A auga coma fonte de vida

No Día Mundial da Auga, 22 de marzo, queremos deixar constancia da verdadeira importancia deste recurso natural e de como debemos coidala de cara ao seu mantemento, dado que é un elemento imprescindible para toda a sociedade. Como Leonardo Da Vinci dixo no seu tempo, a auga é a forza motriz de toda natureza, e como parte do noso entorno debemos aprender a respetala.

A contaminación crecente nas nosas augas supón un gran problema que semella desapercibido nas nosas vidas, xa que non somos conscientes de que ademais de convertilas en inservibles para o consumo, estamos xerando un gran dano nos nosos ecosistemas. Segundo os datos da OMS, de aquí a 2025, a metade da poboación mundial vivirá en zonas con escaseza de auga.

Que entendemos por contaminación dos ríos?

A contaminación é un subproducto das nosas actividades económicas e sociais, e nos últimos anos, co crecemento demográfico e o aumento do consumo de materiais e enerxías, aumentan as cantidades de desfeitos que van parar ao medioambiente. “Os ríos sempre foron fontes vinculadas ao desenvolvemento económico, á produción de servizos”, comentaba Luis nunha das nosas reunións co Círculo.

Luis tamén nos explica os cambios que sufriu a relación entre os ríos e a sociedade. “Os asentamentos poboacionais máis pelexados sempre estaban pegados aos ríos, que era a maior vía de riqueza. Iso perdeuse, agora os ríos son vías de desaugue e a xente tende a apartarse, porque queren vivir con mellores condicións e o que baixa por eles é basura e contaminación. Sufriron un gran deterioro”.

As causas da contaminación da auga son diversas: en primeiro lugar, pode darse por acumulacións de lixo. Outro factor son os verquidos industriais, que aínda que conlevan sancións, seguen a ser un problema que parece ser longo e non acada unha solución concreta. Tampouco debemos esquecer os fertilizantes que chegan aos ecosistemas.

Por outro lado, os verquidos das augas residuais enchen a auga de bacterias e elementos tóxicos, negativos tanto para o consumo coma para o chan. Para loitar contra elas, é necesario rexenerala mediante sistemas de depuración, e no caso dos ríos composteláns “a depuradora de Silvouta non chega”, como nos comentaba María. Luis e Manuel tamén afirman que “se leva moito tempo esperando, pero hai moitos intereses”.

Explícanos que “a calidade das augas mellorou bastante en canto ao sistema de saneamento, pero un río non é soamente unha canle de auga, e o que se está deteriorando moito son as ribeiras”. A flora exótica invasora, como o bambú, tampouco se menciona nos medios porque “dá a impresión de que iso non é agresivo, pero é a segunda causa nos continentes de perda de biodiversidade”.

Luis tamén comenta que “as cuncas dos ríos hai que contemplalas de forma integral, non só a canle que leva auga e a súa calidade, que aquí xa se sabe que é moi mala”. Sinala outro dos focos importantes: “que non haxa unha reforestación coas especies autóctonas e a falta de coidado crean a invasión da maleza”, o que lle fai pensar que os donos das terras ou mesmo o Concello deberían facerse responsables de manter limpas as zonas. “A primeira responsabilidade, ao meu modo de entender, é da administración”.

Concienciar é o imprescindible

A contaminación é unha actividade típica do progreso humano, e calquera paso cara adiante trae un cara atrás para a sempre afectada natureza. Debemos tomar conciencia deste importante problema e comezar a actuar con máis responsabilidade, porque cada vez atópanse máis preto de nós os problemas que desencadea a contaminación, os cales poden facerse irreversibles se non os paramos a tempo.

O problema principal é que vivimos alleos a esta situación. So a xente que vive preto das zonas afectadas é realmente consciente do que lle está a acontecer ao noso medio natural, e os medios de comunicación non ofrecen a información apropiada para entender o problema ampliamente. María apunta que “cando lles dicimos aos medios que os problemas están nas ribeiras, o único que buscan son augas marróns ou cheas de plástico”. Cando se fan as limpezas, si que nos conta que os medios as cubren doutro xeito, con fotografías “dun montón de xente sacando lixo, mólavos ese rollo”, di entre risas.

Manuel exprésanos os seus sentimentos cara isto: “como amante da natureza, dame moita pena… ¿a quen invitas a pasear polas beiras do río Sar co cheiro que vota e os plásticos colgando das árbores? En vez de pasar unha boa xornada de lecer, vés feito polvo para casa”.

