Es un consumidor consciente?

O paso de consumidor medio a consumidor consciente non é fácil: Supón recoñecer o erro sistemático que cometemos á hora de mercar e alimentarnos e tratar de darlle unha solución xusta e ética.

O consumo consciente vai máis aló dun consumo responsable. Sería o punto último de deconstrución do consumidor. Non é só acudir a mercados e tendas fronte a grandes superficies, senon que tamén significa saber que non podemos tomar tomate todo o ano, por exemplo. Porque comprar comercio xusto é comprar comercio local e de tempada, que os produtos que comes non recorran milleiros de kilómetros ata chegar a ti. Mesmo é renunciar a algúns produtos que non seremos capaces de producir nunca na nosa terra, como podería ser o café.


O noso círculo de lectura crítica tratou de definir este termo nunha das nosas reunións e chegou á conclusión de que a problemática vén de máis arriba, de quen manexa o mercado. Se ben nós, como base e sustento do mercado podemos negarnos a  formar parte do sistema e poñer o noso grán de area consumindo comercio xusto.

E ti? Serías capaz de renunciar ás fresas en inverno ou ao chocolate para sempre? Es un consumidor consciente?

Bibliografía:

Méndez Díaz, C. Gómez Benito, C. (2008) Alimentación,consumo y salud. Barcelona: Fundación La Caixa.

Uxía Castro Martínez

Advertisements

36 comentarios en “Es un consumidor consciente?

  1. Interesante artigo, dos que fai reflexionar. Sinceramente, como resposta as cuestións que finalizan o mesmo, non sei se son un consumidor consciente. Ao longo de moitos anos escoitei premisas para pasar a ser ese consumidor responsable: dende anotar os productos precisados antes de ir á compra ata comprar productos autóctonos. Penso que o problema é complicado de solucionar, aínda que a concienciación non é a suficiente. Seguimos a asistir a unha compra masiva de alimentos e a unha “fe” cega nas fechas de caducidade, pensando que despois desa fecha o alimento é inservible. Todo dentro dunha lóxica axudaría a mellorarnos como sociedade, para pasar de ser consumista sen control a responsable, e sin dúbida todos o agradeceríamos.
    Fai un tempo reparei neste artigo no que se fai fincapé, con cifras, do sangrante consumismo da sociedade, impulsada polas grandes superficies que derrochan alimentos que consideran inservibles para a venta simplemente por esta preto da súa suposta fecha de caducidade: http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/comemos-10-mas–alimentos-necesitamos-5852983

    Gústame

    1. O que dis é ben certo Lucas. Falta moita educación e concienciación. Conchi, a nosa colaboradora do Mercado de Belvís, ademais de produtora é comerciante e comentábanos na reunión como a xente vai ao Mercado en pleno inverno buscando cabaciñas. Se consumimos produto local aprenderemos tamén a consumir produto de tempada. Porque nas grandes superficies están dispoñibles todo o ano e nunca nos paramos a pensar por que nunhas épocas determinados alimentos están máis caros a pesar de non saberen a nada. Iso é porque chegan a nós dende outros continentes e dende que se recolecta ata que chega a noso prato pasa demasiado tempo. E iso xa se non falamamos da esaxerada cantidade de conservantes químicos que se utilizan. http://awentis.com/58/lo-que-no-sabias-de-las-frutas-y-verduras-fuera-de-temporada.html#.WNQ__6KmnIU

      En canto ás datas de caducidade, hoxe mesmo respostei tamén outro comentario sobre ese tema! Contábannos dende o Banco de Alimentos que eles tiveron que interesarse por esas cousas posto que non poden repartir produtos en mal estado e que moitas veces podíanse consumir dous ou tres meses depois desta data. O caso é fixarse e saber distinguir entre data de caducidade e consumo preferente. En moitos casos o único que indica esa data é que as propiedades máis estéticas do alimento comezarán a perderse tras esa data. É dicir, aquelas como olor, color ou mesmo certo sabor. Deíxote dous artigos referentes a este tema. https://www.directoalpaladar.com/ingredientes-y-alimentos/como-y-quien-fija-las-fechas-de-caducidad-y-consumo-preferente-de-los-alimentos
      http://www.consumer.es/seguridad-alimentaria/sociedad-y-consumo/2011/05/05/200429.php

