O longo camiño á verdadeira identidade de xénero.

A palabra transexual defínese como a discordancia entre identidade de xénero e o sexo biolóxico dunha persoa. Esto é, cando a unha persoa se lle asigna o sexo masculino pero en verdade se sinte femenino, é unha muller transxénero. Esta discordancia está recollida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) dende 1977, pero numerosas organizacións reclaman que se deixe de tratar coma unha enfermidade. Ademais, o colectivo trans podería identificarse como unha comuna de colectivos (grupos humanos) na proposta de Brint.

Como se trata dunha discordancia de xénero cada vez emprégase mais a palabra transxénero, tendo lugar unha modificación no discurso que explica dunha identifica máis correctamente ao colectivo. “O colectivo trans* é moi diverso. Poden darse realidades como a das persoas transxénero, é decir, aquelas que se senten dun xénero pero que non realizan a reasignación de sexo por non sentir esa necesidade”, explicaba mellor Alberto, coordinador da asociación Ultreia e membro do noso círculo

Normalmente, hai confusións á hora de coñecer a diferenza entre transexual, travesti, intersexual e transformista. Unha persoa travesti vístese con roupa propia do xénero contrario por puro placer e non por sentir nengún tipo de discordancia; a intersexualidade basease en cuestións de xénetica e factores morfolóxicos; e unha persoa transformista cambia o seu estilismo por puro espectáculo. Ao mesmo tempo, tamén hai confusión entre o termo homosexual e transexual; é decir, pénsase automaticamente que a unha muller transxénero lle gustan os homes e esto non ten porque ser así. O seu xénero non interven nas súas preferencias sexuais.

imagesUnha vez que se empezou a coñecer o termo transexualidade, tivo lugar a aparición doutro termo coñecido como transfobia, que se define como “odio ou repulsión ao colectivo transexual. Pode ser laboral, escolar, pública, etc. “A transfobia é moito máis común do que pensamos. Un simple xesto, unha simple pregunta aparentemente inofensiva como a de: pois pareces trans, pode resultar realmente ferinte”, decía Alberto.

O colectivo transexual foi dos últimos en incluirse no colectivo LGTBI+, asi como en ser recoñecido claramente na sociedade. Comezou a valorarse a posibilidade dun cambio de sexo para as persoas que quixesen sentirse completamente agusto consigo mesmas. Esto é coñecido como  Proceso de Reasignación de Sexo. Consiste en tratamentos hormonais e en ciruxía; posto en práctica por primeira vez polo doutor Harry Benjamin. Para iniciar este proceso é necesaria unha aprobación psicolóxica, e pasar arredor de dous anos vivindo co rol do sexo co que se sintan identificados. A continuación comézase coa terapia hormonal substitutiva, que modifica caracteres secundarios como a barba, peitos ou musculatura. Aquí a persoa recibe o nome de “transexual pre-operado”. A última etapa do proceso é a ciruxía de reasignación, pero non se someten todos a ela debido aos seus riscos, a non sentir esa necesidade, ou ao seu elevado prezo (entre 12 mil e 18 mil euros a vaxinoplastia, e entre 24 mil e 36 mil euros a faloplastia), pois só está cuberta pola Seguridade Social en Andalucía, Extremadura, Madrid, Aragón e Cataluña.

A inserción laboral

A discriminación cara os transexuais segue a ser algo moi habitual. O ámbito no que máis existe é no laboral (precariedade salarial, peor trato, abusos, etc). Dende 2007, a Organización Internacional do Traballo (OIT)download aproba ás persoas transexuais como unha realidade dentro do mercado laboral. Esta organización culpa por unha parte á falta de estatísticas de legalización en outros países, pero tamén fai referencia a políticas dignas de seguir como a de Australia, Bulgaria, Nova Zelanda, etc, que teñen leis contra esta discriminación.