Advertisements

23 comentarios en “A auga coma fonte de vida

  1. Moi bo post, Paula! O que máis me chamou a atención del foi a pouca concienciación e a pouca disfusión nos medios que hai coa flora exótica invasora. Para min é algo moi sorprendente, pois descoñecía totalmente que podía acarrexar problemas de tal magnitude.
    Por outro lado, a pesar de toda esta desinformación, existen diferentes asociacións como é Voz Natura, que trata de concienciar desta problemática ambiental aos máis pequenos como se pode ver no seguinte enlace : http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2017/03/13/crear-conciencia-ninos-valorar-medio-ambiente/0003_201703G13P24991.htm Que opinas de proxectos coma este? Deberíase apostar máis pola concienciación aos nenos ou intentar levalo a máis niveis?

    Gústame

    1. Moitas grazas polo teu comentario, Paula. Os medios de comunicación abarcan o problema dende unha óptica moi pequena e en contadas ocasións, centrando a nosa atención no que case toda a sociedade entende por “contaminación do río”: lixo, deterexentes, residuos… na auga. Mais temos que comprender que o río está constituído por todo o ecosistema no que se atopan, incluíndo tanto a fauna como a flora. Como tamén debemos entender cal é o factor máis contaminante: nós mesmos.

      En canto ás actividades educativas que realizan as diferentes asociacións medioambientais como a que ti mencionas, Voz Natura, está claro que son 100% positivas, xa que comezar a educar e concienciar dende que somos cativos resulta esencial para sensibilizarnos. Outro exemplo deste tipo son as actividades que realiza o Proxecto Ríos, que inclúen a posibilidade de apradiñar un tramo de río, o que resulta moi interesante xa que a conservación pasa a ser unha responsabilidade directa, coma debería selo. http://www.farodevigo.es/multimedia/fotos/sociedad/2017-03-17-86152-eecovigilantes-franciscanas-ourense.html

      Porén, non debería quedar só como unha actividade para os nenos. Todos somos responsables do coidado da natureza que nos rodea, e aínda que sexa moito máis complexo sensibilizarnos despois de tantos anos ignorando o problema, todos temos que facer un esforzo, incluídos os medios de comunicación, que teñen un papel esencial no que se refire á concienciación.

      Gústame

      1. Está claro que toda axuda é boa. Moi interesante a iniciativa do proxecto Ríos. Porén, eu creo que a xente tampouco non se involucra demasiado por culpa da desinfromación. Son moi poucos os medios que intentan facer comprender á xente que acontaminación non é só lixo, senón que hai máis factores que infúen nisto. Gustaríame saber se na reunión co voso círculo se falou dalgunha alternativa que poida facer que a xente comprenda esta problemática.

        Gústame

      2. A desinformación é un dos grandes problemas. Nas reunións si que temos falado do tratamento que lle dan os medios a esta problemática, que resulta ser moi escaso e, ás veces, erróneo. A alternativa debería ser sinxela: que os medios se comprometeran a visibilizar realmente o que está acontecendo, con explicacións que permitan comprender a magnitude do asunto. Como é moi difícil logralo, xa que apenas se interesan por asuntos desta índole, as asociacións fan o máximo posible para tentar sensibilizar á cidadanía, mais de momento non é suficiente xa que a maior parte da poboación ignora a situación.

        Gústame

  2. Muy buen post Paula! La contaminación de los ríos y su entorno debería ser para los medios más que una noticia, una investigación; y lo primero que debería remarcarse es que ese deplorable estado en el que se encuentra la naturaleza solo es culpa de las acciones del ser humano. Agradezco que incluyeras esa cuestión.

    Con respecto a la conmemoración del Día Mundial del Agua, este artículo -> http://ecodiario.eleconomista.es/ciencia/noticias/8238023/03/17/Mas-de-1800-millones-de-personas-beben-aguas-contaminadas-de-heces.html muestra una de las últimas medidas tomadas en algunos países, como Nueva Zelanda: dotar a los ríos de los derechos de una persona. Conociendo como es el ser humano con sus semejantes, no creo que conceder derechos a la naturaleza cambie demasiado las cosas, sin embargo es una iniciativa a tener cuenta.