      Gústame

      1. Realmente interesante e revelador o primero artigo que compartiches. Serviume para decatarme que consumir froitas ou verduras fora de temporada só fai alargar unha problemática propia do consumismo esaxerado. Penso que si se debería inculcar á poboación acerca dun consumo responsable, e consumir este producto do que falamos na súa temporada adecuada axudaría á sostenibilidade, á nosa economía e por último á nosa saúde.
        Tamén moi útil o artigo da páxina do supermercado Eroski. Que dende unha empresa do sector se decidan a respostar cuestións como a da diferenza entre consumo preferente e fecha de caducidade pode axudar a mellorar a imaxe de cara ao consumidor, ao facilitarlle a tarefa de comprar.
        Outro tema é o aproveitamento dos recursos. Neste senso, este artigo que atopei, malia ser algo longo, resposta ben ao que fan as grandes cadeas de alimentos coa comida que sobra. (http://elcomidista.elpais.com/elcomidista/2017/01/25/articulo/1485379100_145304.html) É un tema do que non hai a suficiente información e, un consumidor, pode non saber a onde vai a parar o alimento que non merca nas superficies, por iso creo que é necesario máis información…

        Gústame

    2. Tes moita razón Lucas. Cantas veces veríamos a xente rebuscar comida no lixo dos supermercados no canto de dárlla eles mesmos. Por iso é tan importante conseguir que exista unha lei que prohiba aos supermercados tirar o sobrante, que xa o fagan para limpar a súa imaxe nos medios non quere dicir que non se deba igualmente rexistrar lexislativamente. Deixote un artigo sobre un novo modo de mercar, ou de vender, segundo se vexa. Unha cadea danesa de supermercados que vende a menor prezo os produtos que están a punto de se pasar.
      http://cadenaser.com/ser/2016/02/25/gastro/1456423019_059083.html

      Gústame

      1. Dende logo, é un problemática que nos afecta a todos e na que debemos tomar un papel máis activo. A noticia que enlazas fala de cifras que me deixan tremendo. Que se fale de que desperdiciamos no mundo comida para alimentar a 2.000 millóns de persoas é unha auténtica locura. Malia isto, penso que a xente cada vez toma máis partido e conciencia e aporta o seu gran de arena.
        Desde modo, felicítovos pola parte que vos toca, por axudarnos a ver a realidade máis nitida e colaborar a concienciar.

        Gústame

  2. Buenas noches Uxía. En primer lugar, gracias por esta publicación tan amena y de contenido audiovisual, muchas veces este es el mejor formato para calar más hondo en la sociedad. Tras ver el vídeo, sí que es verdad que la población no está del todo concienciada respecto al desperdicio de alimentos. ¿Cuántas veces, como menciona Luis Camba en el vídeo, nos hemos desecho de algún alimento porque “caduca hoy”? Creo que aquí también interviene el uso (e interpretación) no adecuado/a del lenguaje, porque si nos paramos a pensar: la fecha de caducidad no es lo mismo que “consumir preferentemente”. ¿Qué opinas de esta cuestión respecto al lenguaje?

    Por otro lado, leyendo este post es inevitable no pensar en las enfermedades derivadas de una mala alimentación. Cada día es más común escuchar a médicos oncólogos que la nutrición es uno de los aspectos más importantes de los enfermos oncológicos. Aquí te dejo un enlace para que veas cómo la Doctora Paula Jiménez Fonseca (oncóloga del Hospital Central de Asturias), aconseja sobre una buena alimentación en caso de padecer esta enfermedad: https://www.aecc.es/SobreElCancer/viviendoconcancer/alimentacion/Paginas/recomendacionesnutricionales.aspx

    Y respondiendo a las preguntas con las que apelas a los lectores: no, no soy una consumidora responsable. Quizá sea hora de cambiarlo.

    Gústame

    1. Moi ben visto Paula! Pois precisamente as cuestións que nos comentas son básicas no noso traballo. O propio Luis Camba contounos que o Banco de Alimentos recolle máis de seis toneladas á semana en supermecados de toda a provincia da Coruña. http://www.elidealgallego.com/articulo/coruna/banco-alimentos-recoge-dia-y-toneladas-comida-no-vende/20161116214718310145.html O que reciben son produtos pasados de data ou que non locen ben esteticamente. Debido a que este tipo de alimentos son unha boa parte do que logo reparten puxéronse en contacto con diversas casas de produtos lácteos para saber ata cando era posible consumilos. A resposta sorprendeunos a todas: Un iogur supostamente caducado pode ser consumido ata tres meses despois da data de pasamento. Esa data é indicativa do aspecto estético. É dicir, a partir dese día o iogurt comezará a perder propiedades tales como aromas, cor ou certo sabor, pero segue sendo totalmente apto para consumo humano.