Os transexuais soen ter máis dificultades para acceder ao mundo laboral debido aos altos niveis de violencia: dende bromas, apodos, abuso verbal ata chantaxe ou ameazas de morte. “As dificultades para a inclusión das persoas trans no mercado laboral fanse patentes en todo momento. Ao contrario que as demais persoas LGTBI, sofren moita discriminación e acoso, e a oferta para atopar traballo redúcese amplamente pola transfobia da sociedade”, decía Alberto. Estase loitando moito contra esto, así en 2007 indeminzouse ao primeiro transexual, e en 2012 en Bélxica púxose unha multa por acoso.

download (1)Aínda así, os problemas dos transexuais veñen dende os inicios da súa formación. Unha persoa desenrola a súa identidade de xénero entre 3-5 anos. É ahí cando un neno pode aparecer onda seus pais e decir “papá, son unha nena”. Nunca se debe inculcar nengún cambio, o mellor é seguir os pasos que o nenx queira seguir.

Pais de menores transexuais iniciaron unha revolución moi necesaria que fixo avanzar bastante a situación do colectivo, como é o caso de Daniella. “Influiron sobre todo os pais dos menores trans; é algo a ter moi en conta ” decía de novo Alberto. Este activismo por parte dos pais está apoiado nas redes sociais, na mediatización que conseguiron, e por escritores como Juan Gavilán.

Esta revolución tamén está tendo éxito grazas á aprobación de leis favorables para o colectivo, á súa incorporación LGTBI e grazas a persoaxes como Beatriz Jimeno ou Niurka. Os transexuais teñen máis luz, máis valoración, son escoitados por fin. “Hai un maior activismo dende hai dous anos” (Alberto

Tamén hai que mencioar os atrasos nas opinións máis católicas, como é o caso download (2)recente de “Hazte Oir”, aínda que se viu un inmediato rechazo por parte da política española, ademais de que as redes sociais saltaron ca primeira noticia. Harry Haller, transexual co que contamos no noso círculo dinos: “Eu saco unha parte boa de todo esto. Ver ese rechazo pola sociedade, o odio. Eu creía que estábamos máis invisibilizados”.

En conclusión, poderíase decir que se trata dun dos grupos máis invisibilizados. Os sucesivos abusos e campañas na súa contra no fondo están axudando á súa visibilización, así como as rebelións contra esto tanto de persoas adultas como entre os máis pequenos. As leis cada vez son máis favorables e hai menos barreiras para obter un cambio de sexo, aínda que a día de hoxe quede moito por avanzar.

Advertisements

24 comentarios en “O longo camiño á verdadeira identidade de xénero.

  1. A maior parte da sociedade camiña polo mundo afirmando que e totalmente aberta e comprensiva, que non discriminaría a ninguén por mor da súa orientación sexual, identidade de xénero, cultura, ect. Pero cando afondamos un pouco na persoa pronto observamos ese medo que ten a xente ao diferente, ao que non comprenden e ao que lle ensinarou a odiar, sen sequera pararse a pensar por que ese odio, por que ese medo. Isto e o que lles ocorre aos transexuais na actualidade.

    Podeslle preguntar a algén que lle parecería traballar a carón dunha persoa transexual e a maioría, quitando aos máis conservadorxs, dirán que non ten ningún problema. Pero estou seguro de que despois esa persoa sufriría discriminación polos mesmos que dirían que non teñen problema, xustificándose en que só era unha broma. Pero moitas destas persoas transexuais non terán xa nin unha posibilidade de atopar un traballo e acabaran, falo agora de mulleres transexuais, vendendo os seus corpos para poder sobrevivir, como expóno este artigo http://indetectables.es/la-transexualidad-y-la-prostitucion

    Como todos os problemas e discriminación que atopamos nas nosas vidas, proveñen da nosa infancia e da forma na que fumos educados. Debemos ensinar aos nosxs nenxs que a respetar e comprendelo todo, non xulgar a ninguén porque sexa diferente.