    Por otra parte, y en relación con las consecuencias que tiene la contaminación del agua en nuestra salud, me gustaría señalar la magnitud del problema, mostrando que no solo nos mantenemos saludables evitando beber agua de dichos ríos, sino que los residuos también nos llegan a través, por ejemplo, de las conducciones o del pescado:
    http://www.saludambientalenlaescuela.org/fuentes-exposicion/alimentacion-agua

    Gústame

    1. Grazas Ángela. É importante ter claro cal é o foco do problema (nós mesmos) para sensibilizarnos.

      En canto ao caso de Nova Zelanda, eu si penso que é unha iniciativa que pode ter repercusións moi boas: paréceme que dotar aos ríos de personalidade xurídica pode ser beneficioso á hora de levar os casos de contaminación á xustiza, xa que como se menciona na noticia, é ben certo que os ríos son entidades vivas, e polo tanto merecen ser defendidas coma tales.

      Como ben dices, que existan contaminantes na auga leva a que moitos dos seres vivos da cadea trófica estén intoxicados, coa consecuencia de que sexamos nós os que inxerimos determinadas substancias nocivas. Isto lévanos de novo ao punto principal: a cidadanía e forma de vida da sociedade presente é a que crea este problema, e finalmente, a quen lle afecta.

      Gústame

      1. Estoy de acuerdo, Paula. El origen de la contaminación, en este caso de los ríos, es la acción del ser humano, y a la vista de el frenético ritmo con el que seguimos empeorando nuestros ecosistemas, parece que poco nos importan las consecuencias.

        En cuanto a la búsqueda del remedio, es impensable que nuestro mundo y el sistema capitalista que lo rige, pueda frenar de alguna manera la producción y el consumo, por lo tanto, la solución pasa quizá por apostar por otras formas de producción, mucho más ecológicas y sostenibles.

        Al respecto de esta cuestión, recordé un artículo acerca de un sistema ideado por un joven para limpiar los océanos de plásticos (http://www.bbc.com/mundo/noticias/2014/10/141017_oceano_basura_limpieza_slat_lp.shtml ). ¿Crees que sería factible una iniciativa así en los ríos?

        Gústame

      2. Estou dacordo co que dis Ángela, o ritmo de produción e consumo semella irreductible, polo que apostar por un sistema de produción máis ecolóxico e sostible debería ser xa materia obrigatoria para o sector da industria.

        En canto á noticia que adxuntas, o investo deste mozo resulta moi innovador e eficaz, mais nos ríos debemos recordar que os plásticos non son o maior problema, xa que hai moitas substancias tóxicas na auga. Sería unha idea que quizáis se podería aplicar, mais é moi importante recordar que os ríos son un conxunto, non so a corrente de auga.

        Gústame

  3. O que máis me chamou a atención do teu post, Paula, foi o ben que explicas a situación de deterioro e contaminación dos ríos galegos e, en especial, do río Sar compostelán.
    Estou completamente de acordo co teu achegamento ó tema. Os ríos e a biosfera natural dos mesmos están sendo destruídos pola acción do ser humano e, tristemente, non se están a tomar as medidas suficientes para poñerlle freo a este problema, que debería preocuparnos. E moito.
    As augas, noutro tempo claras e límpidas, son agora turbias e están cheas de lixo. Como ben explicas no teu post, a maior parte destes residuos proveñen dos vertidos que fan as industrias, pero tamén dos que realizan as persoas, xa que moitas veces, de maneira inconsciente, estamos a tirar cousas extremadamente prexudiciais que despois van a parar ós ríos. Pode que non nos percatemos diso, pero está a suceder. E cada vez con máis frecuencia.
    Na miña opinión, as medidas para preservar o medio deberían ser máis ríxidas pois, de continuar así, máis pronto que tarde os ríos se converterán en sucios pantanos cheos de basura e contaminación. Polo tanto, creo que se deberían impoñer sancións máis estritas para todos aqueles que contaminen as augas do río, tanto consciente coma inconscientemente.
    Por outra parte, mencionaches o tratamento que os medios de comunicación realizan sobre este tema. Os membros do voso círculo de traballo pensan que non ofrecen toda a información que deberan respecto deste tema. E, baixo o meu punto de vista, están no certo. A maior parte das noticias sobre contaminación nos ríos se centran en sobresaltar os aspectos máis decadentes e morbosos do asunto (fotografiar bolsas de plástico ou outros desperdicios bastante representativos) pero non se adoitan centrar no que realmente importa. Que é tratar o tema dende a súa raíz. Explicar as causas e as consecuencias da contaminación dende a investigación e sen censuras de ningún tipo é primordial para a concienciación e sensibilización cidadá.
    Pola miña parte, deixo uns enlaces que poden interesarche (algúns son máis recentes que outros pero, non obstante, a realidade dos ríos galegos nun mudou nos últimos anos, máis ben empeorou):
    http://galiciae.com/noticia/17650/un-ojo-sobre-la-contaminacion-de-los-rios-gallegos
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/02/21/detectan-altas-dosis-ibuprofeno-sustancias-aguas-sar/0003_201602S21C1992.htm
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2011/08/22/cinco-grandes-rios-sufren-serios-problemas-contaminacion/0003_201108G22P8991.htm