      En canto á saúde, a nosa próxima reunión terá lugar na tenda A Cesta da Saúde e onte o seu dono comentábame que boa parte da súa clientela é xente con enfermidades crónicas e doenzas graves. Como ben di o artigo que me pasas, non só este tipo de alimentación disminue a posibilidades de padecer unha enfermidade deste tipo senon que no caso de xa padecela mellora as posibilidades de recuperación. http://www.hazteveg.com/p/851/alimentacion-vegetariana-y-enfermedades-cronicas

      É habitual que non sexamos conscientes da importancia da nosa alimentación ata que algo vai mal. Por iso nós, con este proxecto, intentamos poñer o punto de mira nunha cousa tan básica. Consumindo comercio xusto e ecolóxico accedemos a alimentos frescos, locais, de tempada e que chegan a nós tras un trato ético a quen os produce. Así que non esperes máis e lánzate de cheo a ser unha consumidora consciente, que nós seguiremos traballando pola súa difusión. Deixote un par de novas sobre algúns dos compoñentes do noso círculo de lecutra crítica.
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2016/11/24/span-langgl-cesta-da-saude-santiago-compostelaspan/00031479973642528457789.htm
      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/medioambiente/2016/01/30/non-so-e-facer-compra-estar-nunha-cooperativa-e-outro-xeito-relacionarse/0003_201601G30P40991.htm

      Gústame

      1. Leyendo tu respuesta no he podido evitar pensar en la parte estética de toda la industria alimenticia. Como todos sabemos (o al menos, suponemos), determinados tipos de envasado y presentación visual de los productos encarecen el precio del producto final que la mayoría de los consumidores obtenemos en los supermercados. ¿Habéis lanzado esta cuestión en vuestro círculo de lectura crítica? Creo que para los lectores sería un tema bastante atractivo y por el que podrían decidirse (según el debate) a ser partícipes de un comercio más justo.

        Respecto a los enlaces, sí que conocía la tienda de la que me hablas: A Cesta da Saúde (sin embargo he de confesar que nunca consumí nada de allí). No obstante, leyendo el artículo me parece ideal que el consumidor pueda conocer a las personas que cultivan el producto que, a fin de cuentas, vamos a comernos. Con este tipo de iniciativas se fomenta una relación mucho más transparente, y creo que es totalmente beneficioso para el tejido social. Además, y retomando la idea principal que lancé al principio de este comentario, al no haber intermediarios entre productor/consumidor sí que es verdad que los costes disminuyen. Por tanto ¿a qué esperamos para formar parte de esta mini industria alimenticia “de tú a tú”? Desde luego, a partir de ahora me animo a hacer “un pequeño esfuerzo”, porque todo esto, a fin de cuentas, se reduce a la comodidad que te ofrecen las grandes superficies.

        De verdad, gran trabajo.

        Gústame

      2. Que curioso plantexamento Paula. A verdade é que non, no noso círulo de lectura crítica non plantexamos todavía a pregunta de se esa esmerada estética encarece o prezo final dos alimentos. E podería resultar determinante coma ti dis para decantarse por un ou por outro produto, posto que un dos mitos que máis dano fan ao comercio xusto e ecolóxico é que o prezo é algo máis alto do normal, o cal é lóxico porque quen os produce recibe un trato máis xusto por el. Anoto a cuestión para a próxima reunión. Mentres, aquí tes un par de artigos relacionados co tema: http://centromujer.republica.com/salud-y-belleza/la-estetica-de-los-alimentos-de-verdad-es-importante.html
        http://blogs.20minutos.es/capeando-la-crisis/2015/09/17/la-lucha-contra-la-dictadura-estetica-de-los-alimentos/

        Moitas grazas pola túa interacción, é un pracer poñer aínda que sexa a primeira semente neste proceso de deconstrución que termina na conversión nunha consumidora consciente.

        Liked by 1 person

      3. Gracias por los artículos adjuntados anteriormente Uxía, era desconocedora tanto de la campaña y labor del supermercado francés Intermarché como de la organización Espigoladors en Barcelona. Solo por ello ya merece la pena interesarse en este tema de comercio justo y alimentación.

        Aprovechando que han pasado ya unos días vuelvo a preguntar, ¿preguntásteis al círculo por esta cuestión? Realmente me parece importante incidir en ello porque está relacionado tanto con la alimentación como con el sector de la publicidad (y según los enlaces consultados en tu respuesta anterior, también ligado al periodismo).

        Toda nuestra conversación me ha trasladado al escenario de las cooperativas y coordinadoras que, a su manera, también aportan su granito de arena a luchar contra el desperdicio de alimentos. Un ejemplo de esto que te comento es el servicio de catering de Coorcopar (Asociación Coordinadora contra el Paro) de Torrelavega (Cantabria). Esta ONG sin ánimo de lucro da empleo a la población y además, me consta que hacen un uso más que responsable de los alimentos, teniendo incluso ganadería propia. ¿Conoces de alguna coordinadora de características similares en Galicia? Sería interesante contrastar actividades.

        Gracias, un saludo.

        Gústame

      4. Grazas a ti por comentar! Si, plantexámoslles esta cuestión e ao seu parecer non produce un encarecemento grande dos alimentos. De feito, sáelles máis rendible, porque aproveitan produtos en estado dubidoso ou de peor aspecto que doutra maneira terían que desbotar ou vender máis barato. Esta estética engadida pode encarecer un pouco os custes de produción pero o prezo ao que finalmente é vendido o alimento por semellar atractivo resulta máis que suficiente para cubrir estes custes.

