594214). Como reflicte o post que che acabo de enlazar, aínda que a sociedade en xeral non se reivindique machista, non quere dicir que este fora erradicado. A pesar de que o césped discriminatorio xa foi cortado, as malas herbas aínda persisten en forma de tópicos que dificilmente se modificarán sen conciencia global. Realmente creo que avanzamos moito como para deixar aquí a loita pola igualdade, tan só queda instruir ás novas xeracións para que elas non cometan os mesmos erros que cometeu a nosa.
      Un saúdo, Juan.

      Gústame

  2. Se ben a desigualdade entre homes e mulleres engloba todos os ámbitos sociais, o caso do mundo laboral é demasiado preocupante. Parece mentira que sendo o traballo o principal sustento da vida dunha persoa, sigan existindo estas cifras tan alarmantes de desigualdade.

    Segundo o informe da UGT “Trabajar igual, Cobrar igual” (http://www.ugt.es/Publicaciones/INFORME_UGT_SOBRE_IGUALDAD_SALARIAL_2015.pdf), para que as mulleres cobremos o mesmo ca un home temos que laborar 79 días máis ao ano. Se o miramos a longo prazo, para ter a mesma retribución que o xénero masculino en 35 anos, teríamos que traballar 46 anos. É indignante que teñamos que traballar 11 anos máis ca eles para obter o mesmo salario. Estes non son datos illados, existen máis cifras que reflexan a patente desigualdade. O informe do INE “Encuesta anual de estructura salarial” publicado no 2013 afirma que: As mulleres cobramos, de media, 4.000 euros menos que os homes polas mesmas horas de xornada completa e case 1000 euros pola xornada parcial.

    Tamén se pode falar da ocupación e repartición dos postos de poder. A pesar de que as mulleres teñen máis estudos e están máis cualificadas, os sillóns importantes están, na súa maioría, ocupados polos homes, como ben demostra este estudo da Cámara de Comercio de Barcelona (http://www.igualdadenlaempresa.es/enlaces/webgrafia/docs/impacto-economico-de-perdida-de-talento-femenino-2008.pdf).

    Sen dúbida, son necesarias a aplicación de medidas que reduzan esta situación tan insostible e medieval.

    Gústame

    1. Moi boas Marta. Igual que fixen co compañeiro Juan, déixote o enlace dun post que che axudará moito máis que este sobre a brecha salarial que vivimos (https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/03/02/o-abismo-entre-xeneros/).
      En canto aos postos de traballo, como ben dis é alarmante que tendo as mulleres unha preparación superior non opten polos mesmos traballos que o home. Tamén explico na miña publicación que as mulleres son maioría no paro en tódolos niveis de estudo salvo un. Quere dicir esto que habendo máis mulleres que homes con boa preparación, a sociedade española aínda non confía no traballo femenino e lle asigna funcións cunha responsabilidade inferior. Todo esto existindo noticias (http://www.elmundo.es/economia/2016/03/03/56d81d34e2704eb57f8b45c0.html) que proban que en moitos casos a muller é ideal para estos postos.
      Un saúdo Marta, agardo a túa resposta.

      Gústame

      1. Moi interesante o artigo de El Mundo. Quero engadir que, que as mulleres directivas sexan máis rentables para as empresas e que o xénero femenino teña máis estudos, pode xustificar a existencia das controvertidas listas cremalleira. Estas consisten en listas electorais onde os homes e as mulleres ocupan postos alternos en mesmo número. Son ao redor de 60 os países do mundo que seguen esta medida, que nos intenta acercar un pouco máis á igualdade.
        (Aquí che deixo un link por se queres saber máis: http://politikon.es/2015/03/04/por-que-las-listas-cremallera-marcan-la-diferencia/)
        Así pois, sería ideal que se esta idea se expandise ata outras esferas como poden ser as directivas empresariais e outros grandes postos.

        Gústame

      2. Boas Marta. A diferenza do teu primer comentario, neste non estou dacordo. Ao meu parecer, o número de mulleres ou de homes que lideren unha empresa non é importante se o que se prima é a calidade. Quero dicir, non pasa nada se a persoa máis cualicada, tanto académica coma profesionalmente é unha muller ou un home se verdadeiramente está preparada para o posto.
        O problema é que moitas veces esto non ocurre, e o posto recala nun home que non está tan cualificado coma unha muller, pero o feito de ser de xénero masculino é suficiente para ocupar o posto.
        Enténdeme, quero dicir que a igualdade non depende da cantidade de homes ou mulleres que sexan xefes, senon que independentemente do seu sexo, sexa unha persoa preparada. Deixote unha reflexión sobre as listas cremalleira que suxires (https://freyaigualdad.wordpress.com/2015/12/15/son-efectivas-las-listas-cremallera/).
        Un saúdo Marta.

        Liked by 1 person

      3. Boas de novo Gorka, perdoa a tardanza, peroo blog non me notificou a túa segunda resposta.
        Estou totalmente de acordo cá túa afirmación de “a igualdade non depende da cantidade de homes ou mulleres que sexan xefes, senon que independentemente do seu sexo, sexa unha persoa preparada”. O problema é que moitas desas mulleres cualificadas non acceden ós postos de poder por culpa do seu xénero. Entón, deberíase de garantir (mediante as listas cremalleira ou outros mecanísmos) que puideran alcanzar estes postos. Se ben é certo que estas listas poden facer que se perda calidade ó non dar os postos ás persoas máis cualificadas, como dixen arriba, hai numerosos estudos que respaldan que as mulleres están maior cualificadas que os homes. (http://www.elmundo.es/sociedad/2016/10/24/580e03d3ca4741391c8b45e7.html) Por culpa do machismo estánse perdendo grandes traballadoras.
        Un saúdo e bo traballo!