    Gústame

    1. Grazas polas túas achegas, Lidia. Si é certo que as sancións deberían ser máis estrictas e as exixencias das leis non deberían quedar en papel mollado, pero é triste coñecer a realidade: os intereses económicos e políticos atópanse de por medio, o cal dificulta a situación. Non interesa.

      En canto ao que comentas sobre os medios de comunicación, pasa o mesmo que citei anteriormente. A pregunta que debemos plantexarnos é: interésalles realmente que saibamos as causas do problema? que nos sensibilicemos? As noticias que adxuntaches son a tónica do que podemos atopar nos medios, pero como ben dices, non se abarca o tema dende a perspectiva correcta.

      Gústame

      1. Baixo o teu punto de vista, qué deberían facer os gobernos para previr que casos de contaminación coma o do río Sar sigan a producirse? Cres que con subir as sancións é suficiente para acabar dunha vez por todas con este problema?
        Na miña opinión, a única forma de evitar a contaminación nos ríos é exercendo un estrito control sobre os vertidos industriais, con sancións acordes ó dano producido e, incluso, o peche das mesmas nos casos máis extremos. O uso de agroquímicos contamina en gran medida os ríos, polo que é imprescindible a substitución de anticuados métodos de fertilización pola práctica dunha agricultura ecolóxica e saudable para todos.
        Asimesmo, é moi importante educar á cidadanía para que deixe de arroxar residuos en calquera parte, xa que moitos van parar ós cursos de auga. Tamén convén evitar a destrución da flora adxacente, xa que ésta protexe ós ríos dos diferentes contaminantes.
        En resumo, son moitas as cousas que podemos facer para prever a contaminación nos ríos. O extraño é que aínda non se poñan en práctica en moitos casos. Deberíamos empezar a pensar o por qué. Se hai algún motivo oculto que explique que non se tomen as medidas necesarias para evitar poñer en risco un ecosistema agora en perigo.

        Gústame

      2. Penso que elevar as sancións e exercer un control máis estricto sobre as empresas que producen verquidos sería unha das vías pola que solucionar o problema, mais resúltame un tanto utópico, xa que se non se levou a cabo ate o de agora coas pertinentes advertencias da Unión Europea na materia do estado dos nosos ríos, non penso que a situación mude por parte das administracións.
        http://www.farodevigo.es/galicia/2016/11/17/bruselas-reclama-multa-46-millones/1571799.html

        O esencial é a sensibilización, e penso que é o que todavía falla con creces. Pode que parte da poboación abrira os ollos ante o problema e comece a ser consciente, pero nunca nos educaron de forma correcta en canto a grandísima importancia do medioambiente.

        Gústame

  4. Noraboa, Paula. O teu post resultoume moi interesante pois había consecuencias da contaminación das que descoñecía a súa profundidade.

    Os intereses económicos son un potente factor que fai de barreira para a loita contra esta problemática ecolóxica. É así como a perda de flora e fauna, así como o perigo de salubridade que supón para as persoas que empregan esa auga para as tarefas cotiás, non semella importante para as empresas nin para as institucións. Esta situación máis a falta de información e denuncia por parte dos medios de comunicación provoca unha lagoa de desinterese neste tema.
    Deixo un enlace sobre una especie invasora que está causando proplemas entre as infraestructuras hidráulicas dos ríos, así coma noutras especies actótonas que están desaparecendo
    (http://www.belt.es/noticiasmdb/home2_noticias.asp?id=1985)

    Gustaríame que deses a túa opinión sobre o tema. Gracias

    Gústame

    1. Boas Susana. Moitas grazas polo teu comentario. O tema das especies invasoras, tanto na flora coma na fauna, hai que telo moi en conta, xa que é unha das principais causas de perda de biodiversidade. Ainda que parece un mal menor, é moi grave xa que as perdas que ocasiona son maiores do que se pensa e chegados a algúns casos, irreversibles. Chegados a estes casos, a prevención e case unha das únicas solucións eficaces para eludir a alteración do habitat que provocan.