        En canto ás cooperativas, si, Galicia é unha poboación eminentemente rural e moitos traballadores e traballadoras tanto da gandeiría coma da agricultura agrúpanse en pequenas ou medianas cooperativas para atopar solucións a problemas comúns. Non só promoven o consumo de alimentos locais e de temapada senon que tamén loitan pola soberanía alimentaria e por rematar co desperdicio de alimentos.
        Poderíamos dicir que o máis grande neste senso é o Sindicato Labrego Galego http://www.sindicatolabrego.com/ Aínda que se buscas algo máis asambleario tirando a cooperativas podes atopar outras como Convivir Parapapar https://parapaparconcorazon.wordpress.com/2016/12/30/convivir-parapapar/

        Moitas grazas polas túas aportacións, resúltanos moi útil contar con olladas alleas.

        Gústame

  3. Moi pertinente o que publicas Uxía. Sen dúbida, a perspectiva do consumidor é moi importante. A reflexión sobre o seu papel tal e como o mencionas é unha condición sine qua non para promover os cambios. Con todo, pregúntome: como actúan os gobernos antes esta problemática? Existen accións institucionais dirixidas a fomentar un modeo de consumidor consciente? Como se organiza a sociedade civil ao redor desta reivindicación?
    Definir os modelos de consumo é un aspecto relevante da creación de relatos, tamén de cidade. Sabemos que algunhas opcións políticas barallan algúns termos que vos poden resultar de interese: un deles, soberanía alimentar. Déixoche un enlace de Lidia Senra, deputada de AGE no Parlamento Europeo, reflexionando sobre ese tema:

    Gústame

    1. Unha moi boa forma de interconectar os noso proxectos Pablo. De feito, unha das problemáticas principais coas que se atopan produtores e produtoras de comercio xusto é que non atopan axudas por parte dun goberno que logo enche a súa boca con palabras de loanza ao produto galego. Os movementos principais en defensa do comercio xusto e ecolóxico atópanse en máns de ONGs, asociacións e cooperativas sen ánimo de lucro. Porén, de cando en vez pódese atopar algunha iniciativa por parte das institucións, aínda que son as menos e non teñen apenas difusión.
      http://consumo.xunta.gal/es/igc/actualidade/la-escuela-gallega-de-consumo-ponen-en-marcha-una-nueva-edicion-del-ciclo-educacion-para-el-consumo-responsable-traves-de-la-red-cemit-de-la-amtega

      Por parte de Concello e USC o mais similar que podemos atopar son os hortos urbanos, encadrados nesta última dentro do Plan de Desenvolvemento Sostible. http://www.usc.es/plands/seccions/datos_plan/eixe3/linas_actuacion/hortos2016/hortos2016.htm
      A situación dos hortos da USC é, como comentabamos no noso primeiro post, de abandono total. https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2017/02/17/unha-ollada-a-nosa-alimentacion/

      En canto a lexislación e despois de anos de polémica, no 2014 aprobouse unha lei para regular os postos en mercados nos que a produción e a venda son levadas a cabo pola mesma persoa, unha situación común aínda que non maioritaria no comercio xusto(hai quen opta por vender con cooperativas de por medio).
      http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/20633-xunta-aproba-decreto-regula-venda-produtos-agroalimentarios
      http://rvfconsultores.blogspot.com.es/2015/01/venta-directa-de-alimentos-primarios.html

      Sen dúbida, un avance para esa desexada soberanía alimentaria, aínda que é só o principio. Todavía queda moito camiño por recorrer e moito por informar pola nosa parte.

      Liked by 1 person

      1. Grazas polos enlaces Uxía! Sen dúbida, amosan o desleixo das institucións con respecto a esta tema. Está claro que uns simples hortos ecolóxicos non dan resposta a unha problemática complexa e omniabarcante. Suxíroche unha nova liña de investigación: que propoñen os partidos politicos ao respecto deste tema? E máis importante, con que falan para atellar as súas propostas? De quen dependen? A quen serven? Ao servizo de quen están? Poderíase facer un mapeo interesante para poder entender e descifrar algunhas redes de complicidades. Propóñoche que comeces pola nosa cidade e polo grupo gobernante na mesma, Compostela Aberta. Déixoche o seu programa electoral:
        http://compostelaaberta.org/wp-content/uploads/2015/05/programaCompostelaAberta.pd

        Ademais, recollemos este leitmotiv para incorporármolo á busca dun relato para Compostela! Seguimos atentos á vosa tarefa!