    Gústame

    1. O maior problema é o que dis ti, que se pensa que hai más normalización da que existe en realidade. A cuestión está nos pequenos detalles, e con esto refírome, por exemplo, ao simple feito de como a maioría da xente mira a un transexual cando o ten diante.
      Respecto á súa inclusión no mundo laboral, é moi común ver en artigos como din que é a falta de formación ou ferramentas para a búsqueda de emprego o principal problema para os transexuais, como se ve aquí: http://www.diariovasco.com/v/20100430/opinion/articulos-opinion/transexuales-mercado-laboral-20100430.html, cando en verdade o principal problema seguramente sexa o medo ou simple rechazo cando unha persoa claramente transxénero cruza a porta nunha entrevista (xa sen mencioar o acoso ou discriminación posterior no caso de superala).
      A esperanza que nos queda, como menciono no post, son os pais dos nenxs trans e os mesmos nenxs. A sociedade está contaminada e eso contamina ás novas xeracións, e está da nosa man cambiar eso.

      Gústame

      1. Tes toda a razón, cando alguén ve a un transexual non pensa na persoa que é nin nas sáus capacidades é consecuencias, tan só pensan que son algo que non entenden. A día de hoxe sésguese pensando neles como se fonsen un chiste, unha broma, porque, como ti dis no blog, a xente non diferenza o que é un transexual do que é, por exemplo, un transformista, que ainda así non acabo de comprender porque resulta tan gracioso as persoas que se autodenominan “normais”.
        Os pais e mismos nenxs trans deben loitar por unha educación que respete as identidades dos nenos para que poidan sentirse segurxs de comunicalo e que así poidan comenzar o camiño cara o que realmente son da forma máis rápida e segura posible, e que así casos como este – http://www.dosmanzanas.com/2013/10/investigan-a-tres-colegios-de-malaga-por-no-tratar-a-ninos-transexuales-de-acuerdo-a-su-identidad-de-genero.html – non volvan a suceder

        Gústame

      2. Como dis ti, na cabeza de moitas persoas cisxénero non se entende como alguén é capaz de sentirse do xénero oposto ao que lle foi asignado ao nacer, o que vén sendo outro dos grandes problemas. Presumimos de empatía cando, neste caso, nen facemos o esforzo por selo.
        Pasando ao tema humorístico, temos o exemplo actual dos numerosos memes feitos ao autobús de “Hazte Oir”: http://www.elperiodico.com/es/noticias/extra/mejores-memes-autobus-hazte-oir-5872149. Aínda que algúns deles son para reflexar un pensamento contrario, outros modifican as letras para escribir frases “graciosas” evadindo o tema. Na miña opinión, penso que esto pode resultar ferinte a algúns membros do colectivo por agarrar este tema desa forma.
        Que haxa pais que dende o momento que o seu fillo lle diga que se sinte do xénero oposto o acepten é algo bastante positivo; ao igual que que loiten contra as campañas en contra deles. Unha das medidas máis innovadoras é a de permitir que os nenos transexuais usen o baño do colexio que eles prefiran (http://www.heraldo.es/noticias/aragon/2016/10/21/los-ninos-transexuales-pueden-elegir-nombre-los-banos-colegio-1119939-300.html), e eso consigueuse grazas á súa loita.

        Gústame

      3. A sátira sempre foi usada para tratar temas complicados. Dende a Idade Media a burla foi usada como levantamento ante os acontecementos co que o pobo non estaba de acordo. E eu creo que os memes son os tataranetos destes grabados e plantillas que denunciaban a corrupción e as inxustizas cometidas polos altos cargos do pasado. Agora o mundo ampliouse, ao igual que os temas a tratar. Por suposto que moitos deles só buscan facer dano, pero moitos deles buscan a denuncia a través do chisto, representando dunha forma cómica a realidade rancia que nos toca vivir neste momento, e así, dalgunha maneira, tenta cambiala.
        Menos mal que estes pais non están sós, e tamén hai medios de comunicación que non quedan atrás e loitan por un mundo igualitario, como é o caso de La Sexta, na que un dos seus programas, El Intermedio, tamén de forma humorística, defende a identidade de xénero ante o autobús tránsfoco de HazteOír http://www.elperiodico.com/es/noticias/extra/programa-intermedio-responde-autobus-transfobo-hazte-oir-5873516