      Unha das causas destas invasións débese á libre circulación de persoas e mercancías, que tivo o seu comezo arredor de 1995 coa aprobación do Tratado de Schengen. Adxúntoche un par de enlaces nos que se fala sobre o tema http://www.rtve.es/noticias/20110118/especies-invasoras-acuaticas-galicia/395990.shtml
      http://hispagua.cedex.es/documentacion/noticia/64833

      Tamén apuntar que a inversión económica para eliminar o mexillón cebra debeuse a que a súa presenza nas instalacións hidraúlicas estaba ocasionando perdas económicas a certas empresas, e ese non debería ser o único motivo polo que intentar paliar este tipo de problemática, senón que o máis importante debería ser preservar as nosas especies autóctonas e a biodiversidade dos nosos espazos.

      Gústame

      1. Moi interesante o tema das especies invasoras. Grazas polos enlaces Paula, descoñecía moitos dos aspectos que ahi se tratan. Esta problemática ecolóxica constitúe un círculo vicioso, dado que os cambios que realizan as empresas por intereses económicos nos ríos favorecen o desenvolvemento de especies invasoras, que cambian a biodiversidade dos ríos e matan especies autóctonas. Por outra banda, están os químicos empregados para rematar con estas especies foráneas, antepoñendo os intereses económicos á calidade da auga.
        É necesario chamar a atención desta problemática, de non ser así, os ríos galegos e as nosas especies rematarán por desaparecer.

        Gústame

  5. Un post moi bo, Paula. A concienciación é algo fundamental como ti ben dis, pero por desgracia de onde son eu, nin cos efectos visibles se conciencia a xente. En 2015-2016 empezou un proxecto na zona de Ourense de onde son eu, A Limia, pois a contaminación das augas da nosa zona é altísima. ( http://www.campogalego.com/es/desarrollo-rural/echa-a-andar-el-proyecto-life-regenera-limia-para-reducir-la-contaminacion-ganadera-en-los-rios-de-la-comarca/ )
    En teoría ese proxecto iniciaría campañas para a reducción dos efectos dos fertilizantes e abonos químicos que usan para o cultivo e gandería, máis os propios empresarios continúan abusando deste producto, o que está estropeando as terras e contaminando as augas da nosa zona, o que se reflictiu, ao longo das últimas décadas nun aumento nos casos de cáncer. Ademáis, de rehabilitación para potenciar a filtración do curso fluvial cero, e da rehabilitación da flora que fala, menos.

    Crees que a concienciación serve cando se ganan cartos ca contaminación?

    Gústame

    1. Moitas grazas pola túa aportación Bruno, é unha historia triste, e de seguro non a única.

      A pregunta que me plantexas é unha das raíces do problema: interesa que non se contamine? Que está por diante, os beneficios empresariais ou a conservación dos nosos ecosistemas? Penso que o sensato, para todos, sería reconciliar o interese económico dunha determinada actividade que xera calquera tipo de contaminación ao medio ambiente, coa necesidade de conservar a natureza, que é parte imprescindible da sociedade.

      Mais como ben dis, parece que a contaminación sae rentable, deixoche aquí este enlace cunha noticia sobre isto mesmo http://www.eldiario.es/sociedad/comercio-toneladas-contaminacion-energias-verdes_0_617688359.html

      Gústame

      1. Unha noticia moi interesante, sobretodo porque nos aporta o punto de vista que a maoiría dos empresarios de hoxe en día teñen: “O planeta está aquí para facer cartos del”.
        Dame moita lástima que por cartos estemos botando por terra o noso, que non é outra cousa que este planeta. Xa non só a contaminación das augas, se non a acústica, lumínica… Só pensamos na forma máis rentable de xenerar recursos, aínda que sexa a costa do que nos da a vida.

        Nesta noticia (Un pouco vella, xa case ten un ano) -http://www.lavanguardia.com/natural/20160609/402387225954/isla-basura-pacifico.html- falase do “Continente de plástico” situado no océano Pacífico. Tratan o tema de que como os plásticos que se desintegran a nivel molecular acaban de cheo na nosa cadea alimenticia ao seren comidos polos peixes e demáis animais que habitan esas zonas. Estamos a comer plástico. Dende os anos 50 que se comezou a formar, non se fixo nada para evitalo.