        Gústame

      2. Por desgraza Pablo, os partidos políticos non propoñen nada ao respecto, o comercio xusto é totalmente invalidado pola súa parte, a pesar dos intentos por obter atención das administracións. Fasme moitas preguntas ás que non podo dar resposta. Aínda que investigaremos, por suposto, a realidade é que non existe ningunha proposta en firme por parte de ningún partido nin administración. O que atopamos son pequenas iniciativas de conmemoración en días moi concretos pero non ningún plan a longo prazo, polo que nin acoden a expertos nin dependen de ninguén, todo queda en simple palabrería.
        http://propostas.compostelaaberta.org/propuesta.php?id=113
        http://lugo.gal/gl/novas/o-concello-de-lugo-quere-ser-primeira-cidade-galega-polo-comercio-xusto
        http://www.concellodeames.gal/nova.php?idioma=gl&noticia=1256&sec=32
        Compostela Aberta coma ben dis recollía no seu programa a necesidade de actuación a este respecto. Pero dous anos despois nin nós nin os membros do noso círculo vemos que fixeran algo perante a esta temática. Polo que resulta unha cuestión interesante para que vós lles propoñades no voso proxecto. Porque como levamos dicindo dende hai ben tempo, a alimentación é sistemáticamente ignorada por insititucións e cidadanía, sen decatarse de que é a base das nosas vidas.

        Liked by 1 person

      3. Como en tantas outras cousas, e segundo contas, Uxía, a acción política a este respecto non existe como tal. Os discursos non se traducen en medidas para pór a alimentación enriba da mesa, como piar básico da vida das persoas.

        Como xa comentabamos, unha boa ferramenta para motivar un cambio neste senso sería comezar a concienciar dende o movemento veciñal organizado das cidades. Nós, que vimos de traballar abondo con el, sabemos que o seu papel tamén é o de contruír imaxinario. O seu pulo potenciaría políticas acordes á implementación dun novo modelo de consumo, orientado ao comercio xusto e á soberanía alimentar. Todo isto, por suposto, no marco dunha política integral que traballe en conseguir no longo prazo o cambio que queremos.

        Déixoche dous enlaces:
        http://blogs.20minutos.es/capeando-la-crisis/2017/04/29/comercio-justo-tambien-en-los-colegios/
        http://elpais.com/elpais/2017/04/23/alterconsumismo/1492955259_346842.html

        Agardo a túa resposta!

        Gústame

      4. Moitas grazas polo interese Pablo, realmente o que dis é ben certo e a acción política é precisa en todos os aspectos das nosas vidas. O problema que eu vexo moitas veces é que dende a nosa posición imperialista non somos conscientes de que o propio acto de mercar tamén é reivindicativo segundo onde se elixa. Voluntarios e voluntarias das nosas sociedades viaxan a África ou América Latina para axudar a fundar alí cooperativas agrarias a prol da soberanía alimentaria pero logo ese trraballo non se ve respostado aquí, onde non hai os coñecementos sobre todo aquelo que se fai nos países produtores. Por iso precisamos unha reeducación en materia de consumo e alimentación. Deixote un artigo ben completo sobre a soberanía alimentaria. http://www.corrienteroja.net/soberania-alimentaria-o-derecho-a-la-alimentacion/

        Gústame

  4. Unha publicación moi apropiada, Uxía. Chámame a atención, sobre todo, o que di María sobre a educación no eido do consumo consciente. É certo; é algo que se debe fomentar nas escolas dende idades moi temperás e que, pola contra, non se adoita facer. Tampouco nas redes sociais, malia ser unha plataforma estupenda para visibilizar temas así. A ausencia de iniciativas é tal que mesmo sorprende atopar algunha de vez en cando. Estoume referindo á implantación dunha materia sobre consumo responsable nas aulas de Secundaria (http://www.abc.es/toledo/ciudad/20131223/abci-discapacitado-querer-poder-201312201441.html). Será de carácter optativo, pero algo é algo, non?

    Por outro lado, gustariame incidir na importancia de promocionar as tendas de comercio xusto, de informar á sociedade na rúa, facer que sexa un tema do que se fala. Esta opción de consumo é totalmente descoñecida para un gran número de persoas. Supoño que estarás de acordo comigo en que esa é unha cuestión que atinxe aos medios de comunicación, en gran medida.

    Gústame

      1. Non te preocupes Silvia, xustamente o enlace que nos aportas é moi interesante. Resulta unha proposta moi necesaria a día de hoxe. Neste tema, como en todos aqueles que requiran certa concienciación, a educación dende cativos é crucial. Aprenderlle a xuventude que facemos mal ao consumir e como podemos cambialo é algo básico, pois a alimentación é a base das nosas vidas. Dende o Instituto Galego de Consumo tense organizado algunha charla formativa sobre comercio xusto e ecolóxico. http://consumo.xunta.gal/es/igc/actualidade/el-instituto-gallego-de-consumo-acerca-las-claves-del-consumo-responsable-colectivos-y-centros-educativos , pero sen dúbida esta é unha iniciativa sen precendentes que achega esta alternativa educativa a todo o estudantado galego.