        Gústame

      4. Por suposto que tamén se usou o humor para facer a denuncia dunha forma máis entretida, o problema está cando se usa para escribir “Una pizza con piña no es pizza. Que no te engañen”, xa que non fai absolutamente referencia ao tema que se quere tratar. A sátira é boa dentro duns límites.
        En definitiva de todo o que estamos tratando, podemos ver como se necesita o apoio de cada unha das partes da sociedade, pois sós non faremos nada. Se os transexuais e os familiares non teñen respaldo a situación non avanzará.
        Esperemos seguir vendo nos medios noticias positivas (coma esta: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/05/04/catalunya/1462355560_971168.html) e que non todas sexan de abusos ou intolerancia.

        Gústame

  2. Estou completamente dacordo coa túa publicación. Esa diferenciación entre travesti, transexual, etc., pareceme a mellor maneira de concienciar a xente de que o xénero non debe existir nun corpo, simplemente é unha cuestión da mente, non debe haber diferenciación de xénero.
    Estamos con un colectivo ampliamente discriminado; para combatir esa discriminación cómpre desfacer mitos sobre a transexualidade, limpiar a imaxe e dar unha visión positiva e real da transexualidade: como nos amosa este artigo de “Público”, este representaría a normalización deste xénero.
    Por outra parte, aludindo ao que mencionaches sobre “Hazte Oír”, dende o meu punto de vista é necesario poñer un límite a asociacións ultracatólicas e asociación de carácter relixioso extremista. Pódese complementar a información sobre “Hazte Oíor” dando a coñecer a cara real desta organización: http://www.elplural.com/comunicacion/2017/02/03/el-yunque-la-sociedad-paramilitar-vinculada-con-hazteoir-cada-vez-menos. Pódese observar que estamos antes unha organización paramilitar ultracatólica que ten vinculacións con Hazte Oír. O esencial disto, e que esta organización que manifesta a traves de autobuses a súa ideoloxía contraria a transexualidade.

    Gústame

    1. Aparte das asociacións ultracatólinas e de carácter relixioso e extremista que ti mencionas, é necesario loitar e poñer fin a calquera asociación homófoba e transfóbica que exista, pois só son un freno ou paso atrás para todo cambio ou evolución.
      Por sorte, podemos sacar algo bo de todo isto: rechazo e maior visibilización. O rechazo foi claro por todas as redes sociais e na prensa, e a visibilización que se lle comeza a dar agora nos medios (xa non só negativa) como neste caso sobre Pakistán: http://internacional.elpais.com/internacional/2017/03/14/mundo_global/1489511312_996197.html
      Hai que seguir loitando e destapando mitos como que un transexual é homosexual. Espero que o meu post resolvera algúns deles, pero aínda así, queda moito traballo por diante.

      Gústame

      1. O feminismo, dende o meu punto de vista é un movimento revolucionario, unha revolución social que combata os radicalismos que atentan contra a figura da muller. Neste aspecto as mulleres teñen que radicalizarse e ir á raíz dos problemas (significado etimolóxico de radical).
        Neste mesmo caso, o comité do LGTBI ten que dar un golpe da mesa, provocar un cambio do marco lexislativo que arroupe os seus dereitos e que oferte penas de castigo para casos de discriminación ou acoso, entre outros.
        Novas coma a seguinte, teñen que ser un caso normalizado, tanto no campo galego como no nacional:http://praza.gal/movementos-sociais/13237/arelas-celebra-o-primeiro-cambio-de-sexo-no-rexistro-para-un-menor-galego/.