        Eu creo que a nosa estructura social e económica é totalmente dependiente da contaminación e que o cambio debérase facer sistemático, pois de nada vale que o cidadán se desviva por reciclar e “ser verde” cando as grandes multinacionais se empeñan en arruinalo todo.

        Gústame

      2. Moi importante o que apuntas, Bruno. A introducción de elementos tóxicos na cadea trófica é unha realidade case imposible de evitar se continuamos a este ritmo de vida. Mais hai que ter en conta de que hai poucas presións aos responsables porque a maior parte da poboación non é consciente da situación.

        Son importantes todos os grans de area que aportamos individualmente, xa que xuntos podemos conformar algo máis grande. Non é cuestión de desvivirse “sendo verde”, senon que unha vez que sexamos capaces de sensibilizarnos con todo o que está acontecendo ao noso planeta, poderemos implicarnos nesta loita. Xa se leva feito moito dano ao medioambiente, e pode que cando nos demos conta de verdade nos topemos con realidades irreversibles. Por iso é esencial tamén lograr que os medios de comunicación de masas sexan honestos coa información que transmiten á cidadanía.

        Gústame

  6. Que buen aporte. Es muy important este tema ya que es claro que en el futuro las fuentes de agua potable se disminuirán e incluso podrán desaparecer y no hay mejor manera de luchar contra esto que concientizando a la población, especialmente a los niños.

    Hace casi 10 años vi Sleep dealer, una película futurista que me hizo reflexionar al respecto y me gustaría compartirla para que tomemos conciencia. Dice un dicho que “la ciencia ficción está llena de futuros que nunca se cumplieron”, sin embargo en este largometraje el director-guionistas, a modo de ejercicio predictivo lanzan una serie de propuestas que en su mayoría se van cumpliendo. Por lo menos ya planteaban una sociedad con drones en el ejército que ya se está haciendo. Sería interesante verla y hacer el ejercicio de comparar a ver cuántas más de estas predicciones se cumplirán. La privatización de las fuentes de agua potable y el final del acceso al agua como derecho, seguro que será cuestión de tiempo si todo sigue como hasta ahora.

    Enlace => http://www.imdb.com/title/tt0804529/

    Gústame

    1. Moitas grazas polo teu aporte, Juanjo, moi interesante a película que mencionas. Esperamos ser capaces de frear este ritmo destrutivo para a nosa terra, en concreto para as nosas augas, antes de chegar a semellante extremo. Penso que a privatización das fontes de auga potable e o final do acceso á auga coma dereito é un posible desenlace que todavía queda lonxe, pero é algo que, de estar preto, tampouco se mencionaría.

      Déixoche aquí un enlace sobre a verdadeira importancia dos ríos e unha previsión do seu futuro, tendo en conta o aumento da poboación mundial, e con el, un maior número de necesidades e consecuencias sobre o medioambiente https://www.iucn.org/node/27137

      Liked by 1 person

  7. Pois sí Paula, é fundamental que empezemos a concienciarnos acerca dos nosos actos, pois moitos deles son perxudiciais para o noso entorno. Debemos atopar un equilibrio entre a nosa sociedade e o resto de ecosistemas que habitan o planeta. E a auga é a principal preocupación.

    Como todos sabemos sen auga non podemos vivir e se continuamos a contaminala deste xeito as consecuencias van ser desastrosas. E aqui entra o que eu creo máis importante: ser consecuentes. Ser consecuentes cos actos de un e da sociedade, non vale escudarse no que fan ou non fan os demmáis para xustificar a tua actitude. Como ti ben dis Paula, non hai “desvivirse sendo verde” pero tampouco é cuestión de continuar con unhos hábitos malos só porque o resto do teu entorno tamén os manten. O primeiro é ser consciente co que está a suceder e o segundo consecuente co que un fai (ou non fai) para cambialo.

    Gústame

    1. Como ven dis, o equilibrio sería o punto perfecto: para vivir nós, non temos por que causar danos ao noso arredor.

      Na maioría dos casos ignórase que a auga é un recurso que si se pode esgotar, e se non o cuidamos de xeito adecuado deixará de ser un dereito fundamental e pagaremos graves consecuencias. Totalmente dacordo co de ser consecuente.

      Moitas grazas por tódalas túas aportacións.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s