        Se ben é certo que cara un futuro este tipo de ideas están moi ben, tampouco debemos por iso renunciar a reeducarnos nós, que xa estamos no sistema de consumo. Aínda que as iniciativas públicas son poucas, hai quen o intenta dende a USC, aquí tes dous exemplos:
        http://xornal.usc.es/xornal/acontece/2012_04/noticia_0092.html
        http://www.usc.es/gl/servizos/sepiu/sc104/formacion/usc_sostible_cx_e_cr.html

        E por outra parte están as tendas que como ti mesma dis son moi importantes á hora de darlle visibilidade a esta temática. Os compoñentes do noso círculo son algo mais que simples comerciantes. Sobre todo son activistas e cooperativistas a prol do consumo consciente e responsable. Dun comercio xusto, ético, local, ecolóxico e de tempada. Por suposto nós seguiremos a loitar por dárlles visibilidade e esperamos que continues atenta aos nosos post!

        Gústame

      2. Seguindo coas iniciativas de divulgación e de educación no consumo consciente, A Cova da Terra (unha tenda de comercio xusto en Lugo) ten realizado algunhas charlas informativas nos colexios. Lembro que viñeran ao CPI no que eu estudaba. Pensando agora niso, cavilo que sería interesante, ademais de achegar información sobre o asunto, facer colaboracións cos comedores escolares, por exemplo. Supoño que non é algo que dependa unicamente da xestión dos centros educativos e do interese das tendas, pero estaría ben iniciar un proxecto así. Por que non propoñerllo aos membros do voso Círculo? Non digo que sexa doado, nin moito menos, pero serviría para ver ata onde se chega, ou ata onde lles deixan chegar. Quizais funcione coma un resorte social e político.

        Gústame

      3. Moi ben visto pola túa parte Silvia, de feito iso que me dis xa son accións levadas a cabo polo noso círculo! Entre outras actividades, como xa te comentaba anteriormente Panxea colabora co Plan de Desenvolvemento Sostible da USC para tratar de implementar o comercio xusto na universidade. Podes encontrar produtos deste tipo en determinadas máquinas expendedoras ou en menús especiais de comedores do campus. Aínda que é certo que o ideal sería que todos os produtos fosen de comercio xusto e non só en ocasións especiais como é o caso. http://www.usc.es/plands/seccions/datos_plan/eixe2/xestion_ambiental/comercioxusto/produtoscomercio.htm

        Deixote un par de iniciativas máis do noso círculo fóra da universidade. Sen dúbida dende o noso grupo seguiremos loitando por avanzar cada día máis na instauración do comercio xusto nas nosas institucións en na nosa vida. Motas grazas polo teu comentario.
        http://xornal.vigo.org/xnnoticia.php?noticia=5772
        http://www.galiciahoxe.com/vivir-hoxe-sociedade/gh/reis-magos-mercan-no-comercio-xusto/idNoticia-107994/

        Gústame

      4. Non sabía de varias destas iniciativas e parécenme moi interesantes. Grazas por compartilas connosco.

        Antes falaba da posibilidade de introducir o comercio xusto nos comedores dos colexios. Aínda que isto se nos antoxe un tanto lonxano, si que existen escolas que reservan un anaco do seu patio ou do seu terreo para unha pequena horta ecolóxica. Será que as cousas están cambiando algo… Aínda que sexa aos poucos.

        Moitas grazas polas aportacións, Uxía.

        Gústame

      5. Grazas a ti Silvia polo interese! Ogallá os teus desexos cheguen a bo porto, son tamén os nosos. Nós trataremos de seguir informando sobre os beneficios deste modo de alimentarse e consumir, ata que chegue o día no que o comercio xusto xa non faga falta porque sexa o mínimo que se dea sempre. Moitas grazas por comentar, non perdamos as esperanzas. https://eldia.es/agencias/7716274-COMERCIO-JUSTO-ventas-comercio-justo-aumentan-crisis

        Gústame

  5. Muy interesante publicación, Uxía. Ayuda a hacer un ejercicio de reflexión sobre los hábitos de consumo que la sociedad suele adoptar. Sin embargo, me parece que se hace demasiado hincapié en los hábitos del consumidor y apenas se nombra a las grandes cadenas de comercio que son, bajo mi punto de vista, los principales responsables de los hábitos de consumo imperantes. http://economia.elpais.com/economia/2015/12/16/actualidad/1450269361_230165.html
    En este artículo vemos como en España tan siquiera hay una norma, como la aprobada en Francia, que obligue a los supermercados a donar alimentos. Con esto quiero decir que no creo que se deba culpar a quien no participa del comercio justo porque su renta no le capacita para ello, o simplemente, se ve imbuido en los comportamientos de una sociedad plenamente consumista. Creo que la estrategia correcta sería imponer sanciones a todos aquellos comercios que no cumplan con ciertas normas para con el comercio justo y poner el foco del problema sobre la base, no quedarse en la superficie.