        Gústame

      2. O cambio lexislativo é necesario para calquera colectivo que sufra dunha discriminación visibilizada ou encuberta. Todos somos iguais e todos necesitamos leis que nos amparen dando igual a nosa orientación sexual ou a nosa identidade de xénero.
        Ca loita levada a cabo conséguese a aprobación de leis como a seguinte:http://www.20minutos.es/noticia/2700651/0/madrid-aprueba-regula/ley-derechos/transexuales/, necesarias e que amosan un avance.

        Gústame

      3. Exactamente; independentemente do xénero, da ideoloxía ou da cultura, toda persoa ten dereitos inalienables, que se deben amparar coa lei en todo momento.
        Por outro lado, adxúntoche este enlace dunha noticia sobre a minfestación pola lei galega de identidade sexual: http://praza.gal/movementos-sociais/12939/a-loita-pola-lei-galega-de-identidade-sexual-sae-a-rua/. Nesta publicación reivindícanse medidas eficaces nos eidos de educación, xustiza e emprego.

        Gústame

      4. As leis a favor da identidadede xénero están sendo moi positivas. En Cantabria aprobouse que cada neno fora chamado polo nome que el ou ela quixese (http://www.20minutos.es/noticia/2988366/0/ninos-transexuales-cantabria-obliga-ley-llamarlos-como-ellos-elijan/), e en Madrid permíteselles aos nenos transexuais a usar o baño que co que eles se sintan máis cómodo.
        Estos dous cambios son un gran paso da loita levada a cabo polo colectivo, e un gran paso cara a igualdade e respecto que se merecen.

        Gústame

      5. En España, esas leis que amosas e as directrices levadas a cabo en Madrid, fan o longo camiño a igualdade máis corto, pero non podemos olvidar o contexto internacional, do cal se pode extraer novas como esta: http://internacional.elpais.com/internacional/2017/02/23/estados_unidos/1487810125_809393.html
        Este tipo de accións , accións dun país como potencia mundial, son influíntes para Europa, e polo tanto hai que ser crítico con elas, plantarlles cara e que non sexan trascendentais para o futuro.

        Gústame

  3. Bo artigo. O problema ao que fas referencia pódese resumir brevemente: falta de normalización. Fai relativamente pouco que os medios de comunicación comenzaron a visibilizar a este colectivo e a súa loita. Era un tema tabú tanto nos medios como las escolas ou familias, eixes da educación na cidadanía, isto afortunadamente está cambiando (http://www.elperiodico.com/es/noticias/opinion/normalizacion-transexualidad-5205808) Estou de acordo con Jesús, a ensinanza é fundamental.

    Para lograr una normalización total creo que o primeiro que debería considerarse e que a identidade de xénero non é o primeiro que define a unha persoa. A sociedade debe ver máis aló e non quedarse con que esa persoa sexa transexual, travesti ou coa orientación sexual. Conseguir esta meta e un proceso de loita tanto dos membros do colectivo coma de todos nós.

    Gústame

    1. Precisamente por ser un tema tabú a ensinanza é escasa, o que leva a numerosas equivocacións por parte da sociedade.
      Por sorte, as cousas están cambiando, sobre todo na nosa capital, donde un colexio ensina aos alumnos a ser tolerantes (http://www.elconfidencial.com/sociedad/2016-02-18/la-escuela-que-abraza-a-los-ninos-transexuales_1154060/), algo moi necesario para un futuro cambio radical.
      Pero a ensinanza tamén ten que vir por parte dos pais. O positivo é que cada vez é máis fácil que unha parella homosexual consiga ter un fillo (propio ou adoptado), e eso é moi positivo para os nenos. Tamén, as xeracións actuais en idade de ser pais, soen ser máis tolerantes e menos conservadoras. Non hai a mesma mentalidade nas xeracións actuais.
      Con esto non digo que as cousas estean especialmente avanzadas, xa que segue habendo persoas de mente cerradas que seguen considerando “normal” unha parella heterosexual e cisxénero. Os avances son poucos, pero aínda así importantes para os próximos.

