O mapeo: unha ferramenta e un fin

Achegamos e compartimos a nosa experiencia destas últimas semanas para que o resto dos grupos teñan constancia do punto no que nos atopamos e como o estamos a levar a cabo, así como os condicionantes, tanto facilidades como complexidades, que se nos presentan polo camiño e cos que procuramos baternos para alcanzar o noso obxectivo: facilitar un mapa con tódalas deficiencias e as súas correspondentes solucións na vía pública compostelá.

Ó longo das sesións deste último mes nas que o noso grupo, en colaboración de tódolos membros do círculo, procurou acadar tanto unha visión crítica e fundamentada nos feitos relativa ó Pacto Local pola Mobilidade como tamén unha postura definida por parte do círculo para relatar o reflexo que os medios de comunicación fan destas persoas. Pero non só non podemos nin debemos limitarnos a esta evidencia máis que esixible, xa que o cumio do noso noso labor radica, en todo caso, na meta que nos propuxemos. Isto é ser capaces de elaborar un mapeo do término urbano de Santiago no que poidamos sintetizar nunha soa ollada os principais “puntos quentes” neste cerco: principais lugares de accidentes (atropelos a peóns e ciclistas, de automóbiles, etc.) e zonas que requiren dunha mellora na súa accesibilidade ou tránsito común.

As nosas deficiencias. De que carecemos ata o momento?

Esta meta pode soar doada dada a síntese tan breve que acabo de expoñer, mais o noso labor ata o momento está a requirir dunha maior coordinación cos compoñentes do círculo incluso fóra das reunións previamente programadas e xa celebradas. A nosa procura de información e posterior construción deste mapa devén da nosa capacidade para contrastar e analizar canto teñamos en man, tanto o adquirido pola nosa conta como do provisto polo círculo e terceiros alleos a eles.

Polo que se refire a este momento, o noso grupo agora mesmo dispón de escasos recursos dispoñibles na rede ou, en todo caso, non materializados nun soporte dixital, aínda que neste último caso varios membros do círculo si estarían dispostos (e xa están comprometidos con isto) a facilitarnos tal información. Aínda así, polo momento, non foron capaces porque estes datos se atopan en documentos dos fondos de arquivos non dixitalizados das súas respectivas asociacións e colectivos o que, como se pode entender, desgraciadamente dificulta a súa busca e recuperación.

Con poucos recursos pero seguimos progresando

Do que si dispoñemos (e polo tanto, está a ser a nosa base na fundación deste mapa) é duns cantos enlaces grazas ós cales puidemos arrincar a nosa idea prioritaria. Son realmente salientables, por exemplo, a sección de propostas do colectivo Composcleta, no que podemos apreciar a sinxeleza coa que manifestan (coa axuda de rueiros) as súas peticións no cambio do tráfico, ou mesmo tamén no derradeiro número da esporádica publicación da AA.VV As Marías, cuxa última paxina trata dos problemas relacionados co estado da calzada e da necesidade do seu arranxo con presteza.

Mais ata o momento, non só tivemos a estes dous documentos como simples materiais de construción sobre os que cimentar o mapeo; é farto probable que, por exemplo, tomemos un estilo semellante ó da presentación de Composcleta como modelo á hora de construír o mapa: dividilo por zonas e barrios, establecer un código de lendas para cada elemento previamente escollido… Do mesmo xeito, aínda que a presentación de As Marías está máis orientada a un tipo de publicación periódica, os encadres, definicións e materiais contextualizadores que aporta achegan un dinamismo máis aló da simple descrición, o que pode resultarnos atractivo de cara non só a estética, senón tamén para dotar de facilidade á súa comprensión e lectura finais.

Que filosofía encerra o mapeo?

Toda esta estratexia (da cal a súa maior parte aínda está por desenvolver) responde á necesidade non só de indicar e sinalar as deficiencias do plano urbano, senón tamén de entender tódalas correntes e axentes que interactúan entre si e que co seu encontro espontáneo e circunstancial deseñan e regulan este plano urbano, ou como din Lupano e Sánchez (p. 5):

“profundizar en el modo en que se realizan los diagnósticos, se planifican las acciones, se toman las decisiones sobre las intervenciones más adecuadas, y se organiza por fin la gestión y ejecución de las políticas definidas”

Por isto mesmo non podemos obviar a decisiva importancia de tódolos partícipes que coas súas accións diarias interveñen no moldeado da circulación e o transporte. Mais tamén debemos matizar esta cita anterior pois nós, antes que contar con figuras decisivas neste tipo de deliberacións de carácter político para coa cidadanía, atendemos ó labor dos grupos e colectivos que en definitiva son os artífices de tales iniciativas dende a base, pois a súa voz e capacidade organizativa son, na maioría dos casos, os auténticos motores dun visible e beneficioso cambio local. Así pois, o mapeo é a representación manifesta das súas aspiracións e obxectivos.

Bibliografía complementaria:

LUPANO, Jorge A. e SÁNCHEZ, Ricardo J. (2009). Políticas de movilidad urbana e infraestructura urbana de transporte. Naciones Unidas. Recuperado de http://repositorio.cepal.org/bitstream/handle/11362/3642/S2009021_es.pdf?sequence=1&isAllowed=y, p. 5

Advertisements

Un comentario en “O mapeo: unha ferramenta e un fin

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s