    Gústame

  6. Tes moita razón Diego, coma sempre neste país os baleiros legais deixannos nunha situación de desfavorecemento fronte ás medidas aplicadas noutros países. É certo, a existencia dunha normativa é importantísimo e debería ser algo a tratar polo goberno inmediatamente. Porén, como sucede moitas veces nestes casos, ante a inexistencia de normativas concretas a poboación civil decide tomar medidas ela mesma. Así é que a maioría dos Bancos de Alimentos de España teñen acordos coas grandes cadeas de alimentación para recoller aqueles produtos que por razóns estéticas son desbotados. http://elcomidista.elpais.com/elcomidista/2017/01/25/articulo/1485379100_145304.html
    Moi ben indicado tamén pola túa parte que o peso do sistema non debe estar en quen consome senon en quen se beneficia del. Por suposto, faltaría máis. Con este post non tratamos de culpabilizar ao consumidor medio, senon de concienciar e ser conscientes do noso poder precisamente para quitarlle ese poder ás grandes superficies. Está na súa man cambiar o sistema, pero tamén está na nosa non financialos.

    Liked by 1 person

    1. Muy interesante el enlace Uxía. Poca gente conoce el trabajo que hacen los Bancos de alimentos en este país y se explica con gran claridad. Sin embargo, creo que en muchas ocasiones, no es más que un lavado de cara para enmascarar muchas de las malas praxis que realizan estas grandes cadenas de supermercados.
      Estoy de acuerdo con que el consumidor tiene parte de culpa a la hora de no agrandar ese poder de las grandes superficies, y sobre todo, que esta es una magnífica herramienta para concienciar a muchas personas, que cada día se preocupan más por saber que hay detrás de cada alimento que ingieren. El primer comentario iba más bien dirigido hacia quien no puede ser partícipe de este comercio justo por razones económicos más que ideológicas, sin embargo, la respuesta a esta cuestión está implícitamente explicada con el enlace, el cual aporta una magnífica visión sobre este tipo de situaciones.

      Gústame

      1. Efectivamente Diego, nunca sabemos ata que punto o fan por un mero lavado de imaxe, por iso é importante unha lexislación que regule o desperdicio de alimentos. En canto ao que me dis das razóns económicas, é ben certo, o comercio xusto é lixeiramente máis caro precisamente porque paga soldos máis altos, busca un cambio sistemático. En todo caso, gustaríame que viras esta iniciativa dun grupo de vigueses para promover o respecto polo medio ambiente e evitar o desperdicio sen ter que rascar moito o peto. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2017/03/12/creadores-app-wakaitila-comida-tira-vende-barata-utilidades-wakaiti-locales-adheridos/0003_201703V12C12991.htm

        Gústame

  7. Pareceme un vídeo moi interesante, Uxía. Sabía que a sociedade española tiraba comida, pero cría que non eran cantidades tan altas. O peor é que a cidadanía sabemos que tiramos alimentos e que compramos máis do que imos a consumir, pero non remediamos isto. Seguimolo facendo. Creo que é un hábito difícil de cambiar o de mercar só o que imos consumir antes de que se pase a data de caducidade ou antes de que se poñan malos.
    Chamoume moito a atención o titular desta noticia de La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2016/03/21/mitad-comida-tira-basura-procede-hogares/0003_201603G21P23991.htm ) que di que a metade da comida que se tira provén dos fogares e só un 5% provén dos supermercados. Isto debería servir para concienciar á poboación para comezar a cambiar isto.
    Indagando por internet atopei varias campañas contra o desperdicio de alimentos e mesmo para que en España se poña unha lei contra isto. Ademais, é doado atopar páxinas que dan trucos ou pautas para reducir o desperdicio. Deixoche un enlace sobre unha campaña deste tipo: https://www.ocu.org/especiales/notireslacomida/?partner=dosite&source=movilizate&utm_source=dosite&utm_medium=movilizate&utm_campaign=ntlc
    Sabes que estas campañas conseguen algún avance neste terreo?