      Gústame

  4. Increíble el trato que le has dado al tema Noelia. Si es cierto que hasta hace relativamente poco ha sido un tema tabú. Era algo de lo que la gente no hablaba porque tampoco tenían un conocimiento amplio en la materia. Lo que es triste es que a día de hoy la normalización de los transexuales es aún crítica e incompleta. Si no que se lo digan a la madre de un jóven gallego que ha sido agregido por su aspecto físico http://elprogreso.galiciae.com/noticia/674940/una-madre-denuncia-que-su-hijo-transexual-sufre-acoso-en-el-colegio ¿Nadie piensa parar esto?

    Gústame

    1. As leis a favor dos transexuais empezaron a aprobarse neste siglo, mentras que os cisxénero sempre estiveron amparados porque non se consideraba outra realidade.
      Pero, pensemos en como vai a deixar de tratarse coma unha enfermidade se segue exposta na OMS como tal. Por sorte, está tratando de arreglarse isto (http://cnnespanol.cnn.com/2016/08/03/expertos-recomiendan-a-la-oms-retirar-el-transexualismo-de-la-lista-de-desordenes-mentales/). Se se segue considerando unha enfermidade, a xente vaina seguir tratando como tal.

      Gústame

  5. O colectivo transexual está claramente discriminado na actualidade,quizais me atrevería a dicir que considerablemente máis que o resto dos integrantes do LGTBI+. O simple feito de que este recoñecida todavía como enfermidade paréceme deleznable, ademais de un feito que necesita ser solucionado urxentemente.

    Respecto a discrimanación laboral, tanto no caso dos transexuais como en moitas ocasión de bisexuais ou homosexuais existen numerosos casos nos que se ven obrigados a ocultar a súa orientación sexual para ser acollidos e atopar un traballo sen sufrir humillacións continuas. Ademais, ao meu parecer resulta decepcionante que en moitas ocasións, por parte dos pais destas persoas exista discrimación cara os seus propios fillos, ou falta de apoio. Este artigo do xornal El Mundo describe o caso de Natasha, a quen votaron de casa pola súa condición transexual: http://www.elmundo.es/cronica/2016/07/07/5778dd3f268e3eca4d8b4657.html

    Dicir tamén que sería de gran importancia, ademais de de gran axuda que as operacións necesarias para o colectivo transexual tivese facilidades a este respecto e que así o seu benestar non dependa do seu potencial económico.

    Gústame

    1. Ademais de consideralos o colectivo máis discriminado dentro do LGTBI+, tamén son discriminados por algúns dos seus membros, asombrósamente.
      Respecto ao mundo laboral, é moi triste que unha persoa teña que renunciar a estudar unha carreira ou a un posto de traballo que lle guste de verdade debido á súa orientación sexual ou á súa identidade de xénero.
      Cada vez hai máis pais e familiares que apoian aos seus fillxs a ser o que eles queiran. Atreveríame a decir que un impulso a todo esto foi o caso de Angelina Jolie (http://www.telecinco.es/informativos/cultura/Brad_Pitt-Angelina_Jolie-Shiloh-john-transexual-travesti_0_1910475603.html), aínda que o trato que esto recibeu nos medio paréceme realmente patético.
      E si, tes toda a razón cando dis que necesitan máis facilidades para non depender dun motivo económico, e eso só se consegue con un cambio de mentalidade.

      Gústame

      1. Estou plenamente de acordo contigo, Noelia, con respecto a que unha persoa se vexa obrigada a abandonar os seus estudios ou o seu posto de traballo por un motivo de orientación sexual.