        Gústame

  3. Bos días, Uxía. Paréceme moi correcto o teu comentario, é certo que na actualidade aínda se cuestionan aspectos persoais da vida privada das mulleres antes de contratalas. Preguntas como a posibilidade de quedar embarazada poñen nun aprieto as entrevistadas, que as veces teñen que elexir entre a súa vida persoal e o seu traballo. Recoméndoche que leas esta entrevista a Rosa Viedo (http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2017/03/02/58b71cb646163f9c438b459c.html), rectora da Universidade Cardenal Herrera CEU. O feito de que sexa noticia que Rosa fora nomeada rectora, algo inusual nas universidades españolas, xa di moito da sociedade española, e pola repercusión que se lle da nos medios parece que é algo normal.
    Respecto ao tópico de traballos para homes e traballos para muller, basta con observar a ínfima cantidade de xerentes e directores femias que hai en España, e as que lograron selo, soen sufrir discriminación salarial. Vivimos nunha situación de continuo machismo na maioría dos ámbitos sociais, e está na nosa man cambiar a situación.

    Gústame

  4. Estou dacordo en que a situación mellorou notoriamente co paso do tempo, pero aínda así, como ben sinalas, os altos postos son escasos no territorio femenino. Seguen existindo “postos para homes” e “postos para mulleres”, e este é un dos avances máis necesarios. Esto está moi relacionado con que a taxa de mulleres ocupadas sexa inferior ca dos homes.
    Eu engadiría tamén, a maiores da falta de confianza, os problemas que teñen ás mulleres entre 25-35 anos para acceder ao mundo laboral, pois esta é a idade da muller máis usual para ser nai. O problema para pagar unha baixa de maternidade é moi común para as empresas. Se unha muller di que ten espectativas de crear unha familia e está nesa franxa de idade, o máis seguro é que obteña un “non” por resposta (https://www.bebesymas.com/consejos/por-que-las-empresas-no-quieren-a-mujeres-embarazadas). É decir, hai que renunciar a unha cousa ou a outra.

    Gústame

    1. Boas tardes, Noelia. Respecto ao teu apunte da dificultade das mulleres de entre 25 35 anos para conseguir traballo por estar en idade de posible embarazo, enlázoche o seguinte: http://www.sepe.es/contenidos/que_es_el_sepe/publicaciones/pdf/pdf_mercado_trabajo/imt2016_datos2015_estatal_mujeres.pdf. Poderás observar moitísimos datos en relación co traballo da muller, todo comentado obxectivamente e incluso relacionado ca situación do home.
      Respondéndoche a ti directamente, penso que non só esa franxa de idade observa trabas na integración ao mundo laboral. E é que máis xóvenes son consideradas sen experiencia para desempeñar un traballo, e ao contrario do que podía suceder antes da crisis de 2010, as empresas buscan resultados inmediatos, e olvídanse de formar a futuros traballadores. As mulleres de máis de 40 anos tamén teñen moi difícil conseguir traballo, xa que a isa idade poucas son as compañías que se lanzan a contratar a unha persoa con tal recorrido. Ademáis a preparación das xeracións anteriores dificultan todavía máis a súa tarefa.
      En definitiva, é un feito que a muller non conta con ningunha facilidade para integrarse no mundo laboral.
      Grazas por comentar, Noelia, un saúdo cordial.

      Gústame

      1. Estou dacordo en que as mulleres de máis idade tamén teñen moitos problemas para o seu accesoao mundo laboral. Esto podería ser debido á súa baixa formación xa que non tiveron as mesmas posibilidades para formarse, así como os freos que lle poñen cando lle din que ese traballo non é para o xénero femenino.
        Nesta noticia (http://www.ticbeat.com/cyborgcultura/una-mujer-habria-sido-rechazada-cuatro-veces-por-google-debido-su-edad/) vemos como as grandes empresas levan a cabo esta discriminación. É bastante preocupante como aínda na actualidade se mantén esta percepción.

        Gústame

  5. Paréceme ridículo que unha muller cobre menos que un home polo mero feito de selo. Coma ben dis, avanzouse moito nese terreo, pero aínda falta moito por facer. De feito, incluso existen mulleres que ao meu entender están máis capacitadas que un home a realizar un traballo e a soportala carga de traballo.
    Asemade, coma ben comentas, a carga machista segue sendo moita na sociedade. Déixoche unha noticia moi recente que ao meu parecer, reflexa moi ben isto:
    http://elpais.com/elpais/2017/04/28/mujeres/1493373650_777203.html

    Gústame

    1. Boas noites Antonio. Vexo que compartes a miña opinión respecto ao que comento sobre a situación feminina no traballo. En canto ao teu link, xa vira a noticia, posto que viralizouse moitísimo nestes últimos días. É verdade que o que está a soceder nese caso é un claro acoso que algúns tentan camuflar como amor ou romanticisimo: un non é un non. A raíz deste caso, que foi analizado como acoso por algúns xornais e certas persoas de a pé, penso que darase un paso cara a consecución da igualdade de sexos en tódolos ámbitos, inclusive o laboral. Déixote unha reflexión profesional sobre cómo evitar o acoso que penso che pode gustar (http://www.equiposytalento.com/noticias/2017/04/26/la-evaluacion-psicosocial-es-clave-para-prevenir-el-acoso-laboral).
      Un saúdo, Antonio!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s