    Gústame

    1. Efectivamente Nerea e aínda que nos sorprenda a maioría dos desperdicios de comida se levan a cabo nos fogares. Coidado, que con esto non estamos culpabilizando ao consumidor senon contando a realidade. Que estes datos sexan certos non quita que a culpa no fondo siga a estar nas grandes superficies, que son quen nos incitan a consumir grandes cantidades que logo tiramos. Para eles, que o consumidor caia no sistema de compra exacerbada é o sustento dos seus beneficios. Por eso somos bombardeados con constantes ofertas de 3×2 ou packs aforro. Por eso tamén moitas veces só atopamos as froitas e verduras envasadas, cando poderíamos ser nós mesmos quen decidisemos a cantidade que queremos coller. As grandes cadeas de alimentación son as nos incitan a consumir deste modo. Ademais, estas ofertas adoitan sairlles rendibles economicamente, polo que o aforro é todo un espellismo para que merquemos máis. http://www.elmundo.es/economia/2016/05/29/57470773e5fdea7a428b4576.html
      http://www.20minutos.es/noticia/1259339/0/denuncia-carrefour/estafa/ofertas-ahorro/
      As campañas das que me falas, conseguir sempre conseguen algo, é ben certo que cada vez nos preocupamos máis por determinados asuntos. Mais dende o noso grupo pensamos que se ben as accións de concienciación individual son importantes esto vai moito máis aló, é algo sistemático. Polo que o punto a cambiar non debería ser unicamente o desperdicio de comida senon toda a cadea. Dende o trato que se lle dá a quen produce o alimento ata os inxentes beneficios que perciben as grandes multinacionais por pagarlle un prezo inxusto a o mesmo. E a única solución posible é pasarse a un comercio xusto, ético, local, de tempada e ecolóxico.

      Gústame

      1. É interesante o que me dis sobre que aínda que as grandes superficies non sexan as que máis desperdician son as que nos incitan a facelo. Pero tamén está nas nosas mans elixir non mercar as ofertas 3×2 e similares e elexir mercar unha soa unidade, que seguramente é o que realmente nos fai falla. Aínda que aforrar cando imos mercar fai que saltemos rapidamente ante esas ofertas.
        Creo que sería necesario facer máis campañas de concienciación, a parte das que denuncian a situación e piden solucións legais. Atopeime cunha campaña que se levou a cabo en 2013 baixo o nome “Piensa. No la tires”. Deixoche o enlace ao seu blogue. (https://piensanolatires.wordpress.com/ ). Chámame a atención que nos últimos anos non houbo campañas como esta para lograr unha concienciación da poboación. Sabes se se fai algún tipo de acción nos centros educativos con este fin? Creo que sería unha idea moi boa para solucionar polo menos parcialmente a situación.

        Gústame

      2. Ben Nerea, como todas e todos sabemos as campañas en centros educativos son fundamentais pois na educación dende a infancia está a base de todo. Nos últimos anos vimos vendo algunhas https://gestoresderesiduos.org/noticias/campana-aproveitate-do-que-che-sobra-para-la-reduccion-de-los-desperdicios-de-alimentos-en-galicia
        http://www.gadisa.es/noticia/gadis-pone-en-marcha-una-campana-de-alimentacion-saludable-con-una-exposicion-que-recorrera-30-localidades-de-galicia-y-castilla-y-leon
        http://www.farodevigo.es/sociedad/2016/09/26/reunen-225000-firmas-acabar-desperdicio/1540105.html
        Aínda que son insuficientes. Por iso parécenos tan interesante esta proposta http://www.farodevigo.es/galicia/2017/03/14/consumo-responsable-asignatura-proximo-curso/1640991.html
        Unha asignatura, aínda que fose optativa podería ser o comezo de novos modos de alimentarse. Esperamos que todo isto chegue a se materializar e que sexan impartidas por xente profesional que controle do tema.

        Liked by 1 person

  8. Boas Uxía. Pareceme unha boa iniciativa esta que me contas sobre impartir unha asignatura sobre a alimentación. Creo que pode facer que os nenos se den conta dende ben pequenos de cales son as mellores maneiras de alimentarse e de onde proveñen realmente os alimentos, que deixen de crer que os alimentos se producen nos supermercados, senón que hai un longo proceso detrás de todo isto.
    Espero que algunha destas propostas que ti me mostras ou outras parecidas poidan chegar algún día a implantarse dando pé á concienciación da poboación dende que é moi pequena.
    Moitas gracias, Uxía, polas túas aportacións.

    Gústame

    1. Grazas a ti Nerea polo interese. Igual esperamos nós, como sempre vimos dicindo o vital nestes casos é educación, educación e educación. Atacar o problema dende a raíz, reeducar dende a base, pode ser unha das mellores solucións para cambiar o sistema. É ben certo que o activismo individual é moi importante e o labor da xente dos nosos círculos fai moito polo comercio xusto, pero contar co apoio das institucións é unha eiva a cubrir. Esperamos que cada vez máis xente se decate da imnportancia deste modo de mercar. Deixote un enlace para que sigas a reflexionar sobre o comercio xusto. Un saúdo! http://www.economiasolidaria.org/comercio_justo

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s