        Respecto ao caso do fillo de Angelina Jolie e Brad Pitt, o seu comportamento paréceme digno de ser un referente para todas aquelas persoas que se mostran en contra de fillos ou parientes transexuais e actuán oprimindoos. Pero sin embargo, penso que é un pouco rídiculo que aínda na actualidade pareza que necesitemos un exemplo de persoas famosas para cambiar o noso comportamento, en lugar de tomar a iniciativa por nos mesmos. Incluso o simple feito de que se presente como noticia iso, penso que so acentúa todavía máis a desigualdade existente, dado que a verdadeira normalización destos casos non necesitaría que se publicarán con esa relevancia.

        Por último, gustaríame saber que opinas ao respecto da relación das persoas transexuais coa ingrexa e o catolicismo. Deixoche o enlace a un caso de unha persoa transexual e católica que esta disposta a plantar cara a Hazte Oir: http://www.elespanol.com/opinion/tribunas/20170322/202730355_0.html

        Gústame

      2. Estou dacordo co que dis sobre que facer eso noticia é fomentar a desigualdade, posto que a día de hoxe se un famoso ten un fillo homosexual non ten tanta relevancia nos medios.
        Respecto ao artigo que me mandas, penso que as creencias relixiosas non teñen nada que ver coa identidade de xénero. O problema é cando as personas dominantes das túas creencias non comprenden que hai máis alternativas que a heterosexualidade e as persoas cisxénero.
        Penso nas persoas transexuais católicas, e ver cousas como estas: http://es.catholic.net/op/articulos/58807/cat/880/que-ensena-la-iglesia-catolica-sobre-el-cambio-de-sexo-y-los-transexuales.html non axuda a que eles se sintan agusto. As súas creencias non os respetan.

        Gústame

      3. Paréceme moi complicado convivir cunhas crenzas católicas sendo unha persoa transexual por razóns como as que claramente mostra o enlace que me adxuntas. A prohibición de realizar unha operación de cambio de xénero, penso que pode ser algo durísimo e causa de grandes conflictos internos para esas persoas.

        Con todo penso que o esencial, nestos casos, como en todos, e por parte de todos os colectivos, incluindo igrexa e demais colectivos católicos é o respeto, tanto á idioloxía como á identidade de xénero.

        Gústame

  6. Saúdos, comparto a opinión de que actualmente existe un imperante odio contra o colectivo trans. Por iso gustaríame saber se existen subcategorías ou outro tipo de características polas que, a raíz de coñecelas, poda mellorar o meu discurso e coñecementos queer.
    Teño que agradecer o enfoque que lle das ao tema, nada cargado de prexuízos ou estigmas, pero educativo sen resultar adoctrinante.

    Para engadir ó tema de visibilización, deberíase nomear tamén a nova revolución que existe na ficción televisiva sobre a presencia de transexuais ou transxéneros. Casos como os da serie Transparent ou o caso de Laverne Cox. Se puideras ollar esta listaxe elaborado por profesionais de El Mundo sobre transexualidade no cinema: http://cinemania.elmundo.es/especiales/15-peliculas-transgenero-alejadas-del-topico/. Poderíalo utilizar no teu labor futuro.

    Se o tema resulta interesante, sería tamén enriquecedor investigar sobre o colectivo trans na ficción española. Deixo un traballo presentado na Universidade de Sevilla por si pode ser útil: https://idus.us.es/xmlui/bitstream/handle/11441/48563/La%20transexualidad%20en%20el%20cine%20espa%C3%B1ol.%20Representaci%C3%B3n%20del%20personaje%20transexual%20en%20la%20ficci%C3%B3n%20espa%C3%B1ola%20.pdf?sequence=1

    Gústame

    1. Grazas pola túa valoración sobre o meu post, antes de nada. Respecto ao tema que ti comentas, cada vez vese máis o colectivo na tele, e aquí abrése o debate sobre se sería mellor utilizar a un actor transxénero ou a un cisxénero; como é o caso da película “La chica danesa”, que deu lugar a moito alboroto. As queixas por contratar a un actor cisxénero en lugar de a un trans foron moi abundantes.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s